8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarGondomar pon en marcha distintas actividades para conmemorar o Dia das Letras...

    Gondomar pon en marcha distintas actividades para conmemorar o Dia das Letras Galegas

    Dende o día 13 e ata o 29 de de maio Gondomar acollerá distintas actividades literarias, culturais e gastrnomicas para conmemorar o Día das Letras Galegas 2022

    O Concello de Gondomar pon en marcha un programa de actividades denominado “Gondomar en Galego” que abarca a literatura, a música, o teatro e incluso o deporte.

    Paco Ferreira destacou que “a literatura galega e o noso idioma son unha parte fundamental da nosa cultura e da nosa identidade, pero esta forma parte de un todo que tamén inclue a gastronomía, a cultura, e incluso o deporte”.

    Por elo según o rexedor municipal “este ano programamos unha serie de actos moi variados para achegarnos a nosa lingua e a nosa cultura dende perspectivas e ámbitos moi diferentes”.

    Así os actos comenzar o día 13 coa Festa da Empanada, que en colaboración con OVALMI se prolongará ata o día 17 de maio.

    O día 15 deste mismo mes a Agurpación Musical de Vincios en colaboración con Espazo Lectura levarán a cabo un espectáculo poético musical a partir das 19:00 horas na Praza da Paradela.

    Xa o memso día 17, día das Letras Galegas comezará na xornada de mañá coa Festa da Bici do Val Miñor con saida e chegada diante da casa do Concello de Gondomar. Ese mesmo día pola tarde terá lugar un acto que se iniciará as 18:30 horas na mesma praza de A Paradela no que calquera cidadan que o desexe poderá prarticipar coa lectura de un fragmento de calquera obra literaria en galego. Para apuntarse a esa actividade deberán remitir un correo a cultura@concellodegondomar.gal cos seus datos persoais e indicando o texto elexido.

    Esta xornada rematará cunha actuación a cargo da Asociación Folclórica tradicional Os Ventos de Comesaña”.

    Como colofón a estes días de actividades o día 29 está programada una visita a Catoira para acudir a representación da obra “As 8 da tarde cando morren as nais” a cargo do Centro Dramático Galego. Para os interesados en acudir haberá un autobús gratuito dende Gondomar. Para anotarse a esta actividade deberán facelo a través da taquilla electrónica do Concello.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.