12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaAs Escolas deportivas municipais do Concello de Baiona organizan a súa tradicional...

    As Escolas deportivas municipais do Concello de Baiona organizan a súa tradicional viaxe ás Illas Cíes

    O vindeiro sábado día 26 de xuño e para complementar o peche do curso escolar deportivo 2016-2017 das Escolas Deportivas Municipais, a Concellería de Deportes de Baiona, que xestiona Miriam Costas, programa unha viaxe ás Cíes. A inscrición abrirase a partir do día 1 de xuño para todos os socios e socias das Escolas Deportivas Municipais, mentres que os non socios que queiran participar deberán esperar ao día 14 de xuño para poder anotarse.

    O número de prazas é limitado e as inscricións deben de tramitarse nas Oficinas do Pavillón Municipal de Baiona. O horario de atención ao público será de 09:00 h a 13:00 h e de 18:00 h a 21:00 horas.

    As saídas desde o porto pesqueiro de Baiona e regresos desde o peirao de Rodas nas Illas Cíes están previstos nos seguintes horarios:

    • 09:15 h – 19:00 h (barco 1).
    • 10:45 h – 20:40 h (barco 2).

    O prezo está subvencionado pola Concellería de Deportes, sendo o mesmo fixado en 8 euros para todas as persoas participantes.

    Para maior información, interesados e interesadas poden dirixirse ao Pavillón de Deportes de Baiona ou chamar á o teléfono 986 356 558, tamén se dispón do correo electrónico deportes@baiona.org.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS