Martes, 22 Xullo de 2025

Peche temporal do albergue municipal da Guarda

0

O Concello da Guarda pechará o Albergue Municipal de Peregrinos durante as próximas semanas ante a redución do número de peregrinos.

Os meses de menor afluencia de peregrinos son decembro e xaneiro. Os días tan curtos e a maior probabilidade de mal tempo son as razóns polas que os peregrinos evitan realizar o camiño nos meses de inverno. Tamén poden influír as celebracións de nadal.

Aqueles peregrinos que escollen estas datas para camiñar a Santiago buscan precisamente un camiño con pouco tránsito que lles aporte tranquilidade e soidade. Ademais estes peregrinos de inverno adoitar escoller aloxamentos turísticos como hoteis onde dispoñen doutras facilidades como cuartos individuais e unha maior flexibilidade na hora da saída.

Segundo foi avanzando o mes de novembro notouse o forte descenso. Mostra de isto foron os peregrinos rexistrados na Oficina de Peregrino de Santiago con 861 peregrinos chegados de todos os camiños o día 1 de novembro e con tan só 96 peregrinos no día 30.

Durante o mes de novembro no propio albergue municipal houbo 9 días cun só peregrino e outros 9 días sen peregrinos rexistrados de camiño a Santiago.

Aproveitando o peche do albergue realizaranse tarefas de mantemento das instalacións.

Polo que o Albergue Municipal de Peregrinos permanecerá pechado do luns 19 de decembro ata o domingo 15 de xaneiro, abrindo novamente a partir do luns 16 de xaneiro.

A Xunta supera o obxectivo do 75 % de maiores de 65 anos vacinados contra a gripe

A campaña de vacinación antigripal posta en marcha pola Xunta, que comezou o pasado 10 de outubro e que rematará o 31 de decembro, conseguiu estes días, no que atinxe ao colectivo de persoas maiores de 65 anos, unha cobertura vacinal do 75,4 %, chegando, deste modo, ao obxectivo do 75 % marcado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e, tamén, polo Ministerio.

Así mesmo, os bos datos que está a acadar esta campaña de vacinación reflíctense en que no grupo de persoas maiores de 60 anos, a Xunta xa vacinou ao 69,4 %, o que supón situarse 3,7 puntos por riba da cobertura obtida no peche da campaña de vacinación do ano anterior.

Compre sinalar que o obxectivo xeral da campaña, á que o Goberno galego destina 8,6 millóns de euros e 1.017.000 doses, é diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas do padecemento da gripe, minimizando o efecto na saúde mediante a súa prevención.

A Xunta de Galicia ten dispostos para esta campaña en torno a 900 puntos de vacinación entre centros de atención primaria e hospitalaria do Sergas, centros médicos e consultas privadas, residencias da terceira idade públicas ou privadas, así como centros penitenciarios, unidades de atención aos drogodependentes, centros de menores e centros de discapacitados.

Nigrán acende hoxe a iluminación de Nadal

0

O Concello de Nigrán realizará o acendido do alumeado de Nadal, hoxe mércores 7 de decembro, ás 19:00 horas.

Dende as 18:00 haberá unha actuación de Peter Punk Pallaso para o público máis cativo e despois do encencido, ás 19:00 horas, un concerto do grupo local “San Rockers” na Praza do Concello. Os núcleos urbanos do municipio prenderán as súas luces nese intre e, durante o resto da semana, se extenderán a todas as parroquias.

Peter Punk, veciño de Nigrán, é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos. Os seus espectáculos gozan dunha grande acollida por parte do público cativo e adulto.

San Rockers, formado no ano 2012, é un grupo composto por músicos de Nigrán que conta cun repertorio formado por cancións orixinais e música española dos 80, 90 e 2000, polo que a festa está garantida.

Ponteareas acubíllase baixo o mesmo paraugas para reclamar dereitos para as persoas con discapacidade

Reclamar dereitos para un grupo social que supón o 9 % da poboación. Ese foi o obxectivo co que Concello, Asociación Adapta, Federación Cogami Pontevedra e veciñanza se deron cita este 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no salón de plenos nun acto que buscaba reclamar medidas que garantan os dereitos das persoas con discapacidade para estar en igualdade de condicións que o resto da sociedade. Porque, como recollía o manifesto lido durante o acto, “para poder elixir como vivir a nosa propia vida de maneira activa, precisamos dunha sociedade preparada e exenta de barreiras psicolóxicas, sociais, mentais e físicas”.

Con esta iniciativa púxose de relevo a discriminación estrutural e histórica, “que se incrementa cando os recursos existentes non alcanzan ás persoas con discapacidade de xeito efectivo, como a raíz das demoras na obtención da valoración do grao de discapacidade, os aprazamentos e retrasos na implementación da accesibilidade universal dos distintos ámbitos, a denegación de axustes razoábeis ou a insuficiencia de medios e recursos para garantir unha vida autónoma e en comunidade”.

Unha discriminación que, como salientaron todas as persoas que participaron neste acto conmemorativo e reivindicativo, “segue presente no ámbito educativo, laboral, social, sanitario, xudicial, lexislativo… A nosa sociedade mellorou en moitos aspectos, pero aínda queda moito para poder vivir en igualdade de oportunidades”.

A obtención do certificado de discapacidade, o acceso aos recursos do catálogo ortoprotésico ou aos servizos de atención temperá na contorna ou a falta de medios nos centros escolares son problemáticas que afondan nesa desigualdade provocando unha fenda que é necesario eliminar, e só poderá facerse traballando para deseñar unha sociedade que teña en conta a accesibilidade universal en cada uno dos apartados da vida.

O manifesto remataba co Concello, Adapta, Cogami e todo o movemento asociativo reclamando “que se garantan mecanismos sólidos e eficaces de vixilancia dos dereitos para que non sigan producíndose discriminacións por razón de discapacidade”.

O acto de conmemoración pechouse coa presentación da vindeira edición do concerto de Nadal da Banda de Música de Guláns o 17 de decembro ás 20.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal, no que a asociación Adapta dará a coñecer ao público asistente o centro que se está a reformar en Canedo e os recursos que alí vai a haber. O Goberno municipal quixo agradecer esta iniciativa por parte da Banda de Música así como a presenza de todas as persoas que nos acompañaron nesta xornada de reivindicación.

Xa está aberto o Mercadiño Solidario de Libros na biblioteca de Tui

0

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza até o venres 30 de decembro unha nova edición do mercadiño solidario de libros, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello.

Nestas xornadas, a Biblioteca Municipal ofrece os libros destinados ao expurgo, procedentes dos seus propios fondos ou de doazóns da veciñanza, para que aqueles lectores interesados poidan recoller aquelas obras que resulten do seu interese.

A condición para acceder a este mercadiño é a entrega dun lote de produtos de Nadal que estarán destinados ás familias atendidas polos Servizos Sociais municipais.

Os libros ofertados son de temática moi ampla e variada, desde novelas, libros infantís e xuvenís, libros de coñecementos, de non ficción, incluso algunhas obras de consulta.

O mercadiño estará aberto no horario de atención ao público da Biblioteca Municipal de luns a venres de 9 a 14 h e de 16 a 21 h, e os sábados de 9 a 13 h.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, que visitou esta mañá o mercado, salienta que con esta actividade a Biblioteca Municipal oferta un amplo abanico de libros a todas as persoas afeccionadas á lectura a cambio da entrega de produtos do Nadal cunha finalidade solidaria. É unha ocasión de achegarse para atopar algunha publicación, xa fora do mercado ou descatalogada, que deste xeito aproveita ao lector interesado e tamén á familia que recibirá os produtos de Nadal.

Engade a concelleira que as obras ofertadas no mercadiño serán renovadas periodicamente, polo que para os amates dos libros é recomendable realizar varias visitas ao mercadiño que ofrecerá novos títulos progresivamente.

Covelo aproba unha subida de 73.000 € anuais para o servizo de axuda a domicilio

0

O pleno da Corporación de Covelo aprobou en sesión extraordinaria a suba do prezo/hora do servizo de axuda a domicilio (SAF) posicionándose como un dos concellos galegos coa retribución máis alta por este servizo. Deste xeito, o Concello de Covelo investirá un total de 275.4880,4 € ano en prestar este servizo aos veciños e veciñas dependentes,o que supón un incremento de 73.000 € por ano respecto ao custe do anterior contrato do SAF.

O Concello de Covelo fixa, deste xeito, un prezo/hora de 18,75 € máis IVE, cantidade moi superior ao que prezo que pagan outros concellos limítrofes ás empresas profesionais que coidan, fundamentalmente, das nosas persoas maiores. En concreto o Concello de Ponteareas destina 15,84 €/h máis IVE a este servizo, As Neves 16 €/h IVE incluído, Pontecaldelas 16 €/h, ou concello lucense de Quiroga con 15,72 €/h, o ourensán Vilardevós con 14,33 €/h ou o lucense Castroverde con 14,45 €/h.

“Consideramos que esta medida beneficia a todas as traballadoras do servizo de axuda a domicilio e tamén aos nosos maiores. Esta actualización dos prezos non só responde ás demandas destas traballadoras, tamén a un exercizo de adaptación á suba xeral de todos os prezos, sobre todo dos combustibles, sendo conscientes da dispersión xeográfica das persoas usuarias e dos moitos desprazamentos que teñen que realizar estas traballadoras”, explica Pablo Castillo, alcalde de Covelo.

Castillo agarda que esta suba mellore as condicións laborais das profesionais e redunde, tamén, no benestar de todas a veciñanza que por motivos de saúde precisa de axuda. “Ter unha vida digna e mellorar, día tras día, a calidade de vida é o obxectivo. Contribuír a unha sociedade máis equilibrada  no que todos e todas nos poidamos desenvolver”, engade o alcalde.

Tui recibe dúas Flores de Honra no Certame Vilas en Flor 2022

0

O Concello de Tui foi galardoado con dúas Flores de Honra no Certame Vila en Flor 2022. Trátase da primeira ocasión na que o concello recibe esta segunda flor, unha distinción para a que o xurado valorou positivamente as actuacións en materia de compostaxe, educación ambiental e as obras de recuperación de espazos para a veciñanza.

Entre esas actuacións foi moi valorado o proxecto de recuperación dos xardíns Troncoso e Antero Rubín xunto co proxecto de humanización da rúa Colón. Neste senso, o xurado do Certame Vilas en Flor premia o bo labor de mellora e apertura de espazos da nosa cidade para uso e desfrute da cidadanía.

O Certame Vilas en Flor xurdiu en Galicia por iniciativa de ASVINOR e AGAEXAR apoiadas e coordinadas pola Fundación Juana de Vega como parte do seu plan de mellora integral do territorio e a paisaxe en Galicia. Trátase dun programa para poñer en valor a riqueza natural e paisaxística do territorio mediante o recoñecemento público dos proxectos de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos. Concédense anualmente segundo o criterio do xurado en cinco niveis de Flores de Honra.

O pasado venres en Caldas de Reis recolleu a distinción a concelleira de Parques e Xardíns, Yolanda Rodríguez.

Deste xeito, o Concello de Tui aposta pola continua mellora destes espazos e o traballo para tratar de acadar, no próximo certame, a terceira Flor de Honra.

Éxito do acendido de Nadal de Mos

0

O domingo 4 de decembro celebrouse en Sanguiñeda, na rotonda das Angustias, o acendido do alumeado de Nadal. Houbo actividades dende as 11:00 h con mercadiño de artesanía, animación infantil e de rúa (zancudos, obradoiro de pintado de caras para os máis pequenos…).

Ás 18:00 h celebrouse o concerto de “A Banda da Balbina” que foi todo un éxito, co acendido do alumeado ás 18.30 h. O fin de festa, como xa vén sendo tradición, foi con chocolate con rosca para todas as familias asistentes.

Ademais de “A Banda da Balbina”, durante todo o día actuaron grupos folclóricos mosenses: o Grupo de Baile e Gaitas Nosa Terra de Pereiras, o Gupo de Gaitas Airiños do Castelo, o Grupo de Gaitas de Herville e o Grupo de Gaitas Ruada de Torroso.

Durante toda a xornada de onte máis de 1.000 persoas pasaron polas Angustias para gozar dos diferentes actos do domingo do acendido do alumeado de Nadal en Mos. Durante a actuación musical de “A Banda da Balbina” e a conta atrás para o acendido congregáronse na rotonda 700 persoas.

A administración local estivo representada onte en Sanguiñeda pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e os tamén edís mosenses Leo Costas, Julia Loureiro, José Areal e Baldomero Lorenzo.

Por sétimo ano consecutivo (agás o 2020 no que non se realizou por mor da pandemia) dende o Concello quíxose dar comezo a esta época de ilusión con este evento simbólico de encendido que tanto lles gusta ós veciños e veciñas mosenses. Mostra delo é que se acadara unha afluencia de máis de 1.000 participantes asistentes.

A programación navideña deste ano do Concello de Mos caracterízase, como ven sendo unha constante dende fai varios anos, por constar de actividades que fomentan o ocio familiar.

Alumeado

O alumeado deste ano caracterízase por ter como sempre un toque especial, incluíndo elementos chamativos coma árbores navideñas xigantes de luz. Os lugares nos que se puxo especial énfase neste tipo de detalles foron as zonas urbanas do municipio, como por exemplo a propia Praza do Concello, San Eleuterio, o alto de Puxeiros, San Rafael en Pereiras, ou a Avenida de Sanguiñeda, entre outras.

Redondela ofrece un obradoiro de centros de mesa de Nadal

0

A partir do vindeiro luns, 12 de decembro, a Concellería de Cultura do Concello de Redondela ofrece un obradoiro de centros de mesa do Nadal que estará dispoñible en distintas datas nas parroquias redondelás.

A actividade consiste na elaboración dun centro de mesa do Nadal utilizando elementos florais e festivos que cada participante poderá lavar a súa casa para decorar o seu fogar. Estará dispoñible no centro cultural de Soutoxuste (12 de decembro) , Saramagoso (13 de decembro), na aula CEMIT de Chapela (13 de decembro), Reboreda (14 de decembro), Vilar (14 de decembro), Santo Estevo (15 de decembro), Cesantes (15 de decembro), Ventosela (19 de decembro), Cabeiro (19 de decembro), Trasmañó (20 de decembro), Multiúsos de Redondela (20 de decembro), Cedeira (21 de decembro) e C.C.D. Cidadelle (21 de decembro).

O horario será de tarde de 16:30 horas a 19:30 horas en tódolos centros culturais por igual. O obradoiro é de balde e ten os materiais incluídos. A inscrición estará aberta ata completar prazas na oficina de turismo ou no teléfono 986 40 17 13.

“Esta actividade entra dentro do amplo programa de nadal do concello. É importante que tanto este obradoiro, como moitos outros cheguen a tódalas parroquias de Redondela. Temos un compromiso coa veciñanza para estender a oferta cultural por todo o municipio”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Tui oferta un campamento urbano e outro rural este Nadal

0

Este Nadal, coincidindo coas vacacións escolares, o Concello de Tui oferta dous campamentos de Nadal, un rural que se desenvolverá na Granxa Escola Corazón de Carballo e outro urbano, que se realizará no pavillón Gustavo Rodríguez e noutros ámbitos do municipio. Ambos terán carácter gratuíto.

O obxectivo destas actividades é dobre. Por unha banda búscase facilitar a conciliación da vida laboral e familiar habilitando un servizo de coidado profesional de calidade, incorporando unha perspectiva de xénero para fomentar a igualdade de oportunidade.  Por outra bríndase unha alternativa lúdica, deportiva, e educativa a cativos e cativas.

O Campamento Rural terá lugar en horario de 8.30 a 16.30 h na Granxa Escola Corazón de Carballo, en Tomiño. Haberá servizo de autobús para o desprazamento e de comedor. Ofértanse 54 prazas para nenos e nenas de 6 a 14 anos.

Mentres o Campamento Urbano terá lugar en horario de 9 a 14 h, o horario de entrega será dende dende as 7.45 h e o de recollida até ás 15.15 h.   Terá lugar no pavillón Gustavo Rodríguez e noutros espazos naturais tudenses. Neste caso o número de prazas ofertadas é de 100 para cativos e cativas de 3 a 12 anos.

Os pais, nais ou titores poderán solicitar a participación do neno ou nena presentando o impreso de solicitude e a documentación requirida nas bases, dende este mércores 7 até o mércores 14 na sede electrónica do concello ou no rexistro xeral na casa do concello.

Os Campamentos de Nadal están organizados pola concellería de Igualdade, ao abeiro do Plan Municipal de Conciliación, contando co financiamento do Plan Corresponsables desenvolvido pola Xunta de Galicia, dentro da nova política pública residenciada na Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade que ten por obxecto iniciar o camiño cara á garantía do coidado como un dereito en España desde a óptica da igualdade entre mulleres e homes.

O Rosal recibe o 7 de decembro a visita dunha unidade móbil de doazón de sangue

0

O Rosal remata o ano cunha nova visita este mes de decembro dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro mércores día 7 para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade. Como ven sendo habitual, o autobús estará situado na rúa Ramón Franco, nº 4, fronte á sucursal de Abanca, e os rosaleiros e rosaleiras poderán doar sangue de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Todas as persoas que desexen doar sangue poderán solicitar cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

Aínda que o persoal da unidade móbil fai unha revisión a todas as persoas que se achegan a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, recoméndase non acudir se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios.

Poderán doar as persoas con máis de 18 anos e máis de 50 kg e deberán ir despois de almorzar se acoden pola mañá ou dúas horas despois de xantar ao mediodía se acoden pola tarde. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.

As doazóns feitas nas unidades móbiles son procesadas e analizadas nas dependencias centrais da Asociación Galega de Doazón de Sangue e Órganos, grazas ao que é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano. É importante lembrar que os hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancros, leucemia, transplantes de órganos…

A Xunta inviste no IES de Mos

0

A semana pasada o Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo Xefe territorial de Educación, e a Inspectora de Centros e a xefa da unidade técnica visitaron o IES de Mos coa a alcaldesa de Mos, Nidia Areválo, a Concelleira de Educación Julia Loureiro, e o Director do Centro Xurxo Collazo así como membros da ANPA e do profesorado. Todos eles recibiron as explicacións de Estefanía Grandal, arquitecta mosense redactora do proxecto.

Nesta visita o conselleiro anunciou a inminente licitación da ampliación do centro por 750.000 euros que permitirá acoller novos ciclos de FP Básica. Inversión que se suma os máis de 400.000 euros executados para a mellora da cuberta. Co obxecto de ampliar a oferta formativa e ofrecer mellores servicios a comunidade educativa

Esta ampliación do Instituto vai a permitir crear novas clases que se situaran no primeiro andar do edificio, que concentrará a maior parte da obra. Serán en total catro novos espazos, todos eles cunha superficie maior de 60 m2 e con iluminación exterior. Ademais, neste mesmo andar crearase unha zona de estudo comunicada coa biblioteca a través dunhas novas escaleiras cara ao piso inferior.

Xa na planta baixa a intervención centrarase na ampliación da biblioteca cara a zona do acceso principal do edifico, ademais de crear a devandita escaleira que permitirá subir á zona de estudo da planta primeira.

O obxectivo final é acadar centros más amplos, mellor dotados desde o punto de vista tecnolóxico, máis cómodos para alumnado e profesorado, máis respectuosos co medio ambiente e capaces de aforrar consumo enerxético.

A alcaldesa de Mos,  agradece enormemente a inversión da Xunta de Galicia de máis de 2.5 M que leva invertidos nos centros educativo de Mos. En especial esta ampliación no Instituto “porque non só se solventarán os problemas de aulas e espazo que levaba anos comunicando a dirección , se non que ademáis teremos a oportunidade de que o alumnado que queira facer unha FP básica a poida facer no noso Concello sen ter que desprazarse a concellos limítrofes”.

A Deputación mellorará a seguridade viaria na EP-2502 en Tui

0

A Deputación de Pontevedra vén de confirmar unha axuda de 120.000 euros do Plan de Recuperación para as obras de mellora de seguridade viaria que está levando a cabo na actualidade na EP5202 Cerquido–Ribadelouro, no concello de Tui, na que se inviste un orzamento total de preto de medio millón de euros (468.243 euros), e que estarán rematadas nas primeiras semanas do novo ano. En total, o financiamento europeo cobre preto do 26% do orzamento total, asumindo a institución provincial o 70 % do restante (243.771 euros) e o Concello de Tui o outro 3 0% (104.472 €).

Os traballos, que comezaron o pasado mes de xullo, están a desenvolverse entre os puntos quilométricos 1+950 e o 2+150 da estrada, no tramo que discorre por diante do centro sociocultural de Ribadelouro, a igrexa de Santa Comba, o cemiterio e o adro da festa. En concreto, converterase nunha zona de tramo de tráfico compartido con preferencia peonil deseñando unha plataforma única para toda a calzada. Amais, a actuación contempla o acondicionamento da vía municipal que a cruza neste punto, para recoller o tráfico dos vehículos que se desviarán coa peonalización, mellorando o trazado existente ao ampliar o radio das curvas máis pechadas e executando unha beirarrúa máis ancha que a existente para separar o tráfico peonil do vehicular, algo vital ao tratarse dunha zona moi transitada por formar parte do Camiño de Santiago.

Por outra banda, substitúese a iluminación existente na actualidade por novos equipos de tecnoloxía led, o que axudará a reducir o consumo e as emisións, ademais de incorporar elementos físicos redutores de velocidade na calzada e unha nova solución de drenaxe que permita dispor dun itinerario atractivo e seguro para os peóns. Todas as actuacións suporán un aforro enerxético que podería chegar a ser de 12.081 kW/ano e de emisións de 3,6 toneladas de CO2. Para concluír, habilítase unha zona verde e instalaranse 32 bancos, co fin de promover a contorna como un lugar de interacción social entre a veciñanza da parroquia.

Primeira xornada en Salvaterra de “Mundo Empresas/Autónomos”

Este venres, 2 de decembro, realizouse a primeira xornada de “Mundo Empresas/Autónomos” na Casa do Viño situada na Muralla de Salvaterra.

Na situación actual faise indispensable que os pais, representantes e institucións involúcrense e estean máis unidos na educación e formación dos mozos. Desenvolvendo actividades que apoien o descubrimento dos talentos, a motivación e o manexo de habilidades brandas, tan necesarias no mundo actual.

A nova directiva do ANPA e o seu presidente anterior, que se din “Equipo ANPA” para así non destacar ningún nome sobre outro, “resaltan o traballo en equipo e a gran disposición de 3 institucións importantes da comunidade traballando xuntas cun obxectivo en común. A gran disposición das empresas e autónomos invitados ao evento. Son marcas comprometidas cos mozos e quen mostrou un apoio total á iniciativa, son marcas con gran sentido de apoio social. Os seus representantes, grandes persoas e iso mostra porque as súas empresas e emprendementos destacan”.

Contan co apoio do Instituto IES Salvatierra de Miño, do seu director Manuel Rosende e a nova orientadora Andrea Vieira, comprometidos coa formación dos seus estudantes e tamén con plans de orientación para este ano. As palabras do seu director aos estudantes na xornada foron motivadoras e de aproveitar ao máximo estas actividades, que lles dan unha mostra de como é o mundo onde se desenvolverán ao saír ao mercado laboral.

O Concello Salvaterra de Miño a través da súa alcaldesa Marta Valcárcel á cabeza, comprometida coas novas e o apoio total en actividades dirixidas a eles. As súas palabras deron valor a estas terras, a súa historia, a súa xente, a calidade dos seus produtos e servizos. Unha muller comprometida cos desafíos e retos do mundo actual, cun gran sentido do labor social e das actualizacións que implican desde cada área formar un concello con visión de futuro.

A xornada desenvolveuse cunha masiva participación, dirixida aos estudantes de 4º da ESO, quen iniciará en breve unha nova etapa na que deberán tomar decisións importantes para gran parte da súa vida. A transformación dixital, as empresas e autónomos en conceptos, a importancia de desenvolver as habilidades brandas, as súas experiencias e o consello de empezar a pensar en descubrir os seus talentos. Todos os relatorios déronse a través de exemplos, vivencias e experiencias propias, pero houbo unha participación sorpresa En liña, que destaco e mantivo os seus minutos pegados á pantalla, o avogado e influencer galego; Andrés Millán, coñecido nas redes como lawtips, deu unha mensaxe directa a eles, estudantes de 4to diso do IES Salvaterra do Miño, “Apertura de cambio e aprender, estar sempre disposto a aprender máis” así inicio o famoso e moi querido influencer.

A relatorio empresas, inicio coa presentación de Adega Pazo As Barreiras, do grupo Adegas Villanueva, o seu director Pablo Villanueva, quen lles falo da formación e xestión dunha empresa familiar, os seus inicios e novos retos que afrontar, así como a paixón polo viño e todo o que iso conleva nunha zona privilexiada para os viñedos.

O segundo relatorio a cargo da empresa Hijos de Carlos Albo, a cargo do seu director Juan Montans, importante e coñecida empresa galega onde falo da súa historia e estrutura para operar unha empresa, do seu tamaño, como se xestiona a loxística e operatividade, onde a visión de futuro inspíralles.

O peche das relatorios empresas, estivo a cargo de Publicidade Abril Salvatierra, co seu fundador e director Jose Antonio Abril. Dando un xiro á importancia da área comercial, de márketing, e a comunicación á hora de publicitar a túa marca. Descubrir que todos os días vendemos e véndennos, unha dinámica moi presente no día a día se o miramos desde unha óptica diferente e creativa.

Nos relatorios de Autónomos tívose a oportunidade de coñecer a Salón de peiteado Anabel, coa súa fundadora Anabel Fernández, os seus inicios, os seus retos constantes, a preparación e formación para lograr ser un salón de peiteado recoñecido, explicando os retos de emprender na situación actual, pero con constancia e dedicación todo conséguese. Cunha mirada distinta, díxose; “o seu traballo non é cortar, arranxar ou peitear, a súa misión é que cada cliente salga coa autoestima alta e sentíndose guapos e dispostos a comerse o mundo”.

O peche estivo a cargo de Farmacia Elena Rey Sío, mellor coñecida como Farmacia de Cabreira, os seus inicios e a xestión dunha farmacia. Falo da importancia de descubrir a túa paixón e non importa equivocarse, o que importa é empezar a pensar en que queres facer? e empezar a traballar niso. As súas palabras foron fonte de gran inspiración, “Todos valemos para algo”.

“Cando tiñamos todas as respostas, cambiáronnos as preguntas” Mario Benedetti.
Dinnos que seguen coordinando novas actividades e tamén enmarcados na xornada 2023, para iso están abertos e convidan a todas as empresas, autónomos, pais a participar e escríbanlle ao email [email protected], unha coordinación do ANPA dedicada a este obxectivo. Adiántannos, temos recoñecidas empresas coordinando unhas visitas para os estudantes. Seguimos traballando o noso tempo libre para eles unidos no “Proxecto Descubrindo empresas e talentos”

O mundo que nos espera non será como agora e iso require iniciar unha preparación global aos mozos de hoxe. 3 institucións traballando en equipo marcasen a diferenza.

O Club Baloncesto Nigrán organiza o VIII Torneo Solidario

0

O Club Baloncesto Nigrán está xa inmerso na organización da VIII edición do Torneo Solidario “Encesta un Alimento”, que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Panxón os días 26 e 27 de decembro. Trátase do torneo máis grande que organiza o club de baloncesto nigranés e que enche o Pavillón de Panxón durante dúas intensas xornadas.

Centos de nenos e nenas de toda Galicia gozarán practicando o seu deporte favorito ao longo de dúas xornadas que terán ademais un importante carácter solidario xa que cada un dos xogadores e xogadoras, así como adestradores que participen, achegarán alimentos non perecedoiros, do mesmo xeito que poderá facer o público asistente. Posteriormente, no acto de clausura do torneo, farase entrega da totalidade dos alimentos ao Concello de Nigrán co fin de ser destinados ás familias máis necesitadas da localidade.

Desde a categoría baby ata a categoría sénior, pasando polas categorías benjamín, alevín, infantil e cadete desfilarán polo pavillón ao longo do luns 26 e martes 27 para disputar diferentes partidos e compartir unha xornada de deporte, convivencia e festa.
Os partidos serán arbitrados por colexiados do comité da Federación Galega de Baloncesto que participan de maneira voluntaria e desinteresada, do mesmo xeito que fixeron en edicións pasadas. Ademais dos encontros deportivos realizaranse ao longo dos dous días o sorteo de diferentes agasallos entre todos os asistentes.

O Mercado de Nadal inunda de maxia o Paseo da Corredoira

0

A maxia do Nadal inundará a partir de hoxe luns, 5 de decembro, o Paseo da Corredoira de Tui. Até o 5 de xaneiro este céntrico emprazamento acollerá o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. Artesanía, gastronomía, produtos de agasallo, decoración… todos vinculados ao Nadal e elaborados artesanalmente ocuparán as dez casetas de madeira, coidadosamente decoradas e iluminadas, que acollerán a trintena de postos que participarán nesta actividade durante as catro quendas establecidas.

A apertura do Mercado terá lugar hoxe ás 17 h da tarde. Até o domingo 11 presentarán os seus produtos Artesanía O Pereiro, Arco da Vella, CEIP Pazos de Reis; Cerámica Ferreira, Churrería Chocolateria Patry, Club de Patinaxe Artístico Ribex, Do Gaiteiro, Entre Telas, La Aguada Artesanías, Mari Fastudio, Mel Liñares e Ruta 82.

O Mercado de Nadal, na Corredoira, abrirá de luns a xoves de 17.00 h a 21.30 h; os venres, sábados, domingos, festivos e véspera de festivo de 12.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.30 h. Mentres o sábado 24 e o sábado 31 de decembro abrirá so en horario matinal, e permanecerá pechado os domingo 25 de decembro e 1 de xaneiro.

Aberto o prazo para última ruta de “Voando nas Rías Baixas”

A Deputación de Pontevedra abre hoxe o prazo de inscrición para a derradeira das rutas ornitolóxicas programadas dentro da quinta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos. Esta nova ruta, que se desenvolverá o 18 de decembro, permitirá coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística da desembocadura do Río Lérez e o intermareal de Combarro-Lourido, nos concellos de Pontevedra e Poio. Ofértanse 25 prazas para esta camiñada guiada de carácter gratuíto e as persoas interesadas poden anotarse desde hoxe na páxina web da Deputación (www.depo.gal).

Ao fondo da ría de Pontevedra o Lérez verte as súas augas sobre o mar e achega sedimentos ao interesante intermareal de Combarro-Lourido no que as áreas de lodo e area atraen unha gran diversidade de aves, tanto limícolas, mariñas, ardeidos ou anátidos. Neste espazo destacan as limícolas coma o pirlo común, a píldora cincenta, a píllara real, o mazarico chiador, a virapedras, o bilurico patirrubio, a gabita ou o bilurico das rochas. Non faltan as aves mariñas coma o parrula mourelo, o carolo, o carrán cristado ou o corvo mariño grande, e tamén son importantes os ardeidos coma a garza real ou a garzota, e incluso é posible atopar algún cullereiro.

A andaina estará conducida por dúas experimentadas guías ornitolóxicas de SEO Birdlife Pontevedra. Cada participante terá á súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder desfrutar das aves sen molestalas. Tamén recibirán como material didáctico unha Guía de aves, e poderán elaborar a súa lista durante a ruta. No caso daquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo recoméndase que os leven, ao igual que unha pequena libreta para aprender a facer un caderno de campo. Tamén se recomenda levar roupa cómoda e apropiada para moverse polo campo, así como protector solar.

A Guarda acada o recoñecemento no Certame Vilas en Flor

0

O Concello da Guarda participou un ano mas no Certame Vilas en Flor celebrado o pasado venres día 2 de decembro nunha gala que tivo lugar no Auditorio Municipal de Caldas de Reis. Este ano participaron 39 concellos de toda Galicia e en función da súa traxectoria e as accións levadas a cabo para poñer en valor os seus espazos verdes, a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna, acadaron diferentes distincións, sendo o Concello da Guarda agraciado con tres flores de honra.

O acto estivo precedido por unha xornada técnica cun relatorio que abordou aspectos sobre a mala praxe na xestión do arborado urbano en pobos e vilas de Galicia, impartida por Francisco Rodríguez Trinidad. Posteriormente, procedeuse á lectura da acta do xurado e á a entrega das Flores de Honra, á que asistiron o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey; a conselleira de Medio Ambiente, María Ángeles Vázquez Mejuto; o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, e o director do Movemento Vilas en Flor e director da Escola Galega da Paisaxe, Pedro Calaza. Tamén asistirán representantes das entidades organizadoras e patrocinadoras, como o presidente de AGAEXAR, Víctor Pérez Vilar, e o presidente de ASVINOR, Ignacio Etxebarria. Participou en representación do Concello da Guarda a Tenente de alcalde e Concelleira de Medio Ambiente, Montserrat Magallanes e a técnica de Medio Ambiente municipal, Tamara Otero.

“Vilas en Flor” é unha iniciativa que comezou a súa andadura no ano 2018, co obxectivo de apoiar a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos, impulsada pola Fundación Juana de Vega, en colaboración coa Asociación de Viveristas do Noroeste (ASVINOR) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR). Este movemento segue o modelo existente noutras comunidades autónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza do sistema implantado desde hai décadas noutros países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia e Canadá. O proxecto conta co patrocinio de Rain Bird, Husqvarna e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Aos cinco concellos participantes da primeira edición viñéronse sumando numerosas localidades ao longo das diferentes entregas. Actualmente, os 39 concellos participantes pertencen ás catro provincias, con Allariz, O Carballiño, Leiro, A Pobra de Trives e San Xoán de Río na provincia de Ourense; Caldas de Reis, A Guarda, Baiona, Cambados, Cuntis, Gondomar, Lalín, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Mondariz, Vilagarcía de Arousa e A Estrada na provincia de Pontevedra; Ortigueira, Culleredo, Fene, Narón, Ponteceso, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Oza-Cesuras, Miño, Abegondo, Arteixo, Coristanco, Carballo, As Somozas,  Curtis e A Laracha na provincia da Coruña e Chantada, Mondoñedo e Sarria na provincia de Lugo. O xurado, formado por expertos multidisciplinarias, realizou un exhaustivo estudo con visitas técnicas a cada un destes concellos, co fin de analizar os criterios que puntúan neste certame.

“Vilas en flor” é un programa encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística, na liña dalgunha das multifuncionalidades da infraestrutura verde. Con este proxecto preténdese a mellora estética e funcional do territorio mediante o recoñecemento público daquelas actuacións medioambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos. Deste xeito, os concellos son recoñecidos pola súa contribución ao desenvolvemento local a través da paisaxe, xerando actividade do propio sector da planta ornamental e da xardinería, así como un aumento de visitas turísticas. De feito, existen rutas específicas para os concellos que participan neste tipo de programas, construíndo unha marca de calidade local.

Redondela fará realidade o paseo peonil no antigo viaduto

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, vén de reunirse coa Subdirección Xeral de Patrimonio do Estado coa intención de retomar o proxecto de rehabilitación do Viaduto de Madrid, unha estrutura ferroviaria de finais do século XIX que deixou de utilizarse hai 50 anos. O obxectivo é transformalo en peonil e facer un mirador sobre Redondela que permita observar o paisaxe da vila, así como o mar e montaña que a rodea.

“Recoñecemos o valor da inciativa que dotaría ó patrimonio redondelá un uso social para o goce do pobo e o turismo, por ese motivo decidimos reunirnos co titular do estado, Bernardino Pérez Crespo. Aínda que o proxecto foi proposto en 2004 polo ex-acalde socialista Xaime Rei, nunca chegou a levarse a cabo. Esta é a primeira vez que se fan as pescudas necesarias para coñecer o estado do viaduto e a vialbilidade real da reforma”, explica Rivas.

O Concello remitirá a Patrimonio un oficio solicitando o  estudo de viabilidade, co que se valorará non só o estado da infraesturctura, senón tamén o valor económico da mesma. “Para que este goberno consiga os obxectivos aquí expresados ten que ter unha perspectiva realista na que se evalúe a viabilidade económica. Comprometémonos a explorar fórmulas para que o goberno central e a Xunta de Galicia impulsen e axuden ao mantemento deste gran proxecto patrimonial”, engade a rexidora.

O Partido Popular de Redondela, encabezado polo ex-alcalde Javier Bas, presentou en 2012 a remodelación do viaducto como un dos proxectos eixe da súa campaña, presentandoo como “exemplo da boa xestión do PP”. Sobre o mencionado, Digna Rivas denuncia que “a día de hoxe sabemos que isto non eran máis que palabras sen fundamento, pois non existe rexistro de ningún expediente aberto, nin ningún informe ou estudo sobre a posta en funcionamento da obra. Este goberno pode demostrar que as súas intencións son reais, comezando pola reunión xa feita coa Subdirección Xeral de Patrimio do Estado”.

A comezos de novembro o ex-alcalde Javier Bas, acompañado da diputada popular Ana Pastor, presentaban de forma pública as súas enmedas aos orzamentos do estado, “nos que tiveron a desvergoña de mencionar a falta de subvención para o proxecto de peatonalización do viaduto cando tiveron 8 anos de mandato para facelo realidade e nin sequera o intentaron. É este goberno quen recolle os valeiros dos seus mandatos”, engade a alcaldesa. “A visita de Ana Pastor tiña a intención de comezar a súa campaña electoral para as seguintes eleccións demostrando que as súas conexións co goberno central non son máis que propaganda. Este goberno si pode demostrar que se puxo en contacto coa delegación de Madrid da Dirección Xeral do Patrimonio do Estado”, conlúe.

Despois da xa mencionada reunión iniciase o procedemento para facer realidade o proxecto e o concello comprométese a atopar a fórmula de tituralidade compartida da obra co Estado e a Xunta de Galicia. Unha das posibilidades presentadas polo concello durante a xuntanza propón que o estado se faga cargo da conservación das estructuras do viaduto e o concello faríase cargo do mantemeto dos accesos e da zona peonil.

Este é un proxecto común da vila, reivindicado por toda a veciñanza e por todos os grupos municipais dende o ano 1987. O viaduto é patrimonio histórico pero tamén un elemento de identidade ou símbolo de Redondela. “Por iso somos chamados ‘A vila dos Viadutos’. Recollemos o relevo e imos loitar, para converter en realidade o soño común da vila, pero para cumplilo primeiro é necesario contar cos informes pertinentes e os apoios económicos necesarios”, conclúe a alcaldesa.

Nazaret López, «Pecados veniais»

Ás veces non resulta doado establecer o punto no que se sitúa a liña feble que separa uns xéneros literarios de outros. É coma participar nunha especie de xogo no que os autores rachan as barreiras establecidas e descolocan ao lector, quizais para provocar unha lectura diferente do texto que presentan. Algo parecido debeu de pensar Nazaret López á hora de redactar estes «Pecados veniais» nos que transita con claridade polo eido do relato para, aos poucos, esborrexer cara á novela. Onde está o límite entre un xénero e outro? Difícil sabelo.

Porque a proposta de Nazaret parece crearse a partir de historias independentes, desvinculadas entre si. Hai personaxes absolutamente secundarias en certos relatos que asumen o papel protagonista noutros, algo que se ven repetindo de cando en vez neste tipo de coleccións. Mesmo que cada peza se vincule a unha temática común, tampouco sorprende. Pero que acontece cando, avanzada a lectura, comezamos a decatarnos de que hai moitas máis coincidencias das que parece nos relatos que integran este repertorio? E se todos eles rematan por coincidir nun final que os vincula, aínda máis, entre si, ofrecendo unha nova perspectiva do conxunto? Seguiriamos a falar dunha colección de relatos ou dunha novela? Abofé que non sabería que responder! Pero ao chegar a ese final imprevisto, deume por pensar que ben podiamos falar dunha novela coral moi particular, na que os capítulos teñen vida propia dentro dun contexto común. É difícil de explicar. Lede e sacade as vosas conclusións.

En cada unha das pezas deste crebacabezas atopamos traizóns, vinganzas, decisións difíciles, mentiras, envexas, moita rabia e un pouco de retranca. Todas están protagonizadas por mulleres que asumen un papel co que non contaban; que superan as súas vulnerabilidades, persoais ou herdadas dun entorno hostil, enfrontándose a retos que semellan imposibles; que reivindican a súa condición á marxe dos tópicos debuxados polo patriarcado máis rancio e que se enfrontan aos seus medos e ás súas eivas ata superalas. Son mulleres fortes, empoleiradas, mulleres arroutadas e decididas a sobrevivir, lle pese a quen lle pese.

Se a estrutura é laboriosa, non o é menos o estilo. Nazaret xa se presentou na súa primeira novela como unha autora limpa e fresca, cunha redacción pulcra e equilibrada na que a palabra adquire unha dimensión especial. E nesta nova entrega mantén ese estilo refinado e preciso, esa atención ao detalle, esa concisión e esa claridade que semellan ser xa marca da casa. Iso sitúanos diante dunha autora que toma moi en serio o seu traballo e que esixe ao lector un certo esforzo para mergullarse nas historias que propón, mais a recompensa a ese esforzo vai dar un saldo ao noso favor pola satisfacción de gozar dunha boa lectura.

Nazaret López

«Pecados veniais»

216 páxinas

Despilfarro

Según la RAE, despilfarro significa “Gasto excesivo y superfluo” y la verdad, que no se me ocurre un término mejor para definir lo que está ocurriendo en muchos de nuestros ayuntamientos con tantas plazas a arreglar y tanto peatonolizar. Creo que la mayoría de nuestros queridos regidores no se están dando de cuenta de lo que está ocurriendo. Cómo hemos comentado en ocasiones anteriores, la inflación que no está acosando, es disparada, sobre todo, porque los salarios no están subiendo en la misma proporción, si es que suben, porque en muchos casos, con suerte, se mantienen estables. Es algo muy sencillo, si suben los precios, pero no sube nuestro nivel adquisitivo en la misma proporción, llegará un momento, que no cubra nuestras necesidades básicas, con todo lo que eso implica. Pues nuestros queridos alcaldes, se nota que su economía sigue siendo sobrada gracias a en la mayoría de los casos, los bien retribuidos que son sus salarios, están despilfarrando el dinero de todos los contribuyentes en obras que no son necesarias, olvidando lo realmente obvio que son las necesidades de los habitantes de los pueblos. Se está gastando el dinero en plazas diseñadas por arquitectos que piensan que esto es Nueva York, pero no indican en sus presupuestos el mantenimiento que estas necesitan ni se dan cuenta de que cuando llueve hay que desalojar el agua. Se están peatonalizando calles olvidando que en la mayoría de nuestros municipios, la gente se desplaza en coche, por lo que después no tiene lugares dónde aparcar, lo que está provocando la ruina de la mayoría de los comercios pequeños. Sin embargo, nos estamos olvidando de necesidades básicas cómo centros de día para nuestra gente mayor, para que puedan estar atendidos y tengan un lugar dónde disfrutar de su merecido tiempo libre. Nos estamos olvidando de limpiar las cunetas de las carreteras para que cuando vienen aguas torrenciales estas no campen a sus anchas por cualquier lugar. Nos hemos olvidado de hacer pozos / embalses para el agua, para cuando vuelva otra vez el tiempo de escasez, tener aguar para regar los campos o tener una reserva para apagar los incendios forestales. Nos olvidamos de la crisis energética y se siguen manteniendo en muchos lugares lámparas de alto consumo, pero sin embargo muchas zonas por dónde pasa la gente están muy mal iluminadas con todo lo el riesgo que supone para la seguridad. Y tantas y tantas otras cosas de las que nos estamos olvidando.

Claro, se me olvidaba algo esencial, lo más importante, no es mirar hacía el futuro, su vista está únicamente puesta dentro de unos meses que serán las próximas elecciones municipales y llegado ese momento, no importa lo que ocurra más allá, sólo importa tener las plazas renovadas, unas cuantas farolas pintadas y lo más importante, lugares para el ocio de los perros, que se me había olvidado antes. Esto me está recordando a la época en que la que todas las ciudades hacían un aeropuerto, aunque después no hubiera aviones que aterrizaran en ellos.

En fin, de lo que nos olvidamos nosotros, son de nuestros lectores y ahí si nos gusta despilfarrar proponiendo buenas recomendaciones musicales. En esta ocasión os vamos a recomendar a Kelly Andrew con su nuevo trabajo y a todo un clásico como Steve Roach, espero que los disfrutéis.

Kelly Andrew

Revelation

2021

https://kelly-andrew.com/revelation

Hace tiempo que conocía la música de Kelly Andrew, en concreto con su trabajo “Rendezvous”, un disco que contaba con la producción del gran Will Ackerman, un disco intimista donde el piano prevalecía.

Ahora nos presenta su sexto trabajo que lleva por título “Revelation”, y la verdad, desconozco si el compositor ha sufrido o vivido alguna revelación en su vida, pero musicalmente hablando, ha supuesto, al menos para mi, la revelación de que estamos ante un grandísimo compositor.

Divido en diecisiete cortes, Kelly va avanzando sobre el mismo moviéndos a la perfección entre temas íntimos, con magnífico sonido de piano, pasando por otros temas épicos que nos recuerdan a algunas maravillosas bandas sonoras y no dejando de volar a través de la música espacial.

En este trabajo, en el que el compositor se ha encargado de todo, es decir, componer, arreglar, producir e interpretar, Kevin nos ha demostrado que es un magnífico músico, creando un trabajo de esos que escuchamos con el oído, pero disfrutamos con nuestra mente y corazón.

Estamos sin lugar a dudas, ante uno de los discos más interesantes del año 2021.

Steve Roach

Bloom Ascension

2019

https://www.projekt.com/store/product/pro00364/

Nuevo trabajo del pionero estadounidense de la música ambient, el gran Steve Roach.

Música melódica y rítmica donde nos muestra todo su buen hacer con sintetizadores analógicos, música vibrante y rítmica repartida en cuatro temas dónde Steve nos vuelve a demostrar que domina a la perfección los teclados, siendo un maestro en el ambient, pero dónde de vez en cuando, también nos muestra todo su buen hacer con la parte más secuencia al mejor estilo de la escuela Berlín.

Perfecto trabajo para los amantes de la electrónica, para los seguidores de la clásica escuela Berlín, pero siempre con el saber hacer y su toque de personal de uno de los grandes compositores, del incombustible Steve Roach.

Tui festexou os éxitos dos seus deportistas na X Galega do Deporte

0

O deporte tudense está cheo de fazañas que escribiron con letras de ouro o nome da cidade en todo o mundo. Ano a ano, a listaxe de grandes deportistas que compiten baixo o nome de Tui non deixa de medrar, ao que se suma o gran nivel acadado por todos eles traendo de volta os máis prestixiosos premios e condecoracións. É por isto que o nivel de todos eles merece unha homenaxe no que foi o seu día.

Tui celebrou o venres a súa Gala do Deporte nun Teatro Municipal ateigado para revivir todas as xestas dos seus deportistas en multitude de deportes nos que a cidade é referencia galega, nacional e mesmo internacional.

Foi unha gala especial, a novena da historia de Tui agora que se cumpren dez anos dende a primeira celebrada, e nela congregáronse os premios do 2022 pero tamén do 2021 e 2020, anos nos que a pandemia non permitiu esta celebración.

Neste ano 2022, a Gala do Deporte tudense premiou como deportista masculino en categoría absoluta a Manuel Garrido Barbosa, padeeiro e actual campión do mundo de Maratón, subcampión de Europa de Maratón e campión de España en C1. Comparte galardón con Rodrigo Conde Romero, actual subcampión do mundo e subcampión de Europa de remo olímpico. Como mellores deportistas femininas absolutas, Tui premiou á futbolista Sara ‘Tui’ González Rodríguez, ouro no Mundialito e campioa de Europa de fútbol praia e tamén a Tania Fernández García, campioa do mundo de maratón neste ano e subcampioa do mundo de maratón no 2021.

O Premio Deporte Tudense Entrenador recaeu en Óscar Cuña Rodríguez, adestrador do Club Tenis Tui con máis de dez anos de experiencia e artífice do ascenso do club á máxima categoría do tenis galego. O Premio Deporte Tudense Deporte Adaptado foi para David González Mella, campión do mundo de piragüismo en paracanoe V1.

Marisa Giráldez Rodríguez, deportista e presidenta do Club Bádminton Tui, foi a galardoada coma Deportista Veterana Feminina mentres que Avelino Martínez Pérez, dobre ouro e bronce no Campionato do Mundo de Policías e Bombeiros entre outros galardóns, foi o premiado na mesma categoría no eido masculino.

Premio ao deporte masculino
Premio ao deporte feminino

No apartado de promesas, o xogador de balonmán Eduardo Alonso González, recén seleccionado coa Selección Española xuvenil, foi o premiado no apartado masculino, mentres que no feminino a distinción recaeu na padeeira Uxía Rodríguez Huertas, pola súa, participación no Europeo junior e terceira nos nacionais de K1 200.

A entidade deportiva que se levou o galardón foi o Club Kayak Tudense e tamén recibiu unha mención especial o club Biciosos Rías Baixas pola organización da que foi a novena edición BTT da Eurocidade con alto número de participantes. A firma comercial que recolleu o premio neste 2022 foi SETA, Sociedade Electricista de Tui, polo seu constante apoio ao deporte local e, se falamos do premio á promoción do deporte base, o galardón foi para Di Som Tui.

No relativo as anteriores edicións que non se puideron celebrar pola pandemia, a Gala do Deporte premiou a Gustavo Rodríguez Iglesias, triatleta e prata nos Xogos Paralímpicos de 2021, e José Leiras, primeiro xogador tudense de balonmán tudense en disputar a Liga Asobal o pasado ano. Sara ‘Tui’ González Rodríguez e Tania Fernández García, polos éxitos acadados tamén nos anos 2020 e 2021, recibiron de novo estes galardóns. O recoñecemento honorífico destes dous anos foi para Héctor Catalá Laparra, triatleta tudense que, xunto a Gustavo Rodríguez, foi prata nos Xogos Paralímpicos de 2021.

O Premio Deporte Tudense Adestrador deste período foi conxunto foi para o equipo técnico do Club Balonmán Tui. Así, recibiron esta homenaxe Jacobo Gregores Nogueira, Jaime Alfaya Solla, Manuel Fernández Pérez, Pablo Gándara González e Miguel Ángel Martínez Castiñeira O mesmo Club Balonmán Tui recibiu tamén o galardón como mellor entidade deportiva do 20/21 logo do ascenso á División de Honra do infantil masculino e feminino e do xuvenil masculino.

As promesas premiadas estes dous anos 20/21 foron Nieves Silva Martínez, campioa de España de remo en skiff cadete, e David Fernández Pérez, ciclista BTT campión nacional júnior da modalidade. Mentres, o veterano galardoado foi José Manuel Rodríguez Caramés, campión de España de duatlón máster.

Tui brindou tamén un recoñecemento honorífico a figuras claves e destacadas do deporte: Alfonso Vega Avelaira, José Luís Méndez, Luís López Pimentel, Manuel Martínez e Pedro Rodríguez, que que faleceron nos últimos anos. No momento en que os seus familiares recolleron a distinción o público brindou un emotivo e longo aplauso.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, no seu discurso, destacou o importante número de deportistas que hai na cidade que colleitan é éxitos a nivel nacional e internacional, polo que dicía “debemos sentirnos moi privilexiados” pero tamén “comprometidos co deporte” tanto a nivel social coma institucional, engadía. Referiu tamén que “somos un caso único en instalacións deportivas”  repasando os pavillóns, campos de fútbol, pistas de atletismo, centros de remo e piragüismo… que hai na cidade. Enrique Cabaleiro tivo palabras de agradecemento para a Xunta e a Deputación “polo seu compromiso co deporte tudense e coas instalacións deportivas” e tamén co Consejo Superior de Deportes que financiou unha parte importante da reforma do Centro Municipal de Piragüismo “Quique Míguez”.  Engadiu amais o agradecemento á Cámara de Valença con que se organiza unha axenda deportiva conxunta da Eurocidade que dicía “é un caso único na Europa occidental”.  Remataba o rexedor tudense reafirmando “o noso compromiso co deporte de Tui” do que dicía “Foi, é, e seguirá sendo un referente do que todos nos sentimos orgullosos”.

Pola súa banda o concelleiro de Deporte, Rafael Estévez, repasou as cifras destes dez anos de galas: 106 deportistas premiados, 43 recoñecementos honoríficos, e nas últimas catro galas 139 deportistas internacionais.  Rafael Estévez, sinalou que “a nivel de clubs, de xeito individual, tanto en homes coma en mulleres, a progresión do deporte local ten sido espectacular nos últimos anos. Pero cómpre tamén recoñecer especialmente o labor no deporte base tudense, o deporte coma xeito de vida saudable”. Remataba a súa intervención “dando as grazas a todos e cada un dos que co seu traballo, esforzo, dedicación, fan posible a práctica e os éxitos deportivos, en especial despois de vivir épocas tan complicadas, nas que as e os nosos deportistas e clubs demostraron un altísimo nivel de responsabilidade e de compromiso”.

A Gala contou coa actuación musical da banda Old Bridge.

O Nadal chega a Redondela

0

A Concellería de Cultura vén de anunciar as novidades da programación de Nadal. Que inclúe teatro infantil e adulto, monólogos, música, un circo e parques de atraccións. Entre as novidades destaca a Festa de Pre-fin de ano na que actuarán París de Noia  e Disco DC, coa sorpresa de celebrar un fin dedicado ao público infantil.

A alcaldesa de Redondela quixo expresar a súa satisfacción pola variedade na programación, pero sobre todo por “incluír a tódalas parroquias na programación, para que a ledicia do nadal chegue a tódolos recunchos do municipio que son de igual importancia para o goberno”.

Rematará o día 8 de xaneiro, xa no 2023, co ciclo de teatro infantil Ris Ras. O acendido das luces será o 10 de decembro na Rúa Alfonso XII e Praza do Concello e o 11 de decembro será o acendido en Chapela, na alameda Rosalía de Castro.

Entre esas dúas datas, haberá actividades case que diarias e nas que se volve a apostar por iniciativas que foron postas en marcha polo Goberno local no momento da súa chegada ao Concello -como o vídeo-saúdo personalizado e as visitas a casa de Papá Noel o- e que foron acollidas cun éxito que mesmo superou as previsións máis optimistas.

O Alumeado de Nadal na Praza do Concello non se cinguirá soamente ao acendido propiamente dito, senón que terá actividades paralelas como o pasarrúas a cargo de Pablo Méndez, perfomances e Latexo Percusión, a presenza da Coca Simona, o concerto de Fla-meco e moitas máis sorpresas. O Alumeado de Nadal na Alameda de Chapela que terá lugar un día depois contará coas mesas actividades adicionais.

Os parques de atraccións infantís estarán instalados, durante todas as festas, na Alameda de Rosalía de Castro en Chapela e na  Pista da Xunqueira.  O parque de atraccións da Xunqueira contará cunha pista de xeo sintética, karts e unha pista deslizante entre outras sorpresas. A rexedora local engade que “este é un programa para todas as idades, equilibrado nos seus contidos, dirixido ao público familiar e cun claro protagonismo das nenas e nenos que son os que con máis intensidade e ilusión viven estas datas”.

Teatro infantil, festival de Panxolilñas, proxeccións cinematográficas e do ciclo Mestre Mateo, monólogos e teatro para adultos (a única actividade dirixida unicamente ao público adulto de todo o programa), irán ocupando espazos ata chegar as actividades “estrela” do programa.

Así, a partir do 12 de decembro, nenas e nenos poderán ver un vídeo-saúdo personalizado de Papá Noel en nadalenredondela.com. O 5 de xaneiro será o día no que os Reis Magos farán o seu tradicional percorrido polas rúas de Redondela para despois ofrecer unha recepción real na Casa do Concello. O percorrido en Chapela comezará no alto da encarnación.

Precisamente este ano, o programa estreará outra actividade coa cativada como protagonista: a visita persoal de Papa Noel nas parroquias do 20 ao 23 de decembro de 16 horas a 20:30 horas. Pasará a saudar e felicitar o nadal nas 13 parroquias que compoñen o municipio, en puntos sinalizados ou centros socioculturais a disposición da veciñanza.

Do 17 de decembro ata o 24 do mesmo mes, nenas e nenos poderán visitar a Casa de Papá Noel que, como en anos anteriores, quedará instalada na Alameda Castelao. Os horarios de visita, para evitar aglomeracións, serán de 17 h a 19:30 horas dende o 17 de decembro ao 23 de decembro. O día 24 de decembro o horario será de mañá, de 11 h a 14 horas. Papa Noel tamén fará de Chapela o seu fogar, situando a súa caseta de Rosalía de castro do 18 ao 24 de decembro no mesmo horario.

Achegándonos xa ao fin de ano, o Concello de Redondela presenta a popular festa de Pre-Fin de ano que se celebrará o 30 de decembro no Campo da Feira con París de Noia e Móbil DC para festexar a entrada do ano novo bailando. Ademais inclúese unha iniciativa pioneira na que se dedicará espazo  a unha festa de Pre-Fin de Ano para os máis cativos e cativas na Praza da Constitución e na Alameda de Castelao, un día despois o 31 de decembro.

Ademais, o Tren Turístico aumentará o seu roteiro de forma especial durante as festas. O 22, 23, 24, 26 e 27 de decembro; 2, 3, 4 de xaneiro o horario do tren turístico será de 17:00 a 20:00 horas e 24 de decembro de 11:00 a 13:00 con Saída da praza de Santiago apóstolo. En Chapela o 28, 29, 30 e 31 de decembro o horario será de 17:00 a 20:00 h e o 31 de decembro de 11:00 a 13:00 h con saída da alameda Rosalía de Castro.

A alcaldesa quixo agradecer “o enorme esforzo realizado pola Concellería de Cultura e a súa concelleira, Iria Vilaboa”, ao conseguir artellar a un programa “capaz de agradar a público de todas as idades” e que, ao mesmo tempo, “dálle enorme protagonismo aos nenos e nenas que viven estas datas con especial intensidade”.

