12.2 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasÉxito da campaña «Agresión Off» da Concellería de Igualdade no Rock in...

    Éxito da campaña «Agresión Off» da Concellería de Igualdade no Rock in Río Tea

    A concellería de Benestar Social e Igualdade do concello de Ponteareas valorou de xeito moi positivo a campaña «Agresión Off» que promoveu no parque da Feira Vella durante a celebración do «Rock in Rio Tea» esta pasada fin de semana. En colaboración coa organización, a concellaría que dirixe Verónica Carrera, instalou un punto de información no que se realizaron enquisas e se ofreceu información todo o relativo ás agresións sexuais co obxectivo de achegar a mensaxe da importancia de cultivar vínculos de respecto nas relacións.

    Durante os dous días repartíronse máis de 1.000 folletos, entregáronse 150 fotos polaroid cos correspondentes marcos coa imaxe e información da campaña, fixéronse máis de 100 novas enquisas que se suman ás realizadas durante as festas do Corpus de Ponteareas e difundíuse a campaña en redes socias sendo compartida polos grupos participantes.  Os e as informadoras repartiron, ademais, agasallos a todos e todas as que participaban compartindo a campaña nas súas redes sociais.

    Por iniciativa da concellería de Igualdade, educadores e informadores reactivaronse ao igual que o fixeron na festividade do Corpus para acadar un alto de nivel de información a traverso das enquisas pero tamén para concienciar a un máximo número de persoas.

    Nesta campaña tamén volveron participar activamente os negocios da hostalería ponteareá que expuxeron cartelería da campaña con mensaxes específicos tanto para homes como para mulleres.

    Verónica Carrera quixo agradecer “a implicación da organización” así como de todos os colectivos que amosan o seu apoio a estas iniciativas, agradecemento que fixo extensivo a concelleira aos “grupos de música do «Rock in Rio Tea» e, por suposto, “de todo o público que axudou a difundir a mensaxe de respecto e igualdade”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS