20 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Xunta reanudará os exames de oposicións a partir do mes de...

    A Xunta reanudará os exames de oposicións a partir do mes de febreiro

    O conselleiro de Facenda e Administración Pública presentou onte na Comisión 3ª o proxecto de Lei de Orzamentos para 2021 e as contas da súa Consellería

    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, anunciou onte que a Xunta prevé volver programar exames de oposicións a partir do mes de febreiro. Neste sentido, sinalou que as probas celebraranse seguindo protocolos de actuación que garantan a súa realización con seguridade de acordo cos criterios das autoridades sanitarias e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

    Na súa comparecencia en comisión parlamentaria para presentar o proxecto de Lei de Orzamentos para 2021 e as contas da súa consellería, Valeriano Martínez confirmou tamén que nas vindeiras semanas se aprobará o decreto da Oferta de Emprego Público de 2020 e ratificou o compromiso da Xunta de aprobar o do ano que vén nos primeiros meses de 2021.

    En materia de emprego público resaltou ademais, que nos próximos días o Goberno galego ratificará o primeiro gran acordo en materia de Función Pública da lexislatura referente ao teletraballo “de forma que Galicia se converte na primeira comunidade en adaptar a súa regulación á recente normativa aprobada polo Estado”, apuntou.

    Novidades

    Durante a súa intervención, o conselleiro anunciou a integración do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) na Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para avanzar na simplificación administrativa e unificar nun mesmo organismo os servizos tecnolóxicos da Xunta de Galicia.

    Por outra banda explicou que se creará o Instituto de Economía Pública de Galicia, unha nova sección dentro da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), que contará cunha dotación de 500.000 euros nos presupostos de 2021 para iniciar a súa actividade. Este Instituto  realizará estudos sobre o sistema de financiamento autonómico, fiscalidade ou simplificación administrativa entre outras; e será importante para a avaliación de proxectos e políticas públicas.

    En canto a Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), o titular de Facenda e Administración Pública sinalou que co obxectivo de mellorar a xestión, estase a traballar en dúas novas ordes, unha para a presentación telemática obrigatoria para os colaboradores sociais dos modelos do Imposto de Sucesións e Doazóns e outra para a presentación telemática obrigatoria dos modelos do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados para as persoas xurídicas.

    O orzamento máis alto da historia

    Na súa comparecencia, Valeriano Martínez subliñou que o ano que vén, Galicia contará co “orzamento máis alto da historia para poder afrontar o momento de maior necesidade da historia e reactivar Galicia”.

    Neste sentido, explicou que os presupostos de 2021 acadan os 11.563 millóns e destinan catro de cada cinco euros a gasto social, emprego e reactivación económica coa finalidade de seguir combatendo a pandemia, impulsar a dinamización da economía e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos.

    Así, segundo explicou o conselleiro, estas contas inclúen o maior gasto social da historia da Comunidade que ascende a 8.540 millóns de euros, 864 millóns máis que no vixente exercicio; e o maior investimento produtivo que acada a cifra récord de 2.592 millóns.

    En materia de política fiscal, a Xunta non subirá os impostos nin ás familias nin ás empresas no 2021 e consolidará as rebaixas fiscais aprobadas nos últimos anos. Deste xeito, o vindeiro ano, máis de 115.000 familias beneficiaranse de novo das rebaixas de impostos aprobadas polo Goberno galego desde 2016. Ademais, a Xunta ampliará de novo o volume de beneficios fiscais ata os 472 millóns de euros, toda vez que os beneficios fiscais inclúen todos aqueles ingresos que a Xunta decide non percibir para que revertan principalmente ás familias e aos fogares.

    E como novidade, os orzamentos do vindeiro ano inclúen catro fondos que lle permitirán contar á súa vez con novos instrumentos para acometer os retos aos que se ten que afrontar a comunidade galega. Estes instrumentos son o Fondo Covid dotado con 503 millóns de euros destinados a seguir combatendo a pandemia, o fondo REACT-EU que conta cun importe de 430 millóns para impulsar a reactivación económica e o emprego; o Fondo de Garantía de Infraestruturas Sanitarias, de carácter plurianual que está dotado con 105 millóns de euros no ano 2021 para financiar durante toda a lexislatura a construción e reforma de infraestruturas sanitarias; e o Fondo Consenso cunha dotación de 115 millóns de euros para financiar os proxectos de investimento acordados no marco da Comisión parlamentaria de reactivación económica, no marco do Diálogo Social e nas recomendacións do Comité de Expertos Económicos de Galicia. En definitiva, #galicia_reactívase cuns orzamentos que buscan unha política útil para atender de maneira áxil e eficaz as consecuencias sanitarias, económicas e sociais da pandemia, impulsar a reactivación económica coa maior aposta de investimento produtivo da historia, sen subirlle os impostos nin aos cidadáns nin ás empresas e blindando os recursos para as infraestruturas sanitarias de toda a lexislatura.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.