Redondela ultima os preparativos para a celebración dunha das súas festas populares emblemáticas, o «Entroido de Verán» que por parte do Concello busca afastarse o máis posible da imaxe de 'macrobotellón' e potenciar a celebración dun evento máis familiar, igualitario e inclusivo.
Praia América transformase, nestes días, nunha excepcional sala de exposicións ao acoller, ata o 9 de setembro, as 16 esculturas realizadas polo alumnado da Escola de Cantería e agrupadas na exposición colectiva 'De Pedra'.
A Xunta de Galicia, a través de Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de confirmar ao Concello do Porriño a concesión dunha subvención de 180.021 € para a realización do obradoiro de emprego denominado 'Porriño Xove'.
O casco histórico de Oia encherase de música a noite deste venres 16 de agosto co concerto gratuíto A Roda da Igualdade, un proxecto no que a artista Lucía Pérez e o grupo A Roda queren amosar exemplos de música popular con discursos alonxados do discurso machista e misóxino e amosando un novo imaxinario e un novo discurso: o da igualdade.
A Consellería de Sanidade licitará nos próximos días o proxecto básico de execución para a ampliación do Centro de Saúde do Porriño. Así llo confirmou o titular da carteira sanitaria, Jesús Vázquez Almuíña, ao voceiro dos populares porriñeses, Alejandro Lorenzo.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación do inicio da rodaxe da nova película de Ignacio Vilar, 'María Solinha', que se gravará integramente na provincia e que conta cun reparto cen por cen galego.
O Concello de Nigrán acolle dende o xoves 15 de agosto ao domingo 18 a terceira edición da Feira da Cervexa Artesá de Nigrán 'Val Miñor Fest', na Alameda da Ramallosa. Os asistentes poderán degustar case 70 tipos de cervexas artesás diferentes o longo dos catro días, contando con cervexeiros artesáns vidos dende diferentes partes de Galicia e algún invitado de fóra.
A Concellería de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona, dentro da programación deportiva das Escolas Deportivas de Verán 2019, vén de convocar unha nova edición do concurso de iniciación á pesca deportiva infantil.
O vindeiro venres día 16 de agosto a Praza de Avelino Vicente (As de Copas) acolle a segunda cita do Música nas Prazas 2019, cuarto ano desta actividade promovida dende a concellería de Cultura do Concello da Guarda e que este ano conta cun total de 3 concertos nas Prazas de San Queitano, Avelino Vicente e Os Seixiños.
Hai pasos e pasos. O dado polo xogador –ex xogador xa– do C.B. Nigrán, Víctor Villadóndiga e máis que un paso, todo un salto cara a diante. De Nigrán a Santiago para formar parte do Obradoiro da ACB para a tempada 2019/2020, equipo que foi xa presentado ante a prensa e realizou a primeira foto de familia do novo plantel de Moncho Fernández.
O alcalde de Nigrán, Juan González, entregou esta mañá ao Concello de Pontevedra as cinco mochilas vibratorias coas que conta de xeito pioneiro en Galicia co obxectivo de que as persoas xordas poidan “sentir” o concerto de Rozalén esta noite. O Concello de Nigrán fai este préstamo despois de que algunhas das persoas xordas que as estrease este sábado no ChandeFolk fixera a petición expresa.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a segunda tenente de alcalde, Chus Garrote, manifestaron a súa satisfacción pola aprobación do PXOM no pleno de onte e sinalaron que o novo Plan “marca o inicio dunha nova etapa de prosperidade para Ponteareas”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.