9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas "lenzo en branco" para pintores e pintoras esta fin de semana

    Ponteareas “lenzo en branco” para pintores e pintoras esta fin de semana

    Banastra e o Concello organizan esta fin de semana dúas xornadas con obradoiros e exhibicións de pintura e fotografía

    Ponteareas será un lenzo en branco para os pintores e pintoras galegas esta fin de semana. Un lugar onde inspirarse e descubrir novas creacións artísticas. A vila estrea a primeira edición da mostra PonteArt que organizan a Federación de comercio, hostalaría e servizos de Ponteareas –Banastra– e o Concello, co obxectivo de achegar “a toda a veciñanza ás artes pictóricas”, destaca a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

    A praza da Música será o centro neurálxico do PonteArt. Acollerá o sábado e o domingo entre as 12:00 e as 21:00 horas a exposición pictórica de 10 artistas galegos da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA), unha mostra de fotografía de José Souto, música en directo, e varios obradoiros de pintura abertos a veciños e veciñas de todas as idades.

    As persoas interesadas deben inscribirse chamando ao teléfono 682 874 605 ou escribindo ao correo electrónico: federacionponteareas@hotmail.com. Nesta mostra tamén terán protagonismo as Meninas, creacións artísticas e solidarias que estarán expostas unha vez máis para que a veciñanza poida gozar da súa beleza e orixinalidade.

    O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, afirma que no Concello “estamos moi contentos de acoller un festival adicado ás artes plásticas”, e destaca que Ponteareas continúa sumando na súa “firme aposta” polas actividades culturais. “Ter un festival de teatro de rúa, outro de música de cámara, e un de pintura durante o mesmo mes, é unha riqueza da que temos que estar orgullosos e orgullosas”, concluíu.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.