Regresa o mercadillo solidario a Arbo

0

Arbonadal é un evento organizado polo Concello de Arbo, co que se pretende promocionar e potenciar os recursos culturais e patrimoniais da vila, dirixida a artesáns, anticuarios, asociacións, ONGs e establecementos comerciais.

Despois de dous anos que non se puido levar a cabo este Mercadillo, os vindeiros 10 e 11 de decembro, regresa á Praza do Concello o Mercadillo Solidario “Arbonadal 2022”.

Contarase coas asociacións de Arbo como A.C Barca de Loimil e A.C Vella Barca, Asociación Mulleres Rurais, Asoc. San Miguel Arcangel d Cequeliños… con ONGs como solidariedade San Roque,  Manos Unidas, Asociación PVG Reciclaxe Solidaria, a Federación Asociacións Veciñais Eduardo Chao de Vigo……  Tamén haberá postos de artesanía.

As persoas que visiten o mercadillo poderán comprar os seus primeiros artigos do Nadal, desde libros, roupa ou complementos ata artigos de decoración, entre outras cousas. Así mesmo, toda aquela persoa que desexe doar alimentos, produtos de hixeñe e limpeza así como xoguetes, que serán repartidos entre as familias necesitadas de Arbo, poderá facelo no posto que o Concello de Arbo terá habilitado para ese día.

Todos os participantes que o desexen poderán realizar demostracións dos seus respectivos produtos no seus postos, co fin de que o público asistente coñeza as técnicas de elaboración, previa comunicación a organización para facelo constar no programa e establecer os horarios no caso de existir varias demostracións ou charlas.

O Mercado estará aberto ao público dende as 11.30 h ata as 17:30 h. Os días 10 e 11 de decembro de 2022, e durante os dous días, o Concello de Arbo ten programadas actividades para nenos entre as que destacan obradoiros de Nadal, visita de persoaxes de Disney, festa infantil e xogos.

En caso de mal tempo o Mercadillo trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes.

Oia adquire unha parcela para ampliar e mellorar a Praza do Campo en Burgueira

0

O Concello de Oia vén de adquirir un terreo ao carón da Praza do Campo, na parroquia de Burgueira, co obxectivo de ampliar este espazo de uso público e dotalo de novos equipamentos a disposición da veciñanza.

Esta actuación, xunto coas actuais obras de acondicionamento que se están a desenvolver polo Concello na Praza do Campo, permitirá recuperar o valor arquitectónico da praza e a súa contorna, así como mellorar o campo visual cara a igrexa parroquial de San Pedro de Burgueira.

A parcela mercada ten unha superficie de 1.656 metros cadrados e contén un hórreo e dúas edificacións antigas con engadidos modernos que desvirtúan a contorna. O futuro proxecto de reforma contemplará a recuperación ao estado orixinal destas pequenas construcións para dedicalas a un espazo pechado con usos para a comunidade e unha zona de lecer ao aire libre.

A adquisición do terreo foi financiada a través dunha achega municipal de 6.891 euros e máis 48.366 euros de fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra (anualidade de 2021 e correspondentes á liña 1, investimentos).

Coa adquisición deste terreo o Concello segue a dar pasos para ampliar espazos de reunión da veciñanza. No mes de xaneiro rematarán as obras de acondicionamento da Praza do Campo consistentes na mellora do pavimento, instalación de novas luminarias e posta en valor do cruceiro co soterramento das liñas de electricidade, telefonía e alumeado público. A actuación tamén creará espazos de vexetación e sombra, grazas a instalación dunha pérgola, e instalará bancos de pedra e diverso mobiliario.

A transformación da praza e da contorna estase a facer baixo o asesoramento da arquitecta e paisaxista María Fandiño.

Por outra parte, en canto dispoña dos permisos necesarios, o Concello acometerá a demolición da construción formada por bloques que se ve dende a praza, a cal está situada sobre a parcela recentemente adquirida.

Nigrán ofrece unha andaina matinal o martes

0

O Concello de Nigrán ofrece o martes 6 de decembro unha andaina matinal guiada polo Camiño de Santiago desde O Ceán a Priegue con autobús de regreso. A dificultade é baixa, cun tempo estimado de 1 hora e unha distancia de 3,4 qm. Os interesados en participar deben inscribirse previamente no mail [email protected] ata o domingo 4 de decembro achegando o seu nome e apelidos, data de nacemento e teléfono de contacto.

A andaina partirá ás 10:30 horas desde o cruceiro de O Ceán (onde se teñen que presentar os participantes) e rematará no banco do peregrino en Priegue para, desde alí, regresar ao punto de orixe en autobús. A actividade é de balde.

Comeza o II Concurso infantil de postais de Nadal do Porriño

A Concellería de Educación e Normalización Lingüística do Porriño, que dirixe Carolina González, convoca o II Concurso Infantil de Postais de Nadal 2022.

Por segundo ano consecutivo, o Servizo de Normalización Lingüística do Porriño organiza este certame co obxectivo de que as/os máis pequenas/os feliciten as festas do Nadal a toda a cidadanía porriñesa mediante a creación dunha postal decorativa, cunha mensaxe positiva creada en lingua galega. Con esta actividade, ademais de que as nenas e nenos demostren a súa creatividade artística, o Concello do Porriño busca dinamizar o uso da lingua galega nun grupo de idade clave para o fomento dos hábitos lingüísticos.

Poderán participar nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos a través de postais orixinais e inéditas escritas en lingua galega. Estas poderanse entregar do 10 ao 24 de decembro de 2022 na Caixa de devolución de libros da Biblioteca Municipal do Porriño, sita no exterior do Centro Cultural Municipal.

Establécense 3 categorías de premios, con tres premios por cada categoría, consistentes en lotes de material escolar. A entrega de premios efectuarase o 3 de xaneiro de 2023 no Centro Cultural Municipal.

As bases pódense consultar xa no blog do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño: https://normalizacionlinguisticaoporrino.wordpress.com/.

Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en xaneiro

0

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desprazarase ao Concello da Guarda nas seguintes datas e emprazamentos:

  • 25/01/2023 na Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario de atención será de 9:00h a 13:30h pola mañá.

Para solicitar cita previa:

  • Por teléfono: 902 30 90 00
  • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com – Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Obradoiros de cociña de Nadal no mercado de Tui

0

O Mercado Municipal de Tui acollerá neste mes de decembro uns Obradoiros de Cociña de Nadal co obxectivo de pór en valor o produto local e convidar a coñecer novas elaboracións de cara a estas festas de Nadal. Ao tempo poténciase o valor da praza de abastos que destaca pola excelente relación de calidade-prezo nos seus produtos. Os obradoiros desenvolveranse os sábados 3, 10 e 17 de decembro ás 11 h.

Hoxe sábado 3 contarase coa presenza de Noelia Figueiras, chef en Gloria Domecq Catering. A proposta que elaborará será Tartar de salmón e aguacate sobre galleta marinada e Tosta de rolo de cabra caramelizado con froitos secos coma aperitivos. Logo cociñará un Solombo de Porco con salsa vermú en puré de batata e chips de mandioca.

O Concello de Ponteareas, convidado a expoñer o seu modelo de mobilidade nunhas xornadas en Porto

Ponteareas dará a coñecer o vindeiro día 6 de decembro en Porto o seu modelo de mobilidade e de recuperación do espazo público para as persoas, no marco das xornadas que conmemoran os 25 anos da lei de accesibilidade en Portugal.

O Concello de Ponteareas foi convidado polo Instituto de Cidades e Vilas con Mobilidade que organiza as xornadas para expoñer o seu modelo dentro do apartado “Boas prácticas internacionais” e baixo o título “Boas prácticas de deseño urbano e mobilidade: estudo do caso de Ponteareas – Galiza”. O encargado de realizar o relatorio en representación do Concello será o primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera.

Nas xornadas participan diferentes Secretarios de Estado do país veciño así como representantes de concellos como o de Porto ou Portimão.

O Goberno municipal amosouse satisfeito polo crecente recoñecemento do que está sendo obxecto por parte doutras institucións galegas e internacionais a gran transformación no espazo público implementada nos últimos anos en Ponteareas.

Redondela presenta actividades para o fomento da corresponsabilidade

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela lanza un porgrama de actividades co apoio da Xunta de Galicia, dentro do “Plan corresponsales”, enfocadas a toda a familia para o fomento da corresponsabilidade.

A primeira destas é aberta o público e desenvolverase o 5 de decembro de 15 horas a 19 horas no Multiúsos da Xunqueira e o 9 de decembro  no mesmo horario no Muliúsos do Piñeiral (Chapela). A actividade consiste nunha xincana na qu epode participar o núcleo familiar cos nenos e nenas sobre tarefas domésticas. Nas que entre todos e todas terán que desenvolver certas tarefas como planchar ou cociñar dende unha perspectiva de xogo educativo para fomentar a igualdade. Empregarase metodoloxía dinámica e participativa na que as/os menores participantes aprendan e practiquen labores básicas da convivencia no fogar.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que “ten como obxectivo a sensibilización e a formación en corresponsabilidade e coidados destinadas ás familias para promover a perspectiva de xénero e fomentar a corresponsabilidade no ámbito de coidados”.

A inscrición está aberta hata completar prazas (Redondela 986402865 e Chapela 986454226).

A outra das actividades dentro do mesmo programa consiste nun curso de formación en corresponsabilidade, igualdade de xénero e novas masculinidades enfocada ao funcionariado do Concello. A duración será dunha sesión de hora e media, nas que un profesional dará unha charla e estará aberto as cuestións dos traballadores e traballadoras sobre a perspectiva de xénero.

A Mostra de Produtos de Covelo, edición especial Nadal, abrirá as súas portas ata as 19 horas

0

O Concello de Covelo informa que este sábado día 3 haberá unha edición especial nadal da Mostra de Produtos de Covelo que prolongará o seu horario e irá de 10 a 19 horas para ofrecer música, artesanía, gastronomía e actividades infantís.

A praza Mestre Cerviño acollerá a última feira deste ano 2022 con postos de adornos de nadal, bolaría, caracois comestibles,cerámica polimérica, cestaría, cervexas, cosmética natural, decoración, especies a granel, horta ecolóxica, licores, macramé, maquetería, mel, panadaría artesá, pintura, textil, xoiaría… e moitos máis postos de produtos de proximidade e artesás, ademais dos de moda e decoración de segunda man e postos dos colexios para recadar fondos para as súas excursións.

Ás 12:30 horas haberá bailes, xogos, panxoliñas e concurso de baile para nenos e nenas e ás 17:30 horas chegará a música en directo á praza con música do duo Gure Terra e a visita de Papá Noel que recollerá a ilusión das cativas e cativos para levala a Laponia na súa caixa de correos.

Coa caída da tarde chegarán as luces de Nadal que veremos brilar para arroupar a feira e logo apagaranse ata o martes día 6 de decembro que será o acendido oficial das luces de Nadal en todo o concello, centro urbano e parroquias.

O domingo día 11 terá lugar no pavillón municipal de Covelo o Festival de Nadal do Club de Patinaxe e o domingo 18 ás 18:30 horas será a gala dos galardóns “Síntete Covelo 2022” no auditorio municipal do concello coa actuación de Antonio Barros e Ialma.

O venres 23 a compañía Asacocirco actuará na praza Mestre Cerviño ás 16:30 horas e o día 30 a esta mesma hora actuarán os Zancudos de Branco.

O día de Reis, 6 de xaneiro, sairá o rei Melchor ás 16:30 da parroquia de Fofe para ir a Piñeiro, Barcia de Mera e Casteláns e o mesmo fará Gaspar dende A Graña, Campo, Godóns, Prado e Maceira e Baltasar dende Prado da Canda, Lamosa, Paraños e Santa Mariña. A Cabalgata dos Reis Magos chegará á praza Mestre Cerviño arredor das 18:30 onde entregarán agasallos doces para todos os nenos e as nenas ao tempo que gozan de animación musical para toda a familia.

