As Bibliotecas Municipais de Redondela, acudindo aos datos estatísticos proporcionados polo seu programa de xestión, fixeron pública a relación de obras máis prestadas durante o 2020, o ano do confinamento.
As que tiveron o privilexio de ser as máis reclamadas polos lectores das bibliotecas públicas do municipio foron as seguintes:
Na Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela, ocupou o primeiro lugar nas preferencias dos lectores maiores de 14 anos o manga The promised Neverland seguido da novela de suspense Mujeres que no perdonan de Camilla Läckberg
Na Biblioteca Pública Municipal ‘Xela Arias’ de Chapela (Redondela) foi La retornada de Donatella Di Pietrantonio a que se impuxo, seguida de Terra Alta de Javier Cercas e Premio Planeta 2019.
As exitosas Reina Roja e Loba negra de Juan Gómez-Jurado tamén se atopan entre as máis requiridas polos lectores de ámbalas dúas bibliotecas.
Doutra banda, as e os menores de 14 anos tamén se decantaron pola banda deseñada tanto na biblioteca de Redondela, cos manga Naruto e Shaman King á cabeza; como na de Chapela con Dad do francés Nob e Sonríe de Raina Telgemeier
En lingua galega os libros máis solicitados polos lectores foron O último barco de Domingo Villar, Beleza Vermella de Arantza Portabales e Un lume azul de Pedro Feijoo.