Sábado, 20 Setembro de 2025

Todo a punto para a popular carreira pola praia «IX Nigrán Area»

0

Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Deporte Galego, organizan o sábado 3 de agosto a novena edición da ‘Nigrán Area’, carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca. O prazo de inscrición para esta proba que reúne cada ano a centos de persoas está aberto ata o martes 30 de xullo ás 23.59 horas, ben a través da web www.carreirasgalegas.com, e na piscina mancomunada de A Ramallosa e na oficina de turismo de Panxón só nas categorías de pitufos a cadetes.

A carreira absoluta (de sub-18 a master e cunha distancia de 6.000 metros) ten un custe de 7 euros, as categorías inferiores son gratis. Poderán participar federados e non federados.

A proba dará comezo ás 10:00 horas coa categoría sub-16 seguida de sub-14, sub-12, sub-10, sub-8, e pitufos, sendo a absoluta ás 11:00 horas e a continuación a entrega de premios. Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia America, son circuitos chás sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.

Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira).

Haberá avituallamento ao fin da carreira, servizo de ambulancia dispoñible durante o evento e servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón.

Outorgaranse trofeos aos tres primeiros/as da categoría absoluta, ao primeiro de cada categoría e medalla conmemorativa a todos os Pitufos. Ademais, os 500 primeiros inscritos recibirán unha camiseta conmemorativa.

Carmela Silva e Asociación de Mulleres no Sector Público apostan pola formación en igualdade

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo un encontro de traballo con mulleres directivas da Asociación de Mulleres no Sector Público en aras de impulsar liñas de colaboración e proxectos conxuntos. En concreto, ambas organizacións acordaron lanzar actuacións para visibilizar ás mulleres no sector público e apostar pola formación en materia de igualdade.

Para Carmela Silva esta asociación de recente creación “é un orgullo e un referente nun campo tan importante como o sector público, que xestiona os recursos de todas e de todas, e que impulsa as iniciativas que están a transforman ás sociedades. Por iso penso que a idea de asociarse é moi positiva, porque tiñamos que ter aquí presenza organizada para permitir ás mulleres do eido público visibilizarse, dar a coñecer o que se fai, o inxente traballo que se desenvolve, a creatividade e enxeño das traballadoras públicas, e loitar pola igualdade, así como traballar para que acaden postos de dirección”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra amosouse moi receptiva á colaboración coa Asociación de Mulleres no Sector Pública e, deste xeito, pechou xa liñas de colaboración que se irán desenvolvendo ao longo da lexislatura. Así, vaise crear un mapa das mulleres do sector público de Pontevedra, analizando a presenza que teñen en todas as administracións da provincia, especialmente nos postos de maior responsabilidade. Neste eido, a presidenta remarcou que “xa o fixemos co mundo audiovisual, a través do programa “Cinema e Muller” que puxo en valor a todas as grandes mulleres que están a traballar no mundo audiovisual. Pensamos que ter cifras e datos reais nos vai permitir tomar decisións máis axeitadas e apreciar a verdadeira realidade do público, así como tamén visibilizar ás mulleres que están a traballar neste sector”.

Por outra banda, e tamén en colaboración coa Asociación de Mulleres no Sector Público, vaise impulsar unha rede de expertas en diferentes temas. A través desta rede preténdese crear unha axenda de eventos e actos, nas que participen profesionais especializadas en determinados campos de traballo e poidan servir de exemplo a outras mulleres e de inspiración ás mozas.

Finalmente, ambas entidades avanzaron tamén na colaboración no eido da formación. Neste eido, a presidenta formulou a posibilidade de impulsar algunha xornada no marco da Escola de Igualdade María Vinyals ou da cátedra de Feminismo da Universidade de Vigo.

Amais das liñas de actuación e colaboración conxunta, a presidenta da Deputación de Pontevedra aproveitou a ocasión para trasladarlle ás directivas da Asociación de Mulleres no Sector Público as accións que a institución está a desenvolver no eido da igualdade. Neste eido, Silva fixo fincapé na importancia de aplicar os principios da igualdade de xeito transversal en todos os eidos da sociedade.

A Asociación de Mulleres no Sector Público, de recente creación, está a presentarse a diferentes entidades públicas de todo o Estado. No caso concreto da Deputación, segundo declararon as dirixentes da entidade, “escollémola porque a presidenta é un referente do feminismo, que apostou na Deputación de Pontevedra pola igualdade como eixo vertebrador e transversal das políticas públicas que está a desenvolver”. Ao tempo, as directivas da asociación subliñaron a boa predisposición da presidenta da Deputación para abrir liñas de colaboración con elas e impulsar proxectos conxuntos.

O «Conde de Gondomar» cita ás mellores tripulacións nas Rías Baixas

0

O día grande de Galicia volverá estar marcado, un ano máis, por unha das citas náuticas máis importantes do ano, o Conde de Gondomar do Monte Real Club de Iates de Baiona, que se mantén fiel á celebración dunha das súas regatas máis históricas facéndoa coincidir co festivo de Santiago. Así, o vindeiro xoves, día 25, dará comezo nas Rías Baixas a cuadraxésimo cuarta edición da competición, que volve ser Trofeo Banco Sabadell grazas ao patrocinio da entidade bancaria.

Durante catro xornadas, as mellores tripulacións do atlántico peninsular reuniranse na costa galega para medir as súas forzas nun programa de probas que inclúe percorridos costeiros de curto e longo percorrido e probas barlovento sotavento. Un repertorio mixto que busca dar oportunidades aos diferentes estilos de regatistas e tipos de embarcacións que participan.

A proba estrela é, sen dúbida, a mítica subida desde Baiona ao Carrumeiro Mozo, en Corcubión, que cos seus case 100 millas de percorrido decidirá o Campionato de España de Altura da Zona Galicia.

Disputaranlla os barcos máis grandes o xoves 25 a partir das once da mañá, mentres que os máis pequenos bateranse nun percorrido de ida e volta entre Baiona e o Camouco, en Ons.

Foto: ©Leticia Acero

O sábado 27 toda a frota deberá completar un trazado dunhas 32 millas dando volta a Ons; e as probas máis técnicas, do tipo barlovento sotavento, resérvanse para a última xornada, o domingo 28, no fondeadero das Illas Cíes.

En todas as xornadas, ademais do programa de auga, haberá actividades en terra, como unha exposición de vehículos de PSA Retail, ceas mariñeiras, degustacións de gintonics con Martin Miller e Royal Bliss ou concertos, ademais da tradicional entrega de premios aos gañadores, que se celebrará o domingo 28 ás seis da tarde.

Será, sen dúbida, unha gran cita para os amantes da vela, tal e como sinalaba na presentación o director de Sabadell Gallego, Pablo Junceda, quen felicitou ao Monte Real Club de Iates por soster en tempo este “gran esforzo de irmandade”, dixo. “En Sabadell Gallego –continuou Junceda– sempre cremos nos proxectos que achegan valor engadido á contorna no que se desenvolven e cuxos promotores dan exemplo de perseveranza, e o Conde de Gondomar e o Monte Real Club de Iates son un bo exemplo de iso”.

Aceites Abril buscará a súa quinta vitoria
Uno dos barcos que xa confirmou a súa participación no 44º Conde de Gondomar–Trofeo Banco Sabadell é o Aceites Abril, dos irmáns Luís e Jorge Pérez Canle, vencedor da anterior edición. A tripulación tratará de entrar na historia da regata logrando a súa quinta vitoria –a cuarta consecutiva–, tras as obtidas en 2013, 2016, 2017 e 2018.

De conseguir repetir o ansiado triunfo, o Aceites Abril lograría superar en número de vitorias a dous barcos históricos da regata: o Ardora de Paz Andrade e o Castrosúa liderado por Willy Alonso, ambos con catro loureiros do Conde no seu haber.
Seguiría por diante aínda no histórico de gañadores do trofeo o Pairo de José Luis Freire, o barco con máis vitorias na competición, cun total de 6 triunfos (en 1983, 1984, 1988, 2003, 2007 e 2009). En 2018, aos de Freire volveu escapárselles o podio a mans do Aceites Abril, pero conseguiron facerse co título de Campións de España de Altura da Zona Galicia.

Máis que unha regata, todo un acontecemento social
O Conde de Gondomar é “un evento que transcende o ámbito deportivo, que vai moito máis alá, converténdose en todo un acontecemento social”, asegurou na presentación do trofeo o presidente do Monte Real Club de Iates. José Luis Álvarez agradeceu “o esforzo de toda a xente que leva meses traballando para que todo salga á perfección, e o compromiso das empresas e administracións que permiten que Galicia siga tendo un nome propio no mundo da vela”.

O Conde de Gondomar está organizado polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Banco Sabadell, unha entidade que mantén a súa aposta pola competición desde hai anos. O trofeo conta, ademais, coa colaboración de administracións como a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e o concello de Baiona, amais de numerosas firmas patrocinadoras.

Na presentación do evento, esta mañá en rolda de prensa, participaron o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; o Secretario Xeral para ou deporte @de la Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa; a deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias e o xerente de PSA Retail en Vigo, Daniel Martín.

¡Fumata Blanca!

Parece que por fin vamos a tener fumata blanca en nuestro país, no tengo la menor duda de que esta semana tendremos nuevo presidente, bueno, mejor dicho, que vamos a repetir el que estuvo los últimos meses y es que ¿alguien tenía dudas de quién iba a ser? No, estaba muy claro, sólo faltaba ver quién la tenía más grande, perdón, quién tenía el ego más grande y está claro, que por estar en el poder se hace cualquier cosa.


La ventaja en escaños da para mucho, aunque no para esa mayoría necesaria que hizo que a estas alturas del año todavía no tengamos un presidente oficial, aunque si oficioso, que sus señorías, sigan cobrando sus buenos emolumentos sin tener que mover ni un dedo, bueno, no es que en otras épocas muevan muchos, pero por lo menos justifican, pero en éste caso, ni siquiera han tenido que hacer eso, sólo me pregunto, cuantos de ustedes, autónomos y trabajadores asalariados podrían hacer lo mismo y seguir cobrando…

La lucha de egos, lo que va a conseguir, es que en éste España volvamos a tener un gobierno que dependa de minorías nacionalistas, con todo lo que ello conlleva, es decir, que cómo de costumbre, los gallegos seremos los más perjudicados, porque gracias al maravilloso sistema electoral español, donde no todos los votos valen lo mismo, ciertas minorías van propiciar que algunos tengan mayoría, por lo que habrá que tenerlos contentos. Se debería de abogar por un sistema equitativo, porque ya existe una cámara para representar a las comunidades autónomas y no seguir con un sistema donde desde siempre, se ha propiciado que el gobierno, en muchos casos, hay dependido de partidos nacionalistas.

