Sábado, 8 Febreiro de 2025

A Paradanta

A Cañiza estrea o seu parque central cun singular espazo público de convivencia para a veciñanza

O Concello da Cañiza vén de gañar un novo e moderno espazo público de convivencia para a veciñanza co novo Parque Central, unha obra que supón unha auténtica transformación na vila e que foi financiada con achegas do Plan de Reequilibrio e o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde do municipio, Luis Gómez Piña, acompañados do deputado de Cooperación, Santos Héctor, e da corporación municipal, estiveron onte na estrea oficial deste equipamento

O Sergas remata as obras de modernización e mellora dos centros de saúde de Covelo e Maceira

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de rematar as obras de modernización e mellora dos centros de saúde do Concello de Covelo, emprazados na capital municipal e na parroquia de Maceira, cun investimento de 102.000 euros ao abeiro dun convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e a administración local.

Deputación e Concello dan resposta a unha “histórica demanda” ao mellorar a mobilidade peonil que porá en valor o barrio do ferrocarril

Será unha obra que vai revolucionar o histórico barrio do ferrocarril en Arbo, unha das zonas do concello con maior identidade. A intersección na que conflúen as estradas provinciais EP-5202 e EP-5203 neste concello vai ser obxecto dunha ambiciosa actuación de mellora da mobilidade peonil que transformará de xeito integral esta contorna e dará resposta a unha demanda histórica da veciñanza.

O PP alerta de que A Cañiza pode quedar sen GES porque o Goberno local non enviou o convenio en prazo

O Partido Popular da Cañiza alerta de que o Goberno local non enviou o convenio para que o concello conte cun Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), a pesar de que o prazo rematou xa o 31 de marzo.

Unha persoa resulta ferida nun accidente rexistrado en A Cañiza

Un total de tres persoas resultaron feridas onte pola tarde en senllos accidentes rexistrados en A Cañiza, Barro e Pazos de Borbén. Os sinistros...

Deputados do PP de Pontevedra e Ourense instan ao Ministerio á “urxente” reparación do túnel do Folgoso

Na mañá do pasado sábado os deputados e deputadas no Congreso Ana Pastor, Celso Delgado, Diego Gago e Juan Constenla reuníronse co exalcalde e outros concelleiros do PP na Cañiza, nunha visita para coñecer a situación de tráfico na N-120 ao seu paso polo centro esta localidade e as afectacións que veñen xerando polo peche do túnel do Folgoso.

Arbo distribuirá 50 trampas contra a avespa velutina

O Concello de Arbo emprende novamente unha campaña de loita e erradicación da avespa velutina para intentar frear a expansión da avespa asiática. Para este fin poñerá a disposición dos veciños e veciñas de Arbo, de maneira gratuíta, 50 trampas e 100 botes de cebo financiados con cargos aos fondos propios do Concello.

Arbo está en tempada de lamprea

Arbo é un municipio que convive cunha curiosa especie de peixe que leva existindo máis de 500 millóns de anos, e que atopou no Miño uno dos mellores ambientes para desenvolverse.

A Xunta oferta 354 prazas públicas en escolas infantís para o curso 2021/2022 nas bisbarras da Paradanta, Baixo Miño e O Condado

A Xunta de Galicia vai ofertar 354 prazas públicas autonómicas na rede de escolas infantís A Galiña Azul nas bisbarras de Baixo Miño, Condado e A Paradanta para o vindeiro curso 2021/2022 tras a correspondente publicación da planificación de centros.

A Xunta acomete a humanización integral da rúa San Benito de Arbo, cun investimento de 170.000 €, ao abeiro do Plan Hurbe

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a acometer as obras de humanización integral da rúa San Benito de Arbo cun investimento de case 170.000 euros ao abeiro do Plan Hurbe.

Os populares da Cañiza solicitan ao goberno local retomar o proxecto do Polígono do Vieiro

O Partido Popular insta ao goberno municipal da Cañiza que retome o proxecto do Polígono do Vieiro que consiste na creación dunha nova área comercial e industrial que complete a que xa existe.

Rematadas as obras de mellora na estrada ao barrio de Esmoriz

Este novo investimento na mellora de camiños rurais responde as peticións de agricultores e veciños e veciñas da zona , e as obras acométeronse por mor do mal estado do camiño de Esmoriz.