Mércores, 2 Xullo de 2025

É Noticia

O Grupo Socialista esixe á Xunta incrementar o orzamento para a loita contra a violencia machista con fondos propios en 2021

A responsable de Igualdade do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Noa Díaz, esixiu á Xunta incrementar o orzamento para a loita contra a violencia machista con fondos propios para 2021. Díaz, que interveu trala comparecencia da secretaria xeral de Igualdade no Parlamento, lamentou que a Xunta “non avalíe nin analice” os datos existentes para extraer ideas que se “deben converter en accións políticas” que estean “lideradas de maneira directa pola Xunta” á vez que mostrou a súa preocupación polo “escaso alcance” das medidas.

A Xunta reanudará os exames de oposicións a partir do mes de febreiro

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, anunciou onte que a Xunta prevé volver programar exames de oposicións a partir do mes de febreiro. Neste sentido, sinalou que as probas celebraranse seguindo protocolos de actuación que garantan a súa realización con seguridade de acordo cos criterios das autoridades sanitarias e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

Carmela Silva enxalza o “grande talento e compromiso” da mocidade e da provincia no fallo do primeiro concurso ‘Reacción polo Clima’

“¡Que talento temos nesta provincia!” asegurou Carmela Silva ao dar a coñecer o fallo do primeiro certame audiovisual “Reacción polo clima”. A presidenta da Deputación de Pontevedra, mostrou o seu orgullo polo grande nivel dos audiovisuais presentados e polo “grande compromiso” da mocidade da provincia. Manuel Albariñas e Yago Rodríguez, de Marín, álzanse co primeiro premio por (IN)CONSCIENTE, unha peza “impactante, que nos fai reflexionar, que nos toca e posiciona fronte ao que estamos a facer co planeta”. Pola súa banda Carmen Villanueva, de Silleda, e Ana Isabel González, de Vigo, acadaron o segundo e terceiro premio polos audiovisuais O cambio climático, non pases de largo e Pequenos xestos, grandes cambios.

Este Nadal a Deputación de Pontevedra levará o teatro aos fogares de toda a provincia con “Prendendo Butacas na Casa”

A Deputación de Pontevedra mantén o seu apoio decidido ao sector cultural e para elo reconverte o seu programa teatral “Prendendo Butacas” á versión online, “Prendendo Butacas na Casa”.

Os ‘Concellos Ágora’ da provincia implementarán de maneira inminente a sinalización de 30 km/h

Os ‘Concellos Ágora’ da provincia pasarán a seguir os principios das ‘Cidades 30’ de xeito inmediato. Así o manifestou o deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxío Benítez, que hoxe presidiu unha reunión de traballo para implementar o cambio de sinalización da velocidade dos núcleos urbanos das vilas da provincia a un máximo de 30 quilómetros por hora.

Unha nova campaña da Xunta, “A túa vida sen voltas”, promove o uso seguro do tractor nos sectores agrario e forestal

A Xunta pon en marcha unha nova campaña para reducir os accidentes co tractor. A túa vida sen voltas presentouse a través dunha webinar a 80 profesores e alumnos dos ciclos medio e superior dos centros de Formación Profesional da Granxa, en Ponteareas, e do IES Cidade de Antioquía, de Xinzo de Limia.

Carmela Silva: “As violencias machistas non son unha enfermidade, nacen dun sistema no que as mulleres viven subordinadas aos que dominan”

A angustia, o pranto e a dor das mulleres que sufriron e sofren as violencias machistas tomou corpo hoxe na desgarradora acción artística que...

Gonzalo Caballero reclama á Xunta “mellorar o escudo protector das mulleres” ante o crecemento da violencia machista coa COVID

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, centrou hoxe a pregunta ao presidente nas medidas que ten que despregar a Xunta para apoiar ás mulleres neste contexto de pandemia e, nese sentido, reclamou “un esforzo por mellorar o escudo protector das mulleres”. Gonzalo Caballero puxo o foco no aumento nun 14 % das chamadas ao 016 durante o confinamento, un tempo no cal as denuncias por violencia machista caeron un 13 %.

Preto de 600 profesionais sanitarios incorpóranse ás listas de contratación temporal de persoal laboral da Xunta

Preto de 600 profesionais sanitarios incorpóranse ás listas de contratación temporal de persoal laboral da Xunta. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as listas provisionais de admitidos e excluídos, que se fai de forma anticipada e separada, para ter así unha maior dispoñibilidade de profesionais para facer fronte ás necesidades derivadas da Covid-19.

Os concellos do Grupo de Desenvolvemento Eu Rural súmanse á loita contra a violencia de xénero

Deixar o pasado atrás para comezar a ser a persoa que se quere ser. Iso foi o que supuxo para as participantes desta primeira edición do obradoiro de Eu Rural aqueles días nos que compartiron alegrías, bagoas, historias…

Deputación e Secretaría de Estado de Turismo sentan as bases dunha relación bilateral para mellorar o turismo e reactivar o sector

No marco da Mesa de Turismo, o espazo de gobernanza creado pola Deputación de Pontevedra no ano 2018, a presidenta Carmela Silva e o secretario de Estado de Turismo Fernando Valdés sentaron as bases dunha relación bilateral entre ambas institucións para identificar os proxectos verdadeiramente estratéxicos que melloren o destino turístico e permitan reactivar o sector na provincia.

Javier Losada recoñece o papel esencial dos técnicos/as superiores sanitarios na evolución da crise sanitaria

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, recoñeceu o papel esencial dos técnicos superiores sanitarios na prevención e loita contra a pandemia do coronavirus, polo seu contacto permanente cos pacientes e pola súas responsabilidades, que desempeñan “día a día” con total compromiso e alto grado de formación.