Sábado, 26 Xullo de 2025

O Concello continúa dando pasos para converter a praza de abastos nun mercado de excelencia

0

A obra acometerá melloras no solado do primeiro andar, concretamente procederase a substituír o actual solado por gres cerámico antibacteriano. Ademais realizarase o acondicionamento de dous postos, un anexo á terraza e outro máis no mesmo andar, de cara a abrir nos próximos meses un procedemento de presentación de ofertas para a adxudicación deses postos e outros do andar baixo que se atopan vacantes na actualidade. 

Con esta reforma na terraza preténdese habilitar unha zona de lecer das persoas que van á praza e, na que nun futuro, se podería complementar o uso cunha cafetería, despacho de pan ou similar.

Tralas obras levadas a cabo en anos anteriores (habilitación de prazas de aparcamento, mellora na accesibilidade ou saneamento), esta actuación vai dirixida a modernizar unhas instalacións municipais que actúan como dinamizadores da actividade comercial da vila.

Estas obras levaranse a cabo con achegas da Consellería de Medio Rural e da Deputación de Pontevedra.

Esta actuación será complementada cun proxecto de mellora estética para o cal se fará un concurso de ideas aberto a persoas vinculadas co interiorismo e a arquitectura.

O Concello de Salvaterra reúnese equipo directivo de Conservas Albo

Esta semana pasada a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, o 1º Tenente de Alcalde, Ernesto Groba e a Técnica en orientación laboral, mantiveron unha xuntanza có equipo directivo de Conservas Albo co gallo de ultimar os preparativos para o inicio das obras da construción da nave de dita empresa na PLISAN. Está previsto que as obras de construción das novas instalacións da conserveira comecen en breve e que estean rematadas a principios de 2022, co fin de por en funcionamento a que será unha das  maiores fábricas  e máis competitivas, despois de que a finais do mes de decembro se lle concedera, a través da Xunta de Goberno Local, a preceptiva licenza de obras.

A instalación efectiva de Albo suporá un pulo importante ao emprego en Salvaterra e na súa contorna e nese senso, marcarase unha liña de traballo coordinada e efectiva  entre o Concello e o departamento de recursos humanos da empresa que buscará dar resposta as demandas efectuadas pola multinacional a través do departamento de Orientación laboral do municipio, un servizo que o Equipo de Goberno puxo en funcionamento este ano e que cre que é esencial, neste momento máis ca nunca, co fin de xerar sinerxías e dar respostas as demandas reais dos seus veciños e veciñas e do propio tecido empresarial.

As persoas interesadas poderán pasar pola recepción do concello e solicitar cita previa para deixar o seu cv e ter unha entrevista coa Técnica en orientación.

Concluída a ampliación do aparcadoiro de Granitos que oferta máis de 130 prazas de estacionamento

O Concello de Ponteareas informa que concluíu os traballos de ampliación do aparcadoiro de Granitos de Galicia que agora oferta un total de 133 prazas de estacionamento. Durante esta semana procedeuse a instalar o peche perimetral metálico do aparcadoiro e ao pintado das prazas de aparcamento e zonas de circulación.

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, informou tamén da adxudicación dos traballos de acondicionamento do solar situado na rúa Sarmiento Rivera, fronte ao cuartel da Garda Civil. “Nos vindeiros días darán inicio os traballos que se prolongarán varias semanas. Neste caso, prevese que o novo aparcadoiro poda acoller unha cifra superior aos 200 vehículos”. Ademais, a vindeira semana abrirase tamén o novo aparcadoiro da rúa Alexandre Bóveda na esquina con Rúa Redondela, que conta con 33 prazas.

Roberto Mera salientou que “con estas actuacións avanzamos cara un modelo de vila no que se ofrecen amplos aparcadoiros céntricos dende os que en poucos minutos camiñando se pode chegar a calquera lugar”. Mera lembrou que “a nosa intención é reducir o tránsito de vehículos no centro e incrementar as zonas para camiñar e pasear, mellorando a calidade de vida, reducindo a contaminación acústica e atmosférica e facendo máis atractivo o entorno comercial da vila. Para isto son fundamentais os aparcadoiros coma o de Granitos de Galicia, Sarmiento Rivera ou Alexandre Bóveda”, con estas accións, ademais, avánzase nalgúns dos compromisos adquiridos no Pacto polo Clima e trabállase no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS 2030).

Por outra banda, e tamén con respecto ao estacionamento, Mera sinalou que na vindeira semana concluirán os traballos de soterramento da rede de calor e se recuperarán os aparcamentos da Avenida de Galicia e Carballos afectados polas obras.

Salceda licita os diferentes seguros municipais

O Concello de Salceda de Caselas ven de licitar os diferentes seguros municipais por un importe de 50.788,82 €, o que supón un aforro para as contas municipais de máis de 12.000 € anuais.

O proceso dividiuse en diversos lotes, nos que se inclúen 10 vehículos, 15 edificios municipais (ata o de agora eran 6 os que contaban con seguro), a responsabilidade civil, a responsabilidade patrimonial do persoal e a corporación, seguro de accidentes do voluntariado e seguro de saúde dunha parte do persoal funcionario con máis de 23 anos de antigüidade, sendo este último colectivo o que supón máis do 50% do total do orzamento de licitación. O Concello de Salceda de Caselas é unha das poucas entidades do País que mantivo a opción de seguro privado para o seu persoal funcionario unha vez desapareceu o MUNPAL no ano 1993, pois a maioría dos Concellos optaron por acoller á totalidade do seu persoal no réxime da Seguridade Social. No caso do Concello de Salceda, o persoal afectado puido escoller entre a sanidade privada ou a pública.

O proceso de licitación viuse facilitado pola adhesión do Concello de Salceda de Caselas á central de contratación da FEMP por acordo plenario adoptado por unanimidade, que a través do acordo marco para a prestación do servizo facilitou unha persoa intermediaria para analizar a situación de partida e deste xeito acadar as mellores condicións posibles, e que tamén se encargou da elaboración dos pregos técnicos e os informes pertinentes durante todo o proceso.

Lucía Pereira, concelleira de Facenda: “o proceso de licitación dos seguros iniciouse fai xa case un ano como unha das medidas incluídas no Plan Económico Financieiro, e mantivemos o proceso pese a que o PEF deixou de ser preciso unha vez que dende o Goberno Central se deixou sen efecto as regras fiscais para os anos 2020 e 2021, avanzando deste xeito na regularización dos diferentes servizos do Concello”.

Loli Castiñeira, alcaldesa: “O Concello de Salceda pretende deste xeito seguir a mellorar a súa situación económica e lograr unha maior optimización dos recursos municipais, para o que xa están en marcha outros procesos de licitación como os do servizo de axuda no fogar ou o servizo de limpeza dos edificios e instalacións municipais. Como cargos electos debemos responsabilizarnos da mellor xestión dos recursos públicos, e así o vimos facendo con procedementos como o que agora vimos de rematar”.

Banda deseñada e suspense, libros favoritos dos usuarios e usuarias das bibliotecas de Redondela no 2020

0

As Bibliotecas Municipais de Redondela, acudindo aos datos estatísticos proporcionados polo seu programa de xestión, fixeron pública a relación de obras máis prestadas durante o 2020, o ano do confinamento.

As que tiveron o privilexio de ser as máis reclamadas polos lectores das bibliotecas públicas do municipio foron as seguintes:

Na Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela, ocupou o primeiro  lugar nas preferencias dos lectores maiores de 14 anos o manga The promised Neverland seguido da novela de suspense Mujeres que no perdonan de Camilla Läckberg

Na Biblioteca Pública Municipal ‘Xela Arias’ de Chapela (Redondela) foi La retornada de Donatella Di Pietrantonio a que se impuxo, seguida de Terra Alta de Javier Cercas e Premio Planeta 2019.

As exitosas Reina Roja e Loba negra de Juan Gómez-Jurado tamén se atopan entre as máis requiridas polos lectores de ámbalas dúas bibliotecas.

Doutra banda, as e os menores de 14 anos tamén se decantaron pola banda deseñada tanto na biblioteca de Redondela, cos manga Naruto e Shaman King á cabeza; como na de Chapela con Dad do francés Nob e Sonríe de Raina Telgemeier

En lingua galega os libros máis solicitados polos lectores foron O último barco de Domingo Villar,  Beleza Vermella de Arantza Portabales e Un lume azul de Pedro Feijoo.

Dúas persoas foron evacuadas en Ponteareas con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta noite a dúas persoas que presentaban síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Ponteareas.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as nove da noite de onte nun domicilio situado no lugar da Costa Sequeiros. Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para comprobar o estado no que se atopaban os ocupantes da vivenda, pois presentaban síntomas compatibles cunha intoxicación, como son vómitos e mareos.

Co fin de determinar as causas e a orixe da acumulación de monóxido de carbono, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos membros do GES-Bombeiros de Ponteareas, quen, mediante as correspondentes medicións, confirmaron que a orixe estivo nunha estufa de gas butano.

Ademais, neste operativo, contouse coa colaboración dos axentes da Policía Local e a Garda Civil.

A APP móbil do Concello da Guarda rexistrou máis dun milleiro de incidencias

0

O Concello da Guarda, a través do departamento de novas tecnoloxías, implementou fai 5 anos unha APP móbil, dispoñible para dispositivos Android e IOS, que permite acceder dun xeito doado e simplificado a multitude de servizos e trámites que pode facer a cidadanía. 

Dende a súa posta en funcionamento xa foi descargada por máis de dous milleiros de usuarios, atendendo máis de 1000 incidencias, a maioría delas sobre mobiliario urbano, pavimentos e sumidoiros ou limpeza e xardinería. O sistema permite por en coñecemento incidencias e deste xeito son xestionadas dun xeito moito máis áxil polo persoal municipal.

A APP móbil do Concello da Guarda se pode descargar de xeito totalmente gratuíto dende o Google Play (Android) ou dende o APP store (IOS), unha vez instalada no dispositivo, conta con varias seccións con informacións de interese.

Entre as seccións dispoñibles permite coñecer as últimas novas, os eventos na axenda, as principais actividades, unha guía de empresas locais e outra de asociacións, avisos, rutas, directorio telefónico, horarios de servizos, información do tempo, entre outras. Arestora está pendente de actualizar os horarios dos autobuses entre A Guarda e Vigo, que debido á entrada en funcionamento da nova empresa concesionaria, van a  ter modificacións.

