11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaGonzalo Caballero reclama á Xunta "mellorar o escudo protector das mulleres" ante...

    Gonzalo Caballero reclama á Xunta “mellorar o escudo protector das mulleres” ante o crecemento da violencia machista coa COVID

    O líder socialista advirte a Feijóo da “fenda” que deixa a crise no emprego feminino, posto que hoxe hai menos mulleres ocupadas en Galicia que a primeiros de ano mentres hai máis homes ocupados

    O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, centrou hoxe a pregunta ao presidente nas medidas que ten que despregar a Xunta para apoiar ás mulleres neste contexto de pandemia e, nese sentido, reclamou “un esforzo por mellorar o escudo protector das mulleres”. Gonzalo Caballero puxo o foco no aumento nun 14 % das chamadas ao 016 durante o confinamento, un tempo no cal as denuncias por violencia machista caeron un 13 %, e inquiriu a Feijóo sobre as medidas a poñer en marcha dende o goberno galego neste aspecto. Máxime, como dixo, cando en Galicia hai hoxe un 4,3 % máis de casos activos por violencia de xénero en relación coa mesma data do ano pasado.

    Ao fío diso, o máximo dirixente do PSdeG sinalou que os centros de información á muller son “un dos principais recursos” para atender ás mulleres e lamentou a falla de compromiso da Xunta neste eido. “Hai 136 concellos que aínda non teñen CIM”, apuntou, para recriminar a Feijóo que dende a súa chegada ao goberno galego só abriron “seis” instalacións deste tipo.

    “O compromiso a prol da igualdade e contra a violencia de xénero non é cousa só discursos, é aplicar políticas e medidas. E en Galicia pódese facer máis, e mellor”, remachou Gonzalo Caballero, consciente de que o orzamento da Xunta para ano que vén consigna menos fondos para igualdade que nas contas de 2009, as últimas do goberno progresista liderado por Emilio Pérez Touriño. “A pesares de que o Pacto de Estado destina a Galicia oito millóns de euros”, engadiu.

    ‘Fenda’ no emprego

    Ademais, o líder dos socialistas galegos profundou na “fenda” que deixa a crise no emprego feminino, posto que hoxe hai menos mulleres ocupadas en Galicia que a primeiros de ano mentres o número de homes traballando viuse incrementado no mesmo período.

    Ao tempo, advertiu de que os recortes nos servizos sociais fan que esa labor acabe recaendo nas mulleres e, precisamente por iso, criticou Gonzalo Caballero que a Xunta pretenda suprimir o servizo de axuda no fogar extraordinario.

    E, tras sinalar que vítimas de violencia machista están tendo que agardar ata 12 días por unha praza na casa de acollida en Vilagarcía, como se publicou, reclamou a Feijóo “máis compromiso” nesta materia.

    Despois de afear a Feijóo que “non queira falar dos problemas de Galicia con espírito construtivo”, Gonzalo Caballero deixou claro que”o Partido Socialista sempre estará na defensa da causa feminista e das mulleres”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.