Venres, 2 Maio de 2025

Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño mellora a accesibilidade da Casa de Cultura

O Concello de Salvaterra de Miño ven de contratar a instalación dunha plataforma salva escaleiras de cara garantir a accesibilidade á Casa da Cultural ás persoas con mobilidade reducida. A alcaldesa Marta Valcárcel sinalou que non se pode esquecer que o edificio da Casa de Cultura "funciona como centro multiusos onde se realizan numerosas actividades".

Cursos da AFG sobre o nematodo do piñeiro e xestión de xuntas reitoras de montes veciñais

A Asociación Forestal de Galicia está a desenvolver este outono un amplo programa formativo en temáticas nas que teñen manifestado interese as persoas e comunidades de montes socias. As próximas actividades programadas son un curso sobre o nematodo do piñeiro, en Salvaterra do Miño, e outro sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes, no Rosal.

O Parque da Canuda de Salvaterra acolle, entre o 14 e 15 de setembro, a ‘IV Feria Exposición Internacional de Orquídeas’

O Parque da Canuda en Salvaterra de Miño, unha das superficer verdes urbanas máis grandes de Galicia acollerán, os vindeiros 14 e 15 de setembro, a cuarta 'Feira Exposición Internacional de Orquídeas', unha iniciativa que ademáis, tal e como sinala a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, "contará cun amplo programa de actividades paralelas".

Salvaterra de Miño substitúe o piso do Pavillón Municipal de Leirado

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, acompañada polo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Ernesto Groba e o concelleiro de Leirado, supervisaron as obras de substitución do piso do Pavillón Municipal de Leirado que contan cun investimento de 61.752,29 €.

Os cursos de natación de Salvaterra preparan a súa festa de fin de curso

Máis de 70 persoas déronse cita este verán nos cursos de natación que organizou o Concello de Salvaterra de Miño nas piscinas municipais durante os meses de xullo e agosto. Foron dous meses de diversión e aprendizaxe a partes iguais, onde os monitores traballaron dende con nenos e nenas a partir dos 4 anos, ata adultos sen límite de idade.

Salvaterra de Miño acolle a presentación do ‘IV Raid do Condado-Marqués de Vizhoja’

A Casa do Concello de Salvaterra de Miño acolleu na mañá de hoxe a presentación unha nova edición do 'Raid do Condado-Marqués de Vizhoja', a cuarta, que dará comezo o venres 30 de agosto e terá a súa clausura no Pazo La Moreira, das adegas Marqués de Vizhoja, en Arbo, o domingo 1 de setembro.

Salvaterra de Miño adxudica o contrato do Servizo de Axuda no Fogar

A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, vén de asinar o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para os próximos catro anos coa empresa Idades, S.L. por un importe de 1.711.584,00 €, entre SAF dependencia e SAF básico.

Alxén ultima os preparativos para o sétimo ‘Serán dedicado á vendima’

O 14 de setembro celébrase en Alxén, Salvaterra de Miño, a sétima edición do seu Serán dedicado á vendima. Un acontecemento xa consolidado na contorna ao que acoden grupos folclóricos de toda a comarca.

Amplo programa de actividades para a ‘LX Festa do Viño do Condado do Tea’ de Salvaterra

O Concello de Salvaterra vén de dar a coñecer o amplo programa de actividades que desenvolverá, entre os días 23 e 25 de agosto, con motivo da celebración da 'Festa do Viño do Condado do Tea' que con esta acada xa a súa sesaxésima edición. No programa, o viño que é o auténtico protagonista, está perfectamente complementado coa boa música e gastronomía.

Salvaterra abre a inscrición para os Cursos/Cata da Festa do Viño do Condado do Tea

Salvaterra de Miño vive, estas datas, inmersa nos preparativos da Festa do Viño do Condado do Tea que, con esta, chega a súa 60 edición. Dentro da programación desta festa, o Concello vén de abrir a inscrición para as catas comentadas que, cada ano, contan cun maior número de seguidores.

O BNG cualifica de “desidia” que o goberno de Salvaterra tardara seis anos en xestionar o arranxo dunha rotonda

O BNG en Salvaterra de Miño lamenta o que cualifica de situación de “desidia e parálise” do goberno de Salvaterra de Miño que, segundo os nacionalistas, “tardou seis anos en asumir unha iniciativa presentada polo BNG para pór solución á perigosidade da rotonda situada na estrada PO403”, á altura das interseccións da rúa Fiás e o polígono industrial Chan da Ponte.

Salvaterra pide á Xunta a mellora da glorieta na PO-403 Salvaterra-Ponteareas

O Concello de Salvaterra de Miño aprobou no Pleno do pasado 29 xullo, por unanimidade, a proposta do Goberno local de solicitar á Xunta de Galicia as medidas necesarias para mellorar a seguridade na glorieta da PO 403. As pequenas dimensións da mesma e a súa situación, propician a que a maioría dos vehículos a pasen sen facer "a rotonda" con conseguinte risco para a circulación.