16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaO Museo de Pontevedra acolle un concerto de violín que repasa os...

    O Museo de Pontevedra acolle un concerto de violín que repasa os mellores temas do pop

    O violinista Antonio Seijo e o seu grupo Skylight actuará o xoves 19 na praza do Edificio Castelao co espectáculo ‘Dolce Vita Tour’

    O Museo de Pontevedra acollerá o vindeiro xoves día 19 un concerto de violín na praza do edificio Castelao a cargo do violinista Antonio Seijo e o seu grupo Skylight. Alí interpretaranse os mellores temas do pop de todos os tempos como Sway, The show must go on ou I will survive dentro do espectáculo ‘Dolce Vita Tour’. As prazas son limitadas polo que as persoas interesadas deberán reservar praza de maneira previa a través do correo reservas.museo@depo.es.

    António Seijo é un violinista referente no panorama musical de Galicia onde pertenceu durante sete anos ao grupo folk Milladoiro. actualmente desenvolve o seu labor docente como profesor de violín no Conservatorio Profesional de música de Pontevedra e realiza concertos como solista nos teatros de grandes navieiras internacionais e xa en España co seu grupo.

    Seijo comezou os seus estudos musicais á idade de oito anos co seu pai, oboista e saxofonista. Estudou violín con Luís Muñiz, Yacek Niwelt e Pedro León e finalizou aos dezaoito anos á carreira superior de violín no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

    Colaborou coa Orquestra Sinfónica de RTVE, e foi varios anos concertino da Orquestra de Cámara da Comunidad de Madrid. Na súa traxectoria tocou nas bandas de grandes artistas como Bonnie Tyler, Luís Cobos e Julio Iglesias e colaborou como músico con Paul Winter, Alain Stivell, The Chieftains, A Unión e Isabel Pantoja entre outros artistas internacionais.

    Aos 22 anos regresou a Galicia e incorpórase como concertino durante tres anos na Orquestra de Cámara Municipal da Coruña e en 1992 foi cando entrou a formar parte do grupo Milladoiro onde estivo sete anos dando concertos por todo o mundo.

    No ano 1997 obtivo a praza de profesor de violín do Corpo de Profesores de Música e Artes Escenicas da Xunta de Galicia, onde actualmente é profesor titular de violín no Conservatorio Profesional de Música ‘Manuel Quiroga’ de Pontevedra.

    ​Violinista de cruceiros

    No ano 2010, comeza a colaborar como Guest Entertainer para a compañía navieira Ibero Cruceiros co seu show The Power of the Violin, actuando no teatro principal dos barcos para máis de 1.500 pasaxeiros onde recibiu as mellores críticas, posteriormente en 2013 e 2014 colabora con ‘Croisieres de France’ e o seu show Lles Classiques Romantiques. En 2016 colaborou con ‘Saga Cruises’, en 2017 ‘ Scenic Luxury Cruises’, e en 2018 ‘FTI Cruises’.

    ​No ano 2015 fórmase o grupo Antonio Seijo & Skylight , para celebrar os 30 anos de Antonio Seijo nos escenarios, onde nos deleitaron coas mellores versións da música pop dos anos 80 e 90 durante os anos 2015 e 2016.

    En 2020 foi convidado pola navieira ‘Fred Olsen Cruises’ para actuar como Guest Entertainer, actualmente segue realizando os seus concertos como solista por todo o mundo e colaborando en barcos de cruceiros.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.