Venres, 19 Setembro de 2025

Nigrán dispón dun novo camión 4×4 para optimizar os traballos do departamento de Vías e Obras

0

O Concello de Nigrán traballa xa cun novo camión 4×4 e de dous eixos que permite optimizar as tarefas do departamento de Vías e Obras, xa que dispuña ata agora de outros dous de menor dimensión e moi anticuados tras décadas sen renovarse. O vehículo en cuestión é un Iveco Eurocargo adquirido por 82.667 € a cargo do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

Posterioremente, cun investimento de 140.000 € a cargo do Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra, foi equipado cunha carrocería que inclúe caixa basculante, grúa elevable ata os 14 metros con control remoto, cesta homologada con capacidade para o traballo de dúas persoas e culler bivalba para a escavación.

En total, dispón dunha Masa Máxima Autorizada de 14,950 kg. Estas características, especialmente a grúa e a cesta, permiten desenvolver tarefas ata agora moi complexas de xeito sinxelo e con moita máis eficacia e rapidez.

Uns 200 ciclistas danse cita este sábado 5 de xuño no XV Trofeo Montes do Rosal

0

A Praza do Calvario será este sábado 5 de xuño o punto de partida dos preto de 200 ciclistas que participarán no XV Trofeo Montes do Rosal, unha proba organizada polo Club Ciclista do Rosal en colaboración co Concello, a Federación Ciclismo Galego, a Fundación Deporte Galego, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, e que conta co patrocinio de outras entidades e empresas.

A proba sairá ás 16.00 horas da Praza do Calvario e percorrerá a rúa Simón do Mazo, a estrada da Morraceira, o Camiño de Gandarela, a estrada de Santa Ana e a rúa Jesús Noia para volver á praza do Calvario. A cita congregará a participantes de varios clubs de ciclismo galegos que competirán nas categorías Promesas, Principiantes, Alevíns, Infantís, Cadetes e Juniors, todas con categoría masculina e feminina. Dada a situación sanitaria, será unha proba sen público e con todas as medidas de prevención para garantir a seguridade de todas as persoas.

Esta nova edición do Trofeo Montes do Rosal foi presentada no Concello coa alcaldesa, Ánxela Fernández, que estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Germán Fernández; Daniel Benavides, xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia; Jacobo Ucha, seleccionador e técnico da Federación Galega de Ciclismo; Gerardo Álvarez, presidente do club ciclista O Rosal; Eva Lomba, vicepresidenta do club, e Ramón Villar, secretario.

Dende o Concello quere felicitarse ao Club Ciclista O Rosal pola organización deste trofeo e pola celebración este 2021 do seu 40 aniversario, “catro décadas de dedicación e loita polo ciclismo e polo deporte de base”. Concello e Club Ciclista tamén queren agradecer a inestimable colaboración da veciñanza na celebración desta proba deportiva.

Un documental das “traídas de augas” abre a Semana do Medio Ambiente de Tomiño

0

A estrea do documental “Da nosa man. As traídas de auga de Tomiño”, marca mañá o comezo dos actos organizados polo Concello, baixo o lema Tomiño Natural, para conmemorar o Día Internacional do Medio Ambiente.

Ás 20.30h a cinta será subida ao Facebook do Concello, e no Auditorio de Goián terá lugar a presentación do traballo ás directivas das traídas, con acceso restrinxido. O acto contará coa presencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do presidente de COXAPO (Asociación de Traídas de Augas de Pontevedra), Juan Joaquín Pousa.

O vídeo, no que participaron unhas 25 persoas relacionadas coas comunidades de augas veciñais, amosa a historia das chamadas traídas de auga de Tomiño, da man dalgunhas das persoas que as fixeron posibles a partir dos ’70, desenvolvendo un traballo heroico; exemplo da boa xestión comunitaria dun ben común sen axuda, daquela, das administracións.

O traballo pretende ser unha homenaxe do Concello á xestión veciñal en man común da auga das 36 comunidades de augas existentes na actualidade en Tomiño, e das que se sirve máis dun terzo dos seus habitantes.

As Concellerías de Medio Ambiente e de Servizos Públicos, uníronse para a organización desta primeira Semana do Medio Ambiente, vertebrada polo impulso da compostaxe como forma de reducir os residuos e pola mellora integral das augas.

Por outra banda, a partir de hoxe e até o día 6, pode visitarse no primeiro andar do Mercado Municipal a exposición das obras presentadas ao concurso “Como ves ti as árbores senlleiras de Tomiño?”. A mostra reúne unha escolma de relatos e outras obras artísticas (pinturas, colaxes, etc.) nas diferentes categorías convocadas (benxamín, xuvenil e persoas adultas).

Resto de actividades programadas

O xoves 3 de xuño haberá dúas actividades principais. Ás 17.00 horas, plantación de árbores autóctonas a cargo do Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas”, e ás 20.30h no Facebook do Concello, “Conversa sobre alternativas para o tratamento e depuración das augas”, coa alcaldesa; o enxeñeiro experto en enerxías renovables e tratamento de augas residuais, José Luis Peraza, e a xefa de servizo de Aqualia en Tomiño, Marián Lago.

O programa continúa o venres 4 de xuño con outra conversa a través das redes do Concello (Facebook); neste día falarán sobre a compostaxe Ana Belén Casaleiro, concelleira de Medio Ambiente; Carlos Pérez, químico asesor de residuos da Deputación de Pontevedra, e Sandra Alonso, mestra composteira.

O sábado 5 de xuño será o día grande da Semana, coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente. Na Praza do Seixo haberá xogos e talleres infantís (de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00h) a cargo da Granxa Escola Corazón de Carballo, cunha temática vinculada ao Medio Ambiente e a riqueza natural de Tomiño. Sorpresas e agasallos relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade para as persoas que se acheguen.

Ademais, ás 12.00h efectuarase a entrega de premios do concurso “Como ves ti as árbores senlleiras de Tomiño?”.

Por último, dende o mércores 2 de xuño até o sábado 5, haberá na Praza do Seixo un posto de información sobre compostaxe e reciclaxe, a cargo da Asociación Ecoloxista Amigos da Terra, con horario de tarde, de 18.00 a 20.00 horas, excepto o mércores que tamén estará de mañá. En Goián o posto informativo estará o día 3, entre as 11.00 e as 13.00 horas, coincidindo co mercadiño ambulante. 

‘Famtrip’ polo territorio do Miño para convertilo nun destino ‘top’ de natureza e patrimonio

Conseguir que o Río Miño sexa coñecido como un ‘destino TOP’ de natureza e patrimonio entre as persoas viaxeiras. Ese é o obxectivo da ‘famtrip’ organizada polo AECT Río Miño e na que durante esta semana participarán representantes de maioristas, axencias de viaxes, ‘influencers’ e bloggers especializadas na promoción turística.

A ‘famtrip’ –explica o vicedirector do AECT Uxío Benítez- pretende familiarizar e atraer aos operadores turísticos achegándoos a cada rincón do territorio miñoto para que vivan a experiencia de coñecelo como persoas viaxeiras, en primeira persoa, e despois poidan ofrecelo a persoas que buscan experiencias coincidentes.

A presentación do Miño transfronteirizo a ‘influencers’ organizada polo AECT durará toda a semana. No día de hoxe as actividades estiveron dirixidas a un grupo de xornalistas, influencers e bloggers moi activos e dunha grande experiencia tanto en medios estatais como internacionais. É o caso de Alberto Ribas, coñecido como ‘Alvientooo’, finalista en diferentes premios estatais de ‘influencers de turismo; Daniel Keral, responsable de ‘Un viaje creativo’,unha web que recibiu o Premio Internacional de Comunicación Turística en 2017 como mellor blog de revelación de viaxes; Eva Abal, encargada de ‘Una idea de viaje’ e colaboradora de diferentes revistas e na páxina ‘Hostelworld’; ou os representantes do suplemento de viaxes Fugas do Diario Público de Portugal.

A xornada foi do máis intensa e comezou cunha visita á Bienal de Vilanova de Cerveira, para despois realizar un paseo en barco eléctrico polo río Miño observando a fortaleza de Goián e o Castelo de Cerveira, coñecer a historia da zona arraiana, así como a flora e fauna que existe no río, e presentando a rede de 400 quilómetros de sendeiros verdes.

Despois continuou por unha visita guiada aos Muíños do Folón e Picón no Rosal, onde tamén se fixo fincapé no patrimonio inmaterial; visitouse a adega e viñedos de Terras Gauda cun aperitivo de produtos locais para dar a coñecer a gastronomía da zona; subiuse ao Monte Santa Trega cun guía oficial; visitáronse ás redeiras de Atalaia en A Guarda que traballan para dignificar e regularizar o seu oficio; e, finalmente, fíxose un traxecto pola ecovía de Camiña en bicicleta ata a praia e unha cea no coñecido restaurante da ‘Casa das Velhas’.

No día de mañá comezará o ‘famtrip’ para as operadoras maioristas e axencias de viaxes, das que hai representacións de Andalucía, Cataluña, Lisboa e Porto, Braga, Galiza e incluso algunhas de ámbito internacional que nestes momentos de COVID-19 buscan redeseñar a súa oferta cara o mercado de destinos de proximidade. Entre elas hai especialización en produtos non masificados, de calidade e a medida, alternativos, con aloxamentos especiais, ou de viaxes de natureza, e dirixidos a públicos de mercado europeo, principalmente Francia, Alemania, Suíza, Holanda, Bélxica ou Austria.

Neste caso, as visitas prolongaranse entre o mércores e o venres, incluíndo tamén algunhas recepcións institucionais nos concellos da zona e percorridos polos municipios anteriores e tamén por Valença, Tui, Arbo, Monçao.

O ‘famtrip’ está organizado polo AECT Rio Minho como un fito de promoción do destino e a marca Rio Minho co obxectivo de desenvolver o produto turístico transfronteirizo baseado no patrimonio natural e cultural dentro do proxecto de preservación e valorización do territorio ‘Visit Rio Minho’, que baixo o lema ‘Un río, dous países, grandes experiencias’, está financiado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

O conservatorio de Gondomar despide o ano académico cun concerto dos seus alumnos

0

Os mozos e mozas do último curso do Conservatorio Elemental de Gondomar participarán nun concerto que se desenvolverá este mércores 02 de xuño na Praza Paradela a partir das 19.00 horas. No caso de que o tempo non o permita trasladarase a súa actuación ao Auditorio Municipal Lois Tobío onde só poderán acceder como público as familias do alumnado, atendendo a normativa establecida de aforo nos espazos interiores.

A ilusión e as ganas que non faltaron ao longo e complicado ano académico no conservatorio poñeranse en escena este mércores co concerto no que participarán os 14 alumnos e alumnas do último ano. Despídense do Conservatorio e faranno coa súa actuación maila do coro e as agrupacións de ventos e cordas, cun repertorio variado no que se inclúen pezas de Schumann, Satie, Baermann, Mendelsson ou J. Williams, entre outros.

Os responsables do centro recoñecen que foi un ano duro no que tiveron que afacerse á “nova normalidade” imposta pola pandemia da covid19, adaptando as aulas e as clases ás normas e aforo que se ían marcando polas autoridades “sen que iso supuxera para nós e o alumnado ningun traballo para seguir adiante coas mesmas ganas e forzas de sempre, facendo o que máis nos gusta”.

O Conservatorio Elemental de Música de Gondomar contou este ano con preto dun centenar de alumnos matriculados nalgunha das seis especialidades instrumentais que nel imparte un equipo integrado por cinco profesores. Con preto de 40 anos de vida, marcou os seus inicios impartindo clases de piano como filial do conservatorio de Vigo, ampliando posteriormente a súa oferta como centro propio e formando moitos músicos e músicas da comarca do Val Miñor e do sur de Pontevedra ao longo da súa historia.

Once persoas desempregadas iniciaron hoxe traballos de roza e limpeza de camiños e estradas de Redondela

0

Hoxe martes, 1 de xuño, comezaron o seu traballo as brigadas encargadas dos labores de roza nos camiños e estradas de titularidade municipal de Redondela. Por primeira vez, serán 11 persoas en situación de desemprego e contratadas a través do Plan Concellos, os que realicen estes traballos que habitualmente eran encargados a unha empresa.

Os traballos de roza, explica o concelleiro de Vías e Obras, Vicente Lamas, serán desenvolvidos tres brigadas compostas, cada unha delas, por dúas persoas con maquina desgrozadora a pe e dous operaios/as de limpeza de cunetas e recollida de maleza.

Os equipos contarán tamén co reforzo de dous tractores de rozado en altura. Cómpre salientar que, para evitar a acumulación de restos da roza, contarase con dous Dumper mecanizados para a recollida de ditos restos que serán transportados, diariamente, ao lugar de xestión. Todas as persoas participantes recibiron, con anterioridade, un curso sobre prevención de riscos laborais.

O feito de que sexan veciñas e veciños en situación de desemprego o que se encarguen dos traballos de roza, permiten ao Goberno local acadar dous obxectivos. “Por unha banda –explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas,– axilízase a contratación e ofrécese un respiro ás veciñas e veciños que están en situación de desemprego e por outra, optimizamos o servizo de limpeza e rozado das vías e camiños municipais”.

A maiores das brigadas de limpeza, e unha vez que rematen os traballos en todas as parroquias do municipio, manterase o denominado retén de mantemento que correrá a cargo dunha empresa. Esta iniciativa, posta en marcha con éxito o pasado ano “permite unha vez rematadas as labores de roza das brigadas contratadas, este equipo de mantemento actúe o resto do ano onde alí o aconsellen as circunstancias e, dese xeito, manter limpos os camiños e cunetas”.

O Concello de Ponteareas felicita á SD Juvenil e ao CDC Areas pola súa clasificación para a fase de ascenso a Terceira

O concelleiro de Deportes de Ponteareas, Miguel Bouzó, vén de trasladar os parabéns do goberno local á SD Juvenil de Ponteareas e ao CD Cultural Areas tras clasificárense ambos equipos para disputar a fase de ascenso a Terceira División. Lográrono ao rematar a primeira fase da competición en primeiro e segundo lugar, respectivamente, no subgrupo B do grupo sur da Preferente Galicia.

[su_image_carousel source=”media: 38039,38041″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Ambos clubs disputarán agora un único partido fronte a cada un dos catro equipos clasificados dos subgrupos A e C nunha segunda fase mediante o sistema de liga. Lograrán o ascenso os dous equipos que queden á fronte desta clasificación.

O edil de Deportes destacou “o bo momento polo que está pasando o fútbol ponteareán”, así como “a importancia de que ambos clubs lograsen esta clasificación para a fase de ascenso como revulsivo para a reactivación deportiva nun ano complicado por mor da pandemia”. Así mesmo, Bouzó trasladoulle os mellores desexos a ambos clubs para afrontar estes catro partidos de fase de ascenso, que lle dan a opción a Ponteareas de situarse como unha referencia no fútbol galego.

A ‘Epic Race’ volve esta semana dobrando a inscrición e con ciclistas de España, Portugal e Suiza

Todo listo para a celebración durante esta fin de semana da quinta edición da Epic Race, a proba afeccionada de bicicleta todo terreo que, ao chegar a esta quinta edición, tense convertido xa non só nunha referencia deportiva, senón nun escaparate turístico da provincia de Pontevedra. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou hoxe o evento acompañada de Josevi Cimadevila, director da empresa organizadora (Global DXT) e os alcaldes de Moraña, José Cela; Portas, Ricardo Martínez, e Mondariz, Xosé Emilio Barros; así como os concelleiros de Pontevedra, Marcos Rey, e da Lama, Daniel Vidal.

A quinta edición deste desafío ciclista conta un ano máis coa Deputación como principal patrocinador. Un total de 400 ciclistas chegados dende diferentes puntos de España e cunha altísima participación portuguesa tomará a saída este sábado. Este récord de participación, que dobra as cifras anteriores, está integrado por deportistas non só de Galicia e Portugal, senón tamén de Andalucía, Asturias, País Vasco, Madrid, Navarra, Canarias, Cantabria, Castela-León e Estremadura. Os ciclistas portugueses, que son este ano case 50, proceden de tódalas rexións do país e mesmo fixéronse dúas inscricións dende Suíza. O prazo está pechado dende hai un mes.

Catrocentos participantes percorrendo 14 concellos da provincia e o territorio dun cento de comunidades de montes

Carmela Silva destacou que a Epic Race, que percorrerá ata 14 concellos da provincia e o territorio xestionado por un centenar de comunidades de montes, encaixa á perfección no modelo de turismo sostible que defende a Deputación ao aglutinar deporte, cultura e natureza nunha contorna de gran beleza paisaxística. A presidenta recalcou os valores naturais dunha proba baseada no contacto directo con “paisaxes que son unha marabilla” e definiuna como “a posta en valor dun territorio que é un paraíso, e un paraíso que tamén está no interior, non só na costa”. Un evento no que o deporte, a cultura e natureza van da man. Ademais adiantou que a filosofía da Epic Race encaixa á perfección cos proxectos que está a financiar a Unión Europea cos fondos Nex Generation: “Europa entende que o deporte xera economía e atrae persoas aos territorios”.

A presidenta da Deputación amosouse abraiada polas cifras de inscrición da Epic Race, que comezou en 2017, froito da colaboración entre Global DXT e a Deputación, con 100 participantes. Xa nos dous últimos anos alcanzou as 200 inscricións e este ano logrou dobrar “e isto non queda aquí!”. Tras valorar o incremento constante na inscrición feminina explicou que, dende o principio dixo que esta proba ía crecer de xeito espectacular “e acertamos, tanto a empresa, como os concellos e a Deputación”. Diante desta evolución en só cinco anos avogou por fixarse como obxectivo converter á “Epic” na mellor proba do calendario BTT afeccionado de España: “esa é a nosa ambición!”

Silva fixo un recoñecemento “moi sentido” á empresa organizadora á que cualificou como “valente” por non terse botado atrás coas dificultades derivadas da pandemia, nin o ano pasado nin neste, mentres moitas probas deportivas do calendario eran e son suspendidas. Ademais tamén puxo en valor a colaboración da Deputación dos concellos: “somos a provincia onde hai unha maior ligazón dos concellos coa Administración provincial, que está ao seu servizo e este proxecto é un dos moitos que sacamos adiante conxuntamente”.

Josevi Cimadevila recalcou o esforzo por garantir a proba, cumprindo o protocolo antiCOVID da Federación Galega de Ciclismo e incorporando medidas propias. A organización realizará un test de antíxenos a tódolos participantes, obrigará a utilizar máscara nas estacións de paso e, ademais, embolsará tódolos avituallamentos. Destacou que a Epic Race pasa polos termos municipais de Pontevedra, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Mondariz, Pazos de Borbén, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Barro, Portas, Caldas e Moraña. Coincidiu con Carmela Silva no avance na participación feminina e destacou que este ano serán 75 os ciclistas que afrontarán a proba de 300 Km en solitario e outros 180 os que pedalearán individualmente os 200 Km.

Daniel Vidal, concelleiro de A Lama, agradeceu a oportunidade para a promoción turística do seu concello e tamén o valor deste tipo de probas para animar ás comunidades de montes a manter en bo estado as pistas e sendeiros que usan os ciclistas. José Cela, alcalde de Moraña, dixo que unha proba como a Epic Race, “salvando as diferencias porque é unha dura proba deportiva”, é un aliciente para apostar pola bicicleta como medio de transporte. Ricardo Martínez, alcalde de Portas, recalcou a importancia de promocionar o deporte en tempos de COVID. Finalmente, o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, agradeceu o esforzo da Deputación e a empresa organizadora por crear esta proba “e aínda máis por mantela” e agradeceu a visión por “xerar visitantes á nosa contorna natural, entre ela espazos de Rede Natura como as beiras do río Tea”.

A carreira estrutúrase en dúas distancias: A Epic Race 300 acumula un desnivel de 8.500 metros, mentres que a Epic Race 200 suma 5.500 metros de desnivel nos seus 200 Km. Ámbalas dúas teñen formato non stop e tempos límite de 28 horas e 19 horas respectivamente. Hai categorías masculinas e femininas tanto en individual como en parellas ou equipos. A proba está dividida en 7 etapas coa estación de paso ao remate de cada unha: Pontevedra-A Lama, A Lama-Mondariz, Mondariz-Mos, Mos-Pontevedra, Pontevedra-Portas, Portas-Moraña e Moraña-Pontevedra, que serven para realizar os avituallamentos e facer os controis de paso cos xeolocalizadores. No caso dos equipos serven para a entrega da testemuña. O percorrido non está sinalizado, polo que faise con navegación GPS. A meta e chegada está na avenida de Montero Ríos pontevedresa, fronte ao Pazo Provincial.

Daniel Pazó e Patricia Noia, vencen no Trail Desafío Oia 2021

O paraxe espectacular dos montes de Oia acolleron esta pasada fin de semana, o VII Trail Desafío Oia que, a diferenza de anos anteriores, e por motivos relacionados co Covid, modificou o seu formato e mirouse na obriga de prescindir da da andaina e do maratón. A proba, polo tanto, cinguiuse ás modalidades de 12 quilómetros e 21 quilómetros.

O evento organizado polo Club Marqués de Vizhoja-Cornelios contou cun límite de 200 participantes por categoría respectando todos os protocolos deportivos e recomendacións da propia Federación Galega de Montañismo, así como as establecidas polos demais organismos deportivos.

Para acadar ese nivel de seguridade, a saída tivo lugar escalonadamente, saíndo un grupo de 8 corredores/as cada 30segundos dende O Mosteiro de Santa María de Oia.

[su_image_carousel source=”media: 38047,38048,38049,38050,38051,38053,38054,38055,38056,38057,38058,38059,38060,38061,38062,38063,38064,38065″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Ás 09: 00 horas tomaban a saída as e os participantes no Trail de 21 km. Este ano o percorrido modificouse respecto a edicións anteriores. Así, os e as corredoras debían baixar ao río, un cambio que foi moi ben acollido entre todos os participantes dadas as altas temperaturas que houbo o domingo.

  • Podio 21 quilómetros masculino
    1. Daniel Pazó-Giráldez (Club Atletismo Baiona)
    2. Federico Losada Conde
    3. Chema Quitián Agrafojo
  • Podio 21 quilómetros feminino
    1. Patricia Noya Rodríguez (Club Tribu Trail)

Ás 10:00 horas tomaban a saída as e os atletas participantes no mini-trail de 12 quilómetros, saída que tamén se fixo de forma escalonada. Por diante un percorrido que comparten cos demais corredores ata chegar ao km 10 onde esta distancia retoma o camiño de meta.

  • Podio 12 quilómetros masculino
    1. Adrián Sousa Domínguez (Objetico Trail)
    2. Antonio Groba Pérez
    3. Víctor Amneiro Freire
  • Podio 12 quilómetros feminino
    1. Natalia Sierpes Pereira (Club Tribu Trail)

Por motivos de seguridade sanitaria e respectando as recomendacións Covid, este ano non se realizou entrega de premios nin pódium dos campións das diferentes categorías.

O Club Cornelios quixo agradecer a todos os participantes e inscritos “o seu interese por non faltar á nosa emblemática cita” ao mesmo tempo que piden comprensión “cos pequenos erros pero todo vai sobre a marcha, xa que cada día os protocolos van cambiando e organizar eventos desta magnitude é complicado”. Nestes casos, salienta o Club Cornelios, “é fundamental a seguridade sanitaria dos nosos participantes e colaboradores do Club”.

Éxito da primeira proba de ‘Orienta Aventura’ na contorna de Monte Castelo en Parada, Nigrán

0

O Concello de Nigrán, coa colaboración da Comunidade de Montes de Parada, celebrou este domingo con gran éxito a súa primeira proba de ‘Orienta Aventura’ na contorna de Monte Castelo (Parada). Un total de 150 persoas divididas por equipos de 2 a 5 persoas en dúas categorías –’Explorers’ só para maiores de 12 anos e ‘Pequenos castores’ para grupos con algún menor de 12– percorreu durante dúas horas e media o monte na procura de puntos escondidos en balizas coa única axuda dun mapa.

A competición, deseñada pola empresa especializada Territorio Comanche, incluíu diversas probas de coñecemento ou de habilidades ou mesmo a recollida de plásticos, todo puntuable e non obligatorio ao plantexar cada equipo a súa propia estratexia para optimizar puntos no tempo máximo outorgado.

[su_image_carousel source=”media: 38026,38025,38024″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Ante a avalancha de solicitudes e ao estar restrinxida a 150 persoas, o Concello organizará outras dúas máis para dar cabida ás 300 primeiras que quedaran na lista de agarda.

“O resultado foi marabilloso porque estaba dirixida a todo tipo de público, había moitas familias e un ambiente moi amigable, así que repetiremos e en máis parroquias. Con esta proba innovadora cumplimos o obxectivo de por en valor a zona dun xeito seguro, saudable e participativo”, incide o alcalde, Juan González.

Os tres primeiros clasificados resultaron ‘Os Incríbles’, ‘Los Superhéroes’ e ‘Los Fantásticos’ en categoría Pequenos Castores e ‘Morcegos’, ‘Polo Cheiro’ e ‘Deportivo de Tapitas’ en Explorers.

Tomiño licita a explotación da cafetería do Espazo Fortaleza por un período de dous anos

0

O Concello de Tomiño vén de sacar por segunda vez a licitación a explotación da cafetería do Espazo Fortaleza de Goián. Trátase dun espazo equipado convenientemente cun canon base de licitación fixado en 1.210,00 euros (IVE incluído) para un prazo de aluguer de 2 anos.

A convocatoria completa pode consultarse no Perfil do Contratante da páxina web ou nesta ligazón e o prazo para a presentación de ofertas permanecerá aberto ata o día 11 de xuño.

Para resolver dúbidas ou obter máis información, pódese chamar ao Concello de Tomiño no 986 62 20 01/03 e contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.

Ponteareas acollerá por primeira vez un Campionato de España de hóckey a patíns

O pavillón do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas acollerá do 24 ao 27 de xuño o campionato de España de hóckey a patíns na categoría sub 17 feminina. Trátase da primeira competición de ámbito estatal desta modalidade que se celebrará na vila do Corpus.

O Comité Nacional de Hóckey sobre Patíns da Real Federación Española de Patinaxe proclamou Ponteareas como sede deste evento, que estará organizado polo Hockey Club Ponteareas, a Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Ponteareas. Conta ademáis este importante evento deportivo co patrocinio institucional da Xunta de Galicia e do Consello Superior de Deportes a través da propia Federación Española de Patinaxe, así como co de entidades privadas.

Na presentación do campionato de España, xunto a membros do club, participaron o delegado provincial de deportes da Xunta, Daniel Benavides, e concelleiro de Deportes ponteareán, Miguel Bouzó. O edil sinalou que “é un orgullo para Ponteareas contar cun evento deportivo destas características, que sitúa á nosa vila no punto de mira deste deporte ao tempo que contribúe á súa recuperación en Ponteareas”

Así mesmo, Bouzó puxo en valor “as sinerxías que xeran actividades como esta, que constitúen unha reactivación deportiva ao tempo que contribúen á reactivación económica local, dado que nos catros días que se desenvolve a competición, as deportistas e as súas familias fan vida na nosa vila, consumen no noso comercio e na nosa hostalaría e visitan recursos turísticos da nosa localidade”.

O concelleiro de Deportes quixo agradecer ao club “o esforzo realizado ao longo de todo o ano para a potenciación e a recuperación deste deporte sobre patíns, que foi tan destacado en Ponteareas no século pasado”. Así mesmo, sinalou que esa labor “foi fundamental para lograr ser sede dun Campionato de España”.

“É un campionato moi importante, no que participarán mozas dos mellores clubs de España que compiten na División de Honra do hóckey feminino, o que augura que vai ser un torneo de moi alto nivel”, destacou o presidente do Hockey Club Ponteareas, Jose Álvarez “Portu”.

Informática para nenos e nenas, formación de balde na Aula CeMIT da Guarda para este verán

0

A Aula CeMIT da Guarda organiza unha nova formación en informática de balde dirixida a nenas e nenos (de 9 a 14 anos). Dende un enfoque pedagóxico centrado na persoa, realizarase unha formación adaptada aos intereses e motivacións de cada asistente, contando con grupos reducidos e prazas limitadas.

As inscricións pódense realizar no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611850 ou no correo electrónico [email protected] (con autorización da nai, pai, titor/a legal)

Recordamos que tamén se están a realizar outros cursos dirixidos a persoas adultas que contan con prazas libres: procesador de textos, mecanografía, correo electrónico, iniciación á informática e curso básico de xestión de redes sociais para negocios.

Sobre a Rede CeMIT

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración.

O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.

Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

As Escolas deportivas municipais do Concello de Baiona organizan a súa tradicional viaxe ás Illas Cíes

0

O vindeiro sábado día 26 de xuño e para complementar o peche do curso escolar deportivo 2016-2017 das Escolas Deportivas Municipais, a Concellería de Deportes de Baiona, que xestiona Miriam Costas, programa unha viaxe ás Cíes. A inscrición abrirase a partir do día 1 de xuño para todos os socios e socias das Escolas Deportivas Municipais, mentres que os non socios que queiran participar deberán esperar ao día 14 de xuño para poder anotarse.

O número de prazas é limitado e as inscricións deben de tramitarse nas Oficinas do Pavillón Municipal de Baiona. O horario de atención ao público será de 09:00 h a 13:00 h e de 18:00 h a 21:00 horas.

As saídas desde o porto pesqueiro de Baiona e regresos desde o peirao de Rodas nas Illas Cíes están previstos nos seguintes horarios:

• 09:15 h – 19:00 h (barco 1).
• 10:45 h – 20:40 h (barco 2).

O prezo está subvencionado pola Concellería de Deportes, sendo o mesmo fixado en 8 euros para todas as persoas participantes.

Para maior información, interesados e interesadas poden dirixirse ao Pavillón de Deportes de Baiona ou chamar á o teléfono 986 356 558, tamén se dispón do correo electrónico [email protected].

Zona Franca abre as portas de Porto do Molle para mostrar a planta que transforma augas negras en fertilizante

Zona Franca de Vigo abriu as portas de Porto do Molle (Nigrán) nunha xornada na que mostrou os resultados do proxecto ambiental europeo ‘Run4 Life’, para transformar as augas negras (augas dos inodoros) en fertilizantes de baixo impacto.

A xornada, coa asistencia do delegado do Estado, David Regades, e o alcalde de Nigrán, Juan González, contou tamén con representantes das outras cidades onde se desenvolve o proxecto, en Gante en Bélxica; Sneek en Países Baixos e Helsingborg en Suecia. O proxecto conta con fondos do Programa Marco de Investigación e Innovación Horizonte 2020 da Unión Europea.

Trátase dun macroproyecto de investigación no que participan 16 organizacións dos países seleccionados, no caso de España están Zona Franca de Vigo, Aqualia e a Universidade de Santiago de Compostela, entre outras, pero tamén hai centros de investigación, provedores de tecnoloxía, servizos públicos, usuarios e especialistas en innovación.

David Regades mostrouse “orgulloso de que o parque empresarial de Porto do Molle sexa o Centro Piloto, porque puxemos aquí moitos esforzos para que sexa un exemplo de sustentabilidade e economía circular” e destacou “a nosa estratexia de aposta por enerxías renovables e o medioambiente”.

O parque empresarial de Porto do Molle de Zona Franca é o Centro Piloto neste programa europeo e o éxito dos resultados provoca que xa se estea analizando replicarlo no Polígono de Balaídos a maior escala. Nesa nova localización, ademais da obtención de fertilizantes, o proceso que se pretende realizar permitirá obter gas para o abastecemento das caldeiras dalgunhas naves do polígono, ademais de servir tamén para abastecer de gas aos equipos propios da instalación. Trataríase dunha instalación de depuración de augas totalmente autónoma.

Nas catro plantas piloto, en colaboración cos produtores de fertilizantes, caracterizaranse os produtos resultantes e explóranse as posibilidades para o seu uso en agricultura e outras aplicacións, grazas á participación no consorcio de posibles usuarios finais e ao desenvolvemento dun novo modelo de negocio baseado nun esquema financeiro cooperativo.

Anxo Rodríguez, Jennifer Abal, Sabela Martínez, Jorge Guille, Ana Fernández e Xosé Manuel Martínez, gañadoras dos VI Xogos Florais de Ponteareas

A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas deu a coñecer as e os gañadores dos VI Xogos Florais, con motivo da pasada conmemoración do Día das Letras Galegas, no transcurso dunha gala da lingua na que se homenaxeou a Xela Arias, a quinta muller á que se lle dedica esta celebración.

As persoas premiadas no certame de poesía recibiron o seus agasallos (unha flor natural, unha figura de artesanía e o diploma acreditativo) da man dos membros do xurado, que estivo formado pola dramaturga Laura Porto Cabreiro, pola poeta Teresa Ríos Noya e polo concelleiro de Cultura, Fernando Groba Bouza.

[su_image_carousel source=”media: 38002,38000,37999,37998″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Na categoría xuvenil, os traballos galardoados foron: Síntoo adolescencia, de Anxo Rodríguez Rodríguez; Limerencia, de Jennifer Abal Da Silva; e Crecemos onde existimos de Sabela Martínez Viéitez. E, na categoría de adultos, os poemas: Antes da túa fala, de Jonatan Jorge Guille; Nai vaca, de Ana Fernández Melón; e A toba de Xosé Manuel Martínez González.

“Os membros do xurado tivemos unha tarefa difícil pola calidade, a creatividade e a frescura dos poemas presentados en ambas as categorías”, explica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba. O edil lembra que “foron decisións moi debatidas mais que nos encheron de ledicia por coñecer novos talentos e novas voces que enriquecen a nosa lingua e o noso sistema literario”.

‘ReacPon’, 20 millóns de euros para transformar os municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra vén de dar “o pistoletazo de saída ao ReacPon concellos que con 20 millóns de € vai permitir transformar os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia”. Así o destacaron a presidenta provincial Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera trala reunión con “presenza masiva” de alcaldesas e alcaldes, concelleiras e concelleiros, para dar a coñecer as bases e liñas de actuación do máis ambicioso programa de investimento público da historia da institución a fin de enfrontar a reacción nun escenario post covid. Durante o encontro, a presidenta adiantou que “mañá mesmo sairán publicadas as bases do plan no Boletín Oficial da Provincia e dende o mércores comezará xa a contar o prazo de dous meses para que os concellos poidan presentar os seus proxectos e optar, así, ao financiamento”.

Carmela Silva destacou a “boa recepción” por parte das alcaldesas e alcaldes do ReacPon do que se deu conta durante a reunión, na que se afondou “nas características deste plan extraordinario” e se facilitou “información dos obxectivos que con el perseguimos, que están aliñados cos fondos Next Generation”, así como das bases e criterios para poder optar a financiamento dos proxectos. Ao respecto a presidenta e o vicepresidente, que se puxeron a disposición dos concellos para resolver todas as dúbidas que vaian xurdindo, recordaron que xa en xaneiro deste ano, no encontro con alcaldesas e alcaldes para dar a coñecer a estratexia provincial de Fondos Europeos, “falamos da importancia de ter proxectos maduros centrados na rehabilitación, nova construción e mobilidade amable”, as tres iniciativas obxecto de financiamento do ReacPon Concellos.

O vicepresidente César Mosquera destacou que a Deputación é das máis avanzadas á hora de orientar aos concellos a políticas “que van cos tempos actuais e miran ao futuro” e animoulles a presentar proxectos maduros para optar ao financiamento. Subliñou que as axudas concederanse seguindo criterios obxectivos e numéricos, “por fórmulas matemáticas”, e salientou a boa sensación sobre a aceptación do plan nas ‘distancias’ curtas cos alcaldes e alcaldesas trala reunión. Neste sentido, foi crítico co Partido Popular e subliñou que “non aflorou” ninguén que non estivese dacordo coa liña de axudas: “Nin o primeiro alcalde ou alcaldesa”, dixo, “transmitiu as desgracias e queixas das que falou o PP no Pleno”.

Salientou, así mesmo, que todos os concellos foran avisados desde o inicio de mandato, en sucesivas reunións, de que era preciso que fixeran proxectos e os traballasen para optar a financiamento. Tamén destacou que a Deputación de Pontevedra é das que máis recursos destina directamente aos concellos e subliñou que tamén está entre as máis avanzadas á hora de orientar ás administracións locais en políticas “que van cos tempos actuais e miran cara ao futuro”. “Hai 40 anos podíanse facer obras de chapapote”, lembrou, para sinalar que hoxendía as obras e iniciativas deben estar ben feitas, aforrando recursos, e non sendo contaminantes, poñendo como referencia iniciativas como o Revitaliza e Ágora.

O programa ReacPon Concellos, aprobado no pasado pleno da Corporación Provincial, conta, coma todas as iniciativas que lanza a institución provincial, con bases transparentes, por concorrencia competitiva, con criterios obxectivos, equitativos e respectando a autonomía local. En liñas xerais, a través de ReacPon Concellos preténdense garantir dereitos e servizos, loitar contra o despoboamento, impulsar a sustentabilidade, promover a dixitalización na prestación de servizos e a accesibilidade no acceso a equipamentos, espazos e infraestruturas locais no medio rural. Tamén avanzar na consecución dos Obxectivos 2030 e nas liñas mestras definidas para os fondos Next Generation.

Con ReacPon Concellos cada municipio poderá financiar unha actuación ben sexa de rehabilitación, nova construción ou espazo público sempre que supoña un máximo do 90% do Plan Concellos que lle corresponde e un mínimo dun terzo do mesmo. No caso de rehabilitacións inclúense melloras en instalacións municipais para uso social, cultural, deportivo, turístico e de lecer, así como as dirixidas á infancia e mocidade, atención a vítimas de violencia de xénero ou elementos de interese patrimonial e de uso institucional e administrativo.

No que respecta á nova construción, inclúense edificios sostibles e intelixentes e actuacións sostibles que impulsen a cohesión territorial, a dixitalización, accesibilidade e igualdade de oportunidades rural/urbano. Finalmente, no caso de actuacións en espazos públicos búscase darlles un uso plural, amable e fomentar recuperacións, melloras, urbanizacións, e reurbanizacións que cumpran os principios da rede Ágora.

Daráselle prioridade ás rehabilitacións e á mellora de espazos públicos con criterios de sustentabilidade e, no que respecta ao cofinanciamento, os concellos con menos poboación aportarán menos recursos que os de maior poboación. Amais, valoraranse a madurez do proxecto, a contribución a unha economía descarbonizada, a calidade do proxecto e a contribución dos proxectos á consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030 o cumprimento das políticas panca do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

A Concellería de Infraestruturas do Porriño licita o saneamento de Corzón, en Pontellas

A Concellería de Infraestruturas do Concello do Porriño, que dirixe o nacionalista Pedro Pereira, vén de anunciar a realización das obras de saneamento en Corzón, na parroquia de Pontellas. O proxecto atópase na actualidade en proceso de licitación e manterá aberto o prazo de presentación de ofertas ata o mércores 9 de xuño.

O orzamento total, base da licitación, é de 56.129 € e a obra conta co financiamento do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Unha vez adxudicada a obra, a Concellería de Infraestruturas estima que as obras comecen no mes de setembro e terán un prazo de execución de tres meses.

Salceda e As Neves asinan un convenio para ceder, por parte das Neves, unha biotrituradora de refugallos de poda

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, asinaron este venres, acompañdos polos concelleiros de Medio Ambiente dos dous concellos, Rubén González Coto, e Óscar González, un convenio que regula a cesión gratuita, por parte das Neves, dunha máquina trituradora de refugallos de poda e reciclaxe de refugos vexetais. O mesmo convenio contempla , tamén a cesión do uso dun vehículo de recollida de lixo, durante o período en que se atope avariado algún dos vehículos dos que dispón o Concello de Salceda.

O alcalde das Neves lembrou que a colaboración entre os dosus concellos comezara no anterior mandato, “que queda renovado agora e que se mantiña vivo dende hai semanas”. Xose Manuel Rodríguez salientou a importancia de acordos coma este que “serven para que os traballos institucionais teñan como principais beneficiarios as persoas que vive no noso territorio”. Rodríguez apostou polo “uso intelixente dos recursos cos que conta o concello das Neves para que sirvan as veciñas e veciños de Salceda, e os que ten Salceda para beneficiar aos cidadáns das Neves”.

A alcaldesa de Salceda de Caselas amosouse “moi satisfeita” de que “sexa posible seguir estreitando lazos de colaboración tan necesarios” e de que “consigamos avanzar na optimización de recursos”. Loli Castiñeira apuntou que o primeiro dos convenios de cooperación entre Salceda e As Neves foi o do servizo de Atención Tempera, que atende a nenas e nenos de 0 a 6 anos dos dous concellos e que foi renovado este mesmo ano, co obxectivo de seguir dando resposta ás necesidades destas nenas e nenas con problemas de desenrolo.

Castiñeira engadiu que, se antes era Salceda quen prestaba o seu camión de lixoa ás Neves, “agora somos os que nos beneficamos deste camión e desta trituradora”que, rematou, “nos axudará a cumprir os obxectivos de coidado do medio ambiente dentro do Plan Revitaliza, da Axenta 2030 e do Pacto dos Alcaldes e Alcaldesas para o Clima e a Enerxía (PACES)”.

A Deputación pon en marcha novas actuacións de conservación de firmes en Redondela

0

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde ás novas actuacións de conservación de firmes na rede viaria provincial, ao abeiro do Acordo Marco que regula estes traballos de mantemento nos 1.650 quilómetros de estradas provinciais. En concreto, estas primeiras obras que se van poñer en marcha abranguen traballos de conservación de firmes en 353 quilómetros de 64 estradas provinciais que transcorren por 28 concellos da provincia, cun investimento total de 2,1 millóns de euros.

Desenvolveranse en tres das seis zonas nas que divide a provincia o  citado Acordo Marco. En concreto, na Zona A (que corresponde á comarca de Deza) vanse realizar traballos por importe de 638.183€ en dez estradas provinciais dos concellos de Lalín (5), Dozón (1), Rodeiro (2), e Agolada (2). Son un total de 66,9 os quilómetros nos que se actuará.

Nas comarcas de Caldas e O Salnés (Zona C), vanse realizar obras por importe de 634.076€ en 18 estradas dos concellos de Barro (1),  Cambados (1), O Grove (1), Sanxenxo (2), Meaño (3), Meis (4), Ribadumia (2), Vilanova (3) e A Illa (1), que en total suman 87 quilómetros.

E na Zona D (comarcas de Pontevedra, Terra de Montes, O Morrazo e Vigo) actuarase en 36 estradas de Pontevedra (4), Vilaboa (1), Ponte Caldelas (2), A Lama (3), Cerdedo-Cotobade (2), Poio (3), Cangas (4), Moaña (2), Marín (4), Bueu (2), Fornelos (1), Redondela (3), Soutomaior (2), Moraña (1) e Campo Lameiro (2), cun orzamento de 878.598 €. Neste caso, a rede viaria na que se intervirá abrangue 199 quilómetros.

A Deputación aprobou a finais do pasado ano o novo Acordo Marco de conservación de firmes para a rede de estradas provinciais, que supón un investimento de máis de 4,4 millóns de €, O seu principal obxectivo é preservar as características superficiais e estruturais dos firmes das estradas provinciais para garantir a súa viabilidade e, sobre todo, a seguranza viaria das persoas que as empregan. E, para elo, actuarase nas estradas provinciais, con operacións ao longo e ancho dos máis de 1.650 quilómetros que ten a rede provincial durante un ano, prorrogable a catro.

Deste xeito, a través do acordo marco de obras de conservación de firmes realizarase o  mantemento dos firmes e a reposición da sinalización horizontal afectada, así como as operacións complementarias precisas para garantir a seguridade: dende reparación de fochancas, melloras de pavimentos, regas, reposición de mesturas, drenaxes, levantamentos de firmes, demolicións ou reconstrucións entre outras actuacións.

O Concello da Guarda mellora a accesibilidade no Conservatorio de Música

0

O Concello da Guarda ven de rematar as melloras na accesibilidade no edificio do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, consistentes na adaptación á normativa vixente do ascensor deste espazo e que dende hoxe mesmo poderán empregar os usuarios con problemas de mobilidade.

Deste xeito realizouse unha importante revisión no elevador existente para adaptalo ás novas normativas de seguridade vixentes e que permitirán o seu uso con todas as garantías.

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro delegado do Conservatorio de Música, Rafa Álvarez, realizaron unha visita ao Conservatorio para ver as novas actuacións de accesibilidade realizadas neste espazo xunto cos técnicos da empresa encargada destas tarefas.

Comeza o asfaltado de nove rúas de San Pedro e a posta en valor do cruceiro de Mallón, en Nigrán

0

O Concello de Nigrán iniciou o asfaltado de nove rúas da parroquia de San Pedro de A Ramallosa por importe de 151.145 € a cargo do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra despois de agardar máis de tres anos por todas as autorizacións. Trátase de Pontillón e Ana Isabel Costas (xa listas), Pereiro (incluíu antes a dotacón de saneamento), A Igrexa, Cotros de Arriba, Altamira, Rego, Mallón-Pedreiros e Pereiras,  todas eles nunhas condicións pésimas tras máis dunha década sen pavimentar, algunhas incluso dúas. As nove rúas estarán totalmente renovadas a vindeira semana tras unha longa tramitación que arrancou a finais de 2017 ao ser requiridos diversos informes sectoriais (Costas, Augas de Galicia, Patrimonio e Axencia Galega de Infraestruturas). A contorna do cruceiro de Mallón demorarase uns días máis ao substituírse o asfalto por adoquinado.

“Agradecemos a paciencia dos veciños durante este tempo porque foron catro anos agardando por todos os permisos necesarios. O feito de transcurrir Igrexa e Pereiras pola traza do Camiño de Santiago Portugués pola costa e figurar outros en ámbitos de especial protección cultural (cruceiro de San Pedro, Igrexa parroquial, fonte e lavadoiro de Dona ou o xacemento arqueolóxico de Lugar da Torre) fixo que este plan de asfaltado tivese moita máis complexidade administrativa que calquera outro,”, explica o alcalde, Juan González. Así, non foi ata o 21 de outubro de 2020 cando Patrimonio deu a súa autorización coa condicionante de que o Concello incorporase ao expediente un proxecto de control arqueolóxico e de realización do mesmo, cuestión que incrementou en 20.000 € o orzamento orixinal.

Este proxecto de asfaltados da parroquia abrangue tamén a posta en valor da contorna do cruceiro de Mallón, pois levantarase o firme de asfalto que o rodea ata unha profundidade de 25 centímetros para deixar ao descuberto o chanzo inferior da súa base e ao seu redor pavimentarase con cantos de pedra  delimitados por un bordo de granito gris alba, ademais, contará con iluminación ornamental. Pola súa banda, o trazo do Camiño terá que ser sometido á ‘Guía de boas prácticas’ para salvagardar as súas características tradicionais. Finalmente, nos camiños con muros tradicionais gardarase unha franxa de 15 cm ao seu carón sen o novo pavimento. Ademais, e xusto antes de iniciarse os asfaltados, o Concello dotou de saneamento ao camiño de Pereiro, único dos nove que carecía deste servizo.

“O resultado será moi beneficioso e a contorna do cruceiro gañará moitísimo para, precisamente, por en valor este elemento e a súa praza”, sinala o alcalde, quen subliña que nos últimos seis anos lévanse investido máis de 500.000 € só para plans de pavimentación no municipio. “Sabemos que aínda existen moitos camiños onde intervir e non nos esquecemos, había unha débeda histórica coas parroquias e a estamos a saldar en tempo record”, finaliza o rexedor.

Areeiro segue a recomendar a revisión das viñas e a renovación dos tratamentos

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanzou un novo aviso fitosanitario no que segue a recomendar a revisión das viñas fronte ao mildio, aínda que estean tratadas, así como a renovación dos tratamentos contra esta enfermidade naquelas viñas que estean próximas a concluír a protección ou que xa estean fóra dela.

O persoal técnico da EFA sinala que estas actuacións son necesarias debido, dunha banda, a que o estado fenolóxico da floración é moi sensible ao patóxeno e unha mala protección da viña neste momento pode ocasionar perdas importantes e reducir por tanto a futura colleita. E, pola outra, ás previsións meteorolóxicas previstas para os vindeiros días, que anuncian choivas e temperaturas nocturnas compatibles coa frutificación do fungo.

O aviso fitosanitario refírese tamén á necesidade de vixiar as viñas fronte ao black-rot. Neste senso, Areeiro sinala que aínda que nos predios revisados esta semana non se observaron cambios, e tampouco nas viñas abandonadas, as condicións previstas de precipitacións serán favorables á enfermidade e, amais, a viña está nun período de máxima sensibilidade. Sinala que floración e o callado son períodos que convén manter protexidos e lembra que para un bo control do patóxeno é fundamental retirar as viñas abandonadas cerca dos predios, así como tamén os tratamentos preventivos precoces na primavera, cando os brotes teñen unha lonxitude de 2-5 cm.

Aspecto planta testemuña sen tratamentos

Doutra banda, no que se refire ao oídio, aínda que nas viñas revisadas non se atoparon síntomas do patóxeno, Areeiro advirte que a floración e a formación do froito son estados do ciclo da planta que convén protexer pola súa sensibilidade, de xeito que naquelas variedades máis sensibles convirá aplicar un tratamento se ata o momento non se fixo. E no caso da botrite, sinala que malia que as  reducidas precipitacións e as temperaturas para os próximos días non favorecerán a priori a instalación do fungo, de haber pampos secos deben ser retirados.

Por último, Areeiro sinala que, no que atinxe a outros parasitos da viña, incrementouse o número de glomérulos de Lobesia esta semana, pero normalmente esta primeira xeración non require tratamentos.

Aula CeMIT de Ponteareas oferta novos cursos de balde para o vindeiro mes de xuño

A concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez vén de informar da apertura do prazo de inscrición dos novos cursos que oferta a Aula CEMIT ubicada no Centro Social na rúa Oriente.

Neste mes de xuño a aula CEMIT de Ponteareas ofrecerá cursos de manexo básico de móbil Android para maiores; de iniciación ao procesador de textos LibreOffice Writer; de retoque fotográfico co ordenador (GIMP); de restauración de fotos antigas co móbil e IA; sobre aplicacións de retoque e mellora fotográfica no móbil; e sobre a creación de publicacións na nube (CANVA).

Todos estes cursos, que serán e presenciais e en grupos reducidos, teñen o obxectivo de mellorar o manexo do teléfono móbil/tableta e das súas aplicacións para a procura de información, para a realización de xestións coas administracións e para facilitar ferramentas dixitais que lle axuden no ámbito social e familiar.

A estes cursos presenciais tamén se engaden dous en formato online, sobre iniciación ao WordPress e sobre deseño gráfico con software libre (Inkscape, etc.).

A inscrición nos cursos pode realizarse na seguinte ligazón.

O alumnado contará con titorías online e offline por correo electrónico e en liña segundo cita previa no horario de atención do aula todos os días de 9 a 11 horas e os mércores de 21:30 h a 22:30 h.

A aula CEMIT ofrece formación informática totalmente de balde axeitando o deseño dos cursos á demanda e necesidades da cidadanía, por este motivo o responsable dos cursos recorda que as persoas interesadas poden achegar á aula CEMIT suxestións para estudar as necesidades de formación informática e programar distintos niveis e contidos a medida da demanda.

“O obxectivo desta aula é promover a inclusión no uso das novas tecnoloxías, ofrecendo os coñecementos necesarios para que as persoas poidan desenvolverse cun ordenador, e prestando especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital”, explica Benito Márquez, engadindo que “tamén buscamos fomentar a formación dixital entre os profesionais e achegar ás PEMEs as vantaxes da Sociedade da Información”. O edil tamén aproveitou a ocasión para animar a tódolos veciños a que se anoten nos diversos cursos e “aproveiten esta oportunidade”.

Para obter máis información ou trasladar as súas necesidades formativas, as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de whatsapp no número de teléfono 634 238 962 ou de correo electrónico [email protected].

Baiona presenta ‘Estelas da Palabra’

0

A Alameda da rúa Carabela Pinta de Baiona acolleu o acto de presentación da instalación artística ‘Estelas da Palabra’, o proxecto final da programación Primavera Lila organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona en colaboración co Centro á Información a Muller (CIM). Con ela quérese incorporar no espazo público áreas de encontro; dotarlle á palabra unha voz Visual que suscite respostas e reflexión sobre a linguaxe inclusiva.

É o resultado do traballo colectivo feito pola artista Irene Silva en colaboración cos centros de ensino CPI de Cova Terreña e o IES 1º de Marzo dentro do proxecto” A túa palabra conta”.

O acto de presentación contou coa presenza da artista plástica baionesa, coa participación do alumnado para unha intervención musical e a actuación da autora Alba María. Entre as persoas invitadas contouse con representantes dos distintos centros educativos e asociacións de mulleres do municipio.

En 2021, a área de igualdade de Baiona puxo o foco de atención do 8 M na forza das palabras a través do proxecto da artistas baionesa Irene Silva Xiráldez “A túa Palabra Conta”. Baixo o nome ““Estelas da Palabra”hoxe materialízase o fin deste interesante proxecto nas rúas da vila.

Tamén se creo o ‘Muro da Palabra’, unha idea colectiva de etiquetas e palabras artísticas dirixido ao alumnado que cursa 1ºda ESO dos centros educativos municipais de Cova Terreña e do Primeiro de Marzo que tivo como obxectivo: Aprender, sensibilizar e practicar a linguaxe inclusiva usando a palabra como elemento artístico na construción de símbolos para a igualdade; unha guía para traballar as emocións, a empatía, a confianza e o respecto; promover o valor da participación colectiva para acadar obxectivos sociais.

Entre os meses de marzo e xuño a artista coordinou e dirixiu diferentes talleres artísticos en cada uns destes centros escolares municipais para que alumnado elaborase o material que dotou de contido o Muro da Palabra.

Ademais deste interesante proxecto dentro da programación Primavera Lila, desenvolvéronse ao longo do ano diversas actividades cuxo obxectivo xeral é promover a consecución da igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes no ámbito escolar e cultural e previr a violencia de xénero.

O proxecto promovido a través da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona é financiado cos fondos do Pacto de Estado Contra A Violencia de Xénero do ano 2020 e é o resultado dos talleres levados a cabo por Irene Silva co alumando dos centros de ensino CPI de Cova Terreña e o IES 1º de Marzo.

Tomiño construirá con axuda da Deputación o primeiro “camiño escolar” do municipio

0

O Concello de Tomiño disporá do primeiro “Camiño Escolar” da zona; un proxecto no que o goberno local vén traballando dende hai tempo e que agora poderá materializarse co apoio da Deputación de Pontevedra, a través dun convenio de colaboración que irá a pleno a vindeira semana.

A obra levarase a cabo no tramo da estrada provincial E.P. 3102 comprendido entre o CEP Pedro Caselles e a intersección coa nova Avenida Baixo Miño. Na actualidade o firme atópase deteriorado e o itinerario peonil presenta un ancho insuficiente estando en mal estado. Nun futuro se plantexa acondicionar tamén os camiños municipais que conectan esta zona co centro da vila.

O vial propiedade da Deputación, da acceso a varios equipamentos de Tomiño, tales como a igrexa, o cemiterio e o colexio CEP Pedro Caselles, polo que organismo provincial elaborou o proxecto “Mellora da mobilidade peonil no camiño escolar na E.P. 3102 ao CEP. Pedro Caselles”, co cal se pretende acondicionar este treito da estrada co fin de mellorar a funcionalidade da vía e a súa seguridade tanto para o tráfico rodado como peonil.

As obras, por valor de 286.235,07 euros, incluirán a construción dunha senda para os peóns na marxe dereita e a renovación do pavimento.

Ademais adaptarase a drenaxe de pluviais, renovarase a iluminación e soterraranse os servizos de electricidade e de telecomunicacións.

O Concello de Tomiño é consciente da necesidade de aumentar a seguranza viaria en toda a rede de estradas para a protección dos colectivos máis vulnerables. “O obxectivo é conformar un contorno viario seguro e tranquilo, fomentando a convivencia de todos os medios de transporte e sistemas de desprazamento, así como repartir de xeito equitativo o espazo público”, explican dende o goberno local.

Compre lembrar Concello de Tomiño, co apoio da Deputación de Pontevedra, acolleuse no ano 2015 ao proxecto socioeducativo “Camiños Escolares”, coa finalidade primordial de que nenas e nenos poidan desprazarse de forma autónoma, apostando por unha mobilidade saudable, sostible e segura.

Dentro dunha primeira etapa de diagnose, realizáronse daquela actividades nas aulas do CEP Pedro Caselles e de recoñecemento no terreo, cos grupos de 5º e 6º de Primaria acompañados polo equipo técnico que redactou o proxecto definitivo.

Outros dos eixes vertebradores deste proxecto é a filosofía da Cidade dos/as Nenos/as; proxecto internacional apoiado polo recoñecido pedagogo Francesco Tonucci (que visitou Tomiño en 2017) que tenta conseguir unha maior autonomía, mobilidade, participación e seguridade dos escolares, para que poidan ir ao cole e outros espazos públicos sen ser acompañados.

Redondela investirá máis de 700.000 euros do remanente de tesourería na mellora de infraestruturas e servizos no rural

0

O Concello de Redondela aprobou onte, en sesión plenaria, cos votos a favor do grupo de Goberno (PSOE-AER), unha modificación de crédito con cargo ao remanente de tesourería de cara a poder destinar 717.062,07 euros do antedito remanente á realización de investimentos para a mellora de viais públicos, saneamento, instalacións deportivas e parques públicos, case que todas no ámbito rural.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, adiantou que “estes investimentos son posibles despois que documento de liquidación do Orzamento reforzase a boa xestión económica do equipo de Goberno ao cifrar unha estabilidade orzamentaria de 1.163.412,49 €”.

O equipo de Goberno subliña que precisamente son estes bos resultados económicos os que permitirán realizar obras de mellora de infraestruturas e servizos a veciñanza por importe superior aos 700.000 mil euros e que contribuirán a mellorar a calidade de vida da veciñanza.

As parroquias serán as grandes beneficiadas destes investimentos xa que nelas desenvolveranse traballos de mellora de infraestruturas viarias, saneamento e zonas de esparexemento e ocio para a cidadanía.

Así, e no que á mellora das infraestruturas viarias fai referencia, o Concello investirá 443.745,07 € no acondicionamento e mellora dos camiños do Subido (Chapela), e do Piñeiro e Santo Estevo; no acondicionamento e mellora da estrada de Santo Paio de Arriba (Reboreda); na pavimentación dos camiños Fontes, Cuco, Subido, Galo, Castañal e Eido de Bras e no ensanche do camiño do Albarren entre o camiño de Fortóns e a liña 810 de ADIF.

Doutra banda destinaránse 56.684,00 € para as obras de saneamento do camiño da Landra en Redondela.

Cómpre salientar, que a maior inversión destinarase para a realización da Segunda fase do parque de San Estevo, 150.000 euros, “unha das prioridades para este goberno, pois era imprescindible darlle continuidade as obras xa rematadas da primeira fase” afirma a Alcaldesa. O proxecto xa está aprobado e poderá ser licitados en poucas semanas de cara a que a veciñanza poida contar cun lugar de lecer e esparexemento”.

Finalmente e no referido a infraestruturas deportivas, o Goberno local realizará un investimento de 66.561,00 € na rehabilitación do Pavillón ‘La Bombonera’.

O Goberno municipal lembrou a importancia dos investimentos no rural “que permiten á veciñanza dispoñer de servizos e comunicacións acordes cos tempos que vivimos” e lamentou que durante os sucesivos mandatos do PP, “as nosas parroquias foran as grandes esquecidas no que fai referencia á dotación de servizos básicos para a cidadanía”.

O Parque da Amizade Tomiño-Cerveira, “unha nova zona franca social” no territorio transfronteirizo do Miño

0

O lugar onde máis próximas están as beiras do Miño no seu último treito, onde se miran Espazo Fortaleza de Goián e do Parque do Casteliño, vaise converter nun só parque sen mirar fronteiras: o Parque da Amizade Tomiño-Cerveira. Unha ‘euro-área’ de 25,6 hectáreas unida por unha nova ponte peonil e ciclista que permitirá un espazo común público, urbano e de lecer que se constituirá no único parque transfronteirizo da Eurorrexión e dos maiores de toda a Europa.

O proxecto foi presentado hoxe oficialmente nun acto presidido pola presidenta da Deputación Carmela Silva e o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez e os anfitrións, a alcaldesa de Tomiño Sandra González e o presidente da Cámara de Cerveira Fernando Nogueira. Asistiron autoridades dos gobernos centrais como a ministra de Coesão Ana Abrunhosa e a secretaria de estado de Valorización de Interior de Portugal Isabel Ferreira, e a subdelegada do Goberno Maika Larriba; e autoridades autonómicas como o presidente da CCDR-N Antonio Cunha e o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, amosando o seu apoio á iniciativa. Tamén houbo representantes da Comandancia de Mariña, da Capitanía do Porto de Caminha, do CIM Alto Minho, autoridades autonómicas e rexionais, así como as persoas integrantes do xurado do concurso de ideas da ponte peonil, e de entidades sociais e económicas do Concello de Tomiño.

O deputado Uxío Benítez, que fixo de guía do evento, explicou que o Parque da Amizade responde “á vontade de dous concellos de trazar unha axenda estratéxica común, de crear un verdadeiro espazo público europeo e de consolidalo a través dunha unión peonil e ciclable. Un espazo común que aínda hoxe sen unión física está a ser trazado de xeito cohesionado e complementario”.

[su_image_carousel source=”media: 37927,37926,37928,37929,37925,37924,37921,37920,37918,37917″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

En canto aos servizos que se darán no novo espazo, o nacionalista subliñou que os concellos de Tomiño e Cerveira traballarán para darlle un novo pulo completando os equipamentos actuais cun novo parque botánico e unha zona de glamping, así como con piscinas, campos de xogo e incluso un novo museu, co fin de facer o parque aínda máis atractivo.

Lembrou que se trata dun espazo clasificado como Rede Natura 2000, unido coa estación de trens de Cerveira, dende o que é fácil conectar o Alto Miño e o Baixo Miño galego, Porto-Vigo, Lisboa-Madrid, Portugal-España, pero tamén percorrer un “Anel Verde transfronteirizo”, con máis de 400 quilómetros de vías naturais existentes nas dúas marxes, e gozar do máis recente proxecto de repartición de bicicletas eléctricas entre as tres Eurocidades do río Miño. “Este é un claro exemplo do slogan de atracción turístico de “dous países, un territorio”, subliñou.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Câmara Municipal de Cerveira, Fernando Nogueira, impulsores do proxecto

A parte máis emotiva do acto correu da man da alcaldesa de Tomiño e o alcalde de Cerveira, quen subliñaron o traballo histórico conxunto e as fondas relacións sociais entre ambas as beiras. “Hoxe colocamos un fito importantísimo para afondar na irmandade dos nosos pobos, contribuíndo a desfronteirizar a vella Europa para xerar un espazo común , un parque único e continuo enclavado nunha vella fronteira. Queremos consolidar unha gran ‘zona franca social’”, subliñou Sandra González, quen fixo un chamamento ás maquinarias dos gobernos de Madrid e Lisboa para que o proxecto do Parque da Amizade sexa unha realidade canto antes.

Tamén Fernando Nogueira aproveitou o seu discurso para reivindicar “a maior atención e apoio de todas as entidades aquí presentes para ultrapasar procedimentos operacionais administrativos e burocráticos” e así contriburír “á consolidación dos valores e do soño europeo”.

Unha liña sobre o miño. Un lugar transparente e aéreo

A nova ponte peonil e ciclista que unirá ambas beira, e que segundo Benítez a pesar de ser espectacular é“o só é o medio para conseguir o obxectivo: o espazo conxunto”, foi explicada polos enxeñeiros e arquitectos da UTE Bernabeu&Garrido. Puido coñecerce grazas a un vídeo de realidade virtual proxectado nunha pantalla de grandes dimensións, que permitiu ás persoas asistentes ter diferentes vistas aéreas de como se levantará entre ambas beiras e cruzalo a pé e en bicicleta de maneira virtual.

Os autores explicaron que a nova ponte Goián-Cerveira propúxose co lema ‘Unha liña sobre o Miño’ como unha construción extremadamente lixeira e aérea, cuxa posición e estrutura preserva as vistas cruzadas das fortalezas situadas a un lado e outro do Miño. “Respecta as delicadas ecoloxías do río e a súa xeometría de doble curvatura fará da súa travesía unha experiencia intensa, profunda e memorable na que a paisaxe sempre variable que se abre cara o Atlántico, ao sur, e ao valioso patrimonio histórico, ao norte, é o máis importante”.

Subliñaron que a ponte proposta distínguese claramente da estrutura da Ponte da Amizade situada augas arriba a menos de 1.500 metros, e que o seu uso exclusivamente ciclista e peatonal permite empregar unha estrutura “máis audaz”, maiores luces e un planeamento estratéxico no que a experiencia do cruce e a relación coa paisaxe son “determinantes e ineludibles”, polo que é o máis transparente e aéreo posible. Créase un “lugar propio” que desvela unha paisaxe inédita “que alonxándose das edificacións de Vila Nova de Cerveira e das fortalezas, descubre a inmensidade do estuario do río Miño con toda a súa potencia natural fronte ao silencio formal e expresivo da ponte”.

O viaduto colgante ten 330 metros de lonxitude e 9,20 metros de gálibo. A estrutura horizontal está composta por unha plataforma de catro metros de largo cun pavimento de madeira e de formigón e lastro portugués nos extremos, completada cunha varanda de malla metálica con pasamán de aceiro. A estrutura vertical está composta por dous apoios de aceiro na ribeira, que enlazan ao sur do Espazo Fortaleza, tamén na zona do auditorio, e ao sur do Parque do Castelinho. Igualmente non terá afección nin á praia nin ao illote.

Carmela Silva: unha actuación que vai namorar a todas e a todos

“Hoxe é un día fermosísimo porque estamos a falar de amizade, de fraternidade, de transformación, de ideas, de compromiso cun mundo novo onde o medio ambiente e o coidado do territorio son protagonistas” asegurou a presidenta Carmela Silva durante a presentación do Parque da Amizade e da ponte peonil e ciclable sobre o Miño. “Nesta comarca hai grandes valores medioambientais, culturais, históricos, unha lingua que nos une, unha economía moi potente pola que temos que seguir a traballar para construír futuro. Este proxecto, que permitirá unir a dous pobos veciños a través do Miño, é así de ambicioso”, manifestou ao tempo que subliñou a calidade estética desta actuación que “vai namorar a todas e a todos”.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, nun momento da súa intervención

A presidenta, que comezou a súa intervención facendo fincapé na ampla maioría de mulleres políticas presentes no acto e nas mulleres que historicamente en ámbalas dúas marxes do Miño traballaron e garantiron a economía, amosou a súa seguridade de que o proxecto será realidade “polo empuxe das mulleres” e destacou que “sen a visión política das mulleres, que sitúan ás persoas no centro da acción política, non sería tan marabilloso como este”. Tamén recordou o nacemento da iniciativa da man do mundo local, “o que mellor coñece a realidade e sabe o que realmente é tractor para o cambio. O mundo local reclama que este proxecto sexa unha realidade”.

Carmela Silva, que rematou cuns versos da canción “Acuarela” de Toquinho, fixo tamén un chamamento a “mudar neste século XXI moitas cousas que fixemos mal no XX, recuperando o amor pola natureza e impulsando unha economía na que as persoas sexan o centro de todo”. Neste eido, destacou o compromiso da Deputación: “que dende fai seis anos está a transformar e mudar a provincia, cun modelo claro sostible, xerando economía, mantendo a poboación en todo o territorio e garantindo dereitos e servizos para todas as persoas”.

Apoio expreso dos gobernos

Logo da presentación do proxecto, nos discursos institucionais, a ministra de Coesão de Portugal, Ana Abrunhosa, subliñou que cumprirá a súa palabra de que a futura ponte peonil que permitirá o Parque da Amizade sexa unha realidade. Destacou, de feito, que se trata dunha iniciativa que é prioritaria “e magnífica” para o goberno portugués e que debería ser incluso anterior que a alta velocidade que una Porto e Vigo.

A ministra de Coesão do Goberno de Portugal, Ana Abrunhosa

“Todos os proxectos que fortalecen a ligazón entre Portugal e Galiza son prioritarios. No tren estamos a traballar. A cooperación transfronteiriza é fundamental para nós porque a fronteira debe ser o lugar central da península Ibérica”, subliñou. Lembrou tamén que os dous estados asinaron unha Estratexia Común de Desenvovemento Tranfronteirizo na Cimeira do ano pasado.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante a súa intervención

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou que a Xunta de Galicia traballará en favor da materialización da ponte e de outros proxectos para o desenvolvemento do territorio transfronteirizo . “Podedes contar coa Xunta dende agora e ata o final. Esta ponte vai ser unha realidade”, dixo, lembrando que o proxecto, ao igual que outros destinados á Eurorrexión está incluído dentro dos que se enviaron para o financiamento cos fondos europeos do Next Generation.

A subdelegada Maika Larriba destacou que o goberno español acolle con máximo interese este proxecto. “O Miño hoxe máis que nunca tense que converter nunha oportunidade para o desenvolvemento das localidades a ambas beiras e nunca máis nunha barreira natural. Lembrou que “vivimos non hai moitas datas o que supón votar a tempos atrás cando o río era unha fronteira infranqueable. A situación sanitaria pola COVID-19 obrigou a pechar as pontes para tratar de controlar a pandemia, e a veciñanza de ambos lados sufriron os problemas derivados desta situación. Pero ese esforzo non foi en balde. Hoxe podemos estar todos aquí celebrando dun xeito unido o que vai ser nun futuro, espero que non moi longo, un novo punto de encontro entre ambas beiras do Miño”.

Finalmente, o presidente do CCDR-N, Antonio Cunha, cualficiou na súa intervención de “magnífico” o proxeto do parque e o da ponte e destacou que a súa “naturalidade” permitirá levalo adiante.

O mercado de Sabarís volve a abrir o luns coa totalidade dos postos de venda

0

O vindeiro luns, día 31 de maio, reiniciarase a actividade do tradicional mercado de Sabarís con todos os postos que viñan sendo habituais e garantindo as medidas de seguridade fronte á covid-19 establecidas pola normativa vixente.

Nos últimos meses a actividade viña despeñando cunha redución do número de postos, producíndose así a rotación entre feirantes cada luns, podendo acudir ao mercado todos os días, independentemente do seu número, os posto de venda de produtos agroalimentarios como se recollía na normativa.

Nesta ocasión, o mercado retomará xa o seu formato máis habitual coa presenza de máis de 170 postos que ofrecerán, como adoita acontecer, os máis diversos produtos e nunha actividade que supón un elemento dinamizador da economía local.

Desde a Concellería de Comercio e Mercado que xestiona Víctor Muñoz, lémbrase aos baioneses e baionesas a obrigatoriedade de levar máscara e pide aos asistentes que manteñan a distancia de seguridade recomendada polas autoridades sanitarias.

O concelleiro fan un chamamento “á responsabilidade de comerciantes, veciños e veciñas á hora de cumprir coas normas de seguridade” e informa de que “a Policía Local velará polo cumprimento destas normas”.

O Alcalde, Carlos Gómez, comenta que “sabemos que a noticia da volta de todos os postos do mercado á súa localización habitual era esperada polos veciños e veciñas, así como polo comercio ambulante. O seu atraso debeuse exclusivamente á situación sociosanitaria, que cando mellorou permitiunos retomar a ‘nova normalidade’”, explica o rexedor.

Proyecto 2050

Llevamos algo más de un año de pandemia, algo que muchos científicos decían que podía pasar, que algunos gurús de Silicom Valley vaticinaban e incluso alguno ahora se está llevando la culpa de que ha sido uno de los que lo han provocado –llámese el creador del ‘ventanas’. Nuestro Gobierno, que no lo vió ni cuando ya estaba en nuestro territorio, quiere ahora vaticinar lo que va a pasar o cómo tiene que ser el 2050. La verdad parece una tomadura de pelo.

No quiero decir que no esté a favor de que un Gobierno piense en el largo plazo y no en las siguientes elecciones –algo que considero que debería de ser lo habitual– porque se supone que están para gobernar al pueblo en el largo plazo, con vistas para buscar lo mejor para el mismo. Por desgracia, y con frecuencia, solamente piensan en ellos mismos y como conseguir salir reelegidos a los cuatro años, por eso parece irónico, que visto lo visto, se esté haciendo una previsión de cara al 2050.

Nuestro visionario presidente con el asesoramiento de 100 expertos (no he encontrado por ningún lugar sus nombres), ha publicado una serie de medidas de cara al año 2050, para mejorar nuestro país y crear una nueva transición, algunas de las cuales, ojalá se cumplieran y ojalá hubiera algún gobierno capaz de implementarlas.

En este país de pandereta en el que vivimos, parece demasiado complicado, por ejemplo, jornadas laborales de 35 horas. A lo mejor, con un poco de suerte, cuando las empresas comprendan que el mejor activo son los trabajadores, igual se puede conseguir, quién sabe, hay casi 30 años de margen, mejorar la educación, algo primordial, facilitar el acceso a la vivienda, básico, pero medidas estrella cómo subir la edad de jubilación, algo que ya van a hacer, pero nadie plantea que va ocurrir con los puestos de trabajo, si aquí solo pensamos en ser un país de servicios y ya se mira lo que está pasando, subir impuestos, ¿sino suben los salarios de donde vamos a sacar dinero para pagar tanto impuesto y poder vivir al mismo tiempo? y lo que me ha “encantado”, reducir las compras de ropa, el uso del coche y eliminar los vuelos en distancias cortas.

El primero de ellos, reducir las compras de ropa, seguro que serán como en las películas de ciencia ficción de los ’60 y ’70 donde todo el mundo vestía igual, así ya no hay problema. Reducir el uso del coche particular, ya lo van a conseguir a base de impuestos, porque si empiezan a cobrar en las autovías y carreteras nacionales… pero por ejemplo en nuestras comarcas, dónde tenemos que coger el coche para todo, pues a ver como hacemos y lo del avión, ¿se incluyen también los vuelos privados? porque sabemos de un presidente que suele coger el Falcon para ir a todos los lados, que no lo coge para ir a buscar el pan, porque seguro que se lo traen a casa. En fin, como decía antes, ojalá algún gobierno de verdad, se propusiera crear un país mejor con vistas al futuro, pero que comience por dar ejemplo.

Nosotros, esperemos poder seguir en el 2050 recomendando buena música, pero cómo todavía faltan unos cuantos años para dicha fecha, de momento, para esta semana vamos a recomendar por un lado, Joji Hirota interpretando los famosos tambores Taiko japoneses, todo un placer, sobre todo si tenéis oportunidad de disfrutarlos en directo y por otro lado el nuevo trabajo de todo un clásico de la música electrónica como es Cerrone, espero que los disfrutéis.

Joji Hirota & The London Taiko Drummers

Japanese Taiko

2017

El sello ARC Music es uno de los más reputado del mundo en cuanto a world music se refiere y si por encima se una la leyenda japonesa Joji Hirota, pues todo nos hace presagiar que estamos ante un disco indispensable, después de haberlo escuchado, nos quedamos con esa idea.

Joji Hirota es un músico japonés experto en la interpretar el Taiko, que para aquellos que no lo sepan, son esos tambores grandes típicos japoneses. Joji Hirota es un maestro en la interpretación de estos majestuosos tambores, además de ser uno de los 100 japones más reconocidos en todo el mundo.

‘Japanese Taiko’ es un trabajo para conmemorar los cuarenta años de carrera de éste música, por lo que es un trabajo indispensable para todos aquellos que se quieran introducir en su música, un disco que nos permite conocer un poco mejor el sonido de los Taiko, y aunque no llega a mostrar la sensación de escucharlos en directo, ya que es algo majestuoso, es una muy buena forma de hacernos una idea del sonido que puede llegar a crear éste instrumentos y de la mano de todo un maestro, pues mejor que mejor.

Una obra que debemos de escuchar y tener en nuestra colección para los que amamos las músicas del mundo.


Cerrone

DNA

http://www.cerrone.net/

Marc Cerrone, un clásico de la música electrónica / disco, nacido en París en 1952 vuelve a la carga con un nuevo trabajo, lleva por título DNA.

Cómo si del ADN de la misma música disco se tratara, el francés nos presenta un trabajo dividido en nueve cortes lleno de buenos momentos de música electrónica y para ello nada mejor que rodearse de instrumentación clásica como el Moog 55, el Minimoog, el ARP 2600, Vocoder EMS para da lugar un clásico del sonido disco / electrónico pero en pleno siglo XXI.

Un trabajo que es integramente instrumental (el primero de su carrera) y que nos demuestra que sigue estando en plena forma, con un sonido que le gustará a los seguidores de siempre y que puede hacer que las nuevas generaciones sepan apreciar a los clásicos de la música electrónica.

O Concello do Rosal inviste 36.000€ nas obras de mellora na estrada Marzán – A Cachada

0

O Concello do Rosal vén de acometer varias obras de mellora na estrada Marzán – A Cachada, na parroquia de Santa Mariña do Rosal, nas que se realizou un investimento total de 36.000 euros. Xunto co asfaltado dos camiños cunha capa de 5 centímetros para regular a rodadura e o recalce das tapas de rexistro, realizáronse traballos de limpeza en toda a superficie do pavimento cun cepillo de arame e arrombáronse as cunetas, desbrozando a vexetación existente.

Estes traballos leváronse a cabo tendo en conta as necesidades que presentaban os camiños de Marzán e A Cachada, que contaban cun asfaltado coa capa de rodadura deteriorada con fochas que producían un paso irregular. Unhas obras de mellora imprescindibles na zona, de tránsito habitual de vehículos procedentes da estrada PO-353 cara a parcelas agrícolas.

Con estas obras o Concello continúa coa mellora de estradas e instalacións en distintos puntos do Rosal, coas que se busca conseguir que “o municipio se atope nas mellores condicións posibles para o uso cotiá dos rosaleiros e rosaleiras”, explica o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández, que destaca que “para o goberno municipal investir en infraestruturas tamén é investir en calidade de vida para a veciñanza”.

O Pleno da Cañiza aproba a nova ordenanza da Escola Infantil Municipal

0

O Pleno Ordinario da Cañiza levou na súa orde do día, no pleno desta pasada semana, entre outros asuntos, a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Prezo Público polo Servizo da Escola Infantil Municipal de 0 a 3 anos, publicada no BOPDEPO 127 do 3 de xullo de 2012.

Segundo manifestou o alcalde Luis Piña, esta modificación equiparará os prezos da Escola da Cañiza aos prezos das escolas infantís da rede autonómica da Galiña Azul. As tarifas se aplicarán en función dos ingresos per capitat da unidade familiar, e dicir, os ingresos da unidade divididos entre o número de membros.

A nova ordenanza permitirá ademáis adaptarse á normativa autonómica de axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís (0-3 anos). A ordenanza municipal actual non contempla o desconto na atención educativa de segundos fillos/as polo que é preciso actualizar a norma.

Ademáis esta medida ten carácter retroactiva polo que as familias usuarias poderán recuperar o abonado por este concepto.

O mercado municipal de Ponteareas máis preto de ser unha instalación enerxéticamente sostible

O pasado luns comezou a instalación de paneis solares no Mercado Municipal de Ponteareas, que avanza a bo ritmo aproveitando a situación meteorolóxica favorable tras unha parada de case dúas semanas por mor da chuvia. Da nova instalación xa están colocadas as canalizacións dende a cuberta ata os inversores, que son os encargados de converter a corrente continua que xeran as placas en corrente alterna que vai ao cadro eléctrico da instalación.

Están tamén colocados 50 dos 86 módulos totais, e agárdase rematar de montar os restantes módulos a comezos da próxima semana. Con todos os módulos colocados, só quedará rematar a conexión da instalación para a posta en marcha.

Espérase que a instalación estea lista e operativa cara finais da vindeira semana, cando comezará a producir enerxía verde e limpa aproveitándose só da enerxía do sol, o que permitirá aforrar nas arcas públicas en torno a un 50 % na factura eléctrica do Mercado Municipal, da Escola Municipal de Música e da Biblioteca Municipal.

Este proxecto conta co apoio do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e é unha aposta do Concello de Ponteareas pola sostibilidade enerxética. A empresa galega Solarz, con sede en Ponteareas, é a encargada de desenvolver este proxecto, e ten por misión fomentar o uso de enerxías limpas e renovables para chegar a conseguir unha sociedade que se abasteza de enerxía sen emisións contaminantes.

A alcaldesa de Mos anuncia un Plan Municipal de Apoio á Hostalería

0

O sector que está a ser o gran damnificado pola crise da Covid-19, o da hostalería, está a sufrir agora no municipio de Mos un novo varapalo derivado do nivel máximo de incidencia no que se atopa o Concello e que o vindeiro sábado obrigaralles a pechar de novo as súas portas.

É por elo que na sesión da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos, celebrada onte ás 14.00 horas, decidiuse a posta en marcha dun Plan Municipal de Apoio á Hostalería mosense. Sobre o devandito plan a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que se trata dun programa que inclúe una liña de axudas para compensar aos hostaleiros que quedaron fóra do Plan de Rescate da Xunta de Galicia e outra de subvencións directas aos 75 negocios do sector existentes en Mos.

A primeira das liñas, destinada a completar o plan autonómico para que chegue ao 100% dos hostaleiros mosenses, está dotada de 25.000 euros.

A segunda liña contempla axudas directas de 1.000 euros aos 75 hostaleiros de Mos, sumando 75.000 euros.

Entre ambas liñas o Plan Municipal repartirá un total de 100.000 euros que pretenden “facer unha contribución a supervivencia destes negocios que tan mal o están a pasar desde o comezo da pandemia e que ahora, con este novo peche a nivel local, atópanse xa desesperados, como é lóxico”, comentaba a rexedora.

A alcaldesa insistiu “na vontade de apoiar aos negocios hostaleiros con este novo plan e darlles un pulo para lograr saír desta crise derivada da COVID-19, -que en Mos se acrecenta con esta situación de nivel máximo que estamos a vivir-, e tentar recuperarse deste novo varapalo que voltan a sufrir co peche das súas portas ao público desde o sábado”.

“En momentos de crise coma estes queremos axudalos e apoialos, por iso decidimos desde a administración local mosense poñer en marcha esta ferramenta coa que queremos aportar positivismo á tan damnificada hostelería”, concluíu Arévalo.

Cómpre lembrar que desde o Concello de Mos xa se decidira tamén o ano pasado a exención de taxas de auga, lixo e vaos como apoio municipal polo peche temporal da hostelería e que se aplicou de oficio a todos os negocios mosenses deste sector.

A exención fíxose efectiva no primeiro recibo do ano 2021 e non tivo que ser solicitada expresamente polos titulares.

Tomiño ofrece actividades deportivas de verán para facer en familia

0

A Concellería de Deportes do Concello de Tomiño organiza unha serie de actividades de verán dirixida á infancia e ás persoas adultas, que poderán desfrutarse en familia ou individualmente.

A oferta inclúe dende deportes máis clásicos, coma o atletismo, o tenis ou o piragüismo, até propostas máis novidosas coma o ioga en familia, o pádel ou rutas en kaiak polo Miño (xuntamos programación con todos os datos).

As inscricións realizaranse a través dun formulario que estará dispoñible na páxina web; (www.tomino.gal) dende esta semana. As persoas menores de idade precisarán autorización materna, paterna ou do titor/a legal. Para máis información pódese chamar aos números de teléfono do Concello (986 622 001/02/03) ou mandar un correo electrónico a [email protected].

En todos os cursos ofertados requírese un mínimo de 15 persoas para que se leven a cabo.

CURSO DE IOGA EN FAMILIA

Nesta actividade o tempo transcorre entre movemento, xogo, imitación, risa, entendemento, baile, canto e calma.

O entorno escollido para levar a cabo este obradoiro é o interior da Fortaleza de Goián nos meses de xullo e agosto.

Dirixido a nenos e nenas sempre en compañía dunha persoa adulta. Inicio: xoves 1 de xullo ata o martes 31 de agosto. HORARIO: martes e xoves de 12h a 13.30h. Prezo: 25€/mes por persoa adulta. Menores de idade, gratis.

CURSO DE PROMOCIÓN AO PIRAGÜISMO

Impartido polo Club Deportivo Miño. O obxectivo é introducir as nenas e nenos nesta práctica deportiva e tamén dar a coñecer o río. Está destinado a persoas de entre 8 e 14 anos.

HORARIO:

GRUPO A: luns e mércores de 17 h a 18.30 h o 28, 30 de xuño e 5 e 7 de xullo. e GRUPO B: luns e mércores 17 h a 18.30 h o 19, 21, 26 e 28 de xullo.

Prezo: 20€. É obrigatorio saber nadar.

ACTIVIDADE DE KAIAK EN FAMILIA

Impartido polo Club Deportivo Miño. Actividade dirixida a familias e grupos de amigos/as (se a situación sanitaria o permite). Unha ruta dunha hora ou hora e media de duración polo Miño, dependendo do estado do río e das persoas que participen.

Horario: días 11 de xullo e 8 de agosto ás 11.00h. Lugar: antigo embarcadoiro de Goián. Prezo: 20€ os maiores de idade; menores de 12 anos gratis. É obrigatorio saber nadar.

CAMPUS DE ATLETISMO

Impartido pola Sociedade Atlética Trega. O obxectivo é iniciar ao atletismo a nenos e nenas mediante o traballo das habilidades motrices de cada especialidade (carreiras, saltos e lanzamentos). O alumnado coñecerá esta disciplina a través do xogo e mediante a promoción da actividade física como hábito saudable, á vez que se fomentarán actitudes de respecto, compañeirismo e convivencia entre as persoas.

Temporalización: primeira semana de agosto, 3 horas diarias, grupos reducidos. Prezo: 10€.

ESCOLAS DE VERÁN DE TENIS INFANTIL E PERSOAS ADULTAS

Infantil: Impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir ás nenas e nenos, de entre 6 e 17 anos, neste deporte. Formaranse grupos segundo as idades.

Duración: meses de xullo e agosto. Temporalización: luns, mércores e venres. Prezo: 15 €/mes por alumno/a.

Persoas adultas(a partir de 18 anos): impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir ás persoas adultas neste deporte.

Duración: meses de xullo e agosto. Prezo: 35 €/mes por alumno/a.

CAMPUS DE VERÁN DE PÁDEL INFANTIL E PERSOAS ADULTAS

Infantil: impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir no deporte ás persoas interesadas. Ensinanza dos aspectos técnico-tácticos do deporte, introducindo ao alumnado no xogo, dun xeito divertido, mediante exercicios de curta duración e moita variedade.

Duración: xullo e agosto. Horario: martes e xoves de 10.30h a 11.30h e de 11.30h a 12.30h. Prezo: 12 € mes/alumno. Requisitos de inscrición: ter entre 6 e 17 anos.

Persoas adultas: a partir de 18 anos: impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir as persoas interesadas neste deporte, que axuda a fortalecer e tonificar a musculatura, o desenvolvemento psicomotriz e a coordinación. Estimula a capacidade aeróbica, a axilidade, os reflexos e a velocidade.

Duración: meses de xullo e agosto. Horario: martes e xoves de 12.30h a 13.30h.

Vendida unha parcela municipal do Porriño á empresa Iberembal

Eva García, alcaldesa do Porriño, firmou esta pasada semana con Enrique Mastral, director xeral da empresa “MassilIy Ibérica Iberembal”, a operación de compra venda dunha parcela municipal que a industria navarra adquire para construir unha fábrica no termo municipal.

O predio ten 13.335 metros cadrados de superficie dos que 10.668 son edificables con fins industriais. Localizase no PPI 7, na parroquia de Budiño. A firma compradora vai construir unha factoría de envases metálicos para conservas alimenticias.

O director xeral da firma manifestou que “temos en marcha un importante proxecto de futuro para o seu desenvolvemento nos mercados de Galicia e Portugal”

“Massilly Ibérica IBEREMBAL” fora a única empresa que presentou plica no prazo de presentación de ofertas que o Concello do Porriño convocara e que rematou en decembro de 2020.

A operación é por un importe de 960.000 euros (máis IVE) o que suporá un ingreso moi importante para a tesorería municipal que “se destinará a diversos investimentos no concello para a mellora da calidade de vida da veciñanza”, manifestou a alcaldesa, Eva Garcia ao remate da firma.

Luz verde a ReacPon, o maior plan de investimento público da historia da Deputación

O Pleno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde a ReacPon, Reacción Pontevedra Provincia, dotado cun orzamento de 47,2 millóns de euros, que vén de converterse, tal e como o cualificou o portavoz Carlos Font, “no maior plan de inversión pública da historia da institución”. ReacPon, que será presentado o vindeiro luns aos 59 concellos da provincia nunha reunión á que teñen sido convocadas/os todas as súas alcaldesas e alcaldes, está dirixido a impulsar a economía da provincia xerando actividade e creando ou mantendo o emprego para paliar as consecuencias da covid-19. Coa aprobación no pleno, esta potente inxección de recursos súmase xa aos 168 millóns do orzamento provincial para este ano.

O plan, que contou cos votos a favor do grupo socialista e nacionalista e a abstención do grupo popular, é “unha resposta contundente a este período escuro e unha aposta inequívoca polo investimento público como ferramenta para estimular a actividade económica” asegurou o portavoz Carlos Font. Estará aliñado coas dez políticas panca do Plan de Transformación do Goberno do Estado, cos cinco obxectivos de cohesión europea 2021/2027 e coa Axenda 2030 e contará con dous programas: o ReacPon Deputación para a mellora das dotacións provinciais e equipamentos provinciais, dotado con 27,2 millóns de €; e o ReacPon Concellos, dirixidos aos concellos e dotado con 20 millóns de €.

O deputado socialista Carlos López Font (na primeira fila) e o vicepresidente da Deputación, nacionalista César Mosquera

O vicepresidente César Mosquera sinalou que “cando presentamos os orzamentos xa advertimos de que pasariamos de 200 millóns de euros, que era unha cifra nunca vista nesta Deputación”. Asegurou que o Plan é a consecuencia dunha política planificada, que consiste en “facer peto” cando a economía vai ben e estimulala nos períodos complicados a través de obras e actuacións. Tamén destacou que o ReacPon nace con vocación de inmediatez para acelerar a reacción económica na provincia: “queremos facer unha intervención de choque e por iso se enfatiza a madurez dos proxectos nas bases, un concepto (o da madurez) xa introducido nos anos 90 pola Unión Europea”. Ademais recomendoulle ao PP que inste aos seus alcaldes e alcaldesas a elaborar “unha biblioteca de proxectos, porque cando hai ideas claras os proxectos acaban executándose”.

Carlos Font subliñou que a través de ReacPon Deputación, vanse transformar os servizos e dotacións da institución para a súa modernización, así como para apostar pola sustentabilidade, dixitalización e restauración ambiental. Tamén dotarase de maior investimento ás estradas provinciais e aos concellos, ao Museo de Pontevedra, á restauración medioambiental da xunqueira de Alba, a impulsar o Plan Revitaliza, á mellora enerxética e dixitalización das edificacións provinciais, a promover o emprego, á cohesión social e a cooperación transfronteiriza, á dinamización cultural e deportiva, á implantación do teletraballo e a novos equipamentos en Príncipe Felipe, entre outras cuestións.

No caso do programa centrado nos concellos, ReacPon Concellos, cuxas bases con criterios obxectivos, transparentes, equitativos, respectando a autonomía local e por concorrencia competitiva tamén foron aprobadas polo equipo de goberno coa abstención do grupo popular, suporá poñer a circular 20 millóns de euros nos concellos de menos de 50.000 habitantes para actuacións de rehabilitación de edificios e instalacións municipais, de nova construción e de mellora de espazos públicos.

“Trátase dun plan en igualdade para todos os concellos”, destacou Font, con bases totalmente medibles, “para poder valorar os proxectos que opten a financiamento de forma transparente e equitativa”, garantindo dereitos e servizos, loitando contra o despoboamento, fomentando a igualdade no ámbito rural e urbano, impulsando a sustentabilidade, promovendo a dixitalización na prestación de servizos, así como a accesibilidade e espazos e infraestruturas no medio rural. Así, entre os criterios a valorar, teranse en conta cuestións como a madurez do proxecto, a contribución a unha economía descarbonizada, a calidade do proxecto e a contribución das actuacións á consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030. Cada concello poderá financiar unha actuación ben sexa de rehabilitación, nova construción ou espazo público ata un máximo do 90 % do Plan Concellos que lle corresponde, e non poderá ter un orzamento inferior a un terzo do mesmo. Amais daráselle prioridade ás rehabilitacións e mellora de espazos públicos con criterios de sustentabilidade e os concellos con menos poboación aportarán menos recursos.

Amais do plan e das bases, no Pleno tamén se aprobou a financiación do Plan. Deste xeito deuse visto bo a unha operación de crédito a longo prazo e unha modificación dos orzamentos a través de suplementos de crédito. En canto á primeira opción, tal e como manifestou o deputado, “trátase dun endebedamento totalmente asumible porque temos débeda cero, solvencia financeira e sobre todo unha obriga coas veciñas e veciños da provincia: poñer recursos á súa disposición para impulsar o desenvolvemento”. No caso dos suplementos de créditos destinaranse a financiar partidas dirixidas a concellos nun 30 % deste importe.

O Pleno da Cañiza aproba inicialmente a ordenanza reguladora da venda ambulante no concello

0

O Pleno do Concello da Cañiza celebrado este pasado xoves, 27 de maio, acordou a aprobación e modificación da ordenanza reguladora da venda ambulante na no municipio. Asi mesmo o Pleno deu luz verde a nova ordenanza do servizo de saneamento e depuración de augas residuais, inexistente ata o de agora; á modificación da ordenanza da taxa do lixo e da ordenanza fiscal do servizo da Escola Infantil da cañiza.

Doutra banda aprobouse tamén o expediente de contratación para a explotación do servizo do camping  que necesariamente tivo que ir a Pleno por ser o órgano competente para resolver (xa que o importe do valor da concesión supera o 10 % dos recursos ordinarios do Orzamento, 3.627.655,26 €).

Venda ambulante

A aprobación desta nova ordenanza responde ao compromiso adquirido polo Goberno Municipal coa Comisión de Vendedores das Feiras da Cañiza de manter as feiras antiguas e crear unha feira nova.

Así, o pasado 28 de agosto asinouse un acordo que pode cualificarse de ‘histórico’ entre o alcalde Luis Piña e os representantes  dos feirantes para o mantemento da feira antigua do 6 e do 20 e a creación dunha nova feira que se celebrará o antepenúltimo e o último domingo de cada mes.

A nova feira é unha aposta económica que xurde co  fin de crear un novo espazo comercial e dar un novo servizo de fin de semana aos veciños e visitantes para impulsar, fortalecer e fidelizar a economía local.

Explotación e mantemento do camping

Esta concesión, cun valor de 1.604.283,15€, será por 16 anos e contempla un investimento mínimo por parte da empresa concesionaria de 66.680,00 €. Ademáis o Concello reservarase o dereito de instalar no recinto un punto de recepción de BTT (bicicleta todo terreo) e o dereito de ocupar varias prazas durante a tempada alta.

É intención do Goberno Municipal que o Camping sexa xestionado por empresas  especializadas en hosteleira e xestión de lecer e tempo libre, capaces de  optimizar ao máximo os recursos deste activo, para atraer máis visitantes e turistas e volver a convertir esta instalación nun instrumento catalizador de turismo.

Escola infantil municipal

O Pleno tamén aproou a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Prezo Público polo Servizo da Escola Infantil Municipal de 0 a 3 anos, publicada no BOPDEPO 127 do 3 de xullo de 2012.

Esta modificación equiparará os prezos da Escola da Cañiza aos prezos das escolas infantís da rede autonómica da Galiña Azul. Permitirá ademáis adaptarse á normativa autonómica de axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís (0-3 anos) con  carácter de retroactividade. A Ordenanza actual non contemplaba esta bonificación do 100 % para segundos fillos.

Servizo de saneamento e depuración de augas residuais

O Concello non disponía dunha ordenanza xeral para este Servizo. Soamente disponía dun regulamento de verteduras á rede de saneamento que con esta nova Ordenanza queda derogado e pasa a formar parte da nova norma máis ampla que recolle entre outros aspectos as condicións do emprego da rede municipal de saneamento e as inspeccións e controis sobre o mal uso da mesma.

Recollida de Lixo

Neste punto, cómpre salientar que aprobouse únicamente o apartado que fai referencia ás bonificacións que o Concello deberá aplicar nos recibos do lixo para repercutir a baixada do 10% na tonelada de basura que a Sociedade Galega do Medio Ambiente da Xunta de Galicia aplica ao Concello baixando a Tonelada de 69,48 € ao canon bonificado de 62,50 €.  O Concello da Cañiza xenera unha media de 150 toneladas de lixo ao mes o que supón un coste mensual de 9.000 euros, incrementándose nos meses de verán e coas celebracións do Natal.

Un centenar de pilotos competirán este domingo no XI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade

0

Máis dun centenar de piloto participará este domingo, 30 de maio, no XI Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade, organizado polo Motoclub Randufe e o Motoclub A Peroxa.

Esta competición, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença, foi presentada na casa do concello polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Mario Rui Oliveira, o presidente e vicepresidente do Motoclub Randufe Adolfo Pereira e Andrés Urseira, e o presidente do Motoclub A Peroxa e representante da Liga Galega de Moto de Campo, Javier Quintas.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou a gratitude do concello “polo esforzo que implica organizar un evento coma este”. Engadía que esta proba “enriquece o calendario deportivo da Eurocidade, e da contido a este proxecto”.  Asumiu amais publicamente o compromiso de saldar a débeda que teñen co Motoclub Randufe para poder materializar urbanisticamente o circuíto en Randufe.

O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, agradeceu aos clubs organizadores a súa aposta por levar adiante este enduro e seguir facendo deporte na cidade.

O vereador de Desporto de Valença, Mario Rui Oliveira, manifestou a súa satisfacción por participar nesta presentación por dobre motivo. Por unha banda porque as asociación continúan organizando actividades e porque a “Eurocidade mantense viva e forte” apuntando que “facemos un esforzo para que a axenda cultura e deportiva se manteña”.

O presidente do Motoclub Randufe, Adolfo Pereira, salientou que o Enduro Cidade de Tui é a proba máis veterana deste deporte que se celebra en Galicia. Explicou que constará dun percorrido de 34 quilómetros polas parroquias de Randufe, Malvas e Pexegueiro, e contará con dous tramos cronometrados en Randufe e Chan da Misuela.  Pola súa parte o vicepresidente do Club, Andrés Urseira, agradeceu que esta competición forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença. Sinalou o “efecto turístico e difusor da Eurocidade” que ten esta proba, indicando que vivir na Eurocidade é unha fortaleza que temos que aproveitar.

Javier Quintas, presidente do Motoclub A Peroxa e representante da Liga Galega de Moto de Campo, destacou o alto nivel que o enduro ten en Galicia e tamén a importante tradición que este deporte ten na Eurocidade Tui-Valença.

As condicións actuais coas limitacións derivadas da pandemia provocan que este ano non se poida chegar á cifra de 300 participantes doutras edicións, pero si haberá máis dun centenar en competición entre os que estarán os galegos Pedro Gonzalo ou Enrique  Vega, e posiblemente tamén participe Sergio Navarro, actual campión do Mundo junior.

O parque pechado estará situado en Chan do Carrasco. Os pilotos tomarán  a saída, cunha diferenza dun minuto, a partir das 11 h.  Estímase que os primeiros poderán chegar a Malvas sobre as 12 h. A categoría senior realizará tres voltas ao circuíto até completar  126 quilómetros. Haberá dous tramos cronometrados. O público, con todas as medidas de seguridade, poderá ver a proba en Randufe ou Malvas, e tamén na estrada Tui-Gondomar, onde hai unha trialeira nunha zona empedrada e complexa. 

Nenos e nenas da Guarda convidados a participar en “A flote en Igualdade”

0

O Centro de Información á Muller e a Concellería de Igualdade do Concello da Guarda programan para a tarde do xoves 3 de xuño unha acción que consistirá nun encontro de nenas e nenos ao redor do xogo para a realización dunha xincana onde descubrir con que elementos a igualdade nos permite estar a flote e de que xeito a desigualdade pode acabar fundíndonos.

Esta actividade está destinada a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos e terá lugar o xoves día 3 de xuño en horario de 17:30h a 18:30h na Praia da Ribeira no Porto da Guarda.

Presentarase o xogo dunha xincana cooperativa (non competitiva) onde o traballo conxunto de nenas e nenos axude a descubrir que para que a sociedade consiga estar a flote necesita da igualdade.

As inscricións están xa abertas no Centro de Información á Muller da Guarda de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz) ou no teléfono 986 614 648.

Esta actividade está financiada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.