Lo que si está claro con esta fumata blanca, es que el morado, cada día es más rojo y acabará convirtiéndose en el mismo color, aunque visto lo que ya ha pasado en el senado, parece que está surgiendo una alternativa, ¿qué color será? Sinceramente, no me importa el color, pero si pienso que la variedad es buena, pero siempre que de una vez por todas, se modifique éste sistema que tenemos para poder propiciar que todos tengamos las mismas oportunidades, los mismos derechos y el mismo poder, porque si el voto es un derecho, ¿porqué tiene que valer menos el mío que el de otro? ¿No se supone que hay igualdad? ¿No se supone que somo todos del mismo país?


Lo que no suponemos sino que tengo claro que si es cierto, es que semana tras semana intentamos recomendar buena música, en esta ocasión, para éste nuevo fin de semana de verano os proponemos dos discos totalmente diferentes, por un lado la tranquilidad que produce la música de Richard Shulman y por otro lado, todo un clásico, Pink Floyd y Wish You Were Here, un disco que no puede faltar en cualquier colección. Espero que disfrutéis del buen tiempo y de las recomendaciones que os proponemos.

Richard Shulman
A New Awareness: Music Of The Twelve Rays
2018
https://richheartmusic.com/

Richard Shulman es un compositor polivalente con docenas de álbumes a sus espaldas en los que ha tocados diversos géneros cómo la new age, el ambient, la neo clásica o el jazz.

“A New Awareness: Music of the Twelve Rays” es un trabajo creado en colaboración con el escritor Michael G. Love, autor del libro “The Reality of Your Greatness: A Personal Journey Through the Twelve Rays”, un disco que fue concebido para escuchar mientras se lee el libro mencionado, ya que cada uno de los temas del disco representa cada uno de los capítulos de dicho libro.

Musicalmente hablando, estamos ante un trabajo de música tranquila, meditativa, un trabajo en que cada rayo, lo que es lo mismo, cada tema, nos sumerge en un mar de tranquilidad, con sonidos de la mejor new age, esos sonidos profundos y mágicos que ayudan a que nuestro espíritu encuentre el reposo que el ajetreo de la vida diaria no nos deja alcanzar.

Precioso trabajo para seguir esos rayos de luz que que nos permitan tomar la vida con más tranquilidad.

Ps.: Cedido por el propio compositor, en su canal de youtube se puede escuchar el disco completo.


pink floyd a ultima fronteira

Pink Floyd
Wish You Were Here
1975
https://www.pinkfloyd.com

Partiendo de la base que soy un gran desconocedor de la carrera de éste mítico grupo, pero gracias a un buen amigo cayó en mis manos éste trabajo y no puedo dejar de recomendarlo.

“Wish You Were Here” es el noveno trabajo de la banda, un disco redondo que se ha convertido en todo un icono musical, por su música y por imagen de dos hombres trajeados, uno de ellos en llamas, dándose la mano, una clara muestra de lo que nos encontramos en las letras de éste trabajo, una crítica hacia el mundo musical, donde no importa la creación, no importa el trabajo, sólo, el dinero y el poder, algo que se mantiene hasta nuestros días.

Musicalmente hablando, estamos ante un disco lleno de temas ya míticos de la historia del rock progresivo, un disco que no pueda faltar en ninguna estantería de los amantes de la música, un trabajo, que no puedo valorar pero si recomendar, ya que soy más amante de lo instrumental, que por cierto, no falta en éste disco, pero que en lo vocal, es excepcional.

A Guarda da a coñecer o seu patrimonio urbano con visitas guiadas

0

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro. As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00 h ao punto de encontro, que é a Oficina de Turismo da Praza do Reló. Dende alí, o grupo sae para coñecer o patrimonio guardés en dúas visitas distintas, os mércores ten lugar a visita singular no casco histórico Prazas antigas e novas e os xoves a visita singular da época moderna Castelo de Santa Cruz.

[su_slider source=”media: 2542,2549,2548,2546,2545,2544,2543″ link=”lightbox” title=”no”]

É, polo tanto, unha oportunidade excepcional, tanto para visitantes coma para veciños, de coñecer o pasado do municipio a través de explicacións «in situ», grazas ao persoal do departamento de turismo municipal, visitando diferentes espazos do casco urbano da Guarda coma a Igrexa Parroquial, o Castelo de Santa Cruz, o muro, prazas e monumentos.
A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos.

«Treixadura» e as pandereiteiras de Trasmañó ponen música ao Día de Galicia en Redondela

O Concello de Redondela celebrará o Día de Galicia durante dous días nos que a música compartirá protagonismo cos actos institucionais. Por primeira vez, o Concello redondelán amplía a dous días os actos do Día de Galicia de cara a darlles a importancia e o relevo que esta xornada merece.

Así, o xoves 24 de xullo ás 22 horas, o paseo marítimo de Chapela acollerá o concerto de Treixadura, un concerto totalmente de balde que permitirá gozar dos temas dunha das formacións de música tradicional de máis soa no panorama musical galego. Antes do comezo do concerto, haberá un breve acto institucional. O concerto de Treixadura chega a Chapela da man do programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

Ademais, o día 25 de xullo haberá outro acto na Alameda de Castelao. Desta volta, ás 20:30 participarán as pandeireteiras de Trasmañó, un conxunto de crianzas que lerán textos de intelectuais galeguistas e unha intervención de representantes do Goberno local, que farán unha ofrenda floral no monumento a Castelao. Posteriormente, arredor das 21:30 haberá un concerto da cantante Xoana Veiga, unhas das voces revelación da música galega, que ofrecerá pezas de jazz, funky e reggae.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, fixeron un convite á participación “da veciñanza na festa do 25 de xullo, unha festa de todos e todas na que debemos poñer en valor a nosa cultura, a nosa lingua e as nosas tradicións como parte inseparable da nosa identidade como pobo”

Brillante papel das nadadoras alevíns do C.N. Ponteareas nos Campionatos de España

O club natacion Ponteareas participou no Campionato de España Alevin cun equipo formado exclusivamente por 4 nadadoras, que acreditaran marcas mínimas para poder participar nesta competición, na que se dan cita as mellores nadadoras e nadadores do panorama nacional, de idades comprendidas entre os 12 e 13 anos. As nadadoras ponteareás conseguían rematar a competición nun extraordinario quinto posto dun total de 117 equipos femininos que participaban nesta importante cita deportiva.

A pesar do reducido número de participantes, Iria Lemos, Sofía Carballo, Inés Borge e Uxía González teñen na súa xenética a ambición e a mentalidade positiva marcada desde que, moi de nenas, comezaron nesta disciplina, e lonxe de amedrentarse, agrándanse fronte ás adversidades.

Tras a disputa das súas probas individuais e das de relevos de 4×100 m e 200 m libres e 4×100  estilos, relevo este último no que quedaron a menos de medio segundo da medalla de Bronce, conseguiron finalizar na clasificación final nun sorprendente quinto posto dos 117 participantes.

[su_slider source=”media: 2534,2533,2531,2530,2529,2528,2527″ link=”lightbox” height=”400″ title=”no”]

Ademais, a este mérito grupal hai que engadir as preseas de Prata e o título de Subcampioas Galegas que obtiveron Sofía Carballo en 100 m braza e Iria Lemos en 200 m libres (logrando ambas ademais, o récord galego de 13 anos da proba e por suposto a súa Mellor Marca Persoal nas mesmas). A nivel individual, conseguiron bater varias marcas persoais, e estiveron en varias ocasións ao bordo de entrar no podium.

A experiencia vivida por estas 4 mozas en Tarragona (Piscina Sylvia Fontana) quedará marcada na súa memoria, tanto polos éxitos conseguidos como pola aprendizaxe que supón unha cita deste prestixio para a súa formación actual e o seu prometedor futuro na natación.

Por iso, desde o seu Club, o director técnico e a directiva, amigos e familiares, queren destacar o “seu bo facer esta fin de semana e enviarlles unha enorme felicitación”.

Éxito da campaña «Agresión Off» da Concellería de Igualdade no Rock in Río Tea

A concellería de Benestar Social e Igualdade do concello de Ponteareas valorou de xeito moi positivo a campaña «Agresión Off» que promoveu no parque da Feira Vella durante a celebración do «Rock in Rio Tea» esta pasada fin de semana. En colaboración coa organización, a concellaría que dirixe Verónica Carrera, instalou un punto de información no que se realizaron enquisas e se ofreceu información todo o relativo ás agresións sexuais co obxectivo de achegar a mensaxe da importancia de cultivar vínculos de respecto nas relacións.

A Festa do Peixe Espada da Guarda aposta pola inclusión

0

Gastronomía, concertos, un mercado artesanal, obradoiros, xogos para os máis pequenos e deporte inclusivo serán algunhas das actividades que se desenvolverán esta fin de semana na Guarda con motivo da XVI Festa do Peixe Espada, evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) en colaboración co Concello guardés.

O pregón inaugural, a cargo de José Loira Rúa, secretario xeral de Pesca entre os anos 1987 e 1996, marcará o inicio da celebración que ten como protagonista indiscutible ao peixe espada, a especie obxectivo da frota integrada en Orpagu. Tras o pregón de Loira Rúa, procederase á entrega do premio á gañadora do concurso de deseño do cartel deste ano, Sara Lomba, e presentarase a cuarta edición do Campionato Galego Inclusivo de Náutica Adaptada, que se desenvolverá ao longo da xornada do sábado.

A documental «Historia mariñeira dá Garda» e o «Encontro dous Pobos», –coa actuación este ano de dous grupos locais de música e danza Vento Mareiro e Do Lusco e FuscoPoligrodzianie de Polonia e Steirischer Schwung de Austria– formarán parte da programación do sábado, así como outras actuacións musicais e a entrega dos premios do Campionato Galego de Naútica Adaptada, organizado polo Club Deportivo Sen Amarras.

