Domingo, 8 Xuño de 2025

Gondomar pon en marcha distintas actividades para conmemorar o Dia das Letras Galegas

0

O Concello de Gondomar pon en marcha un programa de actividades denominado “Gondomar en Galego” que abarca a literatura, a música, o teatro e incluso o deporte.

Paco Ferreira destacou que “a literatura galega e o noso idioma son unha parte fundamental da nosa cultura e da nosa identidade, pero esta forma parte de un todo que tamén inclue a gastronomía, a cultura, e incluso o deporte”.

Por elo según o rexedor municipal “este ano programamos unha serie de actos moi variados para achegarnos a nosa lingua e a nosa cultura dende perspectivas e ámbitos moi diferentes”.

Así os actos comenzar o día 13 coa Festa da Empanada, que en colaboración con OVALMI se prolongará ata o día 17 de maio.

O día 15 deste mismo mes a Agurpación Musical de Vincios en colaboración con Espazo Lectura levarán a cabo un espectáculo poético musical a partir das 19:00 horas na Praza da Paradela.

Xa o memso día 17, día das Letras Galegas comezará na xornada de mañá coa Festa da Bici do Val Miñor con saida e chegada diante da casa do Concello de Gondomar. Ese mesmo día pola tarde terá lugar un acto que se iniciará as 18:30 horas na mesma praza de A Paradela no que calquera cidadan que o desexe poderá prarticipar coa lectura de un fragmento de calquera obra literaria en galego. Para apuntarse a esa actividade deberán remitir un correo a [email protected] cos seus datos persoais e indicando o texto elexido.

Esta xornada rematará cunha actuación a cargo da Asociación Folclórica tradicional Os Ventos de Comesaña”.

Como colofón a estes días de actividades o día 29 está programada una visita a Catoira para acudir a representación da obra “As 8 da tarde cando morren as nais” a cargo do Centro Dramático Galego. Para os interesados en acudir haberá un autobús gratuito dende Gondomar. Para anotarse a esta actividade deberán facelo a través da taquilla electrónica do Concello.

O Rosal coñece a historia de ‘Alejandro Viana, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos’

0

A pesar do seu papel destacado na recuperación da dignidade das e dos españois refuxiados perdedores da Guerra Civil e na súa evacuación a América cunha ética estrita, a súa figura quedou un pouco esquecida co tempo. É Alejandro Viana, un persoeiro que agora o político e escritor Roberto Mera recupera de forma minuciosa no seu libro ‘Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos’, que presentará este venres 13 de maio a partir das 20.00 horas na biblioteca municipal do Rosal con entrada libre ata completar aforo.

Trátase do primeiro libro de Roberto Mera, que afonda na historia do seu bisavó cunha pequena parte da súa biografía centrada fundamentalmente entre o anos 1939 e 1941, durante a Guerra Civil e o seu exilio en Francia, onde non só axudou ás persoas refuxiadas con alimentación, roupa, sanidade ou onde durmir, senón que tamén embarcou a máis de 17.000 refuxiados e refuxiadas españolas cara a América. Mera vén de conseguir con este libro o Premio Antón Losada Diéguez na categoría de Investigación e Ensaio.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, que tamén participará no acto, convida a toda a veciñanza a acompañar ao autor na presentación dun libro que busca devolver á memoria a figura dun home que salvou moitas vidas co seu labor.

Galicia necesita sangue dos grupos A Positivo, 0 Positivo e 0 Negativo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes A Positivo, 0 Positivo e 0 Negativo. As reservas destes tres grupos sanguíneos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.

En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

DATACONCELLOS
Mércores 11 de maioPontedeume, CARREFOUR Los Rosales , Riazor e Residencia Universitaria Teniente Xeneral Barroso (A Coruña), Praza Roxa (Santiago), CELTIC ESTORES (Moraña), Soutelo e Forcarei, Rúa Príncipe (Vigo), Chapela (Redondela), Praza Maior (Lugo), Guardia Civil (Ourense), Cenlle, San Amaro
Xoves 12 de maioCedeira, Acuart. de Atocha e Peruleiro (A Coruña), Curtis, FRINSA (Ribeira), Fundación Foltra (Teo), Ribadumia, Porriño, Rúa Príncipe (Vigo), Chantada, Lalín
Venres 13 de maioPerlío (Fene), APPlUS+ (Sada), Sada, Arteixo, Praza Conchiñas (A Coruña), Noia, Brión, Vilagarcía, Ponteareas, Cabral (Vigo), Viveiro, Xinzo de Limia
Sábado 14 de maioArteixo, Noia, Vilagarcía, Ponteareas , Becerreá

Movemento Salceda seguirá loitando pola segunda escola infantil

Logo da polémica suscitada despois da solicitude, por parte da Concellería de Benestar Social, dunha subvención para a construción dun centro de día na parcela reservada para a segunda Galiña Azul, Movemento Salceda quere deixar claro que para a formación local a segunda Galiña Azul é irrenunciable.

Lembran, ademais, que a necesidade desta segunda escola infantil na vila foi aprobada por unanimidade polo pleno da corporación, logo dun enorme traballo de diversos colectivos para a procura deste servizo.

En Salceda hai 334 nenos de 0 a 3 anos de idade, a única escola infantil pública non pode ofrecer praza a todos, xa que este ano hai 37 crianzas en lista de espera, unha cifra demasiado alta que non se pode permitir.

Xa en abril de 2018, Marcos Besada e Tere Pérez, daquela alcalde e concelleira de Benestar Social, presentaron o anteproxecto da escola infantil ao Consorcio, poñendo a disposición a parcela que o Concello ten ao lado do centro de saúde. Esta proposta foi ratificada por Loli Castiñeira na súa etapa como alcaldesa ante o xerente do Consorcio de Benestar, Perfecto Rodríguez.

Desde a agrupación local queren deixar claro tamén que non están en contra da construción dun novo centro de día, infraestrutura moi necesaria e que Movemento Salceda levaba tamén no seu programa electoral. Salceda conta con 1488 persoas maiores de 65 anos, polo que os servizos destinados a esta franxa de idade deben ser unha prioridade, pero de ningún xeito deber ser a reservada para a segunda Galiña Azul.

“Debemos traballar na descentralización dos servizos, e abrir posibilidades de localización nas diferentes parroquias recorrendo, se fose preciso, a posibles cesións de terreos das comunidades de montes veciñais ou incluso a edificios municipais nas parroquias”, indica Loli Castiñeira, voceira de Movemento Salceda. “A loita pola segunda escola infantil foi desde sempre un exemplo de unión entre os diferentes grupos políticos e entidades sociais do noso Concello. Entre todos temos moito andado e non debemos frear as nosas reivindicacións”.

Concello de Nigrán, Asociación Galega de Lupus e Comunidade de Montes de Chandebrito ‘I Foliada Solidaria AGAL’

0

Asociación Galega de Lupus (AGAL), Concello de Nigrán e Comunidade de Montes de Chandebrito unen forzas este sábado 14 de maio para organizar a ‘I Foliada Solidaria AGAL’ como eixo central dos actos en Galicia polo día mundial desta enfermidade o 10 de maio e como parte da programación do Concello polas Letras Galegas. Esta se desenvolverá durante todo o día na carballeira de Rapadouro (ao carón do campo de fútbol da parroquia) co obxectivo de que sexa unha xornada festiva, visibilizar a enfermidade, ofrecer información cercana e confraternizar. No lugar instalarase unha carpa onde se poderá degustar unha ampla oferta gastronómica a prezos populares (polvo, churrasco, polo, empanadillas, rosquillas…) e xogos tradicionais para os cativos.

“Animamos á veciñanza a que acuda coa familila e participe nesta foliada ou na plantación do mediodía porque é un xeito de amosar o apoio e a solidariedade de Nigrán con todas as persoas que sufren lupus e que acudirán desde toda Galicia”, anima o alcalde, Juan González, quen amosa a “honra” que supón para o municipio que asociacións como AGAL escollan a localidade para realizar eventos de sensibilización.

“Existen moitos congresos científicos e médicos, pero desde AGAL botabamos en falta máis xornadas lúdicas como esta para difundir información dunha forma cercana, visibilizar a enfermidade e, por suposto, tamén divertirnos confraternizando”, explican desde a asociación, onde estiman en 2.500 os afectados en Galicia. “A media de diagnóstico é de 6 anos, o máis común é que se presente coma unha dor articular, cansancio, caída de pelo… Por iso son moi necesarios estes actos de convivencia que poden dar unha pista a moita xente que non sabe que é o que realmente lle sucede”, explican desde AGAL.

A xornada arrancará ás 12:00 horas coa plantación ao carón da carballeira de 25 árbores autóctonas (nogais, castaños e sobreiras) doadas pola Comunidade de Montes e que simbolizarán o cuarto de século de AGAL e, ao mesmo tempo, subliñarán a sombra que tanto precisan os enfermos de lupus (a maioría son fotosensibles). Ás 12:30 será a sesión vermú cos gaiteiros de Chandebrito e xa pola tarde, desde as 17:00, será a foliada coa actuación do grupo de gaitas ‘A Merced de Chaín’, Pandereteiras do Sobreiro, Os Muiños de Barciademera, Pandereteiras Traspés, Cores do Sobreiro de Borreiros, Lagharteiras, cuarteto de gaitas Érvedo e Pándega das Teixugueiras.

Lupus

O lupus eritematoso sistémico (LLES) é unha enfermidade autoinmunitaria crónica e inflamatoria. Nesta enfermidade, o sistema inmunitario do corpo ataca por erro o tecido san e pode afectar á pel, ás articulacións, aos riles, ao cerebro e outros órganos. A causa do LLES non se coñece claramente, podería ser factores xenéticos ou ambientais. É moito máis común en mulleres que en homes por aproximadamente de 10 a 1. Pode presentarse a calquera idade. Con todo, aparece con maior frecuencia en mulleres novas entre os 15 e 44 anos.

O Conservatorio Superior de Vigo ofrecerá un concerto de orquestra de corda e coro en Tomiño

0

O Conservatorio Superior de Vigo, en colaboración co Concello de Tomiño, ofrecerá un concerto de orquestra de corda e coro, o vindeiro xoves, 12 de maio, no Auditorio de Goián ás 20.00 horas.

Pablo Abreu e Juan Carlos Díaz Álvarez dirixirán á agrupación coral e á orquestra, respectivamente. Este último, ex director da Agrupación Musical de Goián (durante 10 anos), explica que o concerto naceu da inquedanza de amosar o traballo do alumnado non só en Vigo senón tamén na periferia, brindando ao mesmo tempo, unha experiencia maior aos futuros profesionais do conservatorio.

Na actualidade Díaz Álvarez, tamén veciño de Goián, dirixe as agrupacións orquestrais do conservatorio de música vigués onde é ademais profesor de tuba.

O repertorio escollido para a ocasión é totalmente galego. O concerto comezará con “Impresión Nocturna” de Andrés Gaos, interpretado pola orquestra. Seguidamente, o coro interpretará “María Soliña”. A continuación orquestra e coro interpretarán “Canción de berce”, do mestre Rogelio Groba, de Ponteareas, e para finalizar ofrecerán “Cantigas de Mar”, do mesmo autor.

A web de viaxes Aladinia elixe o Balneario de Mondariz como unha experiencia estrela

A web de viaxes Aladinia acaba de elixir o Balneario de Mondariz como a súa experiencia estrela para unha escapada na primavera coa que se pode chegar a “tocar o ceo”. O que considera un espazo termal fundamental en Galicia é a súa recomendación para unha escapada de fin de semana na que se pode aproveitar non só para facer turismo senón para relaxarse grazas á tradicional balneoterapia e o seu spa Palacio da auga, un dos primeiros en abrir no país, e que catalogan de primeiro centro termolúdico de Galicia. Aseguran que no Palacio da auga, con máis de 3.000 m2 dedicados ao relax, calma e repara a pel, unha vez que se entra, non se quererá saír grazas ao seu jacuzzi, bancos de hidromasaxe, saunas, fervenza ou géiseres.

Con esta iniciativa, Aladinia trata de vender a Galicia termal como destino para os viaxeiros nacionais e internacionais, baseándose na excelencia da vila termal galega, presente na Gold List de Traveler e premiada en varias ocasións pola prensa especializada, o sector da saúde e beleza. Recoñecementos á innovación termal destas instalacións galegas, así como á recuperación arquitectónica, cultural e social dun dos balnearios máis antigos de Europa e ao labor dun centro que representa a un dos establecementos insignia dentro do termalismo europeo, converténdose nos últimos anos nun proxecto de futuro en base a unha investimento hostaleira galega.

Aladinia, o número 1

Aladinia é a comercializadora de experiencias e viaxes preferida dos españois onde non só pódese atopar unha escapada personalizada senón tamén un agasallo diferente.

Experiencias orixinais como conducir un fórmula 1, ver a posta de sol navegando en veleiro, durmir baixo as estrelas nunha habitación con teito de cristal ou bañarse no Palacio da auga de Mondariz son algunhas das máis de 300 propostas para este ano que a consolidan como a web a número 1 do sector. A día de hoxe, recibiron máis de 30.000 opinións positivas das súas experiencias e en eKomi ten unha puntuación dun 9,4/10 de máis de 9.000 valoracións.

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal chama á veciñanza a participar na manifestación do 12 de maio

0

A atención sanitaria no Rosal atópase nunha situación cada vez máis precaria. Lonxe de solucionarse os problemas xurdidos na atención primaria, despois de meses de denuncias e protestas institucionais e cidadás, dende a Consellería de Sanidade non se teñen dado pasos significativos cara a unha solución e a situación non ten visos de mellorar no futuro, xa que a Xunta de Galicia adoptou unha estratexia de cronificación do estado precario da atención sanitaria no concello.

Ante esta situación, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal, formada por representantes do Concello, persoal sanitario, representantes do asociacionismo e da sociedade rosaleira en xeral, amosan o seu total apoio á manifestación do vindeiro 12 de maio en Vigo. A protesta, convocada por SOS Sanidade Pública baixo o lema ‘Salvemos a Atención Primaria. Recuperemos a sanidade pública’, sairá ás 20.00 horas dende o PAC de Vigo, na rúa Pizarro.

No Rosal a situación é límite: o municipio continúa sen servizo de pediatría, coa consulta de San Miguel pechada e mantendo unha cobertura deficiente do resto do persoal facultativo. As baixas ou ausencias só se cobren de forma esporádica e segue a haber moitos días nos que só hai unha médica para atender todo o servizo.

Aínda que recentemente o Sergas anunciou a convocatoria dunha cuarta praza de persoal médico para O Rosal, unha demanda histórica no concello, non convocará unha praza de enfermería asociada, o que pode provocar unha sobrecarga das axendas de enfermería. Ademais, a creación desta praza implicaría a desaparición permanente do servizo de pediatría debido á falta de espazos no centro de saúde.

Por todas estas razóns, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal chama á veciñanza a sumarse e participar na manifestación do vindeiro xoves. A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño ten a disposición dos veciños e veciñas autobuses de balde para poder desprazarse a Vigo e asistir á manifestación. As persoas interesadas deberán inscribirse e reservar praza chamando ao teléfono 986 622 500.

Nova visita a Ponteareas da unidade móbil de doazón de sangue os vindeiros 13 e 14 de maio

Ponteareas acolle unha nova visita dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, que esta mesma semana estará a disposición de todas aquelas persoas que queiran achegar a súa pinga de solidariedade. O autobús estará situado na Avenida de Galicia, na parte traseira da Casa do Concello, en diferentes horarios. O venres 13 de maio as persoas interesadas poderán acudir a doar sangue de 10.00 a 14.30 e de 16.30 a 21.00 horas, mentres que o sábado 14 poderán ir de 10.00 a 15.00 horas. Para doar sangue do xeito máis cómodo e seguro pode solicitarse autocita chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

É importante lembrar que poden doar sangue toda as persoas maiores de 18 anos e cun peso mínimo de 50 kg e que se recomenda non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Ademais, é importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou documento similar e informar ao médico de que se está a tomar algún medicamento.

A alcaldesa e concelleira de Saúde, Cristina Fernández Davila, lembra que cada día a Axencia despraza 10 unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos hospitais galegos, que precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade. A sangue recollida é procesada e analizada nas dependencias centrais para despois enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos e poder atender a milleiros de doentes os 365 días do ano.

A Xunta avoga en Baiona pola coeducación desde as primeiras etapas da ensinanza

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella avogou hoxe en Baiona pola coeducación desde idades temperás como o camiño para acadar unha Galicia máis igualitaria, máis xusta e máis diversa. Na inauguración da exposición da Xunta Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas, López Abella afirmou que educar é a semente da igualdade e, por iso, afirmou que apostar pola coeducación é apostar por unha sociedade máis igualitaria entre mulleres e homes, sinalando a importancia de transmitir valores de xustiza e igualdade de xeración en xeración.

Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas percorre desde hai un ano as bibliotecas autonómicas para dar a coñecer a traxectoria de doce escritoras e comunicadoras galegas comprometidas coa modernización política, social e cultural de Galicia. “Esta exposición supón o merecido recoñecemento ao papel que xogaron as precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes”, apuntou.

Así, mulleres comprometidas de varias xeracións conforman a mostra, que está estruturada por un conxunto de paneis que dan conta das vivencias, a biografía e as experiencias de doce reporteiras, escritoras, directoras e correspondentes de guerra.

Recóllense as opinións de Emilia Pardo Bazán en máis de dous mil artigos de prensa ou de pioneiras como Concepción Arenal ou Mª Luz Morales, primeira directora dun xornal. Parte da exposición dedícase ademais a Sofía Casanova, correspondente de guerra, e a Virginia Felicia, coñecida como A raíña do folletín. Completan o elenco nesta exposición as poetisas Filomena Dato, Clara Corral e Pura Vázquez; a crítica literaria Concha Castroviejo; Mercedes Vieito, que exerceu o xornalismo desde Cuba; a escritora María Vinyals e Avelina Valladares, articulista e poetisa.

Na colección amósanse, de xeito visual e didáctico, diversos aspectos das súas traxectorias, que viron marcadas, na práctica totalidade dos casos, polo inconformismo, a rebeldía contra a discriminación, a excelencia creadora e a loita pola igualdade. A Xunta persegue, en definitiva, coa mostra que a mocidade coñeza esta parte da historia de Galicia e dos inicios da loita pola igualdade. As primeiras xornalistas forman parte  doutros recursos didácticos da Consellería de Emprego e Igualdade, pensados especialmente para os centros educativos, como é a exposición Wonenburguer, que tamén estivo presente no colexio Cova Terreña.

20 caixón de solidaridade para axudar ás familias porriñesas que o necesitan

O espírito solidario da veciñanza do Porriño segue a evidenciarse cando de atender ás familias que o necesitan se trata. Desta vez, foron os máis pequenos os que aportaron o seu gran de area para axudar a quen está a pasar un mal momento.

20 caixóns repletos de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e alimentación para bebés se recolleron nos centros educativos e pavillón municipal, atendendo á chamada do banco municipal de alimentos SOS PORRIÑO.

Máis de 1000 kg de alimentos e produtos infantís que o SOS PORRIÑO destinará atender ás 150 familias usuarias do servizo municipal.

O concelleiro de Servizos Sociais, Abel Estévez, quixo agradecer “a impagable resposta da cidadanía á petición que fixemos dende o banco de alimentos, demostrando unha vez máis que a veciñanza porriñesa está disposta sempre a tender a man e sumar esforzos cando é necesario”.

Dende o Concello estase a traballar para reforzar este servizo municipal. Con tal motivo, nos últimos meses leváronse a cabo obras de mantemento nas instalacións, eliminación de humidades, pintado, etc…

“A resposta da cidadanía do Porriño foi extraordinaria, como sempre, e isto é algo que agradecemos enormemente”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Moitos dos nosos veciños están a pasar situacións complicadas e dende o Concello intentamos poñer en marcha todos os recursos que están ao noso alcance para darlles a atención adecuada, e para iso é indispensable a colaboración da veciñanza”. 

Salvaterra de Miño acolle unha nova edición da Clásica Álvaro Pino

O vindeiro domingo 22 de maio Salvaterra de Miño recibirá a visita de máis de 350 ciclistas nunha nova edición da Clásica Álvaro Pino.

Nesta segunda edición progamada pola Asociación Cultural e Deportiva Plan C de Ponteareas, os ciclistas sairán de Ponteareas cara a zona de Mondariz, Covelo, Cañiza, As Neves, Salvaterra, (facendo paso pola parroquia de Leirado) e rematando novamente en Ponteareas.

Un total de 109,2 km nunha etapa que leva o nome do recoñecido ciclista Pontareán, Álvaro Pino, campión da Volta Ciclista a España no ano 1986, que pretende, ademais de homenaxear ao carismático corredor, por en valor un deporte que tantas satisfacións lle deu a Galicia e a España en xeral, dando a posibilidade a calquera persoa interesada de participar nunha xornada de carácter lúdico sobre as dúas rodas.

Dende o Concello trasladamos os nosos parabéns aos organizador@s e e moita enerxía aos corredores para os máis de 100 km. de proba.

O certame Novos Valores do Museo aumenta en participación e recibe medio cento de solicitudes para tomar parte da edición de 2022

O certame de Artes Plásticas Novos Valores vén mellorar a participación na edición deste 2022: nos apenas cinco días hábiles para a presentación de solicitudes recibíronse 49 candidaturas. Trátase da cifra máis alta de aspirantes dende que se modificaron as bases do concurso restrinxindo a idade máxima de participación aos 35 anos e se endureceron os criterios de selección.

Pechado ás 23.59 de onte o prazo de solicitude, os servizos técnicos están agora a supervisar que toda a documentación presentada polas persoas aspirantes é correcta. As persoas que reúnan os requisitos da convocatoria recibirán un correo electrónico no que se lle indicará a validación da súa participación e o código asignado á súa obra, así como o modelo anonimizado necesario para presentar a proposta técnica segundo o previsto no seguinte punto.

Cumplimentado o trámite inicial será cando as persoas participantes deberán achegar -, entre o 23 e o 28 de maio de 2022- un ‘adianto’ fotográfico da súa obra . Nese adianto debe incluírse o modelo de presentación anonimizado –co código do proxecto-; ata cinco fotografías da creación nun formato adaptado aos admitidos na sede electrónica; unha memoria da obra presentada que inclúa a ficha técnica da mesma (título, técnica, medidas, ano de realización) e a súa descrición; un dossier cos traballos desenvolvidos para coñecer a traxectoria artística; e a presentación, detallada e expresa, da finalidade ou do destino formativo para o que se concorre á bolsa.

Na segunda fase, convocarase o xurado para examinar, valorar e seleccionar  ata un máximo de 25 propostas de entre as presentadas, coas que se conformará a mostra ‘Novos Valores 2022’, que estará aberta ao público no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra do 7 de xullo ao 11 de setembro de 2022. Na terceira fase farase a presentación da obra orixinal para a montaxe da exposición. Xa finalmente, na cuarta fase, coas obras seleccionadas xa expostas, e antes de inaugurar a mostra, convocarase de novo ao xurado para que, unha vez examine e valore as obras, propoña catro persoas autoras das obras merecedoras das bolsas.

Os premios Novos Valores pretenden ser un recoñecemento e recompensa da Deputación de Pontevedra a destacadas obras orixinais e inéditas nas modalidades de pintura, escultura, debuxo, deseño, gravado, fotografía, cerámica e vídeo creación, entre outras. Este labor de patrocinio e a concesión de axudas a creadoras e creadores noveis vense realizando de maneira histórica, estando xa documentadas na segunda metade do século XIX, desenvolvidas con criterios e formatos moi diversos ao longo do século XX, e con continuidade e vixencia plena na actualidade.

Os premios consistirán na adxudicación, entre as obras seleccionadas, de catro bolsas, cada unha por un importe de sete mil cincocentos (7.500,00) euros brutos, para que autoras e autores amplíen os seus estudos artísticos.

O programa Apego desembarca en Ponteareas cun espectáculo no que a cativada viaxará de casa en casa

O programa Apego volve traer a Ponteareas unha nova actividade na que as nenas e nenos gozarán dunha tarde lecer e descubrimentos en lingua galega. Ao abeiro da programación de actividades co gallo do Día das Letras Galegas, a cativada gozará do espectáculo ‘Casa, casiña, casona’, de Marta Ortiz, unha narración para a primeira infancia na que nenos e nenas van visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas maleta que viaxan polo mundo e moito, moito máis.

O espectáculo está baseado no asombro e na transmisión do amor a través da palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións, de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… os cimentos da casa que construiremos ao longo da vida, chea de ventás e de portas para descubrir o mundo.

A actividade terá lugar este venres 13 ás 18.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal e está recomendada para nenos e nenas ata os 6 anos. A actuación será de balde, aínda que para poder asistir é necesaria reserva previa de praza a través do correo electrónico [email protected] ou do teléfono 986 640 000, extensión 1010.

O espectáculo de Marta Ortiz forma parte das actividades que fomentan a vinculación das familias co galego dentro do programa Apego, un proxecto colectivo que “pensado para fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos rapaces e rapazas de entre 0 e 6 anos no noso idioma”, como explica o concelleiro de Lingua, Fernando Groba.

A pandemia trae unha Festa da Rosa renovada e mellorada

0

A Praza do Concello de Mos acolleu a presentación da Festa da Empanada de Pan de Millo e da programación ‘As Nosas Rosas nas Asociacións no Mes de Maio’, iniciativas organizadas con motivo da vindeira Festa da Rosa 2022 (Festa de Interese Turístico de Galicia).

A pandemia trae unha Festa da Rosa renovada e mellorada. Tras a crise da COVID-19, involúcrase no programa a un dos sectores máis damnificados, o da hostalería, e continúanse a potenciar as imaxes das rosas das 10 parroquias nas redes sociais, idea que naceu destes últimos anos de restriccións por mor do coronavirus.

A presentación de hoxe incluiu degustación de diversas empanadas de pan de millo a cargo de diferentes panaderías do municipio: As Vides de Pereiras, Nova Devesa de Cela e O Cruceiro.

O acto contou coa presenza de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo, representantes da Asociación de Hostaleiros mosense, BARES MOS, representantes de varias panaderías do Concello de Mos, representantes de asociacións veciñais e culturais mosenses e demais membros do equipo do goberno local.

Festa da Empanada de Pan de Millo

Celebrarase o propio 13 de xuño, Día da Rosa e festivo local, enmarcada dentro dos actos centrais da Festa da Rosa e organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña.

A Festa da Empanada incluirá, coma sempre, o tradicional Concurso de Empanadas de Pan de Millo, con 3 premios que se entregarán tamén o 13 de xuño: Mellor presentación 150€. Mellor sabor 150€. Maior tamaño 150€.

Ademais este ano, e como novidade, durante todo o mes de xuño as panaderías de Mos eleborarán empanada de pan de millo para vender a particulares e surtir aos negocios de hostalería mosenses. E os hostaleiros mosenses, bares e restaurantes, ofrecerán na súa carta empanada de pan de millo, de elaboración propia ou das panaderías de Mos.

Mes de maio: AS NOSAS ROSAS – As Rosas nas Asociacións:

Desde o 13 de maio ao 13 de xuño 14 asociacións culturais e veciñais acollerán os cursos de: Secado de Rosas, Xabóns de Rosas e Estampación de Rosas pintadas en tea. Todos/as os/as alumnos/as participarán destes cursos presentando rosas das súas parroquias na asociación.

Coas fotografías desas rosas encheranse as redes sociais municipais potenciando o símbolo do escudo do Concello. Deste xeito fomentarase unha rivalidade e competitividade sá entre as rosas das 10 parroquias, que competirán tamén o propio día 13 de xuño, xa que nesta edición do Concurso de Rosas incluirase a novidade do premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexirá a mellor de todo Mos, e unha mención especial á parroquia con maior participación.

As 14 asociacións participantes nesta iniciativa son:

A.VV.Dornelas
A.VV. Santa ANA de Veigadaña  
A.VV. Nosa Terra de Pereiras  
A.C.R Herville  
A.VV. Celado
C.C  Abrente  
C.R.C. Torroso
A.VV. Santa Baia  
A.VV. Ledicia
A.VV. Guizán
A. As Pedriñas
AVV. A cividade de Louredo

Salceda non renuncia nin á Galiña Azul nin ao Centro de Día

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, saiu ao paso das acusacións formuladas polo PP local sobre a presentación dunha solicitude de subvención para a construción do Centro de Día e lembra aos populares que o proxecto de Centro de Día e o proxecto da Galiña Azul, “son dous proxectos totalmente diferentes, adaptados os dous ás necesidades dos servizos que se ofrecen en cada un deles, e con todas as especificacións técnicas solicitadas polo Consorcio Galego de Benestar, en canto a distribución Interior, salas, metros cadrados, etc, que por suposto son distintas”.

O proxecto de Centro de Día, afirma Tourón, “responde a unha necesidade apremiante en Salceda con máis de 1500 persoas maiores de 65 anos”, e aproveitouse para facer a solicitude do mesmo a través da liña de subvencións para este tipo de centros grazas ao convenio entre a Fegamp e o Consorcio Galego de Benestar (con fondos europeos). Cuestión de oportunidade e necesidade para un fin concreto para o que se abriu unha liña de subvencións específicas aos concellos.

Lembra a rexedora local que “tanto o centro de día como a Galiña Azul son necesidades básicas para a veciñanza de Salceda ás que hai que darlle resposta sen renunciar a ningunha delas e por suposto a solicitude dun Centro de Día non supón a renuncia á segunda Galiña Azul”

Na modificación puntual levada a cabo nos terreos do PERI do novo Centro de Saúde “existen dúas parcelas colindantes, unha co procedemento urbanístico completo e outra na que queda só a xestión da reparcelación”, apunta Verónica Tourón quen asegura que, como alcaldesa, debo responder ás necesidades de todas e todos, e non renunciarei a ningunha oportunidade para desenvolver en Salceda dous servizos tan básicos para a nosa cidadanía como conseguir unha segunda Galiña Azul e poder construír un Centro de Día”.

Doutra banda, a concelleira de Servizos Sociais recomenda ao PP que “en lugar de verter acusacións sen fundamento sobre os proxectos desenvolvidos polo Concello”, faría ben su sumarse ás reclamacións e peticións que o noso goberno local realiza á Xunta de Galicia en materia de atención as nosas necesidades sociais e que na maioría dos casos desatende”.

Xinzo celebrará o 15 de maio o XXVI Festival de Bandas de Música

O tradicional Festival de Bandas de Música de Xinzo retoma a súa celebración neste ano 2022 coa súa XXVI edición, tras non celebrarse dende fai dous anos por mor da Pandemia da COVID-19.

Esta nova edición celebrarase no auditorio do Centro Cultural de Xinzo onde a Banda de Música Xuvenil de Xinzo estará acompañada pola Banda de Música de Chantada.

Sen embargo, como é tradicional o XXVI Festival de Bandas de Música comezará cunha pequeno pasarrúas dende a entrada principal da parroquia de Xinzo ata o propio Centro Cultural, para de seguido ofrecer ambas Bandas de Música os seus respectivos concertos cunha duración aproximada de 45 min.

O acto será conducido pola presentadora local, Luana Lago Boente, habitual en todas as citas que organiza a Asociación da Banda de Música de Xinzo, onde tamén se homenaxeará a Florencio Delgado Gurriarán, poeta e articulista ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2022.

O presidente da Asociación, Francisco Represas, quere agradecer a todas as entidades públicas e privadas que contribuíron a que este evento se siga mantendo no tempo, e especialmente a -Augas de Mondariz- e a -Gadis- polo seu apoio para a celebración da XXVI edición.

Nigrán acolle este sábado un concerto de clarinete e piano

0

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 14 de Maio ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto de clarinete e piano a cargo respectivamente de Jorge Manuel Aldao López e Alicia González Permuy. A actuación encádrase no ‘I Cliclo Novos Intérpretes’ lanzado o pasado ano desde o consistorio. A entrada, como a todos estes concertos, é de balde ata completar o aforo. O dúo interpretará temas de Brahms, Debussy e Bernstein. O repertorio e o dossier completo da formación está pendurado na web municipal www.nigran.es.

Jorge Manuel Aldao

Nace na Coruña en 2002, onde comeza os seus estudos musicais aos sete anos no Conservatorio Profesional de Música da devandita cidade co profesor Nilo Jesús García Armas, finalizando Grao Profesional con Matrícula de Honra e obtendo o Premio Fin de Grao.

No 2020 accede ao Conservatorio Superior de Música da Coruña, recibindo clase de instrumento durante o primeiro ano coa profesora Uxía Bolaño Amigo e na actualidade coa profesora Marta Sancho Andrés. Paralelamente, participa en distintos cursos cos mellores clarinetistas do panorama internacional, como Hermann Stefansson, Jose Franch-Ballester, Vitor Matogueiras, Sergio Pires, Lara Díaz, Josep Fuster, Juan Ferrer, Xocas Meijide, Lorenzo Coppola, Robert Spring ou Roberto D’Urbano, entre outros. Ao longo da súa traxectoria, obtén premios en distintos concursos de interpretación, como o segundo premio no V concurso de cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña, o segundo premio na Categoría B do V Concurso de Clarinete Cidade de Ourense (Conservatorio Profesional de Música de Ourense) e o primeiro premio do concurso de solistas do Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

No ano 2019 entra a formar parte como reserva da bolsa de músicos da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, realizando ademais no ano 2020 un curso de especialización instrumental orquestral na Escola de Altos Estudos Musicais, estreitamente vinculada á Real Filharmonía de Galicia, co clarinetista Vicente López.

No ámbito da música de cámara forma parte do grupo de clarinetes Xacobeo Clarinet Ensemble desde a súa fundación.

Alicia González Permuy

Nace en Lalín, onde comeza a estudar piano e violín a a idade de sete anos. En 1995 prosegue os seus estudos en L’ Escola de Música de Barcelona con Albert Attenelle (piano) e Jordi Moura (música de cámara), ao mesmo tempo que asiste a diferentes cursos con Irina Zariskaya, Manuel Carra, Almudena Cano, Josep Colom…

No 1999 obtén unha bolsa da Deputación de Coruña e trasládase a Holanda, onde realiza os estudos de Postgraduado no Brabants Conservatorium de Tilburg con Ton Demmers (piano) e Jan Gruithuyzen (música de cámara). Gradúase no 2002 con mención especial ” Summa Cum Laude” e é elixida entre os mellores alumnos do último curso para tocar no “Laureatenconcert”.

Tras terminar o Postgraduado continúa os seus estudos con Jan Wijn, recoñecido pianista e pedagogo holandés, e con Eugen Indjic (antigo alumno de, entre outros, V. Horowitz e A. Rubinstein).

Obtivo diferentes premios e diplomas como, por exemplo, o 3 er Premio no III Concurso “Ciudad de Segovia” (1994), Premio de Honra “Fin de Grao Medio” (Lalín, 1996), Diploma de ” Licenciate in Pianoforte Playing” da Guidhall School of Music and Drama (Londres, 1996), 3º Premio no XII Concurso Internacional de Piano ( Berga, 1997), Matrícula de Honra e Premio Fin de Carrera (A Coruña, 2001), Diploma de Postgraduado, Master Degree ( Tilburg, Holanda, 2002), Finalista do VIII Ciclo de Novos Intérpretes (Fundación Barrié de la Maza, A Coruña, 2003), 2º Premio no I Concurso de Piano organizado pola ASGAIM e Premio á mellor interpretación de música galega (A Coruña, 2004), Premio Especial ao mellor pianista acompañante no 3º Certame Nacional de Interpretación Intercentros (Madrid, 2004).

Realiza un intenso labor como pianista acompañante, destacando o traballo que desempeña en masterclasses con, por exemplo, os clarinetistas Joan Enric Lluna, Michael Harris, José Luís Estellés, Antony Pay, Hans Deinzer, Antonio Saiote ou Walter Boeykens. Ademais, posúe unha ampla experiencia orquestral: colabora con asiduidade coa Orquestra Sinfónica de Galicia, tamén tocou coa Orquestra Ciudad de Granada ou a Sinfónica de Bilbao. Esta actividade levouna a tocar en escenarios tan importantes como o Musikverein de Viena, a Kölner Philharmonie ou o Auditorio Nacional de Madrid, entre outros, e permitiulle traballar con mestres da talla de Michail Jurowski, Jesús López Cobos, Ton Koopman, Alberto Zedda, Christian Zacharias, Dima Slobodeniouk, Lorin Maazel,…

Deu recitais en España ( L’ Auditori de Barcelona, Auditorio Manuel de Falla de Granada,..), Bélxica, Holanda, Portugal, Francia, … iniciando a súa carreira de solista coa Brabants Conservatorium Orkest. Tamén tocou como solista coa Orquestra Sinfónica de Galicia e gravou para RNE (2005).

Actualmente é pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música da Coruña e colaboradora habitual da Orquestra Sinfónica de Galicia, ao mesmo tempo que continúa a súa actividade concertística como solista e dentro do campo da música de cámara.

‘I Ciclo de Novos Talentos’

Co afán de apoiar e protexer a excelencia musical, o Concello de Nigrán pon en marcha unha serie de concertos cunha mostra das mellores novas promesas de todas as especialidades instrumentais que marcarán o devir musical e cultural nun futuro non moi afastado. Así, Nigrán pon o seu Auditorio Municipal a disposición das agrupacións de novos músicos de todos os ámbitos, formacións camerísticas e solistas, que estean matriculados no último curso de Grao Superior de calquera conservatorio de España e sexan especialmente talentosos, así como aqueles intérpretes gañadores dalgún primeiro premio nalgún concurso nacional ou internacional.

A Xunta asume a plena xestión da Estación de Autobuses tras case 11 anos de retraso

Tras 11 anos de retraso, a Xunta de Galicia asumiu o pasado día 1 de maio a plena administración da Estación de Autobuses de Ponteareas tras un mes de xestións de traspaso entre o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera, e representantes da Consellaría de Mobilidade da Xunta de Galicia.

O goberno local lembra que hai 11 anos, o 31 de xullo de 2011, venceu o contrato de explotación en virtude do cal o Concello xestionaba a estación dende 1991. O daquela alcalde, Salvador González, comunicou á Xunta que o Concello non quería continuar coa explotación da Estación porque lle supuña un déficit anual de máis de 40.000 euros. A Xunta comprometeuse entón a dar unha solución antes de finalizar 2011, pedindo ao alcalde González Solla “a colaboración dese Concello para que siga garantindo a xestión dos servizos na estación”. Dende entón sucedéronse diversos intentos por parte da Xunta de adxudicar a explotación, o que non logrou até finais do pasado ano 2021, mantendo o Concello durante case 11 anos a xestión en precario, como colaboración coa administración autonómica, e asumindo as perdas do servizo. En 2012, o alcalde González Solla solicitou a compensación dos gastos que carrexaba ao Concello esa situación e no 2013 a Xunta atendeu á petición comprometéndose por escrito a “concertar co Concello a compensación económica que corresponda polo déficit económico da explotación que se está a producir nesta situación de prolongación do servizo”.

A recepción por parte da Xunta da Estación pon fin a esta situación “anómala e prexudicial para o Concello de Ponteareas”, segundo sinala Mera. O goberno local do BNG-PSOE amósase satisfeito por poñer fin a unha carga económica “que non nos correspondía” e agarda que, nesta liña, a Xunta asuma no futuro servizos da súa competencia como a Escola Infantil, a Residencia de Maiores ou o Conservatorio, que conlevan gastos de máis de dous millóns de euros anuais e “que poderíamos destinar a competencias nosas fundamentais como o saneamento e equipamentos municipais”, segundo explica o concelleiro.

O Concello iniciará agora os trámites para fixar definitivamente a débeda contraída pola Xunta co Concello polas perdas asumidas na xestión da Estación, que o ano pasado fora calculada en 150.000 euros, pero que debe ser actualizada. Mera amósase convencido de que “a Xunta cumprirá coa súa palabra e pagará o que nos debe”. Por último, o goberno municipal mantén a “man tendida” para que a Xunta execute a remodelación de todo o edificio “coa colaboración municipal ofrecida no seu día a cambio de dispoñer da primeira planta do edificio” e mediante fórmulas que conten cos informes favorábeis dos servizos xurídicos e económicos municipais.

A Guarda reúnese co sector e entidades para presentar as actuacións seleccionadas ao Plan de Sostibilidade Turística en Destino

0

O Concello da Guarda está traballando na súa candidatura á convocatoria extraordinaria no marco do “programa de Planes de Sostenibilidad Turística en Destinos” ante a Secretaría de Estado de Turismo.

Esta convocatoria extraordinaria de 2022 do plan territorial a Secretaría de Estado de Turismo ten como base a enogastronomía. Polo que o Concello da Guarda conta cunha excelente oportunidade á presentar unha estratexia turística en torno ao potencial gastronómico da Guarda pero vinculado ao importante patrimonio histórico e natural.

O pasado martes 3 de maio tivo lugar na Casa dos Alonso a mesa de traballo co sector para coñecer a súa opinión e recibir a achegas e así poder presentar unha candidatura real, obxectivo básico para o desenvolvemento deste programa. 

Neste encontro participaron 12 representantes do tecido empresarial e social da Guarda como empresas de aloxamento, hostalaría, asociacións culturais e deportivas, comunidades de montes,…

Este mesa de traballo comezou coa intervención do Alcalde, Antonio Lomba, onde adiantou aos presentes que A Guarda está inmersa na elaboración da candidatura aos fondos europeos para o deseño e desenvolvemento dun Plan de Sustentabilidade turística en Destino para o Concello da Guarda.

O alcalde quixo destacar que a candidatura da Guarda é unha excelente oportunidade para conseguir financiamento para proxectos de gran envergadura e que suporán unha transformación para a nosa vila cun orzamento que supera os 1,7 millóns de €.

O detalle das actuacións foron presentadas pola Estrategía y Consultoría EOSA, empresa especializada que está redactando a candidatura que leva como fío condutor a enogastronomía aínda que terán un gran impacto no Monte Santa Trega, praia do Muíño, mobilidade, dixitalización do turismo e das accións máis especificas sobre gastronomía.

Como remate abriuse a rolda de intervencións dos convidados na que se resolveron as dúbidas. Tamén se recolleron as achegas e suxestións e actualmente estase traballando na súa incorporación e así contar cunha candidatura completa e con posibilidade para acadar estes fondos europeos.

A Deputación presenta este xoves unha banda deseñada para “descubrir e apaixonarse” coa biografía de Delgado Gurriarán

A Deputación de Pontevedra, a través dos departamentos de Lingua e Memoria Histórica, presentará este xoves unha banda deseñada (BD) que pretende que a mocidade e o público xeral “descubra e se apaixone” coa biografía de Florencio Delgado Gurriarán, o autor protagonista das Letras Galegas 2022. A estrea da publicación realizarase no acto central que terá lugar este xoves ás 19 horas no Pazo Provincial en Pontevedra, onde tamén se desenvolverá unha mesa redonda sobre ‘O retorno de Florencio Delgado Gurriarán’ con Ricardo Gurriarán, Miro Villar, Tamara Andrés e a interpretación de poemas musicados do autor a cargo de Sheila Patricia.

A BD, que se repartirá de balde entre as persoas asistentes, foi realizada de maneira coral por alumnado e persoal da escola ‘O Garaxe Hermético’. Foi coordinada por Kiko Dasilva, con Fernando Llor no guión, Fernando Iglesias na rotulación de textos, e Zaida Novoa, Pablo Prado, Miriam Iglesias, Damián Gómez, Eli García, Jorge Fernández, Chano Ripio, Iria Aldegunde, Antonio Recuna, Miguel Rojo, Fonso Barreiro e Mara Méndez nas ilustracións.

Segundo explica o coordinador Kiko Dasilva, trátase dun libro diferente “que vai chamar a atención” porque fai protagonista do libro autobiográfico á xente moza. De feito, a historia da BD é a de tres rapazas que teñen que afrontar a encarga da súa mestra de realizar un traballo sobre Florencio Delgado Gurriarán. “Primeiro están perdidas e aburridas, dicindo ‘outra vez un traballo de Lingua Galega para as Letras Galegas’, pero despois descobren e apaixónanse sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán¸ descubrindo unha persoa comprometida coa terra e que incluso participou nas guerrillas, un poeta e un loitador antifascista comprometido coa República e co galeguismo”, afirma Dasilva.

A obra está destinada principalmente á rapazada e ao público adulto, non tanto ás crianzas, posto que inclúe escenas “duras” da Guerra Civil “aínda que contadas con elegancia e poética para non ferir sensibilidades”, subliña o coordinador, que explica que a historia está narrada en varios tempos, o presente (das rapazas), e o pasado, con varios saltos temporais para falar da vida do autor que inclúen tratamentos gráficos diferentes.

“É un ‘traballazo’ feito en tempo récord e cunha grande calidade, posible grazas á multiplicidade de autores e autoras que están entrenados a facer unha BD deste estilo e que saben como funciona”, subliñou Dasilva.

A presentación da BD inclúese no acto central das Letras Galegas deste xoves 12, ás 19 horas no Pazo Provincial de Pontevedra baixo o título ‘O retorno de Florencio Delgado Gurriarán’. Será unha mesa redonda conducida por Silvana Moril na que intervirán o biógrafo de Florencio Delgado Gurriarán, Ricardo Gurriarán, cunha exposición baixo o título “Marchei sen calar, dándolle sebo as canelas”; o escritor e profesor de Lingua e Literatura Miro Villar coa intervención “O macrotexto poético de Florencio Delgado Gurriarán”; e a escritora, investigadora e tradutora Tamara Andrés, que falará “Do xardín alleo: Florencio Delgado Gurriarán desde o prisma da tradución”. Haberá intervención musical de Sheila Patricia, que interpretará pezas baseadas en poemas do homenaxeado.

Para asistir ao acto deste xoves 12 está aberta inscrición de público na páxina web da Deputación. As prazas outorgaranse por orde de solicitude ata completar cabida.

O Concello de Ponteareas dá o seu apoio á manifestación do vindeiro 12 de maio en defensa da sanidade pública

Como xa se recolleu na última sesión plenaria, o Concello de Ponteareas traslada o seu total apoio á manifestación que se celebrará o vindeiro 12 de maio ás 20.00 h en Vigo baixo o lema ‘Salvemos a Atención Primaria. Recuperemos a sanidade pública’, convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e Paradanta e as outras 16 plataformas en defensa da sanidade pública da Área Sanitaria de Vigo.

A situación da atención primaria na vila e na comarca “é insostíbel”, con 9.000 persoas sen médico ou médica de familia asignada, “sen poder pedir cita, que non son atendidos telefonicamente e que deben decidir por si mesmos se a doenza que padecen require unha visita a urxencias ou se deben esperar tres ou catro semanas para unha receita ou unha consulta cun facultativo ou facultativa que cambia cada vez”.

O Concello anima a toda a veciñanza a participar nesta manifestación e amosar así o seu malestar cunha situación de precariedade cada vez máis agudizada, xa que nestes intres tampouco se está a substituír o persoal de baixo ou de permiso no PAC, un servizo de urxencias que atende a máis de 50.000 persoas de Ponteareas e da comarca.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e Paradanta pon a disposición da veciñanza autobuses para poder asistir á manifestación que sairán de diferentes puntos da comarca cun prezo de 5 euros, ou de balde para persoas desempregadas ou estudantado. É preciso reservar praza.

O Concello de Baiona acomete obras de arranxo no pavimento de pedra da zona vella

0

O departamento de Vías e Obras do Concello de Baiona está a acometer obras de arranxo no pavimento de pedra da zona vella.

O concelleiro responsable da área, Óscar Martínez indica que “é un labor que facemos durante todo o ano, pero que intensificamos nestes días aproveitando ao persoal contratado a través do Plan Concellos da Deputación.”

Os operarios reparan os fallos, como pedras levantadas e outras afundidas. Prevense diferentes tipos de actuacións nos viais do interior do centro histórico da Vila segundo a problemática que presentan.

As zonas do casco antigo onde se actúa son aquelas que se atopan deterioradas, desgastadas ou envellecidas polo paso do tempo. As zonas e criterios de actuación fíxanlles os servizos técnicos da Brigada Municipal, que se encarga dos traballos.

“Desta forma dáse resposta á demanda real de mantemento destes losados, transcendentais no espazo público do centro histórico baionés. Trátase do pavimento característico e tradicional de todos os centros históricos de Galicia. Unha intervención necesaria que tamén ten como finalidade facilitar a accesibilidade e a mobilidade, e dar resposta ás demandas veciñais”, sinala o rexedor Carlos Gómez Prado.

As melloras en instalacións deportivas suman preto de 155.000 € en Covelo

0

O Concello de Covelo continúa coa mellora das instalacións públicas deportivas nas que,  nos últimos anos, leva investido 154.327 €. Unha pista de skate e unha pista polideportiva detrás do edificio multiúsos municipal, unha nova pista de padel, colocación de canastas en distintas parroquias e melloras nas pistas polideportivas de Baldomar, Barcia de Mera, Casteláns e Maceira son algunhas das actuacións postas ao servizo da cidadanía nos últimos anos.

A estas actuacións súmanse as que se realizarán ao longo deste ano en Pazos, Santa Mariña, donde o Concello mellorará a pista deportiva rebaixando as aristas existentes entre as xuntas do pavimento e reparando o formigón para o seu posterior marcado e pintado.

Co obxectivo de ofrecer á veciñanza instalacións públicas de calidade, o goberno de Covelo construiu unha pista de padel con peche perimetral de aceiro galvanizado e vidros templados e cun pavimento de céspede sintético padelgrass, elementos todos eles homologados e con excelente comportamento ao bote da pelota durante o xogo, investindo un total de 39.898,83 €.

Nas parroquias de Barcia de Mera, Casteláns e Maceira realizáronse traballos de limpeza das antigas pistas para proceder ao novo revestimento de alta resistencia ao desgaste e á accións dos axentes atmosféricos con micro rugosidade para unha maior seguridade na práctica deportiva ao aire libre. Ademais procedeuse ao marcado das liñas de xogo para fútbol sala e tenis e suministrouse novas redes de porterías en Casteláns e Maceira, e de tenis en Casteláns. Na parroquia de Baldomar, dado o estado de deterioro da pista antiga, foi necesario dispor primeiro dunha nova soleira de formigón sobre a xa existente. En total actuouse sobre 2.617 m2.

O goberno aposta por ofrecer servizos de calidade á cidadanía que contribúan a unha mellora do día a día, fomenten hábitos de vida saudables, e repercutan na fixación de poboación.

“Queremos que os nosos veciños e veciñas teñan as infraestruturas que precisan para o desenvolvemento diario da súa vida, espazos públicos de calidade sen ter que saír do seu concello. Exemplo disto é a recén inaugurada pista polideportiva e de skate, detrás do edificio multiúsos na que é habitual ver aos máis pequenos xogando e practicando deportes”, explica o alcalde Pablo Castillo.

Ademais, en San Salvador de Prado, Barciademera, Godóns e Paraños veñen de colocarse canastas de mini basket cun orzamento total de 4.500 €.

Visita ás obras de rehabilitación do Centro Social A Devesa

A Concelleira de Ensino, Benestar Social, Sanidade e Voluntariado Ángela Ledo Souto e Alcaldesa Verónica Tourón visitaron as obras de Rehabilitación do Centro Social da Devesa que se iniciaron xa no pasado mes de abril.

Este proxecto de rehabilitación conta cun orzamento de 673.674 euros, dos que a Deputación achega directamente o 80% (538.939 euros) mentres o Concello asume o 20% restante a través do financiamento do Plan Concellos 2022-2023.

Esta actuación supón a remodelación definitiva do espazo urbán do Campo da Feira da Devesa, coa dotación de novos equipamentos sociais representados na remodelación integral do Centro Social de A Devesa construído no ano 1962.

O obxectivo desta reforma integral e dotar ao Centro Social dunha maior eficiencia enerxética e aportar unha maior comodidade, accesibilidade e funcionalidade aos colectivos sociais e asociacións que alí desenvolven as súas actividdades.

Verónica Tourón, Alcaldesa e Concelleira de Urbanismo: “Coa reforma do Centro Social da Devesa Salceda contará cunhas instalacións propias do século XXI que contribuirán á modernización das dotacións municipais para dar servizo á veciñanza que forma parte das asociacións de carácter social do noso concello.

Aberto o prazo para a solicitude de participación na II Mostra Creativa do Baixo Miño

0

O Concello da Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.

Un dos obxectivos da iniciativa, que tivo a súa primeira convocatoria no 2021, é acadar que a Mostra se poda consolidar como un evento de referencia e con periodicidade anual onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño. Por isto invitamos a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que cubran a ficha de inscrición e a envíen ao correo electrónico [email protected].

O CN Ponteareas proclámase campión galego da División de Honra por primeira vez na súa historia

O pasado sábado, 7 de maio, tivo lugar a final da liga galega de clubs de natación na máxima categoría, a división de honra.

A sede elixida para o desenlace desta competición, que premia a partes iguais os resultados e a regularidade, foi a piscina Rosario Dueñas, cunha lámina de auga de 50 metros, en Ourense.

Tres clubs disputábanse o prestixioso galardón de ser campión, os anfitrións do CN Pabellón Ourense, xunto aos equipos do CN Portamiñá (Lugo) e o CN Ponteareas.

Nadadores e nadadoras chegaban á primeira das dúas sesións, a de mañá, con rostros de seriedade e concentración, coñecedores de que os tres equipos loitarían polo título coas súas mellores armas. Ao remate da mesma, o CN Ponteareas encabezaba a clasificación cunha pequeña avantaxe sobre o CN Portamiñá, coa que afrontaba as probas da tarde.

 Mantendo a emoción ata o final, coa presencia dun ruidoso público que animaba dende a grada, o club do condado foi quen de manter a distancia e – cunha axustada clasificación final – proclamarse, por vez primeira na súa historia, campión galego da división de honra. A segunda posición foi para o CN Portamiñá e a terceira para o CN Pabellón.

Segundo recoñecía o seu director técnico e presidente, Andrés Carrera, “ser campións da máxima categoría era un fito difícil de imaxinar hai tan só uns anos, así que facelo realidade é unha inmensa ledicia” engadindo ademáis que “este resultado pon de manifesto que estamos a traballar na dirección correcta”. Andres quixo extender a felicitación a todos os nadadores e nadadoras que fixeron posible o resultado, así como a técnicos, familiares, instituciones  e patrocinadores.

O CN Ponteareas fíxose co título fronte a clubs de capitais de provincia, como subliñaba o seu adestrador, “ acadar este título dende unha vila fai aínda máis meritorio este campionato”.

Logo da celebración, o club afronta diversos e importantes compromisos, entre os que destacan a organización de diversas probas oficiais este verán, tanto na piscina do Complexo deportivo Álvaro Pino – o Campionato galego máster-  como no río Tea – con probas do Circuito Galego e a Copa de España de augas abertas- que presentarán en vindeiras datas.

A actividade non para dende o punto de vista deportivo, con adestramentos e competicións, pero tampouco a nivel institucional, coa aposta decidida pola celebración de competicións en Ponteareas, creando sinerxias entre o deporte e o sector do turismo, comercio e hostalería locais.

Dende a directiva do club manifestan que “manter este nivel é moi complexo, a nivel económico atravesamos nestes dous últimos anos a situación máis delicada da nosa traxectoria, comprometendo a nosa existencia”. Contar co respaldo das institucións é fundamental, pero tamén e vital facelo co soporte de patrocinadores privados, e os eventos deportivos organizados na vila do Tea xeran un impacto económico directo ademáis de ser o mellor espello publicitario para as empresas e comercios.

Éxito de participación no Trail do Aloia

0

Máis de 400 participantes gozaron esta fin de semana do Tail do Aloia 2022. Con dúas versións, unha para os máis pequenos en idades comprendidas de 5 a 14 anos e outra para maiores de 16 anos.

O pistoletazo de saída soaba ás 16:30 horas do sábado 7 coa celebración do Aloia Kids Trail onde os traileros máis pequenos puideron gozar de tres probas correspondentes a cada idade.

Ao día seguinte, tocáballes a quenda aos maiores no Trail do Aloia que arrincaba ás 10:00 horas coa distancia de 21km seguidos de preto polos traileros que percorreron 12km con saída ás 11:00 horas. Ambos os percorridos tomaron saída e meta no Paseo Dá Corredera, no Concello de Tui e foi o Monte Aloia o lugar de encanto onde puideron gozar dunha proba en plena natureza.

E esta vez os participantes non só tiveron que pelexar contra a dureza do percorrido, cun desnivel acumulado de 1690 metros para os atletas do 21 k e de 800 para os do 12 k, senón que o sol coas súas elevadas temperaturas foi o invitado que en que ninguén contaba en pleno mes de maio.

Na carreira máis longa, 21 k, puntuable para a PONTEVEDRA TRAIL LEAGUE, cumpríronse os prognósticos xa que os favoritos, tanto na categoría masculina como na feminina cruzaron en primeira posición a liña de meta.

O baionés David Pazo, completaba o trazado cun tempo de 01.56.12, seguido por Marcos Fernández do Castrelos Trail, 01.56,37. Terceira praza para Óscar Guerra de Cambados, que foi capaz de remontar na baixada para lograr o bronce (01.59.34).

Diana Domínguez de Nigrán, era a gañadora con 02.22.39, coa valenciana Elena Rosell, 02.25.18, e Ronsel Alonso, 02.30.51, flanqueándoa no pódium.

Se a distancia de 21 km, fíxose dura, o 12 k. foi moi rápido para cabeza de carreira. En pouco máis dunha hora, Dario Arias gañaba con gran superioridade (01.01.15) , por diante de Iván Pereira, (01.02.10) e de Daniel Domínguez (01.02.25).

No apartado feminino triunfo incontestable para Leticia Trabazos de Salvaterra (01.23.29)
Con máis de minuto e medio de diferenza sobre a salcedense Vicky Cerqueira 01.25.35, sendo Laura Pérez medalla de bronce.

Tras os mellores foron chegando un rosario de trialeros que lograron, un día máis, o seu éxito persoal: Finalizar unha nova carreira.

A Alameda Castelao, escenario do II Torneo de Xadrez Intercentros de Redondela

0

A Alameda Castelao de Redondela acollerá, o vindeiro 20 de maio entre as 9:30 h e as 13:30 horas, o II Torneo de Xadrez Intercentros de Redondela para as categorías de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO. O torneo, organizado pola Concellería de Deportes que xestiona Nacho González e coa colaboración do IES Pedro Floriane, disputarase segundo o sistema suizo de 5 rondas.

Disputar un torneo destas características nun espazo público como a Alameda Castelao “contribúe a darlle visibilidade e propiciar que nenos e nenas, que sintan curiosidade polo xadrez, anímense a practicalo”, explica a alcaldesa de Redondela Digna Rivas.

A maiores do torneo en si, o maestro FIDe máis novo da Galicia, Xulio del Prado, dará unha pequena charla ás 13 horas. Cómpre salientar que no pasado 2021, Xulio del Prado completou un extraordinario ano ao proclamarse campión galego absoluto de partidas rápidas, bater ao Rey Enigma e asinar taboas co astro axedrecístico indio Gukesh.

Esta semana impartiranse cinco obradoiros a cargo de SmartPeme

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como a fabricación dixital con filamento, o desenvolvemento da túa propia estratexia de email márketing turístico, Google Adwords como entendelo e crear campañas eficaces, iniciación ao SEO e fabricación dixital con debuxo 3D.

O martes 10 e o xoves 12 o encargado de dirixir os obradoiros será Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D. Ambos talleres constan de 50 horas de duración e inclúense no novo formato mixto, que combina formación en liña (30 horas) e prácticas presenciais no Fab Lab (20 horas) do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O primeiro, “Fabricación dixital. Impresoras de Filamento” ten como obxectivo e dar a coñecer as  tecnoloxías implicadas no proceso de fabricación dixital deseñando pezas en 3D. O segundo, “Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape II – Partstudio II” complementará a formación da semana anterior na utilización deste software 3D. O martes, na quenda da tarde, o curso “Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing turístico” centrarase en aprender como dar a coñecer a túa empresa, os teus servizos e valores mediante o correo electrónico e tamén, coñecer as vantaxes de esta técnica, mellorar o deseño e medir o impacto das diferentes campañas. A condutora desta formación será Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago.

O mércores 11, pola mañá, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, falará sobre “Google Adwords, como entendelo e como crear campañas eficaces I”. Google Ads é un programa de publicidade en liña de Google que permite crear anuncios para alcanzar ao teu público obxectivo e traballar no posicionamento SEM. Pola tarde, Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona, impartirá o obradoiro “Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos”. Nel tratará de achegar os conceptos básicos que compoñen o SEO e amosará o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o seu posicionamento nos principais buscadores aumentando o tráfico de usuarios ou clientes.

“Love Rías Baixas” namora na Feira Expovacaciones de Bilbao

“Un exitazo”. Así definiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a presenza do destino  Pontevedra Provincia na Feira Expovacaciones de Bilbao, certame co que a institucion provincial reiniciaba, tras Fitur, a promoción da campaña “Love Rías Baixas”. Carmela Silva, que liderou a delegación provincial no Exhibition Center da capital vasca, mostrou a súa “enorme satisfacción” ante a masiva afluencia de público ao stand de Rías Baixas, que chegou a rexistrar colas para achegarse ao punto de información e polo que este domingo tiñan pasado xa 20.637 persoas para interesarse pola oferta turística da provincia de Pontevedra.

“Foi sorprendente, inesperado non porque sabemos que no País Vasco hai un enorme interese polo noso destino, pero aínda así fomos un dos stand con maior presenza de visitantes que non deixaron de achegarse a Love Rías Baixas”. “Volvemos a casa moi contentas, dixo a presidenta, porque isto significa que seguimos no bo camiño e que a nosa provincia continúa a liderar os principais destinos do Estado”. De feito, no encontro que mantivo con Carmela Silva, o propio Director da na feira “Expovacaciones”, Jose Antonio Prado, foi testemuña directa da masiva presenza de visitantes e confirmou que “o interese por Rías Baixas sempre ten sido moi grande en Euskadi” e que a grande afluencia desta fin de semana ao stand da Deputación confirmaba unha vez máis ao público vasco como un dos principais emisores de turistas cara á provincia. As familias e grupos tiveron incluso que agardar para fotografarse no punto selfie que tiña o stand da Deputación con fermosas imaxes de termalismo, enoturismo, natureza, e paisaxe de Rías Baixas. A presidenta lembrou que precisamente o turismo activo, de ocio e familiar, nos que se centraba esta feira, son elementos centrais do noso Plan Estratéxico de Turismo. Estamos a facer ben as cousas”.

Carmela Silva co director de Expovacaciones

Coa campaña “Love Rías Baixas en “Expovacaciones”, a Deputación tamén presentou produtos turísticos como os Castelos de Soutomaior e Sobroso, ambos os dous musealizados con novas tecnoloxías, que espertaron moito interese. Amais, o persoal de Turismo Rías Baixas mantivo contacto con turoperadores para poñer en valor á provincia e establecer vínculos para que sexa promocionada noutros lugares do Estado, e tamén con outras comunidades autónomas e destinos que están a promover experiencias similares para establecer relacións cara á presentación de proxectos conxuntos aos fondos Next Generation.

Con este inicio do calendario feiral estatal e a súa exitosa presenza en Bilbao, a Deputación ten previsto seguir a participar naqueles certames turísticos que sexan mercados prioritarios do destino Rías Baixas. Do mesmo xeito, xa se están perfilando os dous novos workshop que, en colaboración co sector turístico da provincia, volverán a celebrarse neste 2022 noutros dous puntos do Estado, despois de ter pasado estes últimos anos por Barcelona, Madrid e Valencia.

Ledicia Costas, «O neno de lume»

Ledicia Costas ten unha imaxinación poderosa e unha rara habilidade para a construción do que poderiamos chamar «relato marabilloso», ese que mistura realidade e fantasía, no que conviven persoas do común con seres sobrenaturais dotados de habilidades especiais, e consegue que todos eses elementos conflúan sen atrancos nun texto capaz de espelir a creatividade dos máis pequenos. Demostrouno en 2014, ano do seu primeiro Premio Merlín, con «Escarlatina, a cociñeira defunta»; volveuno a demostrar posteriormente con algunhas das súas obras para nenos (e, en certa medida, tamén nas obras para adultos), e volve a conseguilo de novo con «O neno de lume», co que tamén foi galardoada na última edición do Premio Merlín.

Trátase dunha novela protagonizada por un neno peculiar, Morgan, que un día apareceu nunha cesta na porta da señora Culpepper, na cidade de Lilitown. O máis sorprendente desta personaxe é que anda sempre acompañado dunha pequena lapa que só el pode ver, que aniñou no seu ombreiro, coa que mantén conversas e á que chama Luminaria. Morgan ten unha amiga de confianza, Anna, coñecida como «a nena Morcego». Un día no que unha néboa moi peculiar, moi mesta e que sabe a sopa, invade a cidade, Morgan e Anna iniciarán unha aventura na procura de tres misteriosas irmás vinculadas dalgún xeito descoñecido ao pasado do neno de lume e supostas responsables da brétema que asolaga a vila.

O relato sérvelle de coartada a Ledicia Costas para tratar de explicarlle aos máis pequenos algunhas cuestións básicas relacionadas coa meteoroloxía, o nacemento da chuvia, o papel dos ventos ou a forza do sol. Pero é tamén un pretexto para afondar nas relacións persoais, a amizade, a colaboración mutua e mailo rol que cada un de nós xogamos no entorno que nos tocou vivir. Cuestións non menores, dende logo. O relato aborda todos estes temas e moitos máis nun ambiente de máxica irrealidade que nos fai lembrar os contos clásicos, eses que pasaron de xeración en xeración marcando o noso xeito de entender o mundo.

A autora ten oficio, e iso nótase na fluidez coa que desenvolve a trama, na súa habilidade narrativa e na capacidade para acadar resolucións sorprendentes aos conflitos prantexados. Mesmo dirixíndose directamente ao lector e incitándoo á lectura da obra, algo habitual nas primeiras páxinas dos seus relatos. E todo iso facendo gala dunha imaxinación desbordante e sen perder por un momento a súa retranca habitual, un dos sinais de identidade máis característicos dos textos para nenos de Ledicia Costas.

Ledicia Costas

«O neno de lume»

Ilustracións de Iván R.

Xerais

O Servizo de Normalización Lingüística do Porriño pon en marcha o seu propio espazo web

O Servizo de Normalización Lingüística do Porriño, pertencente á Concellería de Educación, conta xa cun espazo web propio (www.normalizacionlinguisticaoporrino.wordpress.com) co obxectivo de achegar o noso idioma á cidadanía e co que poderá dar visibilidade ás campañas de dinamización e normalización lingüística, así como a diversos materiais e recursos en lingua galega.

As persoas usuarias poderán, ademais, resolver as súas dúbidas lingüísticas e achegar as súas suxestións a través do formulario de contacto co que conta este espazo web.

A través do espazo dedicado a novas o SNL do Porriño manterá informada a súa cidadanía da actualidade relativa á lingua galega, tanto local coma autonómica.

O blog abre as súas portas co concurso O galego é,co obxectivo de dinamizar a lingua galega na mocidade, e coa presentación da Unidade Didáctica: Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), para achegar a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022 á nenas e nenos de 5º e 6º curso de primaria. 

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda manifestarase o 12 de maio

0

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a veciñanza a participar na Manifestación en defensa da Sanidade Pública convocada por todas as Plataformas en Defensa da Sanidade da Área Sanitaria de Vigo o próximo xoves día 12 de maio ás 20 horas en Vigo. Sairán autobuses gratuítos desde a comarca e calquera persoa que queira participar pode anotarse chamando ao 986 610465.

Desde a plataforma guardesa manifestamos que o nível de deterioro da Sanidade Pública require respostas conxuntas da cidadanía para premer a Xunta de Galiza diante do deterioro progresivo ao que levan sometendo este servizo público esencial.

A Plataforma está convencida que só coa mobilización da cidadanía imos ser capaces de frear o deterioro da sanidade e afianzar certos logros que despois de moita presión e moitas mobilización imos conseguindo. Nomeadamente, a dotación do PAC da Guarda cun segundo médico de urxencias, un segundo médico que non se está a garantir de forma constante senón intermitente. É o noso deber lograr que este paso se convirta nun segundo equipo completo, con persoal médico e de enfermaría, de forma permanente.

Continuamos esixindo, asimesmo, a cobertura completa das ausencias e permisos do persoal do noso Centro de Saúde e a dotación dunha ambulancia medicalizada para o Baixo Miño.

O Concello transformará a estrada vella de San Miguel de Tabagón

0

O Rosal aposta por unha estratexia de desenvolvemento global no municipio que permita poñer en valor a súa contorna e poñer ás persoas no centro. Neste camiño o Concello porá en marcha un novo proxecto que transformará a estrada vella de San Miguel de Tabagón que foi presentado pola alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, ante á veciñanza nun acto de participación social que contou cunha alta implicación de rosaleiros e rosaleiras do barrio.

A rexedora, acompañada do equipo técnico do proxecto, explicou a todas e todos os presentes que o obxectivo da reforma é “mellorar a calidade dunha contorna que conta cun perfil urbano cun carácter singular, ao tempo que se aumenta a seguridade dos percorridos peonís, facendo que estas rúas recuperen parte da súa identidade orixinal, máis favorable para o paseo e as relacións cotiás e sociais entre a veciñanza”.

O proxecto de reforma comezará a executarse pola zona máis deteriorada da estrada vella, ao carón da ferraxería, onde unha das principais accións que se levarán a cabo será a renovación dun muro de contención de mampostería, unha solución construtiva que se integrará na contorna e que resolverá os problemas que presenta o muro actual, en estado de deterioro.

