Venres, 13 Decembro de 2024

A Cañiza

A Cañiza presenta o seu “Abecedario para o bo trato”

O Concello da Cañiza, dentro das accións que desenvolve para a erradicación da violencia contra as mulleres, este ano deseñou a campaña de sensibilización "Abecedario para o bo trato", coa intención de visibilizar a necesidade de promover o bo trato no desenvolvemento persoal e social dos nenos.

Contratadas as obras para arranxar o muro de contención na estrada entre A Cañiza e Moutentán

A Deputación de Pontevedra acaba de iniciar o procedemento de contratación urxente da reparación do muro de contención da EP-5002 A Cañiza-Mourentán que se viu afectado polos temporais sucedidos durante as últimas semanas na provincia.

Rematan as novas instalacións de biomasa na Cañiza, Redondela e Tomiño

Rematan as novas instalacións de biomasa que impulsou a Deputación de Pontevedra en edificios municipais de seis concellos da provincia, que contaron cun orzamento total de 463.000 euros, dos que o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu unha axuda de 387.900 euros a través do fondo FEDER 2014 – 2020.

A Cañiza celebrou a II edición do “Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza”

A choiva deu unha tregua Á Cañiza durante a mañá do domingo 12 de novembro, para celebrar por segunda vez este evento deportivo, no circuito habilitado nas instalacións do Campo de Fútbol das Augas Férreas e arredores, organizado polo club ciclista «Grupeta Pan De Zarco», e que contou coa asistencia de máis de 800 persoas entre participantes e público.

O II Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza celebrarase o domingo

A Cañiza acolle este domingo o II Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza, organizado polo clube ciclista «Grupeta Pan De Zarco - A Cañiza».

A Cañiza promociona a súa gastronomía en Ourense

Luis Piña presentou este sábado a gastronomía da Cañiza, liderada polo xamón, xunto cos cocidos, os viños da zona, a tetilla e a mel e tamén por primeira vez nesta edición, os caracois coa marca cañicense “ComeCois”.

A Cañiza actualiza impostos para ataxar a débeda que o Concello adquiriu en mandatos anteriores

O pleno da Cañiza desta semana acordou a actualización de 3 impostos e 3 taxas de servizos públicos, marcada pola actual situación económica do Concello que arrastra unha débeda.

O Concello da Cañiza atravesa unha delicada situación económica

A cinco meses do seu segundo mandato, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, avanzou esta mañá que o goberno leva traballando intensamente para afrontar a delicada situación económica do Concello.

A Cañiza urbanizará o parque Uceira

O Concello da Cañiza acomete novas obras de urbanización no parque Uceira, "antigo mercado do gando", para mellorar a infraestrutura viaria. A obra está adxudicada á empresa NAROM por un importe total de 27.777,80 euros, dos cales o 20 % é aportación do Concello con fondos propios, e o 80 % restante corre a cargo da Xunta de Galicia.

A Cañiza comeza o seu ciclo de teatro de outono

O Concello da Cañiza comeza coa súa programación de outono co "teatro familiar" e inaugura o ciclo este sábado, 7 de outubro, coa representación da obra de teatro "Maxia, Mago Teto". Terá lugar ás 20.30 h, no auditorio da Casa de Cultura, con entrada gratuíta.

O CAAN rescata 5 cachorros que foron arroxados nunha bolsa atada a un colector na Cañiza

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra acaba de rescatar a cinco cachorros que foran arroxados dentro dunha bolsa atada nun colector no municipio da Cañiza.

A Cañiza aproba os festivos locais do 2024 e 3 convenios coa Deputación

Ás 9.00 horas do xoves celebrouse a sesión plenaria de carácter ordinario na que, na súa parte resolutiva, se fixaron os festivos locais para 2024, establecendo como tales os días 20 de maio (Romaría das Pascuillas) e o 15 de outubro (Santa Teresa).