22.1 C
Pontevedra
Martes, 6 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz modifica o Orzamento para cubrir gastos básicos

    Mondariz modifica o Orzamento para cubrir gastos básicos

    Apróbanse transferencias de créditos para o pago a empregados, provedores e servizos sociais

    O Concello de Mondariz celebrou o venres una sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal que incluía na orde do día unha proposta de modificación orzamentaria para transferir créditos a partidas relacionadas cos gastos básicos que resultou finalmente aprobada por valor de 21.605,68 euros.

    Á falta de varios meses para pechar o ano, partidas como as de Servizos Sociais Comunitarios ou reparación de maquinaria e vehículos estaban case a cero ou mesmo en números vermellos; en parte, debido ao feito de que Mondariz funciona en 2019 cun orzamento prorrogado desde 2017. 

    Co obxectivo de atender gastos básicos para os que non había partida orzamentaria suficiente de aquí a final de ano, o equipo de goberno preparou unha proposta inicial de modificación orzamentaria por valor de 52.634,64 euros, dos cales 13.700 euros dependían dun decreto da Alcaldía e 38.934,64 euros debían ser sometidos á votación do Pleno.

    Esta última cantidade, aparte de partidas especialmente pensadas para 2017 como a do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) ou a da elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT), incluía 17.328,96 euros correspondentes ao pago das asistencias dos concelleiros da Corporación aos distintos órganos municipais e o pago aos grupos políticos no que resta de ano.

    Esta proposta de incluír as partidas de carácter político na modificación orzamentaria non foi acordada en Pleno, pois contou con cinco votos a favor (BNG, PSOE e Ciudadanos) e seis en contra (AporM e PP). A emenda presentada polo PP, na que se pedía que o alcalde aportara parte do seu salario, foi rexeitada polos outros grupos políticos representados no Pleno. 

    Como non houbo acordo sobre as partidas de carácter político, tívose que reformar a proposta inicial de modificación orzamentaria que debía ser sometida á votación do Pleno, pasando de 38.934,64 a 21.605,68 euros. Ante esta situación, o goberno indicou que “esta transferencia é insuficiente para cubrir os gastos até final de ano”.

    Por decreto da Alcaldía aportáronse fondos para pagar a persoal do Concello. Por decisión do Pleno aprobouse unha transferencia de créditos a diferentes partidas relacionadas con outros gastos básicos do Concello “que é preciso atender para garantir a calidade dos servizos municipais e evitar problemas económicos a final de ano”. Aos servizos sociais comunitarios destináronse 7.244,27 euros, mentres que ao pago de facturas a provedores foron 14.361,41 euros. Esta transferencia de créditos foi aprobada con 5 votos a favor (BNG, PSOE e Ciudadanos) e 6 abstencións.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS