12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeLouriñaMosMos estrea un novo portal dixital de emprego da Axencia de Colocación

    Mos estrea un novo portal dixital de emprego da Axencia de Colocación

    Conecta directamente a empresas e demandantes de emprego axilizando e facilitando o proceso de selección de persoal

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, informaron da creación do novo portal de emprego da Axencia de Colocación de Mos. “Unha ferramenta moderna e interactiva que conecta a empresas e demandantes de emprego para axilizar o proceso tanto de selección de persoal por parte das empresas como de inserción laboral por parte dos desempregados/as”, tal e como a describiron as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, e da que afirmaron sentirse “orgullosas” xa que “nestes íntres máis que nunca, dada a crise sanitaria da Covid-19, son fundamentais as ferramentas dixitais tanto no ámbito laboral como de selección de persoal e/ou búsqueda de emprego; se xa antes nos atopábamos inmersos na era dixital e tecnolóxica, as circunstancias da nova realidade fixeron que este tipo de ferramentas sexan imprescindibles. Polo que estamos satisfeitas desta iniciativa, de estar á vangarda das facilidades tecnolóxicas para demandantes e empresas, e de promover iniciativas que melloren a empregabilidade e a fagan máis áxil e sinxela”.

    Deste xeito, no novo portal municipal da Axencia de Colocación, crúzanse as demandas curriculares para os postos vacantes cos perfís laborais dos demandantes, de xeito que o proceso de selección se fai un modo máis eficaz e eficiente.

    A Axencia de Colocación de Mos, dispón deste novo portal de emprego, máis completo e máis áxil, desde o que todas as persoas que estean buscando emprego poden acceder a todas as ofertas de emprego e candidatarse a través do enderezo web https://mos.portalemp.com. As empresas que necesiten persoal, así mesmo, poden solicitalo a través deste portal no apartado destinado ás empresas.

    O portal ademais terá información actualizada das accións formativas que se convoquen desde a Axencia de Colocación de Mos, e dispón dun apartado destinado a persoas emprendedoras con información actualizada.

    Todas aquelas persoas ou empresas que queiran candidatarse a unha oferta, inscribirse nalgún curso, ou solicitar persoal, poden facelo desde o apartado “Inscribirse” e, ao acceder, apareceranlles tres apartados: Inscrición como demandante de emprego- Inscrición como empresa – Inscrición como alumno. Os interesados poden poñerse en contacto coa Axencia en caso de dúbidas no teléfono 986487786, ou no correo electrónico info@axenciadecolocacionmos.es.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS