Venres, 2 Maio de 2025

Mondariz

José Manuel Gil e Belén Rodríguez, gañadores do «Trail Orixes» na distancia de Maratón

José Manuel Gil Bernárdez e Belén Rodríguez Vidal, proclamáronse vencedores da terceira edición do «Trail Orixes de Mondariz» na cateogría Maratón de 46 quilómetros. Pola súa banda, Alex Sanmartín González e Aroa Sío Seijo facían o mesmo na categoría de 26 quilómetros pechando o cadro de honra, Antonio Groba Pérez e Vanesa Villar Dieguez na categoría MiniTrail de 14 quilómetros.

Cita coa música coral no «VI Encontro de Corais Vila de Mondariz»

A Coral Polifónica 'Santa Baia de Mondariz', coa colaboración do Concello, organiza este sábado, 9 de novembro, o 'VI Encontro de Corais Vila de Mondariz', un evento cultural consolidado na axenda municipal que este ano conta con tres corais galegas convidadas.

A gran demanda obriga a ampliar o número de prazas do «II Trail Orixes» de Mondariz

A poucas horas de pechar o prazo de inscricións para a segunda edición do «Trail Orixes», case todas as prazas cubertas. A gran demanda que esperta este Trail, fixo que a organización decidira ampliar en 30 o número de prazas na modalidade de MiniTrail que pasa dos 200 a 230 participantes.

«Xornada de oportunidades de desenvolvemento no medio rural» en Mondariz

O Concello de Mondariz, a través da concellería de Desenvolvemento Económico e Turismo e da axente de Emprego e Desenvolvemento Local, está a organizar unha xornada de oportunidades de desenvolvemento no medio rural arredor da fruticultura e, en particular, da produción de mazá e derivados.

Mondariz modifica o Orzamento para cubrir gastos básicos

O Concello de Mondariz celebrou o venres una sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal que incluía na orde do día unha proposta de modificación orzamentaria para transferir créditos a partidas relacionadas cos gastos básicos que resultou finalmente aprobada por valor de 21.605,68 euros.

Vilasobroso reclama, por via xudicial, a súa “débeda histórica” con Mondariz

A Entidade Local Menor de Vilasobroso decidiu dar continuidade á demanda xudicial iniciada contra o Concello de Mondariz para reclamar como mínimo o 25 por cento da recadación fiscal municipal correspondente aos seus habitantes, un dereito recoñecido na Lei de Administración local de Galicia que nunca se fixo efectivo.

A Xunta rexeita o Plan Económico Financeiro aprobado en Mondariz

A Consellería de Facenda da Xunta de Galicia notificou ao Concello de Mondariz que o Plan Económico Financieiro aprobado o pasado 27 de setembro, no último Pleno da Corporación Municipal, "non inclúe as tendencias cuantificadas de ingresos e gastos dos exercicios 2019 e 2020, o cálculo de estabilidade orzamentaria e do gasto computable de ambos exercicios".

Mondariz promove a igualdade a través dun obradoiro de teatro social

Este mércores, 9 de outubro, dá inicio o segundo obradoiro de teatro organizado polo Concello de Mondariz. Logo da exitosa experiencia do ano pasado, que culminou cunha representación con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro), a directora de escena Avelina Pérez, con experiencia en educación social, volve a coller as rendas desta actividade.

Mondariz agarda a luz verde da Deputación para rematar a humanización do centro urbano

"As obras de humanización na contorna do centro urbano de Mondariz levan paradas dende xuño de 2019 pola necesidade de notificar os múltiples cambios efectuados sobre o proxecto autorizado inicialmente pola Deputación de Pontevedra, que financiou as obras por importe total de 232.735 euros", explicou hoxe o Goberno local de Mondariz que preside Xosé Emilio Barros.

AporM lamenta que o Goberno de Mondariz impoña unha nova taxa “co apoio da dereita”

“A situación económica global do Concello é netamente positiva e a imposición dunha nova taxa á veciñanza, coa aprobación de todas as forzas da dereita, é unha cortina de fume coa que se quere xustificar o novo imposto e o grao de ineficacia do goberno BNG-PSOE”, asegurou hoxe a concelleira de AporM, Mónica Peralba.

Mondariz busca estudar as potencialidades do territorio para o desenvolvemento rural

O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, e o tenente de alcalde, Leopoldo Tato, Mantiveron unha xuntanza en Santiago co director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois. A reunión responde á liña estratéxica do Goberno local "de promover un desenvolvemento rural atractivo para a veciñanza que poña freo á constante despoboación que vén sufrindo o concello nos últimos anos".

Mondariz aposta pola dinamización da lectura con diversas actividades

A Biblioteca Pública Municipal «Xoán Xosé Pérez Labaca» de Mondariz acolle estas semanas varias actividades de dinamización da lectura, encadradas dentro do programa «Ler Conta Moito 2019» da Xunta de Galicia.