A Deputación de Pontevedra defenderá a transferencia da AP-9 a Galicia, de acordo coa resolución reiteradamente aprobada polo Parlamento galego e bloqueada con obstinación polo Goberno de Mariano Rajoy durante o ano 2018. O anuncio foi realizado no marco do debate plenario dunha moción presentada polo grupo provincial do PP sobre as peaxes.
O deputado provincial de Infraestruturas e Vías Provinciais, Gregorio Agís, cualificou de "meramente oportunista " a moción presentada polo PP para esixir o arranxo inmediato dos accesos ao santuario da Franqueira. Agís subliñou que "a presentan cando teñen coñecemento de que a finais de outubro mantivemos unha xuntanza técnica co actual alcalde, Luís Piña, para analizar todas as necesidades do Concello entre elas os accesos á Franqueira".
A arqueóloga Beatriz Comendador, o empresario das industrias culturais Kin Martínez, a directora de Esdemga Lola Dopico, a artista Menchu Lamas, o crítico de arte Ramón Rozas, a arquitecta Teresa Táboas e o pedagogo e escritor Xaime Toxo son os integrantes do novo Consello Asesor do Museo de Pontevedra que hoxe foi presentado pola presidenta Carmela Silva nun acto celebrado no Sexto Edificio.
Dende agora atopar un arquivo documental ou bibliográfico, cartográfico ou audiovisual (libros, revistas, periódicos, cartas, mapas, fotografías, debuxos, música…) do Museo de Pontevedra e do Servizo de Patrimonio da Deputación, así como doutros 128 concellos e institucións da provincia, será moito máis sinxelo. A deputada de Patrimonio María Ortega e o deputado de Novas Tecnoloxías Carlos L. Font presentaron hoxe formalmente o novo portal www.atopo.gal, que permitirá á cidadanía coñecer preto de 700.000 referencias públicas do patrimonio cultural.
Ao berro de 'Apalpa a barriga!' o Apalpador e Apalpadora iniciaron na Escola Infantil de Príncipe Felipe e no CEIP Amor Ruibal de Barro a súa xira de Nadal da man da Deputación de Pontevedra. Ambas figuras visitarán durante as festas 36 concellos da provincia ao abeiro do programa ‘Nadal en galego’ do departamento de Lingua que dirixe a nacionalista María Ortega, quen hoxe quixo acompañar ás e aos escolares de ambos centros e gozar da ilusión e maxia.
Poñer a provincia de Pontevedra no mapa europeo do cicloturismo e ofertar a calquera que lle guste percorrer un territorio en bicicleta unha ruta de calidade e segura homologada. Ese é o obxectivo da Deputación de Pontevedra, que onte presentou a candidatura da provincia para entrar no EuroVelo, unha rede de 16 rutas de longa distancia que conectan todo o continente europeo con itinerarios ciclables tanto de uso turístico como para a vida cotiá avalados pola Federación Europea de Ciclismo.
A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva participou na clausura do Cume do Clima COP25 onde interveu na mesa de debate 'Os compromisos internacionais dos gobernos locais', no marco da xornada 'Os retos dos gobernos locais fronte ao cambio climático', que foi inaugurada no IFEMA de Madrid polo Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, e polo presidente da FEMP Abel Caballero.
A aposta do Goberno de Carmela Silva polo respecto ao Medio Ambiente e a transición ecolóxica xa se reflexa este Nadal na decoración elixida para o Pazo Provincial de Pontevedra. Deste xeito, a presidenta provincial manifestou que “ten que haber un compromiso cos parámetros dos ODS proxectos pola ONU, porque o noso planeta non soporta que sigamos a tratalo como estamos a facer".
Este venres, día 13 de decembro, o xornalista e escritor Manrique Fernández presentará na libraría Cartabón o seu novo libro de relatos 'Os anxos indecisos', publicado na colección 'Literaria' da Editorial Galaxia. O acto comezará ás 20:00 horas e o autor estará acompañado pola tamén escritora Iria Collazo e polo director xeral de Galaxia, Francisco Castro.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou que a Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación para a adxudicación do contrato de servizo de xestión, desenvolvemento e execución do programa “En ruta coa Depo 2020” mediante procedemento aberto.
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa Asociación de Persoas Afectadas pola Deleción 1p36 coa impresión do seu calendario solidario, iniciativa coa que preténdese recadar fondos e visibilizar esta enfermidade rara co fin de concienciar á sociedade e facer ver a importancia da investigación. Esta acción, levada a cabo pola asociación coa colaboración da institución provincial por cuarto ano consecutivo, enmárcase na campaña #SonrisasQueContagian.
Para o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra este 2019 xa é un ano de récord. O CAAN acaba de romper o seu mellor rexistro de adopcións de cans nun mesmo ano, que estaba nas 430 acadadas en 2016, porque no que vai deste 2019, xa se conseguiron un total de 457, unha cifra que incluso se espera que se incremente notablemente neste mes de decembro.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.