Unha das seccións que ten unha gran utilidade é a de Incidencias, permitindo aos usuarios  dar aviso de incidencias sobre mobiliario urbano, tráfico e senalética, lixo e residuos, pavimentos e sumidoiros, animais e pragas ou limpeza e xardinería, o usuario pode xeolocalizar nun mapa o lugar exacto da incidencia e explicar polo miúdo a descrición da incidencia en 3 sinxelos pasos. Unha vez rexistrada a mesma, e de xeito automatizado, o sistema envía este aviso ao departamento municipal encargado da súa xestión, o que permite a súa resolución á maior brevidade, dando un aviso cando a incidencia está resolta aos usuarios.

O sistema de avisos permite que a APP Móbil notifique aos usuarios cando xurda, por exemplo unha avaría de auga, ou avisos e alertas meteorolóxicas.

A APP Móbil do Concello da Guarda conta ademais cunha sección de Citas Previas, que permite xestionar a solicitude de citas para o SERGAS, a Seguridade Social, a ITV, renovación do DNI, portal do emprego de Galicia ou con Facenda.

A maiores a APP inclúe información sobre a historia e o patrimonio do municipio en galego, castelán, inglés e francés, así coma unha sección de Ocio, na que se inclúen informacións sobre Que ver?, onde durmir?, onde comer?, os museos ou as festas municipais.

Tamén se conta cunha sección de Rutas, onde aparecen as principais rutas dispoñibles no municipio, coma a Ruta da Desembocadura do Río Miño, Camiños do Trega… con mapas e informacións varias sobre distancias, desniveis ou dificultade de cada ruta.

Dende o Concello da Guarda se convida á cidadanía e visitantes a descargar e empregar esta ferramenta, de moita utilidade e con moitos recursos accesibles dun xeito doado dende un teléfono smartphone.

A APP móbil do Concello da Guarda foi mellorando dende a súa posta en marcha, incorporando novos recursos e funcionalidades, contando cunha valoración porparte dos usuarios de 5 de 5.

A alcaldesa obrigada a gardar corentena pola aparición dun positivo entre o persoal de confianza

A aparición dun positivo por Covid-19, aínda que asintomático, entre o persoal de confianza da Alcaldía do Porriño, obriga á propia alcaldesa, Eva García, e a outras persoas do seu equipo, a gardar corentena durante dez días, segundo establecen os protocolos.

De xeito que a axenda oficial para hoxe luns 18 cancelouse. A alcaldesa vese na obriga de suspender as reunións presenciais que ía manter hoxe. Unha delas con Andrés Fernández, conselleiro delegado do “Grupo Zendal”, que fabrica na factoría “Biofabri”, sita no Porriño, unha das vacinas contra a actual pandemia. A entrevista que se adía está relacionada cos plans de expansión desta firma no Porriño.

Tamén a alcaldesa porriñesa ten que aprazar a visita e reunión que ía manter co empresario Indalecio Cuevas, presidente da entidade urbanística de conservación do polígono da Granxa.

Sen embargo, a alcaldesa manterá parte da súa actividade a través de teletraballo.

Galicia supera xa os 13.000 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.252, deles 3.346 son da área da Coruña, 1.146 da de Lugo, 1.830 da de Ourense, 1.088 da de Pontevedra, 2.452 da área de Vigo, 2.341 da de Santiago, e 1.049 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 104 están en UCI, 635 en unidades de hospitalización e 12.513 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 62.523 persoas curadas, rexistrándose 1.512 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.250.540.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Mos estrea un novo portal dixital de emprego da Axencia de Colocación

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, informaron da creación do novo portal de emprego da Axencia de Colocación de Mos. “Unha ferramenta moderna e interactiva que conecta a empresas e demandantes de emprego para axilizar o proceso tanto de selección de persoal por parte das empresas como de inserción laboral por parte dos desempregados/as”, tal e como a describiron as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, e da que afirmaron sentirse “orgullosas” xa que “nestes íntres máis que nunca, dada a crise sanitaria da Covid-19, son fundamentais as ferramentas dixitais tanto no ámbito laboral como de selección de persoal e/ou búsqueda de emprego; se xa antes nos atopábamos inmersos na era dixital e tecnolóxica, as circunstancias da nova realidade fixeron que este tipo de ferramentas sexan imprescindibles. Polo que estamos satisfeitas desta iniciativa, de estar á vangarda das facilidades tecnolóxicas para demandantes e empresas, e de promover iniciativas que melloren a empregabilidade e a fagan máis áxil e sinxela”.

Deste xeito, no novo portal municipal da Axencia de Colocación, crúzanse as demandas curriculares para os postos vacantes cos perfís laborais dos demandantes, de xeito que o proceso de selección se fai un modo máis eficaz e eficiente.

A Axencia de Colocación de Mos, dispón deste novo portal de emprego, máis completo e máis áxil, desde o que todas as persoas que estean buscando emprego poden acceder a todas as ofertas de emprego e candidatarse a través do enderezo web https://mos.portalemp.com. As empresas que necesiten persoal, así mesmo, poden solicitalo a través deste portal no apartado destinado ás empresas.

O portal ademais terá información actualizada das accións formativas que se convoquen desde a Axencia de Colocación de Mos, e dispón dun apartado destinado a persoas emprendedoras con información actualizada.

Todas aquelas persoas ou empresas que queiran candidatarse a unha oferta, inscribirse nalgún curso, ou solicitar persoal, poden facelo desde o apartado “Inscribirse” e, ao acceder, apareceranlles tres apartados: Inscrición como demandante de emprego- Inscrición como empresa – Inscrición como alumno. Os interesados poden poñerse en contacto coa Axencia en caso de dúbidas no teléfono 986487786, ou no correo electrónico [email protected].

A Xunta apoia ás fereracións de confrarías de pescadores para impulsar a representación do sector e a súa competitividade

A Consellería do Mar colabora un ano máis coas catro federacións de confrarías de pescadores de Galicia -a galega e as provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra- para promover o seu papel de representación do sector pesqueiro a través das 63 entidades existentes na comunidade autónoma galega que contan con máis de 13.000 profesionais afiliados. Con ese obxectivo, as catro federacións beneficiaranse este ano de máis de 400.000 euros en axudas para afondar nas súas capacidades de organización e representación e mellorar a súa competitividade.

Desa cantidade, máis de 332.000 euros enmárcanse nos convenios asinados esta semana pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e os presidentes das federacións, un acto que estivo presidido pola conselleira do Mar, Rosa Quintana. Estes apoios teñen como obxectivo facer fronte a gastos correntes derivados do seu funcionamento, o que permite atender pagamentos relacionados coa contratación de persoal, arrendamentos ou reparacións, entre outros.

A estes acordos de colaboración súmanse outros que están en tramitación -materializaranse nos próximos meses- e dos que se benefician tamén as catro organizacións de confrarías para o desenvolvemento de accións que melloren a competitividade da actividade marítimo-pesqueira. Os 75.000 euros destinados a esta partida permiten apoiar accións como a organización de xornadas formativas e divulgativas de temas de interese para o sector e na mellora da tecnoloxía e a administración electrónica para facilitar a actividade das federacións.

Con estes apoios o Executivo galego busca afianzar a cogobernanza e a coxestión do medio mariño entre a Administración e o propio sector e poñer en valor o labor das federacións na representación e defensa dos intereses do sector marítimo-pesqueiro co obxectivo de impulsar a súa competitividade e a súa sustentabilidade. Neste sentido, a través deste tipo de colaboracións, a Consellería do Mar busca tamén recoñecer o importante traballo destas entidades no coidado dos recursos pesqueiros e marisqueiros e na defensa do futuro do sector.

Ponteareas executa o 45% dos fondos europeos e achégase aos 3 millóns de euros de investimentos

O goberno do BNG-PSOE de Ponteareas trasladou aos grupos da oposición o estado actual de execución da estratexia EDUSI nunha reunión na que o técnico responsable fixo balance dos proxectos executados e adiantou as próximas liñas a seguir.

Nestes intres, está en execución o 45% dos fondos europeos que suman un total de 2.809.562€ e contratado o 53% , investidos en facer posible o cambio en Ponteareas apostando por un claro rumbo cara un futuro sostíbel no que as persoas sexan as protagonistas na súa cidade. Como exemplo están as obras xa rematadas de mellora da eficiencia enerxética da biblioteca pública municipal, da escola infantil e do conservatorio municipal. Espazos e servizos fundamentais de grande afluencia de veciñanza.

Preto de tres millóns de euros que permiten que Ponteareas cumpra cos compromisos adquiridos: cidade respectuosa co medio ambiente, deseñada pór e para as persoas, que garanta a accesibilidade, que reduza a brecha dixital, que promova a economía circular e reduza as desigualdades sociais. O Concello ten ata o ano 2023 para desenvolver a totalidade da estratexia. 

“Os datos, as obras rematadas e a posta en marcha de moitos dos proxectos son bo exemplo de que a EDUSI de Ponteareas avanza a bo ritmo e cumpre cos obxectivos a pesar das críticas recibidas polo Partido Popular e do seu voto en contra de solicitar os fondos que semellaban  máis o desexo de que descarrilara a estratexia que o de ver medrar de xeito fructífero a súa cidade”, aclara o goberno.

Na reunión tamén se informou que se vén de pechar o proceso de selección dun técnico de xestión específico para a EDUSI. Cabe salientar que Ponteareas é un dos poucos concellos que conta con persoal propio e seleccionado para o desenvolvemento dos fondos de desenvolvemento rexional (FEDER) da Unión Europea cos que se materializa da estratexia de crecemento “Ponteareas, hábitat saudábel”.

Coas obras xa rematadas de eficiencia enerxética da Biblioteca Pública Municipal, do conservatorio público municipal e da escola pública infantil deixanse de emitir cada ano un mínimo de 100.434 quilos de CO2. Cen toneladas menos de contaminación atmosférica que, ademais, reafirman o noso Pacto polo Clima. Estas obras tamén ofrecen espazos máis confortábeis e mellores servizos públicos á cidadanía, ao tempo que conciencian sobre a importancia do cambio para acadar o equilibrio entre o benestar e a conservación do medio natural. Ao longo deste ano arrincarán proxectos como o centro de emprendemento e a rehabilitación do futuro edificio cívico que ampliará e mellorará os servizos ofrecidos á cidadanía, entre outras obras e plans contemplados na estratexia EDUSI que  contribuirán a revalorización da cidade.

A Xunta inviste na conservación do patrimonio galego e na modernización de inmobles históricos con potencial turístico en Mos

0

A Xunta aposta por poñer en valor o patrimonio da comunidade e considera unha obriga a súa conservación, sobre todo cando ese legado é tamén un valor estratéxico na economía galega, como é o caso do Pazo de Mos no que a Administración autonómica vén de investir 25.000 euros para o acondicionamento eléctrico do inmoble. 

A achega encádrase no Plan Estratéxico de Turismo de Galicia 2020, que ten como obxectivo consolidar a comunidade galega como destino competitivo. Nesa aposta por un turismo único e diferenciado, que potencia a Marca Galicia e que garante a seguridade para os seus visitantes, a Xunta colabora na modernización de espazos emblemáticos como o Pazo de Mos, potenciando así a súa adaptación ás necesidades do século XXI.

O Pazo de Mos non só é un edificio histórico do século XVII que se atopa nun enclave estratéxico do Camiño Portugués, senón que hoxe en día, xestionado pola Fundación Pazo de Mos, da que forman parte a asociación de veciños de Santa Baia de Mos e a Comunidade de Montes de Mos, é un referente de dinamización cultural e deportiva para a súa veciñanza e un exemplo de aproveitamento dun inmoble emblemático como destino turístico e albergue de peregrinos, tal e como puideron comprobar o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, na súa visita desta mañá ao inmoble acompañados polo presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, e o presidente da Comunidade de Montes de Mos, Manuel Barciela. O Pazo de Mos, localizado ao carón da antiga calzada romana que unía Bracara Augusta (a actual Braga) con Tui e Santiago a través do Camiño Portugués, é unha xoia do patrimonio galego que o ano pasado sumouse aos espazos singulares que obtiveron en Galicia a certificación Q de Calidade Turística, xunto coa contorna da Carballeira e Xardín Botánico de Caldas de Reis, da Fortaleza Salvaterra do Miño, do parque infantil Aldea dos Grobits (O Grove) e a Rede de Miradoiros de Sober.

A Xunta seguirá apoiando iniciativas similares para preservar o patrimonio histórico e adaptalo ás necesidades do século XXI.

Nigrán facilitará o emprego das prazas de aparcamento para discapacitados mediante unha novidosa aplicación móbil única en Galicia

0

O Concello de Nigrán dará un paso máis no seu proxecto ‘Un Nigrán para todos’ de eliminación de barreiras físicas e cognitivas facilitando o emprego das prazas de aparcamento habilitadas para persoas discapacitadas mediante unha novidosa aplicación móbil única en Galicia e que en España só funciona en Beasain (País Vasco). Así, o goberno  local consignará 9.500 € do vindeiro orzamento á instalación da tecnoloxía Parking Gapp, desenvolvida pola empresa galega Imagina Ingenio S.L, con longa traxectoria en solucións IOT, para monitorizar mediante sensores 30 prazas do casco urbano de Nigrán. O obxectivo é que o usuario coñeza en tempo real a través a aplicación móbil onde atopar unha praza para discapacitados libre e, ao mesmo tempo, a información obtida permitirá ao Concello xestionar a súa distribución de xeito eficiente en función da ocupación.

“O que buscamos é facilitar o seu uso ás persoas con problemas de mobilidade e, ao mesmo tempo, facer unha distribución acorde á verdadeira demanda de uso. Así, as modificaremos e aumentaremos en función da tasa de ocupación real. Paralelamente, permite reducir os tempos de desprazamento e contribúe con elo a reducir emisións contaminantes”, explica o alcalde, Juan González, quen se reuníu onte cos responsables da empresa radicada en Vigo para ultimar a súa adquisición.

Esta tecnoloxía gratuíta para o usuario funciona desde o ano pasado en Beasain (País Vasco) con gran éxito, sendo Nigrán o segundo municipio de España onde estará operativo durante 2021. “Beasain é un municipio de paso para moitas persoas e nese sentido a aplicación é moi interesante porque para o que  non coñece o lugar dá moita seguridade contar cunha app que ubica as prazas e te dirixe a elas de xeito sinxelo e intuitivo, así que en Nigrán será moi positivo non só para os seus veciños, se non para calquera persoas de fora”, explica Sergio Dávila, cofundador da empresa.

A monitorización das 30 prazas se realizará mediante a colocación de sensores sobre o asfalto que detectan se un vehículo está aparcado ou non, e o usuario obtén a información en tempo real a través da aplicación móbil gratuíta Parking Gapp. Esta tecnoloxía desenvolvida a través de redes Narrowband é empregada actualmente en moitas cidades para facilitar diferentes aspectos da vida cotiá dentro do concepto coñecido como ‘smart city’.

“Desde o Concello de Nigrán apostamos por todas aquelas novas tecnoloxías que facilitan á vida das persoas con diversidade funcional ou cognitiva para o seu uso público e gratuíto”, incide o alcalde, quen pon como  exemplo o caso dos semáforos do municipio, onde en 2016 se instalalaron  receptores bluetooth que permiten activar o sinal acústico cando se achega unha persoa invidente ou a adquisición nese mesmo ano por parte do Concello de dous bucles de inducción magnética que permiten unha transmisión máis nítida do son (fundamental para persoas con audífono). Máis recente é o caso da adquisición no 2019 das xa famosas 5 mochilas vibratorias para que as persoas xordas sintan a música, pioneiras en España para o uso público.

“Este é un paso máis no noso proxecto ‘Un Nigrán para todos’ que nos sitúa á vangarda de España nas políticas públicas de accesibilidade universal, polo que estamos moi orgullosos de continuar a ser un referente neste sentido”, resume o rexedor.

Evacuadas nai e filla con síntomas de intoxicación por inhalación de gases no Porriño

Os servizos sanitarios trasladaron a pasada medianoite a unha muller e a súa filla que presentaban síntomas de intoxicación por inhalación de gas ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos servizos de emerxencia que acudiron ao domicilio das afectadas, o suceso produciuse escasos minutos despois da medianoite, no concello pontevedrés do Porriño. Nese momento, os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiron a Rúa Doantes de Sangue para atender a dúas persoas con síntomas dunha posible intoxicación de gas.

Desde o 112 Galicia, informouse decontado aos Bombeiros de Porriño e aos axentes da Policía Local. Igualmente, avisouse á empresa que subministra o gas á vivenda e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, os bombeiros tras realizar as correspondentes medicións, indicaron que unha caldeira puido ser a causa do escape nocivo de gas e procederon a ventilar a vivenda.

A Escola de Letras continúa apoiando a creación literaria cunha ‘masterclass’ impartida por Ana R. Figueiredo

A Escola de Letras, que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha xunto á Editorial Galaxia no pasado mes de maio, continúa a súa andaina coa celebración, o próximo mércores 20 de xaneiro ás 19.00 horas, dunha ‘masterclass’ impartida pola escritora Anna R. Figueiredo. A sesión, que se realizará de xeito telemático, leva por título Escribir a primeira novela e está aberta a todas as persoas que queiran participar a través da seguinte ligazón de Google Meet: https://meet.google.com/wcw-tsps-ant.

A través desta proposta literaria a escritora conversará coas persoas participantes sobre a experiencia de escribir e publicar unha primeira novela. Anna R. FIgueiredoresponderá nesta clase ás preguntas que se adoita facer unha persoa nos seus comezos literarios a través de intervencións, imaxes e algún xogo relacionado coa literatura galega e a cultura audiovisual.

Anna Figueiredo (Ourense, 1979) é doutora en física pola Universidade de Sheffield e na actualidade imparte aulas de ciencias e tecnoloxía no ensino secundario. No eido literario compre destacar a publicación en 2018 da súa primeira novela, ‘Os bicos feridos’. Como escritora recibiu premios como o de Relato Curto de Mugardo (2014), o Quintal Literario (2014) ou o de Relato Curto Inspiraciencia (2014). Ademais, colaborou en revistas de banda deseñada coma ‘BOOM’ ou ‘BD Banda’.

SmartPeme pon en marcha esta semana outros catro obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o emprego de Instagram e da súa nova función Reels para a promoción empresarial, a impresión 3D e plataformas para a creación dunha tenda en liña.

En concreto, este martes 19 impartirase o obradoiro Reels: a nova función de Instagram, a cargo de LaraTaboada, titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. 

O mércores 20 será a quenda de Como utilizar Instagram para promover a túa empresa, que será impartido por Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresarias. 

Pola súa banda, o xoves 21, o experto universitario en Robótica Manuel Freire, impartirá Impresión 3D II: impresoras de filamento, dando continuidade ao obradoiro desenvolvido a semana pasada.

Por último, o venres 22, Laura  Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, falará sobre comercio electrónico no obradoiro Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña.

O Goberno local estuda cos servizos xurídicos do Concello as medidas a adoptar para poñer fin ao problema medioambiental provocado por Aucosa

0

Os servizos xurídicos do Concello de Redondela, trala reunión mantida coa alcaldesa Digna Rivas e co concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, estudan as actuacións a desenvolver para obrigar a que o organismo competente en materia ambiental, neste caso a Dirección Xeral de Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, “actúe e leve a cabo as medidas oportunas para o cese dos malos cheiros provocados pola empresa Aucosa”.

Na mañá do venres, a alcaldesa e o concelleiro de Medio Ambiente mantiñan unha reunión telemática coa directora xeral de Calidade Ambiental, Sagrario Pérez Castellanos, para buscar unha solución “urxente” ao problema dos malos cheiros provocados pola empresa Aucosa.

Na xuntanza –na que tamén participou unha representación dos veciños de Rande, Trasmañó e Chapela directamente afectados polo problema–, os representantes municipais deixaron constancia da imposibilidade de seguir alongando no tempo unha situación “que afecta directamente tanto á saúde como a calidade de vida das veciñas e veciños” e fixeron especial fincapé no incumprimento “reiterado” por parte da empresa, dos compromisos adquiridos tanto co Concello de Redondela coma coa propia Xunta de Galicia “de ter rematadas en novembro as obras das instalacións que puxeran fin aos malos cheiros”.

A maiores, a empresa asegurou que as obras serían rematadas no mes de decembro aproveitando que durante dúas semanas, por mor do Nadal, non habería actividade na planta “o que supuxo unha nova tomadura de pelo porque nin se avanzou nas obras nin se parou a actividade agravándose, aínda máis, os problemas dos malos cheiros”, sinalan Rivas e Villar.

O Concello lembrou que os continuos incumprimentos por parte da empresa dos compromisos acadados e os continuos informes da Concellería de Medio Ambiente baseados nas queixas veciñais, case que diarias, fixeron que a Dirección Xeral iniciase un expediente sancionador e ordenaba “prohibición temporal de admisión dos subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano”, é dicir prohibíase a admisión de materia prima solicitándose a colaboración do Concello de Redondela para facer efectiva dita medida. Sorprendentemente, unha semana despois, a propia Dirección Xeral deixaba sen efecto esa medida sen que o Concello tivera coñecemento algún do levantamento da suspensión temporal.

Un dos problemas máis graves, explica Roberto Villar, “e á incapacidade da empresa de manufacturar toda a materia prima que recibe e que queda almacenada durante días na explanada”. “Se xa cheira mal recen chegada ao tratarse de restos de peixe –explica o concelleiro–, non é moi difícil imaxinarse como cheira varios días despois”. De feito, subliña o Villar, o policía medioambiental do Concello deu constancia “que os malos cheiros chegaban xa ata Teis”.

Con estes antecedentes, o estudo das accións a seguir emprendido polos servizos xurídicos do Concello deixan clara a postura do Goberno redondelán “defender dos intereses da veciñanza, da súa calidade de vida e da súa saúde” polo que, afirma Digna Rivas, “adoptaremos todas aquelas medidas e recorreremos a todas as vías legais para poñer fin a un gravísimo problema medioambiental e a unha historia de constantes incumprimentos dos compromisos acadados por parte de Aucosa”.

Tanto Digna Rivas como Roberto Villar, aseguraron que durante moitos meses o Concello tentou chegar a acordos, buscar puntos de encontro y acadar compromisos para finalizar con este problema. “Agora é o momento de adoptar outras medidas e conseguir que os organismos competentes en materia medioambiental actúen e adopten as medidas oportunas para poñer fin, dunha vez por todas, a esta situación insostible”.

Final feliz para ‘Muti’ a cadela adoptada en Vigo trala súa recuperación no CAAN da Deputación

Seguen as boas noticias desde o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra. ‘Muti’, unha cadela mestiza de seis meses que fora recollida hai dous meses no Concello de Caldas nunha situación moi delicada e que foi recuperada no CAAN, acaba de atopar un novo fogar, sendo adoptada por unha familia de Vigo.

“Muti entrara no centro o 15 de novembro tras ser rescatada na parroquia de Godos do municipio caldense. Tiña unha fractura aberta nivel do cóbado esquerdo, con infección e miasis (debido a que levaba tempo coa lesión), amais de varias feridas repartidas por todo o corpo. Estaba chea de parasitos e moi delgada. Os veterinarios do CAAN tiveron que amputarlle a extremidade debido á gravidade da fractura. E despois puxeron a ‘Muti’ a tratamento, a desparasitaron e vacinaron.

‘Muti’ horas antes do saír do centro

Unha vez recuperada foi esterilizada e identificada con microchip, e esta mesma semana foi adoptada por unha familia de Vigo onde xa ten o seu novo fogar. Con ‘Muti’ son xa once os cans e cadelas do centro de acollida da Deputación que foron adoptadas no que vai deste primeiro mes do 2021.

Hai que lembrar que as adopcións no CAAN da Deputación son gratuítas e o persoal sempre asesora ás persoas interesadas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitar o centro como para formalizar as adopcións hai que solicitar cita previa no teléfono 986 140 360. Os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados.

Gondomar contará con dous novos transformadores para previr cortes na subministración eléctrica

0

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, mantivo unha reunión con responsables da compañía UFD, distribuidora do grupo Naturgy, para analizar os problemas rexistrados este Nadal en Gondomar, debido aos cortes de subministro eléctrico durante horas no municipio, así como a estudar futuras accións encamiñadas a buscar unha solución a estes problemas.

Na reunión o acalde, mostrou a súa preocupación polo acontecido este Nadal e trasladou o malestar xeneralizado dos afectados, en días tan sinalados e fríos, ao delegado provincial da distribuidora, Francisco Ramos, e ao xefe de operacións da Zona Sur, Marco A. Gelpi. No encontro tamén participou o presidente da Entidade de Morgadáns, Alfonso Misa, unha das parroquias máis afectadas pola falta de subministración eléctrica na Noiteboa.

Francisco Ramos, Delegado Provincial de UFD, Distribución e Eléctrica S.A, comprometeuse a atender as reclamacións presentadas, como consecuencia das deficiencias e cortes de subministración na cometida e tendido, así como a estudar e evitar en diante o ocorrido.

Para iso a compañía reforzará a potencia eléctrica en todo o municipio, instalando dous novos transformadores na parroquia de Peitieiros, concretamente nos barrios de Fonte e Peroleira, respectivamente. Desta maneira quedará garantida a subministración eléctrica en todo o termo municipal a curto e longo prazo.

Un dos transformadores será instalado neste primavera no barrio de Peroleira, ao contar coas autorizacións sectoriais preceptivas como a de Industria, e Patrimonio e á espera de presentar unha documentación no concello para a inmediata concesión da licenza municipal. O outro transformador situarase no barrio de Fonte, e está previsto entre en funcionamento a finais de ano.

Por outra banda, o rexedor requiriu do responsable provincial a necesidade de soterrar as liñas e retirar os tendidos aéreos en todo o centro urbano e no barrio da Pedra (Morgadáns) que será recuperado e dotado doutros servizos polo concello e Entidade, así como a reposición de postes e recolocación dos mesmos e reposición de tendidos que están en malas condicións e danadas por árbores, que tamén é necesario programar a súa talla ou poda para evitar futuros cortes da subministración en distintos lugares do municipio, concluíu o alcalde.

O pavimentado das zanxas da rede de calor porá fin o luns ás restricións nas rúas afectadas polas obras

A Concellaría de Mobilidade e Tráfico informou da realización o vindeiro luns dos traballos de pavimentado das zanxas abertas para a instalación da rede de calor. Con esta actuación, a rede viaria, afectada por estas obras nos últimos dous meses, voltará á normalidade recuperándose todos os sentidos de circulación e as prazas de estacionamento.

Para a realización destas obras de pavimentado restrinxirase o tráfico durante a xornada do luns do seguinte xeito:

  • Dende as 7:30 horas cortarase ao tráfico a rúa Carballos no tramo comprendido entre Avenida de Galicia e Castañal. A rúa reabrirase ao tráfico ao longo da mañá. Durante a duración do corte, os autobuses recollerán e deixarán aos viaxeiros na rúa Castañal.
  • A media mañá cortarase ao tráfico a Avenida de Galicia no tramo comprendido entre os Xulgados e o Paseo Matutino. Prevese a reapertura deste tramo antes das 14 horas.
  • A partires das 14 horas cortarase ao tráfico a rúa Vidales Tomé e Santa Ana. A previsión é que ao final da xornada estas dúas rúas queden tamén abertas ao tráfico de forma definitiva.

Ademais, ao longo do día pavimentarase tamén a rúa Domínguez Benavides.

Redondela segue sen noticias sobre a reforma da Avenida Mendiño dous meses despois de ter enviado a Xunta a documentación solicitada

0

Dous meses despois de que o Concello de Redondela emitira a retención de crédito solicitada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), o Goberno local segue sen ter noticia algunha sobre a sinatura do convenio que permitiría reformar esta importante zona do casco urbano, acceso obrigado á zona escolar, conservatorio, piscina municipal, pavillón da Marisma e Centro de Saúde.

No mes de novembro, a Xunta remitía un escrito ao concello no que advertía con dar por extinguido dito convenio se no prazo de quince días o Concello non facía efectiva a retención de crédito que figuraba no primeiro borrador.

Nun escrito “que obrigaba ao Concello a admitir unha proposta de convenio que non se axusta totalmente á normativa vixente” a Axencia Galega de Infraestruturas facía caso omiso do informe emitido polos servizos xurídicos municipais no que se pedía a corrección de determinados aspectos relacionados coas achegas que tería que facer o Concello.

“Logo de ameazar claramente ao Concello e de alarmar innecesariamente á veciñanza –afirma con rotundidade a alcaldesa Digna Rivas– demóstrase claramente que o Concello tiña feitos os deberes e que, por contra, os que non o tiñan feito era a Axencia Galega de Infraestruturas e por ende a Xunta de Galicia”.

Nun escrito asinado pola alcaldesa Digna Rivas no mes de novembro, comunicábase á AXI o “claro e inequívoco interese do Concello en continuar coa tramitación da sinatura do convenio de colaboración” e se solicitaba á Axencia que remitira “a proposta definitiva coas porcentaxes e anualidades que resulten da mesma para poder remitir a conformidade e o compromiso de crédito”. Dous meses despois, o Concello segue ten ter noticia algunha nunha actitude que o Goberno local considera “como unha burla a toda a veciñanza de Redondela”.

Nese sentido, Digna Rivas subliña que “a cidadanía de Redondela merece un respecto e, como alcaldesa de todas e todos sen ningún tipo de distinción, que se engane a veciñanza e que se intente terxiversar a verdade, é algo que non vou a consentir”.

Rivas lamenta que o PP de Redondela “que insistentemente pedía ao Goberno local que cumprira coa súa parte do acordo, non amose agora o mesmo empeño e urxencia para pedirlles aos seus compañeiros de Santiago que cumpran coa cidadanía de Redondela”.

Espera o Goberno local que o atraso na remisión da proposta de convenio, “débase única e exclusivamente a criterios ou dificultades técnicas e non a cuestións de índole política, feito que suporía outra falta de respecto ás veciñas e veciños deste municipio”, remata a alcaldesa de Redondela.

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas amplía o seu horario abrindo os sábados

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas dependente da Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, amplía o seu horario abrindo tamén os sábados pola mañá de 10:30 h a 13:30 h. Este novo horario coincide cos exames de xaneiro, desta forma os estudantes poderán preparalos máis e mellor.

Hai que ter en conta que a Biblioteca atópase, debido á pandemia, ao 50 % da súa capacidade e respectando todas as medidas de seguridade como o uso obrigatorio de máscaras, ventilación nas súas salas, utilización do xel hidroalcólico e a consabida distancia de seguridade.

Biblioteca Infantil

A Biblioteca de Ponteareas ofrece tres salas de estudo con 30 postos lectura, ademais dun catálogo de mais de 23.000 libros, servizos de microteca, hemeroteca e sala infantil.

Desta maneira o horario de apertura da biblioteca é de luns a venres de 09:00 h a 21:00 h de maneira ininterrompida e os sábados de 10:30 h a 13.30 h abrindo un total de 63 horas semanais o que a converte nunha das bibliotecas de Galicia cun horario máis amplo.

Redondela apúntase á calistenia e da resposta ás peticións da mocidade cunha instalación específica para esta disciplina deportiva

0

O Concello de Redondela iniciará, neste mes de xaneiro, a instalación dun parque de calistenia urbano, dando resposta deste xeito ás demandas realizadas por un grupo de mozos e mozas practicantes desta disciplina deportiva.

O parque instalarase na zona da Marisma –a carón da pista de skate e baloncesto, e zona frecuentadas pola mocidade do concello ao estar a carón da zona deportiva a dos institutos– e contará con máis de 100 metros cadrados nos que se instalará unha estrutura de aceiro galvanizado e coas medidas regulamentarias segundo a norma europea. A instalación contará amais cun panel informativo de guía para a realización dos distintos exercicios físicos.

O proxecto foi realizado polo Concello de Redondela en colaboración mozos afeccionados á calistenia de xeito que se adapte as necesidades das persoas practicantes. De cara a animar á mocidade a iniciarse nesta disciplina deportiva, a Concellería de Deportes, que dirixe Nacho González, ten previsto realizar unha xornadas divulgativas e de exhibición sobre este deporte.

A alcaldesa de Redondela chamaba a atención sobre a importancia “de dotar ao municipio de instalacións nos que a mocidade poida practicar deporte e fomentar estilos de vida sa”. “Unha vez miremos a demanda que ten esta primeira instalación, o Concello estará aberto a instalación de novos parques noutros puntos do Concello”, engadiu Digna Rivas.

A calistenia é unha disciplina deportiva que se basea na realización de exercicios utilizando o propio peso corporal, proporcionando unha mellora importante na resistencia e na forza muscular. Amais, ten a vantaxe de que non se necesita ningún percorrido previo para practicar xa que existen exercicios para principiantes ou con variacións que permiten que se inicien nesta disciplina persoas inexpertas.

Bouza de Miguel, un área recreativa para pasar un día de diversión en familia en Arbo

0

A Área recreativa Bouza de Miguel, situada nun lugar privilexiado desde donde se pode ver o rio Miño, atrae numerosas persoas deseosas de disfrutar da natureza e o aire libre, un lugar  donde os mais cativos poderán realizar todo tipo de atividades ao aire libre e os maiores relaxarse é disfrutar das vistas e a tranquilidade.   

O Concello de Arbo coa colaboración da Deputación provincial de Pontevedra acometia as obras de mellora no Parque Forestal “Bouza de Miguel”.

Esta actuacion supuxo unha inversion de 31.212,88 € e a  zona obxecto das obras esta situada no lugar de Bouza de Miguel, parroquia de Santa María de Arbo, pertencente ao concello de Arbo, provincia de Pontevedra  e remataron a passadas semanas.

A mellora do Parque Foresta de Bouza de Miguel, supón unha  mellora medioambiental e do uso público do parque Forestal, que permitira aos veciños e veciñas de Arbo unha zona de ocio e para os visitantes que durante o ano visitan Arbo, ter un motivo máis para achegarse a o noso Concello.  Así con este fin, no Convenio asinado coa CMVMC  establécese unha cesión mínima para o uso xeral de ditos terreos por cinco anos Informa o rexedor do Concello de Arbo, Horacio Gil Exposito.

O Concello de Arbo, asinou un convenio coa Comunidade de  Montes en Man Común de Arbo, por ser os propietarios dos terreos,  que permite a realización destas actuacións en solo veciñal.

Coa execución realizada preténdese acadar un múltiple obxectivo: a redución do risco de incendi, a mellora da diversidade florística do espazo mediante o uso de especies frondosas autóctonas e conversión de piñeirais en carballeira ou fraga e o uso público, mediante colocación e instalación de diversos elementos de características construtivas integradoras co espazo forestal no que se sitúa.

 Nesta segunda fase proxectouse un  novo espazo instalandose un punto de recollida de residuos sólidos, a construción dun Asadeiro, a colocación dunha Fonte, a creación dunha área de aparcadoiro e a Instalación dun Circuíto de Biosaúdables, de características construtivas que os fan integrables neste entorno forestal e a súa promoción coa elaboración de material audiovisual para a promoción do espazo Na primeira fase, foron entre outras a implantación de medidas fronte os incendios forestais, a plantación de arbores autóctonos, a eliminación das especies seucaliptus en faixas de defensa primaria, a instalación de elementos de xogo infantís (tirolina, tobongan con pendente, columpio adaptado a persoas con mobilidade reducida….) e a colocación de  paneis informativos, o parque Forestal Bouza de Miguel será un Área Recreativa para pasar un día de diversión en Familia – remata o alcalde.

Galicia, en plena escalada, acada hoxe os 11.666 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.666, deles 2.843 son da área da Coruña, 1.031 da de Lugo, 1.605 da de Ourense, 954 da de Pontevedra, 2.167 da área de Vigo, 2.157 da de Santiago, e 909 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 91 están en UCI, 506 en unidades de hospitalización e 11.069 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 61.853 persoas curadas, rexistrándose 1.499 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.232.152.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 49.768.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais

A Deputación inicia os trámites para a adxudicación do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada Sabarís-Belesar en Baiona

0

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación das obras de reposición do firme nos 6,3 quilómetros da EP – 2204 Sabarís – Belesar, no termo municipal de Baiona. Esta actuación, que conta cun orzamento de 541.310 euros, permitirá repor o firme da estrada, instalar redutores de velocidade para o acoutado do tráfico, modificar a sinalización vertical existente e renovar a horizontal.

Máis polo miúdo, no que atinxe ao aglomerado do viario, procederase ao saneamento dun tramo de 1.500 metros da estrada e renovarase a capa de rodadura nunha área de 34.500 metros cadrados. Desta superficie, en 13.500 metros executarase previamente un tratamento superficial, e nos outros 21.000 acometerase ao fresado.

Este proxecto, que constitúe unha actuación transformadora na mobilidade entre dúas parroquias moi importantes de Baiona, enmárcase no modelo de mobilidade amable, segura e sostible que desenvolve a Deputación provincial co obxectivo de garantir a accesibilidade viaria no conxunto da rede de estradas provinciais.

O Concello do Porriño creou un Servizo de Asesoramento a Emprendedores

O Concello do Porriño anuncia que puxo en marcha o Servizo de Asesoramento ao Emprendemento que comezará a funcionar a partir do vindeiro luns 18. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Emprego dirixida por David Alonso, con financiamento municipal e coa contribución da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego.

O servizo ofrece aos novos emprendedores do Porriño, un análise da viabilidade do plan de negocio; información para determinar a forma xurídica da empresa dado que cada proxecto conta cunhas características propias, e asesoramento laboral, fiscal e contable, segundo as obrigas de cada tipo de negocio.

Este Servizo de Asesoramento a Emprendedores tamaén facilitará axuda para os trámites telemáticos de constitución da empresa, a través do sistema de tramitación que ten a Dirección Xeral de Industria e Pemes da Xunta de Galicia mediante a utilización do Documento Electrónico Unico (DUE). E por último este novo Servizo de Asesoramento tamén axudará aos novos emprendedores a solicitar e tramitar axudas e subvencións da administración autonómica.

O novo Servizo de Asesoramento está ubicado no Multiusos de Torneiros, funconará en horario de 8 da mañá a 3 da tarde e con cita previa.

O Sergas reprograma cirurxías non urxentes co obxecto de garantir o número de camas necesarias para facer fronte á terceira onda da Covid

Como parte do Plan de continxencia fronte á pandemia da Covid-19, o Servizo Galego de Saúde está a aplicar, desde este luns, o aprazamento de determinados actos cirúrxicos que permitan demora. Trátase de cirurxía con ingreso complexas que poden requirir no post operatorio o uso de camas de críticos.

Desta maneira, aquelas intervencións cirúrxicas cuxa reprogramación non xera complicación algunha de tipo clínico na natureza médica da mesma, aprazaranse a días próximos co obxectivo de garantir a dispoñibilidade do número de camas que puidesen ser necesarias para enfrontarnos á terceira onda da pandemia. No momento actual, as áreas sanitarias que reprogramaron a súa actividade cirúrxica son as de Ferrol, Santiago e A Coruña. Nas áreas de Santiago e A Coruña os quirófanos reprogramados serán usados para facer procedementos de cirurxía maior ambulatoria, podendo aumentar incluso o número de pacientes operados.

O resto da actividade cirúrxica continuará desenvolvéndose con total normalidade, dando cobertura a todos os procesos cirúrxicos de natureza oncolóxica, a toda a cirurxía urxente, cirurxía ambulatoria e resto de procesos contemplados na Lei de garantías.

En Galicia, como no resto das comunidades autónomas, a situación derivada da pandemia causada pola covid, fixo que a actividade asistencial tivese que ser orientada á atención dos pacientes afectados por esta enfermidade. Desde o mes de maio do ano 2020, o Sergas estivo en proceso continuo de adaptación e reorganización do sistema sanitario no que respecta á súa actividade asistencial programada, en recursos humanos e recursos materiais definidos no Plan de reactivación asistencial no ámbito hospitalario.

O Sergas destaca o esforzo de todos os profesionais por conseguir, neste momento epidemiolóxico da pandemia mundial, que todos os pacientes que teñen asignado polo seu médico unha prioridade 1 para a súa intervención cirúrxica foi garantido en todo este período extraordinario de pandemia; e o mesmo pódese dicir para todos aqueles pacientes naquelas prestacións incluídas no decreto de tempos máximos. E así mesmo, por suposto, toda a actividade urxente.