O domingo pola mañá terá lugar a presentación oficial de Ecodestin-Sensea, unha iniciativa de turismo mariñeiro inclusivo, a cargo dun representante da Consellería do Mar, e a actuación da Agrupación Musical da Guarda, cun repertorio especial con motivo da festa. Xa pola tarde, os asistentes o evento gastronómico e cultural poderán gozar dunha regatilla organizada polo Club de Remo Robaleira, e de diferentes actuacións musicais a cargo das agrupacións Xamaraina, Deixa Andar e os coros Cantábile e Arpegios.

Mentres, na carpa instalada no recinto portuario poderanse degustar durante toda a fin de semana as racións de peixe espada con patacas, en guiso, en fideuá, en tostas, en empanada, como zorza, en albóndigas ou salpicón. Unha infinidade de variedades para gozar dun prato exquisito, san e moi saboroso.

A Guarda retira da costa 75 sacos de plásticos

O pasado domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais «O Buxeiro» organizou unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda. Esta actividade, que contou coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, realizouse por diferentes puntos da costa da Guarda, O Rosal e Oia, participando máis dunha trintena de persoas.

O grupo de voluntarios reuniuse previamente ás 8:00h da mañá na Alameda da Guarda, onde atenderon as explicacións do funcionamento desta actividade e se repartiron os sacos e luvas para poder recoller os plásticos da costa.

De seguido, e repartidos en grupos, os voluntarios desprazáronse a diferentes puntos da costa entre a desembocadura do Río Miño na Guarda e ata a zona das Orelludas en Oia, recuperándose un total de 73 sacos de plásticos, 32 sacos na Guarda, 21 sacos no Rosal e 20 sacos en Oia.

[su_slider source=”media: 2508,2507,2505,2504,2503,2502,2501,2500,2499,2498,2497,2496″ link=”lightbox” title=”no”]

Destacan coma curiosidades que se retiraron da costa numerosos aparellos de pesca, cordas, cordeis, boias, caixas de plástico, pezas de poliéster, mangueiras, así como tamén unha roda dun turismo e varias tubaxes de PVC.

O concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Guarda, Xan Lois Lomba, destacou a boa acollida desta actividade, agradecendo a implicación de «O Buxeiro» e a participación dos voluntarios, destacando que este tipo de iniciativas son moi importantes para concienciar aos veciños e veciñas sobre o grave problema da contaminación con plásticos nos nosos mares, á vez que se contribúe á mellora medioambiental do noso entorno.

O Porriño concéntrase en repulsa polo crime machista de Villalba

Eva García, alcaldesa do Porriño presidiu este mediodía a concentración de repulsa polo crime machista acontecido onte en Vilalba. O acto celebrouse diante do Concello, na praza Arquitecto Antonio Palacios coa presenza de veciñas, veciños e representantes dos grupos políticos da corporación municipal do Porriño.

Gardouse un minuto de silencio para repudiar este segundo asasinato por violencia machista ocurrido no que vai de ano en Galicia. A vítima, tiña 48 anos e estaba en trámites de divorcio do seu home que a acoitelou e logo aforcouse, a pesares de terse decretada polo xulgado unha orde de afastamento.

Ao longo deste ano 2019, 33 mulleres foron asasinadas, vítimas de violencia machista. Dende que hai datos rexistrados, concretamente dende 2003, un total 1.008 mulleres morreron a mans das súas parellas ou exparellas.

Baiona acolle «Bailar Agora» no marco de «Mulleres en Acción. Violencia Zero»

0

A bailarina e coreógrafa ourensá Marta Alonso Tejada ofrecerá o seu espectáculo «Bailar agora» o vindeiro día 23 de xullo, unha actuación que se enmarca no programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero» da Deputación de Pontevedra. A representación terá lugar ás 21.00 horas nos Xardíns da Casa de Navegación de Baiona e ata a vila desprazarase a deputada provincial Iria Lamas.

En «Bailar agora», a artista propón unha parada no corpo para detectar como se instala nel o paso do tempo e situar como se ve afectado polas experiencias, as presións sociais e o contexto. Trátase dunha revisión do vivido e o presente, o aquí e agora do corpo dunha muller de 35 anos que se recoñece e baila. Marta Alonso é bailarina e profesora de ballet clásico, titulada pola Royal Academy of Dance de Londres. Tamén é licenciada en Psicoloxía e está formada en Danza Terapia pola madrileña Fundación Maite de León. O seu traballo como bailarina e creadora está moi ligado á plataforma de creación galega trasPediante, coa que asina e participa en numerosas pezas, e tamén desenvolve unha intensa labor pedagóxica na Escola de Danza Alfaia de Santiago.

A cuarta edición do Programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero» reúne o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes disciplinas, como a pintura, a música, a poesía, a danza, o teatro, o grafiti e a performance, que levarán ás súas obras por outros tantos concellos da provincia pontevedresa, co obxectivo de dar visibilidade á loita pola igualdade e contra as violencias machistas, ao tempo que serve de escaparate para recoñecer o traballo das mulleres artistas galegas.

AporM acusa ao goberno de Mondariz de “falta de transparencia”

0

Alternativa por Mondariz, a forza máis votada nas pasadas eleccións municipais e que quedou fóra do Goberno “por unha non explicada aínda manobra política pola que o PP lle deu á alcaldía ao BNG”, considera que a cidadanía “ten dereito a coñecer o contido do pacto entre os nacionalistas e o PSOE, a que compromisos chegaron ámbalas dúas forzas política”s e de que xeito, estes compromisos, “van repercutir na xestión do Concello e, polo tanto, na vida dos veciños e veciñas do municipio”.

“É triste que a teima que durante o pasado mandato tiñan, tanto BNG como PSOE, coa transparencia, só lles durara unhas semanas. Débenlle á veciñanza unha explicación do seu pacto de goberno” sinala o portavoz de AporM, Xoán Carlos Montes Bugarín.

Aqueles que durante catro anos aseguraban que “a obriga dunha oposición é a de fiscalizar e controlar as accións do Goberno como salvagarda dos intereses da veciñanza”, cambian de discurso “e non consideran, agora que están no goberno, que a oposición teña a lexitimidade para realizar esa labor de control e fiscalización da que tanto alardeaban”.

Para AporM “estamos fronte a un caso claro de dobre moral e de predicar cousas distintas segundo se estea na oposición ou no Goberno. En AporM, por contra, “sempre tivemos unha soa maneira de actuar, fomos coherentes tanto na oposición coma no goberno. Este novo goberno, xa demostrou ser o goberno das contradicións, e lamentablemente seguirao sendo”, conclúe o edil de Alternativa por Mondariz.

Ponteareas publica as bases para participar na XIII Feira dos Remedios

Cristina Fernández, concelleira responsable da organización de espectáculos e eventos do Concello de Ponteareas, informou da publicación, na web do Concello, das bases que rexerán a participación na XIII Feira Tradicional dos Remedios que terá lugar o 7 de setembro. Como cada ano a Praza Bugallal, así como a súa contorna, acollerá entre as 10 h e as 20 horas os postos dos artesáns e expositores participantes. Este ano a Feira ampliarase e chegará tamén ao parque da Feira Vella.

Todos os e as interesadas en participar deberán inscribirse clikando nesta ligazón. A data límite para inscribirse será o martes 16 de agosto.

A organización da feira valorará tódalas solicitudes recibidas, comunicando o día 21 de agosto a participación ou non a cada expositor na XIII Feira dos Remedios, dándolle preferencia a expositores/as inscritos/as no rexistro de Artesáns de Galicia e a produtores/as locais que cumpran os requisitos de dispoñer da documentación necesaria para o desenvolvemento da súa actividade, así como a aqueles/as que fagan demostración do seu oficio

É requisito imprescindible para os expositores vir ataviado con vestimenta de principios do século XX, sendo cada ano máis numeroso o público que ven caracterizado con roupa desta época.

As persoas interesadas poderán contactar coa organización no seguinte enderezo electrónico: [email protected] ou chamando aos números de teléfono 600 685 573 / 673 080 865

As bases poderán ser consultadas na pestaña ‘Cultura’ ‘bases cultura’ da páxina web do concello ou clikando directamente nesta ligazón.

Esta feira que recreará o ambiente comercial de principios do século XX congregará a artesás de produtos de alimentación, de tecidos, de complementos, de cosméticos ou de gando, entre outros produtos e servizos.

O «Fleur de Passion» amarra no Monte Real

0

O Monte Real Club de Iates acolle estes días nos seus pantaláns ao Fleur de Passión, o veleiro suízo de 33 metros de eslora que durante o últimos catro anos e medio navegou ao redor do planeta replicando a primeira volta ao mundo de Magallanes e Elcano. O club baionés foi elixido pola Fondation Pacifique (a organización sen ánimo de lucro con sede en Xenebra que lidera a Ocean Mapping Expedition), como escala nas últimas etapas da navegación do veleiro.

Mañá martes continuará rumbo a Lisboa, Faro e Cádiz. Durante a súa estancia no Monte Real, a embarcación permaneceu aberta ao público que desexase visitalo e os alumnos da Escola de Vela do club puideron coñecer máis ao detalle as súas características, subíndose a bordo e escoitando as explicacións da tripulación.

O principal obxectivo do Fleur de Passion na súa travesía ao redor do mundo é ofrecer datos sobre o impacto do home nos océanos, tratando ao mesmo tempo de concienciar sobre a necesidade de poñer en marcha actuacións para evitar a súa deterioración. Os microplásticos, a contaminación sonora, os gases efecto invernadoiro ou o estado de saúde dos arrecifes de coral son algúns das problemáticas que se abordaron nas diferentes escalas do veleiro.

Fleur de Passion é o veleiro suízo de maior tamaño, un antigo buque dragaminas da armada alemá, construído en 1941 e transformado en veleiro nos anos setenta.

Carmela Silva enxalza o “compromiso do SinSal cos novos valores do século XXI”

0

Os vindeiros días 25, 26, 27 e 28 de xullo a Illa de San Simón acollerá unha nova edición do «Sinsal Son Estrella Galicia», unha das citas dos #FestivaisRíasBaixas que promove a Deputación de Pontevedra e un evento “comprometido cos novos valores do S.XXI: a sustentabilidade do entorno, o compromiso co medio ambiente na loita contra os plásticos e o compromiso coa igualdade, ao ter moitas artistas mulleres tanto no cartel coma na organización”.

Así o puxo en valor esta mañá a presidenta provincial na presentación do festival na lonxa de Cesantes, na que tamén participou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; o concelleiro de Cultura e Turismo, Daniel Boullosa, e o codirector do festival, Luis Campos. “Amais, como novidade, este ano o festival contará cunha artista trans, o que engade a diversidade como un valor máis do Sinsal”, salientou Silva.

