Venres, 20 Xuño de 2025

Redondela pecha o verán da mán de Mitic, Broken Peach e o grupo América

0

“Redondela sempre foi un referente en eventos, pese as suspensóns provocadas pola pandemia da COVID-19, queremos seguir nesa liña de apoio e respaldo á cultura e as súas xentes”, afirmou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, na presentación dos tres concertos que ofrecerán Broken Peach (21 horas) e Mitic (22:30 h) o venres 27 no Campo da Feira de Redondela e o grupo América o sábado 28 de agosto, ás 22 horas, no paseo Marítimo de Chapela e que servirán, a falta de Entroido de Verán, para pechar as actuacións estivais.

Digna Rivas explicou que con motivo da pandemia, “actuacións que estaban previstas o pasado ano, tiveron que ser suspendidas ao suspenderse os eventos nos que ían incluídas como eran as Festas da Coca ou o Entroido de Verán”.

Este ano, engadiu a rexedora, “buscamos pouco a pouco recuperar o pulso de eventos que sempre caracterizou a este municipio” pero, recalcou Rivas “apostando sempre pola cultura segura como ben quedou demostrado nos concertos de SES, con 900 persoas e Xabier Díaz, con 700, que foron todo un éxito de organización” e, do bo resultado deses concertos quixo a alcaldesa destacara “o labor de todo o persoal municipal que, coa súa profesionalidade, conseguiu que todo saíra á perfección”.

“Como institución, somos os primeiros que temos que dar apoio e respaldo á cultura con todas as medidas de seguridade que se poden esixir” e agradeceu a resposta de Mitic, Broken Peach e América “que non o dubidaron nin por un momento en canto explicámoslles a idea deste concerto de fin de verán”.

Un grupo que levou o nome de Redondela por toda España

América é un grupo que sempre levou o nome de Redondela por España” asegurou Miguel en representación de todo o grupo e lembrou que a formación conta con compoñentes redondeláns.

Lembraba Miguel que América foi un grupo que sempre actuou “nestas festas espectaculares que temos en Redondela” aínda que tamén subliñou que “levábamos cinco anos sin estar aquí, por cuestións que non sabemos cales son”. Agradecía a alcaldesa Digna Rivas “¡a portunidade de vir este pasado ano, que finalmente non se puido facer” e amosaba, entre risas, o seu enfado coa alcaldesa “porque desplazounos dun sitio que nos gosta moitísimo tocar, como é aquí en Redondela” ainda que, engadía “estaremos en Chapela que é a mesma historia”.

A “tirita emocional” de Mitic

Álvaro Costas que xunto co seu irmán Suso –netos do mítico Wenceslao Cabezas ‘Polo’– e Cris Macías forman Mitic non podía ocultar, a pesar da máscara de protección, o pracer de estar na presentación desta iniciativa que tenta recuperar, se cadra, parte da normalidade cultural perdida. “E un placer estar aquí en Redondela, na casa –afirmaba– e agradecer a Digna Rivas e ao seu equipo a súa aposta pola cultura”.

Lembraba Álvaro Costas esa especie de travesía no deserto que supuxo a cancelación de máis de corenta actuacións por mor da pandemia. Pode que, para desquitarse, afirmaba que “agora estamos aquí para dalo todo”, con todas as medidas de seguridade eso sí porque, aseguraba “agora mesmo hai máis seguridade nos concertos que en calquera outro sitio”.

Cualificaba o espectáculo de Mitic como unha especie de “tirita emocional para curar todo o dano que nos fixo esta crise sanitaria” e animaba á todos e todas, maiores e pequenos “a gozar dunha noite máxica” que, a bo seguro, o será.

O esquecemento da cultura

Lamentou que, durante os tempos máis duros da pandemia, a cultura e as súas xentes, foran os grandes esquecidos. “Fumos pacientes –asegurou– e todos os músicos nos buscamos a vida” ao mesmo tempo que lembraba que “a historia está chea de músicos que pese a todos os impedimentos, sempre saíron a flote”.

Reiteraba o agradecemento “pola aposta dos concellos por acordarse de nós” e non dubidaba en asegurar que “hai mellor tirita para a alma e para os sentimentos que esta situación nos rompeu, que a música”. “O físico se pode controlar pero o psicolóxico non e aí é onde entra a música”, concluía.

Lembraba finalmente “a importante loita levada a cabo dende o sector da cultura para que se lles tivera en conta” e que, finalmente, deu como resultado “poder seguir estando” e remataba cun emocionado “grazas a todos os que nos apoiaron e aos que apostan por nós”.

Tortillita con huevos de casa

La imagen icónica de Galicia fuera de sus fronteras está unida a su gastronomía, la lluvia y a la conexión de sus gentes con la pesca, la agricultura y la ganadería. Grandes rasgos, pinceladas gruesas, que en las distancias cortas descubren una realidad infinitamente más rica y variada.

Mi amigo Rubén, que vive en Murcia, me reconocía esta misma semana que venir a Galicia, conocer a sus gentes, escuchar sus acentos, adentrarse en sus pueblos y descubrir sus paisajes ha supuesto una enorme y grata sorpresa. No esperaba que parar en cualquiera de sus pueblos, cualquiera, supusiera descubrir un río o un bosque, un casco histórico con madera y piedra como materiales predominantes o espacios peatonales que inviten a salir fuera, caminar, relajarse y vivir con el verde siempre presente. Qué alegría ver tanta frondosidad.

Rubén en una parada no prevista

Y es que, mientras nosotros nos quejamos de las nubes y las temperaturas suaves, Rubén se emocionaba contando cómo había tenido que recurrir a una chaqueta por las noches. Aquí se vive muy bien, me decía, mientras pinchaba un trozo de pulpo a feira y señalaba a la empanada de mejillones que estaba en la mesa y que contribuían a su emoción.

Con respecto a la imagen externa, yo le decía que esa esencia se mantiene arraigada hoy en día, y que a pesar de tener grandes ciudades, con industrias florecientes, la Galicia rural sigue conectando a sus gentes a través de generaciones. Es una bonita forma de no olvidar los orígenes, mantener las costumbres y defender la identidad.

La lluvia, en Santiago, es arte. El acento como tal no existe, porque cada territorio tiene el suyo particular y sus propias expresiones. “Eso sí, cuando dos gallegos hablan siempre me va a parecer que están cantando” –me decía–,” y eso es precioso”.

Y respecto a la conexión con la Galicia rural, le hablaba yo del concepto de tener una casa con finca haciendo un símil con el apartamento en la playa de su Murcia natal. Pero claro, la finca no es sólo de ocio y tiempo libre. Aquí la finca se disfruta y se trabaja.

Luis cuidando de sus vides en Bugarín

Le hablaba del amigo Luis, con su finca en Bugarín, como ejemplo palpable de ello. La finca la disfrutan la familia, hijos/as, nietos/as y amigos como lugar de encuentro y celebraciones, refugio en los días de calor y salón de tertulias en la sobremesa. Luis también la disfruta, claro, pero de otra manera.

Dando un paseo por ella, te das cuenta de que conoce la edad, el nombre y la variedad de todas y cada unas de las vides que hay plantadas. Sabe si los tomates y los calabacines que tiene en aquella esquina van a ir para arriba o no, y porqué, y hasta cuándo se podrán recoger los pepinos y varias lechugas enormes que tiene plantadas en la parte de abajo. “Y por allá tengo acelgas, y me nace alguna espinaca…”. Pero es que también tiene gallinas de varias especies criadas, como él dice, al aire libre.

Mantener todo eso debe dar mucho trabajo, pero a tenor del brillo de sus ojos explicando los pormenores de la cosecha, es trabajo agradecido. Yo le decía Rubén que es imposible salir de allí sin una generosa selección de productos ecológicos, verduras y hortalizas de temporada, alguna botella de vino y huevos recién puestos. Y como él dice, “si os esperáis un poco, hacemos una tortilla, pero con huevos de casa y perejil de aquí delante, que ya te digo que no vas a probar otra igual”.

[su_image_carousel source=”media: 43071,43072″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Galicia está llena de Luises que trabajan las pequeñas fincas, que hacen de ellas centros de reunión familiar y conocimiento popular y que mantienen tradiciones y costumbres y aseguran que las nuevas generaciones sepan que las cosas se consiguen con trabajo, y que si una tormenta te estropea los tomates, lo que hay que hacer es volver a plantar, no rendirse.

Esta imagen de gente sencilla, generosa y cercana, trabajadora y tenaz, es la que se lleva consigo al sureste español mi amigo Rubén. No veo ningún otro producto que pueda generar más y mejor publicidad para Galicia que la esencia natural de sus gentes, embajadores anónimos del Xacobeo 21-22.

Y en Septiembre, si quiere, que se venga a la vendimia, que hueco tendrá.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño convida á súa veciñanza a seguir participando nos Roteiros do Miño

0

A Eurocidade Cerveira-Tomiño convida á súa veciñanza, dun e outro lado da fronteira, a seguir participando nos Roteiros do Miño 2021. O xoves 29 de agosto ás 9.30 horas, terá lugar a 3ª saída: Andaina dos Fortes da Guerra da Restauração.

Carlos Oliveira, coordinador da actividade, explica que nesta ruta “retrocederemos ao século XVII, concretamente, ao período comprendido entre os anos (1640-1668) ca declaración de Independencia do Reino de Portugal (1 de decembro de 1640) e a posterior Guerra de Restauração entre o Reino de España e o Reino de Portugal. Visitaremos varias construcións fortificadas e outras xa desaparecidas daquela época, acompañados con varios expertos que nos axudarán a “revivir” unha parte da Historia na Raia do Baixo Miño”.

[su_image_carousel source=”media: 43061,43060,43059,43058,43056″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Para poder participar en calqueira destas rutas, é preciso reservar praza inscribíndose nos roteiros a través da ligazón https://eurocidadeonline.cm-vncerveira.pt/#/home. Para isto é preciso rexistrarse como cidadán da Eurocidade cubrindo un formulario cos datos persoais. Ante calquera dúbida pódese chamar ao número +351 251 708 020 ou enviar un correo a [email protected].

Se algunha persoa o preferise pode inscribirse tamén enviando soamente un correo electrónico a: [email protected] con estes datos: nome, data de nacemento, teléfono de contacto e correo electrónico.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza os Roteiros do Miño; unha serie de percorridos que teñen como obxectivo dar a coñecer territorios transfronteirizos valiosos a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural.

Deste xeito, leváronse a cabo xa dúas rutas: a Ruta das Pesqueiras e a Ruta da Cabana do Ladrón, quedando pendentes para próximas datas, as seguintes: Ruta dos Fortes da Guerra de Restauración (29 de agosto. 9.30h. PT); Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo (4 de setembro. 23.30h. PT); Ruta do Vale das Donas (12 de setembro. 9h. PT); Ruta da Pedra Furada (26 de setembro. 9.30h GAL); Ruta do Alto da Pena (10 de outubro. 9h. PT); Ruta das Fontes (23 de outubro. 9.30h. GAL).

A Xunta axusta os aforos da hostalaría para controlar a COVID-19

A Xunta de Galicia está á espera da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e seguindo o seu criterio, os certificados deixan de ser esixibles para o control da transmisión nos interiores da hostalería e do lecer nocturno en función do nivel do concello.

Na súa ausencia, preparáronse unha serie de medidas alternativas para seguir tratando de manter o control da transmisión, que implican unha revisión dos aforos, previamente ampliados grazas ao uso do certificado. En todo caso, buscando non causar un mal maior nin ao sector nin sobre todo á poboación que coñecía e manexaba unhas normas que agora van cambiar, establécese un tempo razoable para a correcta difusión e coñecemento, que leva á entrada en vigor das novas normas ás 0.00 horas do martes, no caso de que o TSXG non ratificase o luns as medidas hoxe remitidas.

Ditas normas consistirían no axuste de aforo no interior da hostalería do nivel máximo, pasando do 30 % con certificado ao seu peche. No caso do nivel alto pasaría dun aforo do 50 % con certificado ao 30 % sen certificado. No caso do lecer nocturno, o aforo no interior dos niveis medio e medio baixo modificaríanse do 50 % con certificado ao 30 % sen certificado. Estas medidas serán revisadas polo comité clínico na súa reunión do próximo mércores e axustadas, de ser o caso, para optimizar o control da transmisión.