Gonzalo Caballero propón un plan de rescate “para milleiros de negocios aos que se pon o candado”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu amosar hoxe a súa “man tendida” para “dialogar” e “cooperar” co goberno galego ante esta terceira vaga da covid, á vista da evolución que está tendo tanto no número de contaxios como na presión asistencial en Galicia.

“Estamos moi preocupados e tendemos a man para colaborar nos momentos difíciles”, subliñou Gonzalo Caballero nun encontro cos medios de comunicación, consciente de que goberno e oposición teñen que actuar “con corresponsabilidade” cando o que se trata é de “sacar adiante Galicia”.

Precisamente por iso, como explicou, o PSdeG non vai “entrar nun pimpampum” entorno ás restricións decididas pola Xunta, posto que só xeraría “máis confusión e máis tensión” nuns momentos que requiren o contrario, pero si seguirá nunha liña de “propostas” sobre as cuestións que requiren os galegos e as galegas.

Así pois, Gonzalo Caballero puxo o foco na necesidade de “protexer ás persoas” e, ao fío diso, indicou que a planificación económica e orzamentaria da Xunta para 2021 “xa se veu abaixo” ao non prever medidas suficientes para o “rescate” dos “milleiros de negocios” aos que o goberno galego vén de poñer “un candado”.

“Non existe ningún mecanismo para salvar e rescatar a tantos milleiros de negocios que se ven agora terriblemente afectados polas restricións á mobilidade e a interacción social”, incidiu o líder do PSdeG, quen fixo fincapé na necesidade de “replantear a programación económica” da Xunta cara eses sectores.

Ao respecto, recordou que o pasado ano a Xunta só deu 22 millóns de euros en axudas a autónomos e microempresas a pesares de que o goberno de España destinou a Galicia 224 millóns para a reactivación, e deixou claro que esa situación non pode repetise en 2021. “A Xunta non pode seguir ausente”, advertiu.

Sobre esta cuestión, Gonzalo Caballero criticou que o PP rexeitara esta semana a emenda do PSdeG para incrementar en 62 millóns de euros as axudas á hostalería e aos autónomos, e preguntouse “por que non hai xa en marcha un programa de protección para axudar aos negocios que están pechando”.

“Suspenso” en axudas

É máis, o máximo dirixente dos socialistas galegos sinalou ao goberno galego que “non pode tentar escudarse agora nas deputacións e nos concellos” para ocultar o seu “suspenso” en materia de axudas, porque as finanzas das entidades locais están “moi debilitadas” e “non recibiron fondos extra” a pesares de asumir “moitas” das competencias da Xunta neste tempo de covid.

En cambio, recordou, a facenda autonómica recibe do goberno de España para os orzamentos de 2021 máis de 1.100 millóns de euros extraordinarios procedentes tanto das arcas estatais como dos fondos comunitarios.

Así as cousas, ante unha primeira parte do ano que “vai ter moita complexidade”, Gonzalo Caballero requiriu á Xunta que “abandone a confrontación” co goberno de España e que traballe nas súas competencias, “fortalecendo” a atención primaria, “mellorando” o sistema de rastrexo do virus, “atendendo” aos sectores económicos afectados e “acelerando” a campaña de vacinación.

“Temos que protexer a saúde e salvar a economía”, profundou, e reclamou a Feijóo que “rectifique” á hora de afrontar esta crise “en clave de PP” no canto de buscar acordos cos grupos da oposición.

Plan de vacinación

Finalmente, o responsable do PSdeG destacou que as vacinas son “a mellor garantía” para protexer a saúde e o frear o deterioro económico e por iso pediu que “non se queden gardadas nos conxeladores do Sergas” senón que se poñan con “axilidade”.

“Que cada vacina recibida sexa unha vacina usada”, recalcou Gonzalo Caballero, antes de sinalar que “Feijóo sabe que se están distribuíndo en función dos criterios pactados no consello interterritorial de sanidade”.

“Feijóo xa errou cando dixo que non habería vacina ata o segundo trimestre do ano e dicía que programar a vacinación para principios de 2021 eran anuncios altisonantes do goberno. Agora ten que deixar a confrontación gratuíta”, recordou Gonzalo Caballero.

As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra esixen a Feijóo maior apoio á hostalería e comercio “tras nove meses de esforzo do mundo local sen ter recursos nin competencias”

As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra acordaron hoxe esixir ao presidente da Xunta de Galicia un maior apoio aos sectores máis afectados polos efectos da pandemia da Covid-19, coma a hostalaría e o comercio local, tras case un ano no que as administracións locais levan facendo un esforzo importante neste eido, a pesar de carecer de recursos e competencias.

Nunha videoconferencia na que participaron os presidentes e a presidenta das tres institucións provinciais, Valentín González Formoso, José Tomé e Carmela Silva, subliñaron que todas as deputacións e a maioría de concellos puxeron xa en marcha liñas de axudas para apoiar ao sectores produtivos mais afectados pola pandemia. A pesar de tratarse dunha competencia autonómica, o mundo municipal demostrou unha vez máis ser o máis cercano á cidadanía dando unha resposta moito antes que a Xunta de Galicia, que chega un ano tarde.

As tres administracións provinciais denuncian “a falta de liderado e a deslealdade institucional de Feijoo, que nunca deu resposta ás reiteradas peticións das deputacións para traballar e planificar axudas de forma conxunta”

Cómpre lembrar que estas axudas municipais e provinciais a sectores coma a hostalaría ou o pequeno comercio fixéronse con recursos propios, sen o apoio económico da Xunta, a pesar de tratarse dunha competencia autonómica e de que a Xunta de Galicia recibiu máis de 200 millóns de euros do Goberno de España para pór en marcha programas destas características.

As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra esixen ademais que a Xunta incremente o seu apoio a sectores coma o da hostalaría ou o pequeno comercio implantando bonificacións fiscais nos impostos de carácter autonómico que carga a estes sectores coma a o canon de tratamento de lixo de Sogama, o canon de augas ou o tramo autonómico de IRPF. As tres deputacións entenden que as entidades locais fixeron un importante esforzo bonificando ou suprimindo temporalmente taxas e impostos, mentres que a Xunta mantén a súa presión fiscal aos sectores máis afectados.

Valentín González, José Tomé e Carmela Silva coincidiron tamén en subliñar “a falta de respecto e lealdade institucional” da administración autonómica na forma en que se deu a coñecer o fondo de cooperación, sen pactalo previamente coas entidades locais, que xa teñen en marcha os seus propios plans para paliar os efectos económicos da pandemia. A cogobernanza que Feijoo pide ao Goberno de España non a aplica en Galicia.

Asemesmo, os titulares dos gobernos provinciais da Coruña, Lugo e a de Pontevedra dirixíronse desde o inicio da pandemia e en reiteradas ocasións ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, para solicitarlle que coordine as accións de apoio aos sectores máis afectados pola pandemia. Unha solicitude que o presidente da Xunta ignorou e que agora pretende impor sen falar sequera coas administracións locais.

As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra entenden que a Xunta debe asumir as súas competencias. Ten recursos para facelo e a colaboración do Goberno de España, que transferiu millóns de euros para apoiar ás autonomías na reactivación social e económica.

O PSOE de Tomiño pide que se lle dea voz aos comerciantes de Goián na peonalización da avenida Ordóñez

0

As concelleiras socialistas de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa presentaron no Pleno da Corporación unha moción sobre a peonalización da Avenida Ordóñez en Goián, unha obra que, segundo as concelleiras “provoca un grande rexeitamento entre o comercio de Goián e na veciñanza el xeral”.

Na súa proposta, as socialistas tomiñesas instaban, por unha banda, a que o equipo de Goberno abrira unha canle de diálogo cos comerciantes de cara a escoitar as súas propostas. Doutra banda, Violeta de Santiago e Mirta Misca pedían que se planificase e xestionase “a cohexistencia na accesibilidade” tanto peonil como con vehículo na Avenida Ordóñez “dun xeito racional e tendo en conta o día a día da localidade e das persoas que nela viven e traballan”.

Defenderon as concelleiras socialistas, entre outras cuestións, a posibilidade de que a zona se limite a 20 km/h dando prioridade a circulación a pé e permitindo a convivencia cos vehículos con limitacións e sen obstáculos de mobiliario urbano.

Outra posibilidade que os propios comerciantes expoñen é a peonalización en determinados horarios e/ ou nas fins de semana. En todo caso, as e os comerciantes deixaron ver o seu temor a que á actual crise epidemiolóxica súmese outra económica e social, do mesmo xeito que manifestaban o seu malestar polo comenzo das obras en plena campaña de Nadal para, días despois, quedar paralizadas.

O certo, sinala o PSOE tomiñés, é que o debate non foi posible dende o momento que o voceiro do BNG, ao inicio da súa intervención, manifestou a inamovible decisión do Goberno de non modificar o proxecto.

De nada serviu que Violeta de Santiago, como voceira socialista apelara ao consenso e a que “escoiten e atendan a xente e que interioricen que os pobos non pertencen aos gobernantes de turno. Pertencen ás veciñas e veciños e ao tecido comercial que é a garantía de prosperidade”.

Por último Violeta de Santiago lembroulle ao goberno nacionalista que esa rúa “é patrimonio inmaterial da vila ó ser o antigo ‘Camiño da barca’ o cal debería ser tido en conta, pois forma parte da identidade de Goián”.

Por outra banda, varios comerciantes do concello pediron ao grupo socialista que trasladara ao Goberno “o seu profundo malestar” polo que consideran “mala organización da Campaña de Nadal e concurso de escaparates”. Ao entender de moitos comerciantes, “faltou información” o que fixo que moitos comercios “non poideran adherirse”.

Aseguran que foi unha campaña anunciada con moi pouca antelación e, esa mala planificación, fixo que moitos “xa tiveran os seus escaparates diseñados ou decorados”. A maiores chaman a atención sobre o que consideran un “incumprimento das propias bases” ao permitir a participación a establecementos que, segundo esas mesmas bases, non poderían facelo e non permitindo a outros, con iguais características, a súa participación.

Para o PSOE, “a desigualdade provocada polo esquecemento, o illamento e o maltrato ás parroquias que son unha vez máis as grandes esquecidas nesta campaña, vén sendo recorrente”.

Finalmente e con respecto á decoración alternativa de Nadal instalada nas prazas do Seixo e da Mina, Mirta Misa e Violeta de Santiago alertaron que eses elementos foron utilizados nos xogos dos nenos e nenas sin ningunha medida de seguridade, nin control, nin desinfección o que contrasta co peche absoluto dos parques e pistas deportivas”.

A Deputación destina máis de 4 millóns de euros para que os concellos e entidades atendan ás persoas máis vulnerables

A Deputación de Pontevedra vén de converterse na primeira administración de Galicia en poñer a disposición dos concellos e entidades de ámbito social un investimento de 4 millóns de euros para que poidan facer fronte ás consecuencias que a Covid-19 ten para a poboación “e particularmente para a xente máis vulnerable”, como sinalou hoxe a presidenta Carmela Silva. Acompañada pola deputada de Política Social, Olga García, Silva anunciou que o citado investimento para 2021 “é o maior que fixo nunca esta institución provincial en política social” para que municipios e organizacións poidan cubrir as necesidades da poboación dentro do esforzo que están a facer “para que ninguén quede atrás e sufra a pandemia con maior exceso do que o sufrimos o conxunto da sociedade”.

“O compromiso desta administración co padecemento de xente foi sempre unha liña básica de actuación e coa Covid converteuse no centro”, destacou a presidenta, que fixo fincapé en que no 2020 se fixo un “enorme esforzo” por dotar de recursos extraordinarios aos concellos e colectivos “porque a Xunta non estaba nin se a esperaba”, e agora, no 2021 o investimento social axilízase e increméntase nun 3% “convertendo a política social centrada nas persoas, nun eixo absolutamente prioritario”.

Neste senso, anunciou que a Deputación está a adiantar todos os prazos destas actuacións en política social “porque ante a situación actual entendemos que debemos ser proactivas na loita contra as consecuencias da pandemia, na atención ás persoas dependentes e en promover a igualdade de oportunidades. Estas son as nosas metas. Queremos que os concellos, que son a administración máis próxima a veciñanza, e o tecido asociativo conten con recursos de xeito inmediato e áxil para dar respostas as necesidades sociais”.

Máis polo miúdo, a maior parte do citado orzamento, 2,5 millóns, corresponde ao Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para os 52 concellos de menos de 20.00o habitantes, que hoxe aprobou a Xunta de Goberno da Deputación e que acada un incremento do 5,3%.  O plan asigna 1,3 millóns de euros para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar nos domicilios por parte de persoal especializado e 1,2 millóns de euros para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios. A presidenta indicou que, como novidade, este ano os concellos poderán solicitar o adianto do 50%  do importe que lles corresponda do plan, “unha medida de axilidade para que lles cheguen recursos de forma inmediata”.

Amais, a Xunta de Goberno aprobou tamén hoxe as bases das subvencións por concorrencia ás entidades que traballan no ámbito social. Son case medio millón de euros (470.000) neste 2021, que serven, como indicou Carmela Silva, “para financiar actuacións dirixidas a colectivos que, polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas ou outras se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social, que ademais teñen aumentado moito nesta situación de pandemia global”. Neste caso, como novidade, increméntase o importe máximo que pode recibir cada proxecto, que o ano pasado era de 6.000 euros e agora de 7.000, “de xeito que poidan asumir o incremento de atender a máis persoas usuarias”. Entre outras actuacións, as entidades utilizan estas axudas para a promoción da autonomía persoal en persoas con diversas enfermidades ou incluso a facer fronte a reparto de alimentos.  

Doutra banda, xa teñen luz verde as axudas directas para proxectos de interese social, que ao aprobarse definitivamente o orzamento o pasado día 8 xa poden ser tramitadas. Desta forma axilízanse 372.000 euros que se repartirán entre 23 organizacións, entre elas Érguete, Cogami, Afapo, Afamp, Alborada, Afasal, Afamo, Xoga, Feafes, Arela ou Amencer-Aspace. Estas subvencións destínanse a programas que, entre outras actuacións, desenvolverán actividades de atención integral a persoas con diversidade funcional, estimulación da linguaxe, programas de inserción sociolaboral ou atención á infancia máis vulnerable en situación de emerxencia entre outros. “Polo tanto, trátase de recursos que hoxe son máis imprescindibles,  porque estas persoas son as que máis sofren as consecuencias da Covid-19”.

E o vindeiro luns, día 18 de xaneiro, publicaranse  no Boppo as bases para que os 52 concellos de menos de 20.000 habitantes poidan solicitar as Axudas Básicas de Emerxencia 2021, ás que este ano a Deputación destina 565.000 euros, un 17% que o ano pasado. “Tamén adiantamos os prazos  -explicou a presidenta- para que os Concellos poidan dispor canto antes deste investimento, e  ofrecemos a posibilidade de que obteñan por adiantado un 50% do importe fronte ao 35% que estaba contemplado con anterioridade á pandemia”. Neste caso, os concellos poden destinar estas axudas á atención das persoas en situación de vulnerabilidade para afrontar gastos de alimentación, vivenda, produtos farmacéuticos ou necesidades básicas. Como novidade, inclúese este ano na tipoloxía destas achegas a adquisición de roupa e calzado, así como a compra de produtos de protección contra a Covid, como máscaras ou xel hidroalcólico.

Reparado un tramo da estrada principal do Polígono das Gándaras

A alcaldesa, Eva García, informou hoxe que o Concello do Porriño está a planificar e desenvolver nestes primeiros días de 2021, unha serie de obras de mellora das infraestruturas viarias nos polígonos industriais.

Esta semana, a través do departamento de Vías e Obras dirixido por Lourdes Moure, acometeu e concluíu a reparación dun tramo da estrada principal do Polígono das Gándaras.  Esta é a sección que discorre fronte ás instalacións da empresa “Gestamp”.

O vial atopábase en moi mal estado, polo que foi necesario fresar e renovar o pavimento.  A reparación realizouse cos medios propios do Concello. Executouse esta semana unha vez que o persoal de Vías e Obras reincorporouse despois das vacacións de Nadal.

O Concello anuncia que acometerá en breve a reparación mediante obra nova das dúas rotondas do polígono da Granxa,  a cargo do departamento de Infraestruturas dirixido por Pedro Pereira.  A primeira que se arranxará será a rotonda da gasolineira que se acometerá cando se obteña a autorización do Ministerio de Transportes e Mobilidade.

No abeiro destas actuacións, o vindeiro luns 18, ás 12,30 horas, a alcaldesa Eva García manterá unha reunión de traballo con Indalecio Cuevas, presidente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono da Granxa.

II Foro de emprego Emprega Tui para promover o emprego e o emprendemento

0

Do 19 ao 21 de xaneiro vaise celebrar o II Foro de Emprego Emprega Tui. Está organizado polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui en colaboración con distintas entidades e empresas. Realizarase cun dobre obxectivo de achegar coñecemento e recursos sobre o mercado laboral ás persoas que están na procura de emprego e de achegar man de obra cualificada e formada ás empresas que procuran persoal.

O II Foro de Emprego ‘EMPREGA TUI’ amplía nesta segunda edición o seu programa triplicando o calendario de actividades previstas con respecto á primeira edición.

Debido a actual situación ocasionada pola pandemia terá lugar en formato virtual e presencial. Esta última modalidade, a presencial está limitada exclusivamente a un máximo de 30 persoas, dirixida a aquelas persoas que non dispoña dos medios para conectarse mediante dispositivos electrónicos. Igualmente terán preferencia na participación presencial os participantes do PIE. Poderase participar de forma virtual no Foro para o que será preciso realizar a inscrición de forma gratuíta.

O Foro Emprega Tui desenvolverase no antigo convento de San Domingos o martes 19, mércores 20 e xoves 21 de xaneiro de 9:30 a 13:30h.

O acto de apertura correrá a cargo da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez e do persoal técnico adscrito ao programa integrado de emprego e a clausura corresponderá ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

EMPREGA TUI contará coa presenza dun elenco de empresas de diversos sectores que aportaran aos asistentes coñecemento do mercado laboral, da demanda de emprego na nosa contorna, dos postos de traballo que se precisan cubrir a curto e medio prazo, de cales son as necesidades do sector, de como son os procesos de selección, das aptitudes, habilidades ou actitudes máis valoradas nas súas empresas e no mercado laboral en xeral, coa finalidade de proporcionar información útil ás persoas demandantes de emprego. Tamén se facilitarán os contactos e as vías para inscribirse nas súas ofertas de emprego. Así mesmo, exporán as necesidades e requisitos á hora de realizar unha contratación e as claves que axuden a superar os procesos de selección con éxito.

As empresas participantes nesta segunda edición do Foro son empresas de Tui e da contorna pertencentes aos sectores metalúrxico, loxístico, alimentación, comercio, consultoría de RR.HH ou emprendedores valentes que asumiron a difícil tarefa de emprender en tempos de pandemia.

Ademáis da participación das 15 empresas, o Foro conta cun completo programa composto por 6 webinares impartidos por referentes no mundo da xestión das persoas que pretenden aportar ferramentas e recursos na mellora da empregabilidade dos participantes.

Cada xornada terán lugar dous webinarios. O martes 19 o primeiro correrá a cargo de Daniel Gomez sobre “Como aumentar a miña empregabilidade”. Este webinario axudará a que os participantes reflexionen sobre como está cambiando o mercado do emprego e coñecerán estratexias que poderían axudarlos a ter máis opcións de conseguir traballo. O segundo webinario previsto o martes será “Mindset para novos tempos: instalando o teu antivirus mental” con Raquel Pedrouso. Os participantes coñecerán o Mindset como filosofía de crecemento persoal e profesional, incorporando ao seu día a día mentalidades abertas apreciativas cara un mesmo e o entorno que nos rodea.

O mércores 20 terá lugar o webinario de Raquel Rodriguez “Descobre os teus recursos”. O Talante é a mestura do talento e cómo decides actuar con el, é como facer a mellor xogada coas cartas que temos; é que facemos coas nosas experiencias e como as utilizamos ao noso favor e non en contra; é afrontar a vida e non enfrontala. E posterioremente “Sectores emerxentes para o emprego e o autoemprego” por Mario Weitz, economista, profesor e consultor; foi conselleiro delegado do Fondo Monetario Internacional e actualmente é consultor do Banco Mundial e profesor de escolas de negocios como ESIC e IESIDE.