Neste eido, a presidenta da Deputación resaltou que “dende a institución provincial imos traer o noso vídeo Sorrisos transformadores, realizado coa Asociación Arelas, no que o colectivo trans conta o seu desexo de ser feliz cada día”. Durante a súa intervención, Carmela Silva tamén enxalzou a posta en valor no festival “do produto local e ligado a ecoloxía, esta é outra das cuestións que temos que promover”. Un ano máis, a principal característica do Sinsal Son Estrella Galicia é o carácter secreto do seu cartel, “pero malia que aínda se descoñecen, as súas e os seus artistas sempre teñen unha enorme calidade musical”, apuntou Silva e engadiu que “este festival é moi especial porque ten todos os ingredientes para converterse en único”. Pola súa banda, a alcaldesa de Redondela sinalou que “de cara ao ano que vén queremos que toda a veciñanza de Redondela estea implicada neste festival que, tanto a nivel nacional como internacional, ten moitísimo impulso. Estou encantada de que se celebre aquí”.

Tal e como sinalou Carmela Silva, este ano a Deputación de Pontevedra, ao igual que no resto dos festivais, terá no “Sinsal Son Estrella Galicia” unha carpa propia de igualdade para previr o acoso e as agresións sexuais coa campaña «Eu decido, ti respectas». De feito, esta mesma mañá, co obxectivo de amosar as novidades desta terceira edición e o plan de traballo, así como para presentar o balance da pasada edición da campaña neste festival, persoal da Deputación mantivo hoxe un encontro no Salón de Plenos do Concello de Redondela coa alcaldesa, Digna Rivas, representantes da corporación municipal, da Policía Local, da Corporación Nacional de Policía, a psicóloga e a avogada do CIM.

Deste xeito, a Deputación de Pontevedra instalará un punto de información, con cinco axentes de igualdade que entregarán os folletos dirixidos a mozas e a mozos con contidos diferenciados para mulleres e para homes e outros materiais promocionais que van complementar a campaña, adhesivos, sombreiros, tarxetas, pulseiras. Amais, en sintonía coa axenda de sustentabilidade da institución provincial, tamén se instalará un stand informativo pertencentes á campaña «Experiencias Sostibles», que este ano está a concienciar na loita contra os plásticos e nos seus efectos no medio ambiente e na saúde das persoas. En concreto, a campaña de igualdade estará presente o día 28, e a campaña de sustentabilidade desenvolverase durante a xornada do 25 de xullo.

Máis polo miúdo, durante estes catro días de festival, a illa de San Simón vaise encher de música, gastronomía, lecer e moitas outras actividades. Así, nos últimos anos pasaron pola illa artistas coma Alt- J, Maika Makovski, Camila Moreno, Anna Meredith ou Malándromeda, entre outras e outros artistas. Na última edición, o «Sinsal Son Estrella Galicia» recibiu a preto de 3.000 visitantes durante as dúas xornadas, das cales 650 pasaron polo stand de Igualdade da Deputación onde se prestou asesoramento e, amais, no marco da campaña de Turismo Sustentable repartíronse preto de 700 ecocabichas.

A Xunta financia un programa de proximidade no rural para persoas con enfermidade mental

A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou os bos resultados do servizo de atención comunitaria e de proximidade no rural para persoas con enfermidade mental, financiado pola Xunta de Galicia e xestionado pola Asociación Avelaíña e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (Feafes-Galicia). Fíxoo esta mañá durante a visita a unha das instalacións nas que se realizou este proxecto.

Fabiola García indicou que esta iniciativa, que se desenvolveu durante o ano pasado, foi “un éxito”. Con ela atendeuse a 160 persoas de 34 municipios diferentes. En concreto, os ámbitos de actuación das accións levadas a cabo foron as provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo.

A Xunta de Galicia destinou 100.000 euros a través dun convenio de colaboración con Feafes para financiar este proxecto co que se realizaron actividades como apoio emocional, a mediación da situación familiar e o acompañamento en actividades de ocio e culturais, en trámites e asesoramentos de servizos sociais.

Neste sentido, a conselleira de Política Social gabou o traballo da Asociación Avelaíña, así como o das 14 entidades que integran a federación, centrado en mellorar a calidade de vida das persoas que sofren esta doenza e tamén das súas familias. Ademais, destacou a importancia de seguir a achegar servizos ao rural para apoiar a permanencia das persoas na súa contorna habitual.

Así mesmo, Fabiola García salientou que a Xunta de Galicia continuará a traballar da man de asociacións que comparten o obxectivo do Goberno galego de romper barreiras e tabús, para ofrecer cada día máis oportunidades ás persoas con enfermidades mentais. Nesta liña, recordou que a Administración autonómica destina 1,4 millóns de euros a Feafes, isto é, un millón máis do que se lle achegaba hai un década.

O «XXVI Encontro dos Pobos» achega á Guarda a música e floclore de Polonia, Austria e Galicia

0

«Encontro entre pobos», o festival folclórico internacional máis veterano da Comarca do Baixo Miño chega un ano mais, e xa van 26 edicións, percorrendo diferentes concellos, sendo no Rosal o xoves 25 de Xullo; en Tomiño o venres 26 de Xullo; na Guarda o sábado 27 de Xullo e en Oia o domingo 28 de Xullo.

Este Encontro dos Pobos, que nace cunha finalidade de intercambio cultural, achegará á nosa comarca, aparte de grupos locais, un grupo procedente de Polonia e outro grupo de Austria.

Dende Polonia contarase co grupo Poligrodzianie, procedentes de Poznan, un grupo devolve o intercambio ao grupo guardés Do Lusco ó Fusco, que estivo na súa cidade o pasado ano no mes de agosto.
É a institución folclórica máis antiga do entorno académico de Poznan, pertence á Universidade de Tecnoloxía. Considerado como un dos grandes embaixadores da cultura polaca, teñen percorrido millóns de quilómetros nas máis de 100 xiras que teñen realizado percorrendo todo o mundo. Malta, Malasia, Corea do Sur, China, Irlanda, México, Italia, USA, Suecia, Canadá, Croacia e un longo etc.

Por outra banda, contarase co grupo austríaco, Steirischer Schwung, que veñen dende Stiwoll, unha localidade ao sur de Austria.

Nas súas actuacións realizan bailes de toda Austria, sendo un ben representativo o Schuhplattler, bailado só polos homes que acompañan á melodía. Teñen participado en festivais en Alemaña, Dinamarca, Francia, Suecia, Croacia, etc.

Coa súa visita a nosa comarca, comeza o intercambio que o grupo Do Lusco ó Fusco vai a realizar, acollendo esta semana na nosa comarca e repetíndoo o vindeiro ano no mes de agosto.

No concerto do sábado na Guarda, que terá lugar ás 22:00 h na carpa da Festa do Peixe Espada no Porto da Guarda, contarase coas actuacións de Xamaraina, Vento Mareiso, Do Lusco ó Fusco, Steirischer Schwung e Poligrodzianie.

Ponteareas concede 150.000 euros de axudas ás traídas veciñais de auga

O Concello de Ponteareas vén de conceder 150.000 euros en axudas ás traídas veciñais da localidade. Así o anunciou o alcalde Xosé Represas quen salientou a importancia destes colectivos “que se encargan desinteresadamente de asegurar un servizo básico e de calidade para a poboación como é o abastecemento de auga”. Represas lembrou que “con esta concesión dase continuidade a un apoio que iniciamos o ano pasado e que se manterá durante todo este mandato”.

O alcalde ponteareán explicou que “deste xeito consolidamos unha convocatoria de subvencións transparente e equitativa para as traidas veciñais e deixamos atrás os tempos de mendigar axudas no despacho do alcalde. Temos un compromiso absoluto coa xente que presta un servizo tan importante para a veciñanza”.

Un total de 13 comunidades de 11 parroquias son as beneficiarias deste reparto co cal se cubre até o 80% do investimento e até un máximo de 18.000 euros en obras a realizar polas traídas nas súas parroquias durante este ano. Na convocatoria deste ano presentáronse 34 solicitudes e, segundo Represas, “as peticións que non puideron ser atendidas terán prioridade na convocatoria que se abrirá en xaneiro de 2020”.

O alcalde amosouse satisfeito pola actual etapa de colaboración e traballo conxunto coas traidas veciñais. “O noso obxectivo é que nestes catro anos non haxa nin unha soa vivenda sen abastecemento de auga en Ponteareas e para logralo é fundamental apoiar ás traidas veciñais”, recalcou Represas.

0

O Concello de Nigrán vén de dar por rematada a instalación dos cabicheiros ou “dispensadores” de cabichas nas praias de Patos, Area Fofa, A Madroa, Panxón e Lourido. O obxectivo desta campaña é que as persoas fumadoras “sexan máis conscientes do daño que sufren os nosos areais e noso medio Ambiente si deixamos as “cabichas” soterradas na praia”, explican dende o Concello que preside Juan González.


A construcción dos máis de 20 “dispensadores de cabichas” foi levada a cabo polos alumnos do taller de carpintería do Centro de a educación especial Juan María o que fai que a campaña non só teña un un obxectivo medioambiental senón tamén de integración. Dende o concello de Nigràn, e despois do éxito da campaña #SanXoanSenLixo, aseguran estar convencidos que “a concienciación social eva implicación dos ciudadanos no respeto á natureza é moito máis efectiva que a prohibición”.

O Rosal acolle, o 24 de xullo, o terceiro festival «Xente Xida»

0

A Asociación Cultural Xida, en colaboración co Concello do Rosal e a súa Concellería de Cultura, vén de presentar a terceira edición do festival  presentamos este ano 2019 a terceira edición do festival «Xente Xida», actividade que se desenvolverá o vindeiro 24 de xullo da Praza do Calvario, a partir das 20:30 horas, con entrada totalmente libre e gratuíta. Serán preto de trinta artistas os que pasarán polo escenario, profesionais de primeiro nivel que, asegura a organización “farán bailar e cantar a todos os presentes”.

O programa prevé a actuación de Nadia Vázquez Trío, unha formación que une a tres músicos galegos: Fernando Estévez (Clarinete e Percusión),Martiño Malleiro (Acordeón) e Nadia Vázquez (Gaita) artista local que conta con inumerables títulos e premios no eido da gaita. Un formato que explora tanto repertorio de ámbito rural, como música de autor.

