Domingo, 25 Maio de 2025

Comarcas

Pasarrúas, animación, lanzamento de globos e moita música en Ponteareas no arranque das festas de San Miguel

Ponteareas celebra as festas de San Miguel con actividades para todos os gustos e toda a familia con animación e moita música na vila durante toda a semana.

Nigrán ofrece este sábado actividades de concienciación e sensibilización medioambiental na praia de Patos e Cansadoura

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 2 de outubro diversas actividades na praia de Patos e Cansadoura abertas ao público e dirixidas a promover a concienciación e sensibilización medioambiental.

Mos clausura o “Mos Peregrino” a dúas semanas do inicio dun novo Obradoiro de Emprego

Mos clausura o seu Obradoiro de Emprego “Mos Peregrino” a 15 días do comezo dun novo Obradoiro titulado “SOMOSMOS”, que impartirá especialidades de albanelería e atención sociosanitaria a un total de 20 persoas en situación de desemprego.

O Pavillón da Marisma acolle este mércores 29 de setembro a Copa Galicia de Baloncesto en Cadeira de Rodas

O Pavillón da Marisma, en Redondela, acolle este vindeiro mércores, 29 de setembro, a final da Copa Galicia de Baloncesto en Cadeira de Rodas, unha cita que enfrontará ao Abeconsa Basketmi do Ferrol e ao Iberconsa AMFIV de Vigo a partir das 20 horas.

O río Tea acolle unha solta de alevíns de salmón ao abeiro do proxecto Migramiño

Ponteareas continúa achegando o seu gran de area ao proxecto Migramiño, unha iniciativa que busca mellorar a protección e xestión sostible do espazo natural da fronteira que conforma a subconca internacional do Miño, incluíndo os seus afluentes.

Nigrán fai historia ao coronar en Patos aos vencedores do Campionato de España de Surf Adaptado

A praia de Patos, no concello galego de Nigrán, converteuse este pasado sábado 25 de setembro na festa da inclusión, deportividade e competición ao albergar a súa primeira edición do Campionato de España de Surf Adaptado (o internacional, previsto para o domingo, trasladouse a Portugal ante a falta de ondas).

A Deputación aproba unha nova achega do Plan Concellos para Tomiño

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra revalidou o compromiso da institución cos concellos da provincia mediante a aprobación de novas achegas por máis de medio millón de euros ao abeiro das liñas 1 e 2 do Plan Concellos.

Paco Ferreira estuda accións legais contra AGAPA por coaccións e inxurias dolosas contra a súa persoa

O rexedor do municipio lamenta “as acusacións infundadas, coacctivas e inxuriosas de maneira premeditada contra a súa persoa e cargo” por parte da Plataforma de Afectados de o polígono Garrida-A Pasaxe.

Entra en funcionamento a zona azul gratuíta do complexo deportivo Álvaro Pino

Dende este mesmo luns 27 de setembro xa está en funcionamento a zona azul do complexo deportivo Álvaro Pino de Ponteareas.

Ábrese o prazo de licitación para a ampliación do mercado do Rosal

O Concello do Rosal anuncia que o prazo de licitación para a mellora e ampliación do Mercado de Abastos xa está aberto.

Gondomar completa o Camiño de Santiago

Con moitas risas e momentos inesquecibles ás súas costas este grupo de veciños do concello de Gondomar poñen punto e final á peregrinación por etapas que arrincaba de Gondomar o pasado día 5 de setembro.

A Xunta acomete a mellora viaria de Laxes de Arriba, no concello de Oia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de acometer a mellora viaria do lugar de Laxes de Arriba, no Concello de Oia, ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) cun investimento de case 40.000 euros.