Luns, 30 Xuño de 2025

Redondela

A insistencia da alcaldesa de Redondela consegue que Sanidade inicie a realización dun cribado de probas PCR á veciñanza

O Concello de Redondela recibiu hoxe a comunicación oficial da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo sobre o inicio dun cribado de probas PCR á veciñanza do municipio que se realizarían tanto no hospital Álvaro Cunqueiro coma no do Meixoeiro. Trataríase de probas que se practican sen necesidade de saír do coche e cun alto grao de fiabilidade, polo que “permitirán coñecer a situación do alcande da pandemia no noso municipio”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas.

As bibliotecas de Redondela mudan o seu horario nas datas de Nadal

A Biblioteca Pública Municipal 'Valle Inclán' de Redondela e a 'Xela Arias' de Chapela, terán horarios especiais durante estas datas de Nadal, ademáis de...

O BNG de Redondela esixe a reapertura do Skatepark

O BNG de Redondela vén de pedir ao Goberno local a reapertura do Skatepark pechado hai unhas semanas “ante o aumento de casos detectados da COVID-19 que estamos a sufrir”. Porén os nacionalistas aseguran que a única nova medida que se tomou polo aumento de casos foi o peche deste espazo da que son usuarios e usuarias rapazas novas.

O Goberno local da axudas directas á hostalaría para paliar os efectos do peche decretado pola Xunta

O Concello de Redondela vén de anunciar a concesión de axudas directas á hostalaría. A iniciativa tenta paliar a complicada situación pola que está a pasar o sector debido ao último peche, dun mes de duración, decretado pola Xunta de Galicia para frear a expansión da COVID-19.

O nivel máximo de restrición pola COVID e o peche perimetral, impiden a celebración do mercado do día 6 de decembro en Redondela

O Concello de Redondela deu a coñecer hoxe a suspensión do mercado previsto para o día 6 de decembro, e para o que se tiña xa todo disposto, “logo dos datos sobre a evolución da COVID no municipio que nos inclúe no Nivel Máximo de Restricións ao que se engade o peche perimetral”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas tralas reunións mantidas con responsables da Consellería de Sanidade.

Redondela presenta unha programación de Nadal na que “cambian as formas de chegar pero non a ilusión como obxectivo”

O programa de Nadal de Redondela “reinvéntase” obrigado pola crise sanitaria e as medidas de seguridade que esta situación leva aparellada. Unha programación, ampla e variada que “cambia nas formas de chegar pero non na ilusión como obxectivo”, tal e como sinalou a alcaldesa Digna Rivas na presentación do programa, acto no que estivo acompañada pola concelleira de Eventos, Marta Alonso e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa.

O Concello de Redondela mercará xoguetes para as nenas e nenos das familias máis desfavorecidas

O Concello de Redondela mercará, por primeira vez, xoguetes novos para distribuír entre os nenos e nenas das familias máis desfavorecidas. A iniciativa, que parte da Concellería de Servizos Sociais que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, busca que “todos os nenos e nenas, independentemente da situación económica das súas familias, poidan gozar dun Nadal feliz”.

Guillermo Meijón visibiliza en Redondela o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa gratuidade da peaxe Vigo-Redondela

"A liberalización da peaxe do treito Vigo-Redondela é unha realidade, ten partida comprometida nos Orzamentos Xerais do Estado e, por tanto é un compromiso firme do Goberno de Pedro Sanchez para dar cumprimento a unha reivindicación histórica das veciñas e veciños", afirmou esta mañá a deputada socialista Ángeles Marra na rotonda de Cabanas e coa cabina da peaxe da AP-9 de fondo, instalación que, polo que parece, xa ten data de caducidade.

O Concello de Redondela reafírmase “na solidariedade inequívoca co pobo saharauí” e responsabiliza a Marrocos da ruptura do Alto o Fogo do ano 1991

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas deu lectura onte, no Pleno da Corporación, a unha declaración institucional sobre a situación que se vive no Sáhara provocada pola ruptura do Alto o Fogo de 1991 por parte de Marrocos a quen a declaración apunta “como único responsable da inestabilidade que se xerou e que se pode estender a toda a rexión do Magreb”.

O día 1 de decembro remata o prazo de solicitude de axudas para o desenvolvemento de programas de Servizos Sociais de Redondela

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de lembrar a interesadas e interesados que o vindeiro 1 de decembro remata o prazo de solicitude de axudas para o desenvolvemento de servizos sociais para este ano 2020.

Redondela acenderá o alumeado de Nadal mañá venres coincidindo co ‘black friday’ do comercio local

As rúas e prazas de Redondela encheranse mañá, ás 18 horas, de luz e cor co acendido do alumeado de Nadal que o Goberno municipal quixo facer coincidir co 'black friday' do comercio local como medio para dinamizar as rúas e contribuír á recuperación deste sector “fundamental para a recuperación económica do municipio”, sinalaron a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Comercio, María Castro.

O Concello insta a Xunta de Galicia a paralización dan entrada de materia prima na planta de Aucosa

O Concello de Redondela vén de pedir á Xunta de Galicia que paralice a entrada de materia prima na planta de Aucosa mentres non se teñan rematadas as obras de acondicionamento que eviten os malos cheiros e as verteduras como a constatada o pasado día 24 de novembro polo policía local de medio ambiente que acudiu atendendo unha chamada da veciñanza dando conta da circunstancia.