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre: 15 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da grabación que Xabier e este grupo de 12 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico). Humildes e poderosos a un tempo, adufes, pandeiretas, cunchas, pandeiras. Todo un exército de parches para montar unha foliada de dimensións ciclópeas.

Zurrumalla: formación con máis de doce anos estudando e tocando por toda Galicia a música tradicional, conseguen de cada actuación unha festa; cun estilo musical baseado no tradicional e achegándose a un folk propio, aportan composicións e arranxos que farán as ledicias do público. Unha sorpresa de vitalidade, e novos aires na nosa música.

O festival non só permite gozar da mellor música do país, senón tamén coa gastronomía con porco o espeto e pratos tradicionais, amais de atraccións para os máis pequenos, O Trebón dos Xidos, sorteos e agasallos para os presentes… todos os complementos para facer deste festival «Xente Xida» unha festa grande, con raíces, para tódolos públicos e para tódalas idades.

A Deputación pon a disposición dos concellos «D’Pedra», exposición da escola de cantería

A Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia unha nova exposición do traballo en pedra da Escola de Cantería. Trátase da mostra «D’Pedra», composta por unha vintena de pezas de diversa temática elaboradas polas alumnas e alumnos da Escola. Son pezas exteriores de granito que na súa meirande parte representan oficios, animais, sentimentos ou escenas da vida cotiá.

«D’Pedra» é unha exposición que non só fai fincapé na actividade que mozas e mozos desenvolven neste centro de formación, senón que tamén serve como elemento dinamizador da cultura e a idiosincrasia galega. Entre os seus obxectivos figura a achega da arte do traballo en pedra ás xeracións máis novas, para que poidan descubrir este oficio tradicional. As pezas que se exhiben son obra de Patricia Pazó Vázquez, Alejandro García Álvarez, Marcos Lareo García, Álvaro Somoza López, Rubén Gil Rodríguez, Santiago Rey López, Marcel Kahlbrandt, José Sampedro Caamaño, Jonathan Mariñas García, José Gómez de Bernardo, Lorenzo Lede Mouriño, Jonathan López Otero e Jason Pérez.

Os concellos xa poden informarse e solicitar esta mostra a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Ao igual que sucedeu o ano pasado coa exposición «Nado en Pedra», esta nova mostra poderá solicitarse por un prazo máximo dun mes e cada concello asumirá o traslado e a instalación das esculturas, ademais de encargarse da súa protección.

A Escola de Cantería naceu no ano 1979 coa finalidade de poñer en valor un dos oficios máis antigos de Galicia e ao longo da súa traxectoria, numerosos mestres e mestras canteiros formados na Escola teñen deixado a súa pegada no patrimonio arquitectónico de Galicia e diversos lugares do mundo. Así, os seus traballos están presentes en Fortaleza (Brasil), Maracaibo (Venezuela), Manila (Filipinas), La Paz (Bolivia), Nova York (Estados Unidos), Querétaro (México), Buenos Aires (Arxentina) o Montevideo (Uruguai) entre outros países.

Ademais, o alumnado ten participado nas obras de restauración de emblemáticos monumentos, como a A Sagrada Familia de Barcelona, a catedral de Santiago, a catedral de Westminster de Londres ou mesmo as obras de recuperación do edificio do Capitolio de Washington.

Marta Valcárcel presenta o programa de actividades «Vive agosto en Salvaterra»

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de presentar a programación que, durante o mes de agosto, ofrecerá o Concello e que se desenvolverá baixo o lema «Vive agosto en Salvaterra». A programación cultural presentada, como xa é habitual no concello fronteirizo, é “variada, para todos os gustos e idades, un programa feito e pensado para desfrutar en familia”, sinala a rexedora local. Valcárcel subliña o feito de que é unha “programación cultural de calidade, con propostas diversas e cargada de actividades e festas”.

Cine, concertos, folclore internacional, folk, música, humor, Bandas de Música e gastronomía terán o seu espacio neste «Vive agosto en Salvaterra» que como Marta Valcárcel asegura “acada unha dimensión transfronteiriza a través da Eurocidade Monção–Salvaterra”.

A programación deste amplo programa cultural iníciase, un ano máis co Festival de Bandas que terá lugar o día 27 de xullo. O luns 29 de xullo, no Recinto Amurallado, veciñanza e visitantes poderán gozar doutro clásico dentro da programación cultural estival de Salvaterra de Miño: o festival O Mundo A Danzar.

Xa o xoves 1 de agosto, será a quenda dos grupos de Baile Moderno do Casal, Baile Hip–Hop Casal e grupo Vai de Baile de Lira. O venres 2 de agosto, na prazas do Concello, celebrarase o festival da A.C. Pontenova.

Son da Muralla, outra cita habitual do verán de salvaterra e considerado xa como o maior festival DJ de Galicia ao aire libre, chegará á vila fronteiriza o sábado 3 de agosto no marco excepcional que ofrece o recinto amurallado.

O mércores 7 de agosto os máis cativos poderán desfrutar da Festa da Espuma no Parque Público A Canuda.  O xoves 8 de agosto chega o teatro coa comedia de «Circo Chosco» Riscando o Ceo.

O venres 9 de agosto, será a quenda da música coral e de banda, coa actuación conxunta das corais do municipio acompañadas pola Banda de Música de Salvaterra, actuación que terá lugar na Praza do Concello.

O sábado 10 de agoso, a música dos 60, 70 e 80 será a protagonista con Imos De Guateque, unha iniciativa que cada a no vai a máis e na que, as persoas que acudan caracterizados da época, participarán no sorteo dunha viaxe. O mércores 14 de agosto, os nenos e nenas volverán a ser protagonistas coa actuación de Coliño Bailongo e espectáculo infantil Canta Baila con «A Guagua Animación». O xoves 15 e venres 16 de agosto o cine ao aire libre chega a Salvaterra coas proxeccións, na Muralla, das películas infantís Los Increíbles 2 e Leo Da Vinci, Misión Mona Lisa.

Finalmente, como previa á Festa do Viño do Concado, o luns 19, martes 20 e mércores 21 de agosto terán lugar os cursos de Cata, con prazas limitadas polo que é precisa inscricióin previa. O punto e final a este «Vive agosto en Salvaterra» o poñerá a Festa do Viño do Condado do Tea, que, con esta, chega a súa 60 edición. Viño, música, gastronomía danse a man nunha conxunción perfecta que fan desta celebración, unha das mellores de Galicia. A música correrá a cargo dos concertos de Lys Pardo, La Supersonic, Budiño, Monoulipus Dop, 2con2 e 21 Gramos.

México, Serbia e Guinea Bissau, protagonistas da «XX Noite Internacional do Miño» de Tui

0

O folclore de México, Guinea Bissau e Serbia protagonizará a vixésima edición da Noite Internacional do Miño. A cita será o próximo martes, 23 de xullo, ás 21:30 h no Parque do Laxal en Rebordáns. Este evento está organizado pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui, a Comunidade de Montes en Man Común de Rebordáns e a Deputación de Pontevedra.

Dende hai dúas décadas este evento convértese cada ano nun escaparate do folclore máis internacional a través de grupo de Europa, América, África, Asia e Oceanía, que teñen participado en cada edición. O público ateiga anualmente o recinto do Parque do Laxal para gozar dun evento de gran colorido e cheo de diferentes ritmos tradicionais, todo nun escenario presidido por unha lúa tocando a gaita, a imaxe desta Noite Internacional.

Nesta ocasión serán o Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bissau, Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia e Compañía Nacional de Danza Folclórica de México os que nos acheguen o seu folclore.

O Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bissau naceu no ano 2000 co obxectivo de crear un ambiente de integración sociocultural para os cativos e a mocidade do barrio de Bandim nun contexto de posguerra empregando coma vehículo para conseguilo a música, o teatro e a danza. Ao tempo buscan tamén pór en valor e divulgar o patrimonio cultural de Guinea.

O Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia foi fundado en 1986 por Dejan Simeonovski. Dende entón nos seus espectáculos presenta a riqueza do folclore serbio mesturando a arte coa vitalidade do pobo serbio. Os seus traxes, bailes e música destacan pola súa autenticidade, beleza e variedade.

A Compañía Nacional de Danza Folclórica de México creouse en 1975 achegando dende entón nos seus espectáculos por Europa e América a riqueza e colorido do folclore mexicano.

Ponteareas mellora o procedemento para autorizar espectáculos públicos

O concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, Roberto Mera, manterá un encontro con colectivos sociais e hosteleiros que promoven a celebración de espectáculos públicos. O obxecto desta reunión –que terá lugar o vindeiro martes ás 20:30 h, na sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo–, é informar sobre o procedemento de autorización de espectáculos en espazos públicos e presentarlle o formulario deseñado para a solicitude de espazos públicos.

Nas últimas semanas a concellaría realizou unha revisión do procedemento implantando un novo método que permite gañar en eficacia, axilidade e seguridade. O procedemento adaptouse á nova Lei de Espectáculos de Galicia e, segundo Mera, “permite protexer e dar seguridade xurídica aos promotores e organizadores de eventos e ao público que asiste ao mesmo, ao esixirse o seguro de responsabilidade civil así como a certificación de que as estruturas e instalacións que se empreguen, como carpas ou escenarios, cumpren coa normativa en materia de seguridade”. O novo procedemento garante ademais a coordinación de todas as concellarías que interveñan no evento, ao tramitarse desde unha única unidade administrativa municipal.

Para facilitar a tramitación das solicitudes o Concello elaborou un completo formulario no que os interesados deben recoller todos os datos do evento, incluidos os horarios de inicio e finalización, así como as estruturas e instalacións que van empregar. No mesmo formulario os promotores poden concretar a colaboración que solicitan do concello, como iluminación, Protección Civil ou Policía Local, colectores de lixo, etc. O formulario tamén recolle unha serie de pautas ás que deben atender os promotores, entre elas, facer a solicitude con 45 días de antelación, non anunciar o evento mentres non estea autorizado, deixar o espazo en perfecto estado de limpeza e cumprir os horarios nos que se autorice o evento. Roberto Mera revisará cos e coas asistentes este formulario e incorporará as posibles aportacións que se suxiran se así se acorda.

Esta medida enmárcase no obxectivo do Goberno local de mellorar a convivencia cidadá.

