Domingo, 17 Agosto de 2025

A Paradanta

A Xunta remata o itinerario peonil na estrada PO-400 en Arbo cun investimento superior a 1 millón de euros

A Xunta vén de rematar as obras de construción dun itinerario peonil no antigo trazado da PO-400 en Arbo, cun investimento de máis de 1 millón de euros. A actuación desenvolveuse ao longo de máis dun quilómetro da estrada, entre os puntos quilométricos 23+400 e 24+600.

O Concello de Covelo contratará 14 persoas de apoio ao abeiro do plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra

O Concello de Covelo contratará a 14 persoas con cargo ao plan Máis Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra que darán apoio nas tarefas de conservación e funcionamento de bens e servizos públicos municipais.

O campo de fútbol do Vieiro, na Cañiza, estrea novo tractor cortacéspede

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, deu conta da adquisición dunha máquina cortacéspede para o veterano campo de fútbol do Vieiro, que supuxo un investimento de 5.390 € con cargo ás axudas da liña 1 do Plan Concellos 2022-2022 da Deputación de Pontevedra.

O PSOE pon á Cañiza como exemplo de cambio con Luis Piña na alcaldía e anima á veciñanza “a cambiar tamén a Xunta con...

Elena Espinosa, número 1 da candidatura, e Carlos Font, número 2 da lista, insistiron na necesidade de “ir a votar o domingo porque o xiro é posible sempre que a xente non se quede na casa”. A cabeza de lista sinalou que “a mellor proba de que as cousas melloran radicalmente cando o PSOE goberna é o profundo cambio que está experimentando A Cañiza desde a chegada de Luis Piña á Alcaldía”.

Primeira xornada da actividade de interpretación astronómica ‘Ceo de inverno. 4 estacións Starlight’ en Covelo

O Concello de Covelo abre o prazo para inscribirse na xornada de interpretación astronómica 'Ceo de inverno. 4 estacións Starlight'. Enmarcada na programación de actividades anuais que oferta o Concello de xeito estable e gratuíto, a actividade desenvolverase no conxunto xeográfico do Faro de Avión o vindeiro venres 16 de febreiro aberta a tódolos públicos incluso para aquelas que teñan mobilidade reducida.

O PSdeG-PSOE alenta á veciñanza da Cañiza a votar por Besteiro para rematar coa desatención social do PP nos concellos

A inexistencia de residencias públicas para a terceira idade ou o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), son exemplos significativos do desinterese da Xunta de Galicia polas políticas sociais na comarca da Paradanta, onde son os concellos os que manteñen en pé o precario modelo de atención ás persoas. Foi a denuncia onte na Cañiza da candidata ás eleccións do 18F Elena Espinosa, número 1 na lista do PSdeG-PSOE na provincia.

Luis López pide aos veciños da Cañiza un “apoio masivo” a Rueda e destaca os investimentos realizados dende a Xunta nesta lexislatura

O presidente do PP Provincial de Pontevedra, Luis López, solicitoulles aos veciños da Cañiza un “apoio masivo” a Alfonso Rueda e ao Partido Popular nas eleccións autonómicas do 18 de febreiro, “xa que, sen dúbida, somos a mellor opción para manter as elevadas cifras de investimentos que se realizaron desde a Xunta durante estes catro anos”.

A Xunta da luz verde á posta en marcha da nova agrupación de persoas voluntarias de Protección Civil ‘Ribeira do Miño’

Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil; Crecente, Julio César García-Luengo Pérez e As Neves, José Manuel Alfonso González, mantiveron a pasada semana unha xuntanza co xefe do Servizo de Emerxencias da Xunta, Miguel Ángel Pérez Dubois, e outros axentes do servizo, de cara a axilizar a posta en marcha da Agrupación de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil 'Ribeira do Miño' que dará cobertura aos tres concellos e que se espera que estea plenamente operativa neste 2024.

Covelo abre o prazo de inscrición dos primeiros cursos do Plan de Formación 2024

A concelleira de Formación e Emprego, Lourdes Enes, informa a todas e todos os interesados que xa está aberto o prazo para inscribirse nos primeiros cursos de formación do VIII Programa Municipal de Formación 2024 Concello de Covelo. Os cursos, deseñados e programados logo dun proceso de participación e consenso, buscan mellorar a inserción laboral das persoas participantes.

O GDR Condado Paradanta colabora no proxecto europeo EC4RURAL para ser parte activa da transición enerxética

O xerente da Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta, Paco González, exporá na sede da FEGAMP en Santiago de Compostela, o proxecto “Condado Paradanta Xera”, recollido na súa estratexia de desenvolvemento local participativa “Reverdecendo Condado Paradanta”. Farao na xornada que organiza o proxecto europeo EC4RURAL, liderado pola Universidade de Vigo e que busca impulsar comunidades enerxéticas en 22 concellos.

O BNG desenvolverá dende a Xunta un Plan de equilibrio territorial que beneficie A Paradanta

O BNG desenvolverá dende a Xunta un ‘Plan de equilibrio territorial’ para actuar nos territorios da Galiza cun nivel de renda máis baixo como os concellos da Paradanta, Ourense ou o interior de Lugo. O cabeza de lista do Bloque Luís Bará así o comprometeu hoxe nunha reunión con diferentes colectivos en Covelo, onde destacou que o goberno galego co BNG á fronte realizará investimentos públicos e actuacións de discriminación positiva para mellorar os servizos públicos de todo tipo co fin de corrixir o desequilibrio existente con respecto outras áreas máis urbanas e desenvolvidas.

Un total de 629 propietarios reciben no Concello os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Oroso, A Cañiza

O Salón de Plenos do Concello da Cañiza acolleu o acto de entrega dos títulos de propiedade da concentración parcelaria de Oroso aos 629 titulares que de xeito organizado foron atendidos polos funcionarios da Consellería de Medio, un acto no que participaron o conselleiro de Medio Rural, José González e o alcalde da Cañiza, Luis Piña. Foron un total de 740 hectáreas que se reorganizaron pasando de 13.110 parcelas a 1.890, cunha media de 3.915 m2 conseguindo, con esta medida, unha superficie 6 veces maior que as parcelas antigas que tiñan por media uns 564 m2)