A intervención xeral consistirá na renovación de pavimentos con materiais e elementos que contribúan a unha circulación máis calmada e a unha maior integración paisaxística, “dándolle prioridade ás persoas e creando espazos de calidade máis seguros, con vías accesibles e inclusivas que fomenten unha mobilidade máis saudable e sustentable”, salienta a alcaldesa.

Fernández Callís puxo en valor a implicación e compromiso de toda a veciñanza do barrio, que durante o encontro realizou algunhas achegas relevantes sobre temáticas como a problemática das pluviais nesa zona de escorrentía que se incorporarán ao proxecto.

A Xunta abre unha nova liña de axudas para o talento musical

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria e as bases dunha nova liña de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixida ao talento musical galego, que suporá unha inxección económica directa de 1,2 millóns de euros para a promoción e difusión de proxectos artísticos profesionais, sen precedentes no sector. Este fondo forma parte das medidas que o Goberno galego está a desenvolver a través do Hub Audiovisual da Industria Cultural, que se abre agora á música despois de ter iniciado xa varias accións específicas para o audiovisual e os videoxogos.

Tal e como lle adiantou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, a unha representación do sector o pasado día 23, a apertura desta vía de apoio é o resultado dun proceso de diálogo coa Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), colectivo que agrupa as principais compañías de management e axencias artísticas galegas, co obxectivo de apoiar toda a cadea de valor que permite o impulso das carreiras musicais de artistas que desenvolvan a súa actividade maioritaria en Galicia.

Prazo ata o 6 de xuño

Así, estas subvencións poden solicitarse desde mañá e ata o 6 de xuño por parte de profesionais autónomos ou de empresas musicais de Galicia para o desenvolvemento e promoción tanto de solistas e grupos como de proxectos colaborativos entre cando menos catro deles.

Con esta convocatoria extraordinaria, cuxo alcance económico se estende a 2023, dáse un salto cuantitativo e cualitativo respecto a anteriores axudas específicas para o sector musical, dirixidas maioritariamente á organización de festivais e á produción discográfica. Desta volta, búscase contribuír directamente á promoción dos artistas en diferentes fases, que van desde a análise e implementación de ferramentas para o desenvolvemento do talento musical ata a internacionalización, pasando pola súa introdución e consolidación no seo da industria.

Financiarase, con tal fin, ata o 70% dos gastos de cada proxecto adxudicatario que teñan que ver con produción, comercialización e márketing, promoción e comunicación, distribución dixital, concertos e xiras, consultaría e persoal, entre outros.

Dúas modalidades

Establécense dúas categorías de propostas subvencionables: a modalidade A para proxectos musicais unitarios arredor dun só artista, xa sexa solista ou grupo, e a modalidade B para proxectos arredor dun mínimo de catro solistas ou bandas. No primeiro dos casos fíxase unha axuda máxima de 40.000 euros por solicitude, mentres que no segundo este límite ascende a 200.000 euros.

A música pasa a integrarse así nas liñas de acción deseñadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no marco do seu Hub, un programa extraordinario que suporá unha inxección económica de 9,6 millóns de euros nas industrias culturais galegas ata 2023. Este investimento estase a executar través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da Covid-19.

Salvaterra de Miño prepara actividades con motivo do Día das Letras Galegas

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño organiza a través da Biblioteca Municipal unha actividade para os máis cativos, co fin de conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Florencio Delgado.

A través dun divertido xogo por equipos os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas, e os autores e autoras homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do homenaxeado deste ano, Florencio Delgado

A actividade realizarase o próximo mércores 18 de maio ás 18.00 horas no recinto Amurallado. Para participar recomendase inscribirse no teléfono 637 108 343 ou no correo [email protected].

Asinado o convenio para que o Museo poida unir baixo terra e rehabilitar os edificios centrais

O Museo de Pontevedra ten xa un paso máis dado cara a rehabilitación dos seus edificios centrais. A Deputación-da man da presidenta Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera- e Concello de Pontevedra -da man do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores- asinaron o convenio de colaboración para a cesión de uso do subsolo público que permitirá unir os inmobles baixo terra de maneira accesible, consolidalos e restauralos.

Grazas ao acordo o Concello permite o uso de 355 metros cadrados do subsolo das rúas Sarmiento (30 m2), Pasantería (225 m2) e García Flórez (100 m2) coa finalidade de que se poidan acometer as obras necesarias para a interconexión. As superficies dos treitos de subsolo manterán a titularidade municipal como bens de uso e dominio público e, moi probablemente, segundo avanzou o vicepresidente Mosquera, non se utilizarán na súa totalidade. Inicialmente realizarase a conexión entre o edificio García Flórez e o Castro Monteagudo e deixarase para unha segunda fase a unión co Fernández López.

A sinatura do convenio era un paso imprescindible para sacar adiante a licitación das obras de mellora. A día de hoxe a modificación do Peprica está en fase de aprobación definitiva e o proxecto de execución enfocado, co visto bo de Patrimonio sobre o proxecto básico, polo que a previsión é que no segundo semestre do ano poidan adxudicarse os traballos e iniciar a obra.

O vicepresidente Mosquera amosouse optimista pese a todas as dificultades que tiveron xurdido no camiño: “xa é o tempo da rehabilitación”, dixo, asegurando que de todas as obras que tivo que xestionar (Mercado de Abastos, aparcamento da Praza de España, ou a rehabilitación do Pitillo, entre outras) estas están a ser as máis complicadas de levar adiante tanto pola complexidade como pola tramitación.

En canto ao orzamento da actuación, aínda que non está pechado o proxecto definitivo, o nacionalista asegurou que roldará os seis millóns de euros. Subliñou que se reiterará a petición de fondos á Xunta de Galicia e ao Estado, ademais de solicitar fondos europeos do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) na súa segunda convocatoria, “para os que se cumplen todos os criterios de concesión”. Destacou, sen embargo, que se non se obtén inxección económica externa “hai fondos provinciais suficientes” para que a Deputación afronte soa a mellora.

Outra previsión é a do prazo de execución, que será de entre un ano e medio ou dous anos, aproximadamente, sen que teña afeccións elevadas na contorna, xa que a actuación apenas suporá un valado inicial da rúa García Flórez e non implicará máis superficie pública que a dos inmobles en si.

O alcalde de Pontevedra, logo de asinar o acordo para ceder o subsolo necesario para conectar os edificios do Museo asegurou estar encantado polo traballo feito para a rehabilitación. Salientou que hai sobre a mesa unha solución de vangarda operativa, “imaxinativa e que funciona” que ten referencias de vangarda coma o Louvre. “Agradecemos o investimento potentísimo nestes tres edificios, e no sétimo edificio que será Santa Clara se todo vai ben”, asegurou, para engadir que é preciso poñer en valor o patrimonio e que todos os fondos que ten o Museo sexan expostos para goce da cidadanía de Pontevedra e de toda Galiza.

Logo de salientar a excelente colaboración entre o Concello e a Deputación, solicitou que se “dediquen todos os esforzos para que o Museo, no menor prazo de tempo posible, estea no seu esplendor”. Así mesmo, confirmou que na entrevista que manterá con Alfonso Rueda retomarase a petición de colaboración económica da Xunta na rehabilitación dos edificios. “É absolutamente razoable”, finalizou.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou a transcendencia do convenio para seguir avanzando no desenvolvemento do que cualificou como o “Museo Nacional de Galicia” que garda o noso patrimonio e a nosa cultura como ningún outro”.

Felicitou ao vicepresidente César Mosquera e ao director do Museo, José Manuel Rey, polo esforzo en sacar adiante este proxecto de ampliación “para que a cidadanía poida desfrutar de todo o que o Museo contén”, e destacou a “estreita colaboración” amosada polo Concello pontevedrés en todas as actuacións relativas ao Museo, “nas que o trata como propio”.

Carmela Silva confía amais en que a Xunta comprometa o seu apoio económico para a ampliación así como a administración estatal. “Cando esa ampliación sexa unha realidade virá moita máis xente da que o fai agora. Virá xente de Galicia, do Estado e a nivel internacional a coñecer un museo que vai ser absolutamente referencial a nivel europeo.

A Asociación de Empresarios de Redondela difunde entre as empresas o programa Kit Dixital

0

A sinatura de convenios de colaboración con axentes dixitalizadores será un dos eixos deste programa. SOYCOM, empresa con orixe en Chapela,  ven de asinar o primerio destes convenios e lanzar a súa proposta de dixitalización ás empresas asociadas.

Este novo convenio coa empresa SOFYCOM achega ademais solucións e paquetes de hardware que dan a posibilidade de adquirir en condicións vantaxosas este equipamento non incluído no programa Kit Dixital pero que resultan imprescindibles para optimizar o prodeceso de “redixitalización” dos negocios con equipos de úlltima xeración.

Máis información sobre o convenio.

O programa prevé a sinatura de convenios con empresas adheridas como axente dixitalizador do programa Kit Dixital, a realización de webinars para informar ás empresas e a publicación dun boletín con información dos eventos de difusión que teñan lugar no entorno ou de forma dixital.

Os axentes dixitalizadores son actualmente os únicos habilitados para subscribir acordos de presentación de solucións de dixitalización coas empresas beneficiarias das axudas do programa Kit Dixital.

As empresas que cumplan as condicións establecidas nas bases da convocatoria de axuda do Kit Dixital, poderán dispoñer dun BONO DIXITAL que lle permitirá acceder as solucións de dixitalización previstas no programa.

O programa Kit Dixital comprende dez solucións ás que é posible adhrerise:

  1. Sitio web e Presencia en internet
  2. Comercio electrónico
  3. Xestión de redes sociais
  4. Xestión de clientes
  5. BI e analítica
  6. Servicios de oficina virtual
  7. Xestión de procesos
  8. Factura electrónica
  9. Comunicacións seguras
  10. Ciberseguridade

O 9 de maio abre o prazo de solicitude de reserva de prazas para a Escola Infantil Municipal

0

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa de que a Escola Infantil Municipal abrirá do 9 ata o 31 de maio o prazo de presentación de SOLICITUDES PARA A RESERVA DE PRAZAS PARA O CURSO 2022/2023.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes por sede electrónica ou nas dependencias municipais.

Para maior información dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda no teléfono 986614507.