19.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra pide á Xunta a mellora da glorieta na PO-403 Salvaterra-Ponteareas

    Salvaterra pide á Xunta a mellora da glorieta na PO-403 Salvaterra-Ponteareas

    O Concello de Salvaterra de Miño aprobou no Pleno do pasado 29 xullo, por unanimidade, a proposta do Goberno local de solicitar á Xunta de Galicia as medidas necesarias para mellorar a seguridade na glorieta da PO 403. As pequenas dimensións da mesma e a súa situación, propician a que a maioría dos vehículos a pasen sen facer “a rotonda” con conseguinte risco para a circulación.

    Tal e como subliña o Concello de Salvaterra, a glorieta está nun lugar de intenso tráfico rodado xa que, por unha banda da acceso ao Polígono Industrial Chan da Ponte, –con máis de cincocentos empregados e moito tránsito pesado e que se atopa cun difícil e complicado acceso– e por outro lado por esa glorieta teñen que pasar todos os vehículos que entran a Salvaterra a través da Ponte Internacional e os propios veciños e veciñas de Salvaterra que se desprazan ata Ponteareas ou ao enlace da A-52, co conseguinte tránsito de vehículos lixeiros e pesados que iso supón a diario.

    Trátase, insiste o Concello que preside Marta Valcárcel, “dunha glorieta moi pequena pola que pasan a diario centos de vehículos, a maior parte deles sen facer realmente a rotonda, debido as dimensións e situación da mesma, co perigo que iso supón” de feito, sinala o Goberno local, “neste punto xa foron varios os accidentes acontecidos debido a esta situación”.

    Por este motivo o Equipo de Goberno do Concello de Salvaterra presentou ao Pleno da Corporación, coa aprobación unánime de todos os grupos, a solicitude á Consellería de Infraestructuras e Mobilidade para que tome as medidas necesarias para mellorar a seguridade na glorieta da PO-403 no PK + 0,870.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS