18.5 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaO Baiverán ofrece unha xeira sobre as 'Orixes do Monasterio de Oia....

    O Baiverán ofrece unha xeira sobre as ‘Orixes do Monasterio de Oia. Ermitaños en San Cosme’ a cargo de Anxo Rodríguez Lemos

    Dentro das actividades que ofrece este verán o Concello de Baiona dentro da súa axenda cultural Baiverán, atópanse catro roteiros guiados organizados polo IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) que permitirán ás persoas participantes coñecer o patrimonio de Baiona e a súa contorna da man de expertos.

    O próximo venres 9 de xullo dáse o pistoletazo de saída ás coñecidas como Xeiras do Verán do IEM. Ás 18:30 h, Anxo Rodríguez Lemos, historiador e doutorando na USC e membro do IEM, ofrecerá un roteiro baixo o título Orixes do Mosteiro de Oia. Ermitáns en San Cosme.
    O punto de encontro será en Chan dá Lagoa.

    O historiador baionés fará unha aproximación á vida dos monxes do mosteiro de Santa María, a primeira comunidade ermeritoria en San Cosme alá polo Século VI. Así mesmo,Rodríguez Lemos fará ás persoas asistentes un percorrido que transcorrerá cun completo e pormenorizado relato histórico pola aldea medieval de San Cosme e a súa eremitorio unificado ao mosteiro de Oia. O roteiro terminará na Fonte Santa.
    Estará presente un intérprete de linguaxe de signos para persoas xordas.

    Para participar é imprescindible a inscrición previa na Oficina de Turismo ao haber número limitado de prazas debido ás medidas preventivas #ante a COVID-19, recollidas no DOG. 120 do 25 de xuño. Quedan poucas prazas dispoñibles para este primeiro roteiro.

    As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal, no teléfono 986 68 70 67 ou presencialmente na Oficina de Turismo de Baiona os luns, de 10:00 a 14:00; martes e mércores de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. A partir do 1 de xullo o horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

    A próxima actividade destas xeiras será o roteiro dirixido por Xilberte Manso e Xosé Ramón García ‘Polos cumes da Groba: natureza e patrimonio’ os días 23 de xullo e 13 de agosto con saída de Chan da Lagoa.

    Finalmente, o 27 de agosto e con punto de saída na Igrexa de Baredo, terá lugar o roteiro ‘A virxe de Cela: a historia que chega por mar’ a cargo de Anxo Lemos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.