7.8 C
Pontevedra
Luns, 29 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaA CañizaLuis López pide aos veciños da Cañiza un “apoio masivo” a Rueda...

    Luis López pide aos veciños da Cañiza un “apoio masivo” a Rueda e destaca os investimentos realizados dende a Xunta nesta lexislatura

    O presidente do PP Provincial fixo un percorrido pola vila, xunto a Luisa Piñeiro e o voceiro Miguel Domínguez, e garantíu que un novo goberno popular superará estas achegas no mandato 2024-2028

    O presidente do PP Provincial de Pontevedra, Luis López, solicitoulles aos veciños da Cañiza un “apoio masivo” a Alfonso Rueda e ao Partido Popular nas eleccións autonómicas do 18 de febreiro, “xa que, sen dúbida, somos a mellor opción para manter as elevadas cifras de investimentos que se realizaron desde a Xunta durante estes catro anos”.

    Luis López lembrou que o compromiso do PP coa Cañiza “é medible e non opinable”, xa que cifrou os investimentos da Xunta nesta lexislatura en 16.922.248 euros en infraestruturas, achegas municipais para obras e servizos e axudas para actuacións nos sectores da empresa, o comercio, a hostalería e o sector agrogandeiro. Ademais, garantíu que, en caso de que o PP revalide o Goberno galego, vaise superar esta alta cifra de investimentos, “que se sitou nunha media de 4,2 millóns de euros por ano e rebasou os 800 euros por habitante cada exercicio”.

    O presidente provincial participou, nesta quinta xornada de campaña, nun percorrido pola feira da Cañiza xunto á secretaria provincial, Luisa Piñeiro; o voceiro municipal, Miguel Domínguez; e outros membros do PP local.

    “Alfonso Rueda coñece perfectamente A Cañiza, un concello onde comezou a súa traxectoria profesional, onde coñece a todo o mundo e que visita asiduamente desde hai décadas, polo que ten unha sensibilidade especial por esta terra e polas demandas e necesidades dos seus veciños. Polo tanto, e co aval dos elevados investimentos que o noso presidente impulsou desde a Xunta na Cañiza ao longo destes catro anos e a garantía de que vai seguir atendendo a este concello como se merece, creo que é a mellor opción para os veciños da capital da Paradanta fronte a un posible multipartito de esquerdas que sempre abandona por completo aos concellos do rural e do interior, xa que teñen as súas preferencias e intereses noutros territorios”, aseverou Luis López.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.