14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaUnha nova campaña da Xunta, "A túa vida sen voltas", promove o...

    Unha nova campaña da Xunta, “A túa vida sen voltas”, promove o uso seguro do tractor nos sectores agrario e forestal

    A Consellería de Emprego de Igualdade a través do Issga, en colaboración co Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, deseñou a iniciativa se presentou a través dunha webinar a 80 profesores e alumnos de FP

    A Xunta pon en marcha unha nova campaña para reducir os accidentes co tractor. A túa vida sen voltas presentouse a través dunha webinar a 80 profesores e alumnos dos ciclos medio e superior dos centros de Formación Profesional da Granxa, en Ponteareas, e do IES Cidade de Antioquía, de Xinzo de Limia, nos que se cursan estudos das ramas  agraria e industrias alimentarias nos que o tractor será unha das súas ferramentas de traballo.

    A iniciativa foi deseñada pola Consellería de Emprego e Igualdade, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), en colaboración co Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, co obxectivo de fomentar o uso seguro do tractor, o aumento do número de vehículos provistos de estrutura de protección e cinto de seguridade e a importancia de facer uso deles.

    Preténdese acadar a concienciación do sector primario mediante a formación e a información respecto ao risco de envorco e as súas consecuencias. A previsión é chegar ao maior número posible de agricultores, gandeiros e gandeiras, traballadores e traballadoras forestais e todos aqueles e aquelas que  teñan relación coa utilización do tractor no agro galego. Así, para o desenvolvemento da campaña contouse tamén  coa colaboración da Axencia da Industria Forestal (XERA), dos axentes sociais e das principais cooperativas galegas. A iniciativa inclúe, así, a distribución de 600 carteis divulgativos e técnicos e un documento técnico que tamén se pode consultar en formato dixital na web do Instituto: http://issga.xunta.gal.

    O feito de levar a cabo a presentación en centros educativos responde, por unha parte, á importancia da concienciación respecto da cultura preventiva desde as etapas formativas, e polo tanto na  Formación Profesional, e, doutra parte, promover comportamentos seguros nos que serán os futuros profesionais que se integrarán proximamente nas empresas e explotacións do sector.

    O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia considera necesario incidir na prevención de riscos laborais e lembra que unha gran maioría dos sinistros co tractor non teñen a consideración de accidentes de traballo, xa que os sofren en gran número persoas maiores de 65 anos e nunha alta porcentaxe persoas con idade incluso máis avanzada. En Galicia, entre os anos 2016 e o primeiro semestre de 2020, producíronse tres accidentes mortais por envorco con consideración de sinistro laboral.

    Os accidentes con tractor son debidos principalmente pola ausencia de estrutura de protección e de cinto de seguridade ou ao non uso deles, ben por levar a estrutura pregada ou non levar o cinto abrochado.  Por isto, a campaña incide na importancia da instalación de estruturas de protección e cinto de seguridade, así como no uso destes elementos. O documento técnico deseñado trata aspectos relacionados cos factores de risco, a gravidade das lesións, as medidas preventivas e de protección e a condución segura do tractor, entre outros.

    A campaña enmárcase no Plan Nacional de Sensibilización en Prevención de Riscos Laborais  deseñado polo grupo de traballo do sector agrario  da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no traballo no que o ISSGA participa activamente.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.