Sábado, 25 Xaneiro de 2025

A Cañiza

Luís Bará critica a “desfeita” da Xunta en Atención Primaria e reclama asistencia sanitaria “ben dotada de recursos e profesionais” para o rural

O cabeza de lista do BNG na provincia de Pontevedra de cara ás eleccións do 12X, Luís Bará, criticou hoxe a “desfeita” da Xunta na Atención Primaria e reclamou unha asistencia sanitaria ben dotada de medios e profesionais especialmente para o rural galego. O nacionalista realizou estas declaracións logo dun encontro con veciñas e veciños de A Cañiza puxeron de manifesto a situación “calamitosa” que viven no concello, xa que carecen dende hai meses de médico de familia propio para o centro de saúde de Valeixe e máis recentemente de pediatra en A Cañiza.

Agora Cañiza esixe do alcalde a adopción de medidas urxentes pola COVID-19

O voceiro de Agora Cañiza, Alexandre Iglesias, mantivo unha reunión co alcalde da Cañiza, Luís Piña, na que lle presentou un Documento de Propostas para afrontar as consecuencias económicas e sociais xeradas polo COVID-19 no municipio.

Agora Cañiza propón uns Pactos pola Reconstrucción económica e social do municipio

O voceiro de Agora Cañiza, Alexandre Iglesias, remitiu un escrito aos líderes de todos os grupos políticos do municipio na que propón a elaboración duns 'Pactos pola Reconstrucción Económica e Social da Cañiza'. Iglesias considera que "é fundamentl deixar a un lado as diferencias políticas e traballar dende a unidade para saír adiante fortes".

Cris Vilariño leva á Cañiza «Mulleres en Acción. Violencia Zero» da Deputación

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, asistirá este martes na Cañiza á quinta acción desta edición do programa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en Acción. Violencia Zero'. A cita terá lugar ás 10:45 horas no CPI cunha acción de danza da artista Cris Vilariño, denominada 'Intermissum', que será participativa coa intervención do alumnado do centro.

A Xunta supervisa as melloras realizadas nos polígonos empresariais da Cañiza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou no día de onte as obras de mellora executadas nos dous parques empresariais da Cañiza, Uceira e Ribadil, levadas a cabo grazas á orde de axudas a polígonos empresariais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A Deputación inicia o acondicionamento da rúa Silleda na Cañiza

Este martes 27 de agosto comezaron na Cañiza as obras de acondicionamento da rúa Silleda, adxudicadas por 136.080,87 euros. A través desta actuación, que está previsto que estea rematada nun prazo de tres meses, a Deputación de Pontevedra acondicionará a beirarrúa da estrada e renovará servizos.

Zona Franca e A Cañiza colaborarán para aumentar a rendibilidade e competitividade do sector empresarial da zona

Co fin de ultimar o convenio de colaboración para a realización dun plan estratéxico empresarial para o desenvolvemento económico do Concello da Cañiza, o delegado do Estado para a Zona Franca de Vigo, David Regades e o alcalde da Cañiza, Luis Piña, mantiveron unha xuntanza de traballo na sede da Zona Franca de Bouzas.

Cores Tourís analiza con veciñanza e comerciantes a reforma da rúa Vilanova na Cañiza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado polo alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, analizou esta mañá, invitado por veciños...