Dende a Consellería de Sanidade pídese prudencia á poboación, ante unha ponte festiva na que se prevé moito movemento e lembra que é fundamental o cumprimento das normas.

O alcalde da Cañiza reclama ante o Sergas a “urxencia” de cubrir a vacante do médico de Valeixe

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, reuniuse esta pasada semana na Xerencia do Sergas da Área Sanitaria de Vigo, coa directora de Atención Primaria, Reyes Díaz, e a subdirectora de Enfermería, Mar de la Peña, para tratar, unha vez máis, de poñer solución ás reclamacións realizadas dende o Concello sobre “a necesidade de cubrir de modo inmediato a praza de médico no consultorio de Valeixe”.

O alcalde Luis Piña lembrou que a perda deste facultativo hai máis de dous anos, “supuxo tamén a perda dun cuarto médico no PAC da Cañiza, xa que este profesional pertence á plantilla do centro médico da vila”. A resposta da Xerencia non é esperanzadora xa que aseguraron ao rexedor local que “ata dentro de dous meses non se poderá cubrir esta vacante e que ésta tampouco será definitiva”.

A argumentación da administración sanitaria é que “polo volumen de cartillas asignadas a cada médico, non é necesario un cuarto facultativo”, porén, os datos extraídos do SIGAP do Sergas, sinalan que as tres consultas médicas do PAC da Cañiza teñen 1.206, 1.180 e 1.271 cartillas o que fai un total de 3.657 pacientes, aos que habería que sumar outros 754 procedentes do consultorio de Valeixe.

Polo tanto, a suma que alcanza as 4.411 cartillas que, de concentrarse no PAC, provocaría un colapso e saturación no centro e polo tanto unha atención sanitaria deficitaria. Ademais engádese a circunstancia de unha elevada porcentaxe destas cartillas pertence a veciños xubilados que precisan de constante e maior atención sanitaria.

Por outra banda o alcalde comunicou á Xerencia que A Cañiza “está experimentando un aumento no Padrón Municipal de Habitantes quedando atrás a curva de perda de poboación”.

O argumento esgrimido pola Xerencia da Área Sanitaria de Vigo de “non dispoñer de medios” e que se trata “dun deseño global que afecta a toda Galicia”, non convencen nin ao alcalde da Cañiza nin á veciñanza que ven, nestas situación, “unha estratexia velada” dende a Xunta  de dificultar o servizo do consultorio de Valeixe para provocar o seu abandono por parte dos pacientes en favor do PAC da Cañiza e así, o SERGAS, “apoiado na falta de cartillas, decidir o peche deste centro médico”.

Luis Piña reiterou ante a Xerencia que o seu principal obxectivo é defender os intereses do Concello da Cañiza e, neste caso, da parroquia de Valeixe, polo que, despois de case tres anos sen resolver este problema, anunciou o seu apoio “ás veciñas e veciños en todo o necesario ata conseguir  que as mulleres e homes da parroquia poidan contar cuns servizos médicos dignos”.

“A Xunta debería ter en conta –afirma o alcalde da Cañiza– que vivimos no interior de Galicia, nun rural diseminado, onde todavía non chegou o transporte público metropolitano e que obriga á veciñanza a depender de transporte privado e taxis para os traslados”.

Piña subliña o feito que “a meirande parte das 754 cartillas adscritas ao médico de Valeixe son persoas maiores con dificultades de mobilidade, que multiplican a necesidade de atención médica, carecen de vehículo propio e atópanse sen familiares que os poidan achegar ata A Cañiza”.

Remata afirman con rotundidade o rexedor local cañicense que “ todo o que pase con este consultorio periférico é responsabilidade do Goberno do Partido Popular de Núñez Feijóo”

O Sergas, a petición da Alcaldía de Redondela, realiza un cribado COVID ás nenas e nenos dos campamentos de conciliación

0

No día de onte deuse por rematado o cribado COVID ao que foron sometidos as nenas e nenos participantes nos Campamentos de Conciliación e as súas familias. A medida, solicitada pola alcaldesa de Redondela ao Sergas o día 5 de xullo –catro días depois do inicio dos campamentos– buscaba garantir a saúde das e dos participantes e ante o incremento de casos activos por coronavirus que estaba a sufrir o concello.

No escrito dirixido á Xerencia da Area Sanitaria de Vigo, Digna Rivas daba conta do inicio –o 1 de xullo– do campamento de Conciliación de Verán e amosaba o seu interese “en que se faga o cribado preventivo os nenos e nenas, asi como ás familias” polo que pregaba que lle remitiran instrucións sobre “os datos que temos que recabar os usuarios do campamento para poder iniciar o cribado canto antes, vendo a progresión dos casos que están activos no noso concello”.

Tanto a alcaldesa como a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, subliñaban que a petición realizada á administración sanitaria respondía a un “exercicio de responsabilidade”. De feito, explica a concelleira de Igualdade “os campamentos desenvólvense con todas as medidas de seguridade sanitaria esixibles” xa que, engade, “non só se trata de ofrecer unha solución á conciliación laboral e familiar, senón que é preciso facelo garantindo a saúde dos nosos nenos e nenas e que as familias poidan estar tranquilas sabendo que se toman todas as medidas precisas para ese fin”

A alcaldesa Digna Rivas, quixo agradecer a colaboración da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo á hora de desenvolver estas probas ao mesmo tempo que facía un chamamento á cidadanía “a non baixar a garda” e seguir actuando “coa responsabilidade que, veciñas e veciños, amosaron nos tempos máis críticos desta pandemia”.

Punto de activación de Chave365 e obtención certificado de vacinación

Doutra banda, o Concello de Redondela, en colaboración co Sergas, vén de habilitar un punto de obtención do certificado de vacinación COVID-19 e activación da Chave365, unha identificación persoal e segura que permite o acceso ao servizo É-Saúde, unha páxina de interacción directa entre as persoas usuarias e o Sergas, a través da que se poden realizar, de xeito seguro –de aí a necesidade de posuír as claves de Chave365– diversos trámites relacionados coa saúde como petición de citas ou seguimento das xa solicitadas, consulta de historiais ou medicación activa entre outros moitos.

Ponteareas comeza a esterilización das súas 17 colonias felinas

O Concello de Ponteareas, a través da concellaría de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo Alonso, comezou a esterilización das 17 colonias felinas que hai na vila. Nestas semanas xa hai dúas completamente tratadas, e xa se comezou a capturar aos gatos dunha terceira. “Priorizamos as intervencións nos espazos que acumulan máis queixas da veciñanza, sexa por problemas sanitarios, ruídos, alimentación…”, explica a edil.

O Concello, en colaboración coa Asociación Biosbardos, está a aplicar a estratexia C.E.S (Capturar-Esterilizar-Soltar), que supón atrapar a maior cantidade de gatos da colonia, tanto machos como femias, para, posteriormente, esterilízalos. Unha vez pasadas 48 horas de recuperación, sóltanse na súa colonia cun marcadorque facilita a súa posterior identificación e control. Este método é o recomendado pola Organización Mundial da Saúde para evitar a proliferación dos felinos.

Rosa Covelo destaca que a estratexia que están a seguir no Concello é a máis eficiente na optimización e inversión de recursos, facilita a xestión da adopción dos felinos, diminúe o gasto público e privado no control de pragas, xa que espantan outros animais coma as ratas, mellora o benestar social, tanto animal como humano, prevén os brotes de enfermidades, mantén boas condicións de hixiene nas colonias, e, por suposto, reduce en gran medida a poboación de felinos de maneira sostible e ética co seu benestar.

Ademais da esterilización, o Concello tamén está a acometer a limpeza das colonias. “Queremos facer de Ponteareas un lugar sostible no que os animais que nos rodean e as persoas podan convivir en harmonía”, conclúe a concelleira.

O Club Natación Baixo Miño adestra na piscina preolímpica das Neves

0

Grazas a un acordo co Concello, dende o pasado día 8 de agosto, os integrantes do Club Baixo Miño de Natación, de Tui, están adestrando na piscina municipal das Neves. As nadadoras e nadadores dispoñen da pileta unha hora diaria, de 11:30 h a 12:30 h. A piscina das Neves, de dimensións preolímpicas, é a única que poden utilizar estes deportistas logo de que as de Tui, Salceda, Salvaterra e Mondariz permanezan pechadas este verán.

Así mesmo, o Concello das Neves extremou as medidas para o uso das piscinas municipais. En primeiro lugar, so se permitirá o acceso con reserva previa, que pode facerse entrando en reservapiscinas.asneves.gal; o aforo do espazo das piscinas está limitado ao 50 % –cun máximo 100 persoas: 75 na piscina grande e 25 na piscina pequena–; os vestiarios permanecen pechados e é obrigatorio o uso de máscara no recinto.

As instalacións estarán abertas durante todo o verán, coa previsión de pechar, se o tempo o permite, o 12 de setembro. O horario de apertrura é de 15:00 h a 21:00 h.

Francisco Carrero, o avó de Camposancos, celebrou o seu 105 aniversario

0

O veciño da Guarda Francisco Carrera Carrera celebrou hoxe día 13 de agosto un día moi especial, o seu 105º aniversario. Un dos veciños máis lonxevos da vila festexou a destacada data do seu 105 aniversario na compaña da súa familia.

Francisco Carrera Carrera, máis coñecido entre os seus veciños e veciñas da Guarda como ‘Francisquiño’, mantense con moi boa saúde, destacou os seus paseos pola ribeira do Río Miño, “a media mañá e polas tardes”, aínda que faga sol, choiva ou vento.

Nesta celebración, ademais de estar rodeado da súa familia, tamén recibiu unha homenaxe do concello en mans do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e o concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, que quixeron acudir a dar os parabéns e un pequeno agasallo a este veciño por acadar os 105 anos de idade.

Nos intres de distendida tertulia que intercambiou co alcalde e co concelleiro, Francisco mostrouse moi animado e contento por ter acadado esta fazaña. Pero con ganas de máis. E coa saúde, a forza de vontade e o ánimo que amosou non cabe dúbida que a este veciño da Guarda aínda lle quedan historias por vivir e contar.

O transbordador entre A Guarda e Caminha volve a prestar servizo dende onte pero só para pasaxeiros e bicicletas

0

O Ferry-Boat que comunica A Guarda con Caminha (Portugal) retoma na tarde deste venres día 13 de agosto o seu funcionamento despois de que no pasado día 23 de xuño o patrón do ferri Santa Rita de Cassia detectase un escoramento anormal na plataforma de atraque do transbordador, feito que se puxo, de forma inmediata, en coñecemento dos responsables de Portos de Galicia, na actualidade propietarios e xestores da estrutura e que motivou ao peche desta infraestrutura e á interrupción do servizo.

Despois do peche e da realización de reparacións de urxencia co obxectivo de recobrar a estabilidade da plataforma, dende Portos de Galicia comunicaron ao Concello da Guarda que xa se pode empregar esta infraestrutura pero que non se permitirá o uso da plataforma para o tránsito de ningún tipo de vehículo. Só se autoriza o tránsito de pasaxeiros e bicicletas.

O concello insta a Portos de Galicia a que faga “as reparacións necesarias na plataforma para que, a maior brevidade posible, poidan embarcar de novo vehículos dado que o transporte de vehículos é a principal demanda a hora de cruzar o esteiro do Miño en ferri”.

A veciñanza de Ponteareas pode obter o seu certificado COVID e a Chave 365 no Centro de Servizos Sociais

Dende esta semana é posible obter o certificado COVID e a Chave 365 no Centro de Servizos Sociais de Ponteareas, no número 10 da rúa Oriente en horario de 08.00 a 14.30 horas. O Concello cedeu este espazo á xerencia do Sergas da Área Sanitaria de Vigo para poder ofrecer este servizo aos veciños e veciñas da vila e tamén da comarca.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, destaca que este servizo é produto da colaboración entre administracións para ofrecer unha mellor atención á veciñanza. Ao tempo que lembra que o Concello “sempre terá a man tendida para colaborar coa Xunta de Galicia para mellorar calquera situación de interese para a vila”.

