Sábado, 9 Agosto de 2025

Os Reis Magos recibirán aos nenos no Teatro Municipal de Tui

0

Os Reis Magos recibirán este mércores, 5 de xaneiro, aos nenos no Teatro Municipal de Tui.  Hoxe luns ás 20 h abrirase a reserva de entradas a través da web www.tui.gal. Melchor, Gaspar e Baltasar recibiran aos pequenos este mércores, 5 de xaneiro, de 11.30 h a 13.30 h e de 16.00 h a 19.00 h. Establécense quendas de entrada cada 10 minutos, admitíndose un máximo de 6 grupos por quenda estando composto cada grupo por un máximo de 5 persoas da que coma mínimo 1 debe ser unha persoa adulta.  Recoméndase acudir cunha antelación de 10 minutos sobre a hora fixada na entrada.

A recepción contará cun protocolo covid de tal xeito que o acceso tanto ao vestíbulo do teatro coma ao patio de butacas realizarase de forma escalonada. No acceso a todas as persoas maiores de 12 anos requiriráselles a presentación do certificado covid de ter a pauta de vacinación completa, ou certificado de proba diagnóstica – test de antíxenos ou PCR negativa, ou certificado de ter superado a enfermidade.  Será obrigatorio o uso de máscara para as persoas maiores de 6 anos así coma o a desinfección de mans con hidroxel. En todo momento deberase seguir o percorrido de acceso establecido pola organización. Durante a recepción os nenos e nenas manterán a distancia de seguridade cos Reis Magos, e as persoas adultas que os acompañan poderán tomar fotografías dende o patio de butacas.   Doce paxes acompañarán aos nenos nesta recepción real.

Por outra parte a tradicional cabalgata polas rúas do centro urbano non terá lugar este ano debido á previsión de choiva e á actual situación sanitaria. Xa hai semanas que quedou descartada a Cabalgata Internacional que cada ano celebra a Eurocidade con saída dende Valença e chegada a Tui, debido ás restricións establecidas no país veciño.  Mantívose até o último momento a posibilidade do percorrido polas rúas tudenses dos Magos de Oriente e a súa comitiva, pero esta opción vén de ser tamén descartada. De todos os xeitos aquelas persoas que o desexen poderán ver as carrozas elaboradas polas asociacións Aloia de Pazos de Reis, Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Xuntanza de Randufe que estará situadas na rúa Ourense a partir das 17 h deste mércores, 5 de xaneiro.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, sinala que “este ano de novo houbo que adaptar a visita dos Reis Magos ás actuais circunstancias derivadas da pandemia”. Engade que “con todas as medidas de seguridade os nenos e nenas poderán vivir a maxia de saúdar a Melchor, Gaspar e Baltasar no Teatro Municipal”. Sonsoles Vicente agarda que para 2023 a situación permita recuperar a tradicional Cabalgata Internacional con Valença, un dos actos destacados desta Eurocidade Tui-Valença.  

Dende o Concello de Tui amósase o agradecemento a todas as persoas que fan posible esta actividade dende os membros da Policía Local e Protección Civil, empregados municipais, a Asociación Scouts Alhoia, ás asociacións culturais Aloia de Pazos de Reis, Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Xuntanza de Randufe.

Nigrán acollerá mañá unha “Tarde Solidaria coa Anemia de Fanconi”

0

A tarde do 5 de xaneiro, o Concello de Nigrán e a Cafetería Coffe&Meal (Hotel Val Convention) únense nunha “Tarde Solidaria coa Anemia de Fanconi”. Toda a recadación destinarase á Fundación Anemia de Fanconi, que apoia a pacientes con Anemia de Fanconi e fomenta a investigación para atopar unha cura.

“Esta xornada presenta un dobre obxectivo, por unha banda a recadación de fondos para continuar na procura de tratamentos eficaces e, por outro, a sensibilización social sobre a necesidade de incrementar as doazóns de medula” declara César Comesaña, organizador do evento e paciente de anemia de Fanconi de Nigrán.

A esperanza está na investigación e aínda queda moito por facer, a Anemia de Fanconi é unha enfermidade tan rara como grave que padecen unhas 150 persoas en España e só en Nigrán hai cinco casos dos poucos que hai diagnosticados en Galicia.

Este evento solidario terá lugar na cafetería Coffee&Meal do hotel Val Miñor Convention, que sita na rúa Rosalía de Castro, 6. Será mañá mércores 5 de xaneiro, de 16 horas a 21 horas.

Rotundo éxito do Club Natación Ponteareas no Campionato Galego Absoluto celebrado en Lugo

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere trasladar os parabéns do Goberno municipal ao Club Natación Ponteareas, que rematou o ano por todo o alto no Campionato Galego Absoluto celebrado en Lugo. Unha cita que rematou con  importantes logros para os e as deportistas ponteareás, que puxeron o broche de ouro ás competicións do 2021 subindo de novo ao podio.   

O CN Ponteareas desprazáronse ata a piscina do CN Fluvial para participar co equipo feminino e masculino nun campionato que se celebrou seguindo o protocolo sanitario da competición, garantindo a seguridade das e dos deportistas diminuíndo o número de nadadores e nadadoras dentro da piscina.

O equipo feminino do club ponteareán proclamouse campión absoluto da competición, deixando unha marxe de puntos na clasificación conxunta que o equipo masculino mantivo ata o último día pero que ao remate das tres xornadas de campionato non puido conservar. Así, o CN Ponteareas quedaba subcampión galego por equipos por detrás do campión galego, o CN Galaico. 

Unha forma “excelente de rematar o ano que reflicte o enorme traballo que fan cada día nadadoras e nadadores nos adestramentos. Parabéns a todo o equipo e tamén ao club por ese gran traballo que está a desenvolver na formación de novos valores”.

Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de xaneiro

0

O vindeiro martes día 11 de xaneiro de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de xaneiro de 2022.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en xaneiro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o martes día 11 de xaneiro de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 18 de xaneiro e a recollida de documentos terá lugar o 21 de xaneiro.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Mos concedeu o dobre de licenzas para vivenda unifamiliar nova e aumento do 75 % das de primeira ocupación

0

Como cada ano no mes de xaneiro, faise público desde o Concello de Mos o balance anual de licenzas urbanísticas concedidas durante o exercizo anterior. E así o facían onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Urbanismo, José Areal, quenes salientaron especialmente o maior dos incrementos nas licenzas concedidas: o rexistrado no tipo de licenza de primeira ocupación, que aumentou o ano pasado un 75 % respecto do anterior, concedéndose en 2021 21 destas licenzas fronte ás 12 de 2020, e contrastando coa menor cifra rexistrada, que fora de 5 licenzas concedidas no ano 2017. A cifra de 21 licenzas de primeira ocupación do pasado ano 2021 só foi superada en 2013, ano no que se concederon un total de 29 destas licenzas.

Cómpre destacar que continúa a progresión á alza tamén nas licenzas de obra maior.O segundo tipo de licenzas que máis crece despois das de primeira ocupación. O incremento nas licenzas de obra maior en 2021 respecto de 2020 é do 28 %, pasando de 102 licenzas concedidas en 2020 a 130 o ano pasado. Dentro destas licenzas de obra maior, destaca o subtipo de vivenda, que duplica o número de licenzas concedidas para vivendas unifamiliares novas, pasando de 20 en 2020 a 40 en 2021.

O terceiro dos epígrafes do balance urbanístico anual con maior volumen de crecemento é o relativo a outros expedientes tramitados, que experimenta unha subida do 7 % no 2021 respecto ao ano anterior, pasando de 182 expedientes en 2020 a 195 en 2021. Neste epígrafe, o subtipo de expedientes que máis medra é o de expedientes de medio ambiente, que se incrementa nun 26 % pasando de 123 expedientes en 2020 a 154 en 2021.

Por outra banda, o número de licenzas de actividade concedidas en 2021 en Mos ascendeu a un total de 93 e o número de licenzas de obra menor foi de 156.

En total o ano pasado concedéronse 406 licenzas urbanísticas en Mos e leváronse a Xunta de Goberno Local un total de 601 asuntos de Urbanismo e Medio Ambiente.

Tras a aprobación en 2017 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o balance urbanístico anual do Concello de Mos reflicte unha evolución moi positiva. A lectura deste último informe tradúcese en que Mos se consolida como unha localidade que particulares e empresas elixen para residir e asentarse, de ahí o gran incremento experimentado en 2021 na concesión de licenzas de primeira ocupación e de obra maior para vivenda.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Urbanismo, José Areal, fixeron hoxe públicos os datos que confirman este balance positivo que, segundo consideran os representantes municipais, “foi en gran parte grazas ao pulo que supuxo a implantación do Plan Xeral, pero ademais da implantación do PXOM mosense, aprobado definitivamente en xaneiro de 2017, estas cifras veñen tamén derivadas do crecemento do Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña, que se atopa case en plena ocupación, o que fai que Mos leve experimentando nos últimos anos un aumento importantísimo das licenzas urbanísticas concedidas”. O balance urbanístico de 2021 demostra unha vez máis que o de Mos é un Concello ideal tanto para vivir como para desenvolver unha actividade empresarial e/ou industrial.

Destes datos conclúese que “a existencia e implantación dun PXOM está animando aos particulares e ás empresas a establecer ou consolidar a súa residencia ou negocio, respectivamente, en Mos; e que a localidade mosense está a ser percibida e considerada como un bo municipio para vivir e crecer empresarialmente”, explican Arévalo e Areal.

Espectáculo estático para recibir este 5 de xaneiro ao Reis Magos no Rosal

0

Os Reis Magos continúan adaptándose á realidade sanitaria para seguir achegando a súa maxia a rosaleiros. O vindeiro 5 de xaneiro a Praza do Calvario dará a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar, que cambiarán a tradicional cabalgata por unha tarde de lecer para público infantil e familiar cun espectáculo estático con todas as medidas de seguridade.

A tarde comezará ás 17.00 horas co novo espectáculo de Peter Punk, ‘Punkdemia’, unha mestura de circo, malabares, humor e clown perfecta como antesala á chegada das súas maxestades. Un espectáculo viral no que, a través de catro fases, Peter Punk e o seu vello amigo Tranquilo amosarás a súa particular visión da pandemia: o público poderá ver como se viste un pallaso para protexerse da pandemia, malabares con coronavirus ou unha nova técnica para botar o virus do corpo empregando globos dun xeito sorprendente. Para rematar, descubrirá a Vacina da Risa e subirá á Corentrona, unha cadeira de rodas na que Peter Punk amosará as súas habilidades e baixará a rampla da desescalada para bater co muro dos recortes.

Xa ás 17.45 horas os Reis Magos de Oriente chegarán ao Concello escoltados polo Trebón do Xidos, onde serán recibidos polos cantos de reis dos grupos de música tradicional do municipio Lirolai, Orballo, Os Carballas e Airiños do Folón. Ás 18.00 horas as súas maxestades saudarán aos nenos e nenas dende a balconada do Concello.  

Todas estas actividades serán de balde con entrada libre ata completar aforo e con todas as medidas de seguridade necesarias, respectando o uso de máscara e a distancia social. “Seguimos apostando pola cultura segura, adaptándonos de forma rápida ás novas circunstancias da actual situación sanitaria para que os rosaleiros e rosaleiras poidan seguir desfrutando do lecer priorizando a saúde”, salientou a alcaldesa Ánxela Fernández. A rexedora quixo agradecer ademais “a colaboración dos grupos tradicionais e de todas e todos os participantes nestas actividades, así como do público, que acolle as medidas de seguridade con total naturalidade e cumpre todas as normas que a COVID-19 nos está obrigando a implementar”.

En caso de choiva a actividade trasladarase ao pavillón municipal, onde o público poderá gozar da actuación de Peter Punk e da visita e dos saúdos dos Reis Magos. Ao ser un espectáculo nun espazo pechado solicitarase ao público o certificado COVID.

O alcalde do Porriño considera admirable o comportamento da veciñanza no desfile de rondallas

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, valorou “o comportamento admirable” do público que presenciou o desfile conxunto de rondallas de Mos e O Porriño celebrado onte domingo.

O rexedor municipal fixo unha valoración do acto que foi “un sopro de aire fresco que todos necesitabamos e nada mellor que as rondallas que son un selo de identidade e un dos nosos baluartes culturais”. O alcalde afirmou que a cidadanía do Porriño demostrou que “somos un pobo moi animado, que nos gusta compartir e gozar dos nosos costumes e facémolo de forma responsable, conscientes da situación que estamos atravesando”, engadiu.

Alejandro Lorenzo expresou o seu agradecemento “a todos aqueles que fixeron posible a celebración do evento coas máximas garantías de seguridade”. Eloxiou de “magnífico o traballo da Policía Local e Protección Civil; e das rondallas que se organizaron en tempo marca” e cualificou de “admirable comportamento o de todos os que acudiron para velo nas rúas”.

Gran impacto

O desfile conxunto rondallas de Mos e O Porriño respondeu á expectación suscitada xa que acreditan, sobre todo, os datos de audiencia nas redes sociais.

Aínda que a presenza de espectadores foi numerosa, as cifras de audiencia a través das redes sociais do Concello xa superan hoxe as 10.000 visualizacións. Miles de persoas seguiron o mesmo domingo, a emisión en streaming que se realizou e que se emitiu a través das canles de Facebook e YouTube do Concello.

A Catedral de Tui ilumínase coma lugar emblemático do Camiño de Santiago dentro da iniciativa Acende o Xacobeo

0

A fachada norte da Catedral de Tui permanece ao longo destas festas de Nadal, ata este xoves 6 de xaneiro, iluminada co logotipo da celebración do Xacobeo 2021-2022, nunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia de iluminación dos lugares máis emblemáticos dos Camiños de Santiago en Galicia.

Co gallo do comezo do segundo Ano Santo e recollendo o éxito da iniciativa Acende o Xacobeo coa que a Xunta dáballe a benvida á celebración deste Xacobeo excepcional desenvólvese unha nova edición desta proposta, que permitirá iluminar medio cento de edificios significativos de toda Galicia distribuídos polos dez itinerarios xacobeos.

A iluminación na comunidade galega está a ter lugar durante as fins de semana entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro, tempo durante o que se iluminarán coa frecha amarela e o logo do Xacobeo 21-22 un total de 52 edificios das catro provincias, para lembrar que o Xacobeo continua no vindeiro ano 2022.

O ano pasado a iniciativa permitiu iluminar máis dun cento de puntos por todo o mundo para darlle a benvida á celebración do Xacobeo, iluminándose emprazamentos en cidades como Londres, Dublín ou Torn, en Polonia.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradece esta iniciativa que pon en valor á cidade de Tui e o seu monumento máis emblemático, a Catedral de Santa María, como lugar referencial ao ser a porta de entrada dos camiños xacobeos portugueses en Galicia e a única catedral existente no Camiño Portugués, ata a súa chegada á meta en Santiago de Compostela.

Concurso fotográfico

Do mesmo xeito en que se fixo o ano pasado, a segunda edición do Acende o Xacobeo tamén ten o seu concurso fotográfico. Está aberto nas redes sociais un concurso fotográfico para animar ao público xeral a compartir esta iniciativa.

Os participantes só teñen que publicar unha fotografía na que se vexa persoas xunto a un dos monumentos iluminados baixo os hashtags #AcendeOXacobeo ou #EnciendeElXacobeo e etiquetando as redes sociais do Camiño de Santiago. As fotografías poderán publicarse nas redes sociais de Facebook, Twitter ou Instagram do Camiño de Santiago (@camino_xacobeo).

O concurso está aberto ata o remate da iluminación e as tres mellores fotografías recibirán un premio consistente nunha estadía para dúas persoas nun fin de semana nun hotel-balneario de Galicia en réxime de pensión completa.

A Xunta vacinará a menores de entre sete e nove anos

A Xunta de Galicia comezará hoxe martes, 4 de xaneiro, a administrar un total de 36.271 doses contra a Covid-19,  á poboación con idades comprendidas entre os sete e os nove anos.

Tras recibir unha nova partida de vacinas por parte do Ministerio de Sanidade, os servizos sanitarios da Xunta de Galicia continuarán co proceso de vacinación pediátrica durante as xornadas do martes e do mércores da presente semana. Con esta remesa de vacinas, alcanzarase ás persoas nadas até mediados do ano 2014, variando o derradeiro mes de citación, segundo as diferentes áreas sanitarias.

Dun xeito desagradado, na área sanitaria da Coruña e Cee vacinarase a 7.920 persoas pertencentes a esa franxa de idade; 2.159 na de Ferrol; 3.960 na área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 3.512 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 4.320 na área de Pontevedra e O Salnés, 6.120 na de Santiago de Compostela e A Barbanza e, finalmente, 8.280 na área sanitaria de Vigo.

Sanidade continuará a citar as persoas en idade pediátrica durante os vindeiros días, de acordo á chegada de vacinas prevista. Ademais, continuará a convocar a aqueles menores que, por diferentes motivos, non poideran acudir a cita concertada inicialmente.

Malvela grava novo disco en Torroso

0

O emblemático grupo mosense, Malvela, do que forma parte a cantante Uxía, realizou en dúas xornadas, a gravación do seu novo disco que está previsto sala á luz a vindeira primavera. A gravación realizouse nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso que alberga a Escola Municipal e Conservatorio Profesional de Música de Mos.

As Malvela recibiron, mentres gravaban en Torroso, a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Política Social e Igualdade, Participación Cidadá, e Cultura e Turismo, Sara Cebreiro.

As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, déronlles ánimos nesta nova andadura musical e felicitáronas pola súa extensa e exitosa carreira e por ser “auténticos exemplos de mulleres rurais empoderadas, artistas e profesionais dun sector, o musical, aínda con predominancia masculina”.

O grupo musical Malvela é un dos principais emblemas culturais do Concello de Mos, promotor da tradición galega e mosense, e da identidade cultural e musical senlleira.

Ao tempo que visitaban ás integrantes da agrupación musical, rexedora local e edil de Cultura aproveitaron para felicitarlles as festas do Nadal e desexarlles un bo Fin de Ano e próspero Aninovo; e declararon que “é unha honra e un verdadeiro orgullo poder rematar o ano 2021 compartindo un rato co grupo mosense máis emblemático e facelo ademáis anunciando a boísima nova do novo disco que poderemos escoitar en poucos meses e que, de seguro, fará as delicias dos amantes da nosa música tradicional”.

Redondela lembra ao PP que os terreos para a escola infantil de Chapela “están a disposición da Xunta dende o 16 de marzo”

0

O Goberno do Concello de Redondela amosou hoxe a súa sorpresa polas manifestacións formuladas polo Partido Popular local nas que “demanda que se poñan a disposición da Xunta tanto os terreos necesarios como o proxecto para a nova escola infantil de Chapela”.

A alcaldesa Digna Rivas lémbralle aos populares que, o 16 de marzo do 2021, a Xunta aprobou definitivamente a modificación puntual das Normas Subsidiarias enviada polo Concello de Redondela –logo da súa publicación no DOG, BOPPO e a inscrición no Rexistro de Planeamento de Galicia– “para cambiar o uso dos terreos a fin de permitir a instalación da Escola Infantil”.

É dicir, que o Concello de Redondela, dende marzo deste ano, cumpriu cos trámites administrativos necesarios para que os terreos cumpran as condicións urbanísticas que permitan a construción desta infraestrutura educativa que o Goberno socialista redondelán considera “imprescindible e innegociable”.

“Agora estamos á espera que de que Xunta de Galicia envíe o borrador do convenio no que se fixen os compromisos de ámbalas dúas administracións”, afirma a rexedora local quen lembra que “asemella que, cando o Concello cumpre coas súas obrigas e a Xunta non, o PP local ‘activase’ para derivar responsabilidade e desviar a atención sobre os incumprimentos do seu propio partido en Santiago” amais de sufrir, asegura Rivas, “lapsus de memoria á hora de explicar porqué o seu partido rexeitou unha proposta no Parlamento Galego para destinar nos Orzamentos unha partida de 500.000 euros para esta obra”.

Para a alcaldesa redondelá, non deixa de ser curioso e sospeitoso, a partes iguais, “que o principal impedimento para elaboración dun convenio de colaboración fora o cambio de uso dos terreos a través dunha modificación puntual das Normas Subsidiarias” impedimento, engade, que non debía existir cando “gobernando o PP en Redondela, Xunta e Concello pretendían asinar un protocolo express, para que no ano 2019 poidan iniciarse as obras de construción da escola infantil,todo iso, sen proxecto” todo iso en vésperas dunhas eleccións municipais “sen existir daquela nin o proxecto que agora esixen, nin a Modificación Puntual das Normas Subidiarias que permitiran a instalación desta escola infantil nos terreos elixidos”.

Digna Rivas insistiu en que a escola infantil de Chapela “é unha necesidade urxente para as nais e pais dos nenos e nenas da parroquia” e lamenta que o Partido Popular elixa sempre estar a carón dos seus intereses partidistas “en lugar de urxir aos seus compañeiros e compañeira en Santiago que cumpran os seus compromisos unha vez que o Concello cumpriu cos seus realizando os trámites administrativos solicitados”.

En todo caso a pasividad e a postura do PP local “non é sorpresa algunha xa que é o seu xeito habitual de actuar” afirma Digna Rivas ao mesmo tempo que lembra “que o mesmo aconteceu coas obras da Avenida Mendiño na que todo foron urxencias, esixencias e presas ata que caeron na conta que o Concello tiña cumpridos todos os trámites precisos á espera da resposta da Xunta, momento en que optaron por deixalo estar”.

No caso da Avenida Mendiño o Goberno socialista redondelán lembra que se cumpre agora un ano e dous meses –en novembro do 2020– dende que o Concello de Redondela emitiu a retención de crédito solicitada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), “imprescindible, segundo a Xunta, para a realización do convenio de colaboración” sen que haxa noticia algunha dun convenio que “nin está nin se lle espera pese ás reiteradas e constantes solicitudes realizadas dende o Concello”.

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra remata o ano con máis de 400 visitas guiadas

O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca, no municipio de Salvaterra de Miño, está sendo todo un referente cultural sobre a vitivinicultura en España, como así o avala o número de visitantes recibidos dende a súa apertura en febreiro do 2019.

Neste 2021 rexistra un claro aumento no número de visitas con respecto ó ano anterior, grazas o respiro que neste verán e outono nos deu a evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, dando como resultado máis de 400 itinerarios guiados.

O visitante destaca o bo estado de conservación das instalacións, os vangardistas recursos museísticos, a calidade dos viños do Condado do Tea e o trato persoal e individualizado recibido durante as visitas guiadas. Como consecuencia desta axeitada e profesional xestión, o Museo da Ciencia do Viño, consegue por segundo ano consecutivo a distinción Q de Calidade Turística que premia o bo facer en todos os niveis de interacción entre a entidade administrativa e o visitante.

O turismo enolóxico estase convertendo en Galicia nun dos principais reclamos turísticos da comunidade xa que outorga unha experiencia orixinal ao englobar infinidade de actividades complementarias arredor do mundo do viño: é o caso da gastronomía, da cultura, do patrimonio ou da tradición,  capaces de xerar redes invisibles de valor engadido.

Así, o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea aposta de maneira inquebrantable pola excelencia valéndose da historia e da súa tradición. Un museo cen por cen didáctico, experiencial e interactivo que procura por en valor a marca propia “Condado do Tea” así como promocionar un territorio unido baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Por outra banda, camiña co obxecto de potenciar a riqueza existente da zona vinícola na que está asentado e formar un destino turístico co selo distintivo: Salvaterra de Miño.

Paralelamente, ao longo dos vindeiros meses iranse presentando novas actividades e programas vencellados a este dinamizador complexo enoturístico: o Museo da Ciencia do Viño.

O Concello ofrecerá unha cabalgata de Reis con recepcións de Nigrán, A Ramallosa e Panxón

0

O Concello de Nigrán ofrecerá este ano unha cabalgata de Reis con tres recepcións en Nigrán, A Ramallosa e Panxón co obxectivo de evitar as habituais concentracións no tramo final. O obxectivo é disgregar ao público e ofrecer unha Cabalgata segura que non prive aos máis pequenos da maxia desta noite. Ante a posibilidade de choiva, pode haber pequenos cambios de última hora que se comunicarían a través da web www.nigran.es.  A comitiva e as súas carrozas, formada por máis de 80 paxes e axudantes,  conformarán unha verdadeira ‘fantasía de Oriente’ deseñada íntegramente por Sarao Animación.

Deste xeito, as Súas Maxestades estarán presentes na Praza do Concello de Nigrán ás 17:00 horas para saír ás 17:30 horas cara a rúa Telleira por Rosalía de Castro. A continuación, a comitiva retomarase na Ramallosa (Rúa Valle Inclán) para percorrer a rúa Cabreira, Romana Alta e Damas Apostólicas, onde pararán no Parque da Feira sobre as 18:30 horas durante outra media hora para que os nenos os poidan ver de preto, seguidamente continuarán por Romana Baixa e Manuel Lemos. Finalmente, a comitiva reaparecerá en Panxón (antes do espazo deportivo de Gaifar) sobre as 20:00 horas para realizar a última Recepción Real no exterior do Pavillón.

As Súas Maxestades estará acompañados por un séquito de máis de 80 paxes do Club Baloncesto Nigrán, Club de Patinaxe Nigrán, Discamino coas súas bicis adaptadas e Hípica Abraín cos seus xinetes a cabalo. Ademais, a Rondalla de Parada se sumará na Ramallosa.  Todos eles forman cadanseu grupo burbulla e repartirán máis de media tonelada de caramelos e gominolas sen glute coa novidade de que non serán lanzados ao aire para evitar concentracións.

A Xunta financiará a segunda fase da prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras en Mos

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuníase recentemente en Santiago de Compostela co Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, para tratar diversos temas de interese para o municipio mosense, entre os que se atopaba a segunda campaña arqueolóxica no Castro de Pereiras.

Nesta xuntanza o Conselleiro avanzoulle á rexedora local que a segunda fase da prospección contará con financiación autonómica, tras ser custeada a primeira pola Comunidade de Montes de Pereiras, de quen partiu a iniciativa de coñecer e estudar en profundidade o xacemento.

Esta nova proposta de escavación e consolidación no Castro de Pereiras daralle continuidade a primeira fase promovida pola Comunidade de Montes en Man Común de Pereiras, propietaria de parte dos terreos onde se sitúa o xacemento denominado ‘Castro de Pereiras’. Esta Comunidade de Montes mostrou, dende o ano 2019, o seu interese por coñecer e divulgar dito xacemento arqueolóxico.

En setembro de 2021 foi posible unha primeira campaña de escavación arqueolóxica dirixida a identificar restos arquitectónicos relacionados coa existencia do xacemento prehistórico. Campaña arqueolóxica que pode ser considerada como un grande éxito. Non só pola exhumación de varias estruturas relacionadas con dito Castro prehistórico, senón polo interese xerado, non só na Parroquia de Pereiras, senón en todo o Concello de Mos.

Como parte do proxecto, realizáronse varias actividades de divulgación dos resultados dos traballos e realizáronse visitas guiadas a máis de 350 persoas.

A realización dunha segunda campaña arqueolóxica implicará a exhumación completa dunha das cabanas circulares localizadas na campaña do ano 2021. Esta exhumación estaría complementada coa súa posterior consolidación. Isto permitiría que dita cabana fora visitable, sendo outro recursos turístico dispoñible, tanto para a parroquia de Pereiras como para o Concello de Mos. A consolidación da vivenda castrexa e escavación de sondaxes por un arqueólogo director, un adxunto de dirección, un restaurador e tres auxiliares conta cun orzamento de 18.071,35 €.

Tamén resulta de interese continuar escavando outros sectores do Castro de Pereiras. Isto permitiría ampliar os datos relativos ao urbanismo, extensión e complexidade de dito xacemento.

Primeira fase

Na primeira fase da escavación e prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras fíxose o descrubrimento deste xacemento da Idade de Ferro.

Grazas a esta excavación atopáronse un muro de unha edificación e 200 pezas de cerámica da Idade de Ferro.

Entre as 200 pezas atopadas hai un asa de ola e pezas de cerámica romana, fragmentos de terra sigilata, da que se dí que é unha das cerámicas máis caras e de prestixio da época; ademáis dun tipo de cerámica que se fabricaba desde o século I A.C. ata mediados do século 3, aproximadamente, de posible producción hispánica.

Este proxecto nace polo interese da veciñanza desta parroquia a dar resposta con documentación que abale a historia e a posta en valor do xacemento arqueolóxico.

O propio conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, puido comprobar o pasado 24 de setembro en persoa, nunha visita ao Castro, os grandes avances feitos grazas aos labores de escavación e prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras, onde, grazas ao encargo dunha investigación por parte da Comunidade de Montes de Pereiras, fíxose o descrubrimento do xacemento da Idade de Ferro. 

O Rosal estrea ano coa visita dunha unidade móbil de doazón de sangue o 5 de xaneiro

0

O Rosal estrea ano cunha nova visita dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro mércores 5 de xaneiro para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade. O autobús estará situado na Praza do Calvario e os rosaleiros poderán doar sangue de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

Para ADOS a máxima prioridade é a seguridade das persoas doantes e receptoras dos compoñentes sanguíneos, polo que continúa extremando os protocolos de prevención para garantir a continuidade dun servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos. Por este motivo, todas as persoas que desexen doar sangue poderán pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828 para garantir unha afluencia gradual e ordenada dos e das doantes. Ademais, entregaranse máscaras ás persoas doantes e o persoal vai dotado dos equipos de protección correspondentes.

Aínda que o persoal da unidade móbil fai unha revisión a todas as persoas que se achegan a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, recoméndase non acudir se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Poderán doar as persoas con máis de 18 anos e máis de 50 kg e deberán ir despois de almorzar se acoden pola mañá ou dúas horas despois de xantar ao mediodía se acoden pola tarde. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.

Cada día ADOS despraza 10 unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais galegos na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender as necesidades diarias. Os hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancros, leucemia, transplantes de órganos…

A Deputación reparte subvencións para executar proxectos de rehabilitación na provincia

O departamento de Patrimonio da Deputación vén de aprobar o reparto de 376.824,55 euros en axudas para proxectos de rehabilitación do patrimonio histórico cultural en toda a provincia. En total financiaranse 47 actuacións de posta en valor da riqueza patrimonial en concellos de todas as comarcas mediante a súa recuperación e mellora.

Segundo explica a deputada de Patrimonio María Ortega, a partida inicialmente destinada ás subvencións ascendía a 300.000 euros, mais incrementouse en case 77.000 euros co fin de financiar a maioría das actuacións na súa totalidade. De feito, todos os concellos reciben a cantidade económica solicitada salvo tres, Meis, Gondomar e Redondela, que reciben cifras moi superiores á media, por enriba dos 21.000 euros.

Ortega lembra que desde o ano 2016 a Deputación de Pontevedra conta estas liñas de subvencións que pretenden a restauración de bens inmobles de titularidade municipal que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, artístico, paleontolóxico, arqueolóxico ou etnográfico, ademais dos conxuntos urbanos, sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico; a adquisición de bens inmobles integrantes do patrimonio histórico da provincia de Pontevedra e a instalación de paneis informativos no patrimonio histórico e cultural dos bens inmobles de interese municipal, os conxuntos urbanos, as parroquias, os xacementos e as zonas arqueolóxicas, ademais dos sitios naturais, os xardíns e os parques que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, antropolóxico, artístico ou etnográfico dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra. De feito, entre as subvencións deste ano encóntranse cuestións tan diversas como contornas arqueolóxicas, petos e cruceiros, lavadoiros, paneis informativos ata a reposición de tapizados en algunha casa consistorial.

A comarca de Vigo recibirá 57.217,25 euros para seis concellos: Fornelos de Montes 3.953,61 euros (100%) para recuperación de fonte tradicional; Mos, 8.591,42 euros para a sinalización do patrimonio histórico cultural; Pazos de Borbén, 3.010,48 euros (100%) para a sinalización do patrimonio eclesiástico da vila; O Porriño, 10.296,17 euros (100%) para a restauración e posta en valor do lavadoiro de Regadas; Redondela, 28.449,47 euros (98,15%) para a actuación na fonte Raíña e conservación do peto de ánimas e cruceiro en Cedeira; e Soutomaior, 2.916,10 euros (100%) para a sinalización da ponte medieval de Comboa (Ponte Vella).

Patrimonio Histórico Cultural, A Guarda
Patrimonio Histórico Cultural, Gondomar
Patrimonio Histórico Cultural, Ponteareas

O Condado-Paradanta reúne oito actuacións subvencionadas por valor de 43.597,54 euros: Arbo destinará os fondos ao proxecto de obras de rehabilitación do casco histórico, 3.017,18 euros (67,21%); A Cañiza, 4.608,60 euros (100%) para a conservación do peto de ánimas de Vilariño en Santiado de Parada; Covelo, 12.421,86 euros (100) para a intervención arqueolóxica no recinto do Castelo do Faro; Crecente, 3.000 euros (100%) para a sinalización do patrimonio histórico cultural; Mondariz, 3.590,95 euros (100%) para a sinalización interpretativa da parroquia de Sabaxáns e da igrexa de Mouriscados; As Neves, 3.242,80 euros (100%) para a sinalización do patrimonio do municipio; Ponteareas, 9.623,15 euros (89,26%) para a rehabilitación do peitoril de Ponte Maceira; e Salvaterra de Miño, 4.093 euros (100%) para a limpeza e instalación de empedrado de lastros no cruceiro das Arras.

A comarca do Val Miñor fai pleno de subvencións para todos os seus concellos e recibirá do departamento de Patrimonio provincial 45.881,48 euros: Baiona 6.097,89 (83,58%) para a rehabilitación do lavadoiro de Riveira; Gondomar 26.207,58 euros (41,11%) para a conservación e mantemento no eido da casa Peralba; Nigrán, 10.381 euros (100%) para a limpeza, roza e sinalización da contorna dos muíños de Rodas; e Oia, 3.195,01 euros (100%) para a sinalización da contorna natural do pozo do Arco e Pozas de Lourezá.

O Baixo Miño recibirá, pola súa banda, 47.205,08 euros que se investirán en cinco actuacións de mellora: A Guarda recibe 5.286,63 euros (64,32%) para a recuperación da fonte lavadoiro da Silveira; O Rosal, 4.767,40 euros (100%) para a mellora e redescubrimento do castro da Bandeira e os seus arredores; Salceda de Caselas, 5.445 euros (100%) para a restauración e posta en valor do peto das ánimas da Bugarina; Tomiño, 20.392,55 euros (100%) para a rehabilitación do lavadoiro Fonte do Ramo; e Tui 11.313,50 euros (100%) para a sinalización do patrimonio cultural da vila.

A comarca de Pontevedra recibe axudas para catro dos seus municipios por valor total de 20.166,06 euros: Barro 8.276,40 euros (100%) para o remate de carpintería no pazo de San Antoniño; Campo Lameiro 2.965,44 euros (88,44%) para a restauración e posta en valor dos restos do baldaquino de San Isidro de Montes; Cerdedo-Cotobade 3.916,77 euros (100%) para a restauración do cruceiro dos Barreiros; e Ponte Caldelas, 5.007,45 euros (100%) para a segunda fase da ruta interpretativa da arquitectura indiana.

Na comarca de Caldas os fondos para proxectos de mellora do patrimonio chegarán a catro concellos, cun valor que chega aos case 21.000 euros (20.993,5€): Caldas de Reis 4.041,40 (100%) para a restauración do límite urbano da praza entre as rúas Real e da Igrexa; Catoira, 5.989,50 euros (100%) para a sinalización e posta en valor dos petróglifos de Pedras Minas; Moraña, 8.107 euros (100%) para a elaboración e instalación de paneis informativos do patrimonio histórico cultural do municipio; e Portas, 2.855,60 euros (100%) para a sinalización do patrimonio xeral no municipio.

A comarca do Salnés ingresará 54.694,33 euros: Cambados, para a restauración da fonte da praza de Alfredo Brañas 9.854,23 euros (100%); Meis, 21.902,55 (61,42%) para a recuperación, posta en valor e socialización do petróglifo de Outeiro do Cribo; Ribadumia, 3.300,68 euros (52,82%) para a mellora da contorna da fonte e lavadoiro do Corvo; Vilagarcía, 13.982,24 euros (100%) para a reposición de tapizados no salón nobre da Casa Consistorial; e Vilanova de Arousa, 5.654,63 euros (100%) para o proxecto de escavación arqueolóxica no sector sur do castro e mosteiro de Cálogo.

A comarca do Morrazo mellorará cinco proxectos grazas á axuda provincial que ascende a 46.527,96 euros: Cangas 9.078,46 euros (50,39%) para a sinalización do casco histórico, Marín 14.967,70 euros (100%) para a restauración dos portais de acceso ao mercado de abastos; Moaña, 17.484,50 euros (100%) para a recuperación e restauración da muralla da torre de Meira; e Vilaboa, 4.997,30 euros (100%) para a sinalización e conservación das mámoas do lago de Castiñeiras.

A comarca do Deza-Tabeirós ingresará 33.629,68 euros para cinco proxectos: Agolada, 3.272,69 euros para a sinalización da ponte dos Cabalos (100% do orzamento); Cuntis 3.408,10 euros (100%) para a sinalización da senda fluvial dos ríos Gallo e Umia; Forcarei, 3.468,42 euros (92,17%) para a conservación ambiental e paisaxística do castro de Garellas; Lalín, 17.787 euros (100%) para a mellora da capela de Santo Adrao; Silleda, 5.469,20 euros (100%) para a mellora da contorna da fonte da Virxe xunto á Capela de San Brais en Chapa;  e Vila de Cruces, 3.692,69 euros (99,99%) para a sinalización do patrimonio histórico cultural do municipio.

Os populares de Salceda doaron dúcias de quilos en alimentos

Un ano máis, o grupo Popular no Concello de Salceda de Caselas, que forman Joaquín Núñez, Ana Cristina Pérez, Primitivo González, Ángela Valcárcel, Noelia Pérez e o seu voceiro, Santiago Rodríguez Davila, veñen de anunciar a doación de alimentos posto que indican que “a solidaridade non so se demostra en frases, slogáns ou titulares, hai que practicala e demostrala con probas fehacientes e palpables”.

Este ano doaron dúcias de quilos de alimentos, destinados ao Banco de Alimentos Municipal, así como 300 € que serán entregados o Hospital Sant Joan De Déu, (a través da familia salcedense que ten na mesma unha nena – Sofía – que ten esta enfermidade chamada rara).

Dende o Partido Popular indican que “sentímonos orgullosos e solidarios ao compartir e cumplir o que anunciamos fai máis dun ano, e que a día de hoxe, dada a situación vixente da pandemia, segue en vigor, que é doar o que é noso a causas solidarias coa socidade salcedense”.

“Dendo o Grupo Popular, desexamos que esta pequena mostra de solidaridade, axude a que familias, pequenos e maiores, poidan pasar un mellor inicio de ano e que este “regalo de Reis” chegue os fogares máis necesitados do noso municipio”

“Queremos transmitir aos nosos veciños, que os seis concelleiros populares sempre estaremos o carón das necesidades, dos problemas, das metas e obxetivos que como pobo, familias e persoas a título individual, temos e teñen para o ano 2022 e seguintes. Salceda é Moito! Salceda é Todo!”, remataban os populares.

Os Reis Magos farán un percorrido este mércores polas principais rúas e barrios da Guarda

0

O Concello da Guarda da a benvida ao 2022 con actividades para todas as idades, contando con animación de circo, carteiros do nadal e a visita dos Reis Magos.

Na xornada do martes día 4 de xaneiro a Alameda da Guarda será o escenario para Circo Rasnovarak, de Troula Animación, un circo itinerante, un pouco delirante…, onde a única condición é… pasalo en grande!

Neste espectáculo de animación Nika chega puntual, coma sempre, ó punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do… “Gran Circo Krasnovarak!”, pero… que acontece?, non hai carpa!, pero é que tampouco está Pepo o pallaso, nin os irmáns trapecistas…. NON HAI NINGUÉN!,

Ao intre aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta… que temos un problema maior!, os animais do circo…andan perdidos pola cidade!!

Haberá que saír a buscalos!

Coa axuda de todos os nenos, Nika e Igor saen en busca dos seus animais: O Rino Chino, A Elefanta Samanta, a Xirafa Xosefa e o León Antón!

Comeza entón unha divertida tarefa onde irán aparecendo estes simpáticos animais: música, animación, interacción co público, carreiras, tolemias, xincanas, bailes…, unha aventura para pasalo en grande toda a famila!

Na xornada do mércores día 5 de xaneiro os Reis Magos visitan A Guarda, sendo recibidos polo alcalde ás 17:30h na Praza do Reló, dende onde sairá a comitiva real para visitar as principais rúas e barrios da vila.

No seu percorrido visitarán o Castro, a Proba, Pintán, A Gándara, Saa, Camposancos, O Porto da Guarda, rematando a súa visita á Guarda na Alameda da Guarda.

Debido ao protocolo COVID-19 os Reis Magos non realizarán paradas, evitando así aglomeracións.

Dende o Concello da Guarda pídese á poboación que evite espazos de gran afluencia e que se cumpran coas medidas sanitarias.

Entre o 3 e o 5 de xaneiro os Carteiros do Nadal estarán por diferentes espazos e rúas da Guarda recollendo as cartas dos nenos e nenas, en horario de 17:00h a 20:00h os días 3 e 4 de xaneiro e en horario de 11:30h a 14:30h o 5 de xaneiro.

AXENDA DE NADAL

Do 3 ao 5 de xaneiro

  • CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda
  • Horario: 3 e 4 de 17:00 h a 20:00 h e o 5, de 11:30 h a 14:30 h

Martes 4 de xaneiro

  • 17:30h Alameda: CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación
  • Espectáculo de rúa con animais xigantes

Mércores 5 de xaneiro

A provincia de Pontevedra imaxe do novo selo de Correos da serie “12 meses. 12 selos”

A Deputación de Pontevedra vén de coñecer que a Dirección de Filatelia da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos resolveu que ao longo do 2022 vai emitir e poñer en circulación un selo de correo conmemorativo da provincia correspondente á serie “12 meses. 12 selos”.  Deste xeito a provincia será protagonista no 2023 desta iniciativa de Correos a través dunha imaxe do claustro da Catedral de Tui que servirá para espallar por boa parte da xeografía estatal o seu patrimonio cultural, artístico e monumental.

“Trátase dunha moi boa nova –remarcou a presidenta provincial Carmela Silva- xa que a Comisión Filatélica do Estado recibe anualmente numerosas peticións para incluír a diferentes destinos turísticos na serie “12 meses. 12 selos” pero debido ao limitado número de efectos postais que se emiten non todos poden formar parte da iniciativa”. Deste xeito, a partir deste luns, 3 de xaneiro, o selo da catedral de Tui, cun valor de 0,75 euros, acompañará ás cartas de ata 20 gramos que circulen na Península e Baleares e empregarase como único tipo de franqueo en todos os envíos que se admitan nas oficinas da provincia.

A imaxe do selo, que ten un tamaño de 35×24,5 mm, está conformada polo claustro da catedral de Tui sobre a que figuran as iniciais da provincia “PO”. A catedral de Santa María de Tui foi iniciada no século XII. De estilo románico na súa planta, muros exteriores e portada norte, conta cunha magnífica iconografía nos seus capiteis. Ao estilo gótico pertence a fachada principal, primeira deste estilo realizada na Península Ibérica. No seu interior destaca o retablo, o altar, así como o Museo Catedralicio ou o claustro, o único gótico conservado nas catedrais galegas e protagonista do selo de Correos.

Detido un veciño do Porriño por ameazar ao seu pai ancián cun coitelo

Axentes da Policía Local do Porriño procederon á detención de S.A.R., de 61 anos, veciño da localidade porriñesa, por ameazar cun coitelo ao seu pai ancián. Os feitos ocorreron na tarde do día de Noitevella.

Era o dono dun bar próximo á casa do pai, quen avisou aos axentes do que estaba a suceder, conseguindo ocultar ao home maior no seu establecemento, para que o seu fillo non o localizase e evitar así que atacase ao seu propio pai.

Por este motivo, procedeuse de inmediato ao desprazamento dunha patrulla da Policía Local, que conseguiu localizar e deter ao presunto autor dos feitos, que ten varios antecedentes policiais. Foi trasladado ao Hospital Alvaro Cunqueiro porque presentaba diversos cortes por autolesionarse cun coitelo en diversas partes do corpo.

Unha vez posto a disposición xudicial, o xuíz de garda ditou a súa posta en liberdade e decretou como medida cautelar unha orde de afastamento do fillo ao seu pai.

O pleno do Concello de Covelo aproba a declaración de Bens de Interese Cultural das chozas e o foxo do lobo da Serra do Suído

0

O Pleno do Concello de Covelo aproba, coa unanimidade de tódolos concelleiros do PP, BNG e PSOE, a proposta presentada polo grupo municipal do bloque. Laura Santiso, portavoz do grupo municipal nacionalista, pediu o apoio da corporación para conseguir da Xunta de Galicia a declaración de Bens de Interese Cultural (BIC), as chozas e o foxo do lobo que contan con peculiaridades construtivas, propias da terra.

O BNG quere poñer en valor este patrimonio, dignificar unha forma de vida desaparecida, a cal estaba baseada no ben común e no respecto dos ciclos naturais da terra. Tan necesarios hoxe en día, nos tempos que se están a vivir. Tendo en conta o valor comunitario destes bens patrimoniais, este proceso debe contar co beneplácito das Comunidades de Montes afectadas. Facelas participes deste proceso, e facendo unha solicitude de maneira colectiva de protección debe ser uns dos obxectivos desta iniciativa.

A pesar do apoio recibido a esta proposta, contando con tódolos votos favorables da corporación, dende o Concello non se fixo ningunha xestión para dar cumprimento a esta iniciativa, algo que di moito da desidia do goberno municipal, especialmente tendo en conta que foi presentada o 2 de Novembro do 2020.

Compre protexer este patrimonio herdado, diante da ameaza da posible instalación de novos parques eólicos na zona, que afectarían de xeito moi negativo á conservación deste valioso ben cultural e histórico.

Os populares de Tomiño cren que o goberno local abandonou ás parroquias nos orzamentos 2022

0

O Partido Popular de Tomiño votou en contra dos orzamentos de 2022 porque son un ano máis “un mero documento de funcionamento para o concello, continuísta e que non recolle as necesidades que teñen as parroquias, que seguen abandonadas polo goberno local”.

Para o voceiro do grupo municipal do PP, Esteban González, o máis chamativo é que o capítulo de investimentos reais que repercuten no beneficio dos veciños de Tomiño só representa o 4 % do orzamento. Mentres que, engade, o 87 % está destinado a persoal e gastos correntes, “destacando os 230 mil euros que destinan a soldos do goberno”. Inaceptable se temos en conta que a recaudación aumenta en 422 mil euros e o anexo de inversións só 65.000.

Ademais, cuestiona que o Goberno local apostase pola creación de dúas prazas na modificación da RPT, técnico de xestión e técnico de medio ambiente, “algo que a priori, como denunciabamos hai un ano, non resulta tan urxente, se temos en conta a situación da Policía Local de Tomiño, demostrando que a falta de policía local non é unha prioridade para este Goberno, que fai caso omiso ás denuncias e reclamacións para garantir a seguridade cidadá”.

Para González, o capítulo de investimentos deixa plasmado, unha vez máis, o abandonando das distintas parroquias. “Queda máis que demostrada. Dos 360.000 euros que reservan, gran parte vai destinado a gastos dos distintos departamentos e pagos de proxectos”. O mesmo ocorre co apoio ao comercio local, engade, para o que só se destinan  5000 euros “no momento que máis apoio precisan”. Para o voceiro popular, “deixan ben claro que non apostan polo pequeno comercio nin contan coa súa opinión, cando hai escasos cinco anos se lle destinaba 25.000 euros”.

No que respecta a servizos sociais, Esteban González entende que “é moi doado presumir do aumento no investimento en servizos sociais e na axuda do fogar, cando a Xunta de Galicia achega 488 mil euros para dependencia, 73.000 euros máis que o ano anterior”. E recorda que o goberno central segue destinando só o 24 %, cando ten a obriga de pagar o 50 %.

Para o popular, outro dato que reflicte “o retroceso e regresión” na que se atopa este Goberno é que tampouco é capaz de priorizar e ofrecer investimentos encamiñados a resolver “un dos graves problemas que teñen moitos fogares, que seguen sen saneamento”. Recorda que é unha competencia municipal para a que só destinan 30.000 euros, e que deixan ben claro que non pretenden solucionar os graves problemas de entrada masiva de augas brancas nos distintos colectores da rede de saneamento municipal, e que saturan a EDAR.

Por último, Esteban González, esixe ao goberno do BNG que priorice os investimentos do Plan Concellos no que realmente é urxente e que se descoñece en que van a investir a día de hoxe; recordando unha vez máis que “A decisión de onde investir o Plan Concellos é exclusivamente do goberno local, que nos últimos anos optou por elixir obras de foto cara a galería”.

Baiona achegará 36.000 euros ao ano para o transporte metropolitano da área de Vigo

0

O Concello de Baiona rubricou a renovación do convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de Vigo.

Desde o Concello de Baiona apostouse por rubricar este convenio para que os veciños da vila poidan seguir gozando dos descontos de viaxar no transporte público e que permite seguir abaratando o prezo do billete do bus ás persoas usuarias e con sistema de bonificacións que non penaliza o transbordo entre as diferentes zonas da área.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, sinala que se asumiu o convenio “por responsabilidade e para beneficio de todas as baionesas e baioneses, a pesar de que o transporte regular é unha competencia exclusiva da Xunta e non municipal”.

A adhesión ao convenio de transporte metropolitano supón a Baiona un un gasto anual de 36.002 euros. Baiona sitúase no cuarto municipio da área que máis cantidade de gasto soporta, ao pasar de 29.214 de entrega en 2015 aos 36.002 en 2022. O convenio está financiado ao 80% pola Xunta que achega 1,4 millóns de euros ao ano, e ao 20% polos concellos, con 283.000 euros. Ten como finalidade abaratar o prezo do billete aos usuarios e fomentar o transporte público.

O Concello de Baiona ratificou esta liña de colaboración polas melloras que supón para os veciños e veciñas de Baiona usuarias do servizo. Carlos Gómez indica que “queremos continuar coas accións de promoción do transporte público e fomentar unha mobilidade sostible, unha cuestión pola que desde o Concello de Baiona faise unha aposta clara.” “Ademais, pretendemos axudar ás persoas que utilizan o autobús non só no abaratamento do prezo do transporte, tamén coa simplificación dos prezos mediante unha tarifa zonal e despenalización do transbordo, contribuíndo á integración dos sistemas de transporte interurbano e urbano.”

Os Reis Magos visitarán o martes 5 de xaneiro todos os barrios do Rosal

0

Os Reis Magos volverán este ano a percorrer todos os barrios do Rosal. Unha comitiva cos tres Reis e un axudante que velará por garantir as medidas de seguridade comezarán o vindeiro martes 5 de xaneiro ás 11.00 horas unha visita que, con case 60 paradas en distintos puntos do concello, permitirá que todos os rosaleiros e rosaleiras que desexen coñecelos poidan facelo sen aglomeracións e cerca da casa.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que no Concello “volvemos invitar aos Reis Magos a este percorrido que tan ben funcionou o ano pasado”, e que “permite que os nenos e nenas desfruten da visita dun xeito cómodo e seguro”. A rexedora lembra que os Reis farán paradas de 10 minutos en cada punto, polo que “haberá tempo dabondo para coñecelos e recibir, quen sabe, algún agasallo”.

Para axilizar o percorrido e evitar aglomeracións o Concello organizou un total de catro itinerarios que parasarán por diferentes puntos de Marzán, A Cachada, A Fecha, Pacenteo, A Cumieira, A Telleira, Lagos, A Mata, Sandián, Pías, Tamuxe, O Morán, San Miguel, Tabagón, As Eiras, Fornelos, O Picón, Viso dos Eidos, Martín, Caselas, A Lomba, Couselo, Novás, A Rotea, Parada, Miranxe, San Xián, Portecelo, Urgal, Valdemiñotos, Couso e O Calvario. 

O Concello quere agradecer a colaboración das asociacións rosaleiras polo seu traballo e compromiso con esta actividade. “Eles e elas fan posible que os Reis Magos visiten O Rosal ben acompañados”, destaca a alcaldesa.

A Deputación fai unha achega para empoderar ás mulleres en Honduras, Bolivia e El Salvador

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión da nova liña de subvencións por valor de 40.118,36 euros a proxectos liderados por ONGD para a cooperación ao desenvolvemento. En concreto, mediante estas subvencións a asociación “Amigos da Terra”, a “Fundación Taller de Solidaridad” e “Solidariedade Internacional de Galicia” impulsarán iniciativas centradas no empoderamento das mulleres en Honduras, Bolivia e El Salvador.

As subvencións enmárcanse nesta primeira convocatoria, realizada ao longo deste ano 2021, e destinadas a ONGD que lideran proxectos de cooperación aliñados coa Axenda 2030 en países empobrecidos. Deste xeito, os recursos da institución provincial permitirán financiar o 100% da contía que solicitaron as tres organizacións non gubernamentais.

No caso de “Amigos da Terra” as axudas, que ascenden a 15.000 €, permitirán impulsar o proxecto “Mellora do exercicio dos dereitos das mulleres rurais cunha vida saudable e libre de violencias e co empoderamento económico en comunidades de El Corpus (Honduras)”.

Pola súa banda  a “Fundación Taller de Solidaridad” recibirá 10.118,36 € para promover unha iniciativa de “Fortalecemento do empoderamento de mulleres indíxenas migrantes na súa vida familiar e social, desde o enfoque de xénero no desenvolvemento, en tres barrios de Ushpa Ushpa en Cochabamba (Bolivia)”.

Finalmente,  “Solidariedade Internacional de Galicia” beneficiarase dunha subvención de 15.000 € para o lanzar o proxecto “Impulsando medios de vida resilientes para as mulleres en El Salvador”.

Redondela aproba o pagamento de axudas a un cento de empresas e persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da Covid

0

Un total de 100 empresas e persoas traballadoras autónomas recibirán nos vindeiros días o pagamento das axudas que o Concello de Redondela, en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos, destina a paliar a diminución ou paralización de actividade que a crise sanitaria provocou a traballadores autónomos, microempresas e pequenas empresas con domicilio fiscal e local comercial no termo municipal de Redondela.

Das cen empresas beneficiarias destas axudas –as terceiras que o Concello de Redondela concede dende o inicio da pandemia–, un total de 98 recibirán a cantidade fixa de 851,77 € mentres que as dúas restantes recibirán a cantidade que xustificaron á hora de presentar as súas solicitudes.

As poucas solicitudes rexeitadas correspondían a empresas que, ou ben non tiñan o domicilio fiscal en Redondela –condición estipulada nas bases– ou incluíanse noutros supostos como ter débedas coa facenda municipal, non estar exentas no IAE 2021 ou non figurar no censo de actividades económicas da AEAT no exercicio do 2021 e non ter local afecto á actividade.

A concelleira de Comercio María Castro, resaltou a importancia de “seguir adoptando medidas que minimicen o impacto económico provocado pola Covid-19 e que contribúen a preservar o tecido económico redondelán”.

A nova liña de subvencións, engade a alcaldesa Digna Rivas, “non deixa de ser un xeito de protexer os intereses xerais da veciñanza de Redondela ao dar soporte ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e pequenas empresas”.

A rexedora redondelá salientou “a implicación da Deputación” e expresou o seu agradecemento “pola sensibilidade que sempre amosou con este municipio”.

Cómpre lembrar que en decembro do 2020, nunha primeira convocatoria, concedíanse un total de 72 axudas por importe superior a 42.000 euros e tan só un mes despois, en xaneiro do 2021, outorgábanse outras 32 subvencións, esta vez dirixidas especificamente ao sector da hostalaría, por máis de 9.600 euros. Para esta terceira convocatoria de axudas, o Concello destina preto de 85.000 euros.

Mondariz estuda organizar unha cabalgata de Reis estática

0

O Concello de Mondariz, a raíz das medidas de restrición anunciadas esta semana pola Xunta de Galicia, está estudando introducir cambios na tradicional cabalgata de Reis programada para a tarde do 5 de xaneiro, que inicialmente ía ser móbil e complementada con inchables no polideportivo municipal a partir das 17:00 horas. “Nestes días decidiremos se manter a cabalgata de Reis nun formato estático, como recomendou a Xunta, ou suspender a actividade. O ano pasado xa tivemos que suspender a cabalgata de Reis por mor da pandemia e este ano confiabamos en poder celebrala, mais a seguridade é o primeiro”, comenta o alcalde da localidade, Xosé Emilio Barros.

Con todo, as outras actividades socioculturais que integran a programación de Nadal deste ano mantivéronse porque xa foron deseñadas para respectar o distanciamento social recomendado no contexto de pandemia e permiten un maior control das cabidas.

O xoves, 30 de decembro, a Praza de Abastos de Mondariz converteuse nun espazo de xogo e animación infantil entre as 17:00 e as 20:00 horas, da mán de Animar-T. Ás 17:30 horas, así mesmo, produciuse a visita do apalpador, unha actividade incluída no programa “Nadal en Galego” da Deputación de Pontevedra.

Unha vez despedido o ano, hoxe 2 de xaneiro, primeiro domingo de 2022, continuarán as actividades socioculturais programadas co último día do mercado artesán de Nadal na Praza de Abastos (10:00-14:00 horas), a proxección do filme galego de animación “O bosque encantado. Sinte a súa maxia” no auditorio municipal (17:00 horas) e dous concertos simultáneos da Banda de Música Cultural de Mondariz nas parroquias de Gargamala e Meirol (18:30 horas). O seguinte domingo, 9 de xaneiro, a Banda completará a súa xira de concertos na entidade local menor de Queimadelos (18:30 horas).

O xoves, 23 de decembro, decenas de nenos e nenas disfrutaron do espectáculo de animación infantil “A bailar no Nadal”, que incluíu a visita de Papá Noel; e o domingo, 26 de decembro, proxectouse a película “Dora y la ciudad perdida” e se realizaron dous concertos simultáneos da Banda de Música Cultural de Mondariz nas parroquias de Riofrío e Toutón.

Tanto o cinema infantil como os concertos da Banda de Música Cultural de Mondariz por parroquias son actividades que se realizaron sen problemas o ano pasado e, á vista da boa recepción, incluíronse novamente na programación cultural de Nadal. Outra das actividades socioculturais que se mantivo foi o Campanadal, mais concebido como un servizo de conciliación laboral, familiar e persoal para as familias con nenos ou nenas de 3 a 12 anos que o precisasen durante as vacacións escolares desta tempada.

“Todas as actividades socioculturais programadas requiren que o público estea sentado ou permiten un distanciamento social mínimo. Somos prudentes e avaliamos a situación epidemiolóxica diariamente para tomar as decisións oportunas”, sinala o alcalde.

Mercado artesán de Nadal, a novidade deste ano

Complementando a programación cultural de Nadal, este ano púxose en marcha un mercado artesán na Praza de Abastos durante cinco domingos, desde o 5 de decembro de 2021 até hoxe, 2 de xaneiro de 2022.

“Soubemos de que varias persoas da contorna dedicadas profesionalmente á artesanía tiñan interese en dispoñer dun espazo de exhibición e comercialización dos seus produtos. Estas datas de Nadal, Aninovo e Reis eran oportunas para dinamizar as actividades da feira dominical con este espazo de artesanía”, comenta o alcalde de Mondariz.

Este domingo, 2 de xaneiro, foi o último día do mercado artesán de Nadal en Mondariz.

A Deputación reforza o liderado en calidade turística renovando o sistema SICTED

Imaxe de arquivo da aprobación do Plan de Turismo

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno a adxudicación dun novo contrato de servizos para a implantación e desenvolvemento do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) no destino Rías Baixas Pontevedra Provincia. Este novo contrato, que conta cun orzamento de 237.160 euros e unha duración de 27 meses, permitirá á institución provincial seguir avanzando na implantación, consolidación e ampliación dos establecementos adheridos ao sistema de calidade do Instituto para a Calidade Turística de España (ICTE).

O SICTED na provincia está aliñado co Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas 2021-2023, que marca entre os seus obxectivos a mellora da competitividade do destino e contempla accións encamiñadas a espallar o compromiso coa calidade en eidos como a sostibilidade e a dixitalización. Ao abeiro deste servizo impartirase formación convencional, como idiomas ou atención ás e aos clientes, e tamén se sensibilizará e formará ao sector turístico en busca dunha provincia sostible e con servizos e prestacións innovadoras.

O SICTED no destino Pontevedra Provincia

A Deputación de Pontevedra é unha das Administracións máis veteranas na xestión do SICTED en España. Comezou a súa andaina en 2015 e, dende entón, chegou a acadar o pasado ano en FITUR o galardón á/ao mellor técnico de xestión SICTED, que foi concedido a Elina González, unha das responsables de Turismo Rías Baixas. Ademais, o destino Pontevedra provincia Turismo Rías Baixas é o que conta con máis certificados de calidade de toda España.

Neste momento a Deputación traballa con 350 empresas de toda a provincia e de tódolos subsectores relacionados co turismo. Ao abeiro deste asesoramento provincial hai 302 empresas xa distinguidas co selo SICTED, das cales 6 poderán optar á Q de Calidade. Estas empresas recibirán ou renovarán a súa distinción polo traballo realizado durante este ano na Gala Provincial do Turismo, que se celebrará a finais de febreiro.

No 2021 a institución provincial ampliou o desenvolvemento do Plan de Formación dando un salto ao mundo dixital e facilitando así a conciliación dos negocios para acceder á formación. Ademais, a Deputación tamén deu asesoramento a empresas para a implantación do ciclo especial Covid-19 para o que o SICTED puxo en marcha o distintivo “Preparado Covid-19” que foi concedido a 37 empresas de diferentes oficios e concellos que se adaptaron ás boas prácticas de redución do risco de contaxios.

Nigrán recuperou a carreira San Silvestre Solidaria

0

O Concello de Nigrán recuperou a carreira San Silvestre Solidaria este venres 31 de decembro para despedir 2021 facendo deporte na rúa e con todas as medidas de seguridade COVID.

A proba deportiva, non competitiva, constou de 5 km saíndo ás 17:00 horas desde o Paseo de Panxón para chegar ao final de Lourido e regresar. Foron  120 atletas que donaron  máis de 300 kgs. de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Municipal.

“A aposta deste goberno polo deporte é total e absoluta e cremos que a mellor maneira de despedir o ano é precisamente facendo deporte, facéndoo en comunidade e coa máxima seguridade e divertíndonos para que sexamos quen de incorporalo aos hábitos dos máis pequenos”, indica Juan González, alcalde de Nigrán e quen iniciou no 2015 a celebración desta proba que forma parte ineludible xa do calendario deportivo nigranés con centos de participantes edición a edición.

Rematan as obras de rehabilitación da fonte e lavadoiro de Chans en Randufe

0

O Concello de Tui vén de rematar as obras de rehabilitación da fonte e lavadoiro de Chans, en Randufe, ao abeiro da Liña II das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio. Trátase dunha axuda da Xunta de Galicia publicada no DOG o 10 de setembro o abeiro da liña II : equipamentos de titularidade municipal que se sinalan a continuación: Fontes, lavadoiros públicos, palcos de música e hórreos. Cun prazo de pouco máis de tres meses, para tramitación, execución e xustificación (ata o 31/12/2021), cumprimentouse ese expediente, algo que o Concello de Tui quere agradecer publicamente ao persoal dos departamentos que interviñeron nesa tramitación.

As obras foron executadas de acordo ao proxecto presentado e avalado pola resolución de Patrimonio. Consistiron no selaxe de fugas de auga existentes no lavadoiro, demolición dos muros de ladrillo enfoscados con morteiro de cemento, ampliación dos muros laterais con pedras de granito sen desbastar, picado das xuntas de morteiro de cemento dos muros e rexuntado con morteiro tradicional a base de cal, execución de pavimento de laxas de granito, colocación dunha varanda de aceiro inox para protección no perímetro da represa, colocación dun emboquille de pedra na saída da auga da fonte, retirada da tubaxe de PE pegada ao muro lateral de pedra con morteiro de cemento e da pedra de inauguración con símbolo franquista.

Con esta obra mellórase o aspecto actual para poñer en valor o conxunto de fonte e lavadoiro, eliminando aqueles elementos realizados con posterioridade, e que non estaban en consonancia co conxunto. Ademais esta era unha vella demanda dos veciños de Randufe e en especial das lavandeiras que a día de hoxe realizan eses traballos neste lavadoiro e non podían desenvolvelo nesas condicións.

Por outra parte cabe lembrar, que esta convocatoria tiña unha liña I: edificios ou dependencias destinados á prestación dos servizos municipais na que o Concello de Tui tamén concorreu, pero non foi concedida xa que se esgotou o crédito o primeiro día.

A Xunta recibiu 9 ofertas de empresas para executar as obras na PO-403 en Ponteareas

A Xunta recibiu un total de 9 ofertas de empresas para executar as obras de mellora da seguridade viaria para actuar no treito de concentración de accidentes da estrada PO-403 ao seu paso polo concello de Ponteareas, licitadas por un importe de 576.892 euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé desenvolver esta actuación durante este mesmo ano, xa que ten un prazo de execución de oito meses.

O orzamento total destinado a este proxecto rolda os 650.000 euros, tendo en conta o pagamento das expropiacións dos 24 predios necesarios para executar a actuación. Os actos expropiatorios xa se levaron a cabo os pasados meses de xuño e de setembro.

Esta intervención enmárcase na estratexia da Xunta para a eliminación dos treitos de concentración de accidentes na rede viaria autonómica.

Os traballos comprenden un tramo de 1,6 quilómetros de lonxitude, desde o punto quilométrico 8+600, despois do enlace coa autovía das Rías Baixas, a A-52, e o final da travesía de Angoares, no punto quilométrico 10+200.

As intervencións consistirán na mellora e reordenación das interseccións con maior accidentalidade, mediante a execución de cuñas de desaceleración ou aceleración, que faciliten os movementos de saída e incorporación á estrada autonómica para evitar a probabilidade de alcance e incrementar a visibilidade.

Nas obras prevese a creación de puntos específicos para realizar os xiros á esquerda e cambios de sentido con suficiente visibilidade, o que permitirá reordenar outras interseccións próximas, limitando xiros que non se realizan actualmente en condicións de visibilidade.

Ademais mellorarase a seguridade nos pasos de peóns, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade, mediante a restrición do aparcadoiro nas súas proximidades ou a ampliación da beirarrúas no paso de peóns.

A intervención inclúe a mellora da intersección actual no punto quilométrico 8+860, coa creación dunha semiglorieta para un cambio de sentido e a execución dunha glorieta no punto 9+380 para calmar o tráfico e reordenar as saídas próximas.

Os traballos teñen en conta as achegas presentadas ao proxecto inicial e inclúen a ampliación das beirarrúas, desde o punto quilométrico 9+210 ata a nova glorieta no punto 9+380, para completar un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da estrada no treito obxecto da actuación. A intervención atende, ademais, a solicitude para mellorar a seguridade peonil coa protección do paso de peóns no punto quilométrico 9+160.

Tamén se actuará na intersección da PO-403, no punto quilométrico 9+920, mellorando a súa visibilidade coa execución de cuñas de cambio de velocidade e dun carril central.

O Museo encara 2022 co obxectivo de ter o proxecto para reformar Santa Clara

O Museo de Pontevedra vivirá no 2022 un dos anos chave na súa historia coa incorporación  e reforma de Santa Clara como parte das súas instalacións e coa rehabilitación dos edificios centrais no casco vello. Con ese obxectivo por diante, e mentres busca financiamento para que non ser a única administración que sostén a operación, a Deputación ten marcados dous prazos: que o proxecto de mellora do convento poida estar redactado a finais de ano e que as obras nos inmobles do centro histórico estean licitadas e listas para comezar a mediados deste exercicio.  

O vicepresidente Mosquera apunta eses serían os tempos óptimos nos que á institución provincial lle gustaría desenvolver as actuacións, mais recoñece que supoñen unha programación optimista sen incluír ningún tipo de contratempo nos moitos pasos burocráticos que deben producirse polo camiño.

O responsable político do Museo destaca que nestes momentos, logo da sinatura do protocolo co Concello de Pontevedra, a Deputación –como futura propietaria do convento- asumiu a xestión dos trámites e vén de poñer en marcha nestes días a adxudicación do contrato para realizar un completo estudo arqueolóxico, histórico e de paramentos que analice o tipo de construcións e reformas existentes no conxunto das clarisas, así como outras cuestións concretas como se hai máis enterramentos no terreo.

Con esa información na man abrirase contacto co departamento de Patrimonio da Xunta para ver as posibilidades de cambios e obras nas instalacións e confirmarase finalmente se o conxunto é óptimo para destinalo ao Museo de Pontevedra. A resposta a esa pregunta, que se prevé positiva, está aínda aberta entre outras cuestións por como solucionar as entradas e circulacións de público se hai que manter a fisonomía actual do convento e o seu peche.

Unha vez todas as cuestións sobre a viabilidade de Santa Clara para o Museo estean pechadas terase que decidir se se opta por un proxecto xeral de mellora ou se inclúe xa tamén a musealización final. Entón lanzarase o concurso para a redacción do proxecto de reforma co obxectivo de que estea redactado a finais deste 2022.

Edificios centrais e Valdecorvos

Ademais da incorporación de Santa Clara, outro dos proxectos ambiciosos do Museo é a rehabilitación dos seus edificios centrais. Nestes momentos estase dilatando a aprobación da modificación do Peprica que permitirá a conexión soterrada dos edificios pola falta de informes dos servizos de Costas e de Patrimonio, polo que é preciso agardar ata a súa recepción.

O proxecto para facer funcionais os edificios está listo, segundo explica Mosquera, e a intención é que a mediados de ano se poida licitar a obra, aínda que as datas definitivas quedarán novamente a expensas da burocracia.

Por outra banda, e debido aos últimos cambios con Santa Clara, a situación do proxecto de Valdecorvos para construír un edificio destinado a espazo arqueolóxico mantéñense en ‘stand by’. Segundo o propio vicepresidente Mosquera “non tería sentido” que de ser viable o edificio das clarisas para acoller tamén os achados arqueolóxicos da provincia se construíse outro inmoble que multiplicase os custos.

En relación ao financiamento, o nacionalista destaca que a consecución de fondos externos á Deputación para todos os proxectos será un obxectivo prioritario que se negociará de maneira paralela a todas as xestións e trámites administrativos. Segundo subliñou, está tomada a decisión de afrontar as melloras unicamente con fondos provinciais de ser preciso, pero salientou que “é de lóxica” a implicación da Xunta e do Estado.

«A nena lectora» de Manuel Rivas e «De cando o Suso foi Carteiro» de Xosé Neira Vilas, dúas ideas para a ‘carta aos Reis Magos’

É tradición neste Andel colocar algúns libros para nenos cando chegan as datas do Nadal e este ano, por aquilo de manter as nosas vellas teimas, traemos dúas obras que de seguro farán as delicias dos máis pequenos (e dos non tan pequenos, que nunca somos demasiado vellos para deixarnos enredar por unha obra ben escrita). Pertencen a dous autores que non dubidamos en considerar clásicos: Manolo Rivas e Xosé Neira Vilas, que é tanto como dicir dúas apostas sobre seguro. Teñámolos moi presentes á hora de redactar a nosa misiva aos Reis Magos.


Manuel Rivas, «A nena lectora»

«A nena lectora» é o segundo volume da colección «Pequena memoria», destinada a difundir entre os máis pequenos algúns retallos da nosa historia, polo que amais do seu valor literario habería que engadirlle a compoñente pedagóxica e divulgativa. Esta proposta de Manolo Rivas achéganos á cidade da Coruña nos derradeiros estertores do século XIX e albores do XX, cando se produciu na localidade un importante florecemento da cultura entre as clases máis desfavorecidas, do pensamento progresista e da solidariedade, coa proliferación de ateneos, bibliotecas de barrio e pequenas escolas.

No balbordo case revolucionario que se vivía naqueles tempos de loita pola dignidade obreira, sobresaíron, entre outras, as iniciativas das mulleres da Fábrica de Mistos e Tabacos. Na súa teima pola dignificación dos seus oficios e dos seus postos de traballo, chegaron a desenvolver ideas tan interesantes como a de contratar nenas que lles lesen os clásicos da literatura mentres elas desenvolvían as súas tarefas. Unha das «nenas lectoras» é a protagonista desta marabillosa narración de Rivas.

Nonó é unha rapaciña procedente dos arrabaldes da cidade vque soña con desenvolver tal cometido, aguilloada polas historias que lle relata a súa nai. Ávida lectora, ao seu carón viviremos o ambiente que se respiraba na Coruña de entreséculos acompañándoa por distintos lugares e situacións. A historia compleméntase coas fermosas ilustracións a páxina completa de Susana Suniagua que nos axudarán a mergullarnos no ambiente descrito.

«A nena lectora» é un deses libros que iluminan a infancia, que nos fan soñar e que nos axudan a descubrir que eses soños agochan un poder incalculable.

Manuel Rivas

A nena lectora

Ilustracións de Susana Suniaga

Xerais


Xosé Neira Vilas, «De cando o Suso foi carteiro»

De Neira Vilas pouco podemos engadir a todo o que se ten escrito sobre el. É un dos grandes patriarcas das nosas letras e a Editorial Galaxia tivo a feliz iniciativa de recuperar unha parte do seu traballo a través da Biblioteca Neira Vilas. O que hoxe traemos a este andel é unha reedición da novela para nenos «De cando o Suso foi carteiro», inicialmente publicada no ano 1988.

Seguindo a estela deixada polo celebérrimo Balbino nas «Memorias dun neno labrego», Neira Vilas volve a mergullarnos no mundo da infancia no rural galego que el coñeceu para narrarnos as aventuras de Suso. O seu pai acaba de recibir a encarga de responsabilizarse da estafeta da aldea e, como era tan habitual naqueles tempos nos que as faenas da casa recaían en todos os membros da unidade familiar, encárgalle a Suso facer de enlace na recepción e envío das cartas dos seus veciños. Así, o pequeno protagonista terá que percorrer a diario os camiños para acudir a unha encrucillada na que encontrarse con Xaquín e facer o intercambio.

Neira Vilas aproveita estas viaxes de Suso para describir a vida tranquila na aldea, tan diferente da infancia actual que de seguro sorprenderá a máis dun cativo que teña a oportunidade de mergullarse entre as súas páxinas. Unha lectura sinxela, divertida e moi recomendable para todas as idades, coa que descubrir ou recuperar a inocencia perdida da nosa infancia.

Xosé Neira Vilas

De cando o Suso foi carteiro

Ilustracións de Kristina Sabaite

Galaxia

Rumbo al 2022

Todos necesitamos pulsar el botón “reset” de vez en cuando, poner un punto y final y volver a empezar de cero. Sin duda, el 1 de enero es el mejor momento, o eso dice el mundo que nos rodea. Los calendarios y las agendas anuales llegan a su fecha de caducidad y nos planteamos nuevos propósitos. Muchos de ellos no son realistas y otros nos hacen autoexigirnos demasiado, cuidándonos más bien poco. Nos dejamos de lado y nos alejamos de la realidad, priorizando bajar unos kilos de más a sentirnos bien y felices. ¿Cuándo asumiremos que todo empieza por estar bien desde dentro para poder vivir con lo que nos rodea?

Creo que estos dos años nos han enseñado mucho, aunque a algunos parece que más bien poco o nada… El 2021 ha sido un año raro que empezamos mal, pero con la fuerza y la esperanza de que todo mejoraría. Al final fue una montaña rusa de emociones, positivos, cuarentenas y test de antígenos que finalizó con unas Navidades atípicas y, si cabe, aún más que las anteriores. Un año en el que la salud mental parece que empieza a dejar de ser un tema tabú y en el que hemos normalizado el ir a terapia.

Bea Sanfa en Gallery Selfie Vigo

¿Qué le pido al 2022? Sinceramente, no soy creyente (excepto en el horóscopo, que me encanta saber qué le deparará a mi signo cada semana) y nunca he sido nada de pedir cosas a ninguna fuerza superior. Siempre me ha parecido muy egoísta. Qué voy a pedir yo cuando hay gente que de verdad tiene problemas y no problemitas… Si me tengo que mojar simplemente pediría salud para la gente que quiero. El resto de cosas vendrán solas y tendrán solución; estoy segura de ello.

Cojamos este principio de año con cariño, una sonrisa de oreja a oreja y muchas ganas de vivir el momento porque, como dice el dicho: “pasado pisado, presente de frente y futuro sin apuro”, quién sabe qué nos deparará

Mos dá a benvida ao municipio co SOMOSMOS nas súas entradas

0

O slogan municipal SOMOSMOS está de moda e conta cunha gran aceptación, popularidade e éxito entre a veciñanza de Mos, facendo crecente o sentimento de pertenza dos veciños, que grazas a él vén reforzada a condición identitaria mosense, polo que está a ter unha gran repercusión.

Neste sentido, para reforzar aínda máis ese sentimento veciñal de orgullo de formar parte do pobo de Mos, para dar a benvida ao municipio e tamén con obxectivos informativo e estético de embelecemento dos viais, o Concello de Mos instalou en 2021 a sinalización de SOMOSMOS en todas as rotondas e insterseccións viarias de entrada a Mos, que comezaba a principios de ano pola do Alto de Puxeiros en Tameiga.

Alto de Puxeiros

E remata o 2021 cos novos letreiros lumínicos en Cela-Alto de San Cosme, Louredo-Os Valos, Torroso-Peinador e Guizán-Santiaguiño.

Nas rotondas das Angustias e Costilleta xa se atopaban instalados os sinais de SOMOSMOS desde fai varios anos. No caso da rotonda das Angustias, proxectado nas pantallas da fonte instalada no centro da glorieta.

O CN Ponteareas, Campioas galegas absolutas e Subcampións galegos a nivel conxunto

Decembro aparecía no calendario da natación con dous eventos subliñados en cor vermello.

Dunha banda, a Copa de España de natación de 2ª división, con 14 equipos da xeografía española, que este ano se disputaba- os días 22 e 23- no Complexo deportivo “Rías do Sur” de Pontevedra. A esta cita chegaba o equipo feminino formado por 9 nadadoras coa ilusión de finalizar entre os 8 primeiros equipos e acadar así o ascenso de categoría.

Logo de algunhas descalificacións en probas individuais e remudas, este obxectivo non se puido acadar e as fémias remataban as dúas xornadas  de competición en 13ª lugar, posición que non reflicte o verdadeiro potencial deportivo do equipo e que deixa as portas abertas a intentalo de novo na vindeira edición.

Só uns días despois -28, 29 e 30- estaba programado o Campionato Galego Absoluto, cita que poñía o broche final ás competicións de 2021. Un punto e seguido á tempada.

Na piscina do CN Fluvial, Lugo, participaron os equipos femininos nas 3 primeiras sesións e os masculinos nas 3 últimas, seguindo así o protocolo sanitario da competición na procura de diminuir o número de deportistas dentro da piscina.

O equipo feminino do CN Ponteareas proclamouse Campión absoluto, deixando unha marxe de puntos na clasificación conxunta que o equipo masculino mantivo ata o último día pero que ao remate non puido conservar. 

Balance final para o club do condado: Campioas galegas absolutas e Subcampións galegos a nivel conxunto, tras o campión galego, O CN Galaico.

[su_image_carousel source=”media: 51393,51394,51392,51390″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Redondela e Chapela terán Cabalgatas de Reis ‘estáticas’

0

Redondela e Chapela celebrarán, o día 5 de xaneiro do 2022 coa finalidade que as nenas e nenos poidan gozar dunha das actividades máis ilusionantes do Nadal, a chegada dos Reis Magos. Seguindo as directrices marcadas pola Xunta de Galicia, as cabalgatas adoptarán o formato de actividades estáticas.

En Redondela, os Magos de Oriente estarán no Campo da Feira mentres que en Chapela compartirán un tempo cos nenos e nenas na Alameda Rosalía de Castro. En ámbolos dous casos o horario será de 11 h a 14:30 horas e de 16 h a 20:30 horas.

Para garantir a seguridade sanitaria dos e das máis pequenas, o Concello vén de establecer un estrito protocolo de seguridade, con sinalización da ruta de entrada e saída, vixilancia da distancia de seguridade e o recordatorio da obrigatoriedade de levar a máscara de protección.

Mondariz lembrará a figura de Castelao no aniversario do seu nacemento

0

O Concello de Mondariz xa está preparando actividades socioculturais para os primeiros meses do ano, coa cultura galega e a memoria histórica como eixes principais. Ás celebracións dos significativos días de Rosalía de Castro (24 de febreiro) e das Letras Galegas (17 de maio) súmase este ano o día de Castelao. “Sobre Castelao hai moita obra escrita, pero é importante reivindicar a súa figura e dar a coñecer o seu legado artístico e intelectual, principalmente á mocidade”, sinala Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

Así pois, para o 29 de xaneiro está programada unha xornada de memoria histórica arredor da figura e da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950) no auditorio municipal de Mondariz, na que participarán o cineasta Xan Leira e o do escritor Xurxo Martiz, ambos emigrantes galegos retornados con obras relacionadas con Castelao e o exilio galego.

Xan Leira presentará o seu documental “Castelao e os irmáns da liberdade”, gravado entre 1999 e 2001 con testemuñas de numerosas persoas que coñeceron a Castelao e revelan como era percibido polos seus coetáneos. Xurxo Martiz, pola súa banda, presentará a tradución ao galego do libro “Castelao e os vascos”, de Iñaki Anasagasti. “Ter un coloquio cos autores enriquece enormemente esta actividade, como xa temos visto en anteriores ocasións, coas visitas de cineastas galegos/as como Óliver Laxe, Benedicta Sánchez, Amador Arias, Manuel de Lira, Federico Pérez, Paula Cons, Victoria Teijeiro,…”, sinala Anxos Carballo, concelleira de Cultura e Igualdade de Mondariz. “Máis que cantidade, buscamos un selo de calidade en todas as actividades socioculturais que programamos”.

Máis actividades literarias programadas

Para o mes de xaneiro tamén están previstas outras actividades relacionadas cos libros e a memoria histórica. O político Roberto Mera presentará o 22 de xaneiro en Mondariz a súa obra “Alejandro Viana”, publicada en setembro de 2021. Trátase dunha homenaxe ao seu tío bisavó Alejandro Viana, que fora deputado en Ponteareas durante a II República e, a raíz da guerra civil, axudou a milleiros de persoas en risco de represión e exiliadas en Francia a fuxir das forzas franquistas e nazis e atopar refuxio en América. A presentación do libro, porén, permitirá reflexionar sobre o exilio galego en América.

En colaboración coa asociación ecocultural Búrbida, o 15 de xaneiro tamén se organizará na biblioteca municipal unha charla da profesora universitaria Patricia Carballal sobre Emilia Pardo Bazán e Mondariz.

Para o último fin de semana de xaneiro, así mesmo, está anunciado o primeiro faladoiro literario mensual do club de lectura de Mondariz, creado por iniciativa dun grupo de veciños e veciñas da localidade e apoiado polo Concello de Mondariz a través da biblioteca municipal. A autora escollida para a lectura inaugural é Almudena Grandes, en homenaxe á súa longa e comprometida traxectoria nas letras.

Assambleia municipal ratifica, por maioria, orçamento e plano para 2022

Ficam assim aprovados 20,8 milhões de euros para investimentos considerados estruturais para o progresso do concelho, com especial incidência nas áreas da ação social, educação e cultura, honrando os compromissos e a proximidade subjacente a este novo ciclo de governação autárquica. Para o Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira “sendo o primeiro Plano e Orçamento de um novo ciclo para o município, exige-se a coragem para mudar o que está mal e implementar as medidas imprescindíveis para o desenvolvimento do nosso território”. O autarca deixou claro que as grandes opções agora apresentadas resultam do princípio do qual não abdica: “ouvir os outros”. “O nosso Plano e Orçamento assenta na auscultação do sentir e das necessidades dos agentes locais”, garantiu.

Destacando “uma clara visão e uma grande ambição para Vila Nova de Cerveira”, Rui Teixeira assegurou que o Município “não vai perder nenhuma oportunidade no âmbito do Plano de Recuperação e Resiliência” e enumerou algumas das ações com maior destaque previstas para 2022.

Deste modo, está em curso e plasmado no documento o Plano Integrado de Intervenção Cultural, como são exemplo a XXII Bienal de Arte Cerveira e o ‘Cerveira ao Piano’ alicerçados na criação do novo espaço “Palco das Artes”. O novo executivo pretende, ainda, avançar com o projeto do Museu Interativo, privilegiar os aceleradores de investimento, fomentando o desenvolvimento de empresas num ambiente de transição digital, apostar na atividade desportiva, tendo como exemplo o regresso do Rali de Cerveira, apoiar a interioridade das freguesias, manifestando-se como incentivo à fixação de população e ao combate ao despovoamento, primar pelo regresso do ensino superior e da formação profissional vocacionado para áreas que respondam às necessidades das empresas instaladas no concelho, programar uma aplicação mais ambiciosa  do 1º Direito – Programa de Apoio ao Acesso à Habitação; aumentar a atribuição de bolsas de  estudo aos munícipes a frequentar o Ensino Superior e implementar a oferta de livros de fichas escolares em nos vários níveis de ensino, criar um SNS 24 para as freguesias, concretizar vários projetos na área dos transportes e aprofundar a relação transfronteiriça com Tomiño.

O autarca cerveirense está ciente de que “vai ser preciso coragem para rever opções tomadas anteriormente, mas que serão fundamentais para responder aos compromissos assumidos no programa eleitoral, iniciando um novo ciclo de governação e uma visão renovada e de futuro para o Concelho de Vila Nova de Cerveira”.

GRANDES OPÇÕES DO PLANO

  • Requalificação global da Escola EB 2.3 de Vila Nova de Cerveira, investimento previsto de cerca de 1,8 milhões de euros.
  • Cerveira Palco das Artes, obra estimada em 1,3 milhões de euros.
  • Parque Empresarial Cerveira Polo V, infraestruturas estimadas em 857 mil euros.
  • Rede Viária do Concelho, investimento previsto de 768 mil euros.
  • Eficiência Energética – iluminação pública e edifícios públicos, obras dotadas em 500 mil euros e em cerca de 190 mil euros, respetivamente.
  • Habitação – programa de apoio ao acesso à habitação – 1º Direito, o qual somará 396 mil euros.
  • Valorização da aldeia de Mentrestido, investimento previsto de cerca de 317 mil euros.
  • Laboratório de Cycling & Walking – edifício de apoio à Ecopista, investimento previsto de cerca de 304 mil euros.
  • Valorização Económica, Social e Turística da Praia da Lenta e da sua envolvente, investimento estimado de 231 mil euros.
  • Centro de Observação e Valorização Ambiental e Sociocultural da Casa da Floresta de Cabaninhas, na Freguesia de Covas, obra estimada em 211 mil euros.
  • Parque do Castelinho, investimento previsto de cerca de 145 mil euros.

Tomando como prioridade a promoção de condições ótimas e necessárias para o crescimento do Concelho e a melhoria das condições de vida dos Cerveirenses, o novo executivo municipal perspetiva um ano de 2022 “de recuperação socioeconómica da pandemia e de vitalidade Cultural, Social e Económica” Reforçando que “os objetivos têm todos em comum o bem-estar dos Cerveirenses e o fortalecimento económico e da identidade de Vila Nova de Cerveira”.

Os documentos previsionais para 2022, Orçamento e Grandes Opções do Plano, foram elaborados tendo como referência os melhores princípios da governação autárquica, do equilíbrio, da transparência, da estabilidade e rigor orçamentais, bem como da mais eficiente afetação dos recursos, da satisfação das necessidades do Munícipe e do Município focados no desenvolvimento social, económico, na sustentabilidade ambiental, na cultura e no território transfronteiriço.

Cancelada a Carreira Nocturna de Reis do Porriño

O Goberno Municipal acordou a suspensión da Carreira Nocturna de Reis programada para o 8 de xaneiro ante a imposibilidade de garantir na mesma a seguridade sanitaria dos participantes. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, tras a xuntanza da Comisión de Seguimento da Covid-19 na que a medida obtivo un respaldo unánime.

Á reunión asisitiron, por parte do Goberno Municipal, o alcalde, Alejandro Lorenzo, e tres concelleiros do gabinete: Abel Estévez, responsable de Seguridade, Carolina González, concelleira da área de Sanidade, e Antía Carrera, delegada de Atención ao Cidadá.

Ademais participaron os representantes dos restantes grupos da corporación local, representacións da Asociación de Hostaleiros (AHOSPOR), comerciantes (ACIPOR), dos vendedores ambulantes e praceiros, Policía Local e Protección Civil. Estaba convocado tamén un representante do Centro de Saúde do Porriño.

A día de onte, O Porriño presenta 442 casos activos, segundo a última actualización facilitada polo Sergas, unha cifra preocupante que leva ao Goberno que preside Lorenzo a tomar esta determinación.

O feito de que os atletas participantes na carreira non leven a máscara de protección mentres corren e a imposibilidade de establecer a obrigatoriedade desta medida fixo que dende a organización se valoraran fórmulas alternativas como unha contrareloxo individual. Pero desestimouse xa que desvirtuaba a propia natureza  lúdico-deportiva do evento.

Tamén se abordou a seguridade do Desfile Conxunto de Rondallas do Porriño e Mos que se celebrará o vindeiro día 2. O Goberno Municipal, tras analizar as características do evento, que se celebrará ao aire libre nun amplo percorrido que permite a distribución dos asistentes, mantendo a distancia de seguridade, acordou mantelo.

Máis presenza policial no mercado ambulante

O Porriño aumentará a presenza policial no mercado ambulante dos martes para informar aos usuarios/as e vendedores/as da normativa sanitaria en vigor e garantir que se cumpla. 

O control da seguridade no mercado ambulante e na Praza de Abastos foi un dos eixos centrais da xuntanza, tras terse detectado unha relaxación no cumprimento das medidas. Tamén se anuncióu que o Goberno Municipal estudará o cambio de ubicación do mercado ambulante a un espazo que permita ampliar distancias entre os postos de venta.

Información ao cidadán

Outro dos puntos abordados foi a información que dende o Concello se debe prestar ao cidadá nesta situación sanitaria. O Goberno Municipal facilitará información diaria do número de contaxios no municipio e medidas sanitarias en vigor. O fará a través dos seus perfís oficiais en redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) e a través da APP local BandoMóvil.

Tamén se difundirán estes datos actualizados na pantalla instalada na rúa Antonio Palacios, xunto á rotonda.

Número de atención a persoas confinadas 689 76 47 17

Deuse conta tamén do número de teléfono do que dispón Protección Civil para dar atención e resposta ás necesidades das persoas que se atopan confinadas: 689 764 717.  Todos aqueles veciños/as que deban estar confinados poden chamar a este número e os voluntarios e voluntarias da agrupación encargaranse de garantir as necesidades básicas destas persoas estean cubertas, realizando tarefas como facer a compra ou acudir á farmacia.