10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Concello insta a Xunta de Galicia a paralización dan entrada de...

    O Concello insta a Xunta de Galicia a paralización dan entrada de materia prima na planta de Aucosa

    A veciñanza alertou á Policía Local da existencia dunha vertedura á ría o pasado 24 de novembro

    O Concello de Redondela vén de pedir á Xunta de Galicia que paralice a entrada de materia prima na planta de Aucosa mentres non se teñan rematadas as obras de acondicionamento que eviten os malos cheiros e as verteduras como a constatada o pasado día 24 de novembro polo policía local de medio ambiente que acudiu atendendo unha chamada da veciñanza dando conta da circunstancia.

    A vertedura procedente da planta de AUCOSA ten súa orixe “nas malas condicións nas que se atopa unha fosa séptica debido, aparentemente, á falta de mantemento e non pola avaría das bombas ubicadas na arqueta tal e como se reflicte no informe emitido polo axente actuante”.

    Segundo a Concellería de Medio Ambiente, as instalacións da empresa “non se atopan en condicións óptimas para o desenvolvemento da súa actividad sen provocar danos ao medio ambiente”.

    Cómpre lembrar que a pasada semana, a Xunta solicitaba a colaboración do Concello redondelán para evitar, precisamente, a entrada de materia prima atendendo as continuas reclamacións tanto da veciñanza como do Goberno local. Esa mesma semana, revogaba esa orde, sen que se coñezan os motivos de dita marcha atrás e sen tan sequera dar conta desa circunstancia ao Concello de Redondela.

    O Concello insta á Dirección Xeral e a Augas de Galicia a adoptar unhas novas medidas provisionais contra a Auxiliar Conservera S.A. (AUCOSA) “nas que se prohiba temporalmente a entrada nas súas instalacións de materia prima”, en concreto, a suspensión temporal de admisión dos subprodutos animais e produtos derivados, materias primas que inclúe: recorte de cocido de peixe, cabeza fresca, peixe fresco, peixe conxelado e vísceras, que era precisamente o que figuraba na primeira medida provisional adoptada pola Dirección Xeral “comunicada a este Concello en data 13 de novembro de 2020”.

    “Os veciños e veciñas de Chapela, Trasmañó, Cedeira, en definitiva de toda Redondela, non poden sufrir nin un segundo máis esta situación”, sinala a Concellería de Medio Ambiente que, subliña o feito que “levan moitísimos anos sufrindo malos cheiros, mirando prexudicada a súa calidade de vida e esixindo, unha solución a este grave problema”.

    Finalmente a Concellería de Medio Ambiente agradece “a colaboración da veciñanza comunicando estes lamentables sucesos”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.