No novo espazo habilitado, as persoas que o desexen poden solicitar dar de alta a Chave 365, un sistema que permite o acceso ao certificado COVID, e a aplicación E-Saúde con seguridade. Ademais, alí tamén poderán obter unha copia impresa do certificado para presentar nos lugares no que é preciso.

A Mancomunidade do Val Miñor inaugura o obradoiro ‘Pedras de Miñor’ dirixido a menores de 30 anos

0

O presidente da Mancomunidade do Val Miñor, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos rexedores dos outros Concellos que integran esta entidade –Carlos Gómez, rexedor de Baiona, e Juan González, alcalde de Nigrán–, xunto a xefa territorial de Emprego e Igualdade da Xunta en Vigo, Marta Mariño, inauguraron onte o obradoiro ‘Pedras do Miñor’, enmarcado no Plan de Garantía Xuvenil, cofinanciado por l Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego xuvenil, cunha dotación de preto de 369.493 euros.

Todas eles deron a benvida aos 16 alumnos, de idades comprendidas entre os 16 e 29 anos seleccionados para o taller, que se desenvolverá en dúas modalidades: albañilería e cantería. Coincidiron en destacar a importancia desta oportunidade porque “vai máis aló dun simple obradoiro de emprego porque ofrécevos poñer en práctica o aprendido, traballando con nós nos concellos, e desta forma gañar a experiencia precisa para ter máis facilidades á hora de acceder ao mercado laboral”.

Por último, alcaldes e Marta Mariño coincidiron en suliñar a importancia de establecer “pontes entre as administracións e a máxima colaboración, como é o caso, para favorecer políticas activas de emprego, ferramentas que permitan que os nosos mozos poidan acceder ao mercado laboral e responder as súas demandas, loitando contra as altas taxas de desemprego xuvenil que rexistra o noso país”.

Formación dual

O taller, cunha duración de 12 meses, axústase á fórmula dual que alterna a práctica profesional que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Estes programas de emprego contemplan un contrato polo que os participantes percibirán o salario mínimo interprofesional, subvencionado ao 100% pola Xunta de Galicia.

As clases teóricas do obradoiro desenvolveranse durante os seis primeiros meses no Multiusos “Ángel Bedriñana” en Baiona, a cargo do equipo directivo integrado por 1 docente por modalidade, unha directora e unha administrativa. Unha vez finalice esta primeira fase, o alumnado fará as prácticas nos Concellos da Mancomunidade.

Así en Gondomar está previsto que acometan o acondicionamento de varios lavadoiros tradicionais e a construción de baños con accesibilidade en dependencias municipais. No caso de Nigrán traballarán na rehabilitación do Lavadoiro de Sancho, mentres que en Baiona acondicionarán a zona de acceso do aparcadoiro do campo do Aral, o Paseo Monteboi e acometerán diversas melloras no multiusos Bedriñana.

Ponteareas “lenzo en branco” para pintores e pintoras esta fin de semana

Ponteareas será un lenzo en branco para os pintores e pintoras galegas esta fin de semana. Un lugar onde inspirarse e descubrir novas creacións artísticas. A vila estrea a primeira edición da mostra PonteArt que organizan a Federación de comercio, hostalaría e servizos de Ponteareas –Banastra– e o Concello, co obxectivo de achegar “a toda a veciñanza ás artes pictóricas”, destaca a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

A praza da Música será o centro neurálxico do PonteArt. Acollerá o sábado e o domingo entre as 12:00 e as 21:00 horas a exposición pictórica de 10 artistas galegos da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA), unha mostra de fotografía de José Souto, música en directo, e varios obradoiros de pintura abertos a veciños e veciñas de todas as idades.

As persoas interesadas deben inscribirse chamando ao teléfono 682 874 605 ou escribindo ao correo electrónico: [email protected]. Nesta mostra tamén terán protagonismo as Meninas, creacións artísticas e solidarias que estarán expostas unha vez máis para que a veciñanza poida gozar da súa beleza e orixinalidade.

O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, afirma que no Concello “estamos moi contentos de acoller un festival adicado ás artes plásticas”, e destaca que Ponteareas continúa sumando na súa “firme aposta” polas actividades culturais. “Ter un festival de teatro de rúa, outro de música de cámara, e un de pintura durante o mesmo mes, é unha riqueza da que temos que estar orgullosos e orgullosas”, concluíu.

Carmela Silva esixe a Feijóo “solucións inmediatas” ao peche de sucursais bancarias no rural

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, esixiu hoxe ao presidente da Xunta a buscar solucións inmediatas ao peche continuado de sucursais bancarias nos concellos do rural galego ao considerarlle “o responsable do que está a pasar, unha desfeita que deixa a boa parte da veciñanza sen un servizo indispensable para a súa vida cotiá“. Silva instou a Núñez Feijoó a dar explicacións “da súa inacción” neste tema “amparándose na teima de sempre de dar unha patada cara arriba e dicir que hai que cambiar a lexislación, cando é o responsable último do que está a ocorrer despois de impoñer, como fixo, a privatización das caixas de aforros que foi un completo desastre como agora se está a demostrar. De aqueles polvos veñen agora estes lodos”, subliñou.

Declaracións de Carmela Silva

A presidenta provincial considerou, por elo, que Feijoó “está obrigado a buscar saídas que freen esta sangría. Non podemos esquecer que en Galicia había caixas de aforros que eran unha garantía de servizos no territorio pero que como Caixa Galicia estaba en bancarrota Feijoo obrigou ás caixas da provincia, que eran solventes, a ir a un proceso de fusión abocado ao fracaso que foi e que tivo como consecuencia a privatización”. “Este peche de agora, dixo, ven daquela decisión do presidente da Xunta. Por iso ten que dar explicacións, asumir responsabilidades e buscar solucións”. Carmela Silva recordou a Feijoó que “ten competencias, ten capacidade para tomar decisións e evitar que isto aconteza e, amais, de que foi o responsable da privatización das caixas que, nesta provincia, si eran solventes”.

A presidenta provincial mostrou a súa “enorme preocupación e solidariedade coas veciñas e veciños dos concellos que están a sufrir os peches. “A maioría das persoas que viven nos concellos rurais da provincia de Pontevedra son persoas maiores, que non teñen competencias dixitais e polo tanto van ter moitas dificultades para desenvolver as súas xestións bancarias que son fundamentais para a vida diaria”. Por elo, afirmou Carmela Silva, “Feijoó non pode deixar abandonada a xente do rural, e non pode seguir co discurso de fortalecer a loita contra o despoboamento e despois que desaparezan servizos cando foi o presidente da Xunta quen o provocou”.

Salvaterra de Miño abre unha nova oficina de turismo xunto ao Parque da Canuda e pon en marcha o servizo gratuíto de bicicletas

O Concello de Salvaterra de Miño ven de abrir, neste mes de agosto, unha nova Oficina de Turismo xunto ao parque público A Canuda, co fin de atender o incremento de demanda de información turística durante estes meses e, do mesmo xeito, abre tamén en época estival o servizo gratuíto de bicicletas. O horario de ambos servizos é de mércores a domingo de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h, de agosto a novembro.

Nesta primeira semana de posta en funcionamento da oficina de turismo xa pasaron por ela máis de 100 visitantes nacionais e internacionais como Francia, Suiza ou Portugal, para recoller información sobre o municipio e os seus lugares de interese. A apertura desta nova oficina de turismo se leva a cabo baixo a axuda outorgada pola Deputación de Pontevedra para a dotación de persoal en oficinas de información turística, adherida polo tanto a Rede de Oficinas de ‘Info Rías Baixas’.

En relación ao Servizo gratuíto de bicicletas salientar que tódolos menores de 16 anos deberán traer o seu propio casco de protección para poder empregala e, asi mesmo, os menores de idade precisan consentimento dun titor legal.

O concello de Salvaterra de Miño é dos poucos de Galicia que contan con bicicletas de paseo de xeito gratuíto que poderán empregar tanto a veciñanza como as persoas visitantes, para percorrer o Casco Urbano, o carril bici e as sendas dos Ríos.

Así, o que o desexe, poderá facer de forma natural unha ruta polos 25 km de sendas que o municipio ten polos ríos (Mendo, Miño e Tea), o Recinto Amurallado e a Ponte Medieval. Ademais este verán poderán ser os primeiros en facer a senda entre Salvaterra e Tui, hasta o Río Caselas.

Con iniciativas como esta o Concello que preside Marta Valcárcel pretende “fomentar o deporte e hábitos saúdables entre os seus veciños e veciñas, o uso de medios de transporte ecolóxico e achegar a natureza e o propio patrimonio a todos e a todas”. Ademais busca ser “unha chamada para as miles de persoas que se visitan a nosa Vila na procura de tranquilidade e lecer, sen esquecer unha boa gastronomía”.

Salvaterra de Miño, lembra a súa alcaldesa, “é Vila Milenaria, capital do Viño do Condado do Tea, pero sobre todo é un xardín sobre o Miño, sendo o parque público A Canuda un dos reclamos turísticos máis importantes do sur de Galicia”.

Finalmente, nas vindeiras semanas a esta oferta engadirase tamén a das bicicletas eléctricas que serán entregadas pola AECT Río Minho as tres Eurocidades, Tui-Valença, Tomiño-Vilanova de Cerveira e Salvaterra-Monção.

A provincia de Pontevedra amosa o seu agradecemento ás e aos olímpicos. “Sodes o mellor que temos na sociedade”

O Palacete das Mendoza engalanouse hoxe por todo o alto para amosar o agradecemento ás e aos deportistas da provincia de Pontevedra que participaron nos Xogos Olímpicos de Tokio. E foi precisamente esta palabra, gracias, a máis escoitada nos xardíns deste emblemático edificio. As e os olímpicos foron achegándose ao lugar no medio da expectación das e dos viandantes en Pontevedra, que viron como a presidenta provincial, Carmela Silva, acompañada do deputado de deportes, Gorka Gómez, recibíanos cheos de emoción.

“Os aplausos son para elas e eles, sodes o mellor que ten esta sociedade”, deixou claro a presidenta da Deputación, cando Teresa Portela –prata en piragüismo–, Nico Rodríguez –bronce en vela–, Rodrigo Corrales, –bronce en balonmán–, Antía Jácome –diploma en piragüismo– e Támara Echegoyen –diploma en vela– se achegaron ao escenario situado no centro do xardín. Para Carmela Silva “esta provincia ten moitos elementos para presumir dela e exemplo disto é que temos ás e aos mellores deportistas. Somos unha gran referencia deportiva e creo que unha sociedade que queira construír un bo futuro para a súa xente ten que recoñecer ás e aos mellores dos seus”.

Carmela Silva non se esqueceu de Rodrigo Germade –prata en piragüismo– que non puido asistir ao acto para poder conciliar a súa vida familiar, Iván Villar –prata en fútbol–, Nikolv Sherazadishvili –diploma en judo– nin do resto de deportistas da provincia que viaxaron ao país nipón: Tamara e Alberto Abalde, María Bernabeu, Francisco Garrigós e Javi Gómez Noya.

As e os olímpicos da provincia, que asinaron no Libro de Honra da Deputación e recibiron un agasallo da institución, coincidiron en recoñecer o valor e o legado da traxectoria de Teresa Portela, unha deportista referente para todas e todos eles que se alegraron tanto ou máis do metal da piragüista de Cangas como dos seus propios. A propia Portela recalcou que a importancia non é só das medallas senón tamén da “cantidade de esforzo, de horas invertidas, de anos de sacrificio…” e deixou claro que “unhas veces conséguense e outras non pero o importante, os valores que queremos mostrar, é o traballo que hai detrás”. Nico Rodríguez agradeceu o poder xuntarse coas súas compañeiras e compañeiros “que ao fin e ao cabo son referentes” e fixo especial mención a Tamara Echegoyen “unha gran líder para o equipo de vela que nos axudou moito”.

O gardameta da selección de balonmán, Rodrigo Corrales, puxo en alza o feito de que “na provincia de Pontevedra haxa tantos deportes, tantos grandes deportistas e tantos adestradores de base, o que permite que xente coma nós esteamos hoxe aquí”. Ademais, Corrales deixou claro que os e as deportistas de elite deben “seguir sendo inspiración da mocidade, apostar pola base, pola igualdade e a integración para que nos vindeiros anos sexan moitas máis persoas da provincia as que participen nos Xogos Olímpicos”. Antía Jácome amosouse feliz durante o acto xa que, como declarou, “eu acabo de empezar neste mundillo e é unha honra poder compartir isto con persoas que son un exemplo para min e para deportistas do mundo enteiro”. Tamén falou Támara Echegoyen, quen é consciente de que “o importante do deporte son os valores que transmite e educar con eles. O deporte máis que un resultado é un camiño e ás veces acádense os obxectivos e outras non, pero o tempo daranos a importancia do que fixo o deporte galego nestes Xogos Olímpicos”.

Nestas olimpíadas, nas que Galicia enviou máis deportistas ca nunca, a provincia de Pontevedra tivo unha forte presenza e destacou pola súa exitosa participación ao conseguir cinco das sete medallas galegas (tres delas de prata e dúas de bronce) e tres diplomas olímpicos. Neste senso cobra especial importancia Cangas, un lugar ao que foron a parar catro dos metais olímpicos. Para lograr esta proeza a provincia enviou a Tokio a 12 deportistas, que viaxaron cargadas e cargados de ilusións e moitas horas de adestramento ás súas costas.

Salvaterra de Miño remata a intervención no cruceiro e peto de ánimas de San Roque, na parroquia de Cabreira

Dentro da liña de traballo que se ven realizando de posta en valor do patrimonio histórico cultural, e despois da restauración do cruceiro de Vilacoba, o da Igrexa  de Leirado, Cimadevila en Fornelos, o muiño en Alxén, neste momento o Concello de Salvaterra de Miño encóntrase rematando a intervención sobre o peto de ánimas e o Cruceiro de San Roque de Cabreira, para posteriormente empezar coa restauración do palco de música de Leirado.

O cruceiro e o peto de ánimas tallados en pedra datan de finais do século XVIII e encontrábanse un estado de conservación medio, debido tamén en gran medida aos danos ocasionados no ano 2015 cando tentaron roubar a imaxe da Inmaculada que ía apoiada no fuste da columna, sobre un capitel. Esta peza atópase nun lugar con un alto valor etnográfico, xa que na contorna encóntrase a  Capela  de San Roque e  o palco da música. Está realizado totalmente en roca granítica e presenta como cimentos tres escalóns. Na placa de mármol situada na súa base pódese ler a seguinte inscrición:

“TU QUE PASA MIRAME
TODO CUBIERTO DE LLAGAS
HAY HIJO QUE MAL ME PAGAS
LA SANGRE QUE DERRAME
MAS ESPERA Y TE DIRE
PUES QUE TANTO PADECI
SI LO MAS HICE POR TI
QUE FUE MORIR POR SALVARTE
SI TU TE MUEVES A MI
COMO NO HE DE PERDONARTE”.


De acordo ao libro ‘Cruces, Cruceiros e petos do Concello de Salvaterra de Miño’ de Don Estanislao Fernández da Cigoña, este cruceiro puido ser realizado polo soado canteiro Ignacio Cerviño Quinteiro. Autor doutras obras como son o Cruceiro da Madalena en Cangas e o seu peto de ánimas. Algo non tan disparatado, se temos en conta que Ignacio residiu durante anos no veciño municipio de Ponteareas e que o estilo e a factura aseméllanse ás outras obras atribuídas a este.

Na parte posterior do cruceiro, sitúase un pequeno peto de ánimas en forma de retablo no que tres figuras aparecen entre chamas. A figura central asemella ser a dun eclesiástico, aínda que a súa cantería é bastante tosca e esquemática, lonxe queda pois, da coidada técnica levada a cabo no cruceiro. O peto de ánimas tamén presenta unha lenda que di o seguinte: “DEVOCION DE JOSE GONZALEZ. ANO DE 1783”.

A intervención realizada busca garantir a conservación da obra e frear o seu deterioro, neste caso o dano máis grande que se subsanou foi o acto vandálico que se produciu no intento de roubo da escultura. Para iso primeiro uníronse as pezas que conformaban a escultura da Virxe  e levouse a cabo a limpeza de todo o conxunto, cruceiro, peto e o seu contorno.

Gondomar remata una nova fase na reforma do Camiño de Sequeirós, unha das arterias de acceso á localidade

0

Gondomar inaugurou a segunda fase da mellora do camiño de Sequeirós coa actuación acometida sobre a coñecida como ‘Estrada de Rasas’ na que se executaron, básicamente, as obras de reposición do pavimento asfáltico. Complétase así o proxecto iniciado coas obras no tramo do camiño de Sequeirós co cruzamento coa PO-340, no que se ampliara, na primeira fase, o espazo pola marxe dereita dotándoo de beirarrúas e ampliando o ancho de calzada que “era escaso facendo o paso de vehículos moi axustado, e moi difícil para os peóns”.

“A comodidade e seguridade da nosa veciñanza sempre priman nas nosas actuacións, como a do camiño de Sequeirós que agora completamos con esta segunda fase. Trátase de aos poucos adecuar todas as nosas infraestruturas, os nosos camiños ás necesidades veciñais, pero tamén aos obxectivos que marcan as directrices europeas, como a sustentabilidade ou a mobilidade”, manifesta o alcalde, Paco Ferreira.

[su_image_carousel source=”media: 42986,42987,42988″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Actuación

Cun orzamento de 135.365 euros, a cargo do Plan Concellos da Deputación Provincial, e un prazo de execución de dous meses, o proxecto englóbase “dentro das actuacións coas que dar continudidade ás humanizacións plantexadas en diversas rúas do municipio, pero sen esquecer acometer a mellora das estradas e camiños, de comunicación entre as parroquias e no interior de todas elas como un conxunto”.

Nesta segunda fase os traballos centáronse na mellora da pavimentación da estrada, así como a drenaxe e a seguridade vial, á vez que “búscase dotar dunha impronta proia as rúas da vila”.

A actuación finalizada incluiu a pavimentación da capa de rodadura así como os saneamentos precisos para o apoio das cunetas de adoquins e sobreanchos para manter a sección tipo establecida. Para elo, entre outras accións, procedeuse á roza e limpeza de vexetación en nas marxes, escavación de terras para cajeado, canalización de augas pluviais con tubería de hormigón e instalación de sumidoiros arqueta con reixa para recoller as citadas augas.

Ademais da posta en rasante de tapas de pozos e arquetas, a obra completouse coas sinalizacións verticais e espellos de tráfico, soterramentos dos servizos aéreos da zona, pintura do vial e localización de pasos de peóns.

Tui desfruta xa das renovadas áreas recreativas de Bornetas e da Gándara financiadas con 190.000 euros do Plan Concellos

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, inauguraron na tarde do xoves 12 de agosto as áreas recreativas de Bornetas e da Gándara financiadas con preto de 190.000 € do Plan Concellos da institución provincial. As dúas remodeladas áreas recreativas forman parte dun proxecto máis amplo que o goberno local ten en marcha para mellorar as zonas de ocio da infancia e crear espazos biosaudables para o público adulto. “Con estes renovados espazos –destacou a presidenta Carmela Silva– novamente o goberno de Tui demostra o seu compromiso coa veciñanza, poñendo no centro da acción política ás persoas, as verdadeiras protagonistas, a través da creación de espazos de encontro de calidade para o desfrute da cidadanía”.

Carmela Silva: “Síntome feliz de volver a Tui para inaugurar actuacións que melloran a vida da xente…”

O investimento total que achegou a Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos, á remodelación das áreas recreativas ascende a 188.000 € en total, e inclúen non soamente elementos infantís senón tamén aparellos biosaudables. No caso da área recreativa en Bornetas o investimento foi de preto de 90.000 €, e na área recreativa da Gándara, en Guillarei, ascende a máis de 100.000 €. “Síntome feliz –asegurou a presidenta Carmela Silva– de volver a Tui para inaugurar actuacións que melloran a vida da xente, porque a política está para isto, para mudar, para reformular e renovar sempre situando no centro das transformacións ás persoas”.

Pola súa banda o alcalde Enrique Cabaleiro destacou que “estas actuacións, que non se atopaban en boas condicións e están situadas a carón de centros educativos, o CRA Mestra Clara Torres e o CEIP de Guillarei, responden a unha demanda da cidadanía e forman parte dun modelo máis ambicioso que ten por obxectivo remodelar case a totalidade dos parques infantís do termo municipal de Tui”.

[su_image_carousel source=”media: 42978,42975,42977″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

As actuacións

A renovada área recreativa de Bornetas está situada a carón do CRA Mestra Clara Torres, ata o que está previsto –tal e como anunciou o alcalde– que en setembro se achegen os Reis para coñecer o centro que ten recibido o Premio Princesa de Girona. O ámbito do parque infantil abrangue 346 metros cadrados e conta con pavimento de caucho continuo e céspede artificial con base amortiguante. Amais, inclúe diferentes tipos de xogos entre os que se atopan unha montaña, un arrandeadoiro de dobre asento e asento para bebés, un balancín, xogos de cesto e abella e dúas torres con escaleira colgante e muros de escalada. Tamén incorpora elementos biosaudables para o público adulto con aparellos para traballar a zona de cintura, esquís de fondo, elevadores e bicicletas estáticas.

No caso da parque da Gándara en Guillarei creouse unha área con dúas zonas: unha de 650 metros cadrados onde se sitúan os xogos e a tirolina, e outra de 190 onde se instalan os aparellos biosaudables e as mesas de xogos (ping-pong e xadrez). A zona infantil conta con pavimento de seguridade con céspede artificial con base amortiguante e elementos para a rapazada como unha tirolina, un arrandeadoiro tripla, dúas torres con muros de escaladas e redes de corda, outra torre con escaleiras e tobogán, unha pequena cabana, un pato, un coello e un balancín sapo. En canto aos elementos biosaudables inclúense aparellos de cintura, de esquí de fondo, elevadores e bicicletas estáticas así como unha mesa de ping-pong antivandálica e un conxunto de mesa e bancos con taboleiro de xadrez.

Dende o 2015 a Deputación de Pontevedra investiu en Tui preto de 10 millóns de euros dos que 6,1 correspóndense co Plan Concellos e preto de dous millóns con actuacións en infraestruturas como as acometidas para a mobilidade sostible na EP-3004 (onde tamén se realizou unha obra de emerxencia no acceso á Igrexa) e na EP-2505 na parroquia de Caldelas. Ademais Tui foi un dos concellos beneficiados co Plan DepoRemse, a través do cal se realizou a mellora da seguridade viaria no núcleo da Torre en Paramos. No que respecta ao Plan Concellos, a vila puido financiar nos últimos seis anos ata 60 obras e contratar a 116 persoas desempregadas, 15 delas este mesmo ano.

A Chave 365 e o certificado Covid poden obterse dende xa na Área Panorámica de Tui

0

Dende onte mércores 11 de agosto é posible obter a Chave365 e o certificado COVID na planta Baixa da Área Panorámica. Aí vén de abrir unha oficina, atendida por unha persoa funcionaria do Servizo de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. O Concello de Tui colabora así coa xerencia do SERGAS da Área Sanitaria de Vigo pondo a dispor este punto na Área Panorámica para a prestación deste servizo á cidadanía. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, respondeu favorablemente á solicitude feita dende a xerencia do SERGAS para poder contar cun local na cidade con esta finalidade.

Deste xeito dende hoxe a poboación de Tui e tamén a de Tomiño poden achegarse ate este punto, na planta baixa da Área Panorámica con entrada pola parte posterior do edificio, para solicitor a alta na Chave 365, o que permite o acceso ao certificado covid, e á aplicación E-Saúde con seguridade. As persoas interesadas poden amais obter unha copia impresa, no caso de precisalo, do seu certificado COVID.

Dende esta mesma mañá as persoas que precisen a Chave365 ou o certificado COVID xa non teñen que acudir ao centro de saúde de Tui ou Tomiño, senón que deben dirixirse a esta oficina onde o obterán directamente. Deste xeito lógrase desconxestionar o servizo no centro de saúde.

O horario de apertura da oficina é luns a venres de 8:30 h a 12 h e de 12:30 a 14:30 h.

O servizo prestarase inicialmente até o 31 de Agosto pero poderá ser prorrogado de ser necesario.

Os nenos e nenas do campamento de verán do Rosal ensinan a reciclar

0

Xornada de reciclaxe onte para os nenos e nenas do campamento de verán do Rosal. Na mañá do mércores recibiron a visita da concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente, e o mestre composteiro do Concello para aprender e traballar coa reciclaxe. Os pequenos e pequenas mostraron “o ben ensinados que están”, destaca a concelleira, e separaron todos os residuos que había mesturados en caixas para bótalos nos colectores correspondentes.

Os plásticos ao amarelo, a roupa e o calzado ao colector da roupa, o vidro ao verde, medicamentos ao punto SIGRE da farmacia, e outros residuos como lámpadas, tellas, cristal, ou plástico duro, ao punto limpo.

Sara Vicente quedou “impresionada” pola labor dos nenos e nenas, e está “segura” que axudarán a ensinar a reciclar e reutilizar as súas familias e amizades. “Un futuro sostible é posible coas súas actitudes”, concluíu.

Esta xornada forma parte das campañas de sensibilización ambiental asociadas ao proxecto para habilitar un espazo municipal para o intercambio, reparación e reutilización de obxectos. Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa Feder Galicia 2014-2020.

Redondela renova e moderniza o seu mobiliario urbano

0

O Goberno local de Redondela iniciou, nestes días, a renovación do seu mobiliario urbano optando por “deseños máis actuais e funcionais e con materiais de longa duración que minimicen o seu mantemento”, asegurou hoxe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Clcik para ampliar

Os traballos de renovación, que se desenvolven ao abeiro do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra, permitirán a substitución de papeleiras nas rúas General Rubín, Ribeira, Alfonso XII, Pai Crespo, José Regojo e Paseo da Xunqueira. Os bancos, pola súa banda, substituirán aos actuais que se atopan no paseo da Xunqueira.

Dada a climatoloxía propia de Redondela, para as papeleiras optouse por unha estrutura e cubeta de aceiro con tratamento ferrus, un proceso protector do ferro que garante unha óptima resistencia á corrosión. No que aos bancos fai referencia, contan con pes de fundición –co mesmo tratamento anticorrosión que as papeleiras– e seis taboleiros de madeira tratada con protextor funxicida, insecticida e hidrófugo.

Tanto as papeleiras nos seus soportes, como os bancos nas súas patas, amosarán o escudo do Concello de Redondela sobre relevo con moldeo en forxa.

Digna Rivas salienta o feito que esta renovación do mobiliario urbano “amais de modernizar a imaxe do casco urbano, permitirá que as parroquias poidan dispoñer do material substituído logo de ser revisado e recuperado para que quede en perfecto estado de uso”.

O ponteareán Sergio de Arcos, gañador do concurso de banda deseñada do ‘Garaxe Hermético’

O Concello de Ponteareas, a través do concelleiro de Cultura, Fernando Groba, quere felicitar ao veciño Sergio de Arcos polo seu primeiro premio no concurso de banda deseñada que organiza a escola O Garaxe Hermético.

Click para ampliar

O seu manga ‘Mental Process: Trust’, guión de Sam, impresionou o xurado polo seu coidado debuxo e historia, nunha edición que destacou polo seu “alto nivel”, e será publicado por Retranca Editora.

O debuxante súmase a grande factura de artistas desta especialidade en Ponteareas, como Pablo Prado e Anémona de Río, que publicaron recentemente dous álbums con Galaxia e Xerais: ‘O derradeiro libro de Emma Olsen’, adaptación da novela de Berta Dávila, e a ‘A proba da auga’.

“Estamos moi orgullosos de ter en Ponteareas grandes debuxantes”, destacou o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, que espera que o exemplo de Sergio de Arcos, Pablo Prado, ou Anémona de Río “anime a veciñanza a continuar aumentando o legado da banda deseñada na vila”.

A Deputación lanza a nova edición dos ‘Rías Baixas Film Fest’, “a grande referencia no audiovisual”

A Deputación de Pontevedra deu o “pistoletazo” de saída a unha nova edición dos Rías Baixas Film Fest que, entre setembro e decembro, situarán á provincia “como a grande referencia no audiovisual”. A presidenta Carmela Silva, xunto a Suso Novás, codirector de Novos Cinemas de Pontevedra, e Teresa Barberena, codirectora do Festival de Cine Inclusivo de Vigo, deron a coñecer as novidades deste ano, acompañados de representantes de todos os festivais que integran a marca e de integrantes dos gobernos locais de Porriño, Vigo, Bueu, Tui, Vilagarcía e Pontevedra. O acto pechouse cun sketch cómico a cargo do director Pablo Cacheda e do actor Santi Romay.

Carmela Silva puxo en valor aos festivais como elementos que contribúen a converter á provincia nunha referencia cultural. “Nesta administración temos moi claro que queremos cultura para vivir e que non podemos construírnos, ser felices e participar activamente na transformación do mundo sen cultura. Temos a obriga –asegurou– de facer deste provincia unha referencia na cultura, que a xente entenda que coidamos a cultura, que somos herdeiras e herdeiros dun país, que é Galicia, que sempre estivo na vangarda cultural e que o sector audiovisual é unha grande referencia. Se hai algo que constrúe sociedade e fai que a xente participe activamente é o audiovisual, que ofrece moitas miradas, diversas, e transmite emocións, ideas e valores universais”.

Carmela Silva: “Se hai algo que constrúe sociedade e fai que a xente participe activamente é a cultura. O audiovisual ofrece moitas miradas diversas e transmite emocións, ideas e valores universais”

Para Carmela Silva, que agradeceu o “inmenso traballo” dos organizadores dos festivais e do persoal da Deputación implicado, os Rías Baixas Film Fest “fan felices á nosa xente, que ten que ser obxectivo prioritario, pero tamén son un motor de atracción de visitantes, de amosar que na nosa provincia hai moito talento, talentazo”.

Palabras de agradecemento tiveron tamén os representantes dos Rías Baixas Film Fest. Suso Novás, codirector de Novos Cinemas de Pontevedra, enxalzou o papel clave da Deputación: “os festivais funcionan porque hai un equipo de persoas, persoas funcionarias, técnicas e políticas, que nos fan medrar e que demostran que traballando xuntas e xuntos podemos desenvolver proxectos con incidencia local sen rexeitar a interese internacional”. Pola súa banda, Teresa Barberena, codirectora do Festival de Cinema Inclusivo de Vigo, destacou a importancia da marca Rías Baixas Film Fest “para darnos a coñecer, crear territorio e acabar cos minifundismos e crear unha rede, con propostas variadas e diferentes, complementarias, para impulsar a industria audiovisual e cultural”.

Oito festivais audiovisuais entre setembro e decembro

Os Rías Baixas Film Fest comezarán en O Porriño coa celebración do XVIII Festival de Cans entre o 1 e 4 de setembro e continuarán co X Primavera do Cinema, que terá lugar en Vigo do 7 ao 12 de setembro; co XIV FicBueu entre o 10 e 19 de setembro en Bueu; co XVII Play-Doc que terá lugar entre o 22 e 26 de setembro en Tui; co 4#Galician Freaky Film Fest entre o 29 de setembro e 2 de outubro en Vigo; co VI Festival de Cine Inclusivo que terá lugar entre o 12 e 16 de outubro en Vigo; co 49º Curtas Festivais do Imaxinario entre o 22 e 31 de outubro en Vilagarcía; e co VI Novos Cinemas que se celebrará entre o 14 e 19 de decembro en Pontevedra e pechará a edición do 2021 dos Rías Baixas Film Fest.

Neste 2021 a Deputación amais de lanzar por vez primeira nos oito festivais a campaña “Lembra, eu decido, ti respectas”, continuará colaborando cos protocolos de seguridade anticovid. Amais incrementará os seus esforzos de promoción a través da campaña específica ‘Rías Baixas Film Fest, que non che conten a película’, que se puido ver xa durante a presentación, con frases divertidas de cada un dos festivais que será difundida a través de ráfagas e vídeos nos medios e redes sociais. Tamén incorporará a promoción dos festivais na feira Culturgal e durante a celebración dos eventos gravará o audiovisual #EuSonRíasBaixasFilmFest, a pegada dos (nosos) festivais”, no que se recollerán testemuñas do público falando das experiencias vividas nos festivais, para promover a marca de cara ao 2022. Tamén de cara ao vindeiro ano terá lugar a acción ‘En modo cinema’, con conversas gravadas en localizacións da provincia e entrevistas realizadas polas directoras e directores dos Rías Baixas Film Fest.

Os Rías Baixas Film Fest xurdiron no 2020 baixo o paraugas da Deputación e da man dos organizadores dos festivais. Nese mesmo ano púxose en marcha un Comité de persoas expertas para incrementar a visibilidade dos certames, axudar á profesionalización do sector audiovisual e xuntar esforzos para ser máis fortes no relato cultural. Neste 2021 a Deputación achega 150.000 €, 20.000 € máis que no 2020, á celebración destes festivais que crean vínculos e sitúan á provincia de Pontevedra como un lugar de referencia.

Nigrán abre ata o 9 de setembro o prazo de presentación de solicitudes de axudas para asociacións do municipio

0

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica onte o anuncio coa apertura do prazo para a concesión de subvencións do Concello de Nigrán para as diferentes entidades do municipio (culturais, veciñais, festeiras ou deportivas). O prazo de solicitude é dun mes, finalizando o 9 de setembro (inclusive). A partida orzamentaria destinada desde o Concello mantense en 80.000 € e, como o ano pasado, as asociacións poden incluír nos seus gastos subvencionables os derivados da aplicación do protocolo covid-19. Coma sempre, as beneficiarias deben estar inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Nigrán.

“O noso compromiso é de máxima colaboración con tódolos colectivos do municipio, que son os grandes promotores das actividades lúdicas, culturais, deportivas ou festeiras, por iso ímos continuar con esta liña de axudas”, explica o alcalde, Juan González, quen encomia o seu “traballo desinteresado na promoción de todos estes aspectos que fan comunidade e que xeneran un Nigrán máis amable para as persoas”.

Coma nas bases aprobadas en sesión plenaria no 2018, mantense a contía máxima da subvención, sendo a liña de actividades culturais 24.500 euros en total (2.000 € tope por entidade), de 25.000 € a de fomento do asociacionismo e de 30.000 € a de fomento da práctica deportiva establecéndose un mínimo de 1.000 euros por entidad solicitante para participar en competicións oficiais e por outra banda un máximo de 1.500 euros para a realización de actividades deportivas nas que se valorará a duración, antigüidade da mesma, número de persoas beneficiarias e, novamente, que sexa un deporte tradicional galego, coma é o caso dos bolos celta.

Ponteareas pon en valor os seus xogos tradicionais

Ponteareas quere que os nenos e nenas da vila aprendan a xogar da maneira que aprenderon os seus avós e avoas. A concellaría de Cultura, que xestiona Fernando Groba organiza ao longo deste mes catro xornadas de xogos tradicionais en varios espazos do municipio para “aprender xogando”, expón o concelleiro.

Todas estas xornadas celebraranse ás 19:00 horas. A primeira tivo lugar no día de onte na Urbanización Ponteareas Cidade, a segunda o próximo mércores 18 no parque das Pombas, a terceira o día 25 na Praza Maior, e a última o mércores 1 de setembro no parque da Perillana.

“Queremos por en valor os xogos cos que creceron os nosos maiores”, expón Fernando Groba. No Concello animan aos nenos e nenas a acudir a estas xornadas e, de ser posible, a que o fagan con seus avós e avoas para partillar historias entre todos e todas.

Gondomar inaugura o maior parque lúdico do sur de Pontevedra

0

“É unha gran satisfacción como alcalde poder inaugurar este gran espazo lúdico para a nosa cidadanía”, manifestou o rexedor de Gondomar Paco Ferreira, quen lembrou “que atende unha demanda de moitas persoas que reclaman lugares nos que sexa posible a convivencia de mascotas e os seus donos, co resto da poboación”. Obxectivo que entende “sitúanos no camiño marcado desde a Unión Europea de fomentar a construción e desenvolvemento de cidades máis sostibles e inclusivas”.

O proxecto do parque lúdico canino, redactado polo arquitecto Pedro González Souto, cun prazo de execución de dous meses e un investimento de 84.920 euros, desenvolveuse sobre o solar municipal da Avenida Curros Enríquez onde estaba proxectado o polémico tanque de tormentas da Xunta de Galicia para o municipio.

En total actuouse sobre unha superficie de 3.000 metros cuadrados que unha parte importante destinouse ao recinto específico para as mascotas, e o espazo restante a “un parque con tramos diferenciados cun merendero, unha pérgola e unha zona cun circuíto biosaudable”.

Parque canino

O parque canino dotarase de diferentes elementos como aneis de salto, mesas caninas, pasos, ramplas ou corredores para os cans que darán forma a un circuíto “Agility”, modalidade que combina a disciplina e o deporte a través dun percorrido composto por eses elementos que os animais deberán superar acompañados polos seus donos, preparatorio en moitas ocasións para distintas competicións dos animais.

O recinto estará valado para posibilitar que os cans poidan estar soltos no seu interior e tamén dispoñerá, ademais das zonas verdes, dun amplo areal para os animais. Un parque que, tal e como explicou o rexedor, “terá unha orientación pedagóxica para que todo o que teña un animal saiba como actuar con el” para o que se estuda a posibilidade de impartir cursos gratuítos de adestramento con especialistas.

Lugar de convivencia

O alcalde subliñou a importancia e o ambicioso do proxecto porque está pensado para todos e todas, polo que tamén se contempla a construción dun roteiro biosaudable que estará dividida en tres subzonas, unha adaptada, outra para dúas persoas e, finalmente, unha que dará cabida a sete usuarios simultaneamente.

Complétase esta superficie cunha unha zona destinada ao descanso e esparexemento dos viandantes, na que se instalaron mesa tipo merendero, unha pérgola e mobiliario urbano adaptado ao proxecto como bancos e papeleiras ao longo de todo o percorrido no que se instalarán catro fontes e a correspondente iluminación.

“É un gran paso o que damos con esta obra, pero o primeiro dun proxecto máis ambicioso como é a construción dunha senda fluvial”, lembrou Paco Ferreira, que confía que pronto sexa unha realidade o acondicionamento da marxe fluvial do Miñor que partirá desde o recentemente estreado parque lúdico canino ata a ponte románica de Mañufe, con 1,2 quilómetros de lonxitude.

O BNG esixirá no Parlamento “explicacións e solucións” aos problemas do Centro de Saúde de Ponteareas

O BNG, a través do seu deputado Luís Bará, anunciou a presentación no Parlamento Galego dunha serie de iniciativas para que o goberno da Xunta “dea explicacións e poña solución á precaria situación na que se atopa o centro de saúde de Ponteareas”.

A formación liderada por Ana Pontón sinalou que “cada vez é máis alarmante a falta de servizos e a ausencia de persoal sanitario en Ponteareas”. Neste sentido, o Bloque lembra que “por falta de persoal, a partir do día 15 a Xunta elimina consultas de Atención primaria na quenda de tarde, atendendo só as urxencias ou excepcións. Deste xeito, as pacientes con citas xa asignadas para as tardes vense obrigadas a desviar as súas citas á quenda de mañá ou a atrasalas cando menos por un mes”.

Por este motivo, o BNG esixe “que se repoña o persoal que nos últimos anos se vén eliminando, para pór freo ao deterioro da calidade asistencial e ao empeoramento das condicións laborais das traballadoras e traballadores derivado da sobrecarga de traballo”.

“Tras máis dun ano de pandemia, nun momento no que é imprescindible reforzar o sistema sanitario, o goberno do PP na Xunta continúa aplicando a súa política de recortes que empeora a Atención primaria e provoca graves consecuencias nas e nos pacientes”, sinalou o deputado do Bloque.

Por outra parte, o BNG anima á veciñanza a participar nas mobilizacións e reivindicacións que se están a pór en marcha na vila para reclamar unha mellora de condicións no centro de saúde e no conxunto da sanidade pública galega, ao tempo que pide ao goberno galego “que escoite o clamor social e as denuncias e reivindicacións do persoal da sanidade pública”.

O Concello de Salceda mantén a súa aposta polo tecido asociativo

O Concello de Salceda de Caselas ven de asinar coas asociacións os convenios de colaboración para o ano 2021, que lles permitirá percibir en total 126.751,40 €. Estas axudas –as máis altas da historia– veñen recollidas no orzamento 2021 como subvencións nominativas e destínanse a colaborar na sufragación dos gastos de funcionamento e de actividades das entidades.

No acto de sinatura, a alcaldesa Verónica Tourón estivo acompañada pola tenente de alcaldesa Loli Castiñeira e polo concelleiro de Cultura e Asociacionismo Álex Rodríguez. Tamén asistiu Rubén González responsable de Deportes e Medio Ambiente e Gela Ledo, de Ensino e Servizos Sociais.

Álex Rodríguez salientou a “importancia do tecido asociativo na vida cultural e social de Salceda”, e avanzou que o Goberno local seguirá mantendo a súa aposta “pola cultura, o deporte e o asociacionismo en xeral”.

Nos máis de 126.000 euros que se destinan, asináronse convenios cos centros culturais (900 €), os coros (700 €), as asociacións de veciños (400 €), os entroidos de Castro Barreiro e A Feira (1.600 €), a Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda (22.000 €), o CEP Altamira (1.200 €), o IES Pedras Rubias (2.400 €) e a Asociación de Xubilados e Xubiladas e Pensionistas (3.000 €). No eido deportivo, 22.551,40 € son para as Escolas Deportivas, 18.000 € para o Caselas C. F., 4.550 € para os Clubes de Balonmán e Baloncesto e 400 € para o Club Ciclista Aragonta.

Este ano cabe destacar a creación de sete novas subvencións nominativas destinadas a diferentes colectivos. A Escola de Fútbol Denis Suárez e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias (AFAGA) percibirán axudas de 15.000,00 € cada unha. A Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil 1.500,00 €; o CRA Raíña Aragonta 1.000,00 €; a Asociación de Comerciantes e Industriais (ACISA) e a Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxísta Treze Catorze 900,00 € e a Asociación de Mulleres Rurais Caselas 400,00 €.

As subvencións de maior importe son as que reciben a Asociación de Amigos e Amigas da Música, que engloba a Escola de Música de Salceda así como a Banda de Música, movendo en total máis de 400 persoas de tódalas idades, e as Escolas Deportivas, con cerca de 500 participantes. Considérase tamén fundamental o apoio ás actividades dos centros escolares públicos, que a pesares de non estar dentro das competencias dos Concellos reciben tamén unha aportación municipal.

Os convenios supoñen un importante esforzo financeiro, mais o Concello considera estratéxico continuar apostando polo tecido asociativo, que tanto dinamismo ofrece durante todo o ano, tanto na vila como nas parroquias. Nun ano, no que a pandemia provocada pola COVID19 está limitando moito as actividades que as asociacións poden desenvolver, o equipo de goberno quere mostrar deste xeito o seu apoio a estas entidades, xa que moitas delas terían dificultades para continuar activas sen estas axudas.

O Concello colabora ademáis durante todo o ano coas diferentes asociacións con préstamo de material, cartelería, donacións para os centros culturais, asesoramento e información nos trámites con outras administracións, etc.

O concelleiro de Cultura e Asociacionismo, Álex Rodríguez sinalaba a importancia destas axudas “sobre todo nunha época na que as restricións pola COVID fan que moitas asociacións e colectivos non poidan programar as súas actividades con normalidade”.

Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda de Caselas subliñou que “a Salceda que hoxe coñecemos non sería posible sen o tecido asociativo co que contamos, a promoción de actividades en todos os eidos aumenta a convivencia entre a veciñanza e fai que teñamos unha vila activa, polo que seguiremos axudando, máis se cabe no contexto que estamos a vivir”.

Carmela Silva visita na Cañiza a mostra ‘A Muller ao longo do tempo no concello da Cañiza’

0

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou onte o Concello para acompañar ao Alcalde Luis Piña na promoción do Xamón da Cañiza. Ademáis, aproveitando este encontro, o Alcalde invitou á Presidenta a visitar a mostra fotográfica e material que baixo o título “A Muller ao longo do tempo no concello da Cañiza” se expón no Salón de Plenos da Casa Consistorial ata o día 14 de agosto.

Un percorrido na liña do tempo dende finais do século XIX ata mediados do XX, no que se amosa en máis de 104 imaxes e 77 pezas de colección, as vivencias das mulleres no entorno da familia, no traballo, no seu tempo de lecer, na vida relixiosa  e na escola e todos estes momentos baixo a dureza dun entorno rural que se percibe nalgunhas das fotografías expostas.

A presidenta provincial mostrou a súa satisfacción ante “unha iniciativa tan necesaria como ésta que visibiliza ás mulleres do Concello ao longo dos anos, así como a importante pegada do seu traballo en todos os eidos da vida diaria”. Carmela Silva aplaudiu o esforzo que desde o goberno local se está a facer “por poñer cara e nome a tantas mulleres invisibilizadas, ocultadas e negadas na historia, nun exercicio de reparación e memoria  para recoñecer a todas as que tanto fixeron en cada pobo e vila, neste caso na Cañiza”

[su_image_carousel source=”media: 42927,42933,42924,42926,42932,42928,42925″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Unha das seccións da mostra  máis interesantes é a de Mulleres Pioneiras no seu tempo. Neste recuncho a Presidenta Carmela Silva tivo a oportunidade de coñecer a dúas mulleres que deixaron unha impronta e pegada especial na historia da Cañiza. Dúas mulleres  loitadoras e precursoras dunha sociedade máis igualitaria e máis xusta para as mulleres: Rita Eugenia Benedicta Fernández Queimadelos, que foi a 2ª muller titulada en Arquitectura en España, facendo parte dunha xeración de mulleres pioneiras que se foron incorporando paulatinamente a profesión a partires dos anos 30 e María Purificación Gómez González, cordobesa afincada na Cañiza,  que no ano 1936 presidiu o Goberno Local, converténdose así na única muller, naquela época histórica, Alcaldesa dun Concello de Galicia.

Estas dúas mulleres acompañan na exposición a outras moitas que nos difíciles anos dende a perda das colonias de Cuba, Filipinas, Puerto Rico e Guam ata mediados dos anos 50 do século XX, en plena dictadura franquista, tiveron que soster as súas familias, ocuparse do coidado dos fillos e do fogar, traballar no campo e nos oficios propios da muller e coidar dos bens patrimoniais, que en moitas ocasións, nin siquera tiñan en propiedade e todo sen a axuda dos seus homes xa que nesa época histórica, especialmente convulsa,  eran chamados a filas para loitar nos múltiples pronunciamentos militares que tiveron lugar.

Ao rematar a visita, a Presidenta da Deputación Carmela Silva asinou no Libro de Honra do Concello onde ratificou o seu compromiso coa Cañiza para traballar,  dende a institución provincial, no seu progreso presente e futuro. O Alcalde agradeceu en nome de todas as veciñas e veciños da Cañiza este xesto de amizade.

Nigrán reprograma o ‘Solpor’ no miradoiro de Monteferro para o luns 16 e martes 17 de agosto coa novidade de ‘Blue Monk’

0

O Concello de Nigrán reprograma finalmente o seu festival Solpor Monteferro para o vindeiro luns e martes (16 e 17 de agosto) con inscrición previa obrigatoria a través do formulario da web www.nigran.es e limitado igualmente a 500 persoas por xornada (as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, abríndose as solcitudes ás 9:00 horas deste mércores 11).

O evento, que tivo que ser adiado xa dúas veces este verán debido á choiva, contará no primeiro día finalmente coa presenza de Blue Monk (como novidade en lugar de ISIUS debido á incompatibilidade nos cambios de datas) e Eladio y LSQ e, no segundo, con Roma, Tinta e Bafana Bafana, tal e como inicialmente se anunciara.

As xornadas arrancarán ás 19:00 co obxectivo de, precisamente, dar conta do solpor no mellor escenario do mundo, o miradoiro de Monteferro. O festival conta un ano máis coa colaboración altruista da Comunidade de Montes de Monteferro e co apoio económico da Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos.

“Tras unha edición no 2020 en Gaifar por cuestións de normativa sanitaria, agora regresamos ao lugar orixinal e do que estamos tan orgullosos. Agardamos que no 2022 a normalidade sexa completa e, con elo, o aforo regrese ao anterior á pandemia”, afirma Juan González, alcalde de Nigrán, quen subliña o outro obxectivo co que naceu Solpor: “apoiar aos mellores músicos da escena local e galega ofrecéndolles o noso escenario máis espectacular e o máis agardado polo público”. “A situación do mundo da cultura é moi complicada agora mesmo e desde o Concello somos conscientes, por iso seguimos apoiando con máis forza a súa presencia na programación de verán”, reafirma Juan González, alcalde de Nigrán.

Tal e como xurdíu no 2017, o obxectivo é gozar da música ao aire libre nunha contorna privilexiada, no cumio de Monteferro, un palco proxectado cara ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios. Neste enclave único, fronte ás Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas de sal e monte, os “solpores” permitirán vivir realidades musicais aumentadas: un xeito distinto de desfrutar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando ao ritmo das ondas o das mellores actuacións en vivo.

Solpor Monteferro é unha experiencia musical para gozar sen présa e cos cinco sentidos. Un ano máis, a cervexeira Alhambra colabora con este evento, que xa forma parte de ‘Momentos Alhambra’ ao desenvolverse nun espazo máxico que convida a saborear as súas cervexas ao compás das mellores propostas musicais.

O Concello de Nigrán, xunto a Deputación de Pontevedra, quere con este evento promocionar e por en valor un espazo tan espectacular como Monteferro ao tempo que ofrece aos grupos locais e emerxentes unha oportunidade de promocionar o seu traballo no mellor dos escenarios posibles. “Desde o goberno local apostamos desde sempre por concertos ao aire libre en lugares de indubidable encanto, como xa é o Nigranjazz na Foz ou como Vive Nigrán en Praia América-Lourido ou Sona Gaifar en Panxón.

LUNS 16 DESDE AS 19:00 HORAS

Blue Monk Trío musical creado no ano 2009 entre Vigo e Nigrán por David Prego ao baixo, Pablo Prego á guitarra e voz e Alejandro Vilas á batería.

Blue Monk

Xuntos resucitan a música de baile de todos os tempos: o repertorio vai desde o Rockabilly dos anos 50/60 ata o Rock & Roll máis puro incluíndo versións de Led Zepellin, Lenny Kravitz, Rolling Stones… Blue Monk é, por riba de todo, calidade musical.

Eladio y Los Seres Queridos No 2020 Eladio e os Seres Queridos cumpriron 15 anos de carreira con 5 discos, xiras por todo o país en diferentes festivais e salas e manténdose sempre fieis ao seu particular estilo que lles permite ser, a día de hoxe, unha das bandas mais estables do panorama musical español.

Eladio

Este talento recoñecéuselle en diversas ocasións, ao longo destes anos, con nomeamentos e premios tanto a nivel galego como estatal; proclamándose gañadores do Premio Maketón Os 40 Principais 2011 a Mellor Disco por Están Vostedes Unidos, Premio Martín Códax dá Música Galega a Mellor Grupo Indie/Pop en 2013 e 2018 e Premio MIN da Música Independente 2017 a Mellor álbum en galego por Cantares.

MARTES 17, DESDE AS 19:00 HORAS

ROMA Roma comeza a súa actividade musical antes de aprender a falar e os seus xogos infantís vanse convertendo en cancións, en poemas, en historias que contar. En 2003 grava xunto a Amaro Ferreiro a súa segunda maqueta “CONTOS PARA NENOS MORTOS”. Ofrecen algún que outro show do proxecto “AMARO E ROMA” en Vigo e O Val Miñor.

Roma

Despois de una tempada en Madrid, en 2015, grava un Ep. “ YOROMA” e vira as novas cancións por Buenos Aires acompañada por Martín Contreras, #baixista e guitarrista rosarino entre ese ano e o seguinte. Entre 2017 e 2018, instalada xa en Nigrán, leva a cabo unha mini xira de concertos “YOROMA” acompañada por “As OVELLAS NEGRAS” (Tola, batería; Alejandro Galanski, ventos; Alexis, baixo; Guille, guitarra solista) coa gravación do corte “MULLER FONTE” baixo a produción de Javier Abreu. Actualmente Roma dirixe a proposta artística Я OMA _ VIRANDO _ the full artist behind the name.

TINTA O grupo Tinta, coa vocalista Marta Vidal á fronte, foi o gañador do concurso “Vigo en Vivo”, un galardón que é un merecido premio ao talento que demostra esta nova banda de futuro prometedor.

Tinta

O mellor escenario do mundo, Solpor Monteferro, aspira a ser unha cita para non perderse aqueles que gustan de descubrir novo talento, e Tinta son iso, quilates de talento, unha aposta pola música interpretada con gusto, estupendas cancións, o presaxio dunha estrela, de que o mellor está por vir, así que gozar da súa maxia e únanse a estes primeiros crentes de fans.

BAFANA BAFANA Mentres todo o país celebraba a vitoria do combinado nacional no mundial de fútbol surafricano, Juanjo Treus estaba atareado recrutando a catro músicos cuestionablemente competentes, aínda que simpáticos e ben parecidos, para acompañarlle no libre desenvolvemento da súa faceta como crooner.

Bafana Bafana

Esta pintoresca formación non tarda demasiado en deixarse ver por diversos clubs de jazz e músicas cultas, derivando a súa inicial proposta e compoñentes ao longo dos anos ata o que a día de hoxe coñecemos como Bafana Bafana: un grupo fresco, desenfadado, ecléctico, xuvenil, que revisa sen pudor as cancións en castelán máis charramangueiros e bailables, interactuando animadamente co seu apaixonado público, que acaba sendo o sexto compoñente do conxunto. 

O Museo de Pontevedra acolle un concerto de violín que repasa os mellores temas do pop

O Museo de Pontevedra acollerá o vindeiro xoves día 19 un concerto de violín na praza do edificio Castelao a cargo do violinista Antonio Seijo e o seu grupo Skylight. Alí interpretaranse os mellores temas do pop de todos os tempos como Sway, The show must go on ou I will survive dentro do espectáculo ‘Dolce Vita Tour’. As prazas son limitadas polo que as persoas interesadas deberán reservar praza de maneira previa a través do correo [email protected].

António Seijo é un violinista referente no panorama musical de Galicia onde pertenceu durante sete anos ao grupo folk Milladoiro. actualmente desenvolve o seu labor docente como profesor de violín no Conservatorio Profesional de música de Pontevedra e realiza concertos como solista nos teatros de grandes navieiras internacionais e xa en España co seu grupo.

Seijo comezou os seus estudos musicais á idade de oito anos co seu pai, oboista e saxofonista. Estudou violín con Luís Muñiz, Yacek Niwelt e Pedro León e finalizou aos dezaoito anos á carreira superior de violín no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

Colaborou coa Orquestra Sinfónica de RTVE, e foi varios anos concertino da Orquestra de Cámara da Comunidad de Madrid. Na súa traxectoria tocou nas bandas de grandes artistas como Bonnie Tyler, Luís Cobos e Julio Iglesias e colaborou como músico con Paul Winter, Alain Stivell, The Chieftains, A Unión e Isabel Pantoja entre outros artistas internacionais.

Aos 22 anos regresou a Galicia e incorpórase como concertino durante tres anos na Orquestra de Cámara Municipal da Coruña e en 1992 foi cando entrou a formar parte do grupo Milladoiro onde estivo sete anos dando concertos por todo o mundo.

No ano 1997 obtivo a praza de profesor de violín do Corpo de Profesores de Música e Artes Escenicas da Xunta de Galicia, onde actualmente é profesor titular de violín no Conservatorio Profesional de Música ‘Manuel Quiroga’ de Pontevedra.

​Violinista de cruceiros

No ano 2010, comeza a colaborar como Guest Entertainer para a compañía navieira Ibero Cruceiros co seu show The Power of the Violin, actuando no teatro principal dos barcos para máis de 1.500 pasaxeiros onde recibiu as mellores críticas, posteriormente en 2013 e 2014 colabora con ‘Croisieres de France’ e o seu show Lles Classiques Romantiques. En 2016 colaborou con ‘Saga Cruises’, en 2017 ‘ Scenic Luxury Cruises’, e en 2018 ‘FTI Cruises’.

​No ano 2015 fórmase o grupo Antonio Seijo & Skylight , para celebrar os 30 anos de Antonio Seijo nos escenarios, onde nos deleitaron coas mellores versións da música pop dos anos 80 e 90 durante os anos 2015 e 2016.

En 2020 foi convidado pola navieira ‘Fred Olsen Cruises’ para actuar como Guest Entertainer, actualmente segue realizando os seus concertos como solista por todo o mundo e colaborando en barcos de cruceiros.

O Concello da Cañiza colabora co Sergas facilitando un local para que a veciñanza poida solicitar e obter o certificado COVID

0

Dende onte, 10 de agosto e ata o vindeiro 31 de agosto, un funcionario do Servizo de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, atenderá á veciñanza pata que poidan solicitar e obter o Certificado COVID e para que poidan darse de alta na Chave365, un sistema que permite aos cidadáns maiores de idade e aos/ás menores emancipados/as identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

O Chave365 permite tamén o acceso ao É-Saúde, unha ferramenta de comunicación directa co cidadán de extraordinaria versatilidade e utilidade. Accesible desde calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil, tableta…) permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados.

Así pois, na oficina da Policía Local da Cañiza, sita na pranta baixa da Casa Consistorial, na rúa Oriente 11, expediránse e se imprimirán gratuitamente certificados COVID a todos os usuarios da área sanitaria do Punto de Atención Continuada da Cañiza, que ademáis desta localidade inclúe, Arbo e Crecente.

Esta iniciativa xurde despois de que a xerencia do Sergas contactara co alcalde Luis Piña para solicitar a colaboración municipal para que o Concello facilitase un local céntrico para emitir estos certificados. Esta medida ten como obxectivo desconxestionar o PAC, non interferir no normal desenvolvemento do centro médico e dar asistencia a todos os cidadáns na obtención do certificado COVID obrigatorio en Galicia para o acceso ao interior dalgúns establecementos.

Este servizo gratuito estará disponible ata o 31 de agosto, podendo prorrogarse en caso de necesidade.

Nace a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Ponteareas

Ponteareas, ao igual que os municipios que ven como día a día deteriórase a súa asistencia primaria, conta xa cunha Plataforma en defensa da sanidade pública. E a resposta á continua degradación e empeoramento do servizo de atención primaria no Centro de Saúde do municipio. Defíneses como “plural, apartidista e representativa” e cun obxectivo claro e preciso: “reinvindicar máis medios materiais e sobre todo humanos, para que a veciñanza de Ponteareas poida recibir un servizo asistencial de calidade”.

O Concello impulsou a creación da Plataforma e anima a todas as entidades e colectivos a unirse a ela nunha reunión inicial este venres 13 ás 20.30 horas na Sala Multiusos do Auditorio. Ademais, a alcaldesa e concelleira de Saúde de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, mostrou o seu apoio á concentración convocada pola veciñanza mañá ás 20.00 horas diante do Centro de Saúde do municipio.

“A atención primaria en Ponteareas presenta unha falta de recursos materiais e humanos que cada vez son máis preocupantes” sinala a Plataforma ao mesmo tempo que lembra que “durante este mes e o que vén, o Sergas, debido a falta de persoal facultativo que poda substituír baixas ou vacacións, decidiu interromper todas as consultas ordinarias en horario de tarde no centro de saúde de Ponteareas, e derivar aos pacientes de urxencia ou que xustifiquen que non puideron acudir de mañá ao PAC”. Para a alcaldesa “non é aceptable que moitos veciños e veciñas teñan que aprazar todas aquelas revisións ou probas que non se precisen de xeito inmediato”.

Cristina Fernández Davila lembra que en “numerosas ocasións” o Concello reclamou unha solución á falta de servizos e persoal sanitario, a última o venres pasado coa entrega das súas demandas a Xerencia do Sergas, pero que, polo de agora, a situación continúa no mesmo punto. Por iso, tanto o Concello como colectivos e veciñanza deciden crear a Plataforma para reclamar “a atención sanitaria que merece Ponteareas”.

O Concello remata a mellora dos camiños do Galleiro e A Pelourenza na parroquia do Viso

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras que dirixe Vicente Lamas, deu por rematados os traballos de mellora de firme e xestión de augas pluviais nos camiños do Galleiro e A Pelourenza, na parroquia do Vigo. Os traballos, realizados ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, contaron cun investimento de 23.441,72 euros (IVE incluído).

Ámbolos dous camiños, moi utilizados pola veciñanza –tanto nos seus desprazamentos en conche como a pe– contaban cunha superficie de rodadura en aglomerado e formigón moi deteriorada, o que supuña un evidente risco para a seguridade das e dos usuarios.

No camiño do Galleiro os traballos realizáronse nun treito de algo máis de 165 metros cunha anchura media de 5,69 metros, mentres que no camiño da Pelourenza o tramo mellorado foi de 75,20 metros cunha anchura media de 3,71 metros. Para a mellora do firme foi precisa a demolición de recrecidos en formigón para poder nivelar a superficie sobre a que, posteriormente, estendeuse e compactouse unha capa de rodadura de 6 centímetros de espesor con mestura bituminosa en quente.

Tal e como figuraba no proxecto, as obras incluíron tamén a xestión das augas pluviais co entubado das mesmas e dotando as zonas das correspondentes arquetas de rexistros.

As actuacións forman parte das labores de mellora e adecuación da rede viaria municipal de cara a facilitar a mobilidade da veciñanza e garantindo as condicións de seguridade tanto para vehículos e peóns. 

A Deputación anima a acudir á Cañiza a degustar “o mellor xamón do noroeste peninsular”

0

A Cañiza celebra esta fin de semana a festa-feira do seu produto estrela, o que supón unha oportunidade ideal para acudir a degustar “o mellor xamón de Galicia e o noroeste peninsular, incluído Portugal, e un dos mellores de toda España”. Así o definiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quen animou onte a visitar a vila do Condado-Paradanta para gozar da súa cociña, paisaxe e patrimonio.

“A Festa-Feira do Xamón é un gran atractivo que A Cañiza soubo usar para ser unha referencia gastronómica en torno a un produto delicioso”, explicou durante a presentación do evento xunto ao alcalde Luis Piña, o deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, e concelleiras e concelleiros do goberno municipal.

A degustación popular non se celebrará este ano pola pandemia pero haberá actividades na Cañiza toda a fin de semana. A presidenta animou a visitar a vila durante a festa e en calquera outra data e enxalzou os seus atractivos. “As persoas que veñan van coñecer un pobo fermoso, cada día máis cheo de actividade, e gozarán do seu entorno natural”, subliñou Carmela Silva, para engadir que A Cañiza “ten moitos lugares que visitar e valores dos que namorarse, e conta cunha hostelería de altísimo nivel”.

Malia as cancelacións que conlevan as restricións sanitarias a presidenta fai fincapé na necesidade de promocionar as festas. “Precisamos estar presentes con moita potencia e facer todo o que se poida con actividades culturais. Cultura, patrimonio, gastronomía, paisaxe e natureza son todo un, e fan que a xente queira vir a coñecernos porque temos moito que ofertar”, explicou a presidenta, quen destacou que a Deputación está a facer con este propósito “un enorme esforzo da man dos concellos para que a actividade chegue a todas partes e encher os pobos de vida”.

Feira do xamón. A Cañiza

Carmela Silva. “Temos o mellor xamón, dunha calidade extraordinaria, que non se corta nin sirve igual en ningún outro sitio”

A máxima responsable da institución provincial lembra que é posible degustar o xamón e outros produtos gastronómicos nos establecementos hostaleiros de A Cañiza. “Hai locais marabillosos, con grandes profesionais e un produto único. Se queren voltar a sorrir teñen que vir a A Cañiza. Temos o mellor xamón, dunha calidade extraordinaria, que non se corta nin sirve igual en ningún outro sitio. Veñan a gozar deste manxar e doutros grandes produtos da nosa gatronomía”, incidiu.

A Cañiza, ‘terra do xamón’

O alcalde, Luis Piña, lembrou pola súa banda que A Cañiza é coñecida como “terra do xamón” e resaltou as “condicións orográficas excepcionais” da vila para o curado, cun microclima idóneo a 550 metros de altura sobre o nivel do mar. “A experiencia e o capital humano teñen tamén moito que ver no resultado final dun xamón que é o mellor de Galicia e dos mellores de toda España”. O rexedor agradeceu a presenza da presidenta, a quen cualificou como “unha amiga da Cañiza, como ten demostrado desde a xestión política”, e lembrou que durante toda a fin de semana haberá actuacións musicais, entre elas concertos de Os de Abaixo (o venres), Milladoiro (sábado) e Tamara Pérez (domingo). Tamén será homenaxeado o equipo de fútbol local polo seu 50º aniversario e celebrarase o paseo tradicional dos cabezudos dentro dos actos das festas.

“Agardo que en 2022 entremos na normalidade e poida regresar a degustación, o concurso de cortadores, o bocadillo xigante e a cata. Este ano que todo o mundo veña a A Cañiza porque en todos os locais poden gozar do noso gran xamón”, apostilou o alcalde.

O Concello da Guarda instala aseos accesibles na Alameda

O Concello da Guarda ven de poñer en funcionamento recentemente uns aseos adaptados para persoas con mobilidade reducida no entorno da Alameda, dentro do compromiso de mellora dos espazos públicos do municipio.

Esta nova infraestrutura conta cun sistema de limpeza automatizado despois de cada uso e con apertura de portas programable, ademais de estar construído con material antivandálico. Conta con secador de mans por aire, dispensadores de xabón, espello na zona de lavabo, iluminación LED e está dotado de ventilación forzada.

Estes servizos veñen a cumprir unha promesa do equipo de goberno municipal coa veciñanza guardesa, amplamente reclamada e  nun entorno que é necesario contar con este tipo de infraestrutura.

Este novo equipamento realizouse cunha achega do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A incomparable voz de Najla Shami álzase en Baiona contra as violencias machistas no concerto de ‘Mulleres en Acción’ da Deputación

0

Cun espectacular solpor e fronte ao mar de Baiona e co fondo das Illas Cíes, a poesía, a voz e a música uníronse na noite deste luns en ‘Palabr(A)’, a actuación coa que Najla Shami fixo un chamamento claro, emotivo, doce e vibrante pola igualdade no baionés parque da Palma. Con temas cun marcado corte feminista, nos que tamén deixou ver a protesta social e a fusión de culturas, a artista removeu a conciencia das persoas asistentes a este concerto do programa ‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’ ao que asistiron a presidenta, Carmela Silva, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a deputada provincial, Raquel Giráldez, e representantes da corporación local. Todas elas e eles deixáronse levar polas músicas do mundo, corearon algúns dos temas, aplaudiron e desfrutaron do concerto sen esquecerse do motivo que as e os levou alí: a erradicación da violencia de xénero.

Durante preto dunha hora a artista interpretou cancións dos seus dous traballos, ‘Na lingua que eu falo’ e ‘Ela sabe a sol’, que a fixeron alzarse co favor da crítica e gañar varios premios. Najla Shami non estivo soa sobre as táboas, acompañárona a súa guitarra e o guitarrista Raúl Quioquio, que se quedou nun segundo plano e xunto a ela marcou o ritmo da actuación.

[su_image_carousel source=”media: 42852,42863,42851,42855″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Ao compás da música xurdiu unha conversa na que se puxo de manifesto a necesidade de expresar a forma do mundo na boca dunha muller empregando a poesía e a música como vehículo e arma. Todas as cancións da artista están compostas “dende a muller”, segundo ela mesma explicou durante a actuación, e nelas fala de “como as mulleres sacan forza de onde non a hai para renacer como a ave fénix”. Ademais, Najla Shami aproveitou a ocasión para agradecer á Deputación todas as accións que leva a cabo en materia de igualdade para “visibilizar o que se ten que visibilizar”.

A ‘Palabr(A)’ de Najla Shami foi a décimo novena das 25 accións da actual VI edición de ‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’, co lema ‘Emerxencia cultural, urxencia feminista! Ni un paso atrás na loita cara a igualdade’. No que resta deste ano haberá outras seis propostas en outros tantos concellos da provincia.

Incrementa en COGAMI a demanda de solicitudes de apoio para tramitar xestións na Administración

A área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI presenta un balanzo sobre os servizos prestados a persoas con discapacidade e familias durante os sete primeiros meses do ano. Dende que inicio esta situación de pandemia, coa consecuente saturación de demandas nos Servizos Sociais Comunitarios, as persoas con discapacidade e familias incrementaron a súa asistencia a COGAMI demandando apoios como o acompañamento para realizar xestións de recursos na Administración.

Coa escasa atención presencial, cada vez é máis necesario tramitar telematicamente dende a solicitude de citas ata a realización das propias xestións administrativas pero, non todas as persoas están formadas en competencias dixitais, quedando constancia da existencia da fenda dixital. No que levamos de ano, foron 342 as xestións de recursos realizadas por COGAMI, superando as de anos anteriores por estas datas.

Tamén se levan realizados 235 proxectos de intervención nos que se atenderon a un total de 226 persoas, sendo 156 mulleres con discapacidade. Estas actuacións realizadas con mulleres procuran diminuír a existencia continuada de discriminación e prexuízos inxustificados e invisibilizados que as privan da oportunidade de exercer os seus dereitos en igualdade de condicións, como tamén se realiza un acompañamento ás vítimas de violencia por atoparse nunha maior situación de vulnerabilidade.

A área de Promoción da Autonomía Persoal, para poder levar a cabo o traballo que realiza para promover o cambio social e a independencia das persoas, recibe financiamento por parte da administración pública a cada un dos programas que presta. Como exemplo, a través da Secretaría Xeral de Igualdade cofinancia co Fondo Social Europeo o Servizo de Atención Especializado á Muller e a través dos fondos do 0,7% do IRPF que xestiona a Consellería de Política Social desenvólvese o programa Activa-das de empoderamento das mulleres con discapacidade, a Deputación de Pontevedra financia o programa Activando o rural co empoderamento das mulleres con discapacidade e o concello de A Coruña apoia o Servizo de atención especializada á muller con discapacidade

EU Ponteareas chama á participación na concentración contra os recortes no Centro de Saúde

Esquerda Unida de Ponteareas vén de facer un chamamento a participar na concentración convocada para o vindeiro mércores 11 de agosto diante do Centro de Saúde de Ponteareas. A mobilización para amosar o rexeitamento cidadá ao desmantelamento da asistencia primaria, foi convodada logo do anuncio da supresión das consultas ordinarias en horario de tarde entre o 15 de agosto e o 15 de setembro “supostamente por falta de persoal para facer substitucións de baixas e vacacións”, explica a formación de esquerdas.

“As baixas, e dende logo as vacacións, –afirma EU– non poden ser escusa para deixar de atender á poboación con normalidade xa que é algo que deberían ter previsto”. Se se chega a esta situación, engaden, “é polo deterioro da sanidade e a precariedade laboral á que a Xunta de Galicia ten sometido ao persoal sanitario”.

Alerta Esquerda Unida sobre o feito que “en principio esta medida soamente se tome durante un mes”, porque para EU a medida está encadrada “dentro dun contexto de deterioro continuado e provocado da sanidade pública, do que os únicos beneficiados son os grupos de sanidade privada”.

A mobilización cidadá é a mellor ferramenta para reverter esta situación xa que, “se os responsables da Xunta de Galicia do PP non ven rexeitamento por parte da poboación a este novo recorte, nada lles impedirá que pase de ser unha medida temporal a unha medida definitiva.  De aí a importancia da mobilización”, afirma con rotundidade EU Ponteareas.

EU fai tamén un chamamento á veciñanza de Ponteareas “a organizarse” para, máis alá desta medida concreta, “loitar contra o deterioro da sanidade pública”.

“De todas e todos depende facerlle saber aos nosos gobernantes que non imos a consentir que se acabe coa sanidade pública”, conclúe.