Xoves, 18 Setembro de 2025

O Centro de Dinamización Empresarial de Ponteareas ofrecerá espazos de traballo e asesoramento ao tecido empresarial

‘Un lugar para traballar e crecer’, así será o primeiro Centro de Dinamización Empresarial de Ponteareas que foi presentado onte polo concelleiro de participación cidadá, Roberto Mera, e a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, acompañados da segunda tenenta de alcalde Chus Garrote e dos técnicos redactores do proxecto.

O estudio de arquitectura Irisarri-Piñera S.L.P expuxo diante de autónomos/as, empresarioas/os, emprendedores/as e comerciantes o proxecto de reforma dos dous andares do coñecido edificio da Seguridade Social na Praza Maior mercados con fondos propios do Concello grazas ao saneamento económico realizado polo actual goberno.

Agora, a reforma será financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, FEDER, no marco da estratexia “Ponteareas, hábitat saudábel” e nun 20 % con fondos propios do Concello.

O Centro de Dinamización Empresarial ofrecerá espazos de traballo para emprendedores, unha oficiña Smart PEME, sala de reunións, zona de traballo informal, coworking, zona de reprografía e almacén, unha oficiña de asesoramento e espazo de formación. Ademais, complétase cun patio-terraza que oferta a posibilidade de traballar ao aire libre.

Na sala multiúsos do auditorio municipal coñeceron o que será o seu centro de apoio e no que poderán realizar reunións, participar en xornadas, recibir formación e interactuar con outros empresarios e emprendedores. Os usuarios e usuarias disporán de oficiñas e medios informáticos, materiais e de reprografía, tamén se beneficiarán dun servizo de asesoramento con persoal cualificado.

“Permite que calquera autónomo ou persoa que teletraballa dispoña de salas tecnolóxicamente dotadas para manter reunións con outros profesionais, atender proveedores, recibir clientes ou interactuar nos espazos coworking xerándose máis oportunidades de negocio. Este centro estará aberto para todo o tecido empresarial de Ponteareas, tanto para os que comezan como para os que están asentados”, explica o alcalde en funcións Roberto Mera.

Enriquecerse mutuamente e enriquer a nosa vila cun deseño arquitectónico aberto que permita a participación e un redeseño diario que se adapte ás necesidades de cada momento, “é dicir, que pasado o tempo e atendendo á demanda poida ser adaptado con facilidade.Trátase de espazos de traballo para necesidades diversas e cambiantes no tempo con material e ferramentas que faciliten o traballo diario daqueles que non dispoñen de espazo ou tecnoloxía nos seus fogares, oficiñas ou locais”, engade a concelleira Eva Gil.

Priorizar os espazos que permitan traballar en grupo e aproveitar as sinerxias dos usuarios/as, mobiliario multifunción, acabados de doado mantemento e durabilidade, mamparas de cristal e cores neutras son algunhas das claves do deseño interior segundo explicou a arquitecta Guadalupe Piñera.

A accesibilidade está garantida con percorridos de circulación transitables por calquera tipo de mobilidade reducida así como con sinalización a distintas alturas e con lectura Braille.

A concelleira Chus Garrote engade que esta iniciativa contribuirá na revitalización desta céntrica praza do casco vello sumándose as accións iniciadas coa declaración ARI e a creación do centro cívico nesta mesma praza.

Bioclimática activada

O proxecto aproveita a reforma para mellorar o funcionamento enerxético e ambiental do edificio. Mellorando o aillamento, a iluminación natural co acristalado das fachadas ao patio e a ventilación cruzada achegándose aos estándares passive-house e outros.

“Aberto, dinámico, versátil e conectado coa vila para que ambos se enriquezan e sempre con expectativas de medrar á par do tecido empresarial e da inquedanza dos e das emprendedoras”, sinalou o arquitecto Jesús Irisarri que salientou a importancia de ofrecer un espazo que se nutra da vida na praza e que á vez lle dea vida á mesma.

Un lugar dende o que facer cidade

O novo edificio de uso público é claramente comunitario e xera un rico espazo colectivo que se estende e sae á rúa cunha ampla zona cuberta, activando o espazo público e dando visibilidade a toda a actividade que se xera dentro.

“Os edificios institucionais teñen que ser sociais e participativos na vida da comunidade, facer cidade, xerando espazos extrovertidos con capacidade de interacción coa súa contorna”, explicou a arquitecta Guadulupe Piñera.

As e os asistentes a esta reunión participativa recoñeceron a necesidade deste espazo para completar a súa actividade comercial e empresarial diaria e valoraron moi positivamente o deseño e distribución así como os espazos ofertados, ademais de interesarse sobre a futura xestión do centro e posibilidades de uso.

A concelleira de Promoción Económica adiantoulles que o proxecto non remata coa reforma do edificio, que se realizarán accións de dinamización e posta en marcha así como un traballo diario para a optimización do seu uso.

Comezan as obras de modernización da Praza de Abastos de Redondela

0

A Concellería de Feiras e Mercados, que dirixe Vicente Lamas, iniciará esta vindeira semana as obras de instalación dun ascensor que permitirá que este edificio municipal cumpra coa normativa de accesibilidade en edificios públicos.

As obras, adxudicadas á empresa Ocisat, S.L. por un importe de 44.048,46 euros –IVE incluído– e contan cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (dentro do programa de subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais) e cofinanciadas polos fondos europeos FEDER. O prazo estimado de realización das obras será de mes e medio para que os traballos ocasionen as menores molestias tanto a vendedores coma a usuarios e usuarias.

Nesta vindeira semana o Goberno local manterá unha reunión coas praceiras e praceiros para darlles a coñecer o borrador do proxecto de reforma integral do edificio e escoitar as suxestións que as e os profesionais poidan realizar. O obxectivo é converter a praza de abastos de Redondela nun mercado moderno e competitivo e que poña en valor o comercio de proximidade e sexa referencia de produtos de calidade.

Tanto a alcaldesa Digna Rivas como a concelleira de Comercio, María Castro, fixeron fincapé na fonda transformación que está a darse nas prazas de abastos das vilas e cidades para converterse en espazos “non só de venda de produtos proximidade e calidade contrastada, senón como lugares de dinamización social que inflúan en toda a súa contorna, tal e como se está facendo neste tipo de infraestruturas ao abeiro das subvencións que, para estes proxectos, ofrece a Xunta de Galicia”.

A Estación Fitopatolóxica Areeiro aconsella manter a vixianza ante o mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella manter a vixianza ante o mildio. Na observación levada a cabo esta semana, observouse que un 40 % das viñas tiña mildio larvado, aínda que se trata de focos illados, polo que recomenda renovar os tratamentos e realizar unha vixilancia periódica das viñas. Do mesmo xeito, dende Areeiro recomendan labores culturais de aireación dos acios incluíndo as esfollas..

O persoal da Estación Fitopatolóxica Areeiro advirte que a climatoloxia dos vindeiros días será favorable á aparición de oídio, co que hai que manter un alto nivel de vixilancia e seguir con atención a evolución da enfermidade. No caso do botrite, atopáronse algunhas roturas fisiolóxicas que poden dar entrada a este patóxeno, aínda que non se espera que aumenten polas escasas previsións dun incremento da humidade. Sen embargo Areeiro aconsella que nas variedades máis sensibles a este patóxeno, como Godello ou Treixadura, se aplique un tratamento antes de que o acio peche completamente e estea compacto.

Adultos mosca branca e adultos e ninfas Trioza

Pola súa banda en canto ao moteado da maceira, debido á elevada humidade dos últimos días, aconséllase aplicar un tratamento, extremando as precaucións nas variedades máis próximas á colleita. Xa no que respecta ao buxo Areeiro prevé que as eirugas, debido á mellora na climatoloxía, comecen a desenvolverse máis rapidamente co que hai que incrementar o nivel de alerta e tratar no caso de observar avances na sintomatoloxía.

EU de Ponteareas cuestiona a baixada da partida de emerxencia social e propón modificar a súa ordenanza

Esquerda Unida de Ponteareas vén de amosar o seu desacordo coa modificación orzamentaria aprobada polo Goberno ponteareán onde, afirma a formación asemblearia “retíranse 50.000 euros da partida de emerxencia social. Segundo EU, o incremento desta partida nos orzamentos de 2021, pasando dos 120.000 euros anteriores aos 200.000 “debería ser utilizada para modificar a ordenanza de emerxencia social de xeito que dera unha maior cobertura ás persoas faltas de recursos do noso concello”.

Pon Esquerda Unida como exemplos coñecidos de carencia a do Centro de Reparto de Alimentos “que soamente proporciona ás persoas beneficiarias unha canastra moi básica e insuficiente, ou os problemas de vivenda de moitas veciñas e veciños tal e como veñen denunciando colectivos do noso concello, por poñer dous exemplos”.

Para EU, a xustificación dada polo concelleiro de Facenda para facer esta modificación de que o ano pasado se empregaron desta partida algo menos de 100.000 euros, “non indica que a veciñanza do noso concello teña as súas necesidades cubertas, se non a falta de vontade do goberno local á hora de resolver os problemas vitais da cidadanía”, explican.

Por outra banda, segundo EU tamén se retiran un total de 61.800 euros do capítulo un dos orzamentos, dedicado aos gastos de persoal “cando a día de hoxe o Concello aínda non comezou a aplicar o pagamento dos pluses acordados no convenio colectivo vixente dende xaneiro de 2019”.

Esquerda Unida cualifica a política como “unha cuestión de prioridades” polo que, afirman, está moi ben investir recursos municipais en mellorar o entorno do casco urbano, “pero a principal preocupación dos e das gobernantes municipais debería estar en garantir unhas condicións mínimas de vida digna para toda a veciñanza e despois o resto”.

A Feira do Viño do Rosal abre hoxe sábado as inscricións nas súas actividades

0

A Feira do Viño do Rosal xa está a ultimar os detalles para celebrar a súa XXIX edición. Este mesmo sábado 10 de xullo abrirase o prazo de inscrición en todas as actividades programadas para este ano, das que se poderán desfrutar en bloques horarios e con aforo limitado para garantir a seguridade das e dos participantes.

“A Feira volve de forma presencial pero con toda a prudencia e contención posibles, poñendo en marcha todos os mecanismos de prevención necesarios e priorizando sempre a saúde pública”, salienta a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

As inscricións para as actividades que se desenvolverán na Praza do Calvario e para o roteiro polos muíños do Folón e do Picón realizaranse de xeito cómodo e sinxelo a través da web da Feira do Viño. As persoas interesadas soamente deberán encher o formulario de reserva de praza para calquera dos bloques de actividades, que serán:

  • Vernes 16 de xullo
    • De 20.00 a 21.00 horas entrada ao recinto. Ás 21.00 horas celebrarase o acto inaugural e darase paso ao pregoeiro, o enólogo Aurelio Vázquez Fachal. Ás 22.00 h comezará o monólogo de Sergio Pazos.
  • Sábado 17 de xullo
    • De 11.00 a 12.00 horas entrada ao recinto. Ás 12.00 horas poderase desfrutar do showcooking a cargo dos chef Iván Mendez e Alejandro Iglesias, unha actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Ás 13.30 horas será a quenda co concerto lixeiro, no que se poderá escoitar a Weli Kings mentres se degusta un viño.
    • De 18.00 a 19.00 horas entrada ao recinto. Ás 19.00 h pódese desfrutar da actuación infantil a cargo de Barafunda.
    • De 21.00 a 22.00 horas entrada ao recinto. Ás 22.00 horas celebrarase o concerto de The Soul Jacket.
  • Domingo 19 de xullo
    • Roteiro polos muíños do Folón e do Picón.
    • De 12.00 a 13.00 horas entrada no recinto. Ás 13.30 horas comezará o concerto lixeiro con Awen.

Durante todas as actividades poderán degustarse os viños das adegas DO Rías Baixas subzona do Rosal, pertencentes á confraría Cabaqueiros do Viño do Rosal: Aforado, Altos de Torona, Lagar de Cervera, Lagar Pedregales, Quinta Couselo, Santiago Ruiz, Adegas Novás, Terras Gauda e Valmiñor.

Ao abeiro da Feira do Viño, a confraría tamén organiza unha cata comentada de nove viños dirixida polo enólogo Aurelio Vázquez Fachal. O enólogo conta con formación no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e cunha longa traxectoria en postos de dirección de negocios de restauración e hoteleiros. Ademais, foi gañador no ano 2012 do concurso ‘Nariz de Oro de Galicia’. A cita será o venres 16 de xullo ás 13.00 horas no restaurante Juan e para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a [email protected], indicando nomes e apelidos da persoa participante. Data límite de inscrición: 15 de xullo ás 13.00 horas.

Os adegueiros tamén poñerán en marcha estes días visitas guiadas as súas bodegas. As persoas interesadas en participar teñen na web da Feira do Viño toda a información sobre días, horarios, contactos e modo de inscrición.

A Feira realizarase con todos os protocolos de prevención e restricións establecidos pola propia Xunta de Galicia para este tipo de eventos. É importante destacar que a Feira do Viño soamente poderá realizarse en caso de que o nivel de alerta epidemiolóxica no Rosal sexa medio-baixo, xa que a Xunta obriga á cancelación ou suspensión de calquera evento no caso de subir de nivel de risco.

A exposición «Xela Arias e as palabras», do CEIP Porto Cabeiro, pode visitarse na Biblioteca Xela Arias de Chapela

0

Xela Arias e as palabras é o título do proxecto didáctico co que o redondelán CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro resultou gañador, dentro da categoría de centros de Primaria, no Concurso-Exposición arredor da autora homenaxeada polas Letras Galegas 2021, que organizaba a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Froito deste proxecto didáctico, o alumnado do centro elaborou 10 fermosos e orixinais carteis para difundir a vida, a obra e o traballo da Xela poeta, editora e tradutora a prol da nosa lingua e a favor da difusión da cultura.

Sobre eles, a comisión de valoración encargada de resolver a convocatoria salientou a “orixinalidade e creatividade, pola beleza estética e pola diversidade das técnicas empregadas na procura de difundir a vida e a obra de Xela Arias entre o público máis novo”.

Agora veciñas e veciños poden destes cartaces no mellor sitio posible: na sala infantil da biblioteca que leva o nome de Xela Arias, en Chapela.

Dende as bibliotecas municipais transmitiron a súa felicitación ao CEIP Porto Cabeiro polo premio recibido ao mesmo tempo que agradeceron “que se potencie a figura de Xela Arias coa súa creatividade, e por cedernos o resultado deste traballo para que embeleza a nosa biblioteca de Chapela”.

O CDL de Ribadetea, Ponteareas, acollerá unha xornada formativa sobre as doenzas do castiñeiro

A Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Rosa Covelo, organiza este mes unha nova xornada formativa, nesta ocasión enfocada cara á detección e loita contra as doenzas do castiñeiro, o chancro Cryphonectria parasitica e a avespa Dryocosmus kuriphilus. O curso celebrarase o vindeiro 26 de xullo no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, en Ribadetea, en horario de mañá.

Impartido polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, esta acción formativa de catro horas de duración vai dirixida fundamentalmente a produtores en activo, persoas que queiran iniciar unha actividade agraria ou persoas desempregadas na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.

Será un curso teórico e práctico que contará con 15 prazas. Xa está aberto o prazo de inscrición, que debe facerse enchendo o formulario de solicitude e entregándoo no Concello ata tres días antes da celebración do curso. A edil Rosa Covelo anima a todas as persoas interesadas “a participar nunha iniciativa que busca formar á veciñanza e contribuír así ao coidado e recuperación da nosa contorna”.

Máis de 4.000 persoas pasaron en xuño pola Oficina Municipal de Turismo de Tui

0

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu durante o pasado mes de xullo a 4.067 persoas que se achegaron até este punto demando información turística do municipio, e da zona, así coma sobre o Camiño Portugués.

Entre a primeira e a cuarta semana de xuño case se duplicou o número de persoas que acudiron á Oficina Municipal pasando de 809 ( 560 peregrinos e 249 turistas) a 1.518 (612 peregrinos e 906 turistas).

O concelleiro de Turismo, Patrimonio e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, valoraba moi positivamente estes datos “que reflicten a reactivación que se está a producir no sector turístico da cidade, así coma no propio Camiño de Santiago, o que redunda amais positivamente na economía local”.

Os datos do mes de xuño, aínda que inferiores ao mesmo mes dos anos anteriores á pandemia, “permiten mirar con optimismo a este verán no que ao turismo se refire”, conclúe o concelleiro tudense.

Medio Ambiente de Redondela denuncia ao anterior equipo de Goberno por “posibles irregularidades na xestión de fondos públicos”

0

O concelleiro de Medio Ambiente de Redondela, Roberto Villar, vén de presentar unha denuncia ante o Consello de Contas de Galicia para solicitarlle a comprobación de posibles anomalías na xestión de fondos públicos destinados a obras de saneamento realizadas polo anterior equipo de goberno de Redondela.

Na documentación presentada ao órgano competente nesta materia, dáse conta de diferentes actuacións irregulares, desde o ano 2010, expedientes con lugares e situacións concretas; que deixan ver que na maioría das obras de saneamento executadas, incluíanse as acometidas de particulares dentro do importe de contratación munipal, sufragadas, polo tanto, pola administración, cando lles correspondía asumir os costes aos propietarios dos inmobles afectados.

Ademais, segundo as pesquisas realizadas por Medio Ambiente, varias vivendas nas que se realizaron as acometidas, nin sequera estaban dadas de alta na rede de saneamento municipal, polo que non abonaran a perceptiva taxa de alta no Concello, e non estaban ao corrente do pagamento polo servizo público de saneamento.

O Concello ten instalado ten instalado no exterior do Multiusos uns paneis que explican de xeito sinxelo a parte pública e privada dunha rede de saneamento

Roberto Villar afirma na denuncia presentada que “é necesario fiscalizar os procedemos desde 2010, depurar as responsabilidades correspondentes e posibilitar así a regularización da situación actual do suministro de saneamento e abastecemento de auga do Concello de Redondela”.

As irregularidades foron detecatadas polo departamento de Medio Ambiente durante a execución da obra de saneamento no lugar do Campiño-Porto Cabeiro do Plan Concellos 2018-2019. Neste servizo detectouse que o proxecto técnico incluía 39 acometidas particulares no importe de execución do contrato, namentras que o Regulamento do servizo municipal de abastecemento, saneamento e depuración de aguas de Redondela establece que as novas acometidas deben correr por conta do abonado.

Á vista da situación, paralizáronse as obras e advertiuse á Secretaría do Concello de Redondela, que emitiu o correspondente informe, baseándose fundamentalmente no Regulamento citado e na Lei do Solo de Galicia, 2/2016, de 10 de febreiro, confirmando baixo o seu criterio que a execución das 39 acometidas non lle corresponde a administración municipal senón aos propietarios dos inmobles afectados.

A raíz destes feitos, o departamento de Roberto Villar procedeu a revisar e regularizar os procedemos de saneamento en curso e os futuros para detectar posibles irregularidades, chegando a conclusión, documentada, de que na maioría das obras de saneamento executadas, en anos anteriores, presentaban as mesmas irregularidades.

Ante esta situación, e para que todo aquel que teña dúbidas poida consultalo de forma sinxela, o departamento de Medio Ambiente instalou desde o pasado luns, no exterior do Multiusos, uns paneis que, mediante un código de cores, explican a parte pública e privada dunha rede de saneamento.

A Xunta amplía a cuantía dos incentivos para a compra de taxis adaptados e de baixas emisións

A Xunta amplía ata os 650.000 euros os incentivos á compra de taxis adaptados e de baixas emisións tras incrementar as axudas en 300.000 euros.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Federación Galega do Taxi, Manuel Sánchez Quindimil, e con membros da xunta directiva.

Vázquez Mourelle explicou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o incremento no orzamento das axudas do ano 2021, destinadas á adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida, os eurotaxis, e para taxis eléctricos e híbridos ou de gas coa fin de facilitar a mobilidade coa menor contaminación posible.

Trátase da ampliación da convocatoria, publicada o DOG o pasado 3 de febreiro e dotada cun investimento de 350.000 euros, que se incrementa cunha partida de outros 300.000 euros, polo que  Xunta pon á disposición deste colectivo unha partida total de 650.000 euros.

Detallou que para responder á demanda, esta nova convocatoria pretende atender ás necesidades reais dos profesionais do taxi e facilitarlles a adquisición deste tipo de vehículos.

Unha vez efectuada esta ampliación de crédito, a iniciativa da Xunta permitirá atender 27 solicitudes de axudas para vehículos adaptados á mobilidade reducida, 105 para taxis ECO e 11 para coches de cero emisión.

As subvencións son de 10.000 euros no caso de compra de taxis adaptados, de 6.000 euros para os de cero emisións e de 4.000 euros para os de baixas emisións.

O prazo de solicitudes destas axudas continúa aberto nos termos da convocatoria inicial, subvencionando a adquisición de vehículos desde o comezo do mes de abril do ano pasado e ata o vindeiro mes de novembro, ou ata o esgotamento do crédito.

A conselleira fixo fincapé en que a Xunta leva desde o ano 2016 poñendo ao servizo do sector do taxi estes incentivos para a adquisición de vehículos adaptados. Nestas subvencións, a administración autonómica ten investido ata o momento case 3 millóns de euros, e xa facilitaron a renovación de 375 vehículos de taxi.

O Consello da Infancia de Tomiño busca solucións ao acoso escolar

0

O Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas” de Tomiño reuniuse esta semana cos seus homólogos do Porriño e Redondela cun obxectivo moi concreto: buscar solucións ao acoso (bullying) que sufren miles de escolares na nosa sociedade; reunir en conxunto propostas que poidan levarse a cabo para tentar dar unha mellor resposta a esta terrible problemática.

Os tres grupos levan tempo traballando por separado ao redor desta temática. Na xuntanza, que se celebrou de xeito telemático, puideron compartir ideas, impresións e posibles propostas para que a lacra do acoso escolar sexa tratado tamén dende os seus puntos de vista. “Nos estamos máis próximos ás realidades desta problemática”, explicaban. Afirmaban, ademais, que o bullying ten a súa orixe na propia sociedade e non é algo que parta da xente nova, de forma illada, senón que é unha reproducción da violencia que exercen as persoas adultas.

Aproveitaron tamén para falar do asasinato de Samuel, acontencido esta fin de semana e lamentaron que este tipo de actos sigan acontecendo, concluíndo que “queda moito traballo por facer”.

A concelleira de Mocidade e Participación Infantil, Fátima Rodríguez, xunto con Lourdes do Porriño e Olga de Redondela, entraron tamén á videoconferencia para agradecerlles o traballo que levan realizado durante un curso tan complexo como este, desexando que poidan voltar a encontrarse de forma presencial despois do verán.

Nigrán será escenario do tour 2021 da Escola de Rock de Paredes de Coura, en Portugal

0

O Concello de Nigrán formará parte este verán do tour 2021 da Escola de Rock de Paredes de Coura (Portugal) ao ofrecer un concerto o 29 de xullo ás 19:00 horas no campo de fútbol de Lourido. No mesmo participarán alumnos e profesores da escola de rock local ‘Gain Over’ co fin de intercambiar experiencias e coñecementos. No espectáculo, de entrada libre e con aforo limitado por protocolo covid-19, o público asistente poderá gozar de versións de temas clásicos do rock e contemporáneos, prestando especial atención a cancións que marcaron a historia do festival desta vila lusa.

“É unha cita imprescindible para todo amante do rock e da música en directo e unha gran oportunidade para coñecer de preto a gran valía desta escola e a de Nigrán, Gain Over, ese intercambio cultural é especialmente valioso”, indica o alcalde, Juan González, quen destaca “a gran motivación que significa para os alumnos ofrecer un concerto destas características”.

A Escola do Rock Paredes de Coura naceu en 2014, na terra do icónico Festival Paredes de Coura, contribuíndo ao fomento deste xa clásico romance entre a vila e o rock’n’roll. Decorre en períodos de curta duración, este ano do 18 al 23 de xullo, nun formato de residencia artística e campo vacacional con actividades que varían entre ensaios, formacións, sesións de cinema, concertos e moito máis. Todos os anos, a Escola do Rock organiza un tour con concertos en condicións inéditas para o alumnado e profesorado, reunindo a unha trintena de músicos no escenario. Os grupos da Escola do Rock xa actuaron en moitos festivais, así como en algunhas das mellores salas de espectáculo de Portugal e Galiza, como: Festival Vodafone Paredes de Coura, Serralves em Festa (Museu de Serralves, Porto), Verão na Casa (Casa da Música, Porto), SURFING THE LEREZ (Pontevedra, Galiza), NOS Primavera Sound (Porto), Hard Club Porto, Fundación Barrié (Vigo), entre outros.

Redondela e Cesantes acollen, esta fin de semana, as dúas últimas proxeccións do ciclo ‘O Cinema da Memoria’

0

A Alameda Castelao de Redondela acolle, este venres 9 de xullo, a proxección da película de Alejandro Amenábar, Mientras dure la guerra, pertencente ao ciclo ‘O Cinema da Memoria’ posto en marcha pola Concellería de Normalización Lingüística, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, e que busca “lembrar a escuridade da ditadura franquista para que tempos terribles como eses non se volvan a repetir”.

O ciclo, que xa proxectou A lingua das bolboretas e O lapis do carpinteiro rematará o sábado 10 de xullo no campo de San Pedro, en Cesantes, co documental Aillados. Todas as proxección desenvolveranse en horario de 22:30 horas.

A alcaldesa e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, insiste na necesidade de iniciativas como esta que sigan poñendo o foco de atención sobre a necesidade de protexer o sistema democrático “a única forma de garantir un estado social que protexa aos débiles fronte aos abusadores, que fomente a cultura, a educación en valores humanos e a liberdade dos pobos”.

Gondomar controlará o aforo das actuación das orquestras coa reserva previa de prazas

0

A música e espectáculo das grandes orquestras regresa esta fin de semana a Gondomar, coincidindo coa celebración das súas festas patronais. Este sábado 10 de xullo o grupo ASSIA actuará no parque das Cercas a partir das 22.00 horas, mesmo lugar onde o domingo 11 soarán os temas da orquestra Marbella.

Os interesados en asistir deberán reservar a súa entrada a través do despacho de billetes electrónico https://taquilla.concellodegondomar.gal/ que será gratuíta pero servirá para acceder ao recinto hasta completar o aforo de 330 persoas permitido neste momento. Ademais esixirase o uso da máscara durante toda a actuación.

Desde a concellería de Cultura apelan á colaboración e responsabilidade da cidadanía para garantir “que podamos gozar de boas actuacións sen poñer en risco a nosa saúde nin a dos demais, tal e como os veciños e veciñas de Gondomar demostraron ata o momento.”

Ponteareas comeza un proceso participativo para elaborar un plan de convivencia que mellorará a calidade de vida no municipio

No marco da elaboración do futuro Plan de Convivencia e Civismo, o Concello de Ponteareas vén de poñer en marcha un proceso participativo para implicar a toda a veciñanza no traballo de diagnose dos problemas de convivencia na vila e na definición das medidas e solucións que o Concello deberá implementar no futuro.

O Plan de Convivencia e Civismo ten como obxectivo “acadar unha vila e unhas parroquias coidadas, agradábeis, limpas, saudábeis e seguras”, sinala o concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, Roberto Mera. Para iso “é fundamental o respecto ao espazo público de convivencia e aos dereitos das demais persoas”. Co Plan preténdese “fomentar o civismo e erradicar os comportamentos que deterioran a convivencia e danan a calidade de vida da veciñanza”.

A veciñanza poderá dar a súa opinión e facilitar información e ideas a través dunha enquisa en liña dispoñíbel na web do Concello de Ponteareas. Ademais, nos vindeiros días distribuirase entre toda a poboación un tríptico informativo no que se inclúe un código QR para acceder directamente ao cuestionario. A enquisa divídese en cinco bloques temáticos relativos á limpeza, aos ruídos, á mobilidade, ao uso do espazo e dos bens públicos e á seguridade e saúde. A veciñanza poderá pronunciarse sobre a frecuencia, importancia e lugares nos que se producen diferentes problemáticas de convivencia e cales son as súas causas, ademais de propoñer accións e medidas para darlles solución dende o Concello.

Co Plan de Convivencia e Civismo o goberno municipal quere abordar os problemas de limpeza nos espazos públicos como a presenza de lixo, cabichas de tabaco, depósito de residuos fóra dos colectores, cartelaría en fachadas, excrementos e miccións de cans ou pintadas. En materia de ruídos, a enquisa refírese aos producidos no interior de locais de hostalaría ou en terrazas, por actividades industriais, eventos, tráfico ou actividades nocturnas de carga e descarga, entre outras. No relativo á mobilidade as problemáticas sobre as que se pide opinión veciñal son o exceso de velocidade e condución temeraria ou baixo efectos de alcohol ou drogas e a ocupación por vehículos de espazos reservados a peóns ou a persoas con mobilidade reducida. Respecto á seguridade e saúde, os problemas asociados ao botellón, o paseo de cans incumprindo normas de seguridade coma a correa, as edificacións en ruína, os cheiros desagradábeis ou a presenza de roedores ou pragas en zonas públicas conforman a listaxe neste apartado. Por último, no relativo ao uso dos espazos e bens públicos, pídese opinión respecto á súa ocupación por terrazas de hostalaría, o xogo con balóns en prazas, a presenza de bicicletas e patinetes en zonas peonís ou o vandalismo sobre mobiliario urbano.

Coa diagnose que se obteña a través desta enquisa e das que se están a realizar internamente en diferentes departamentos municipais, o Concello elaborará un Plan de Convivencia e Civismo que determinará as medidas a adoptar en catro ámbitos: o dos medios materiais e humanos e normas xurídicas necesarias para afrontar os problemas, o relativo á educación e concienciación social, o referente á creación de incentivos e alternativas fronte as condutas incívicas e, por último, o que atinxe ás medidas e procedementos sancionadores. No plano xurídico, o Concello prevé aprobar, ao remate do proceso, unha Ordenanza de Convivencia e Civismo que establecerá os dereitos e obrigas cidadáns así como o marco sancionador fronte ás condutas incívicas.

O concelleiro, Roberto Mera, animou ao conxunto da veciñanza “a participar na enquisa porque todas as opinións, propostas e ideas que recibamos servirán para acertar na diagnose dos problemas e atinar na toma de decisións para solucionalos”.

Redondela comprométese coa eficiencia enerxética instalando caldeiras de biomasa no Multiúsos de Chapela e no Conservatorio

0

O Concello de Redondela, a través ca Concellería de Transición Enerxética que xestiona Nacho González, ven de instalar senllas caldeiras de biomasa no Multiúsos de Chapela e no Conservatorio Municipal de Música de Redondela. Os traballos inclúense dentro das iniciativas que desenvolve o Goberno redondelán para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e instalacións públicas e seguir afondando en sistemas que reduzan a emisión de carbono á atmosfera.

No caso da caldeira instalada no Multiúsos de Chapela, conta cunha potencia instalada de 0,15 MW que permitirá unha redución de gases efecto invernadoiro de 13,337 ton CO2/ano. O investimento desta instalación é 63.048,26 euros (IVE incluído) dos que o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FERDER) achegará o 80 % (50.438,61 €), sendo a cantidade restante a achega do Concello de Redondela.

Pola súa banda, a instalación de biomasa para o Conservatorio de Música de Redondela, contou cun investimento total de 53. 490, 05 euros (IVE incluído), dos que os fondos FEDER achegaron 42.792,04 € (o 80 %). A potencia instalada, neste caso, é de 0,125 MW o que evitará a emisión á atmosfera de 8,410 con CO2/ano.

Con estas dúas instalacións de biomasa “o Goberno local mantén a súa aposta polas instalacións baixas en carbono, que reduzan sensiblemente a emisión de gases con efecto invernadoiro e que, polo tanto, contribúan ao coidado do medio ambiente”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Cómpre salientar que o Concello de Redondela está a desenvolver unha serie de auditorías enerxéticas para, en base aos resultados das mesmas, optimizar as instalacións tanto nos edificios municipais como no alumeado público. Estas actuacións, a maiores afondar na eliminación de emisións de CO2, contribúen un notable aforro dos custes enerxéticos.

Nigrán acolle, en Porto do Molle, a fase previa do Campionato de España de Petanca de Tripletas

0

O Concello de Nigrán acolle esta fin de semana a fase previa do campionato de España de Tripletas en Porto do Molle con preto de 250 deportistas de toda Galicia divididos en 65 equipos de categorías senior feminina e masculina (primeira e segunda) e xuvenil. O C.C.D.Bolos da Carrasca, de Nigrán, é a única entidade clasificada da comarca con tripletas senior masculino e feminino.

Para esta cita, o Concello de Nigrán habilitou 40 canchas en terreos ao carón do Edificio Tecnolóxico e a  competición desenvolverase simultáneamente durante todo o sábado e domingo desde as 9:30 ás 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Disporase de cantina con refrixerio e tapeo.

Mediante esta fase previa en Galicia clasificaranse para a fase final do Campionato de España de Tripletas o 10 e 11 de setembro tamén en Porto do Molle unha praza de feminina senior primeira, tres de masculino senior primeira, tres de masculino senior segunda e unha de xuvenil.

“Nigrán, grazas a Bolos da Carrasca, é unha localidade recoñecida en toda España pola práctica da petanca. Esta cita para nos é tamén un ensaio xeral para o campionato final que acollemos en setembro, cando nos visitarán equipos de España, Francia ou Suíza”, explica o alcalde, Juan González.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal habilita 9 puntos para a recollida de firmas

0

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal continúa coas accións de denuncia do progresivo desmantelamento do servizo de Atención Primaria no municipio. A plataforma ten en marcha unha campaña de recollida de sinaturas pedindo que se tomen medidas ante o progresivo deterioro do servizo que se entregarán nos vindeiros días na delegación da Consellería de Sanidade e na xerencia do Sergas.

As persoas interesadas en asinar poden acudir a calquera dos nove puntos habilitados no Rosal: na Casa do Concello, na Liga de Amigos, en Cómplices, en Exclusivas Alonso (“A da Luisa”), no mercado municipal, en A Nosa Terra (Novás), na Tenda da Rotea (Novás), en As Brasas (San Miguel) e na Sociedade de San Miguel. Dende a plataforma anímase a toda a veciñanza a participar e deixar a súa sinatura nos pregos, demostrando así o seu descontento coa situación sanitaria actual no municipio.

As deficiencias nas instalacións e a falta de medios son unha constante no centro de saúde do Rosal, que este mesmo xoves 8 de xullo contaba con tan só unha médica pasando consulta. A Plataforma colocou un cartel no taboleiro deste centro no que se vai actualizando a información diaria sobre o persoal de servizo esa xornada, o que deixa de manifesto as carencias que está a sufrir.

Dende a Plataforma tamén quérese dar as grazas a todos os veciños e veciñas e a todos os establecementos que están a colaborar para loitar contra a continua precarización do servizo de Atención Primaria no Rosal e no Baixo Miño.

Chega o concerto de SÉS ás festas do patrón de Mos

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, membros do equipo de goberno local mosense e representantes da Comunidade de Montes, do Centro Cultural e da Comisión de festas de San Mamede, presentaron a programación cultural das festas do patrón que terán lugar os días 6 e 7 de agosto. 

Os actos comezarán o venres 6 de agosto a partir das 20:00 horas nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso, co concerto “Amantes da Terra” de Andrea Pousa. Os teloneiros emcargados de darlle paso a Andrea Pousa serán os integrantes locais do grupo de gaitas RUADA de Torroso.

O sábado 7 de agosto, chegará o festivo local e con el a celebración do día grande, no que os mosenses poderán disfrutar dunha gran tradición, a das  Bandas de Musica. Será a Banda de Musica Xuvenil de Torroso a encargada de amenizar  o mediodía;  xa pola noite, ás 20:00 h, actuará a Banda de Musica de Ribadumia, que fará a súa actuación a través do progarma “O País das Bandas” posto en marcha pola Xunta de Galicia.

Continuando coa programación, o mesmo sábado 7 ás 21:00 h chegará o concerto de SÉS subencionado na sua totalidade pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través dos Fondos de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Sobre este concerto a redexora local mosense declarou que “estou segura de que será maravilloso, será de seguro todo un éxito xa que SES representa a esa música que tanto lle gusta á xente nova; ademais nun entorno tan ideal coma esa zona exterior do Centro Dotacional de Torroso, a posta en escea será inesquecible”

Pola súa parte, a concelleira de Cultura, Sara  Cebreiro manifestou que “dende o Concello de Mos configuramos unha programación que ten como obxectivo base o fomento da cultura,  ensalzar un día sinalado e importante do calendario da nosa localidade, e por suposto ofrecer alternativas de ocio e disfrute a todos os públicos e sin ter que sair de Mos” 

Tal como indican desde a administración local,  poñendo en marcha esta programación  despois de un duro ano de pandemia que afectou tremendamente á cultura, salientase a riqueza cultural de un pobo e ao mesmo tempo festéxanse estes días tan importantes para Mos.

Aberto o prazo para que os mellores deportistas soliciten as bolsas DepoDan e DepoPromesa

Desde onte xoves os mellores deportistas da provincia xa poden solicitar as bolsas DepoDan e DepoPromesa, as axudas que a Deputación de Pontevedra distribuirá entre un total de 219 mulleres e homes, que obtiveron a marca provincial de deporte de alto nivel e promesa, ás que a institución destina este ano 250.000 euros. As bolsas xa foron publicadas no BOPPO e a partir de hoxe, as persoas aspirantes teñen un prazo de quince días hábiles para presentar as súas solicitudes, que deberán realizar preferentemente a través da sede electrónica da Deputación (https://sede.depo.gal).

Como cada ano estas axudas, que se adxudican en función dos resultados deportivos, permiten o adestramento das e dos deportistas da provincia, 169 que teñen recoñecida a categoría Depo-Dan e as e os 50 que son Depo-Promesa, de cara a alcanzar os seus obxectivos deportivos con tranquilidade e dedicación. Ao mesmo tempo, serven de apoio para posibilitar a súa participación nas competicións nacionais e internacionais e acadar, deste xeito, as súas metas deportivas. A publicación desta convocatoria establece as condicións e procedementos para a concesión das bolsas.  

As e os deportistas están divididos en dous grupos, grupo A, para deportistas con recoñecemento de DEPO-DAN, e grupo B, para deportistas DEPO-PROMESA.  Máis polo miúdo, no grupo A hai catro categorías: A1, con 2.000 euros, para deportistas que acrediten un podio nun Campionato do Mundo; A2, con 1.250 euros, para deportistas do 4º posto en adiante no Campionato do Mundo ou podio no Europeo; A3, con 900 €, do 4º posto en adiante nun Campionato de Europa ou podio no Campionato de España, ou A4, 500 €, do 4º posto en adiante no Campionato de España ou podio no Campionato Galego. O mesmo ocorrerá co grupo B, deste xeito as e os do B1 recibirán 1.200 euros; do B2, 800 euros e do B3, 500 euros.

Mondariz Balneario recupera os seus históricos xardíns coa axuda da Deputación

As obras de axardinamento e recuperación de elementos históricos dos Xardíns de Mondariz Balneario, a carón do Gran Hotel, permitiron recuperar o esplendor desta contorna e de varios dos seus recunchos máis senlleiros a través dunha achega do Plan Concellos da Deputación. A presidenta provincial, Carmela Silva, visitou as obras realizadas, nas que se investiron máis de 233.000 euros, xunto ao alcalde José Antonio Lorenzo, e destacou “a posta en valor e a mellora da estética global da contorna do Balneario, así como da conectividade co paseo fluvial” acadada con este proxecto.

“Esta Deputación ten unha aposta clara pola transformación desta provincia –sinalou Carmela Silva- con proxectos como este que poñan en valor o noso patrimonio, neste caso vexetal e histórico e con novas actuacións que nos permitan recuperar o espazo público para as persoas e promover un turismo sostible. A veciñanza e as e os visitantes de Mondariz-Balneario teñen aquí unha contorna recuperada que é unha mostra máis da riqueza da nosa provincia e que temos que seguir potenciando”.

O citado proxecto desenvolvido en Mondariz-Balneario tiña como obxectivo revalorizar a contorna do recinto axardinado do antigo balneario, que  perdera protagonismo co paso do tempo e coa degradación da vexetación e dalgúns dos seus elementos decorativos e de ocio. A proposta integral de axardinamento, que abrangueu unha superficie de 13.000 metros cadrados, buscaba potenciar así mesmo os seus elementos singulares e patrimoniais existentes e, deste xeito, amais da plantación de especies vexetais e a regularización da topografía con movementos de terras, abordáronse actuacións como a restauración do espazo invernadoiro denominado a “estufa das plantas”, dotándoo dunha nova cuberta de aceiro sólida e estable con recubrimento de vidro, e a reutilización da edificación da carpintería-lavandería como zona de xardín dos sentidos, onde contemplar e gozar de diferentes especies ordenadas segundo patróns de sentimentos.

Os traballos completáronse cun novo sistema de abastecemento de auga para o regato; o a acondicionamento dos muros da carpintería con tepes vexetais para mellorar a estética e envolver a estrutura e a dotación dun novo mobiliario urbano, sinalización e a renovación da iluminación pública. Doutra banda, no xardín perimetral actuouse para facer unha continuidade coa masa do entorno da Villa Doña María con agrupacións monoespecíficas de carballos.  De acordo coa Axenda 2030 e cos seus obxectivos de desenvolvemento sostible, durante as obras tivéronse moi en conta criterios de xardinería sostible para conseguir unha carga menor do mantemento futuro en canto a man de obra, recursos e gasto enerxético. Desde o 2015, o Concello de Mondariz-Balneario recibiu 2,4 millóns de euros en partidas da Deputación, sendo o maior investimento neste concello na historia da institución provincial. No marco do Plan Concellos, o municipio ten recibido 1,5 millóns desde o 2016 e, no marco da Liña 1 de Investimentos puido financiar ao longo destes anos unha vintena de obras, así como contratar a 68 persoas desempregadas para traballar no concello ao abeiro da Liña 3, cun investimento de preto de 350.000 euros. Neste 2021 a institución provincial destina ao Plan Concellos en Mondariz-Balneario un orzamento de 266.000 euros.

O IES A Sangriña da Guarda renovará as súas cubertas grazas á Xunta

0

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vai impulsar a renovación das cubertas do IES A Sangriña, no Concello da Guarda, para mellorar a confortabilidade, a eficiencia enerxética e a seguridade do centro educativo cun investimento de 302.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anunciou a adxudicación dos traballos nunha visita realizada esta mañá ao instituto xunto ao alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o xefe territorial de Educación, César Pérez, e representantes do centro.

“Dende a Xunta estamos a realizar un importante esforzo para mellorar os centros e adaptalos á nova realidade educativa, que vén marcada pola crise sanitaria pero tamén pola nosa intención de situar a colexios e institutos á vangarda como espazos educativos multifuncionais, versátiles, ventilados, luminosos, eficientes e confortables”, explicou o representante autonómico, que lembrou que a consellería vai destinar esta lexislatura 191 millóns de euros á modernización dos centros ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

A actuación programada no IES A Sangriña, que ten dous meses de prazo de execución e se realizará durante este verán, contempla a renovación das cubertas dos seus cinco edificios -catro educativos e un deportivo- chegando a unha superficie de 4.552 m2.

A obra, que comezará nos vindeiros días, inclúe a retirada do actual teito de tella e a instalación dunha nova cuberta de panel dobre de chapa de aceiro galvanizado con acabado exterior, lacados interiores e exteriores e un recheo intermedio de illamento.

Así mesmo, vaise colocar unha protección térmica sobre o forxado do baixo cuberta con panel de lá de roca de dobre densidade e a actuación completarase coa dotación de novos canalóns e baixantes que redireccionarán as escorrentías para minimizar as afeccións ao instituto. “Cremos que a obra é necesaria nun inmoble que ten 36 anos de antigüidade, xa que incrementará a confortabilidade interior, redundará na eficiencia enerxética e reforzará as condicións de seguridade”, concluíu o delegado territorial.

A Feira do Libro chega a Ponteareas

Ponteareas quenta motores para acoller a quinta edición da Feira do Libro que, do 15 ao 18 de xullo, encherá a Praza Maior de presentacións, sinaturas de libros, actuacións, concursos e actividades de animación á lectura. Unha cita que non só servirá para achegar á veciñanza á literatura, senón que “tamén lles permitirá coñecer de primeira man a moitos autores e autoras que temos na vila e na comarca. Serán catro días de actividades para todos os públicos que tamén servirá para dinamizar o sector e dinamizar Ponteareas”, salienta o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

Organizada entre o Concello de Ponteareas e a Federación de Libreiros e Editores de Galicia co apoio da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, a feira abrirá as súas casetas todas as tardes de 18.00 a 22.00 horas.

A programación arrancará o xoves 15 coa presentación ás 18.00 h do libro de Beatriz Cabaleiro Clover, unha porquiña diferente, á que seguirá Raquel Castro (19.00 h) coa súa obra Dormente. Ás 19.00 h tamén será a quenda de Denis Maza, que asinará exemplares do seu libro La mística de un grano de arena. Ás 20.00 h celebrarase o acto inaugural, que incluirá o pregón do humorista e ilustrador gráfico Pablo Prado e rematará cunha actuación musical. Tras a inauguración será o propio Prado, ponteareán de acollida dende que era pequeno, o que continúe coa quenda de presentación, neste caso da obra Nerea, o príncipe da sorte xunto a Manuel Rojo. A xornada rematará a cargo doutra ponteareá, Anabel Antela Castro, que asinará libros de A lingua galega no sector téxtil.

O venres 16 a xornada comezará ás 18.00 h coa presentación de O libro das avoas de Xosé Antonio Perozo e María Lires e a sinatura de Santiago en el fin del mundo de Jesús Bastante. Ás 19.00 h outro ponteareán, Alejandro Cid, presentará acompañado de Isabel Blanco o seu libro Historia del hombre que escribía con sangre. Nee Barros continuará ás 20.00 h coa presentación de Identidade e Alejandro Bouzó asinará libros da súa obra Pensamiento contrafáctico. Ás 21 h Santiago Lopo presentará A carteira  e a ponteareá Teresa Ríos asinará exemplares da súa obra Nos estamos preparados para medrar.

O sábado 17 as casetas abrirán ás 18 h coa presentación de Tiempos difíciles, de Carlos Sampedro, á que seguirá ás 19 h a de Trementina, de Samuel Merino, (19 h) e ás 20 h a de Abril, de Luz Darriba. Tamén ás 20 h as autoras ponteareás Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro asinarán libros do seu Bambán do vento e ás 21 h Xina Vega presentará O estado intermedio.

A feira pechará o domingo 18 cunha intensa programación. Comezará ás 18 h coa presentación de Pan con chocolate de Paula Carballeira e continuará coa de Gramo Stendhal de María Lado (19 h) e de Nus de Manuel Gago (20 h). A esa mesma hora a ponteareá Elisabeth Guerra (Yaiza Cameselle) asinará exemplares do seu La guerra de Elisabeth. A encargada de pechar a quinta edición da feira será María Lado, actriz, escritora e docente no obradoiro de escrita creativa posto en marcha polo Concello. Presentará ás 21 h a súa obra Palabra de martes.

O edil Fernando Groba explica que esta edición “supón para nós un dobre orgullo porque, ademais de poder celebrar unha Feira do Libro que atraerá a moito público, temos entre as e os participantes a persoas gañadoras dos premios organizados polo Concello ou vinculados aos nosos obradoiros de escritura creativa. Estamos moi satisfeitos de ver como iso repercute na nosa sociedade e como axudamos a achegar novos nomes ao panorama literario”.

Recepción do Club Natación Mos

0

Coincidindo co Campionato Galego Infantil de Verán disputado a pasada fin de semana no que o Club Natacion Mos acadou varios récords absolutos por parte dos seus deportistas; o Concello de Mos organizou onte, na praza do Concello, unha recepción para homenaxealos polos últimos resultados obtidos en varios campionatos.

Ao acto homenaxe ao club celebrado onte pola tarde asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais edís membros do equipo de goberno local e representantes dos grupos da Corporación Municipal.

No Campionato Galego Infantil de Verán disputado os días 3 e 4 de xullo, o Club acadou varios récords absolutos.

A nadadora Carolina Pereiro, acadou o ouro en 100 Braza e o ouro en 200 Braza; Antia Hermida o ouro en 50 libre e  prata en 100 Mariposa; Eva Martínez prata en 50 Libre, prata en 100 Espalda e ouro en 200 Espalda; David Freire logrou un 19° posto en 100 Espalda e un 17° posto nos 200 Espalda, mellorando as suas marcas personais; Ainoa Pardavila, xogou un papel importante nos relevos facendo unhas grandes postas e pelexou por varias medallas da súa categoría en 100, 400 e 800 Libre, demostrando un gran estado de forma e o seu gran traballo; e pola súa banda Noa Salgueiriño, quedou 5ª do ano 2008 en 50 Libre e 12ª en 100 Libre no ano 2008

Tamén foron homenaxeados os medallistas mosenses do Campionato Galego Máster de Verán.

Os días 12  e 13 de xuño celebrouse en Ponteareas o Campeonato Galego Máster de Verán. Os veteranos do Club Natación Mos, fixéronse cun total de 28 medallas.

Esta gran actuación dos nadadores de Mos deu como resultado que o Club Natacion Mos estivese no alto das clasificacións dos 25 equipos participantes.

O resultado foi o seguinte: Categoría Conxunta: 5º  Clasificado, Categoría Masculina: 5º Clasificado e Categoría Feminina: 12º Clasificado.

Os medallistas foron os seguintes:

Alberto Trincado, Ricardo Rodríguez, Alvaro Fernández, Andres Rodríguez, Ana Morgadas, Pablo Morgadas, Roi Rodríguez e Carlos García.

O nadador Marcelo Jorge estableceu un total de 3 Récords Galegos nas tres probas de braza en categoría +55 anos. Acadando tres medallas de ouro en 200B, RG 100B  e RG 50B.

Celia Iglesias, un ano máis demostrando experiencia aos seus 88 anos alzouse co trofeo á nadadora máis veterana do campionato, mostrando ser unha gran referente. Foron duas as súas medallas de ouro: en 50L e en 200E (+85).

O Gran homenaxeado da tarde foi Juan Ferrón polo seu Ouro en 200 mariposa logrado no Campionato de España de clubs de natación adaptada.

O 5 e 6 de xuño  disputouse en Lloret de Mar, Barcelona o Campeonato de España por clubs que supuxo o fin dá tempada de natación adaptada.

Juan Ferron logrou o ouro en 200 Mariposa.

O resumo das súas marcas neste campionato quedou así:

Medalla de ouro en 200 mariposa; 9º en 100 Libre multidiscapacidad; 3º en 100 Libre; prata en 50 Mariposa; 8º en 50 Libre multidiscapacidad; 3º en 50 Libre;  6º en 100 Mariposa  multidiscapacidad e por ultimo 2º en 100 mariposa.

O ORAL da Deputación anima aos concellos para que impulsen a Axenda 2030

O ORAL da Deputación de Pontevedra celebrou a súa terceira xuntanza de coordinación e formación dende o comezo da pandemia para presentar un estudo pioneiro que enlaza as políticas fiscais municipais co impulso ao cumprimento dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) recollidos na Axenda 2030 da ONU. O deputado de Réxime Interior e Facenda, Carlos Font, presidiu a sesión, na que participaron un total de 40 concellos da provincia, a maior parte deles telematicamente, e algúns de xeito presencial.

Carlos Font definiu o estudo realizado polo ORAL como “valioso e pioneiro” e unha demostración de que as taxas e os impostos “son ferramentas para cambiar a sociedade cara un modelo máis xusto, solidario e sostible”. Neste senso destacou que a Axenda 2030 é “unha inquedanza compartida para a Deputación, que está xa nun elevado nivel de cumprimento, e os concellos”. O deputado aplaudiu este novo enfoque dende a fiscalidade como un paso máis na colaboración cos concellos e animou aos alcaldes/as e técnicos municipais a telo moi en conta.

O estudo do ORAL, presentado pola súa directora, Inmaculada Viña, subliña que, cun impacto mínimo na recadación, pódense adoptar medidas como a exención do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para os centros sanitarios de titularidade pública ou bonificalo nos edificios e casas unifamiliares con sistemas de aproveitamento térmico ou enerxético. Ademais, é posible bonificar o Imposto de Actividades Económicas (IAE) nas empresas que organicen transporte colectivo para o seu colectivo laboral ou que creen emprego. Tamén reducir o Imposto de Vehículos (IVTM) para as motorizacións respectuosas co medio ambiente ou o Imposto de Construcións (ICIO) nas vivendas de protección oficial. Asemade, o ORAL apunta á posibilidade de diferenciar as tarifas de determinadas taxas e prezos públicos para apoiar ás vítimas da violencia de xénero, ás familias numerosas ou monoparentais, ás persoas convivintes con diversidade funcional e ás persoas vulnerables.

Por outra banda, durante a xuntanza presentáronse os modelos de ordenanzas de impostos e taxas para o ano 2022 coa intención de camiñar cara a unha unificación destes regulamentos en aras a acadar unha maior eficacia administrativa e seguridade xurídica nos procedementos de recadación. A continuación fíxose a presentación da Memoria do ORAL do ano 2020, que pechou cun índice de recadación voluntaria dun 85,8%, o que significou que dos 113,8 millóns de euros totais dos padróns de impostos e taxas municipais cobráronse, en período voluntario e dentro da anualidade, 100,6 millóns de euros. O dato foi aínda maior no IBI, superando o 90%. Carlos Font tamén destacou a recente posta en funcionamento da nova oficina central de información e atención integral en Pontevedra, á que cualificou como “a oficina non só da cidadanía, senón tamén dos concellos”.

O Organismo de Recadación da Deputación atende de xeito presencial, telefónico e telemático a case medio millón de persoas ao ano procedentes dos 54 concellos delegantes dende os seus 23  centros de atención repartidos polo territorio provincial. Ocúpase non só da recadación municipal, senón tamén de servizos complementarios como a xestión catastral, así como o asesoramento técnico para a elaboración de ordenanzas municipais e trámites económico-administrativos.

Jogos de luz e cenários multimédia invadem espaços públicos emblemáticos do centro histórico

Se reparar num ‘Giant Allien’ na cúpula da Piscina Municipal não se assuste. Entre esta sexta-feira e domingo, Vila Nova de Cerveira lança o desafio de partir à descoberta dos 10 espaços públicos identificados com 10 espetáculos de luz e cor, da autoria de 10 artistas e arquitetos nacionais e internacionais de renome. O ‘UMBRA – Festival Internacional de Artes e Multimédia’ é um evento inovador que acontece durante três noites, a partir das 22h00.

Durante este fim-de-semana, percorrer as ruas do centro histórico de Vila Nova de Cerveira apresenta-se como um momento único para absorver e celebrar a relação da luz com a natureza, tendo o património histórico como denominador comum.

Com organização da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, o ‘UMBRA – Festival Internacional de Artes e Multimédia’ vem consolidar o Município de Vila Nova de Cerveira como um concelho atento e atuante no panorama artístico nacional e internacional, através da experimentação e da atividade expositiva como meio de reflexão sobre a arte e a cultura visual contemporânea.

Piscina municipal

Os 10 artistas foram selecionados por um júri especializado, após lançado concurso público, em março, pela Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira para a apresentação de propostas de instalações luminosas que convidassem o visitante a experimentar desafios ambientais e culturais diferenciadores.

Este evento manterá o centro histórico de Vila de Cerveira aberto e iluminado nas noites de 9, 10 e 11 de julho, sendo uma oportunidade única de, através de intervenções artísticas, conhecer os seguintes espaços: Igreja Matriz de São Cipriano, Castelo, Edifício da Piscina Municipal, Jardim da Piscina Municipal, Edifício Solar dos Castros, Edifício da ETAP – Escola Tecnológica, Artística e Profissional de Vila Nova de Cerveira, Largo de São Sebastião, Praceta Jaime Isidoro, Largo 15 de Fevereiro e a Ponte da Amizade.

Deixe-se contagiar pela vida que o ‘UMBRA – Festival Internacional de Artes e Multimédia’ vai despertar à noite. Este é o lema do evento que resulta da candidatura RIMA – Rede Intermunicipal de Música & Arte, financiada pelo NORTE-04-2114-FEDER-000598.

Locais | Artista | Obra

Castelo | Nerea Castro (ES) | VESSELS: FRAGMENTS [interactive installation]

Edifício da Igreja Matriz de São Cipriano | Grandpa’s LAB (PT) | Weatherfall

Edifício da Piscina Municipal | ProSpirit (PT) | Giant Allien

Edifício do Solar dos Castros | Oh CUPA (PT) | Magma

Edifício da ETAP – Escola Tecnológica, Artística e Profissional | BESTSOUND (PT) | Passagem Luminosa

Ponte da Amizade | Eletres Studio – Luis Albino Reyes (PE) | Lum

Largo de São Sebastião | Yeswemakit (PT) | Dodecaedro com sombras

Praceta Jaime Isidoro | Marcelo X (BR) | Cor do Sol

Largo 15 de Fevereiro | Conquista Adrenalina (PT) | Mystical Garden

Jardim da Piscina Municipal | Pushkhy (PT) | > d0pamyna3.0

O Concello da Guarda incrementa un 50% o número de prazas no campamento urbano

0

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acompaña ás familias no inicio do  campamento urbano que se desenvolverá nos colexios de Solanas, Sinde e no recinto do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz.

Este ano o equipo de goberno da Guarda considerou que era unha prioridade atender as necesidades das familias guardesas en relación coa necesaria conciliación entre a vida familiar e laboral  durante a  época de verán. Para iso decidiu utilizar recursos procedentes de actividades que non estaban programadas, coma a Festa da Langosta, e acordou adicar  eses recursos en aumentar o número de prazas do campamento urbano, pasando de 40 no ano 2019 ás 60 deste 2021, sendo un incremento do 50 % respecto de anos anteriores.

Pero non só decidiu aumentar o número de prazas senón que se aumentou tamén o período que os nenos podían permanecer no campamento, permitindo chegar a un  máximo de 60 días.

Isto é froito da consideración que o equipo de goberno tivo en relación coas necesidades amosadas polas familias guardesas á hora de poder conciliar a vida familiar e laboral no período estival. A ninguén se lle escapa que nestes momentos de pandemia é moito máis difícil esta conciliación ao non poder contar as familias coa axuda dos familiares que en anos anteriores cubría esta necesidade. Se considerou que o concello debía atender  esta problemática e adicar recursos municipais no campamento urbano,  habilitáronse deste xeito tres espazos diferenciados para poder establecer grupos burbulla sen contacto entre eles como  criterio de prevención de  calquera tipo de contaxio. Como xa informou  o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Xunta de Galicia non lle concedeu ao concello da Guarda a subvención por conciliación, o que implica que temos que afrontar este servizo con recursos propios. Ademais persoal municipal adicou tempo e esforzo para sacar adiante unha contratación nun tempo reducido,  tempo e persoal que podería estar adicado á contratación doutros servizos,  pero que o alcalde e concelleiros do equipo de goberno prefiren adicar a xestionar e  solucionar os problemas reais da cidadanía.

A exposición Novos Valores 2021 abre as súas portas no Museo de Pontevedra

A exposición ‘Novos Valores 2021. Obra seleccionada’ está aberta dende hoxe no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra coas 14 mellores pezas escollidas polo xurado profesional desta edición. A mostra, que estará aberta ata o 12 de setembro e inclúe as obras dos gañadores das bolsas Rebeca Lar, Adrián Solleiro, Diego del Río e Daniel Cerecedo, érguese como unha testemuña da evolución da arte galega e do apoio da institución provincial a novas e novos creadores. 

O director do Museo Xosé Manuel Rey parabenizou as e os seleccionados, especialmente aos merecedores das bolsas, e desexou que a participación na mostra e a bolsa de formación do Museo supoñan un importante impulso na súa formación e especialización.

Lembrou que igual ca eles, dende o ano 1864 o Museo leva asignando pensións a figuras como Sobrino, Souto, Maside, Colmeiro, Laxeiro ata outros máis recentes como Lamazares, Matamoro ou Antón Patiño, “e tantas e tantos artistas con que dende hoxe compartides o privilexio de formar parte desta mostra”. Dende o Museo, dixo, “hai unha tradición de apoio secular á creatividade que desenvocou no actual certame de Novos Valores, que constitúe unha testemuña da evolución da arte galega ao longo dos anos”.

Fotografía de Rafa Estévez ©

O certame de Novos Valores, hai que lembrar, iniciou unha nova fase na pasada edición, na que se reduciu a idade para participar ata os 35 anos co fin de potenciar o compoñente de apoio á formación das e dos novos artistas. Neste ano, as pezas premiadas foron elixidas por unanimidade e segundo manifestou o xurado tras a selección, estas presentaron “cargas conceptuais e reflexións importantes, ademais de ser variadas na súa temática”.

A e os artistas bolsados, pola súa parte, agradeceron ao Museo, á Deputación e ao xurado o recoñecemento ao seu traballo. Rebeca Lar destacou que “é importante que as institucións apoien a nosa creación, a creación moza, porque en moitas ocasións sen ese apoio non poderiamos seguir creando. Estou moi contenta. Teño moitísimas ganas de investir a bolsa en máis proxectos”. Daniel Cerecedo manifestou o seu agradecemento tamén pola colaboración recibida para facer o proxecto e Diego del Río subliñou que ‘Novos Valores’ supón unha grande oportunidade e recoñecemento “que abrirá moitas portas” ademais da bolsa “que me axudará a realizar a miña tese e continuar co traballo”. Adrián Solleiro transmitiu o seu agradecemento a través da súa familia.

Artistas, obra, bolsa

A pintura ‘Sen título (sobre paseos e arrepentimentos) de Rebeca López Villar (Vigo)  reflexiona sobre a paisaxe e aborda tres cuestións: os conceptos de arrepentimento e paseo e a idea do proceso artístico. O marco teórico da peza queda plasmado coas definicións recollidas na instalación pictórica, e garda relación coas investigacións de memoria histórica que realiza a autora. “E é aí precisamente onde se mesturan os dous focos da pintura: xa que a memoria histórica é un terreo pantanoso, non exento de polémicas de diferentes dimensións (mesmo cando se abordan desde a práctica artística), quixen establecer un xogo conceptual coa figura do arrepentimento, ese proceso que aparece unha e outra vez na historia da arte como unha sorte de corrección das pinturas que é visible no resultado definitivo”, explica.

[su_image_carousel source=”media: 40686,40688″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

En canto ao destino da bolsa de 7.500 euros concedida polo Museo, a intención da autora é continuar a formación artística vencellada coa xestión e a redacción cultural a través da realización dalgún mestrado, con opcións entre a ‘Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural’ (UVigo), o Xornalismo Multimedia (Valencia), ‘Xornalismo e Comunicación: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento (USC), ou a Especialidade: Arte e Debuxo do Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas (UVigo).

A escultura ‘Reflexión’ de Adrián Solleiro González (Tui) é unha peza figurativa modelada cuxa imaxe que ‘xoga’ cun espello. “Motivado pola ilusión óptica que xera ver o molde dun rostro (dependendo da luz, tes a sensación de estar a ver a faciana en positivo), decidín facer esta muller mirándose no espello, e este devolvéndolle a imaxe do seu rostro dado a volta. O espectador, pola cercanía da figura ao espello, só pode ver o rostro no reflexo e, axudado pola pintura, pode chegar a percibir esa sensación estraña de dubidar se está en positivo ou en negativo, como se tratase dun holograma”, abonda o autor.

Os 7.500 euros da bolsa serviranlle a este creador para continuar co proxecto iniciado coa obra gañadora, e tamén para formarse grazas a cursos sobre anatomía aplicada á escultura, pintura con aerógrafo, procesos técnicos da escultura ou incluso sobre electrónica e robótica, cuestión que considera interesante para incorporar ás súas pezas.

Diego del Río Comesaña (Ferrol) conseguiu a bolsa de Novos Valores grazas á obra ‘Ras al Habout II’, unha continuación da peza presentada na edición de 2019. Trátase dunha serie de 21 cadros de 50×25 de pintura ao óleo sobre soporte de aluminio. O autor busca con ela indagar na experiencia da viaxe do artista “como acto de resistencia ante o novo individualismo”. “Nivel Ao  Hanout II supón outro intento de traducir a termos artísticos as experiencias persoais que tiven nas miñas viaxes, unha tarefa imposible pero obsesiva. A luz  cegadora que se reflicte nas paredes gastadas das construcións en ruínas pertence á imaxe que me formei das cidades e os pobos que visitei en Marrocos. Así mesmo, é o resultado dunha viaxe interior cuxo escenario é outro e sitúase na confrontación diaria coa  Collezione Bandullo, coa obra de Sexan  Scully, durante a miña estancia en  Varese. Aquí conflúen dous das viaxes máis importantes da miña vida ata o momento”, apunta.

En canto á bolsa, destinaraa a realizar máis viaxes como experiencia artística, a unha estancia de investigación na Academia di Belle Arti di Brera (Milán) a finais deste ano, a unha residencia artística no Shangyuan Art Museum de Pekin durante tres meses aínda por determinar, e tamén a unha na Residencia Corazón de Bos Aires -este verán-.

Finalmente, Daniel Cerecedo Bretal (A Pobra do Caramiñal) conseguiu tamén unha bolsa grazas á obra ‘Picasso y Richter (después de)’. A súa orixe está no relato da competición artística contada por Plinio o Vello na que se enfrontaban Zuxis de Heraclea e Parrasio de Éfeso co propósito de determinar cal era o mellor pintor do momento. O gañador do premio Novos Valores propón simular un concurso similar de maneira ficticia e actualizada, no que se propón o reto de realizar obras baseadas en Picaso e Richter sen empregar pintura (a través da tecnoloxía) e enfrontar aos dous artistas a unha imaxe xerada íntegramente coa computadora (un código QR)  con información virtual á que as persoas observadoras poderían chegar mediante a súa lectura cun móbil. Segundo explica, “a nosa atracción polo que está oculto e o noso afán por saber farán que ‘fagamos enter’”, sen embargo esa acción non producirá ningún resultado mais que demostrar a victoria da obra ‘dixital’ a través dun engano do intelecto. O destino da súa bolsa será realizar un curso de pintura con Jaime  Valero e formalizar a matrícula no programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea (na Facultade de Belas Artes de Pontevedra), así como custear os gastos derivados destes estudos.

Gondomar despide, ata o curso seguinte, unhas existosas Escolas Deportivas

0

O goberno de Gondomar, a través do seu departamento de Deportes, dirixido por Nuria Lameiro, clausurou as Escolas Deportivas que veñen celebrando nas instalacións municipais dende o pasado mes de abril.

Os seus usuarios, máis de 150, dinlles adeus coa confianza de poder repetir o próximo curso e xa en condicións acordes á normalidade que “todos estamos desexando recuperar canto antes e cara á que camiñanos”, afirmou o rexedor, Paco Ferreira.

Hai que ter en conta que este ano as Escolas Deportivas viron reducida a súa duración como consecuencia da pandemoa.

Entre os meses de marzo e xuño, os participantes, suxeito o seu desenvolvemento en todo momento ás normativas COVID19 que se ían marcando e medidas de seguridade sanitarias, puideron gozar do deporte, iniciándose en moitos casos en modalidades que ata o de agora non probaran.

Escolas pensadas para toda as idades e que, na edición 2020-2021, ofreceron ximnasia de mantemento, iniciación ao deporte, judo, balonmán, baloncesto e patinaxe, cubríndose todas as prazas dispoñibles en cada unha das modalidades.

O KiteFest Trofeo Xacobeo arrinca esta fin de semana na enseada de San Simón

0

O paseo marítimo de Cesantes acolleu, onte mércores 7 de xullo, a presentación oficial aos medios de comunicación da cuarta edición do KiteFest, que este ano pon en xogo o Trofeo Xacobeo para preto dun centenar de deportistas e que volverá ofrecer todo un espectáculo na enseada de San Simón durante as dúas xornadas que durará o evento.

O acto contou coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; o presidente do TMKiteClub, Tato González; Ana Ortiz, Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo; Gorka Gómez, deputado de deportes; Daniel Benavides, Xefe do Servizo Provincial de Deportes; o concelleiro de deportes de Redondela, Nacho González; Manuel Villaverde, presidente da Real Federación Galega de Vela; Walter Álvarez, director territorial de Abanca en Vigo; e Valentín Martín, de Mercedes-Benz Louzao.

Tato González, presidente do TMKiteClub, foi o encargado de abrir o acto agradecendo “o apoio dos patrocinadores, colaboradores e institucións xa que a súa axuda é fundamental para que esta fin de semana podamos celebrar a cuarta edición do KiteFest Cesante Trofeo Xacobeo”.

“Durante a fin de semana reuniranse de novo preto de 100 participantes na enseada de San Simón, algo sen dúbida pouco habitual e o que supón todo un reto loxístico e organizativo tanto en terra como na auga. Para o TMKiteClub é un orgullo estar á fronte deste evento e o obxectivo é que a xente llo pase ben, que goce do noso deporte, da nosa ría e que o público poida vivir tamén o espectáculo do KiteFest de forma segura cumprindo, por suposto, con todas as medidas de seguridade fronte ao Covid-19”.

[su_image_carousel source=”media: 40636,40637,40638,40639,40640,40641,40642,40643,40644,40645,40646″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Pola súa banda, Ana Ortiz, secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, explicou durante a rolda de prensa que “desde a Xunta de Galicia levamos todos estes anos apoiando esta competición e nesta edición, en concreto, a través do Xacobeo. Pola nosa banda non podemos máis que agradecer tamén ao resto de institucións e colaboradores o apoio a este tipo de eventos, xa que fomentar este tipo de competicións é unha maneira de reactivar tanto a economía como o turismo e tamén a nivel cultural”.

O deputado de Deportes, Gorka Gómez salientou o compromiso da Deputación con este evento “dende o mesmo momento en que se nos presentou este proxecto de kitesurf entendimos que encaixaba perfectamente coa liña que queremos seguir dende a Deputación”.

Gómez destacou a importancia de que as institucións “aposten por este evento e temos que intentar que sexa un referente nacional e, por que non, internacional”.

A encargada de pechar o acto foi Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, quen afirmou que “temos que dar as grazas sobre todo ao TMKiteClub, porque grazas a eles estamos hoxe todos e todas aquí. O club leva catro anos organizando este evento e apostando por Redondela, e eu como alcaldesa estou moi orgullosa e teño que darvos as grazas por querer poñer a Redondela no mapa”.

A rexedora local puxo o foco sobre a contorna na que se vai celebrar o KiteFest “que é un luxo e sabemos que este evento cada ano irá a máis. Sei que de novo este ano será todo un éxito e esperemos que o tempo acompañe, que seguro será así”.

Preto de 100 deportistas e dúas novas categorías para a cuarta edición do KiteFest

O KiteFest Cesantes Trofeo Xacobeo arrincará o sábado a partir das 10:00 horas coa entrega de dorsais e as primeiras actividades en terra. A partir das 13:00 horas, se as condicións de vento permíteno, o Comité de Regatas dará o bocinazo de saída para as primeiras probas das modalidades Foil, Twintip e Surf, que irán seguidas das dúas clases que se estrean este ano na cita: Wingfoil e Windsurf.

O domingo, ademais, celebrarase tamén a exhibición de Freestyle, Big Jump e Strapless, na que os e as deportisas máis experimentadas darán todo un espectáculo de saltos e manobras fronte á praia Cesantes.

A Escola de Música de Xinzo celebra o seu III Concurso de Solistas

O pasado sábado 3 de xullo, a Escola de Música de Xinzo celebrou o seu III Concurso de Solistas cun auditorio cheo, aínda que respectando as medidas sanitarias necesarias. Os gañadores máis destacados foron dous frautistas: Manuel García na categoría C, interpretando Sonata en La Menor de Bach, e Claudia Gregores na categoría B, con Sonata en Fa Maior de Vivaldi.

Cada músico presentou unha obra que foi valorada e puntuada polo xurado, composto polos profesionais Alejandro Otero, Javier Blanco e Antonio Vázquez. Un total de dezanove músicos participaron no concurso, divididos en tres categorías diferentes: A (os que cursan primeiro ou segundo nivel elemental); B (en terceiro e cuarto nivel elemental ou menores de 18 anos), e C (alumnos de nivel complementario maiores de 18 anos).

Na categoría A, onde participaron os máis pequenos, todos foron premiados polo seu esforzo e valentía ao subirse, algúns deles, por primeira vez a un escenario. A todos concedéuselles un obsequio en honra á súa participación.

Na categoría B, o terceiro posto foi para a percusionista Uxía Collazo e o segundo, para Sara Bernárdez, que tocou o clarinete. A gañadora foi a mencionada Claudia Gregores, cun resultado moi axustado que xustificou a hora de deliberación do xurado antes de anunciar aos gañadores.

E na categoría C, a máis alta das tres, dous músicos disputáronse o primeiro posto. Finalmente foi Manuel García quen levou o premio, mentres que o trompetista Ángel González quedou en segunda posición.

O delegado do Goberno confirma o investimento de 500.000 euros para a humanización da Avenida de Portugal de Tui

0

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu onte na Casa do Concello ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e á subdelegada do Goberno na provincia, Maica Larriba, cos que mantivo unha reunión de traballo. Posteriormente desprazáronse até a Avenida de Portugal, cuxo proxecto de humanización, por importe de 500 mil, xa foi aprobado polo Goberno central, e agarda agora os informes de Patrimonio e do Concello de Tui, para saír a licitación, segundo confirmou ao alcalde o delegado do goberno. A actuación comprenderá o tramo dende a vella Ponte Internacional até o cruzamento coa N-550, sendo a entrada do Camiño Portugués a Galicia dende Portugal.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu ao delegado a visita realizada ao concello de Tui e lle trasladou as necesidades e demandas do municipio.

Por unha banda o rexedor tudense transmitiu a José Miñones, a reclamación do Concello de Tui do máis dun millón de euros investidos no desentullo do barrio da Torre en Paramos tras a explosión rexistrada hai tres anos. Enrique Cabaleiro dicía que “estamos pendentes de que o Estado faga fronte a aquel compromiso de financiar a retirada dese entullo. Para nós é unha prioridade tamén dende o punto de vista financeiro, xa que estamos a falar de máis dun millón de euros que para o concello de Tui son irrenunciables”.

Por outra parte Enrique Cabaleiro solicitou a colaboración do goberno central para poder acometer un dos proxectos destacados no conxunto histórico coma é a rehabilitación do Teatro Principal. Nese senso o rexedor explicaba que o Concello conta xa co anteproxecto, redactado polo arquitecto César Portela, para recuperar este histórico inmoble. Nese senso apuntaba que hoxe estudaron “que tipo de medidas podemos artellar para cofinanciar a recuperación deste inmoble que é un emblema do noso patrimonio histórico, que está nunha situación de degradación e de serio risco arquitectónico”.

O delegado comprometeuse a trasladar este demandas do concello de Tui. Así avanzou que a próxima semana manterá “unha reunión importante sobre o tema de Paramos” coa subsecretaría do Ministerio de Interior. Sobre financiamento solicitado para o Teatro Principal apuntou que “ imos ver se a través dalgúns dos Plans de Reactivación ou do propio Plan de Vivenda, que aquí xa financia con 50 mil euros actuacións no casco vello, ver se podemos enfocalo nalgunha destas partidas”.

Destacou amais o delegado do goberno o investimento de máis de medio millóns de euros a través do 1,5% Cultural no museo catedralicio, e os 330 mil euros ao abeiro do Plan Turístico Nacional Xacobeo 21-22 para converter o cárcere vello en centro de acollida de peregrinos.

O Concello convida á veciñanza a gozar dos beneficios da práctica do taichi nunha actividade libre e de balde

0

Durante os meses de xullo e agosto, veciñas e veciños terán a oportunidade practicar o taichi e gozar dos beneficios desta práctica milenaria que está demostrado que ofrece relaxación, reduce o estres e a ansiedade á vez que mellora a flexibilidade do corpo e o equilibrio da mente.

A actividade desenvolverase durante os dous meses de verán en Chapela, nas inmediacións da igrexa, os lunes e mércores e na Alameda Castelao de Redondela, os martes e xoves. En ámbolos dous casos, o horario será de 9:30 h a 10:30 horas.

As clases de taichí –que teñen carácter totalmente gratuíto– están abertas a todas as persoas que desexen participar polo que non será precisa inscrición previa. Basta presentarse os días das clases con roupa e calzado cómodo e comezar a gozar dos múltiples beneficios destes exercicios de orixe chinés. Durante a actividade será obrigatoria a máscara de protección a pesares de ser ao aire libre e con distancia de seguridade entre as e os participantes.

Algunhas razóns polas que practicar taichi

Está comprobado que a práctica do taichi, a pesar de ser de movementos lentos e pausados, axudan a mellorar a forza muscular ademais de mellorar o andar e aliviar as dores de persoas que padezan doenzas crónicas como a artrite.

A práctica do Taichi realizase de pe. Os brazos úsanse para realizar movementos que van dende simples a complexos e nos que se traballan as articulacións, o que as fortalece, osixena e tonifica. Amais os seus movementos melloran e fortalecen os sistemas cardiovascular e respiratorio. Axudan a diminuír a frecuencia cardíaca pero, ao mesmo tempo, melloran a circulación.

Está demostrado que a práctica desta arte milenaria, mellora a osixenación cerebral e a memoria e mellora notablemente os niveis de hipertensión arterial.

Tui executa as obras de remodelación dos vestiarios do campo de fútbol O Foxo de Caldelas

0

Estes días estanse a executar as obras de remodelación dos vestiarios do campo de fútbol O Foxo de Caldelas. Os traballos consisten tanto na remodelación completa dos vestiarios existentes coma na creación dun segundo vestiario tras reconverter a caseta que acollía a oficina e o almacén.

[su_image_carousel source=”media: 40659,40657,40656″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Deste xeito o Campo de Fútbol O Foxo, de herba sintética, empregado por distintos equipos de fútbol base tanto masculinos coma femininos pasa a contar con dous vestiarios co que se satisface as necesidades existentes ante a celebración de partidos de fútbol de xeito continuado nestas instalacións.

As obras foron adxudicadas á empresa Zona de Obra por un importe de 77.430,49€. Financianse con cargo as baixas do Plan Concellos de 2019. Está previsto que as obra rematen a finais deste mes de xullo.

Carmela Silva mantén unha reunión coa directiva da Asociación de Vivendas Turísticas

A provincia de Pontevedra e Galicia non poden perder a oportunidade como destino seguro, sostible e non masificado que ten acadado no actual contexto de pandemia. E ten que facelo coa “unión”, con traballar conxuntamente e coa aposta firme pola “dixitalización operativa” de todo o conxunto do sector.

Así o referendaron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a presidenta da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia, Dulcinea Aguín, e o seu vicepresidente, Rafael Serrano, tras manter un encontro no Pazo Provincial, no que sentaron as bases dunha colaboración mutua para sumar sinerxías do sector público e privado ao fin de acadar estes obxectivos.

Tanto a presidenta provincial como a de Aviturga subliñaron a necesidade de que todo o sector traballe de xeito unido. “Temos que ser capaces de traballar xuntas e xuntos –destacou Carmela Silva-. Temos que superar a atomización para ser capaces de construír instrumentos globais que sirvan para todas e todos. Porque ao final, quen vai decidir é a turista e o turista, polo tanto non queiramos decidir por eles. Poñamos todo o que está enriba da mesa para que se poidan servir daquilo que lles apeteza degustar. Temos que ser capaces de traballar conxuntamente e superar esa diversidade de intereses que son lexítimos e non están rifados con construír xuntas e xuntos”.

Dulcinea Aguín sinalou que “é fundamental que desde todo o sector traballemos da man porque temos un obxectivo, que é dar a coñecer a nosa terra con todas as potencialidades e fortalezas e coas súas oportunidades. Temos que estar organizados e rearmar porque as ameazas tamén están cerca. Cando esta situación pase todos os territorios vanse organizar para ser despois o foco de captación do turismo, e imos encontrar auténticas tolerías como ir a París por 200 euros ou Nova York por 500”. “Vai haber un montón de oportunidades de saír e se non estamos ordenados podemos a non moi longo prazo non pasalo moi ben”.

Cara ao futuro próximo, a dixitalización “operativa” pasa por ser unha das grandes aliadas. “Non a tecnoloxía como algo etéreo, senón como aplicación desa tecnoloxía aos sectores económicos e en particular ao turismo –sinalou a presidenta provincial–. É unha reflexión que ten que facer o sector privado e o sector público no seu conxunto. Temos que traballar xuntas e xuntos para crear instrumentos de dixitalización tecnolóxicos que nos sitúen como unha grande referencia, para que sigan vindo persoas, e para que cando se abran os mercados non perdamos oportunidades. Temos que usar esa dixitalización para crear plataformas que nos permitan facer promoción, pero tamén competir con outras plataformas globais que existen e se quedan cunha parte moi importante do beneficio do propio sector. Amais das vivendas turísticas hai outras modalidades moi asentadas e que todas teñen que convivir. E, polo tanto fan unha proposta de todo o sector privado traballemos coas administracións para conseguir xerar sinerxías ao redor destes instrumentos tecnolóxicos”.

Nese espírito de colaboración, Carmela Silva anunciou que a Deputación e Aviturga van traballar na actual plataforma de reservas que ten a asociación, Vitgal, para estudar a posibilidade de enchela con contido turístico de forma continua “para que as visitantes e os visitantes que veñan á provincia, a calquera das modalidades de aloxamento, poidan saber que hoxe na provincia hai 100 actividades deportivas, culturais ou de sendeirismo que poden realizar e que lle chegue a través dun clic no teléfono”. Outro dos asuntos abordados no encontro foi a necesidade de profesionalizar o sector das vivendas turísticas, así como mellorar a formación dos e das propietarias destes aloxamentos, “a fin de que a experiencia das persoas visitantes sexa de excelencia”.

A presidenta de Aviturga defendeu a necesidade de traballar “cunha estratexia conxunta porque ao final o que pretendemos é fidelizar á xente que nos visita”. “Galicia, Pontevedra –engadiu- non teñen nada que envexar a ningún outro territorio Temos costa, interior, rural, enoloxía, patrimonio, cultura… E experiencias. Temos que pensar que hoxe a xente xa non vai aos destinos dicindo que vou ver, senón que é o que vou facer. E creo que aí é onde temos que traballar dixitalmente, con contidos actualizados para vir a esta terra e a este territorio”.

As vivendas turísticas da provincia representan practicamente a metade (48%) das existentes en Galicia e existen en 58 dos 61 concellos de Pontevedra, cunha implantación case global. E a situación de pandemia ten sido unha oportunidade para a comunidade porque, como destacou Carmela Silva, “foi unha privilexiada, xa que contamos cun modelo de turismo non masificado que permite que a xente poida atopar o que buscaba”.

O Concello de Ponteareas dota á residencia municipal de maiores ‘Santa Ana’ de novo equipamento

O Concello de Ponteareas acaba de dotar de novo equipamento á residencia municipal de maiores Santa Ana, co obxectivo de continuar mellorando as instalacións e prestar así un servizo de calidade. A concellaría de Benestar Social, dirixida por Verónica Carrera, subministrou a este centro 25 novos colchóns viscoelast e dúas camas articuladas con carro elevador e somier eléctrico, colchón visco, trapecio e varandas metálicas.

Este novo mobiliario e equipamento tivo un custo de case 6.500 euros que foi financiado ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra dentro da liña 1 de subministros.

O Concello presta servizos asistenciais nesta residencia tras a transferencia de competencias realizada pola Xunta de Galicia. “Dende o Goberno municipal continuamos a dar pasos para que tanto o centro como as persoas que viven nel conten cos mellores servizos. A atención aos maiores é para nós unha prioridade”, destaca a edil de Benestar Social.

O Baiverán ofrece unha xeira sobre as ‘Orixes do Monasterio de Oia. Ermitaños en San Cosme’ a cargo de Anxo Rodríguez Lemos

0

Dentro das actividades que ofrece este verán o Concello de Baiona dentro da súa axenda cultural Baiverán, atópanse catro roteiros guiados organizados polo IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) que permitirán ás persoas participantes coñecer o patrimonio de Baiona e a súa contorna da man de expertos.

O próximo venres 9 de xullo dáse o pistoletazo de saída ás coñecidas como Xeiras do Verán do IEM. Ás 18:30 h, Anxo Rodríguez Lemos, historiador e doutorando na USC e membro do IEM, ofrecerá un roteiro baixo o título Orixes do Mosteiro de Oia. Ermitáns en San Cosme.
O punto de encontro será en Chan dá Lagoa.

O historiador baionés fará unha aproximación á vida dos monxes do mosteiro de Santa María, a primeira comunidade ermeritoria en San Cosme alá polo Século VI. Así mesmo,Rodríguez Lemos fará ás persoas asistentes un percorrido que transcorrerá cun completo e pormenorizado relato histórico pola aldea medieval de San Cosme e a súa eremitorio unificado ao mosteiro de Oia. O roteiro terminará na Fonte Santa.
Estará presente un intérprete de linguaxe de signos para persoas xordas.

Para participar é imprescindible a inscrición previa na Oficina de Turismo ao haber número limitado de prazas debido ás medidas preventivas #ante a COVID-19, recollidas no DOG. 120 do 25 de xuño. Quedan poucas prazas dispoñibles para este primeiro roteiro.

As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico [email protected], no teléfono 986 68 70 67 ou presencialmente na Oficina de Turismo de Baiona os luns, de 10:00 a 14:00; martes e mércores de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. A partir do 1 de xullo o horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

A próxima actividade destas xeiras será o roteiro dirixido por Xilberte Manso e Xosé Ramón García ‘Polos cumes da Groba: natureza e patrimonio’ os días 23 de xullo e 13 de agosto con saída de Chan da Lagoa.

Finalmente, o 27 de agosto e con punto de saída na Igrexa de Baredo, terá lugar o roteiro ‘A virxe de Cela: a historia que chega por mar’ a cargo de Anxo Lemos.

Cora Novoa, autora de ‘Espazo do Eu’, ofrecerá unha visita comentada á exposición na Sala Municipal de Tui

0

Este xoves, 8 de xullo, ás 11:30 h terá lugar unha visita comentada á mostra Espazo do Eu a cargo da súa autora Cora Novoa. Poden asistir todas as persoas interesadas até completar o aforo establecido.

A exposición pode visitarse até este sábado na Sala Municipal, na Área Panorámica. A mostra é o traballo de fin de grado realizado pola artista tudense na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, da Universidade de Vigo.

A propia Cora Novoa afonda na significación desta exposición coas seguintes palabras: “para poder partir, en ocasións, precisamos establecer un suposto, catalogar ou fraccionar, como forma de achegamento. Este proxecto xorde da necesidade de entender, explorar e achegarme ao concepto do “Eu” dende o único “eu” que podo experimentar. O eu configura o espazo que habito. Un Eu múltiple, consciente, cambiante, fluído, fragmentado”.

A Deputación colabora con ‘Xoga’ para o servizo de intérpretes de lingua de signos na provincia

A Deputación de Pontevedra volve a colaborar coa Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, Xoga, cunha achega de 10.000 euros para a posta en marcha do ‘Servizo de Intérpretes e Guía-Intérpretes de Lingua de Signos da provincia de Pontevedra’, unha iniciativa da que estanse a beneficiar en torno a 300 persoas de 44 concellos. A deputada de Cohesión Social, Olga García, visitou hoxe a sede da asociación na Casa Azul de Pontevedra onde coñeceu de preto os servizos e programas que desenvolve, moitos deles en colaboración coa institución provincial.

A deputada Olga García Ballesteros visitou recibe explicacións de María Jesús Monterde, presidenta da Organización da Diversidade Sensorial de Galicia, Xoga

O ‘Servizo de intérpretes e guía-intérpretes de Lingua de Signos da provincia de Pontevedra’ é un programa que a Asociación Xoga oferta ao longo de todo o ano co obxectivo de acadar a accesibilidade das persoas con deficiencia auditiva na contorna social, laboral e de lecer. Trátase dunha axuda técnica para suprimir as barreiras de comunicación e unha ferramenta fundamental para conseguir unha maior integración destas persoas nunha sociedade maioritariamente oínte, axudándoas a superar situacións de desigualdade e desvantaxe fronte ao resto da cidadanía. O servizo está dirixido tanto a persoas con diversidade sensorial como a institucións que precisen de xeito puntual dunha persoa intérprete de lingua de signos para poder manter unhas relacións óptimas tanto a nivel persoal, como social ou xurídico.

Ademais a través deste servizo subvencionado pola Deputación, permítese que a/o intérprete de lingua de signos substitúa o acompañamento sobreprotector da persoa xorda, xordocega ou con perda auditiva por parte de familiares e/ou amigos. Así, elimínase a dependencia afectiva que se produce ao tempo que tamén se consegue que a persoa xorda, xordocega ou con perda auditiva teña unha participación activa, voz propia e tome as súas propias decisións de xeito autónomo e independente.

Estanse a beneficiar do “Servizo de intérpretes e guía-intérpretes de Lingua de Signos da provincia de Pontevedra” ao redor de 300 persoas dos concellos de Agolada, Baiona, Barro, Bueu, Caldas, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilaboa, Vigo e Vilagarcía.

A Organización de Xordos de Galicia (XOGA) sirve de punto de encontro para as persoas con diversidade/discapacidade sensorial. Xunto ao ‘Servizo de intérpretes e guía-intérpretes de Lingua de Signos da provincia de Pontevedra’ tamén oferta outros programas de asesoramento e orientación, de acompañamento, así como de proximidade, para conseguir a inclusión das persoas con diversidade sensorial.

Redondela implanta por segundo ano un método “pioneiro” de recollida de algas respectuoso cos areais

0

A Concellería de Medio Ambiente de Redondela aposta este verán, por segundo ano consecutivo, por un sistema de recollida de algas dos seus areais respectuoso coa contorna e que permitiu rexenerar en só un ano unha zona de duna de nove metros cadrados na praia de Cesantes. O método que se levará a cabo este ano concorda cos estudos realizados polo equipo de Ciencias do Mar liderado polo catedrático de Ecoloxía, Emilio Fernández Suárez.

Segundo este investigador, “unha praia é un sistema natural que ten un funcionamento que non debe ser alterado máis alá do razoable. Eliminar o cen por cen dos depósitos é unha aberración. Unha praia límpase de forma natural polos organismos que habitan nela; en caso contrario, non sería un areal, serían graos de area xuntos”, conclúe Fernández.

Baseándose en estudos previos realizados por investigadores da Universidade, a Concellería de Medio Ambiente aposta por un sistema no que conviva o respecto ao ecosistema natural das praias coas necesidades dos bañistas. O sistema que se emprega este ano divide os areais en tres zonas de extracción de algas. Unha zona de extracción total, prevista para cando as arribazóns sexan cuantiosas; unha de extracción parcial, na que está previsto facer comportas de dez metros en varios puntos para permitir o paso e unha última catalogada como zona de protección, por exemplo, na duna de Cesantes recuperada, que estará balizada e na que non se farán extraccións. Neste último mes, xa se recolleron, segundo datos da concellería, unhas 125 toneladas de algas nos areais redondeláns.

Segundo Roberto Villar, concelleiro de Medio Ambiente de Redondela, “esta zonificación dos areais fará máis áxil a xestión da limpeza, xa que ao estar as zonas delimitadas, serán facilmente identificadas polos traballadores do servizo de praias, pero está aberto a sufrir modificacións segundo sexa a recolección de datos sobre a súa eficacia. Todos os cambios serán anotados e trazables para unha análise final ao rematar a tempada estival”.

Os areais onde xa se comezou a traballar son a praia de Arealonga (Chapela), de Rande (Cedeira), de Cesantes e a de Soutoxuste (O Viso). Estas tres últimas atópanse, ademais, na Rede Natura 2020 ‘Enseada de San Simón’, polo que están catalogadas como de especial conservación. Este espazo tamén conta coa protección LIC: Lugar de Importancia Comunitaria.

O catedrático de Ecoloxía, Emilio Fernández, concorda con este novo protocolo xa que “non todo o material que se deposita é necesario desde o punto de vista ecolóxico; trátase dun problema mundial que vén da acumulación de poboación humana no litoral, coa conseguinte maior entrada de nutrientes ao mar, o que provoca que cheguen aos areais máis algas das que chegarían en condicións normais”. Segundo Fernández, “o Concello está a facer un esforzo importante por apostar por novas formas de actuar sobre este sistema para manter a súa integridade ecolóxica, tendo en conta as necesidades dos bañistas e, sobre todo, das mariscadoras”.

A raíz da colaboración entre o Concello e a Universidade, a Universidade de Vigo solicitará á Fundación Biodiversidade do Ministerio de Transición Ecológica financiamento para desenvolver un proxecto de investigación, que será presentado este mesmo mes e que permitirá, segundo Fernández Suárez, “elaborar un plan de xestión das proliferacións de algas que se producen na Ensenada de San Simón”. O Concello de Redondela e as confrarías de Mariscadoras de Cesantes formarán parte, como colaboradores, nesta iniciativa. A praia de Cesantes constituirá o núcleo do estudo, que inclúe tamén analizar como se actúa noutras partes do mundo ante situacións similares e os resultados obtidos.

Cambios no protocolo no ano 2020

Ata 2020, o protocolo de limpeza dos areais de Redondela consistía en peneirar a praia eliminando todas as algas de arribazóns, o que, segundo os investigadores mariños, constitúe un impacto sobre o ecosistema ao retirar unha gran cantidade de area, reducindo ademais o alimento disponible para a fauna das praias. O novo sistema permite unha redución no custe do servizo de retirada e sobre todo do transporte, orzamento que se destinou integramente a campañas vinculadas co servizo de praias de concienciación e de novos servizos.

Conscientes dende a Concellería de Medio Ambiente da convivencia que se ten que dar na tempada estival entre bañistas e medio natural, este departamento aposta por unha solución de futuro e evitar levar ao ecosistema a un estrés do que dificilmente pódese recuperar. Algo que xa era palpable, segundo o departamento que dirixe Roberto Villar, na desaparición da ‘pulga de mar’ (Talitrus saltator), como elemento de gran valor na cadea trófica do ecosistema así como un bioindicador da calidade ambiental do mesmo.