Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

Éxito absoluto da performance ‘A última cea’ de Uxía Morán nos actos do 25N do Concello de Redondela

Ante ameaza de choiva, o Multiúsos da Xunqueira foi o escenario escollido para desenvolver o acto institucional conmemorativo do 25N do Concello de Redondela e no que Uxía Morán, con 'A última cea' foi a encargada de visibilizar a través dunha performance “moi dura”, a traxedia das mulleres que sofren diariamente a violencia machista nas súas máis diversas expresións.

O Concello de Redondela rende homenaxe a Concepción Arenal coa descuberta dunha placa co seu nome nas dependencias de Servizos Sociais

'A Concepción Arenal. (1820-1879). En memoria dunha muller que fixo da xustiza social e da igualdade o guieiro da súa vida'. Así reza a placa colocada na entrada das dependencias de Servizos Sociais de Redondela e que esta mañá foi descuberta pola alcaldesa de Redondela e responsable do servizo, Digna Rivas.

A proxección de dous curtos de ‘Cinema de Muller’ en streaming nos IES de Redondela, abriu o programa de actividades con motivo do 25N

A proxección simultánea en streaming aos institutos de Redondela das curtametraxes '1/2' de Olaia Sendón e 'Ei, guapa!' de Sonia Méndez, –incluídas na película colaborativa Visións do proxecto Cinema de Muller da Deputación de Pontevedra–, abriu onte o programa de actividades que desenvolverá o Concello de Redondela con motivo do 25N.

Vinte persoas en situación de desemprego poderán formarse no obradoiro dual ‘Redondela máis que bela’

Un total de 20 persoas en situación de desemprego do municipio de Redondela participarán no obradoiro dual 'Redondela máis que bela', logo de que a Consellería de Igualdade e Emprego da Xunta de Galicia confirmase a concesión dunha subvención de 346.946 euros para a realización desta iniciativa formativa, importe ao que se engade a achega municipal de 62.500 euros.

Redondela non renunciará ao convenio da Avenida de Mendiño e “xa emitiu a retención de crédito pola cantidade acordada inicialmente”

O Concello de Redondela deixou hoxe clara a súa intención inequívoca “de non renunciar” ao convenio de colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para a remodelación da Avenida Mendiño como se desprende “de todas as actuacións municipais que estiveron sempre encamiñadas a unha resolución satisfactoria desta actuación”, afirma a alcaldesa Digna Rivas, nun escrito dirixido á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Zona Franca creará un Centro de Emprendemento en Redondela “do que sairán grandes proxectos que contribuirán á xeración de emprego”

Redondela contará cun Centro de Emprendemento que impulsará o desenvolvemento económico, industrial e empresarial do municipio e do que “sairán grandes proxectos que contribuirán a xeración de emprego”, asegurou o delegado do Estado para o Consorcio da Zona Franca de Vigo, que esta mañá visitou Redondela para, xunto a alcaldesa Digna Rivas, dar a coñecer o investimento de máis de 670.000 euros recollido nos Orzamentos Xerais do Estado.

Unha colisión múltiple en Redondela sáldase con dúas persoas feridas

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá en Redondela nunha colisión na que se viron implicados tres turismos. Segundo a información recollida no 112 Galicia, estas dúas persoas accidentadas tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

A Policía Local de Redondela denuncia ao condutor duna motocicleta por un suposto delito de falsificación de identidade e cinco faltas máis

A Policía Local de Redondela procedeu a denunciar, na tarde de onte, ao condutor dunha motocicleta por un suposto delito de falsificación de identidade, desprazamento non xustificado dende Cangas, portar substancias estupefacientes, circular sen seguro, dar positivo na proba de drogas e carecer de permiso para conducir.

O Concello de Redondela reafirma o seu compromiso coa diversidade cun amplo abano de actividades con motivo o Día da Memoria Trans

“Redondela sempre apostou e apostará pola diversidade e a integración como medios para acadar unha sociedade máis xusta, máis solidaria e máis decente”. Con estas palabras, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, daba a coñecer o amplo abano de actividades que se desenvolverán durante estes días con motivo do Día Internacional da Memoria Trans que se celebra o vindeiro 20 de novembro.

Os escaparates dos establecementos de Redondela énchense de mensaxes de agradecemento

"En tempos de pandemía xorden boas iniciativas que nos gusta destacar", asegura a Asociación de Empresarios de Redondela. E unha boa iniciativa é, sen dúbida, a cadea de agradecementos aos clientes que enchen os escaparates dos establecementos de Redondela.

Movida fin de semana para a Policía Local de Redondela

A fin de semana non foi doada para a Policía Local de Redondela que, dende a noite do venres instruíu dilixencias por presuntos delitos contra a seguridade viaria, incumprimento de medidas sanitarias relativas á Covid e un presunto delito de atentado contra un axente da autoridade.

Redondela habilita unha nova Oficina de Xestión Tributaria e Recadación en Chapela para achegar á administración á cidadanía

Evitar desprazamentos, axilizar os trámites e achegar á administración á cidadanía. Estes son tres dos motivos que levan ao Concello de Redondela a abrir unha oficina de Xestión Tributaria e Recadación en Chapela e que entrará en funcionamento o vindeiro 18 de novembro. A nova oficina, que quedará situada na Avenida de Redondela nº 19, prestará atención presencial todos os mércores de 9 h a 14 horas