Martes, 5 Agosto de 2025

A Deputación celebra o Día contra o Cambio Climático enxalzando o proxecto cos concellos e o sector primario

Cun compromiso inequívoco co medio ambiente e a loita contra o cambio climático, a Deputación de Pontevedra vén de celebrar o Día Internacional cun dobre acto “de reflexión e reivindicación” para poñer en valor algunhas das boas prácticas que a institución está a impulsar para mitigar, de xeito directo ou indirecto, os efectos desta grande ameaza para a humanidade. A presidenta Carmela Silva fixo entrega dos dispositivos co software GESTRAEE para a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos nos concellos beneficiarios do proxecto ESTRAEE, e posteriormente, da man de alcaldes e alcaldesas, concelleiras e concelleiros así como de representantes do sector primario da provincia, visitou a carpa instalada no paseo de Montero Ríos na que se deron a coñecer iniciativas medioambientais que lidera a Deputación como o programa Bosques Terapéuticos ou proxectos de leite e mel ecolóxica, castaña e sidra en colaboración con Asefoga, Aselaga e Odega

“Os datos son moi preocupantes e non podemos quedar impasibles ante esta situación”, asegurou Carmela Silva, quen remarcou o papel “referente a nivel estatal” da Deputación na loita contra o cambio climático dando a coñecer os principais proxectos que lidera na xestión de residuos, no turismo ou na propia mobilidade. Engadiu que non se trata de celebrar un Día contra o Cambio Climático, “senón de compromiso e de impulso de propostas claras para construír unha provincia mellor, con maior calidade de vida para a nosa xente”. E destacou o papel fundamental do mundo local “que ten moito que dicir porque é aquí onde sucede todo, onde se establecen as industrias, onde xestionamos o abastecemento e saneamento, onde tomamos decisións sobre mobilidade sustentable, sobre tratamentos de residuos. É no mundo local dende onde poderemos loitar contra esta situación. Traballamos en rede, cun proxecto común, dialogado, colaborativo e consensuado” asegurou e agradeceu o compromiso dos concellos, “que a cada proxecto que propoñemos únense rapidamente”.

Dispositivos GESTRAEE “Somos a primeira provincia do Estado”

No transcorrer do acto a presidenta provincial fixo entrega a representantes dos concellos participantes no proxecto ESTRAEE (A Guarda, Silleda, Vilagarcía, Meaño, A Lama, Gondomar, Cangas, Nigrán e Ponteareas) dos dispositivos electrónicos co software GESTRAEE, pioneiros a nivel estatal para a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos dos seus puntos limpos, e tamén dunha guía de funcionamento, a modo de manual, na que se prové diversa información sobre as novas funcionalidades dos puntos limpos. Ambas iniciativas enmárcanse no proxecto ESTRAEE que, cun orzamento de máis de 2,1 millóns de euros cofinanciados polo FEDER, liderou a Deputación xunto a Energylab, Revertia, ERP e Lipor para mellorar o tratamento do lixo electrónico para a súa reutilización, recuperación e reciclaxe.

Carmela Silva subliñou a importancia de ESTRAEE pola súa “aposta pola economía circular e por un tratamento sustentable dos residuos” e puxo en valor este proxecto que impulsou a creación de 9 puntos limpos que teñen xa recollido 450 toneladas de residuos que supoñen 2,6 quilogramos anuais por habitante. Recordou que a través do proxecto impulsouse unha campaña de recollida de residuos “que foi un éxito grazas á implicación e compromiso dos concellos” e tamén unha ordenanza que “pode converterse no modelo de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos en todos os concellos da provincia”. Tamén detallou que a través de ESTRAEE realizouse unha análise do ciclo de vida deste tipo de residuos que puxo de manifesto que se poden recuperar cerca do 12,3% dos móbiles, do 37,5% das tablets e do 15% das lavadoras.

“Estamos a demostrar con proxectos como ESTRAEE que todos os fondos que solicitamos á Unión Europea, cando os xestiona o mundo local, levámolos a cabo ao 100%. Non acontece isto con outras administracións”, asegurou Carmela Silva, quen reivindicou que os fondos “Next Generation teñen que contar con nós. Teñen que chegar recursos ás deputacións e aos concellos porque xestionamos moi ben, e o ESTRAEE é unha boa proba”.

A carpa e as degustacións co sector primario da provincia

Amais da entrega dos dispositivos GESTRAEE a Deputación tamén celebrou o Día Internacional contra o Cambio Climático cunha carpa no paseo de Montero Ríos na que se puxeron en valor as actividades que, xunto ao sector da provincia e os concellos, a institución desenvolve para combater e mitigar este fenómeno e as iniciativas que lidera para poñer en valor o patrimonio natural e cultural, conservando a contorna medioambiental e fixando poboación no rural.

Na carpa difundiuse o programa “Bosques Terapéuticos”, a iniciativa que contribúe a mitigar o cambio climático e a boa conservación dos bosques da provincia. Tamén se deron a coñecer os convenios que a Deputación ten asinado con ASEFOGA para realizar un programa formativo sobre a xestión dos apiarios para a produción de mel ecolóxica; con ASELAGA para outro programa formativo centrado na potencialidade do leite ecolóxico e dos seus derivados; e con ODEGA para a promoción das variedades de mazá autóctona e sidra ecolóxica e para a promoción da castaña como alternativa de aproveitamento agroforestal na provincia. Sobre estas iniciativas a presidenta subliñou que “temos uns produtos de grande calidade, que teñen unha grande aceptación no mercado e importante valor económico” e agradeceu a súa aposta “polo rural galego e por promover iniciativas innovadoras que pretenden que sigamos a ser unha grande potencia en todo o que ten que ver con produtos do sector primario”.

Amais de divulgar información, na carpa tivo lugar unha degustación de queixo, mel, mazás e unha cata de sidra ecolóxica que puideron desfrutar cidadás e cidadáns que se achegaron á presentación. Tamén se repartiron bolsas de tea e dispuxéronse produtos de proximidade e ecolóxicos como castañas, mazá, leite, tarros de mel e pequenas botellas de sidra.

Baiona acolle o Trail Trans Serra da Groba

0

O pasado día 24 de outubro, finalizou o prazo de inscrición do 8ª Trail Maratón de Montaña “Serra dá Groba 2021” e será o vindeiro venres día 29 de outubro, desde as 17:00 horas ata as 21:00 horas, cando farase a entrega de dorsales a todos os participantes do Trail e Trailiño.

Esta entrega de dorsales producirase no Pavillón Municipal de Baiona, aínda que tamén haberá a opción de recollelo o sábado 30, en horario de 10:00 a 13:00 horas e 17:00 a 21:00 horas, e no mesmo día 31 de outubro (día da carreira) dende as 8:00 horas da mañá e hasta momentos antes de dar comezo a saída da carreira.

Desde a roganización agradecen a todos os rexistrados a súa participación en calquera dass modalidades, Trail, Mini Trail ou Trailiño e pregan que formalicen o correspondente pago na conta de Abanca ES23 2080 5015 6131 1002 4243.

Rógase a aqueles rexistrados que non formalicen o seu correspondente pago, que informen se teñen intención de participar ou non a través de [email protected] ou no número de teléfono 986.356.558 entendendo que todo aquel que non a pagou como non asistente.

Para poder recoller o dorsal, será necesario mostrar o correspondente xustificante de pago.

O vindeiro sábado día 30 de outubro, no pavillón municipal de Baiona a partir das 19.00 h, realizarase unha charla técnica – informativa para todos os participantes para aclarar todas aquelas dúbidas e necesidades que os participantes poidan ter (recoméndase a asistencia co fin de solicitar a máxima información posible).

As saídas serán desde o pavillón Municipal de Baiona o domingo día 31 de outubro ás 9.00 horas para o Trail (os participantes deben estar en liña de saída ás 8.45 h para confirmar asistencia e verificar material) e ás 10.00 horas para os do Trailiño (os participantes deben estar en liña de saída ás 9.45 h para confirmar asistencia aos xuíces).

A Xunta iniciará no vindeiro mes o proceso para regular a entrega de medicamentos a domicilio

O conselleiro de Sanidade anunciou, na clausura da Xornada: “Galicia fronte ao coronavirus e a sanidade do futuro”, organizada pola Asociación Española de Dereito Farmacéutico, que, no vindeiro mes, o departamento sanitario galego lanzará a consulta pública previa para empezar o proceso de elaboración do decreto regulador da entrega informada de medicamentos e produtos sanitarios. Un decreto, -dixo o conselleiro-, “en cuxa elaboración teñen que ter participación todos os sectores do mundo farmacéutico, e que debe alcanzar un equilibrio e xerar unha continuidade asistencial, para dar todas as garantías a un prodecemento que facilitará o acceso a fármacos e produtos sanitarios de pacientes crónicos, pacientes de idade avanzada ou que vivan en zonas illadas”.

O conselleiro sinalou que, na Lei galega de Ordenación Farmacéutica, incluiuse como gran novidade un artigo que regula a entrega informada de medicamentos nos lugares de residencia dos usuarios. Este artigo nos permitiu, -dixo García Comesaña-, “dar cobertura ao sistema extraordinario de prestación farmacéutica que establecemos durante a fase aguda da pandemia, co obxecto de atender a pacientes contaxiados da covid ou en situación de dificultade para desprazarse a recoller medicación de patoloxías non covid”.

Neste momento no que Galicia acaba de levantar a situación de emerxencia sanitaria, a extensión xeneralizada dese modelo toca ao seu fin pero “non podemos perder o bo que xeramos e as leccións que aprendemos”. En consecuencia, -dixo o conselleiro-, o Sergas Saúde “está xa a ultimar o modelo que substituirá ao anterior e permitirá seguir facilitando a entrega de fármacos aos pacientes cuxa situación asistencial ou persoal así o requira”, de aí que comece a nova elaboración o vindeiro mes.

Novas prazas de farmacéuticos

Na súa intervención na xornada, García Comesaña subliñou que os presupostos da Comunidade Autónoma para o vindeiro ano contemplan a creación de 28 novas prazas de farmacéuticos, coa firme convicción de que a súa incorporación vai contribuír enormemente a facer unha mellor distribución de funcións nos centros de primaria.

Estes profesionais poderán ir asumindo responsabilidades que permitirán ao médico do primeiro nivel asistencial dispoñer de maior capacidade, que é a base para unha atención primaria de calidade. Neste senso, o conselleiro sinalou que o seu departamento comezou tamén o proceso para regular mediante decreto o funcionamento das unidades de farmacia de atención primaria, co obxecto de definir os recursos cos que debe contar e o que poden aportar á asistencia.

O responsable da sanidade pública galega sinalou que, para a Xunta, a colaboración das oficinas de farmacia galegas na xestión da pandemia “foi imprescindible”. Ao respecto, volveu agradecer aos colexios oficiais e a todos os profesionais de oficinas de farmacia galegas a súa colaboración nestes meses. “Contar cunha lexislación moi modernizada permitiunos innovar e artellar, de forma moi áxil, mecanismos de colaboración que axudaron a que a oficina de farmacia fora máis que nunca durante estes meses, unha extensión do sistema sanitario público”, -dixo o conselleiro-.

García Comesaña remarcou que as ideas e proxectos para mellorar a sanidade teñen que contar co sector farmacéutico. Ao respecto, no que atinxe á farmacia hospitalaria, o Sergas cre firmemente no seu potencial e agora mesmo está reformando cinco servizos de farmacia hospitalaria (hospitais de Monforte, Ferrol, A Coruña, Santiago e Valdeorras). Tamén contamos, -dixo o conselleiro-, coa farmacia de atención primaria. Así, no Consello Técnico deste nivel asistencial aprobouse un documento relativo aos profesionais da farmacia de atención primaria e, por iso, apostamos por eles como o demostra as preto de 30 novas prazas contempladas nos orzamentos, -concluiu-.

Chega a Mos ‘Piperegrinos, as gaitas do Camiño’

0

Desde a Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Mos, que dirixe a edil Sara Cebreiro, infórmase de que o vindeiro domingo, día 31 de outubro, ás 18.30 horas, no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, terá lugar o concerto gratuíto Piperegrinos, un econtro de destacados gaiteiros da Península Ibérica.

Trátase de seis afamados intérpretes de Galicia, Cataluña, Asturias, Aragón, Castela e León e Portugal. Piperegrinos é un espazo de difusión e posta en valor de diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios dirixidos a todos os públicos.

A Xunta de Galicia, no marco da celebración do Xacobeo 2021-2022, promove o acontecemento Piperegrinos, as gaitas do Camiño, un encontro de destacados gaiteiros de España e Portugal que actuarán en oito vilas galegas entre os días 23 e 31 de outubro, entre elas Mos o vindeiro domingo.

Trátase dun espectáculo musical itinerante que por primeira vez reúne no mesmo escenario a destacados gaiteiros da Península Ibérica cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional.

Piperegrinos, as gaitas do Camiño, resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago.

Trátase ademais, dun espazo de difusión e posta en valor das diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual achegado á música folk e dirixido a todos os públicos, no que tamén ten cabida o público especializado.

Neste sentido, este acontecemento situará a Galicia como punto de referencia do encontro e convivencia das gaitas ibéricas, que potencia a presenza de gaiteiros galegos e foráneos na escena musical do noso país e propicia sinerxías e alianzas para futuras colaboracións artísticas.

