8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz aposta pola dinamización da lectura con diversas actividades

    Mondariz aposta pola dinamización da lectura con diversas actividades

    Raquel Queizás, Lorena Pinheiro, Anxo Fariña e Os Quinquilláns presentarán os seus espectáculos narrativos e teatrais na biblioteca pública municipal

    A Biblioteca Pública Municipal «Xoán Xosé Pérez Labaca» de Mondariz acolle estas semanas varias actividades de dinamización da lectura, encadradas dentro do programa «Ler Conta Moito 2019» da Xunta de Galicia.

    As actividades comezaban xa o mares 1 de outubro co espectáculo narrativo «Somos iguais. Contos pola igualdade» que Raquel Queixás ofreceu a un público formado polo estudantado de educación infantil e primaria.

    Maña xoves, 3 de outubro, visitará a biblioteca Lorena Pinheiro, autora de «Seica», un faladoiro dirixido ao alumnado de educación secundaria e persoas usuarias do Centro de Día.

    A tarde do sábado, 5 de outubro, a biblioteca organizará outra actividade lúdica orientada a rapaces e rapazas de entre 9 e 16 anos: «Escape room. Atrapados en Alicia». Os participantes estarán recluídos nun espazo decorado con temas do famoso libro «Alicia no país das marabillas» e terán que resolver enigmas para poder saír e volver ao mundo real.

    Aínda que esta é unha actividade gratuíta e aberta a todas as persoas interesadas, require inscrición previa porque as prazas son limitadas. Para anotarse, hai que contactar coa Biblioteca Pública Municipal de Mondariz antes do 3 de outubro a través de teléfono (986 664 333) ou correo electrónico (biblioteca@concellodemondariz.com).

    Os eventos do programa «Ler Conta Moito 2019» continuarán a próxima semana, con actividades programadas para o 8 e o 11 de outubro. O martes da próxima semana, Anxo Fariña presentará o seu espectáculo narrativo «A cidade violeta» ante nenos e nenas de educación primaria. O venres, Os Quinquilláns representarán a obra «A pluma viva de Rosalía» a partir das 21:00 horas, con entrada libre até completar aforo.

    Estas actividades súmanse a outras xa realizadas no marco deste programa durante os meses de verán, como a actuación do músico Paco Pakolas durante a festa de inchables do 1 de setembro, co seu espectáculo infantil «Contos, cores e rock’n’roll».

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.