21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda oferta en novembro dous obradoiros gratuítos para comercio e hostalería

    A Guarda oferta en novembro dous obradoiros gratuítos para comercio e hostalería

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Desenvolvemento Local, oferta no mes de novembro dous obradoiros de xeito gratuíto dirixidos a comercio e hostalería.

    Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio local, iniciada xa o ano pasado por mor da situación sanitaria e que, desta volta, inclúe un obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais e outro sobre posicionamento de empresas no mapa con Google MyBusiness.

    Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

    No obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. Terá lugar o venres 12 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

    O obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas online. Terá lugar o venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.