O xoves 21 abordarase o emprendemento con Anabel Diaz de IDAE consultores no webinario “Emprender en tempos de adversidade”, que achegará consellos a ter en conta á hora de emprender un negocio en momentos de adversidade coma os que vivimos actualmente. Estes consellos axudarán a dar os primeiros pasos do autoemprego con máis seguridade. E por último “Portugal: unha porta ao emprego” por Elisa Gonzalez, técnica do Eures Transfronterizo (Servizos de Emprego Europeos) que facilitará información sobre oportunidades de emprego e condicións de vida e traballo no Espazo Económico Europeo.

Compre destacar a participación o xoves 21 de Daniel Lorenzo, responsable do departamento de Marketing, Comunicación, RSC e Innovación do Centro Comercial Vialia de Vigo que están actualmente en fase de recrutamento para cubrir os 1500 postos de traballo que precisa a posta en marcha do novo centro comercial de Vigo e que ofrecerán asesoramento para a inscrición no portal de emprego de VIALIA.

As persoas interesadas en participar en Emprega Tui, ben de forma presencial ou virtual, deberán inscribirse de forma gratuíta no correo [email protected], nos teléfonos: 670 24 56 33 e 986 60 16 51, por whatsapp no 663 83 92 68, ou persoalmente no segundo andar Centro Municipal de Formación Municipal do Concello de Tui en Guillarei en horario de 9 a 14 horas.

A concelleira de Formación do Concello de Tui, Ana Nuñez, destaca que “estas xornadas son unha experiencia moi positiva que facilitan a inserción laboral xa que axudan a conectar directamente cos responsables de RRHH ou xerentes dalgunhas empresas relevantes de diversos sectores profesionais e permiten achegar coñecemento sobre os procesos de selección e ofertas de emprego as persoas desempregadas aumentando as súas oportunidades de emprego”.

Coa realización deste II foro, o Concello de Tui continua a demostrar o seu compromiso co emprego, traballando por achegar oportunidades de emprego ao territorio e servindo de vínculo para facilitar o contacto entre as persoas desempregadas e as empresas da nosa contorna.

Dende a Concellería de Formación e Emprego faise un chamamento a todas as persoas en busca activa de emprego, así como a todas as empresas que estean a procurar persoal a empregar o servizo municipal de “Orientación” e a “Bolsa de emprego”. Estes servizos establecidos no Centro Municipal de Formación en Guillarei están a disposición das empresas e das persoas desempregadas empadroadas no Concello de Tui que están a procurar emprego. Para os mesmos pódese solicitar cita previa no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 986 60 32 28.

Galicia deseña xa a loxística para vacinar contra a Covid-19 ao resto do persoal sanitario, aos grandes dependentes e a segunda dose nas residencias

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou onte que Galicia está a deseñar xa a loxística para vacinar contra a Covid-19 ao resto do persoal sanitario, ao persoal sociosanitario dos centros de día e do SAF, así como aos grandes dependentes, ademais de para administrar a segunda dose nas residencias.

Tras a reunión do Consello da Xunta, Feijóo precisou que xa se administrou a vacina no 94% das residencias de maiores de Galicia —521 das 556 que hai en total— e subliñou que a Comunidade administrou ata onte un total de 33.351 vacinas entre os usuarios e o persoal destes centros.

Así mesmo, confirmou que practicamente de inmediato, unha vez se cumpran os 21 días previstos entre dose e dose, comezarase coa segunda rolda de vacinación, coa previsión de administrar o vindeiro domingo día 17 a segunda dose na residencia Porta do Camiño de Santiago de Compostela, a mesma na que si iniciou o plan o 27 de decembro. Empezarase ás 08,00 horas coa mesma persoa coa que se iniciou a administración da primeira dose.

O obxectivo, segundo adiantou Feijóo, é completar “en tres semanas, entre finais deste mes e os primeiros días de febreiro”, a vacinación de todas as residencias, exceptuando aquelas nas que está a haber gromos.

Feijóo salientou que está preparado un equipo formado por 2.200 profesionais, dos que polo momento están a vacinar 200 ao non haber doses suficientes, “un dispositivo que está moi lonxe de acadar as posibilidades máximas de dispensación”, dixo. “Agora imos recibir 1.800 doses de Moderna, que se suman ás 18.000 que recibimos cada luns de Pfizer e polo tanto estaremos nunhas 20.000 á semana”, abundou.

A continuación, o presidente do Goberno galego salientou que onte comezou con normalidade a vacinación do segundo grupo prioritario, o persoal sanitario, con algo máis de 6.000 profesionais vacinados. “E hoxe o obxectivo é chegar a outras 7.500, co fin de chegar aos 20.000 esta semana”, avanzou, precisando que se trata de persoal de urxencias, críticos, oncohematoloxía, HADO, unidades covid, diálise, microbioloxía e 061, entre outros.

“Facémolo cun criterio: o 30% do persoal destas áreas e por rigoroso orde alfabético. Pode ser discutible, pero é un criterio obxectivo”, incidiu o presidente da Xunta, engadindo que tamén se está vacinando aos profesionais de Atención Primaria.

Por último, sinalou que as Consellerías de Sanidade e Política Social xa están a estudar os protocolos das seguintes fases da vacinación. “Os profesionais sanitarios dos servizos que non están na primeira liña e o persoal sociosanitario dos centros de día e do Servizo de Atención ao Fogar (SAF) serán a seguinte liña de actuación”, explicou, detallando que esta fase realizarase a partir do 10 ou 12 de febreiro, mentres a seguinte, a dos grandes dependentes, será a partir de principios do mes de marzo.

A Guarda reclama ás administracións fondos de urxencia para paliar o impacto económico negativo da pandemia

0

Hoxe día 15 de xaneiro celebrouse no concello da Guarda unha reunión de portavoces para valorar as novas medidas restritivas adoptadas pola Xunta e o seu impacto económico, sobre todo no sector da hostalería. Na reunión os portavoces concluíron que a situación, tralas medidas acordadas pola Xunta de Galicia, supón un grave prexuízo económico para un sector de gran importancia para a localidade. 

Os grupos da corporación acordaron reclamar a todas as administracións, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Goberno Central, que tomen medidas de urxencia e habiliten fondos para compensar o impacto negativo das medidas sanitarias que se están adoptando.

Do mesmo xeito, a corporación traslada á Xunta a necesidade de que Portos de Galicia non cobre as terrazas da súa competencia mentres duren as limitacións de aforos. A determinación de non cobrar as terrazas foi unha das medidas de carácter económico que adoptou o concello dende o inicio da pandemia.

Tomiño rexeita o proxecto eólico da Serra da Groba

0

A corporación municipal do Concello de Tomiño aprobou no pleno municipal celebrado esta semana unha moción de rexeitamento do proxecto de parque eólico promovido pola Xunta de Galicia na Serra da Groba. Contou co voto a favor dos grupos municipais do BNG e o PSOE e a abstención do PP.

O proxecto supón a construción dun total de 44 aeroxeneradores e 4 subestacións de transformación e transporte, coa súa correspondente infraestrutura asociada (vieiros de acceso e servizo, plataformas de montaxe, gabias do  cableado, subestación transformadora, edificio de control e unha torre meteorolóxica).

A proposta denuncia diante da Xunta de Galicia o modelo opaco seguido na adxudicación e tramitación dos parques eólicos que afectan ao espazo natural, esixindo á Consellería de Industria a paralización dos proxectos en marcha e a modificación da normativa que os regula. Reivindica tamén a necesidade de que no proceso se teñan en conta tamén as decisións tomadas polas Comunidades de Montes afectadas.

Máis de 60 colectivos sociais, veciñais e ambientais mostraron xa a súa oposición a este proxecto. Os asinantes recalcan que apostan polo uso de enerías limpas e renovables como a eólica, pero que a súa ubicación e construción debe ser compatible tanto co entorno como co uso multifuncional do monte, a fin de procurar o menor impacto medioambiental posible. Denuncian que o proceso de tramitación dos proxectos prioriza os intereses das empresas adxudicatarias por enriba dos valores medioambientais e dos dereitos e intereses dos propietarios afectados, sinalando ademais da inexistencia dun proceso de concorrencia competitiva na adxudicación dos mesmos.

Tamén destacan que a lei deixa aos propietarios dos terreos nunha situación de indefensión, empurrándoos a aceptar a proposta económica da empresa adxudicataria se non queren enfrontarse a un expediente de expropiación, ao que se suma o feito de que dependen tamén desta empresa a realización dos estudos de impacto ambiental, con total ausencia de contrapartidas sociais que mitiguen o impacto xerado polos parques.

Galicia rexistra un total de 10.864 casos activos por coronavirus, 649 máis que no día de onte

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.864 deles 2.635 son da área da Coruña, 992 da de Lugo, 1.459 da de Ourense, 907 da de Pontevedra, 1.994 da área de Vigo, 2.081 da de Santiago, e 796 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 90 están en UCI, 505 en unidades de hospitalización e 10.269 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 61.326 persoas curadas, rexistrándose 1.485 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.222.020.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 44.014.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais. Nesta ligazón pode consultarse a situación dos centros escolares de Galicia.

Nigrán apela á solidariedade da veciñanza para recibir doazóns de roupa de cama e tallas grandes para o roupeiro municipal

0

O Concello de Nigrán apela á solidariedade da veciñanza para solicitar a doazón de roupa de cama e tallas grandes en bo estado para o Roupeiro Municipal nun momento de especial necesidade ante a crise económica derivada da situación sanitaria e a ola de frío.

O voluntariado, despois destas semanas de gran reparto debido ás temperaturas xélidas, detecta á necesidade de recibir máis roupa de cama de todo tipo (sábanas, mantas, edredóns, nórdicos) e prendas de tallas grandes (masculinas e femininas, desde calzado a abrigos, pantalóns…).

O Roupeiro (situado na rúa Paradellas, ao carón do IES Val Miñor) abre os mércores e xoves de 10:00 a 12:30 horas (os venres de 16:30 a 18:00 mediante cita previa no 986383081) cun protocolo Covid-19 que garante a máxima seguridade na entrega e recepción de doazóns.