A Concellería de Feiras e Mercados do Concello de Redondela, que xestiona Vicente Lamas, vén de anunciar a celebración, o vindeiro día 6 de xaneiro, do mercado quincenal que, habitualmente e en condicións normais, celébrase os días 6 e 21 de cada mes.
O BNG de Redondela, nun escrito dirixido á Alcaldía, vén de demandar "que se manteña intacta a partida non gastada dos Orzamentos Participativos do 2020 co fin de reinvestilo nas parroquias", explica o portavoz dos nacionalistas, Xoán Carlos González, que lembra que o 1 % dos orzamentos municipais do ano 2020, "non se investiu nas diferentes parroquias, e que debe respectarse este compromiso".
Que os máis cativos e cativas de Redondela comecen a tomar contacto coa historia do municipio e as súas tradicións, é o que busca a iniciativa posta en marcha polo Concello coa colocación de chamativos paneis informativos protagonizados polos Bolechas, nos recentemente remodelados parques infantís da Xunqueira e da parroquia de Trasmañó.
“A Escola Infantil para Chapela é un tema irrenunciable para este Goberno porque é un dereito que teñen as veciñas e veciños”, asegurou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas ao reforzar a aposta do executivo que preside coa instalación dunha escola infantil nesa parroquia redondelá. Dende hai ano e medio que o actual equipo de Goberno tomou posesión e pese as insistentes peticións da Alcaldía ante o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar “a día de hoxe non hai nin tan sequera contestación aos nosos requirimentos dunha xuntanza urxente para tratar este tema”, afirma a alcaldesa.
A Deputación de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Redondela unha subvención de 10.667 € para a rehabilitación da Fonte de Santiago, elemento patrimonial situado no casco urbano redondelán.
O parque infantil da Xunqueira, en Redondela, volve a estar plenamente operativo e a disposición dos seus pequenos e pequenas usuarias, logo de ser obxecto de labores de recuperación e rehabilitación de todos os elementos que o compoñen.
Os pasados 22 e 23 de decembro, Papá Noel fixo un percorrido por todas e cada unha das parroquias de Redondela, nunha iniciativa pioneira que buscaba que as nenas e nenos puidesen gozar do Nadal, independentemente do seu lugar de residencia.
Os traballos de reparación estruturais do cargadoiro de Coto Wagner, “son técnicamente viables” e a estrutura principal metálica e os elementos de formigón armado “poden rehabilitarse co fin de darlle un uso ao marxe do inicial do cargadoiro”.
Despedir un 2020 atípico e facelo de xeito conxunto entre a mocidade e as persoas maiores, era o obxectivo da 'Despedida interxeracional' que onte desenvolveuse en Redondela organizada polas concellería de Servizos Sociais e Persoas Maiores, xestionadas pola alcaldesa Digna Rivas.
Redondela conta cunha nova zona de esparexemento público situada nunha áreas máis novas do casco urbano, a denominada urbanización Regojo que ocupa boa parte dos terreos que, no seu tempo, albergou a unha industria téxtil de renome nacional e internacional.
O Concello de Redondela presentou unha serie de suxestións ao plan de Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios do Porto de Vigo (DEUP) ao considerar que “unha vez máis ignora as demandas de Redondela e a súa realidade patrimonial e medioambiental”.
O Concello de Redondela vén de anunciar a suspensión da feira que se tiña que celebrar o vindeiro 21 de decembro, ao continuar o municipio en situación de peche perimetral pola pandemia da Covid-19 e en nivel de restrición máxima.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.