Luns, 15 Setembro de 2025

Comarcas

O PSOE de Ponteareas “aposta polo emprego” aprobando o PXOM

O Partido Socialista de Ponteareas amosou a súa satisfacción pola aprobación provisional do PXOM que tivo lugar onte na sesión plenaria celebrada na Casa...

ACiP denuncia que se limitase o tempo de intervención dos portavoces no Pleno do PXOM

O concelleiro de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Luis Rodríguez Cerdeira, criticou hoxe que o Pleno de aprobación do PXOM "fora un alarde de falta de transparencia" ao interrumpir o alcalde, "en reiteradas ocasións a invervención do noso portavoz, Juan Carlos González Carrera".

A Guarda organiza unha visita guiada ás salinas romanas

O Concello da Guarda organiza, para o vindeiro sábado día 17 de agosto, unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal. Esta visita, que conta coa coordinación de Anabam, realizarase de xeito gratuíto con saída ás 10:45 h dende o Porto da Guarda e un percorrido aproximado de 2 horas empregando a senda litoral.

O espectáculo ‘A música da auga’ chega a Arbo

O vindeiro martes, 13 de agosto, a Praza do Concello de Arbo acollerá o espectáculo 'A música da auga' que forma parte da programación que a Deputación de Pontevedra ofrece aos concellos. 'Música da auga' visitou con anterioridade –o 11 de agosto– o Concello de Crecente.

A rotonda de Peinador, en Mos, contará cun grupo escultórico doado pola Deputación

A Deputación de Pontevedra fixo entrega hoxe ao Concello de Mos do grupo escultórico sobre emigración, realizado polo alumnado da Escola de Cantería, que se exhibirá de forma permanente na rotonda de Peinador do municipio mosense. Trátase de dúas esculturas, que xa se desfrutaron na exposición pública provincial 'Nado en Pedra', e que foron escollidas polo concello para embelecer e dar significado ao citado espazo público.

Amplo programa de actividades para a ‘LX Festa do Viño do Condado do Tea’ de Salvaterra

O Concello de Salvaterra vén de dar a coñecer o amplo programa de actividades que desenvolverá, entre os días 23 e 25 de agosto, con motivo da celebración da 'Festa do Viño do Condado do Tea' que con esta acada xa a súa sesaxésima edición. No programa, o viño que é o auténtico protagonista, está perfectamente complementado coa boa música e gastronomía.

As festas de Mondariz súmanse ás campañas de Igualdade da Deputación

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Igualdade, colaborará co Concello de Mondariz no marco do programa de información sobre as violencias machistas e poñerá á súa disposición nas festas patronais do municipio un punto morado co material das campañas 'Lembra, eu decido, ti respectas', dirixidas tanto a mozos como a mozas.

Nigrán organiza este xoves unha observación astronómica en Chandebrito

O Concello de Nigrán ofrece esta noite de xoves 15 de agosto na parroquia de Chandebrito unha observación astronómica guiada pola 'Fundación Ceo, Ciencia e Cultura' (vinculada ao Observatorio Astronómico de Forcarei) na que, ademais, se agarda contemplar algunha perseida ou bágoa de San Lourenzo.

Un total de 120 nenos e nenas gozan, en agosto, das actividades dos campamentos urbanos de Redondela

Un total de 120 nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos de idades participan, ao longo do mes de agosto, nos Campamentos Urbanos organizados pola Concellería de Xuventude do Concello de Redondela que xestiona Nacho González. Os campamentos, que comezaban a súa andaina o pasado luns 5 de agosto, inician este luns 12 de agosto a súa segunda quenda.

Cerveira promove a campaña de sensibilización ‘Feira Limpa, un xesto… unha actitude’

A feira semanal de Vila Nova de Cerveira é, sen dúbida algunha, unha das feiras máis recoñecidas do norte de Portugal e Galicia e por iso, a Câmara Municipal de Cerveira quera manter unha "imaxe atractiva e aseada do espazo" e evitar que, logo de cada feira, a zona chea de lixo. A campaña 'Feira Limpa, un xesto... unha actitude' busca promover unha acción de sensibilización e apelar "ao bo sentido dos feirantes".

Máis de 70 ciclistas daránse cita no ‘XXVIII Trofeo Pista as Faias’ do Rosal

A Casa do Concello do Rosal acolleu, no día de hoxe, a presentación do 'Trofeo Pista as Faias' de ciclismo –que con esta, acada a súa vixésimo oitava edición– nun acto presidido pola alcaldesa, Ánxela Fernández Callís á que acompañaban o concelleiro de Deportes, Gerán Fernández e Gerardo Álvarez, José Ramón Villa e Eva Lomba, co Club Ciclista O Rosal.

O “abandono” da Fonte de Troncoso en Mondariz Balneario chega ao Parlamento Galego da man do BNG

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, alertado polo Grupo Municipal do Bloque en Mondariz Balneario, visitou a Fonte de Troncoso para coñecer de primeira man o estado deste ben patrimonial tras o derrube da súa cuberta.