O sábado 7 de xaneiro de 2023 teremos unha cita coa Mostra de Produtos de Covelo na praza Mestre Cerviño  no seu horario de costume, de 10 a 14 horas aproximadamente e ás 18:30 horas o Concerto de Nadal da Coral Xuntanza de Covelo no auditorio municipal.

“Un Nadal en familia no que gozar de actividades para todos os públicos e no que a maxia destas datas chegue a todas as parroquias, así queremos celebrar estas festividades dando a posibilidade de reencontrarnos con amigos e compartir tempo coas persoas da nosa contorna”, engade o alcalde.

“Grazas xoguetes” a nova campaña da Deputación

Os xoguetes axúdannos a cumprir os nosos soños, libres de prexuízos e estereotipos sexistas. Esta é a principal mensaxe que lanza a potente campaña da Deputación deste ano para a adquisición e uso de xogos e xoguetes igualitarios nas vindeiras festas, cuxo lema é “Grazas xoguetes”. Está  protagonizada por cinco profesionais da provincia que agradecen aos seus divertimentos infantís terlles inspirado para elixir a súa ocupación laboral, todas en ámbitos no que o seu sexo aínda está infrarrepresentado. Son a inmunóloga África González, a cineasta Emma Lustres, o bailarín Diego Landín, a futbolista Paula Dapena e o cociñeiro Pepe Solla. Estes tres últimos participaron hoxe na presentación xunto a Laura Seara, de Red Talento Consultoras, creadora da iniciativa, que, como destacou a presidenta provincial Carmela Silva, “é unha campaña única e moi relevante, que vai ter moito impacto. Levamos oito anos facéndoa e todas foron un éxito pero a deste Nadal é potentísima e moi impactante”. Amais, a campaña volve incluír un concurso escolar para elixir “O mellor xoguete do mundo” polo alumnado de 3º e 4º de Primaria.

“Grazas xoguetes por axudarnos a soñar sen estereotipos” reivindica a importancia e o decisivo papel dos xogos xoguetes na educación, no desenvolvemento da personalidade e na elección de futuras profesións. As distintas pezas da campaña amosan aos e ás citadas profesionais cos xoguetes que lles inspiraron e aos que dan as grazas por axudarlles a soñar  e ensinarlles que podían ser o que quixeran. Pepe Solla xogou de neno cunha cociniña vendo a súa avoa; África González lembra o estetoscopio que tivo de regalo; Paula Dapena o balón co que xogaba de nena; Emma Lustres a súa primeira cámara de cine de xoguete e Diego Landín os peluches de animais bailaríns. Xunto ás frases de cada un,  un lema común:  Este Nadal aposta polo talento das túas fillas e fillos, aposta por xoguetes libres de estereotipos.

Carmela Silva agradeceu a participación de profesionais “tan relevantes, referentes a nivel nacional e internacional que van permitir co seu compromiso que xuntos e xuntas reflexionemos cando vaiamos mercar un xoguete”, e louvou o relato desta campaña:  “Xogar marca a vida e o obxectivo é  que nenas e nenos experimenten co xogo e poidan acabar sendo o que desexen libremente e que se abra un gran abano. Non só as nenas teñen pechadas moitas cousas que poderían ser e facer, senón tamén os nenos. Que todos e todas teñamos calquera decisión nas nosas mans, para poder construír unha vida de seres felices que fan o que lles gusta, o que soñaron cando xogaban”.   

Neste senso, citou a Heidi Britz-Crecelius para afirmar que “non hai nada que os seres humanos fagan, saiban, pensen, esperen ou teman que non teña sido experimento, practicado ou ao menos anticipado durante a etapa do xogo na infancia”. Carmela Silva puxo tamén en valor a entrada en vigor do Código Deontolóxico sobre Publicidade non Sexista acordado entre o Goberno e o sector da publicidade e fabricantes, que busca evitar nesgos e roles de xénero nos anuncios, como a Deputación ven facendo desde hai 8 anos. “Creo que o xoguete é unha actividade humana fundamental que marca os nosos soños, os nosos desexos, o que queremos ser, pero tamén marca como somos como seres humanos. Se se nos educa en igualdade, se se permite que nenos e nenas teñan a capacidade de elixir libremente con que xogar, como vivir e imaxinar, porque iso é o xoguete, construiremos unha sociedade na que poderán ser o que queiran cando teñan que decidir”.

Laura Seara, de Red Talento Consultoras, destacou o papel da Deputación nestas iniciativas “porque non hai unha institución que sexa máis referente no Estado neste traballo a prol do xoguete igualitario e non sexista”. Agradeceu o traballo do publicista Pablo Ojea e a ilustradora Iria Prol e subliñou que na campaña están presentes os tres principais axentes da socialización: “a familia, porque está dirixida a pais e nais para que lle dean unha pensada aos xoguetes que van poñer nas mans dos seus fillos e fillas; o profesorado, e un terceiro que ten que ver co que se aprende a través das amizades e nas redes sociais”. Neste senso, destacou que os e as protagonistas da campaña son “influencers moi importantes”.

As e os protagonistas uníronse ao chamamento. Pepe Solla subliñou que este tipo de campañas amosan que “aínda hai fisuras na sociedade”. “Vivimos nunha sociedade que cada vez máis se regula por leis e prohibicións, e obviamos que educar é un proceso moito máis importante. É máis lento, pero ten moitísimo mellor resultado. Por iso é un orgullo pensar que teño participado nalgo como isto, que amosa como me gustaría que se regulase a sociedade. E pensar sobre todo que se dirixe aos nenos/as, porque eles/as van construír a sociedade que veña. Temos que deixarlles un legado”.  

Diego Landín, director do Ballet de Galicia en Marín, lembrou a súa experiencia no ámbito da danza, “onde está moi separado o que teñen que facer o home e a muller ou o que poden facer” e onde a presenza masculina cando comezou e na actualidade segue a ser escasa. “Sempre me sentín protexido na casa –indicou- onde me permitiron soñar co que quería ser. Pero creo que é inxusto que moitas e moitos rapaces se sintan desprotexidos por xogar cos xoguetes que queren xogar. Estou moi agradecido de facer equipo con estes profesionais”. 

Pola súa banda, a futbolista Paula Dapena, lamentou que o fútbol segue a ser “un dos ámbitos máis machistas en todo o mundo” e lembrou que a campaña “é moi importante para que nenos e nenas aprendan que o fútbol, o baile, a cociña, a investigación e o cine son cousa de todos e que non hai xogos de nenos ou nenas”. “Quixera pedir a pais nais, avós e avoas, que teñan en conta que o desenvolvemento dos nenos e nenas depende dos xoguetes que lles regalemos. A campaña é imprescindible para que a sociedade teña en conta que hai que vivir libre  de estereotipos e soñar que todos e todas podemos ser todo”.

“Faremos unha campaña moi viral”

Desde o vindeiro 7 de decembro ata o 6 de xaneiro a campaña terá soportes físicos e virtuais, que inclúen un vídeo colectivo e os individuais de cada protagonista, carteis, publicidade en medios e tamén nos autobuses urbanos de Vigo. Está dirixida á infancia, ás persoas encargadas de tomar a decisión de comprar un xoguete, como as familias, e tamén ao profesorado, Anpas, clubs deportivos e axentes culturais.

Concurso escolar

A campaña incluirá un concurso creativo dirixido á nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria da provincia. Baixo o lema “O mellor xoguete do mundo”, animará ao alumnado a deseñar un xoguete orixinal, creativo, igualitario e non violento. Será un concurso por equipos (aulas) no que os e as participantes poderán deseñar o seu xoguete sen límites de tamaño ou peso, aínda que se valorará o emprego de material reciclable. Unha vez deseñado, deberán enviar foto da súa creación, con prazo ata o 30 de xaneiro, ao enderezo [email protected]. O certame, do que se remitirá información aos centros, tamén estará dispoñible na web da Deputación. Está dotado cun primeiro premio para o centro gañador consistente nunha actividade didáctica e material educativo igualitario, e dous accésit, cos que os centros recibirán material educativo igualitario.

Aceesa Porriño reivindica o dereito a traballar das persoas con diversidade

Centos de persoas secundaron hoxe no Porriño a ‘Andaina polos dereitos das persoas con diversidade’ coa que Aceesca Porriño conmemora o Día Internacional das persoas con diversidade.

Nenos e nenas dos centros educativos do municipio, usuarios e usuarias do centro asistencial de Afaga Alzhéimer no Porriño e de EVD Galicia, ademais do alcalde e representantes do Goberno Municipal, sumáronse á súa reivindicación de este ano “O NOSO DEREITO A TRABALLAR”.

Tal e como expuxo a voceira do Grupo de Autoxestores “Os dez de Porriño” de Aceesca, só unha de cada cinco persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento ten un traballo. “Isto é moi grave”, indicaron, “Porque tras ese dato hai miles de persoas con diversidade e as súas familias. Ademais, as que teñen traballo o teñen en peores condicións, por exemplo, cobrando menos que as persoas sen discapacidade, accedemos a postos de traballo de máis baixa cualificación e temos menos oportunidades de mellorar ou cambiar de traballo”.

Reivindican que empresas e administracións públicas teñan en conta que poden necesitar máis apoios nos seus postos de emprego e se lles teña en conta nos plans de formación.

Un dos puntos importantes no que poñen o foco é na educación. “Debe ser inclusiva”, apuntaron. “Temos dereito a traballar e a que non nos poñan barreiras para conseguilo. E as nosas familias tamén, xa que moitas veces non poden facelo porque nos teñen que coidar, acompañar. E isto sobre todo afecta as mulleres” concluíron.

Os nenos e nenas dos colexios participantes sumáronse cos seus traballos e reivindicacións para facer deste un mundo máis xusto. O alcalde, Alejandro Lorenzo, pechou o acto reivindicando que “asegurar que se cumplan os dereitos das persoas con diversidade non só de xustiza, tamén é unha aposta de futuro, xa que todos e todas, cada un coas nosas circunstancias e realidade, somos membros activos de esta sociedade e remamos xuntos”, concluíu.

O campamento de conciliación de Nadal chega a Salvaterra

O Concello de Salvaterra de Miño organiza o “Campamento de Conciliación – Nadal” coa finalidade de proporcionar actividades de carácter educativo e lúdico e facilitar á conciliación da vida laboral, familiar e persoal. 

Poderán solicitar a súa participación no “Campamento de Conciliación –  Nadal” os nenos e nenas  entre 3 e 12 anos, nados entre os anos 2019 e 2010.

O campamento de nadal desenvolverase os días 23, , 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro en  horario de 9:00 horas ás 14:00 horas. Coa posibilidade de aula matinal de 7.30 a 9.00h

O prazo para presentar as solicitudes comezará o día 5 de decembro e rematará o día 14 de decembro, se non se esgotan prazas antes.

As solicitudes formalizaranse a través de sede electrónica ou por rexistro de entrada no Concello.

Tomiño dá a benvida a un Nadal cheo de lecer

0

Tomiño prepárase para dar a benvida a un Nadal cheo de luz, cor e lecer para todos os públicos. Durante o vindeiro mes, o Concello pon en marcha unha programación “coa que buscamos que a veciñanza desfrute dunha época tan sinalada non só cunha morea de actividades todas de balde, senón tamén convidando a todas as tomiñesas e tomiñeses a gozar do municipio, saír ás rúas e mercar no noso comercio local”, explica a alcaldesa, Sandra González.