Artistas

O programa Piperegrinos inclúe a participación de 6 intérpretes de gaita que actuarán en formacións trío e dúo, coa participación de 17 músicos.

Os gaiteiros que intervirán neste acontecemento son: Francesc Sans, co instrumento sac de gemecs, de Catauña, acompañado de Manel Martorell, mandola, e Titus Prats, percusión; Adrián Gil, coa gaita de boto, de Aragón, acompañado de Alberto Navas, violín, e Serchio Pardos, guitarra, percusión; José Manuel Tejedor, coa gaita asturiana, desde Asturias, acompañdo de Richard García, teclado, e Daniel Álvarez, bouzouki, bodhran; Luis Antonio Pedraza, con gaita sanabresa, desde Castela e León, acompañdo de Carlos Beceiro, guitarra, e Miguel Mateos, tambor sanabrés; Tiago Morais, intérprete da gaita mirandesa e gaita de sesimbra, desde Portugal, acompañado de Tiago Marques, acordeón e cavaquinho; e Oscar Ibáñez, gaita galega, de Galicia, acompañado por Xosé Li,- bouzouki- e Andrés Vilán – caixón-.

O pavillón municipal da Cañiza estrea vestiarios grazas á Deputación

0

O Pavillón Municipal da Cañiza loce xa renovados vestiarios, cuxa reforma foi financiada a través dunha achega de máis de 60.000 euros do Plan Concellos da Deputación e que hoxe visitaron a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Luis Antonio Gómez Piña, así como o deputado provincial Santos Héctor Rodríguez e representantes da corporación municipal. No acto estiveron tamén presentes xogadoras e persoal técnico do Club Balonmán A Cañiza sénior feminino, que esta tempada está a disputar a competición na División de Honor Prata neste pavillón.

As obras realizadas tiñan como obxectivo mellorar as condicións de salubridade e ventilación de tres dos vestiarios, un masculino, un feminino e o das persoas árbitras, que están conectados por un corredor común. Estas dependencias databan do ano 1983 e apenas sufriran modificacións desde entón, de xeito que presentaban unha serie de danos de humidade e as condicións de salubridade e ventilación natural eran insuficientes. Os traballos acometidos incluíron entre outras actuacións a renovación das instalacións de electricidade e fontanería, coa instalación de novos aparatos sanitarios, así como a execución de novos revestimentos nas paredes da zona de duchas e o seu pintado con materiais resistentes á humidade. As obras completáronse coa dotación dun novo pavimento anti escorregadizo no chan, coa substitución do falso teito de madeira por un de aluminio e con outras intervencións nas zonas de duchas, encamiñadas a garantir a seguridade e ao aforro de auga.

A presidenta Carmela Silva destacou o resultado da actuación realizada e as “excelentes condicións” que presentan os reformados vestiarios, unha obra que se completará coa renovación das restantes dependencias de vestiarios a través do Plan Concellos 2021, cunha achega de preto de 50.000 euros que xa está aprobada pola Deputación. Carmela Silva subliñou que o apoio ao deporte “é unha obriga e unha grande prioridade” para a institución provincial, “e de xeito máis especial nos concellos máis pequenos onde hai menos recursos, onde facemos un enorme esforzo en apoiar aos clubs e para que os equipamentos deportivos estean en condicións, xa que a xente ten dereito a practicar deporte en boas dotacións”.

A presidenta provincial subliñou tamén que o compromiso “e o enorme esforzo” do Concello da Cañiza no eido deporte vese tamén no proxecto presentado aos fondos do plan ReacPon, para a reforma da piscina climatizada para reformar as instalacións a fin de garantir a súa eficiencia enerxética e sostibilidade. “Espero que A Cañiza poida ter financiamento para esa grande obra e teña equipamentos do século XXI”, subliñou Carmela Silva, que lembrou que o vindeiro ano os concellos poderán ter máis recursos dispoñibles ao contar coa totalidade do Plan Concellos 2022 máis a Liña 1 (obras e investimentos) do 2023, “de xeito que poderán tomar máis decisións; seguro que A Cañiza seguirá a apostar polo deporte”.

Carmela Silva fixo un recoñecemento especial aos equipos do concello “polo esforzo que están a facer”, en especial ao Club Balonmán A Cañiza e ao seu equipo sénior feminino. “Síntome moi orgullosa das mulleres deportistas –apuntou-. Hai 100 anos tiñamos prohibido competir e hoxe non hai máis que ver o medalleiro das Olimpíadas e Paraolimpíadas. As mulleres cando se nos dá oportunidade de facer deporte rapidamente ocupamos espazos na alta competición. Esta é a provincia máis potente no deporte grazas a moita xente”.

Pola súa banda, o alcalde, Luis Antonio Gómez Piña, destacou que a reforma dos vestiarios era un compromiso do concello cos equipos e coa veciñanza “para dignificar” estes espazos. “Estou contento porque quedou unha obra bonita á altura do que nos merecemos e do que se merecen tamén os equipos visitantes”. Neste senso, o rexedor fixo fincapé nas “bondades” do Plan Concellos da Deputación, que “respecta a nosa autonomía sobre onde queremos gastar os cartos e permiten facer os trámites adecuadamente” no que se refire ao cumprimento dos prazos, “con firmeza e sentido común”. Gómez Piña confía en obter financiación do ReacPon para o proxecto da piscina climatizada, “que vai dar solución a algo que había que solucionar; se o conseguimos vainos permitir reformala e abaratar costes”.

Baiona ratifica o seu compromiso con Avelaíña asinando un novo convenio

0

Imaxe de arquivo da mesa de Avelaíña en Baiona

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a presidenta da asociación “Avelaíña”, Fernanda Orduna, volveron ha rubricar o convenio de colaboración polo que a asociación recibirá unha subvención do Concello de Baiona para dar información e asesoramento aos veciños e veciñas do municipio que o precisen.

“Este ano vólvese a rubricar o noso compromiso con esta asociación que desenvolve unha actividade e un labor tan importarche para os veciños e veciñas do municipio”, destaca o rexedor.

Trátase do segundo convenio de colaboración asinado coa entidade, sendo o ano pasado a primeira vez que o Concello de Baiona rubricou o seu compromiso con “Aveliña”, asociación que leva tantos anos traballando na vila.

Na firma tamén estivo presente a concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara.

Tanto o alcalde como a concelleira “queren deixar constancia do gran traballo prestado por “ Avelaíña” durante a pandemia (confinamento), apoiando e traballando constantemente coa cidadanía de Baiona mediante intervención telefónica e teleasistencia”.

O Concello de Baiona e a Asociación Avelíña viñeron realizando un traballo conxunto de observación e detención na etapa COVID (confinamento). Tanto o alcalde, como a concelleira, como a área de servizos sociais, accesibilidade e mobilidade, en contacto e colaboración directa con Avelaíña “albiscou un gran problema de asistencia sanitaria e profesional na veciñanza ( nenos e nenas, persoas mozas, persoas maiores…),en definitiva en toda a poboación”.

Gómez e Vara “teñen un profundo coñecemento das trabas coas que se atopan estas persoas á hora de acudir os profesionais correspondentes, xa que o recurso para a vila atópanse no Centro de Saúde do Val Miñor, cun equipo escaso de persoal, sendo as citas programadas como mínimo con dúas ou tres meses. Creando así un detrimento na atención destas persoas, aúnque grazas a asociacións como Avelaiña pódese paliar os casos máis leves, mantendo unha relación de traballo conxunta con bo resultado, pero insuficiente”, sentencian ambos.

O alcalde e a presidenta, asinaron o documento que oficializa a alianza municipal cunha asociación, que conta con máis de 20 anos de experiencia ao servizo da saúde mental. Naceu en 1997 na Garda, pero o proceso de expansión da asociación continuou pola comarca do Val Miñor, ante a necesidade de usuarios e usuarias que se desprazaban ata alí, para recibir atención. Tras pasar por diversos enclaves (Gondomar, Nigrán e Ramallosa) e unha gran serie de xestións e contactos, no ano 2013 Avelaíña solicitou á Tesourería Xeral da Seguridade Social, o local situado na Casa do Mar de Baiona. A súa cesión supuxo a estabilización das actividades, como Centro de Rehabilitación Psicosocial na comarca do Val Miñor, configurando un servizo e unha nova sede de traballo que se manteñen ata a actualidade.

O alcalde, destacada que “coa renovación deste convenio, o Concello recoñece o labor desta asociación e apoia a súa acción social. Tamén, téntase paliar dalgunha forma o detrimento do servizo, que reciben estas persoas a través do Servizo Galego de Saúde (SERGAS)”. O Consistorio apoia “o traballo constante que realiza a Asociación Avelaíña en beneficio da saúde mental. Temos un compromiso coa atención ás persoas con distintas necesidades neste campo e comprometémonos a seguir colaborando en anos vindeiros”.

Coa firma do primeiro convenio entre o Concello de Baiona e Aveláiña o ano pasado, púxose en marcha un novo servizo para tratar de dar resposta ás demandas da poboación en relación á Saúde Mental, mellorando así a súa calidade de vida. O servizo que vén realizando “Avelaíña” de forma permanente na zona do Val Miñor, viuse incrementado ante a situación de crise sanitaria da COVID-19.

Persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias directas desta atención, pode ser calquera persoa con necesidades de información en saúde mental, familiares, persoas coidadoras e profesionais do ámbito sanitario, social e educativo así como calquera cidadán ou cidadá do Concello de Baiona.

As persoas usuarias poden acceder ao servizo por iniciativa propia ou por derivación doutros recursos sociocomunitarios: Servizos Sociais do Concello, Centro de Saúde, etc. Accederán ao servizo despois de ser contactadas pola profesional de referencia de Avelaíña, que establecerá unha primeira cita.

A presidenta da Asociación expresou o seu agradecemento ao Concello de Baiona polo seu compromiso coa renovación da firma deste convenio e pola achega económica.

A asociación na súa sede en Baiona ofrece os servizos de Respiro Familiar, Acompañamento Integral, Xestión e Tramitación, Atención Domiciliaria, Orientación e Integración Laboral, Información e Asesoramento, Escola de Familias, Proxecto de Promoción da Autonomía Persoal en enfermidade mental grave, Proxecto VOZ Natura.

A asociación conta cun Centro de Rehabilitación Psicosocial, con prazas concertadas co Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

A Cañiza pon en marcha un programa de Atención Temperá

0

Luis Piña, alcalde da Cañiza, e Fernando González, director xeral de maiores e persoas con discapacidade da Xunta, reuníronse en San Caetano o pasado xoves.

Nesta reunión falaron sobre as axudas da Xunta de Galicia 2022, dirixidas aos concellos para poder adherirse á Rede Galega de Atención Temperá, e que, no caso da Cañiza, terá que cumplir cunha serie de condicións por ser un concello con menos de 10.000 habitantes.

A prestación terá que realizarse mediante xestión compartida mancomunándose con outros Concellos. A Cañiza porá a disposición do Servizo instalacións e xestión.

Luis Piña agradeceu a disposición e atención do Director Xeral  quen en todo momento manifestou o interese de que este Servizo teña un punto de atención na Cañiza e informou ao Alcalde sobre as liñas de subvencións que sairán en 2022 para poder desenvolver este importante programa.

Qué é a Atención Temperá

A Atención Temperá é o conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos e ás súas familias e ao seu contorno. Ten por obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. A finalidade:  facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

A clave da atención temperá está en que canto máis axiña se detecten as posibles dificultades, mellores resultados se poden obter da atención profesional. Por iso as familias deben estar ben informadas sobre o proceso evolutivo normal dos seus fill@s para detectar as dificultades con prontitude.

Dende o servizo de atención temperá ofrecerase unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición e a recuperación de funcións e habilidades persoais e sociais para mellorar a autonomía, a convivencia social e familiar e a inclusión social.

O Rosal pon en valor a súa historia cunhas xornadas sobre patrimonio

0

O Concello do Rosal pon en valor a súa historia coa creación da primeira edición de Xornadas sobre Patrimonio, unha serie de actividades que nacen co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor o patrimonio rosaleiro e do Baixo Miño en todas as súas manifestacións: dende o material ao inmaterial, representado en gran parte polos cabaqueiros. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que no Concello “estamos satisfeitos de poder comezar estas xornadas despois de telas suspendido en dúas ocasións pola pandemia”, e anima á veciñanza a asistir a uns actos que “nos ensinarán aspectos fundamentais para entender O Rosal de hoxe e para valorar o traballo dos rosaleiros e rosaleiras de onte”.

As xornadas comezan o vindeiro venres ás 19.30 horas coa charla “Sobre o barro e as telleiras” de Adela Leiro Lois, mestra e escritora galega especialista nas áreas de Ciencias Naturais e Expresión Plástica. É investigadora e divulgadora do patrimonio natural galego, entre os que destaca “Telleiras” (1993) e “Sobre o barro e as telleiras” (2008) . Mentres que o sábado ás 18.00 horas na praza da Calvario o Concello organiza unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal. Neste acto tamén se fará un recoñecemento a estes profesionais dun traballo histórico no municipio no que tamén participará Adela Leiro coa lectura do pregón.

As xornadas retomaranse o 19 de novembro ás 19.30 h cunha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petroglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h.

Todas as actividades serán de balde para que todos os rosaleiros e rosaleiras “poidan desfrutar ao máximo do noso patrimonio, da nosa historia e, tamén, da nosa natureza”, conclúe a alcaldesa.

A profesora Dolores Balseiro ofrecerá hoxe a conferencia “A Batalla de Lepanto na literatura española: poetas”

0

Hoxe martes, 26 de outubro, ás 19.30 h terá lugar na igrexa de San Domingos unha nova conferencia do ciclo organizado polo Concello de Tui co gallo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto.

A conferencia desta tarde correrá a cargo da profesora Dolores Balseiro Pose co título “A Batalla de Lepanto na literatura española: poetas”. Na mesma realizará un amplo percorrido pola pegada daquela batalla naval de Lepanto na literatura española, especialmente no ámbito da poesía e cunha referencia a Miguel de Cervantes, que participou naquel episodio bélico.

Dolores Balseiro Pose, profesora xubilada de lingua e literatura, impartiu clases no Instituto de Educación Secundaria “San Paio” de Tui durante mais de trinta anos. Residente en Tui dende 1983, foi pregoeira das festas de San Telmo no ano 2017. Xunto co seu esposo, Eduardo Cadenas, como responsables da Asociación “Amigos da Catedral de Tui”, desenvolven un amplo labor de animación litúrxica e cultural do principal monumento tudense.

A asistencia á conferencia desta tarde é libre ata completar o aforo, aínda que se recomenda inscrición previa no correo [email protected].

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, salienta que o ciclo está contando cunha moi boa acollida nas conferencias realizadas ata o momento como o testemuña a presenza de público nas mesmas e se congratula do acerto do Concello de Tui ao poñer en marcha esta actividade. Una programación que aproveitando esta efeméride trata de poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, que os tudenses senten como propio, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e do acervo cultural de Tui.

Nova conferencia e visitas guiadas

A seguinte conferencia deste ciclo terá lugar o vindeiro mércores, 3 de novembro, ás 19.30 h a cargo do profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Javier Novo Sánchez, co titulo de “Política, devoción e iconografía bélica. O tema da batalla de Lepanto no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui”.

Amais este domingo 31 de outubro e o luns 1 de novembro haberá visitas guiadas a este retablo ás 18.00 horas, para as que cómpre inscrición previa no correo [email protected].

A igrexa de San Domingos e o retablo de Nosa Señora do Rosario

A igrexa de San Domingos de Tui, declarada Monumento histórico artístico no ano 1931 (hoxe Ben de Interese Cultural) é un dos espazos patrimoniais de maior interese no conxunto histórico tudense. Entre os múltiples elemento de valor artístico que atesoura está o retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como o retablo da “Batalla de Lepanto” por posuír unha representación deste acontecemento na parte superior do mesmo. Trátase dun retablo do século XVIII de grande interese e calidade.

Ao conmemorarse, o 7 de outubro, o 450 aniversario desta batalla acontecida no ano 1571 e que foi a maior batalla naval da historia moderna, na que participaron 450 naves e máis de 200.000 e que enfrontou á flota de Liga Santa (integrada pola Monarquía Hispánica, os Estados Pontificios, a República de Venecia, a Orde de Malta, a República de Xénova e o Ducado de Saboia), comandada polo español Juan de Austria, contra a flota do Imperio Otomán do sultán Alí Pasha que ameazaba a estabilidade no Mediterráneo occidental. A vitoria das tropas cristián marcou o freo á política expansionista do imperio turco.

Conta a tradición que namentres acontecía esta batalla o Papa Pío V rezaba o rosario, e que pedira a toda a Cristiandade que o acompañase con esta oración. Desta foi atribuída esta importante vitoria á Nosa Señora do Rosario. Conta amais a tradición que o rezo do rosario foi entregado pola Virxe María a San Domingos, fundador da Orde dos dominicos.

Éxito da Banda de Música Xuvenil de Xinzo no concerto de homenaxe a Reveriano Soutullo

A Banda de Música  Xuvenil de Xinzo celebrou este pasado 24 de outubro, en colaboración coa Fundación Reveriano Soutullo, un concerto no que homenaxeou a figura do compositor e músico Reveriano Soutullo. Unhas 150 persoas encheron a sala multiusos do auditorio Reveriano Soutullo para presenciar o acto, mentres outra gran parte do público seguiu a retransmisión en directo pola canle de YouTube da banda e pola emisora comarcal Radio Nove Galicia.

Rosa Arija Soutullo, presidenta da Fundación e neta do compositor homenaxeado, foi a encargada de abrir o acto e fíxoo destacando a relevancia do mesmo: “A Fundación quere poñer de relevo que o de hoxe non é un concerto máis, senón que é un moi especial, valioso, con moitísimo traballo detrás”. A presidenta deixou en claro que o obxectivo da Fundación  Reveriano Soutullo é reivindicar con actos como este do domingo a figura de Soutullo como un dos grandes compositores para banda da música galega, española e, en palabras da propia Rosa Arija, universal. “A pesar do complicado que era ensaiar debido á pandemia, os músicos fixeron un traballo extraordinario, estudando moitas horas para poder levar adiante este concerto”, destacou antes de deixar paso á actuación da agrupación musical.

A banda de Xinzo interpretou seis obras do mestre pontareán, que levaban anos extraviadas e estaban incompletas: Encarna, la Misterio, Escenas árabes, ¿Me engañarás?, La  Baturrica, En la playa e La leyenda del beso-Selección. De entre todas elas, destacou sobre o resto a habanera En la playa, estreada na súa versión para banda grazas ao traballo do director da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, Javier Blanco, que  instrumentou a obra en base á revisión para piano realizada polo músico Alejo Amoedo, presente no concerto. Para ambos tivo palabras de gratitude Rosa Arija: “Este concerto non sería posible sen o traballo de Javier e, desde a Fundación, agradecemos que haxa persoas como el e como Alejo Amoedo que se esforcen para axudarnos”. A presidenta da Fundación tamén agradeceu o seu traballo de investigación e cooperación coa institución ao músico Pablo Abreu, outro dos invitados destacados da tarde.

Antes de terminar cun bis no que a banda interpretou o coñecido pasodobre de Soutullo  Puenteareas, Javier Blanco, director da agrupación, tamén aproveitou a ocasión para dar as grazas igualmente á Fundación polo seu traballo: “Recuperar todas esas partituras, eu que puiden velas de primeira man, é moi difícil e merece uns parabéns a eles polo seu gran traballo, que oxalá poidan seguir facendo durante moito máis tempo e nós sigamos colaborando con eles”. Ademais, dedicou palabras de agradecemento ao público pola súa presenza e a un grupo en especial polo seu esforzo: “Agradezo aos músicos e ás súas familias. Ninguén se fai unha idea do difícil que é tocar obras deste gran compositor, pero realmente é algo moi complicado. Non o apreciamos porque Soutullo era de aquí e ás veces dámoslle moito menos valor ás cousas que son nosas, pero verdadeiramente deberiamos ser capaces de comprender o incrible que é ter algo así”.

A Biblioteca de Redondela recoñecida co IV Premio de Innovación Bibliotecaria de Galicia

0

A Xunta de Galicia vén de recoñecer o proxecto Unha biblioteca para Xela, da Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela (Redondela), co IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, que ten como obxectivo impulsar e pór de relevo os proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais.

O galardón foi entregado polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, na clausura da III Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia, celebrada na Biblioteca de Galicia baixo o título A biblioteca social. Especialmente dirixido ao persoal traballador da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, o encontro enmarcábase na programación desenvolvida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade co gallo do Día das Bibliotecas.

O representante da Xunta de Galicia quixo salientar “a función integradora das bibliotecas e a súa capacidade para estimular a cohesión social, facilitando a participación cidadá e a solidariedade”. Así mesmo, louvou o proxecto galardoado nesta edición do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, dotado con 3.000 euros, destacando o xeito en que “conxuga innovación e excelencia na súa concepción, nos recursos innovadores utilizados e no esforzo na súa difusión”.

Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

Este galardón recoñece anualmente proxectos desenvolvidos en bibliotecas públicas municipais e relacionados coas seguintes áreas: aprendizaxe ao longo da vida, competencias informacionais e dixitais, biblioteca dixital e redes sociais, cohesión e inclusión social, posta en funcionamento de servizos innovadores, sustentabilidade ambiental, igualdade entre homes e mulleres, loita contra a violencia de xénero e contribución aos obxectivos da Axenda 2030. A esta cuarta convocatoria optaron proxectos de bibliotecas dos concellos de Bande, Carballo, O Porriño, Ribadavia, Soutomaior, Verín e Redondela.

A primeira entidade galardoada con este premio foi, no ano 2018, a Biblioteca Pública Municipal de Camariñas polo proxecto O berberecho rebecho viaxa a La Turballe, mentres que na segunda edición recoñeceuse o mapa literario de Vigo elaborado pola Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. A última en incorporase a esta listaxe foi a Biblioteca Municipal de Bóveda, recoñecida pola súa capacidade para influír na comunidade e executar un proxecto de integración social que tiña en conta as circunstancias de todos os veciños ao adquirir recursos bibliográficos adaptados como os libros de lectura fácil ou audiolibros e adaptar o acceso ás súas instalacións.

Encontro ‘A biblioteca social’

O Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia foi a sede dun encontro que, baixo o título A biblioteca social, analizou novas ferramentas e perspectivas para a consolidación das bibliotecas como espazos abertos e participativos, de inclusión e integración e de relación interxeracional, congregando a comunidade bibliotecaria galega nun foro de diálogo cara a revelación e formulación de novas propostas. Entre as relatoras e relatores, contouse con representantes de distintas bibliotecas da contorna galega e estatal e doutros colectivos , como David Martínez Ayllón (Biblioteca Pública de Cuenca), Antonio Díaz Grau (Biblioteca Pública de San Javier, Murcia), Ana Isabel Alonso López (Biblioteca Pública Enrique Rivera Rouco das Pontes de García Rodríguez), Mónica Carballo Quiroga (Biblioteca Pública do Saviñao), Colectivo Lemos Le, Francisco Montoto Veira (Centro Interxeneracional de Ourense), Juan Sobrino García (Biblioteca Pública de Soto del Real, Madrid), Mar García Pérez (Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas de Vigo), Vicente Rodríguez Justo (Biblioteca Pública de Verín) e Santiago González Avión (Asociación Diversidades).

Arbo mellora camiños rurais despois de rematar as obras nas Searas

0

Á vista do expediente que se tramitou para a obtención dunha subvención ante a Axencia Galega de  Desenvolvemento Rural, de acordo coa resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento  Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de  Galicia 2014 – 2020, para a actuación denominada “Mellora de pavimentación do camino Agricola das Searas, cun orzamento total é de 36.008,00 € (IVE do 21% incluido).

O Concello de Arbo, acaba mellorar e pavimentación o camiño agrícola das Searas en Arbo. As obras incluídas neste proxecto resolveron os problemas existentes para  dar un servizo digno a unha serie de parcelas agrícolas a través dun camiño municipal actualmente estreito e con zonas de pavimento en mal estado.

As infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural – informa o alcalde  Arbo- Horacio Gil – en particular, os camiños rurais contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias.

As obras eran necesarias dado o mal estado do firme do camiño e do servizo que presta ás leiras lindeiras, e a outras ás que se deberá acceder polas anteriores a través dunha servidume de paso, xa que non dispoñen de acceso propio a través da rede de camiño municipais existentes.

As obras consistiron na pavimentación dun camiño agrícola existente, para iso procederase ao estendido dunha capa de reforzo de firme a base de aglomerado en frío.

Ao longo deste ano, desenvolveranse máis obras en distintas parroquias do Concello de Arbo, demandadas polos veciños e veciñas de Arbo, é as que este goberno atendeu as súas peticións – manifesta Horacio Gil – Tamén con fondos propios o Concello de Arbo, acaba de realizar o “bacheado” de todas as estradas de titularidade municipal.

Nigrán consigna no pleno investir para adquirir un minibús, o mosaico romano de Panxón ou habilitar un ximnasio no CEE Juan María

0

O goberno local de Nigrán aprobou en solitario no pleno ordinario de onte unha modificación de crédito por importe de 490.000 € para destinar cartos procedentes do Remanente á compra do anunciado minibús eléctrico (320.000 €), á repatriación do mosaico romano de Panxón (40.000 €) ou á creación dun ximnasio no CEE Juan María, entre outras cousas.

“Temos a posibilidade de empregar o Remanente e o Concello de Nigrán, afortunadamente, ten unhas contas saneadas e uns aforros que non se tocaron durante moito anos e que agora podemos empregar no beneficio da veciñanza”, incidíu o alcalde, Juan González, ao respecto.

Así, o goberno local aprobou nesta modificación consignar 40.000 € para a rehabilitación dun ximnasio no Centro de Educación Especial Juan María, onde despois de recibir por parte da Xunta 18.000 € para a adquisición de maquinaria deportiva, estaban a realizar un crowfunding para poder dispor dun espazo deportivo específico (actualmente as máquinas, xa en uso, están dispersas por todo o centro).

Igualmente, e como xa anunciara o goberno local, consignáronse 320.000 € para a adquisición dun minibús eléctrico que permita establecer unha liña circular no municipio, 40.000 para repatriar o mosaico romano de Panxón á venda nunha galería de EEUU e, nunha moción específica, 50.967 € como achega de Nigrán ao convenio do Transporte Metropolitano da Xunta de Galicia, aspecto no que o PP si votou a favor.

Xantar na Casa

Tal e como esixen as bases reguladores de ‘Xantar na Casa’, o goberno local presentou unha moción para poder duplicar as prazas de 10 a 20, xa que existe demanda ao respecto, sendo Nigrán o único municipio do Val Miñor onde funciona (arrancou en xaneiro). A cuestión foi aprobada coa unanimidade da corporación. Un día á semana os beneficiarios reciben no propio domicilio 7 bandexas cos menús correspondentes listos para quecer no microondas e con todas as garantías sanitarias (inclúen pan, primeiro plato, segundo e postre), tendo un custe simbólico para o usuario de 1,76 € por menú (Concello e Xunta aportan o resto ata 6,60 €). Así, ‘Xantar na Casa’ está destinado a maiores de 60 anos e tamén a dependentes ou en risco de exclusión social. En Nigrán arrancou en xaneiro de 2021 con usuarios das parroquias de Chandebrito, Panxón, Priegue, Parada e Nigrán, sendo 9 deles anciáns dependentes (dous deles matrimonios) e unha persoa con discapacitada problemas de mobilidade. Agora se completará con outras dez persoas maiores.

SOS Sanidade Pública

Novamente, o goberno de Nigrán aprobou en solitario no pleno unha moción presentada a través da plataforma SOS Sanidade Pública e que defendeu o seu voceiro, Jesús Araujo Nores. Ao igual que hai xa un ano, alertouse á Xunta da necesidade de reforzar a Atención Primaria e de cambiar o antes posible o actual sistema de consulta telefónica por xa 100% presencial. Segundo datos da plataforma, o deterioro do sistema público está repercutindo nun empeoramento dos datos de saúde poboacional. Por todo elo, o Concello de Nigrán apoia a manifestación do 14 de novembro ás 12:00

O obradoiro dual de emprego Revaloriza Tui 2021 traballará na recuperación de fontes, lavadoiros e un muíño en Guillarei, Randufe, Areas e Paramos

0

Onte comezou a súa actividade o obradoiro dual de emprego Revaloriza Tui 2021 no que, durante 9 meses, se van formar vinte alumnos e alumnas nas especialidades de Colocación de Pedra Natural e Montaxe e Instalación de Construcións de Madeira. A presentación do mesmo tivo lugar o pasado venres e hoxe comezou xa a formación.

O pasado venres o alumnado e persoas técnicas do obradoiro foron recibidos na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Formación Emprego, Ana Mª Núñez.

O alcalde Tui, Enrique Cabaleiro  animou aos alumnos e alumnas “a tomar este curso con moito interese porque ademais de prepararvos para o voso futuro profesional teredes a oportunidade de contar cun contrato de traballo e de participar nun proxecto apaixonante como é a recuperación do noso patrimonio etnográfico”.

Mentres a concelleira Ana Mª Núñez, indicou que “pasades a formar parte deste gran equipo de traballo no que ides a formarvos en especialidades que gozan de gran relevancia no mercado laboral e no que hai moito interese por parte das empresas”. Engadiu que este obradoiro “amais de aportar unha formación en oficios con gran demanda laboral vai a facer que o alumnado sexa partícipe da recuperación do patrimonio cultural”.

O obradoiro dual de emprego ofrece formación e emprego a 20 persoas  en dúas especialidades formativas: Colocación de Pedra Natural ( IEXD0409 ) e Montaxe e Instalación de Construcións de Madeira (MAMB0210). En cada especialidades formaranse dez alumnos e alumnas que percibirán durante o obradoiro o Salario Mínimo Interprofesional, e ao seu remate o correspondente certificado de profesionalidade. O persoal técnico está formado pola directora, unha titora, formadores de cada especialidade, e unha auxiliar administrativa.

O proxecto do obradoiro contempla a restauración da fonte de Albelos e o lavadoiro do Souto en Guillarei, o lavadoiro da Fontenla en Areas, do lavadoiro de Laxes en Randufe, e do Muíño do Regueiro en Paramos.

O Obradoiro dual de emprego “REVALORIZA TUI 2021” foi concedido pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia ao Concello de Tui. A aportación autonómica será de 346.946 euros.

Tui celebra o Día da Biblioteca coa renovación da súa web, club de lecturas e unha exposición de fotografías antigas

0

“Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” é o lema co que este ano se celebra do “Día da Biblioteca” que tivo lugar o 24 de outubro. Céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos.

A Biblioteca Municipal de Tui ten realizado ao longo do último mes unha ampla programación de actividades de contacontos, encontros con autoras e autores, presentación de libros, … que teñen contado cunha alta participación, propiciando así que a Biblioteca se converta nun lugar de encontro, de diversión e de promoción da lectura.

Amais coa celebración do “Día da Biblioteca” dende a Biblioteca Municipal de Tui se promoven tres propostas Club de Lectura, unha exposición e a renovación da súa web.

Así por unha banda dende onte está aberto o praza de inscrición para os dous Club de Lectura, un para adultos e outro en francés, que promove este centro bibliotecario. Até o 4 de novembro as persoas interesadas en participar nestes club pódense inscribir presencialmente na Biblioteca ou na web https://www.bibliotecaspublicas.es/tui.

Precisamente vénse de renovar completamente a web da biblioteca – https://www.bibliotecaspublicas.es/tui – procurando unha maior sinxeleza no seu uso e por tanto unha maior accesibilidade aos seus contidos e a súa integración coas redes sociais da biblioteca municipal tudense (Facebook, Instagram e Twitter). Esta renovada páxina web realizouse ao abeiro do programa xerador de webs que promove o Ministerio de Cultura e Deportes para as bibliotecas españolas.

A terceira proposta é a exposición de fotografías antigas de Caldelas e Tui titulada “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” propiedade do Balneario de Caldelas e que ofrece unha escolma de 76 fotografías de finais do século XIX e inicios do XX de grande interese.

Esta mañá na inauguración da mostra a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, agradecía á xente do Balneario de Caldelas, a posibilidade de poder presentar esta mostra na Sala Municipal, unha exposición que reflicte “van poder disfrutar dunha parte da cidadanía, das nosas xentes, das nosas tradicións… ” engadía que é “unha marabilla” polo que convidaba á cidadanía a visitar esta exposición.

Pola súa parte a xerente do Balneario de Caldelas explicaba coma este proxecto o puxeron en marcha durante o confinamento sacando á luz máis de 500 placas fotográficas de cristal con imaxes tomadas por Antonio Oliver Rubios, fundador do Balneario, e os seus fillos Antonio e Manuel. Nesta mostra amósanse 76 imaxes desta colección.

Con estas propostas a Biblioteca Municipal tudense continúa a desenvolver a súa actividade co obxectivo de configurarse como un espazo aberto a todos os cidadáns que posibilita o acceso á información e á cultura.

32 mil títulos, máis de 5 mil préstamos este anos e 200 novos usuarios na Biblioteca

Na actualidade a Biblioteca Pública Municipal tudense conta con 32.311 títulos a disposición dos seus usuarios. So no que vai de ano foron incorporados un  total de 971 novos exemplares que teñen actualizado e enriquecido as colección bibliográfica gracias ao fondos destinados polo Concello e a Xunta de Galicia, así como a doazóns particulares logo escolmadas polo persoal da Biblioteca.

Ao longo deste ano foron realizados un total de 5171 préstamos de 3404 obras, por un total de 642 prestameiros e prestameiras activos,  deles 386, maiores de 14 anos, e 256 menores desa idade. Ao longo do presente ano 2021 a Biblioteca inscribiu un total de 196 novos usuarios.

Os libros máis emprestados ao longo deste ano 2021 son, en literatura para adultos, “La novia gitana” de Carmen Mola, “Tierra alta” de Javier Cercas, “La red purpura” de Carmen Mola y “Aquitania” de Eva García Sáenz de Urturi.

No caso de literatura infantil as obras con máis préstamos son tres títulos de Cube Kid: “Diario de un aldeano hiperpringao”, “Diario de un aldeano ultrapringao” e “Diario dun aldeano pringao” xunto ao “Dragón que botaba lume” de Carlos López ou “Resuelve el misterio” Lauren Magaziner.

O Rosal ofrece este venres unha charla sobre comunicación familiar con adolescentes

0

O programa “Educando en Familia” do Rosal, un espazo para que pais e nais poidan atopar resposta a moitas das inquedanzas que se dan no día a día, así como ferramentas para poder afrontalas, continúa en marcha. O Concello programa este venres ás 19.00 horas no Centro Social Polivalente unha charla sobre comunicación familiar con adolescentes. A alcaldesa, Ánxela Fernández, lembra que a entrada é libre ata completar aforo, aínda que para asegurar a asistencia as persoas interesadas poderán inscribirse previamente a través da web municipal. Ademais, ofrecerase servizo de canguro para facilitar a asistencia e conciliación de todas e todos os participantes. As persoas que precisen utilizar este servizo deberán solicitalo este mesmo luns.

A charla do venres tratará de responder a unha das cuestións educativas que máis lles preocupa ás familias: Como podemos mellorar a educación durante a adolescencia? As persoas profesionais reflexionarán coas familias asistentes da importancia de manter unha relación bidireccional cos e coas adolescentes, onde ademais de sentirse apoiados e apoiadas, teñamos en conta os seus intereses e os fagamos partícipes da vida familiar, compartindo os os problemas, as decisións que se toman e tratando de non facer xuízos constantes nin manter un rol moi directivo.

“Co Educando Familia quixemos establecer un espazo onde as familias do Rosal poidan escoitar e preguntar todas as súas dúbidas”, explica a alcaldesa, ao tempo que lembra que aínda quedan dúas charlas máis ata finais de ano. O venres 26 de novembro, as familias poderán falar sobre a importancia do xogo e o xoguete na infancia coa educadora social Angelina Gándara e o 17 de decembro a terapeuta ocupacional Lorena Guerra descubrirá a importancia da autonomía persoal no desenvolvemento e aprendizaxes dos nenos e nenas.

A Policía Local investiga a dous menores como presuntos autores da queima de varios colectores

A Policía Local de Ponteareas investiga a varios menores como presuntos autores da queima de varios colectores na madrugada do sábado ao domingo nas rúas Paseo Matutino e Carballos.

Pasada as 01.00 horas da madrugada a Policía Local recibiu aviso dun incendio nun colector na rúa Paseo Matutino. Testemuñas presenciais identificaron a un dos presuntos autores dos danos. Apenas media hora despois a Policía Local recibía un novo aviso de incendio doutro colector na rúa Carballos. Novamente testemuñas presenciais identificaron ao mesmo menor que na ocasión anterior e outro máis que, supostamente, terían gravado en vídeo a súa actuación.

Nos dous casos foi precisa a intervención dos bombeiros de Ponteareas para extinguir as lapas e evitar danos maiores.

En base á descrición achegada polas testemuñas a Policía Local localizou a un dos presuntos autores á saída dun local de ocio nocturno, quen foi identificado e rexistrado. No seu teléfono móbil atopouse a gravación da queima dun dos colectores, na que ademais se recoñecía a autoría dos feitos. Por outra banda, tamén se interveu un acendedor como posíbel instrumento empregado para provocar os lumes.

O Concello agradeceu a colaboración cidadá para identificar aos presuntos autores destes feitos que poderían constituír un delito de danos. O Goberno Local lembrou que, malia a limitación de recursos humanos, o Concello está a facer un importante esforzo contando con dúas patrullas con catro axentes nas noites das fins de semana para tentar asegurar o respecto polas normas de convivencia. Nas últimas semanas téñense producido máis actos de vandalismo con desfeitas tanto en bens públicos como privados. “Son actos condenábeis e repudiábeis que, aínda reforzando a vixilancia policial, precisan da colaboración cidadá para a súa erradicación”, sinalan dende o Goberno local.

Unha viaxe polo mar con ‘Canta buguina, canta!’ o vindeiro 29 de outubro na sala multiúsos do auditorio municipal

O Programa Apego chega de novo este mes a Ponteareas cunha actividade de socialización da lingua galega na primeira infancia. O vindeiro venres 29 de outubro, a sala multiúsos do auditorio municipal acollerá a partir das 18.00 horas a actividade ‘Canta bugina, canta!’, unha narración oral recomendada para nenos e nenas de ata 6 anos que ten como obxectivo xogar coa palabra e a poesía, coas cancións e contos, cos xogos visuais e sonoros que serán o berce da literatura.

Da man de Marta Ortiz, os máis pequerrechos e pequerrechas comezarán unha viaxe polo mar na que cantarán cancións e na que se recrearán animais con obxectos, un mar de tea e barcos e illas de papel ao son da música e das palabras.

A actividade é de balde e para poder asistir é necesaria a reserva previa enviando un correo electrónico a [email protected]. O espectáculo forma parte do programa de actividades posto en marcha pola Concellaría de Lingua para fomentar a vinculación das familias co galego dentro do Programa Apego,  un proxecto dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión familiar do galego e a socialización dos nenos e nenas entre 0 e 6 anos en lingua galega. “Continuamos achegando o noso gran de area para protexer e transmitir de xeración en xeración o noso idioma”, salienta o concelleiro, Fernando Groba.

Os froitos secos, tema principal das segundas xornadas de oportunidades de desenvolvemento no medio rural de Mondariz

0

Superada a emerxencia sanitaria que trouxo a Covid-19, o Concello de Mondariz recupera este último trimestre de 2021 varias actividades iniciadas en 2019 que foron suspendidas o ano pasado. Unha destas actividades son as xornadas de oportunidades de desenvolvemento no medio rural, organizadas directamente pola Concellería de Desenvolvemento Económico e Turismo que dirixe o alcalde, Xosé Emilio Barros, co obxectivo estratéxico de promover iniciativas de recuperación de terras abandonadas e valorar as oportunidades de emprendemento que ofrece a contorna.

Esta segunda edición, programada para o día 6 de novembro, xirará arredor dos froitos secos e, máis en concreto, do cultivo da abelá para a súa comercialización e transformación produtiva. Ao igual que na primeira edición –realizada en 2019 arredor da fruticultura e os produtos derivados da mazá, como a sidra–, as xornadas contarán coa participación de persoas de referencia no sector, tanto no ámbito da investigación como no do desenvolvemento de negocios e mercados.

“O Concello de Mondariz está comprometido cun desenvolvemento socioeconómico sostible do medio rural e nos últimos anos ten acollido varias xornadas formativas e informativas sobre as oportunidades de desenvolvemento agrogandeiro organizadas en colaboración con outras entidades, a última delas sobre planificación e deseño de plantacións de castiñeiro para froito. Estas xornadas de oportunidades de desenvolvemento no medio rural, no entanto, forman parte dun programa anual promovido e organizado directamente polo Concello de Mondariz”, explica o alcalde, Xosé Emilio Barros.

O evento, que terá lugar no Centro Social de Mondariz con entrada libre e gratuíta até completar a cabida permitida, comezará ás 10:00 horas, coas palabras das autoridades e primeira das ponencias, a cargo de Francisco Javier Silva Pando, xefe do departamento de Ecosistemas Forestais do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, que introducirá o tema dos froitos secos en Galicia falando das súas características e do seu aproveitamento. Despois dunha pausa para o café, ás 12:00 horas está prevista unha ponencia de Pedro Álvarez Durán, director de operacións e planta da empresa El Nogal, sobre a transformación, o envasado e a comercialización dos froitos secos.

As xornadas continuarán en horario de tarde, a partir das 17:00 horas, cunha terceira ponencia a cargo de Juan Carlos García, técnico no centro de investigación Serida (Servizo Rexional de Investigación e Desenvolvemento Agroalimentario de Asturias), unha referencia estatal na investigación sobre cultivos de abelá e recuperación de variedades tradicionais. A última das ponencias corresponderá a Manuel Álvarez, promotor adicado á produción de abelá na comarca da Paradanta, que compartirá a súa experiencia de plantalación de abeleiras para froito en Crecente. Seguindo a mesma estrutura que na primeira edición, as xornadas rematarán ás 19:00 horas cunha degustación de froitos secos e produtos derivados da abelá.

“Detrás da organización destas xornadas hai meses de traballo, tanto para buscar ás persoas máis expertas na materia como para axendar as ponencias. A pandemia e as restricións relacionadas imposibilitaron a organización das xornadas o ano pasado, pero tiñamos claro que había que recuperar estas actividades canto antes para promover unha dinamización do rural desde a perspectiva do emprendemento no sector primario, que ten enormes oportunidades en concellos como o de Mondariz”, afirma Barros.

Na misma liña estratéxica, o Concello de Mondariz vén de aprobar a creación dun novo viveiro de empresas en espazos públicos municipais para facilitar as actividades de xestión e comercialización das empresas e das persoas emprendedoras na súa etapa inicial. Malia que o viveiro de empresas tan só inclúe polo momento espazos para oficinas no edificio do Centro Social e espazos para postos de venda no da Praza de Abastos, o Goberno municipal ten en mente habilitar o edificio do antigo matadoiro nun futuro para actividades de transformación, chegando a cubrir deste xeito as necesidades de xestión, comercialización e transformación que poidan ter as novas iniciativas empresariais. “É un concepto de coworking adaptado ás necesidades do sector agroalimentario, por iso vemos importante incluír nun futuro espazos para a transformación de produtos agrogandeiros”, indica Barros.

Tomiño ofrece unha serie de cursos destinados á mocidade

0

A Concellería de Mocidade do Concello de Tomiño organiza novas actividades e cursos para a tempada de outono-inverno, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Fátima Rodríguez, responsable da área, explicou que a programación das diferentes actividades está baseada nas demandas das propias persoas usuarias (de entre 12 e 35 anos). “Queremos que os intereses dos usuarios e usuarias se vexan representados á hora de facer a programación”, aclara. De alí que a mesma inclúa cursos tan novidosos coma os de astronomía, xogos medievais, técnicas de estudo con novos horarios, e idiomas non maioritarios coma o ruso ou o chinés.

A concelleira anima á poboación moza do concello a participar nas distintas actividades, subvencionadas ou de balde, convidándoa a consultar toda a información sobre as actividades e tamén os formularios de inscrición na páxina Web do Concello (www.tomino.gal).

Curso de astronomía

O curso ten unha parte online e outra presencial.

CONTIDO DO CURSO:
– O sistema solar. As galaxias.
– Observación astronómica. O ceo a simple vista.
– Instrumentación astronómica: tipos de telescopios; prismáticos oculares e accesorios.

– Observación con telescopios.
– O planisferio e o seu uso.
– As constelacións.
– Choiva de estrelas e cometas.
– Os eclipses. O sol.
– Aplicacións celestes.
– Manexo do Stellarium.
– Noite de estrelas: sesión práctica dos contidos teóricos traballados.

DATAS E DURACIÓN: do 25 ao 29 de outubro. 10 horas en total.

HORARIO: online, de luns a xoves de 19.00 a 21.00h. Presencial, venres de 21.00 a 23.00h (duración 10 horas).

PREZO: 15 euros.

Curso sabios, xogos e xograres: xogos medievais para tempo actuais

A actividade consiste nunha amena presentación da obra lúdica de Afonso X, de xeito que os participantes poidan coñecer de maneira práctica o legado do Rei Sabio no seu “Libro dos Xogos: Xadrez, Dados e Táboas”.

O cerne da actividade é unha achega a xogos hoxe en desuso, que nalgúns casos deron lugar a variantes de xogos hoxe ben coñecidos, coma os alquerques, o xadrez e as táboas dos catro tempos. Haberá dispoñibles máis de trinta taboleiros que permiten xogar a 2 ou 4 persoas simultaneamente.

No caso de haber quórum e dispoñibilidade física, existe a posibilidade de celebrar algúns destes xogos en vivo.

Esta actividade está organizada polo programa de normalización lingüística da Xunta de Galicia co que colabora a OMIX TOMIÑO.

DATA E LUGAR: sábado 30 de outubro, na Escola Obradoiro de Goián.

HORARIO: de 11.30 a 13.00h

PREZO: GRATIS

Curso de técnicas de estudo

Dirixido a alumnado de ESO, bacharelato, ciclos formativos, universidade, persoas opositoras e profesionais que desexen aprender a estudar dun xeito eficaz.

Ten como obxectivo principal a adquisición dunha serie de habilidades, técnicas e hábitos de estudo que permitan acadar mellores resultados, desfrutar aprendendo e economizar tempo para outras actividades.

CONTIDO DO CURSO:

– Fixación de metas ou obxectivos.

– Preparación persoal e ambiental para o estudo.

– Organización e planificación do tempo de estudo.

– Técnicas de memoria.

– Probas de auto avaliación e exames.

– Autoestima e motivación.

DATAS e DURACIÓN: do 13 de outubro ao 10 de novembro (agás o festivo do 1 de novembro). 30 horas en total.

HORARIO: de luns a venres de 19.00 a 20.30h

PREZO: 15 euros.

Curso de chinés

Este curso de Chinés ofrece unha formación básica da lingua que capacitará ao alumnado para desenvolverse en situacións cotiás. Ademais, as persoas asistentes adquirirán a base inicial do idioma, reforzando e ampliando os coñecementos adquiridos no nivel anterior.

NIVEL: Chino A2.2

DATAS e DURACIÓN: do 8 de novembro 2021 ao 20 de xuño 2022. Duración 45 horas en total.

HORARIO: luns de 20.00 a 21.30h

PREZO: 15 €

Curso de ruso

Programa intensivo de formación a cargo dunha docente nativa, Nina Yarovenko, que prepara aos participantes para a obtención do nivel A1 de ruso, no marco europeo de referenza para as linguas (MCERL).

NIVEL: A1

DATAS E DURACIÓN: do 8 de novembro do 2021 ao 21 de febreiro do 2022. Primeira parte: 30 horas en total.

HORARIO: luns de 19.00 a 21.00h

PREZO: 10 €

Baiona acolleu as degustacións de ‘Écociña no Camiño’

0

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou na presentación de Écociña no Camiño na praza de abastos de Baiona, onde se ofreceron degustacións de balde coa denominada Prazaneta. Unha iniciativa que busca visibilizar prácticas sustentables da hostalería no Camiño de Santiago e que promove a cociña autóctona e sostible para promover a gastronomía propia e os produtos galegos entre peregrinos e turistas.

Máis dun cento de restaurantes espallados polas diferentes rutas do Camiño participan nesta campaña impulsada por Turismo de Galicia, que ofrece petiscos en colaboración con Aceites Abril e Estrella Galicia, e na que están implicadas as prazas de abastos coa súa oferta de produtos de proximidade.

Neste contexto a delegada salientou que nestas presentacións, ademais de degustar produtos da zona elaborados por cociñeiros do lugar, faise un labor pedagóxico sobre as vantaxes da cesta da compra de proximidade e o compromiso coa sustentabilidade, complementado a formación recibida polos restauradores.

A iniciativa coincide coa plena recuperación do Camiño trala pandemia, superando antes de rematar o ano as expectativas coas que a Xunta tiña previsto pechar este 2021 en canto a afluencia de peregrinos. Así, Fernández-Tapias animou a aproveitar as oportunidades que ofrece a celebración de este dobre Ano Santo, especialmente nunha localidade, como a baionesa, atravesada polo Camiño Portugués da Costa que ademais é un dos que rexistra maior auxe entre as rutas xacobeas nas súa dobre vertente. “O Camiño é o mellor escaparate de Galicia e nel tempos que ofrecer o mellor de nós mesmos” , concluíu.

A Deputación mellora o camiño da EP-3102 hacia o CEP Pedro Caselles de Tomiño

0

O Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o proxecto para abordar a mellora da mobilidade peonil no Camiño Escolar na EP-3102 ao CEP Pedro Caselles, no concello de Tomiño, que ten un orzamento de 286.235€ e que vai permitir o acondicionamento deste treito para garantir a súa funcionalidade e a súa seguridade, especialmente para o tránsito peonil, no marco do modelo de mobilidade sostible da institución provincial.

O proxecto levarase a cabo nun tramo de 400 metros da E.P.-3102 comprendido entre o Colexio de Primaria Pedro Caselles e a intersección coa nova Avenida Baixo Miño. Trátase dun treito que dá acceso a varios equipamentos de Tomiño, como é o citado centro escolar, así como a igrexa e o cemiterio, polo que é moi concorrida por peóns e peoas, e coa obra preténdese adaptar este viario ao modelo de mobilidade segura da Deputación, baixo as premisas de buscar un deseño que sexa comprensible, utilizable e practicable por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade. Do citado orzamento, a Deputación asumirá o 70% (200.364€) e o Concello de Tomiño o 30% (85.870€) a través dun convenio.

O proxecto contempla a creación dunha senda peonil na marxe dereita de 3,78 metros de ancho, a incorporación de elementos redutores de velocidade e amais a renovación da iluminación viaria (que incluirá novos puntos de luz con lámpadas led para mellorar a eficiencia enerxética da rede) e do drenaxe de pluviais. A maiores contémplase unha mellora para os peóns/as e ciclistas ao engadir máis vexetación á contorna cun novo arborado. Soterraranse os servizos de alumeado, rede eléctrica e de telecomunicacións, e reinstalarase tamén a sinalización vertical e horizontal adaptada á nova ordenación do ámbito.

A sección da calzada, na que se reforzará o firme e se reporá a capa de rodadura, estará constituída por dous carrís, un en cada sentido, cun ancho de 3,20m, e beiravías a ambos lados. Na marxe esquerda da vía manterase a beirarrúa existente

Na zona próxima á nova rotonda executada na EP-3102, reordenarase o espazo actuando en toda a sección viaria, continuando coa senda de 4,65 metros de ancho na marxe dereita, dividindo a calzada en dous carrís de 3,10m e unha banda de aparcamento en liña de 2,6m de ancho, mantendo o trazado da beirarrúa da marxe esquerda.

A Guarda oferta en novembro dous obradoiros gratuítos para comercio e hostalería

0

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Desenvolvemento Local, oferta no mes de novembro dous obradoiros de xeito gratuíto dirixidos a comercio e hostalería.

Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio local, iniciada xa o ano pasado por mor da situación sanitaria e que, desta volta, inclúe un obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais e outro sobre posicionamento de empresas no mapa con Google MyBusiness.

Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a [email protected], as prazas son limitadas.

No obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. Terá lugar o venres 12 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

O obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas online. Terá lugar o venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

Ponteareas participa no Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia

Tres estudantes de Ponteareas representaron a vila do Tea no II Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e Adolescente que promove a organización Unicef, e que se celebrou o pasado venres e sábado de maneira virtual. Juan Vázquez (CPR La Inmaculada), Sabela Montero (IES Barral) e Noela González (CEIP Fermín Bouza Brey) foron as representantes e as encargadas de transmitir a posición da mocidade de Ponteareas sobre un asunto tan importante como a crise climática. As reflexións en común de todos os rapaces e rapazas de Galicia serán levadas ao Parlamento de Galicia o 16 de novembro.

A alcaldesa, Cristina Fernández, mostrouse “moi orgullosa do traballo de Juan, Sabela e Noela” e asegura que a mocidade da vila está “moi ben representada”. Cristina Fernández explica que esta iniciativa parte do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia de Ponteareas e que supón “unha gran oportunidade para as persoas que traballamos nas institucións públicas de escoitar e aprender dos pequenos e pequenas”.

Esta iniciativa é unha mostra máis da importancia que ten para o Concello de Ponteareas a infancia. A vila do Tea está recoñecida dende este ano como Cidade Amiga da Infancia polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a Federación Española de Municipios e Provincias, o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA) e Unicef España. Trátase dun recoñecemento ao exercicio de responsabilidade feito polo Goberno municipal para poñer no centro das decisións políticas a un grupo de poboación que é presente e futuro da sociedade: aos nenos, nenas e adolescentes.

O PP esixe ao concello do Porriño que reclame as débedas do aparcadoiro da Avenida Galicia e das canteiras

O PP do Porriño esixiu o venres, nun pleno extraordinario solicitado polos populares, que o Goberno local reclame á empresa concesionaria do aparcadoiro da Avenida de Galicia os 40 mil euros que debe do canon desde 2012, e o cobro dos alugueiros das canteiras do Porriño, nos que hai 1,2 millóns de euros pendentes de abonar.

Unha situación que, segundo o voceiro local do PP, Alejandro Lorenzo “é totalmente grotesca e resulta inexplicable que o Concello de Porriño teña pendente de cobro máis de 1,2 millóns de euros e o Goberno local non reclame eses cartos para destinalos a servizos e melloras para os veciños”.

Ademais, con respecto ao aparcadoiro, sinala que a situación empeora porque “a empresa non paga o canon, está incumprindo de xeito grave os pregos da concesión en canto á limpeza, seguridade e servizos, pero si cobra aos usuarios”, ante a desidia do Goberno local que, sinala Lorenzo, “en comisións informativas nin sequera souberon aclarar de quen era o parking”.

O Partido Popular do Porriño denuncia “o abandono e deficiencias” que sofre o aparcadoiro da avenida de Galicia, “nos que se están incumprindo de xeito grave” os pregos polos que se adxudicou a concesión en 2004, e durante 40 anos, á empresa Cota 7 servizos e inversións S.A. O voceiro Alejandro Lorenzo, explica que “a empresa concesionaria está incumprindo en todos os aspectos coas súas obrigas, leva varios anos sen pagar o aluguer, está sucio, falta hixiene e non existe atención presencial no aparcamento, pero sí continúa cobrando aos usuarios polo seu uso ante un Goberno local que non fai absolutamente nada”. Ademais, tampouco hai seguridade e o ascensor está fóra de servizo, polo que impide o acceso a persoas con mobilidade reducida e carros de nenos, e ata o propio Concello, con medios propios, realizou melloras nas beirarrúas esta misma semana, obras que deberían de ser asumidas co aval existente da empresa concesionaria.

Esta situación deixa en evidencia, segundo o popular, “a pésima xestión dos socialistas de Porriño, con pouca capacidade para solucionar os problemas e unha deixadez absoluta para reclamar á concesionaria que cumpra e garanta un servizo de calidade nunha instalación pública.

“O Concello do Porriño ten que adoptar de xeito inmediato as medidas necesarias para o bo cumprimento dos pregos. Existe un total descontrol na vixilancia deste contrato. O Goberno local non poder deixar de xestionar o seu patrimonio, debe velar polos intereses da cidadanía do Porriño e obrigar á empresa concesionaria que cumpra todos os pregos e condicións do servizo”.

Nigrán abre mañá o prazo de inscrición na primeira escola de surf municipal para crianzas nadas entre 2010 e 2013

0

O Concello de Nigrán incorpora o surf a súa oferta de actividades deportivas municipais por vez primeira na súa Historia. As clases, que comezan o 2 de novembro e serán semanais, estarán impartidas por monitores federados da Asociación de Escolas de Surf de Patos e están dirixidas a crianzas nadas entre os anos 2010 e 2013 (ambos inclusive), por iso o Concello ofreceu bautismos gratis aos escolares do municipio. Neste primeiro ano o Concello oferta 30 prazas que se dividirán en 5 grupos de 6 participantes as tardes do luns, martes, mércores e xoves (de 16:30 a 18:00 horas).

O prazo de inscrición para os empadroados abre o martes 26 de outubro de 9:00 a 13:00 horas no Pavillón Municipal, estando toda a información subida na web municipal. En caso de quedar vacantes, o mércores 27 de outubro manteranse as inscricións (poderían optar os non empadroados) e se establecería unha lista de agarda. A praza quedará formalizada unha vez se realice o pagamento (data límite 28 de outubro ) e o custe é de 75 € para empadroados con posibilidade de bonificar ata o 50% as persoas en situación de dificultade económico-financieira (deberán presentar unha instancia no Rexistro do Concello con diferente documentación).

Nos vindeiros días o Concello informará convintemente da apertura de prazo para clases de piano tamén como novidade

“O surf forma parte da esencia de Nigrán e por iso queremos achegalo aos nenos, o deporte é saúde e o surf ademais leva asociados uns valores medioambientais que hai que fomentar desde a infancia”, reitera o alcalde, Juan González.

A cultura do deporte sobre as ondas está cada vez máis arraigada entre a cidadanía e conleva un xeito de vida ecolóxico, sano e sostible, por iso o Concello de Nigrán está a pechar o irmandamento oficial con Valdoviño, municipio coruñés co que comparte Historia común grazas precisamente ao surf. Este deporte supón tamén para Nigrán un importante revulsivo económico, o barrio de Patos en Panxón, coas praias da Cansadoura, o Pico de Patos e o propio areal de Patos, son o espazo de cinco escolas e, paralelamente, de negocios de hostalería e tendas temáticas. Ademais, supón un atractivo turístico durante todo o ano, especialmente no inverno, cando os bañistas desaparecen. Xusto durante eses meses celébranse campionatos locais, autonómicos, nacionais e internacionais xa recoñecidos e que reforzan esa imaxe de municipios sans, saudables, ecolóxicos e onde a natureza é a protagonistas.

En Valdoviño, o propio Oceano Surf Museo, único de España adicado a este deporte, recolle documentalmente (mediante fotos e vídeos cedidos) aos surfistas pioneiros en Galicia, que comezaron na praia de Patos atraídos polo aspecto natural e salvaxe deste areal e que pouco despois tamén chegaron a contorna de Ferrol.

SmartPeme pon en marcha esta semana catro novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre debuxo 3D con dous programas diferentes, sobre fotografía no eido do E-commerce e a utilización das palabras clave para posicionar un negocio.

En concreto, este martes 26 impartirase o obradoiro “Fabricación Dixital. Debuxo 3D con Onshape III – PartStudio III”. Estará a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, quen dará a coñecer as tecnoloxías implicadas no proceso de fabricación dixital desde unha perspectiva teórica e práctica.

Pola tarde, terá lugar o obradoiro “Fotografía de produto para o teu E-Commerce, a cargo de Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, onde falarase da importancia da xestión das fotografías á hora de comercializar o noso produto na rede para interesar ao noso consumidor potencial.

Na mañá do xoves 28 será a quenda de “Fabricación dixital. Laminador Cura I” a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, quen dará a coñecer as tecnoloxías implicadas na fabricación dixital seguindo a mesma liña ca no obradoiro do martes 26.

Para finalizar, pola tarde, Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual, falará da “Estratexia de palabras clave para posicionar o teu negocio en liña”, obradoiro que centrarase na boa utilización das chamadas “keywords” ou palabras clave directamente relacionadas cos motores de búsqueda.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo [email protected] ou no teléfono 886 202 020.

Homenaxe á coordinadora da biblioteca do CEIP Leirado

O venres tivo lugar, no CEIP Leirado de Salvaterra de Miño,un acto de recoñecemento ao traballo da persoa que durante 15 anos liderou o equipo de biblioteca do centro, biblioteca incluída no Plan LIA-2.

Ao acto asistiron D. César Pérez Ares, xefe territorial de educación da provincia de Pontevedra; Dna. Marta Valcárcel, alcaldesa do Concello de Salvaterra; D. Manuel Torres, inspector xefe; D. Carlos Antuña, inspector do centro; D. Francisco Díaz, asesor de bibliotecas escolares de Galicia; e Dna. Carmen Vaz, asesora do CFR de Vigo acompañando ao alumnado, profesorado e equipo directivo do centro.

Neste acto, a Comunidade Educativa do centro agradecía a oportunidade dada pola Administración Educativa de formar parte dos centros incluídos no plan LIA-2 e o traballo realizado por quen fora coordinadora da biblioteca escolar ata o momento da súa xubilación, Dna. Aurora Ramilo e que a situaron na vangarda dos espazos educativos.

Unha biblioteca con todos os recursos necesarios para adaptarse ás novas formas de informarse e aprender e con recursos para todo tipo de actividades, intereses e capacidades.

Neste acto descubriuse unha placa conmemorativa que nomea á biblioteca do centro como “Biblioteca Aurora Ramilo”.

Redondela, presente esta fin de semana no II Encontro Galego de Consellos de Participación infantil e adolescente

0

Tres mozas redondelás: Carla, Teresa e Xiana, representando ao grupo de participación ‘Axentes do Cambio’ de Redondela, e tomarán parte durante esta fin de semana no encontro onde, xunto con outras nenas, nenos e adolescentes de toda a Galiza, traballarán ao redor das propostas que se van a trasladar á Xunta de Galicia o día 16 de novembro.

De cara a garantir a seguridade sanitaria de todas as e os participantes, o encontro –que responde a unha iniciativa de UNICEF– será en liña e o seu obxectivo principal será debater e reflexionar ao redor da temática de Medio Ambiente, para elaborar propostas que achegar ao Goberno autonómico.

Ditas propostas trasladaranse nun Pleno, que se celebrará no Parlamento de Galicia o vindeiro 16 de novembro e ao que asistirá unha persoa menor de idade en representación de cada un dos concellos participantes. Será unha das tres representantes que participan este fin de semana dende Redondela a que fará tamén esa labor en representación do noso Concello no Parlamento de Galicia.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o equipo de Goberno quixeron agradecerlles, tanto a estas mozas como ao resto do grupo de participación, “a súa implicación e o traballo realizado”. A rexedora local afirmou “sentirse orgullosa” duna infancia e mocidade redondelá “traballadora, responsable e enormemente comprometida”.

Baiona pavimentará e mellorará a accesibilidade de A Granxa

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Vías e Obras, impulsou dúas actuacións coas que levará a cabo a pavimentación da estrada da Granxa e do camiño Cachadas en Belesar. A actuación, que aparella un investimento próximo aos 40.000 euros comezará o vindeiro luns coa pavimentación desta zona da parroquia de Belesar.

“A intervención consistirá na adecuación, mellora e renovación tanto da estrada principal da Granxa como do camiño cumprindo cunha das principais peticións dos veciños e veciñas desta zona.”, destaca o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez e expón que “para o goberno local é un asunto prioritario a mellora e rehabilitación da importante rede viaria rural municipal para garantir a operatividade e o desprazamento dunha maneira fluída e segura”.

Pola súa banda, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, sinalou que “a estrada se atopaba en moi malas condicións e cambiará radicalmente grazas a esta intervención coa que damos resposta a un dos compromisos que asumimos desde o equipo de Goberno cos veciños e veciñas do Barrio da Granxa” afirmou o rexedor reiterando que “o meu compromiso é continuar traballando polos veciños e veciñas do noso municipio vivan onde vivan”.

Así mesmo, indicou que as obras “beneficiarán tamén a todas aquelas persoas que fan uso regular desta estrada moi utilizada tanto pola veciñanza, como as persoas traballadoras na fábrica Auga Sa e os camións que acoden ao lugar”.

Os traballos nesta estrada comprenden desde o centro social da Granxa ata a citada fábrica.
Xa comezaron a executarse a roza das cunetas e marxes e o reperfilado das cunetas. Tamén se realizarán drenaxes lonxitudinais de forma previa á eliminación de fochancas e fochas existentes. Tras iso comezará a extensión do novo pavimento. As obras culminarán coa nova sinalización horizontal e vertical, de forma que se asegure unha circulación cómoda e segura aos usuarios desta estrada.

Esta obra inclúese no paquete de obras de adecuación e mellora da seguridade viaria e accesibilidade dos viais que está a desenvolver o Concello de Baiona. Trátase dun proxecto cofinanciado pola Dipuatación de Pontevedra nun 75 por cento con cargo ao Plan Concellos 2020 e polo Concello de Baiona nun 25 por cento.

A Feira da Cabaza chega na última de semana de outubro ao centro urbano de Tui

0

A I Feira da Cabaza, que dende comezos deste mes de outubro se está a celebrar nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns, chega na derradeira fin de semana do mes ao centro urbano de Tui.

