Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

Posposta a matrícula dos cursos de formación gratuítos nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela

A Concellería de Novas Tecnoloxías que xestiona Olga García Ballesteros anunciou o aprazamento do período de matrícula para os cursos gratuítos de formación informática a desenvolver nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela.

Redondela presenta a súa programación cultural do Inverno 2022 na que os actos do Entroido e 8 de Marzo terán un especial relevo

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, presentaron onte a programación cultural Inverno 2022 na que o Concello mantén a súa firme aposta polo teatro, tanto adulto como infantil e no que non faltan actividades xa plenamente consolidadas pola aceptación que teñen entre o público como o Ciclo de Monólogos, o ciclo de música folk 'A nosa música', o Festival Internacional de Bigs Bands ou o Festival Internacional de Curtas 'Andaina'.

O BNG demanda o medre do Servizo de Emerxencias de Redondela

O BNG de Redondela considera o rexeitamento plenario do convenio dos Grupos Supramunicipais de Emerxencia como "unha oportunidade a aproveitar" para traballar noutra vía e lembra que, en Redondela, "o SEIS, servizo de emerxencias e incendios, está asumindo as competenzas na materia. Únicamente conta con tres efectivos, profesionais perfectamente formados, capacitados e con ampla experiencia.

Presentados os Premios Andaina 2022 pola accesibilidade e a inclusión social e laboral

A Praza do Concello de Redondela acolleu, na mañá de onte, a presentación dos Premios Andaina que todos os anos outorga a Asociación Andaina de persoas con diversidade funcional de Redondela e que, por primeira vez, recoñecerán o “traballo e compromiso” do comercio, hostalaría, pequena empresa e entidades á hora de establecer boas prácticas no mundo socio-laboral das persoas con diversidade funcional.

A Xunta inicia as obras na cuberta do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela

A Xunta iniciou as obras na cuberta do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela. Actualmente as instalacións presentaban deficiencias que afectan ao seu illamento polo que era preciso a súa substitución.

A alcaldesa acompañada da deputada Leticia Gallego, reivindica en Chapela a “urxencia” de construír unha escola infantil

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada da deputada do Grupo Socialista do Parlamento de Galicia, Leticia Gallego, visitou na mañá de hoxe os terreos da finca da Ginaria, en Chapela, postos a disposición da Xunta de Galicia para a construción dunha escola infantil para a parroquia.

A Federación de ANPAS de Redondela acusa á Xunta de “mentir e marxinar ás familias” no Bacharelato de Arte

A Federación de ANPAS de Redondela vén de acusar á Xunta de Galicia de "ignorar a centos de familias e mentir no que fai referencia a dotar ao municipio dun Bacharelato de Arte". A Federación lembra que representa a 13 ANPAS de centros públicos de ensino de Pazos de Borbén e Redondela "dato significativo, porque ignora á Federación de ANPAS de Redondela, está a ignorar a centos de familiasde Redondela e Pazos de Borbén"

Redondela contratará a un total de 18 persoas desempregadas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos

O Concello de Redondela, na súa política de reforzamento das políticas de emprego, contratará a un total de 18 persoas en situación de desemprego ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para o que destinará un orzamento de 264 325,09 € dos que a Deputación de Pontevedra achegará 257 580,89 euros mentres o Concello de Redondela aportará os 6774,20 € restantes.

O Concello de Redondela inicia unha campaña informativa sobre o protocolo de actuación fronte a vespa velutina

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Ambiente que xestiona Alberto Álvarez, iniciará este vindeiro venres, 4 de febreiro, unha serie de charlas informativas nas parroquias do municipio, nas que se darán a coñecer os protocolos de actuación fronte á vespa velutina.

A Concellería de Novas Tecnoloxías oferta cursos de formación gratuítos nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela

A Concellería de Novas Tecnoloxías que xestiona Olga García Ballesteros desenvolverá, durante este ano 2022 un programa que incluirá ata 10 horas de formación nas súas duas aulas CeMIT de Redondela e Chapela. Trátase dunha serie de accións formativas –totalmente gratuítas aínda que con prazas limitadas– que tratarán de achegar as ferramentas informáticas máis comúns e utilizadas á poboación.

Redondela contará cun axente da policía local dedicado a todas as tarefas relacionadas coa violencia machista

O Goberno local de Redondela vén de dar un paso máis na loita contra a violencia de xénero e a asistencia as vítimas destinando especificamente un axente de policía local, Obulio Iglesias Otero, ás tarefas relacionadas coa violencia de xénero e o sistema VioGén. O axente, acompañado do xefe da Policía Local, foi recibido na mañá de onte pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e polo concelleiro de Seguridade, Nacho González.

O Goberno de redondela denuncia que “a irresponsabilidade” do PP deixa á veciñanza sen servizo de emerxencias

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, cualificou hoxe de “absoluta irresponsabilidade” a negativa do PP, plasmada no seu voto en contra no pleno do pasado xoves, á posta en marcha do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) Redondela-Mos, iniciativa que partía da Xunta de Galicia e que o Concello de Mos xa aprobara no seu respectivo pleno municipal.