15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaO Grupo Socialista esixe á Xunta incrementar o orzamento para a loita...

    O Grupo Socialista esixe á Xunta incrementar o orzamento para a loita contra a violencia machista con fondos propios en 2021

    Noa Díaz lamenta “falla de análise” ante uns datos de violencia machista e sexual “terribles” e “accións de pouco alcance”

    A responsable de Igualdade do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Noa Díaz, esixiu á Xunta incrementar o orzamento para a loita contra a violencia machista con fondos propios para 2021. Díaz, que interveu trala comparecencia da secretaria xeral de Igualdade no Parlamento, lamentou que a Xunta “non avalíe nin analice” os datos existentes para extraer ideas que se “deben converter en accións políticas” que estean “lideradas de maneira directa pola Xunta” á vez que mostrou a súa preocupación polo “escaso alcance” das medidas.

    Díaz urxiu a crear unha “verdadeira” rede de centros de información á muller, que “sexa a garantía dun servizo integral ás mulleres” dos 313 concellos galegos e que asegure unha dotación económica “suficiente” para cubrir o seu funcionamento, sen as limitacións actuais de 45.000 euros por centro. Así, lamentou que hai 5 comarcas que “aínda non teñen servizo de CIM”.

    Neste senso, instou á Secretaría Xeral a seguir as consideracións publicadas onte nun informe da FEGAMP que urxe unha estratexia para determinar “criterios de emprazamento e prestación de servizos” dos CIM, que teñan en conta factores como xeografía, densidade poboacional e características sociodemográficas. Ademais, pediu unha reforma lexislativa que fixe cocientes profesionais en función da poboación ou demanda.

    A responsable socialista incidiu tamén en pór a atención nos programas de inserción laboral das mulleres vítimas, de xeito que se controle “con rigor” o procedemento para evitar que sufran unha “revitimización” nos seus lugares de traballo.

    Prestacións ás vitimas de violencia machista

    Díaz esixiu á Xunta facer seguimento das solicitudes de prestación a vítimas de violencia machista que son denegadas, “tendo en conta a gravidade do asunto”. Así, subliñou a necesidade de pór “máis recursos de axuda ou alixeirar a burocracia, facendo moito máis doados os trámites para unhas mulleres en franca situación de vulnerabilidade”.

    Por último, volveu criticar a falla de análise de datos que permitan extraer conclusións por parte da Xunta e esixiu unha avaliación que permita “interpretar cualitativamente” os datos.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.