Así o sábado 30 e o domingo 31 o Paseo da Corredoira acollerá un amplo programa de actividades organizado polo Concello de Tui coa colaboración da Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas,  da   Comunidade de Montes de Baldráns, da Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, da Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, da Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, da Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, do Pancho Cultural de Randufe, da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns e do Club deportivo Andatui.

Así a Corredoira acollerá exposición e venda de cabazas pero tamén un amplo programa para todos os públicos. Os showcooking previstos dentro da iniciativa Eurochef de Eurural correrán a cargo dos chef Iván Méndez, Alejandro Iglesias, Miguel Rodríguez e Javier Freijeiro e do resposteiro Óscar Romero.  Amais actuarán a Banda de Gaitas Arume de Malvas, Micalip’s, a Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva  San Telmo de Tui e o Grupo NoAllKansas. O domingo ás 10 h sairá da praza da Inmaculada a vista guiada por AndaTui para coñecer ás pozas e regadíos vinculados ao cultivo da cabaza. O domingo ás 17 h celebraranse talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores. Amais tanto o sábado coma o domingo, de 19 a 1h, o Cárcere Vello transformarase en “A caverna do terror”, cun espectáculo ambientando con efectos especiais, iluminación, son, ….e cheo de sorpresas para o público a partir de 8 anos.

I Feira da Cabaza

  • Sábado 30 de outubro
    • Ás 11.00 h apertura da feira. Inauguración.
    • Ás 12:00 h Showcooking co chef Iván Mendez. Actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural.   Degustación con protocolo covid.
    • Ás 13.30 h actuación musical a cargo da Banda de Gaitas Arume de Malvas.
    • Ás 18.00 h Showcooking co chef Alejandro Iglesias. Actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Degustación con protocolo covid.
    • De 19.00 a 01.00 h A Caverna do Terror no Cárcere Vello.
    • Ás 20.00 h concerto de Micalip´S. Paseo da Corredoira.
  • Domingo 31 de outubro
    • Ás 10.00 h Visita guiada por Tui coa colaboración de AndaTui. Saída: Praza da Inmaculada
    • Ás 10.00 h apertura da feira.
    • Ás 11.30 h recoñecemento e entrega de premios ás asociación participantes
    • Ás 12.00 h Showcooking a cargo dos chefs Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador de Baiona e coordinador do Parador de Tui e tudense Javier Freijeiro propietario do restaurante PRACER na Coruña. Degustación con protocolo covid.
    • Ás 13.30 h actuación musical a cargo da Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva  San Telmo de Tui. Paseo da Corredoira.
    • Ás 17:00 h talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores
    • Ás 18.00 h Showcooking a cargo do mestre pasteleiro tudense Óscar Romero. Degustación con protocolo covid.
    • Ás 20.00 h Concerto do Grupo NoAllKansas.  Paseo da Corredoira. 
    • De 19.00 a 01.00 h A Caverna do Terror no Cárcere Vello.

Nigrán estreouse cunha andaina logo de sumarse ao II Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e Adolescente

0

O Concello de Nigrán continúa a dar pasos de cara a obter o selo ‘Cidade Amiga da Infancia’ outorgado desde Unicef. Deste xeito, o Consello de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Nigrán (creado en xuño) estreou este venres e sábado a súa andaina ao sumarse con 5 representantes ao II Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e Adolescente. O eixo central sobre o que traballaron todos virtualmente foi o Medio Ambiente e o cambio climático e as conclusión obtidas serán expostas no Parlamento de Galicia o 16 de novembro coa presencia novamente de nenos e nenas de Nigrán.

Este novo órgano municipal naceu precisamente para situar na axenda local os verdadeiros intereses e necesidades de cativos e adolescentes, xa que a través del poden participar na vida política de Nigrán realizando propostas, seguindo as mesmas, pedindo información, etc. O goberno consignou para desenvolver todas as actividades do selo ‘CAI’ unha partida orzamentaria de 10.000 €.

“É un traballo realmente ilusionante porque se trata nin máis nin menos que de situar á infancia e á adolescencia como unha prioridade da nosa política local e, sobre todo, porque serán eles mesmos os que determinen o plan de acción mediante a súa participación real na vida política local”, destaca Marina Vidal, edil de Educación e quen está levando adiante este reto integrado tamén no programa de accesibilidade ‘Un Nigrán para todos’.

Este consello de Nigrán está constituído por 21 nenos (dous por cada aula de 5º, 6º de Primaria e 1º da ESO de cada unhas das escolas públicas ou concertadas de Nigrán) e reunirase durante o curso escolar unhas decena de veces co obxectivo de trasladar todas as súas peticións ao futuro Consello Local da Infancia e da Adolescencia, órgano sectorial presidido polo alcalde, constando dun secretario, dous vogalías de adultos con voz pero sen voto (dous representantes de Anpas, un de cada grupo político municipal, un técnico municipal, un concelleiro das áreas máis implicadas, un representante de ‘Un Nigrán para todos’) e, por descontado, todos os integrantes deste Consello de Participación Infantil e Xuvenil.

“‘Un Nigrán para todos’ define o noso xeito de gobernar, queremos crear un municipio amigable, onde todos nos sintamos a gusto e representados. Trátase de facer partícipes ás crianzas e adolescentes da vida municipal dacordo a un organismo tan respectado internacionalmente como Unicef. Sería un orgullo para Nigrán obter o selo CAI e, aínda que sabemos que é difícil, estamos a poñer todo o noso empeño para logralo na próxima convocatoria, que podería ser no 2022”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.

UNICEF – Selo CAI

O programa CAI foi creado por Unicef Comité Español en 2001 co propósito de promover a aplicación da Convención dos Dereitos do Neno (CDN) en pobos e cidades da xeografía nacional, forma parte á súa vez da Iniciativa Cidades Amigas da Infancia, liderada por Unicef Internacional desde o ano 2000 e no que colaboran gobernos nacionais, administracións locais, ONG… En Galicia hai 10 municipios que xa o teñen (en Pontevedra son Redondela, Porriño e Tomiño).

A cabaza, protagonista nos catro showcookings de Eurochef en Tui

0

O proxecto Eurochef desembarca este mes de outubro a Tui por todo o alto. Os vindeiros 30 e 31 de outubro o Paseo da Corredoira acollerá catro showcookings abertos ao público xeral con cinco chefs de altura nunha actividade organizada por Eurural e o resto dos grupos de desenvolvemento rural integrantes do proxecto Eurochef en colaboración co Concello de Tui.

A cabaza será a gran protagonista dos pratos cociñados por todos os chefs, sumándose así á ‘I Feira da Cabaza’ que celebra o municipio tudense. A primeira xornada, o sábado 30, estará a cargo dos cociñeiros do proxecto Eurochef, con Iván Méndez tras os fogóns na sesión das 12.00 horas e con Álex Iglesias na quenda de tarde, ás 18.00 horas. O domingo 31 os e as asistentes ao showcooking das 12.00 h poderán desfrutar dos pratos de Miguel Rodríguez Pereira, xefe de cocina do Parador da Baiona e coordinador de restauración do Parador de Tui, e de Javier Freijeiro, director de varias cociñas á vez cunha liña condutora con personalidade propia na Coruña. Pola tarde, ás 18.00 horas, será o momento de desfrutar dos doces do experimentado reposteiro tudense Óscar Romero.

A actividade será completamente de balde e con aforo limitado. As persoas interesadas en participar xa poden facer a súa inscrición a través da páxina web de Eurural. Dende Eurural e todos os grupos de desenvolvemento rural participantes no proxecto Eurochef agradécese a colaboración do Concello de Tui nestas actividades e convídase a toda a veciñanza a desfrutar deste novo evento.

O showcooking forma parte do programa de actividades de Eurochef Project, un proxecto de cooperación transnacional Leader liderado por Eurural e no que tamén participan o grupo de desenvolvemento rural galego Pontevedra Norte e o romanés de Bucovina de Munte. Con esta iniciativa búscase fusionar cociñas para dar a coñecer os produtos dos tres territorios máis alá das fronteiras, intercambiar experiencias, fomentar o turismo gastronómico e crear novos mercados noutros países. 

O proxecto conta cun orzamento de 300.000 euros, dos que os grupos de desenvolvemento galegos achegan 112.000 euros financiados ao 90% pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural, dentro da medida 19.3 de cooperación a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader.

A mocidade tomiñesa aposta polo medio ambiente

0

O Consello da Infancia e Adolescencia Voces Novas de Tomiño, participa esta fin de semana no encontro galego que celebran anualmente as 10 Cidades Amigas da Infancia recoñecidas por Unicef en Galicia. O devandito encontro será de carácter online e contará coa presenza do Director Xeral de Xuventude, así como dos concelleiros e concelleiras de Participación Infantil e Mocidade dos concellos participantes.

A protección do medio ambiente é o tema de reflexión deste ano e sobre o que versarán as propostas que se trasladarán ao Parlamento Galego no Foro de Participación Infantil que se celebrará o 16 de novembro para conmemorar o Día Internacional da Infancia.

No caso de Voces Novas, representarán a Tomiño no parlamento Irene, Xoel, Javi, Natalia e Laura, que para ir compenetrándose co tema, participaron nunha xornada de recolección de lixo.

O alcalde da Guarda defende a súa honorabilidade e a transparencia e imparcialidade do concello

0

O pasado venres a asociación Trans Miño improvisou unha manifestación sen autorización na praza do Reló cunha pancarta que acusaba ao alcalde de homófobo, poñendo na súa boca palabras que nunca dixo. A vez, na mesma pancarta, daba a entender que o concello non tiña a intención de cumprir o seu compromiso de ceder un local a asociación. Cando, curiosamente, estaba previsto facer efectiva esta cesión nos próximos días, do cal estaba informado o presidente da asociación.

Resulta difícil de crer que alguén se atreva facer correr presuntas calumnias e mentiras  facilmente demostrables simplemente para tentar conseguir un local para unha asociación, local que xa tiña conseguido. Máis parece unha operación de desprestixio contra o alcalde e contra a súa xestión fronte ao concello da Guarda.

Diante desta situación, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, presentará o próximo luns unha querela por un presunto delito de calumnias contra o presidente da asociacións Trans Miño, Xermán Cordero. A súa vez, para aclarar o fondo das manifestacións vertidas na pancarta, abrirá un expediente informativo no concello no que se aclare todo o referente a cesión á asociación Trans Miño dun local no centro social Sinde Vello.

“Nin son certas as declaración que me atribúen nin é certo que se lle negara un local a esta asociación, todo o contrario, estábase a redactar un documento de cesión para asinar nos próximos días. O que resulta intolerable é que sen ningunha proba se vertan calumnias contra o alcalde da Guarda e contra o propio concello. É a nosa obrigación como equipo de goberno defender a institución que representamos, e iso imos a facer diante de quen queira desprestixiar a administración que representa a todos os veciños e veciñas da Guarda.”

Desplazados en la sanidad

La sanidad pública se mantiene como uno de esos pocos motivos de orgullo que le quedan al contribuyente. Nuestros impuestos mantienen un complejo entramado de centros sanitarios y profesionales que tejen una invisible red de seguridad a nuestro alrededor.

Con independencia del motivo de consulta, el deseo de cualquier usuario es que la asistencia sea fluida, ágil y precisa. Necesitamos percibir que somos escuchados con atención y tratados con respeto, diligencia y empatía.

La atención a los pacientes desplazados es un roto en esta red de seguridad. Por definición desplazado es un “usuario que se encuentra fuera de su lugar de residencia habitual y que precisa asistencia sanitaria“.

Cuando se trata de una urgencia, primero se lleva a cabo la asistencia y posteriormente se resuelve la burocracia. Sin embargo, cuando la urgencia no es vital y se acude al centro de salud, la cosa no es tan sencilla.

Para muestra, tres casos vividos en primera persona:

1. Viaje Galicia–Andalucía, con parada en Madrid para dormir. Por la mañana nos percatamos de la aparición de un sarpullido generalizado en mi hija (3 años de edad). Buscamos el ambulatorio más cercano al hotel. Al llegar, explicamos a la administrativa el motivo de consulta y pedimos ser atendidos por un/a pediatra. Nos contesta que debe abrir una “ficha” y asignar una dirección nuestra en Madrid.

Le dijimos que pusiera la del hotel (la única que se nos ocurría) y automáticamente nos dijo que a esa dirección del hotel le correspondía otro centro de salud (así, sin más). Media vuelta, y taxi hasta este otro centro. Al llegar y relatar en el mostrador de entrada lo sucedido, nos dijeron que en ese centro no había pediatra y que no entendían cómo siendo desplazados nos asignaban un centro en función de la dirección del hotel…

Resumen: Otro taxi para volver y, esta vez sí, ser atendidos por la pediatra.

2. Firmé un contrato de trabajo de un mes (contrato de vacaciones) en otra comunidad. Salí a correr una tarde y sufrí un esguince de tobillo. Aunque mi intención era continuar trabajando, al día siguiente no podía caminar. Así que me dirigí al centro de salud más cercano al piso que tenía alquilado. En esta ocasión, no me pidieron dirección alguna. Me asignaron un médico que me vería cuando tuviese un hueco. Tras pedir una radiografía, confirmó el diagnóstico: esguince, reposo e inmovilización. Al solicitarle un parte de baja, su respuesta fue que él no podía emitir un parte de baja a un desplazado, eso sólo lo podía hacer mi médico de cabecera, y que me dirigiera a la inspección de trabajo o al INSS a gestionarlo.