As DepoAndainas deste ano amplian as súas rutas e comprométense co medio ambiente

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá a cuarta edición das DepoAndainas, un programa totalmente gratuíto que arranca a comezos de agosto con novas propostas e unha aposta decidida polo Medio Ambiente. Neste eido, tal e como informou Silva, esta edición amplía as rutas con dúas novas, pasando de cinco a sete, e inclúe os desprazamentos en autobús “na liña do compromiso adquirido en prol da sustentabilidade, fomentando o transporte público para minimizar as emisións de CO2”.

As DepoAndainas están dirixidas a todas as persoas da provincia (independentemente da idade) e teñen por obxectivo fomentar hábitos de vida saudable ao tempo que promover o turismo. Amais, esta iniciativa ten un marcado compromiso co Medio Ambiente e así, amais da inclusión dos desprazamentos en autobús con saídas dende a Praza de Galicia de Pontevedra e da Praza de España de Vigo, tamén se van impulsar charlas de concienciación e sensibilización en cada unha das sete andainas. Xunto ao compromiso medioambiental, a cuarta edición das DepoAndainas tamén vai impulsar o turismo activo, deixando tempo libre adicional ao remate da actividade ás persoas participantes para que poidan afondar nos recursos turísticos da provincia de Pontevedra. Neste mesmo eido, durante as andainas, tamén se achegará información relativa a aspectos do patrimonio cultural e histórico.

Máis polo miúdo, a primeira andaina terá lugar o 4 de agosto polo paseo fluvial das marismas de Catoira e o prazo de inscrición comeza este luns, 22 de xullo. A segunda ruta será pola fervenza do Toxa en Silleda o 11 de agosto (abre o prazo o 29 de xullo) e a terceira o día 18 polo parque forestal da Illa da Toxe e pola ruta das pasarelas de Pedras Negras no Grove (abre o prazo o 6 de agosto). A seguinte ruta terá lugar o 1 de setembro polo parque A Canuda e o paseo fluvial da Illa Fillaboa en Salvaterra de Miño (o prazo de apertura de inscricións abre o 19 de agosto) e o 22 de setembro a quinta andaina polo Bosque encantado en Cangas e polas Illas Cíes en Vigo (abre o prazo o 2 de setembro). Xa en outubro terán lugar as dúas últimas rutas, o día 6 polo monte de Santa Trega na Guarda e os muíños do Folón no Rosal (a inscrición abre o 23 de setembro) e o 12 pola ruta da Pedra e da Auga de Ribadumia (abre o prazo o 30 de setembro).

En total ofértanse 300 prazas por andaina, é dicir, un total de 2.100 prazas. Ademais, e tamén como novidade, este ano os concellos polos que transcorren as andainas poderán ofertar ata 50 prazas adicionais. As persoas interesadas en participar nos percorridos deberán cumprimentar o impreso de solicitude na páxina web www.depo.gal. Ao respecto, a presidenta provincial animou a pechar as inscricións “o máis rápido posible xa que se esgotan en poucas horas as prazas dispoñibles”.

Amais das DepoAndainas a Deputación de Pontevedra ten tamén en marcha outras iniciativas deportivas este verán como o DepoDesafío ou as DepoRutas BTT. En canto á primeira actividade, quedan pendentes a carreira a pé por Vilagarcía (27 de xullo), o trail por Cuntis (8 de setembro) e o triatlón en Vigo (13 de outubro). No que respecta ás DepoRutas BTT comezan a súa andadura o 25 de agosto en Meis (abre o prazo de inscrición o 29 de xullo) e continúan o 15 de setembro en Silleda (o prazo para participar abre o 26 de agosto), o 29 do mesmo mes en Nigrán (inscricións dende o 16 de setembro), o 20 de outubro en Salceda (abre o prazo para participar o 30 de setembro) e rematan o 27 de outubro en Cangas (inscrición a partir do 7 de outubro).

Os libros, en Ponteareas, saen ás rúas

A concellería de Cultura e Lingua do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de instalar catro puntos de lectura ou catro ‘casiñas’ con libros viaxeiros, en outros tantos puntos da vila e que permitirán, segundo o Concello ponteareán, “encher de creatividade os momentos de lecer”. É un xeito de que a Biblioteca Municipal, saia do seu entorno habitual e, literalmente, saia ás rúas.

As casiñas dos libros viaxeiros están no parque Ferro-Ucha, na Praza Maior, no Parque da Perillana e nos Xardíns da Casa do Concello. Calquera persoa pode achegarse a estas casiñas e gozar da lectura porque, nas casiñas viaxeiras, pódense atopar libros de tódolos xéneros e para todos os públicos.

Todos e todas as que o desexen poden incorporar libros ás casiñas viaxeiras que comezaron a súa andaina pola vila cun lote inicial aportado pola biblioteca municipal. A concellería de Cultura e Lingua supervisa que exista un reparto equitativo nas catro casiñas do centro urbano.

Cayetano Lledó presenta o vindeiro xoves na Guarda o seu espectáculo de maxia

0

O vindeiro xoves día 25 de xullo o Auditorio de San Bieito da Guarda acolle o espectáculo de Maxia «Lafayette Show» a cargo de Cayetano Lledó, un produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación galego. O evento arrancará ás 20:30h cun espectáculo de maxia teatralizada, con comedia e humor, apto para todos os públicos. Teatro e ilusionismo con maxia musical, manipulación de cartas e obxectos, clown, cambios de vestuario, números de mentalismo, hipnosis, pantomima, danza…

As obras de Cayetano Lledó están baseadas na comedia e na maxia cómica. Ten participado en moitos festivais internacionais de ilusionismo, e ten desenvolvido a súa maxia en diversos países europeos.

Hoxe en día, a súa actividade profesional versa ao longo de dúas liñas de traballo: por unha banda, a investigación e desenvolvemento de efectos máxicos aplicados á escena; e pola outra, a interpretación, produción e distribución de espectáculos de maxia teatralizada.

Chega á Guarda con gañas de dar a coñecer aos veciños e visitantes da Guarda o seu traballo e facelos partícipes do mesmo, cun show que gustará a pequenos e maiores.

A Biblioteca de Chapela ofrece un contacontos para os máis cativos

0

A Biblioteca ‘Xela Arias’ de Chapela acolle, o luns 29 de xullo ás 11:30 horas un contacontos dirixido ás e aos máis cativos da casa. De feito, as Bibliotecas Municipais de Redondela cualifican a esta actividade como un ‘bebecontos’ que ten a finalidade de esperar, entre os máis pequerrechos, o gusto pola palabra e polos libros. 

A actividade correrá a cargo de Trémola Teato que ofrecerá ás e aos mais pequenos o contaconcos titulado Que animaliño é?, dirixido aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 meses e 4 anos.

Este bebecontos –que conta do apoio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia– é totalmente de balde e con capacidade limitada, polo que é preciso realizar inscrición gratuita previa. Dita inscrición pode formalizarse na Biblioteca de Chapela (horario de verán: de luns a venres, de 9:00 h a 14:00 h), por teléfono no 986 454 226 ou no enderezo de correo electrónico [email protected]

O Rosal sairá á rúa en defensa da Sanidade Pública

0

O progresivo empeoramento do sistema de sanidade pública que se en Galicia afecta, especialmente, aos municipios do rural e O Rosal non se escapa a este problema que as autoridades sanitarias non parecen saber, –ou querer– atallar.

O vindeiro martes 23 de xullo está convocada unha concentración na Praza do Calvario do Rosal, ás 20:30 h á que poderá asisitir toda a veciñanza, e na que a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís exporá os motivos polos que o Rosal precisa de unha mellor asistencia sanitaria.

Tal e como explica o Concello do Rosal, a Alcaldía tivo coñecemento extraoficial, por notificación oral do responsable do Centro de Saúde do Rosal, o doutor Antonio Tato Fontaíña, de que desde o día 25 de xullo, o Centro de Saúde de San Miguel de Tabagón deixará de contar co seu médico por un permiso concedido á titular ata finais do presente mes.

Por outra parte, o citado facultativo tamén informou ao Concello que nos meses de xullo e agosto “non van ser cubertas as vacacións dos dous médicos titulares do Centro de Saúde do Rosal e que o médico do Centro de Saúde de San Miguel de Tabagón desprazarase para atender tanto aos seus pacientes como aos do outro médico no Centro de Saúde do Rosal, quedando así novamente sen atención médica o citado Centro de San Miguel de Tabagón”.

As consecuencias prácticas de todos estes feitos, de materializarse, serían que durante todo este tempo o municipio contaría tan só con dous profesionais médicos na Atención Primaria, cando habitualmente conta con tres e que os pacientes do Centro de Saúde de San Miguel deixarían de ser atendidos no seu Centro de Saúde para ser atendidos no Centro de Saúde do Rosal. Esta información foi confirmada polo Concello nunha conversa telefónica mantida onte con Félix Ruibal, xerente de estrutura organizativa de xestión integrada do SERGAS.

Segundo explica o Goberno local, esta situación vense repetindo sistematicamente nos últimos anos, dando como resultado “un deterioro inadmisible da calidade da Atención Primaria no noso concello que, por outra parte, non conta xa habitualmente co persoal sanitario que lle correspondería”. Cómpre salientar que O Rosal, é o Concello da Comarca do Baixo Miño cun peor rateo de pacientes por persoal sanitario e persoal médico, superando todos os máximos recomendados polas diferentes organizacións de saúde. Este feito constatouse no acordo plenario aprobado pola unanimidade do pleno o pasado 30 de marzo de 2019 do que, o Concello, ofrece algúns datos que corroboran estas afirmacións.

  • O Concello do Rosal conta, para unha poboación estimada aproximada de 6.349 habitantes, cunha dotación de persoal sanitario formada por 3 médicos de familia, 3 enfermeiras, unha pediatra que pasa consulta tres días por semana e 1 auxiliar de enfermería. O persoal médico ten un total de 4.701 Tarxetas Individuais sanitarias (TIS), repartidas por médico en 1.502, 1.643 e 1.556 respectivamente.
  • A OMS recomenda unha rateo de pacientes por médico máximo de 1.200. Pola súa banda, a Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN) recomenda unha rateo de 1.300 pacientes por médico e indica que esta non debería superar nunca os 1.500. No caso do Rosal, todo o persoal médico ten unha rateo que excede tanto as recomendacións como os máximos admisibles. Neste caso, e tendo en conta o número de habitantes, ao Rosal corresponderíalle 1 médico/a e 2 enfermeiros/as máis, ademais de 1 pediatra con dedicación total e unha matrona.
  • Polo tanto, tal e como se expuxo, ao non cubrirse con persoal substituto as vacacións dos médicos titulares, quedarían soamente dous médicos para atender a un total de 4701 pacientes, e é por iso que desde esta alcaldía lembrámoslle que a súa obriga é a de garantir un servizo de Atención Primaria que cubra as necesidades da poboación, polo que esperamos que modifiquen a súa decisión e cubra con persoal contratado as vacacións, baixas e permisos do persoal médico dos nosos Centros de Saúde.

A alcaldesa do Rosal, Anxela Fernández Callís deixa claro que, dende o Goberno local “apoiaremos e defenderemos a Sanidade Pública. Faremos todo o que estea na nosa man para conseguir que a Consellería de Sanidade e o SERGAS cumpran coa súa responsabilidade e garantan o servizo habitual de Atención Primaria do noso Concello”.

Susana Seivane, o sábado en Salceda ao abeiro do programa «Musigal 2019» da Deputación de Pontevedra

Mañá sábado, Susana Seivane ofrecerá un concerto en Salceda de Caselas ao abeiro do programa «Musigal 2019» da Deputación de Pontevedra. Seivane é unha gaiteira cun estilo musical tradicional dos antigos gaiteiros aínda que tamén incorpora ás veces influencias doutros estilos musicais.

Ponteareas inaugura o parque de calistenia e workout

O concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza á inauguración do parque de calistenia e street workout que terá lugar este venres día 19 de xullo ás 19:00 horas no parque Ferro-Ucha. Esta nova zona deportiva financiouse con fondos propios cun custo total de 22.709 € e conta con 210 metros cadrados, no que se inclúe un parque de calistenia de 180 metros cadrados e un circuito aeróbico de 80 metros cadrados.

A partir das sete da tarde de mañá venres a mocidade poderá participar na exhibición, no obradoiro e na quedada workout que organiza a concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó. Esta actividade está enmarcada no programa Mocidade Viva deseñado en colaboración cos mozos e mozas de Ponteareas que participaron na consulta realizada para a configuración de todas as actividades que se ían incluir no primeiro programa específico para a mocidade no concello de Ponteareas.

parkour, o breakdance, o graffiti e as actividades que implican o desenvolvemento de expresións artísticas na rúa foron as máis demandas pola mocidade, “por iso dende a concellería de Mocidade continuamos coa nosa aposta por ofrecerllas ás nosas mozas e mozos que poden, deste xeito, atopar na súa cidade entretemento e espazos de convivencia”.

Fomentar a práctica deportiva aproveitando os espazos naturais que ofrece a cidade é o obxectivo desta iniciativa que promove a concellería de Deportes que tras unha consulta popular a través das redes sociais decidíu ubicalo neste céntrico pulmón verde.

Os diferentes módulos destinados ao exercizo distribúense ao longo de toda a superficie situando sobre o terreo o circuito aeróbico e executando a área da superficie de destinada a calistenia sobre area de sílice de río. A zona está perimetrada cun borde de madeira de piñeiro para evitar que a area se espalle.

O parque de calistenia ten un cubo, un monkey bar horizontal, un banco para abdominais, unha parede sueca, barras de dominada triple francesa e barra dominada clásica, un monkey bar de dous niveis, un monkey bar serpe e barras paralelas.

Pola súa banda o circuito aeróbico componse dun elevador-flexión de brazos, un aparello de cintura, outro de remo, outro para adestramento de torso e outro para extensión de xeonllos.
Na liña da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”, esta nova iniciativa do goberno de Ponteareas busca promover hábitos de vida saudables e a interacción respetuosa da cidadanía co medio ambiente.

O obradoiro ‘Percorre Tui’ realizou visitas para os participantes no campamento de ‘Un Máis’

0

Alumnado da especialidade de ‘Promoción turística local e información ao visitante’ do obradoiro de emprego ‘Percorre Tui’ realizaron ao longo desta mañá varias visitas guiadas para os nenos e nenas de 4 a 18 anos que están a participar no campamento inclusivo que dende comezos de mes imparte a Asociación Un Máis.No campamento están a participar 25 nenos e nenas, dos que 13 teñen TEA, xunto a voluntarios e monitores.

Tratouse dunhas serie de visitas moi especiais, e en grupos reducidos, nas que os guías, cunha linguaxe sinxela e apoiados por pictogramas, explicaron aos pequenos visitantes as características do Centro de Interpretación “Tui, Camiño de Santiago” situado no antigo convento de San Domingos. Así puideron coñecer algunhas pinceladas da historia do edificio, percorrendo o seu interior, como o claustro dende onde admiraron o campanario da igrexa de San Domingos, e tamén as caixas luz que ilustran cada unha das etapas até Santiago.

Precisamente para esta ocasión colocáronse amais fotografías das visitas que os participantes no campamento de Un Máis realizaron xa a algúns puntos do Camiño como a Catedral de Tui, O Porriño ou Redondela. No remate entregáronlles e seláronlles a Credencial de Visita ao Centro de Interpretación, convidándoos a realizar un debuxo daquilo que máis lles gustou durante a visita.

A concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo e Patrimonio, Laureano Alonso, acompañaron ao primeiro grupo que participou nesta iniciativa que busca tamén formar dende a sensibilización á diversidade ao alumnado do obradoiro. O director do Obradoiro, Rodolfo Villalba, explicou precisamente que entre as actividades que levan a cabo no obradoiro está o deseño e promoción de rutas no municipio, polo que consideraron axeitado realizar esta actividade de inclusión. Ana Isabel Vila Pereira, directora e psicóloga de Anarela e coordinadora do Campamento, salientou o positivo desta actividade que espertou o interese entre os cativos e cativas.

Ponteareas elaborará un Plan de Convivencia e Civismo para mellorar a calidade de vida

O Concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, anunciou o inicio dos traballos de elaboración dun Plan Convivencia e Civismo dirixido a garantir o respecto ás normas cívicas e de convivencia que deben rexer a relación entre as persoas e o uso dos espazos públicos en Ponteareas. Mera sinalou que “neste mandato estamos decididos a abordar dunha vez os numerosos problemas de convivencia e de condutas incívicas que afectan á calidade de vida, a seguridade e a saúde dos ponteareáns”.

Desta situación, Mera culpa aos anteriores gobernos municipais ao sinalar que “coa súa inacción ou coa súa pasividade” propiciaron ou consentiron algúns destes comportamentos. 

O edil nacionalista citou entre outros exemplos “a falta de respecto ao dereito ao descanso, con ruidos en locais e en eventos ao aire libre até altísimas horas da madrugada; a suxedade nas rúas con excrementos de cans, cabichas e todo tipo de residuos; o descontrol con cans potencialmente perigosos que circulan sen bozos nin correas, o abandono de baixos lóbregos convertidos en esterqueiras, a condución a velocidade excesiva polas rúas da vila, o estacionamento de vehículos en pasos de peóns ou en prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida, etc.”

Roberto Mera asegura que “o noso obxectivo é protexer á maioría da poboación que sufre esas condutas e erradicar eses comportamentos dunha minoría, primeiro pola vía da concienciación e das alternativas, e despois, se é necesario, pola vía punitiva con sancións”.

O Plan de Convivencia e Civismo contempla unha primeira fase de diagnose da situación na que se recabará información sobre os problemas de convivencia, quen os provoca, a quen e como afecta, onde, porqué e cando se producen eses problemas, se a falta de resposta municipal se debe á ausencia de normativa, de medios materiais e humanos ou á simple desidia ou desorganización.

Para o traballo de diagnose Mera porá en marcha un proceso participativo e manterá reunións coa veciñanza das diferentes zonas da vila e colectivos sociais,. Ademais manterá reunións de traballo cos departamentos encargados de actuar fronte aos problemas de convivencia, especialmente a Policía Local. Analizaranse tamén todas as ordenanzas e regulamentos municipais para a súa actualización porque, segundo Mera, están en moitos casos desfasadas. O edil cita como exemplo que “en Ponteareas deixar excrementos de can nas rúas está castigado con 30 euros mentres noutros lugares a sanción é de 750 a 1.500 euros. Os infractores teñen que saber que deben mudar as súas condutas porque en breve terán consecuencias importantes” sinalou o concelleiro.

Mera prevé que o Plan estea listo a finais de ano para comezar a aplicar as medidas en 2020, aínda que algunhas urxentes poderanse ir executando xa en 2019.

A mediación do Concello de Tomiño permite a retirada do embarcadoiro do antigo ferry con Cerveira

0

A mediación do Concello de Tomiño posibilitou a retirada do embarcadoiro do antigo ferry-boat que unía Goián e Cerveira e que, dado o seu estado de deterioro e abandono, constituía un perigo para os piragüistas do Club Deportivo Miño e público en xeral. 

Traballos de despezamento do embarcadoiro

Logo de que repetidas veces durante os últimos anos, o Concello solicitara a Portos de Galicia a retirada do mencionado embarcadoiro sen resultados, o goberno local conseguiu chegar a un acordo para que un estaleiro de A Guarda ofrecérase a desmontar a antiga instalación e a levala río abaixo, sen custes para a Xunta de Galicia, a cambio de aproveitar os materiais para construír un pantalán flotante na Pasaxe.

Deste xeito, tras unha semana de arduo traballo para desmontar por partes o antigo embarcadoiro, este xa non representa un perigo para os deportistas que pasan polo río. Só resta retirar nestes días a parte flotante da instalación.

O PP reparte as tarefas “para fiscalizar ao goberno local”

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas mantivo unha reunión para repartir “o traballo de fiscalización” e propostas entre os cinco concelleiros que están a representar ao PP no consistorio de Ponteareas. A portavocía mantena Belén Villar, quen tamén será a responsable de fiscalizar ao goberno e facer propostas en materia económica, de emprego e servizos básicos.

Pola súa banda, Andrés Sampedro que xunto con Belén Villar formaba parte do Grupo Municipal do PP durante o pasado mandato, ocuparase de todo o relacionado con Educación, Cultura e Festas. Silvia F. Táboas, responsabilizarase do tema urbanístico e todo o vinculado a iso. Francisco J. Represas, ocuparase dos temas relativos á presentación de propostas para as concellerías de Deportes, Voluntariado, Seguridade Cidadá, Medio Ambiente e Parques e Xardíns, entre outras tarefas que lle foron encomendadas “como velar por que o Goberno local fomente a Participación Cidadá e a Transparencia”, asegura Belén Villar.