O pistoletazo de saída ao Nadal darase este mesmo sábado 3 de decembro co acendido das luces, que enchen Tomiño de cor a través de diferentes elementos decorativos que crearán un acolledor ambiente para estas datas. A partir de aí comezará un programa no que o público poderá escoitar o concerto da Coral Polifónica de Tomiño o domingo 11 de decembro (ás 19.00 h no auditorio municipal de Goián) e á Agrupación Musical de Goián no seu tradicional concerto de Nadal o día 18 (18 h, auditorio de Goián), no que participa boa parte do alumnado da Escola de Música, dende os máis pequenos do xardín musical ata a banda infantil e xuvenil.

O 26 de decembro chega ‘O Nadal no Mercado’, que comezará con ‘Arte e contos no Nadal’, unha sesión de narración oral que rematará cun obradoiro de actividades artísticas empregando diferentes técnicas. A cargo de Migallas Teatro, a actividade será ás 11.30 horas con entrada de balde. Xa o 29 de decembro, ao primeiro andar do Mercado chega ‘Carabranca’, de Compañía Eléctrica, un espectáculo de narración oral baseado nun conto de Iván Sende na que os pequenos e pequenas poderán vivir unha historia de aventuras, ánimo de superación e valores que fomentan a igualdade. Será ás 11.30 h, con entrada libre.

Tomiño rematará o 2022 con actividades na carpa da Praza do Seixo o venres 30 e coa visita do Apalpador o sábado 31 ás 12.00 horas. O ano comezará un ano máis con inchables o martes 3 e o domingo 4 de xaneiro e a tradicional Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro polas parroquias e a Praza do Seixo.

Por outro lado, o Concello quere seguir apoiando ao comercio local nestas datas, polo que puxo en marcha unha nova edición da campaña ‘Nadal + Nadal’, unha iniciativa que busca premiar tanto aos establecementos tomiñeses como a todas aquelas persoas que escollen mercar no seu municipio. Do 9 ao 27 de decembro os usuarios e usuarias participarán no sorteo de vales de compra polo dobre do valor dos seus tíckets, mentres que os establecementos competirán por ver quen deseñou a mellor decoración de Nadal tanto dentro dos locais como nos escaparates.

Durante o vindeiro mes, as actividades completaranse un ano máis co proxecto ‘Unha postal polo Nadal’, unha iniciativa organizada polo Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, ‘Voces Novas’, coa que se realizará unha recollida de postais personalizadas feitas polo alumnado dos centros educativos para enviar con moito agarimo ás persoas maiores do municipio.

Abre en Nigrán o novo hipermercado Eroski

0

O novo hipermercado Eroski Nigrán da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski abre hoxe as súas portas ao público. Faio tras o acto de inauguración oficial da tenda, que tivo lugar onte no marco da inauguración do centro comercial Nasas Nigrán, e que contou coa presenza do alcalde do Concello de Nigrán, Juan Antonio González; o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González; o director de supermercados e hipermercados Eroski, Florentino Vázquez, e o director xeral de López Real Investimentos 21, Antonio García.

Vegalsa-Eroski continúa así ampliando a súa rede comercial, que pasa a estar conformada por oito hipermercados -sete deles en Galicia e un na Comunidade de Castela e León-, sumando un total de 26.500 m2 de superficie comercial.

“Esta nova apertura supuxo un investimento de máis de 4 millóns de euros. Unha cifra que reflicte a aposta que facemos por prestar unha oferta comercial máis competitiva e ambiciosa que responda a todas as necesidades dos nosos clientes”, destacou o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, durante o acto de inauguración.

Cun horario de atención ao público ininterrompido de 9:00 a 22:00 horas, e emprazado no parque empresarial Porto do Molle da localidade pontevedresa de Nigrán, a atención ao cliente do hipermercado está cuberta por un equipo de 74 profesionais, dos cales 64 son de nova incorporación, froito da aposta da compañía pola xeración de emprego estable e de calidade. Os outros 10 postos corresponden a traslados de traballadores doutras tendas da compañía.

[su_image_carousel source=”media: 64627,64626,64628,64629,64630″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Aposta directa polo produto fresco e de proximidade

Coa apertura deste novo hipermercado, a empresa reforza o seu compromiso cos produtos frescos locais, a sustentabilidade e a atención personalizada nas seccións de carnicería, peixaría, frutería, charcutería e panadería. Ademais de contar con seccións de frescos con venda asistida, dispoñerá de servizos de valor como máquina de zume recentemente espremido, cortadora de pan e de bacallau, servizo a domicilio, compra en liña con opción de clic and drive, seis caixas rápidas con sistemas de auto-checkout, gasolineira cos mellores prezos e un aparcadoiro propio de 163 prazas cubertas dentro da área comercial Nasas Nigrán.

Os clientes poderán atopar neste centro 30.830 referencias de alimentación e no food nunha sala de vendas de 3.770 m2, dos cales 1.214 m2 estarán dedicados a produtos frescos, cociña lista para levar, conxelados e produto ecolóxico. Entre as características máis destacadas desta última sección, atópase a venda a granel de produtos como os legumes, cereais ou pastas destinadas a ofrecer aos clientes a posibilidade de realizar as súas compras o máis personalizadas posibles.

No que se refire á súa oferta de non alimentación, dispoñerá de sección de droguería e perfumería, bazar, librería, electrónica, auto, fogar, así como cunha sección diferenciada destinada a téxtil a través da marca propia MO.

Comida de calidade lista para levar ao alcance todos

Co obxectivo de ofrecer aos clientes soluciones innovadoras acordes ás súas necesidades e estilo de vida actual, Velgasa-Eroski aposta neste novo establecemento pola súa sección Cociña, onde os consumidores poderán atopar pratos caseiros, saudables e a prezos competitivos elaborados con produtos de proximidade e de tempada.

Os clientes contarán cunha ampla variedade de produtos para diferentes ocasións ou necesidades, tanto para almorzo, comida, merenda ou cea. Ademais, poderán comprar os produtos para consumir no establecemento, que conta cun espazo específico con mesas, cadeiras e demais medios necesarios cun aforo de 50 persoas; ou tamén en formato take away para consumir fose do hipermercado.

Esta proposta de valor como sección complétase cun equipo de 4 persoas, que ademais de preparar os pratos desde primeira hora tamén estarán dedicados a atender persoalmente aos clientes. De forma complementaria, tamén estará dispoñible a opción de libre servizo para ofrecer aos clientes un servizo flexible, áxil e cómodo.

O modelo comercial “Contigo”

Este novo hipermercado está adaptado ao modelo comercial “Contigo” que se caracteriza por ofrecer unha gama especialista en alimentos frescos, pola súa aposta polos produtos locais, a atención personalizada e o aforro na cesta da compra diaria co programa de fidelización EROSKI club.

No modelo “Contigo” están presentes tamén de forma transversal os compromisos de Vegalsa-Eroski co fomento da saúde e sustentabilidade, caracterizándose os seus establecementos polo seu atractivo comercial diferencial, por ser tendas de nova xeración e por unha relación próxima cos clientes.

Ademais, en liña coas tendas ecoeficientes da rede comercial de Vegalsa-Eroski, este novo hipermercado conta con medidas de eficiencia enerxética tanto en iluminación, coa instalación de luces led, como de climatización e frío nos murais e mostradores, a través da automatización e monitorización das instalacións. Todo iso permite unha xestión máis eficiente en toda a tenda, reducindo nun 35% o consumo enerxético e diminuíndo as emisións de CO2 respecto a unha instalación tradicional.

Á hora de realizar as súas compras, os clientes poderán utilizar as tarxetas Visa, 4B e Rede 6000 así como a tarxeta de fidelidade Eroski Club e Eroski Club ORO coa que acumulan un desconto directo do 4% das súas compras.

Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 281 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e Gasolineiras Eroski, Eroski/Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski/City, Aliprox e Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 18 centros distribuídos homogéneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións

Ponteareas realiza investimentos para mellorar o Centro Cultural Xinzo

O Concello de Ponteareas mantén o seu compromiso cos centros culturais da vila cunha nova obra de renovación, a do Centro Cultural Xinzo. O Concello e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia asinaron un convenio de colaboración a través do que o Goberno municipal achegará máis de 26.500 euros para as obras de mantemento e conservación realizadas no centro cultural desta parroquia. O edificio, construído en 1991 cun deseño arquitectónico de referencia, converteuse no centro neurálxico do lecer e a cultura para a veciñanza da parroquia.

“Para o Goberno municipal é moi importante continuar colaborando coas asociacións e entidades da vila para conservar os nosos bens patrimoniais e seguir dotando de servizos de calidade a toda a veciñanza”, explicou a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, quen salientou a importancia que as casas e centros culturais teñen na vida cotiá dos e das ponteareás como “centros de esparexemento, de estancia e de convivencia. Por este motivo debemos traballar para seguir facendo destas instalacións un lugar accesíbel, cómodo e moderno onde poder facer e gozar da cultura”.

A través deste acordo, o Concello investirá 25.000 euros nas obras para a reparación en cuberta, selado e limpeza da pedra da fachada no exterior das instalacións, así como para a reposición do pavimento na zona interior. Ademais, tamén se achegarán outros case 1.600 euros para o mantemento e a realización das inspeccións periódicas obrigatorias do ascensor e salvaescaleiras do centro cultural.

O Centro Cultural Xinzo está aberto á veciñanza durante todo o ano, cunha programación cultural estábel e con servizos como biblioteca, cafetaría ou clases formativas e lúdicas para todos os públicos. Ademais, fan uso destas instalacións diversos colectivos veciñais, sociais e musicais, así como á Asociación Forestal de Galicia.

A Cañiza dá a benvida ao Nadal

0

Imaxe de arquivo do acendido do ano pasado

Na tarde noite de mañá sábado 3 de decembro, o Concello acenderá as luces deste Nadal 2022. Igual que estes tres anos pasados, o encargado de iluminar as rúas, espazos públicos e lugares do municipio será Iluminaciones Ximénez, empresa adxudicataria do procedemento de contratación para este servizo. 

Despois do acendido do alumeado, que terá lugar ás 19:00 horas, e se o tempo o permite, o Concello servirá na Praza Maior unha «chocolatada cañicense» coa que se inaugurarán as festas navideñas.

Así, celebrarase o inicio das festas navideñas. As luces estarán acendidas ata despois de Reis.

Tui acollerá o Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala

0

Tui acollerá o próximo martes, 6 de decembro, o Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Tui e o club A Quinta de Tui Futsal.

Neste evento participarán máis de 250 xogadores e xogadoras das delegacións de Pontevedra, Vigo, Ourense e Santiago de Compostela nas categorías benxamín, alevín e infantil. Os primeiros encontros comezarán ás 9.30 da mañá e se prolongarán durante todo o día nas instalacións do Pavillón Municipal Gustavo Rodríguez, no Pavillón Municipal Vello e tamén no Pavillón do IES San Paio.

Esta mañá tivo lugar a presentación do campionato na casa do Concello de Tui coa presenza do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, do vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias, do responsable de fútbol sala da mesma federación na área de Vigo, Borja Arca, así como tamén do presidente do club A Quinta de Tui Futsal, Roberto Carlos Vila.

Rafael Estévez, concelleiro de Deportes tudense, agradeceu á Federación Galega de Fútbol por ter escollido Tui para albergar un evento deportivo que, dixo, permitirá promocionar o deporte de base, o futsal e tamén a cidade de Tui grazas á visita de decenas de rapaces e rapazas de fóra da nosa contorna.

Pola súa banda, Fernando Iglesias, vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, destacou que o futsal “move moita xente” e que coincidindo coa xornada festiva na que se disputará este torneo permitirá que, amais de competir, os rapaces e rapazas coñezan a cidade. Salientou asemade que “sempre sae todo ben” e “é sinxelo” organizar eventos en Tui e co club A Quinta. O presidente deste club tudense quixo agradecer ao Concello e á Federación Galega de Fútbol por contar con eles para a organización dun torneo que, dixo, levan tempo pedindo e que agora agardan que sexa un éxito.