Como aquello no me cuadraba, antes de pedir un taxi para dirigirme al INSS llamé por teléfono para consultarlo. La funcionaria quedó perpleja. Su respuesta fue: dime el centro de salud y el nombre del médico que te ha dicho eso que voy a llamar yo desde aquí.

Diez minutos más tarde tenía el parte de baja en mis manos.

3. Vacaciones en Granada. Una de mis hijas debuta con lo que nos parecía una infección fúngica oral. Nos desplazamos al consultorio más cercano. En el mostrador tuve la sensación de entrar a una ronda de reconocimiento policial: tras decir “desplazados” escuchamos un resoplido del administrativo. Nos pregunta el motivo de consulta y, ni corto ni perezoso, nos dice que eso no es una urgencia vital, y que llamase a mi centro de salud (en Galicia) para hablar con su pediatra. Yo no daba crédito, pero aún así mantuve la calma y le dije que prefería que fuera valorada de forma presencial. De nuevo un resoplido y un frío “como no es urgente, estoy sólo en la recepción y aún no he salido a desayunar, voy a tomar un café y a la vuelta os abro la ficha”. Y allí nos dejó esperando.

Estas ‘anécdotas’ no hacen más que empañar la imagen sólida, seria y rigurosa de nuestro sistema sanitario. Sus profesionales, como puerta de entrada al mismo, deben ser conscientes de que sus palabras, su actitud, su interés y empatía, todo cuanto hagan y digan, tiene una importancia crucial.

Los trabajadores de este enorme sistema de salud, y es inaudito tener que recordar esto, debemos mostrar cariño, interés y preocupación por las personas a las que atendemos. Muchas veces sólo es cuestión de un gesto, una llamada, un minuto. ¡Los desplazados también son usuarios de pleno derecho y merecen el mismo trato!

Cuánto ganaríamos si el perfil de trabajador descrito quedase erradicado de la atención al público, especialmente si hablamos de pacientes, y desempeñase su labor con máquinas, ordenadores, robots… seres inanimados y sin sentimientos que no precisan tacto ni sensibilidad.

Samuel Merino (Pompa e Boato), «Guantanamera (Poema nun só acto)»

Primeiro poemario en galego de Samuel Merino, logo de dous textos en castelán («Enésima patada con amor» e «Trementina») que son dúas auténticas esgazaduras polas que esborrexe, pinga a pinga, a alma do autor. Naqueles primeiros versos, asinados baixo o pseudónimo de «Pompa e Boato», o poeta semella reconstruirse logo dun particular descenso aos seus propios infernos. A poesía, xa que logo, como catarse, como xeito de reinvención e de renovación, como esa galla á que se aferrar para sobrevivir.

Unha vez feita esa viaxe, o que agora nos ocupa en «Guantanamera» é un xogo metaliterario no que se misturan poesía e teatro. De feito, por momentos semella un texto pensado para as táboas, para ser recitado e, ao tempo, representado sobre un escenario, con luz escasa e un gran espello ao fondo no que reflectir os pensamentos do autor a través do movemento dos corpos nunha especie de danza poética. Sabemos da súa vinculación coa compañía teatral Xerpo e que incluso escribiu algún texto como parte desa catarse da que falabamos, pero o que agora se nos presenta, a pesar do seu formato, é o que define o seu subtítulo: un poema. E falo dunha única unidade porque os textos que o integran son, en realidade, fragmentos dun longo poema que percorre todas as páxinas do libro, a pesar de que veñan presentados coma un «dramatis personae», escenas e mesmo acoutamentos dunha peza teatral.

O que atopamos é o «eu poético» de Merino que semella comprobar o resultado desa reconstrución persoal realizada nos primeiros poemarios. É coma se se detivese a verificar que todo está no seu sitio e que a reinvención vai por bo camiño, mais a realidade amósase teimuda e o caos e a falla de equilibrio que seguen a dominar o mundo fan perigar o avance. «Eu non sei nada deste mundo / tal e como eles o entenden. / Mais entendo o mundo / perfectamente feito / á medida deste coñecemento / debilitado / fráxil / correúdo / da palabra no poema». Velaí a dicotomía entre a realidade e a súa idealización, enfrontadas en versos sinxelos e directos que nacen dende o fondo da alma; versos enchidos de sinceridade e de verdade, sen adobíos nin florituras; deses que mancan cando se len, deses que marcan cando se adentran en nós, deses que de ningunha maneira nos van deixar indiferentes.

Abrolla, xa que logo, un certo pesimismo de corte existencial ao longo do poema, mais a mensaxe é clara: a reconstrución é necesaria e a loita debe seguir. Non hai outra vía. Pese aos medos e pese á angustia que provoca. Tal e como explica Irene Moreira no epílogo, as imaxes coas que se constrúe «Guantanamera» colocan ao autor «entre a persoa que fuches e a que queres ser». Velaí está: a catarse continúa…

Samuel Merino (Pompa e Boato)

Guantanamera (Poema nun só acto)

Urutau

Carmela Silva destaca en Zaragoza o papel da cidadanía no impulso do novo modelo de mobilidade

“Cando comunicas ben es transparente, participas, sumas intelixencias e talentos e consegues que os proxectos sexan de todas e de todos, logras que as iniciativas que impulsas sexan asumidas e queridas polo conxunto da sociedade”, asegurou a presidenta da Deputación, Carmela Silva en Zaragoza no VI Encontro de Cidades para Seguridade Viaria e Mobilidade Sustentable. Nas xornadas, organizadas pola  DGT, a FEMP e o concello de Zaragoza, a presidenta provincial participou na mesa de debate “O reto da comunicación na nova mobilidade urbana” xunto a Alfonso Gil, presidente da Comisión da FEMP de Transportes, Mobilidade Sostible e Seguridade Viaria e tenente de alcalde de Bilbao, e Natalia Chueca, conselleira de Servizos Públicos e Mobilidade do Concello de Zaragoza.

A presidenta da Deputación aproveitou o encontro para explicar o proceso de transformación e o novo modelo de mobilidade, “centrado nas persoas e en converter ao espazo público nun espazo de convivencia”, que dende seis anos está a impulsar na provincia de Pontevedra. Carmela Silva explicou que “cando chegamos ao goberno impulsamos un cambio radical nas nosas estradas provinciais” e, neste proceso, “asumimos en primeiro lugar o coñecemento sobre mobilidade para ter claro o modelo, impulsamos una campaña moi potente de comunicación, contamos cos prescritores da sociedade para poder convencer á cidadanía e mantivemos unha relación directa de traballo conxunto con alcaldesas e alcaldes”.  E, “despois do traballo destes seis anos –remarcou a presidenta- non hai ninguén na provincia de Pontevedra que non teña claro que a nosa mobilidade é o modelo que hai que implantar”.

Carmela Silva tamén subliñou no VI Encontro de Cidades para a Seguridade Viaria e Mobilidade Sustentable que “as persoas que nos dedicamos á política sabemos que o primeiro é o liderado e o convencemento, pero que tamén precisamos traballar colaborativamente e escoitar, porque a intelixencia está fóra dos despachos”. A presidenta incidiu na importancia de “liderar as transformacións tendo moi claro o que queremos, empregando todas as ferramentas ao noso alcance para facer chegar á sociedade os proxectos e conseguir que sexan parte da decisión porque, cando isto acontece, é máis facilitador”.

No que respecta á comunicación, a presidenta subliñou que “é sinónimo de transparencia e participación. Non é tan complicado, só hai que ser profundamente demócrata”. Explicou que “nós contamos a diario todo o que facemos porque é un dereito recollido na Constitución e na Lei de Transparencia” e, amais, “non podemos esquecer que os gobernos representan á xente e a xente ten que formar parte do que estás facendo”. Para conseguilo, a presidenta destacou que “nada mellor que as vivencias. A xente é moi intelixente e asume moi ben os cambios que melloran a súa calidade de vida. Non hai mellor elemento de comunicación que ensinar o antes e o despois, porque isto é o que anima á xente a seguir o noso modelo de mobilidade.  Cando a xente comparte e entende o modelo, ve como as nenas e os nenos volven xogar na cidade libremente e as persoas son felices ocupando o espazo público, convértese no seu modelo, deféndeo, asúmeo, enténdeo e faino seu. Este é o éxito á hora de implantar un proxecto”.

Pola súa banda Alfonso Gil, tenente de alcalde de Bilbao, insistiu tamén na importancia da comunicación e remarcou a necesidade de “falar para a xente, de empregar linguaxes sinxelos e dar respostas aos problemas cotiás da cidadanía”. Gil subliñou que no ámbito da mobilidade “transmitir adecuadamente o novo modelo permitirá que gañemos todas e todos” e reivindicou a importancia da escoita activa pero tamén da “política valente de decisións”. Tamén na escoita activa insistiu Natalia Chueca, conselleira de Servizos Públicos de Zaragoza, afondando na necesidade de “coñecer a opinión da cidadanía e trasladar as mensaxes comunicativas adaptándoas aos diferentes segmentos da poboación”. Neste eido, a conselleira engadiu que “os plans de comunicación teñen que ser continuos e segementados” e apostou por lanzar “campañas experienciais, participativas, eficaces e transformadoras” que axuden a rachar “coa saturación comunicativa”.

Tomiño comparte con 10 países europeos a súa experiencia de cooperación con Cerveira

0

Goián acolleu a segunda xornada do Encontro Internacional do Proxecto Bridge no que participa Tomiño canda outros 10 socios europeos, co obxecto de crear redes de cooperación en materia transfronteiriza e intercambiar boas prácticas.

Presidida pola alcaldesa Sandra González e o seu homólogo de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, a xornada, celebrada no salón do Centro Goianés, comezou coa presentación da experiencia en cooperación transfronteiriza entre Cerveira e Tomiño, baseada no aproveitamento de recursos común, como a piscina municipal de Cerveira, onde un 60% dos usuarios son españois, ou a escola de música de Tomiño, á que acoden habitualmente nenos e nenas da localidade lusa.

Asemade, déronse a coñecer proxectos de desenvolvemento impulsados pola Eurocidade Cerveira-Tomiño ou polo AECT Río Minho; intercambnios musicais e proxectos en rede.

No resto da mañá de onte celebráronse conferencias sobre boas prácticas, como as existentes entre universidades galegas e portuguesas, e unha intervención a cargo dun representante da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea.

O Proxecto BRIDGE, coordinado pola Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e financiado polo Programa Europa para cidadáns da Unión Europea, integra 11 entidades e municipios transfronteirizos de 11 países, co fin de promover a cidadanía e a cohesión social alén das fronteiras. Así, no proxecto participan, ademais de Tomiño e Cerveira, entidades de Bulgaria, Hungría, Eslovaquia, Eslovenia, Italia, Chipre, Lituania, Letonia e Serbia.

Durante a execución do proxecto, ata outubro de 2022, os parceiros analizarán as causas que alimentan a xenofobia e o euro escepticismo en moitos países, presentando posíbeis solucións para garantir que as rexións transfronteirizas da Unión Europea poidan, a través dos seus propios medios, contribuír á mellora da cidadanía europea.

O destes días é o primeiro encontro que se levarán a cabo en diferentes países de Europa, e nos que se abordarán temas relacionados coa financiación de programas e oportunidades para promover a cooperación transfronteiriza e europea; os problemas causados pola suspensión do Tratado de Schengen durante a pandemia; iniciativas de cooperación transfronteiriza nas áreas social, cultural, ambiental e de cidadanía ou as dificultades legais que existen na actualidade.

O Rosal presenta a súa axenda de outuno con propostas para todos os públicos

0

O que queda de outubro e o mes de novembro veñen cargados de cultura no Rosal. O Concello presentou a súa axenda de outono con máis de dez propostas para todos os públicos. A alcaldesa, Ánxela Fernández, mostrouse “moi contenta” de presentar unha axenda “que recoñece o noso patrimonio e o traballo histórico dos cabaqueiros do Rosal”, ademais de “dinamizar de forma segura a cultura do noso pobo”.

O teatro será o principal protagonista da axenda. Ata catro compañías visitarán o Auditorio Municipal os domingos ata finais de novembro. A primeira en chegar será a obra “Estrafalaria” o día 24 ás 19.00 horas, o 31 a mesma hora será a quenda da produción “Rosalía”, o 14 de novembro chegará “Estrela do Día” ás 19.00 h e, finalmente, o domingo 28 “A pluma viva de Rosalía” rematará o ciclo teatral tamén ás 19.00 h. “Será un outono para desfrutar do teatro no noso Auditorio”, conclúe a rexedora.

Paralelamente o Concello tamén organiza un ciclo de xornadas para poder descubrir o patrimonio do Rosal. O 29 de outubro ás 19.30 a mestra e escritora, Adela Leira, dará a conferencia “Sobre o barro e as telleiras” e o 30 de outubro ás 18.00 h na praza do Calvario ofrecerá unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal. O 19 de novembro ás 19.30 h haberá unha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petroglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h. A axenda tamén recolle unha exposición do ilustrador, pintor e escultor Ramón Trigo no Salón de Exposicións do Concello dende o 5 ata o 20 de novembro, e un obradoiro de adornos caseiros o vindeiro día 19 de novembro ás 17.00 h  no Espazo de Autoarranxo con inscrición previa no Concello.