Por último, Lina Limeres, será a responsable de Comercio, Turismo e todo o relacionado cos servizos sociais do Concello.

Oia acolleu unha nova sesión formativa dentro do proxecto “Rumbo ao Emprego”

0

O proxecto “Rumbo ao Emprego” que están a desenvolver conxuntamente os concellos de Oia e O Rosal ofreceu hoxe venres unha nova sesión aberta ao público xeral, neste caso centrada en como xestionar o cambios. A píldora formativa desenvolveuse este venres 19 de xullo baixo o título «Como afrontar a xestión do cambio na procura de emprego» e tivo lugar no Centro Sociocultural de Pedornes entre as 10 h e as 12 horas.

A actividade correu a cargo de Yolanda Fortes, consultora e docente de estratexia persoal e proxectos paralelos, que conta cunha ampla experiencia traballando aspectos como o talento, a marca persoal, a motivación e a comunicación.

Especialista en consultoría e coaching, Yolanda Fortes centra as súas intervencións en lograr que as persoas sexan o cambio que queren no seu negocio ou proxecto profesional. “Transformando ás persoas transformamos os negocios” é, de feito, o seu lema.

Naesta píldora formativa, a relatora guiou ás persoas asistentes na difícil tarefa diaria de asumir os cambios: debullou os medos e inseguridades que asaltan ás persoas cando deciden saír da súa zona de confort e amosou o positivo que pode resultar “tirarse á piscina” nalgúns momentos da vida.

“Rumbo ao Emprego” é un proxecto que os concellos do Rosal e Oia veñen desenvolvendo conxuntamente desde o mes de abril. Conta co financiamento da Deputación de Pontevedra dentro da liña 2 do Plan Concellos.

Esta iniciativa en materia de inserción laboral inclúe formación, prácticas en empresas, orientación e acompañamento individualizado para a procura de traballo. Entre as distintas accións programadas destacan as píldoras formativas, sesións abertas ao público xeral nas que distintos especialistas abordan temas de interese como o autoemprego, as dinámicas de grupo nas entrevistas de traballo ou a xestión do cambio, entre outros.

Ponteareas contratará a 11 novas traballadoras vítimas de violencia de xénero

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, vén de asinar un convenio coa Xunta de Galicia polo que a administración local recibirá un total de 187.919,44 € para a contratación de 11 mulleres vítimas de violencia de xénero. A partir do mes de setembro estas mulleres traballarán durante un ano a xornada completa, desempeñando tarefas de interese xeral e utilidade social, como administrativas, xardineiras ou limpadoras.

Este convenio amosa, unha vez máis, a capacidade de Ponteareas para adquirir o apoio e confianza das diferentes administracións. Verónica Carrera explica que esta liña de subvencións “pretende que as mulleres danadas pola violencia machista acaden unha maior autonomía comezando pola independencia económica”. A concelleira lembra que, no que vai de ano, foron atendidas  un total de 150 mulleres no Centro de Información a Mulller (CIM) ubicado na rúa Oriente..

Carrera aposta ademais pola formación ofrecendo durante todo o ano unha programación de cursos e obradoiros cos que mellorar o curriculum das mulleres ampliando así as posibilidades da inserción laboral.

Cómpre salientar que dende a concellería de Benestar Social e Igualdade tamén ofrecen charlas e actividades para que as mulleres gañen en autoestima e adquiran ferramental psicolóxicas e condutuais que as fagan máis independentes e menos vulnerables.

Mos aposta pola seguridade infantil nos vehículos

0

O departamento municipal de Política Social do Concello de Mos organizou hoxe, en colaboración coa Policía Local, unha charla sobre Sistemas de Retención Infantil nos vehículos que tivo lugar esta mañá no Centro de Saúde de Mos, no Rebullón. No encontro a Policía explicou que “cada día, nas nosas estradas, prodúcense accidentes de tráfico que teñen consecuencias fatais para os menores debido ó uso inadecuado dos sistemas de retención ou a falta dos mesmos”.

Os bebés e os menores son un sector especialmente vulnerable neste sentido, xa que ben por falta de coñecemento ou ben por un uso inadecuado, os sistemas de retención non son usados adecuadamente. Conscientes desta situación e tendo en conta o cambio de normativa nos sistemas de retención para menores de 135 cm de altura, consideramos importante formar e informar ás familias do bo uso destes sistemas, que son importantes para a seguridade dos nosos cativos”.

A formación, á que asistiron un total de 25 persoas, estaba dirixida á poboación xeral que desexase asistir e tiña por obxectivos formar ás familias no uso axeitado nos sistemas de retención infantil, colaborar na seguridade dos habitantes do Concello, coñecemento da normativa legal sobre os SRI, os grupos existentes e as lesións que preveñen e fomentar actitudes responsables e seguras.

Este curso ten como obxectivo fundamental concienciar á poboación de que tódolos nenos/as que viaxen en coche deben levar sempre a súa cadeira adaptada. Así mesmo os menores con altura igual ou inferior a 135 centímetros deben viaxar obrigatoriamente nos asentos traseiros do vehículo pola súa seguridade. Excepto cando o vehículo non dispoña de asentos traseiros, estes estean ocupados por outros menores coas mesmas características, ou cando non sexa posible instalar nos asentos traseiros tódolos sistemas de retención infantil.

Dende a Policía Local de Mos considérase fundamental a concienciación respecto deste tema, pois os sistemas de retención infantil reducen nun 75 % as mortes en un 90 % as lesións. As lesións máis frecuentes cando non se utilizan os S.R.I son lesións de pescozo en cativos de ata 2 anos de idade, lesións na cabeza entre os 2 e os 4 anos; e lesións abdominais entre os catro e dez anos.

Outros aspectos abordados polos axentes policiais locais na charla desta mañá foron como elixir o sistema de retención máis axeitado, nocións para mercar unha cadeira adecuada, e para instalala correctamente con cintos de seguridade ou Isofix.

Detalladamente explicouse durante esta actividade os grupos de idade e as características dos sistemas de suxección específicos de cada grupo. O grupo 0 e 0+ que integra ós recén nacidos de ata 13 quilos aproximadamente, o grupo 1: de 9 ata 18 quilos aproximadamente, os grupos 2 e 3: de 15 ata 36 quilos aproximadamente e a partir de 135 centímetros de altura.

Para as mulleres embarazadas asistentes á acción formativa explicouse tamén como empregar o cinto de seguridade durante o embarazo. E os policías mosenses concluíron a súa exposición con cinco regras de ouro sobre os sistemas de retención infantil que son empregar sempre o sistema de retención infantil axeitado á altura e peso do/a neno/a, colocar o maior tempo posible a cadeira en sentido contrario á marcha, asegurarse de que a cadeira está ben anclada ao vehículo e que o neno/a vai ben suxeito/a, vixiar os traxectos curtos e dar exemplo ós cativos poñéndose sempre o cinto.

Para as futuras nais explicouse que as cadeiras de protección deben empregarse dende o primeiro viaxe en coche dos recén nacidos, á saída dos mesmos do hospital.

«Noites no Castelo» é a cita obrigada para esta fin de semana na Guarda

0

Esta fin de semana A Guarda contará na súa programación cunha das citas musicais de maior importancia, o evento «Noites no Castelo», que terá lugar este sábado e numerosas actividades deportivas como a III Mostra CD Baixo Miño, La Guardia en Danza o Torneo 3×3 Vila da Guarda de Baloncesto ou o Torneo de Fútbol 7. É, polo tanto, unha extraordinaria ocasión para achegarse á Guarda, gozar das súas praias e a súa gastronomía e rematar, no Castelo de Santa Cruz, coas «Noites no Castelo». 

Venres 19
Este venres día 19 en horario de 10:00h a 13:00h horas da mañá o Castelo de Santa Cruz acolle un obradoiro gratuíto especificamente destinados a mozos e mozas da Guarda de 12 anos en diante e que terá como motivo «WATER», un obradoiro de experimentación científica relacionado coa auga.

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30 h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30 h e ás 17:00 h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1 € para adultos e 0,5 € para menores de 14 anos.

Sábado 20
Este sábado día 20 de xullo a partires das 22:00 h celébrase unha nova edición de Noites no Castelo, un festival organizado dende a Concellería de Festas e Festexos Populares do Concello da Guarda e que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Xunta de Galicia e en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC e o Xacobeo 2021.

Nesta quinta edición contarase coas actuacións dos grupos de música Batuko Tabanka e Leilía, enchendo de boa música un ano máis este emblemático espazo da vila guardesa, declarado Ben de Interese Cultural(BIC).

O Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do calendario de verán do Concello da Guarda, pasando polo seu escenario grupos coma Ardentía, Milladoiro, a Banda Crebinsky, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, a cantante Mercedes Peón, a gaiteira Susana Seivane ou o grupo folk A Roda.

Doutra banda, o próximo sábado día 20 de xullo o Club de Tenis Codesal acollerá a 5º edición do Torneo 3×3 de Baloncesto Vila Da Guarda, organizado polo Baixo Miño Basket. Nesta edición, que dará comezo ás 10:00 h, o equipo guardés organiza unha xornada practicando baloncesto e gozando das instalacións do club de tenis na beira do Rio Miño contando coa participación dun total de 12 equipos do sur de Pontevedra, xogando a fase final pola tarde.

Tamén este sábado o Estadio Municipal da Sangriña acolle o X Torneo de Futbol 7 Vila da Guarda, que arrancará ás 15:30 h da tarde e que continuará na xornada do domingo.

Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

Domingo 21
Este domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais “O Buxeiro” organiza unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda. O punto de reunión será a Alameda da Guarda ás 8:00h da mañá, onde se repartirán guantes e bolsas e se explicará como será o funcionamento desta actividade, para a que non é preciso inscrición previa.

O Estadio Municipal da Sangriña acolle nesta xornada as finais do X Torneo de Futbol 7 Vila da Guarda en horario de mañá.

A partires das 17:00h da tarde deste domingo a carpa do Porto da Guarda acolle a celebración da Festa do Avó, evento no que participarán a Coral e o Grupo de Gaitas do Clube da Terceira Idade da Guarda, nun acto que estará presentado por Jesús García Villadóniga e no que se fará tamén unha homenaxe.