Luns, 21 Xullo de 2025

Chega a San Silvestre Solidaria do Concello de Nigrán

0

O Concello de Nigrán celebrará  un ano máis a carreira San Silvestre Solidaria o sábado 31 de decembro para despedir 2022. A proba deportiva, non competitiva, consta de 4,5 km e será con saída ás 17:00 horas desde o inicio do Paseo de Panxón para chegar ao final de Lourido e regresar. Finalizará cunha chocolatada. Os interesados en participar non precisan inscribirse, tan só achegar ese mesmo día 1 kg de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Municipal.

“A aposta deste goberno polo deporte é total e absoluta e cremos que a mellor maneira de despedir o ano é precisamente facendo deporte, facéndoo en comunidade e divertíndonos”, indica Juan González, alcalde de Nigrán e quen iniciou no 2015 a celebración desta proba que forma parte ineludible xa do calendario deportivo nigranés.

Unidade Móbil de inspección técnica de turismos en febreiro e marzo na Guarda

0

A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

  • do 17/02/2023 ao 06/03/2023 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días, agás:

  • 06/03/2023 que será horario só de mañá

Para solicitar cita previa:

  • Por teléfono: 902 30 90 00
  • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com – Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

322 quilos de alimentos recadados na Ruta Solidaria Ponte Nafonso Racing 2022

0

A Asociación Ponte Nafonso Racing finalizou o ano cunha nova ruta automobilística solidaria polo Concello de Tomiño. Cunha carpa situada en plena Praza do Seixo, tanto os e as participantes como público e veciñanza achegaron o seu gran de area e recadaron un total de 322 quilos de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene que serán entregados á asociación SOS Baixo Miño.

O concelleiro de Deportes, Francisco Campo, e a concelleira de Benestar Social, Cristina Martínez, deron os parabéns en nome de todo o Concello á organización por implicarse un ano máis nunha actividade na que se mestura deporte, lecer e solidariedade.

O 061 de Galicia reforza o persoal ante o incremento de demanda sanitaria no Nadal

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reforza, un ano máis, o seu persoal da Central de Coordinación para garantir que a asistencia sanitaria ás urxencias e ás emerxencias que se produzan na Comunidade Autónoma galega sexa axeitada durante as datas de Nadal.

Así, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reforza o servizo habitual segundo as análises de incremento de chamadas nestas datas para axilizar a consulta médica e optimizar a xestión dos recursos co fin de dispoñer dos medios máis axeitados para a atención das emerxencias que puideran xurdir.

Isto supón que estes vindeiros días haberá un facultativo máis nas quendas de noite (de 22 a 8 horas) as noites do 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro, así como nas quendas de mañá e tarde dos días 24, 25 e 31 de decembro e dos días 1, 5, 6, 7 e 8 de xaneiro. Respecto ao persoal de xestión telefónica, o servizo reforzarase cun teleoperador máis na quenda da noite do 24 de decembro e con dous na noite do 31 de decembro.

Nadal 2021-2022

O pasado Nadal -desde o xoves 24 de decembro de 2021 ata o mércores 6 de xaneiro de 2022-, a Central de Coordinación do 061 de Galicia recibiu un total de 37.057 chamadas de demanda sanitaria, que xeraron 34.527 procesos asistenciais.

Dos 34.527 procesos asistenciais xerados, o 64% resolvéronse sen mobilización de recursos e o 36% restante precisaron da mobilización dalgún recurso (visita domiciliaria de médico ou enfermeiro de Atención Primaria, transporte urxente e/ou emerxencias). Dos procesos asistenciais nos que a Central de Coordinación estimou necesario a mobilización dalgún recurso e nun 53% tratouse de emerxencias sanitarias e no 47% de transporte urxente. En total, mobilizáronse 11.698 recursos.

Neste período, os accidentes de tráfico e as intoxicacións foron os principais motivos de demanda sanitaria na Central de Coordinación. Así, no Nadal pasado o 061 de Galicia recibiu 287 chamadas en relación cos accidentes de tráfico, que xeraron 219 asistencias, nas que atenderon a 380 persoas, das que tres faleceron no punto do incidente.

No caso das intoxicacións, entre o 24 de decembro de 2021 e o 6 de xaneiro de 2022, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atenderon a 324 persoas, das que  275 foron asistidas por intoxicacións por alcohol e 49 por consumo de drogas.

Por último, é importante lembrar que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é o servizo encargado de prestar atención ás urxencias e ás emerxencias extrahospitalarias na Comunidade Autónoma galega as 24 horas, os 365 días do ano e que moitas vidas poden ser salvadas e moitas lesións atenuadas se reciben a asistencia sanitaria axeitada.

Zona Franca busca chan empresarial na Cañiza

0

O nivel de ocupación do chan empresarial-industrial do Consorcio da Zona Franca de Vigo é moi elevado, chegando ao 100% na maioría. Esta situación levou á institución “á procura de oportunidades e estase traballando no desenvolvemento de posibles parques industriais como o da Ran en Cuntis, cunhas 64 hectáreas, e na Cañiza, con preto de 96 hectáreas”, segundo informou o delegado do Estado, David Regades, ao pleno do Consorcio na súa última sesión do ano.

No repaso que fixo David Regades sinalou que, no polígono industrial de Balaídos, a ocupación actual dos espazos en arrendamento é do 100% e por iso estanse levando a cabo os traballos necesarios para a ampliación do polígono, mediante a ordenación detallada que se incorporará á novo PXOM, en tramitación.

En canto á área de Bouzas, o edificio principal conta cunha ocupación dun 84%, aínda que están previstas novas adxudicacións que incrementarán a referida porcentaxe. As 3 naves e a superficie exterior presentan unha ocupación dun 100%. O delegado avanzou que durante 2023 publicaranse automaticamente os espazos que queden libres para os efectos de que os interesados presenten as correspondentes ofertas e axilizar os prazos de tramitación.

Dentro do ámbito de Vigo, está en marcha a tramitación que permitirá a ampliación do PTL, unha superficie de 25 hectáreas, e que será a maior área comercial e de lecer da contorna de Vigo. Está a estudarse a posibilidade de constituír unha sociedade, á que se incorpore unha entidade con experiencia probada na promoción e xestión de áreas comerciais e de lecer. Na actualidade, o Centro de Servizos conta cun 93% de ocupación mentres que as naves loxísticas alcanzan o 100%.

No polígono da Granxa no Porriño se continua coa oferta de arrendamento de oficinas, locais e naves no Centro de Servizos e no Centro de Iniciativas Empresariais, existindo actualmente unha elevada ocupación.

En Porto do Molle en Nigrán, a ocupación é de 100% nas naves bioclimáticas, nos viveiros e nos locais comerciais. Ademais, existe unha porcentaxe de ocupación moi elevado no Centro de Negocios e nos espazos para viveiros. No que afecta o Edificio Tecnolóxico e do sector aeroespacial a ocupación dos laboratorios é dun 100%, mentres que os espazos destinados a viveiro atópanse con alta ocupación.

O delegado do Estado explicou que á vista da altísima ocupación das 40 naves bioclimáticas que están arrendadas, iniciouse a construción dun novo complexo de novas naves en Porto do Molle e avanzou que está previsto que en 2023 convóquese a nova oferta de arrendamento.

En canto a parcelas, en Porto do Molle están dispoñibles 1 de uso industrial, 7 de uso lecer-recreativo, 9 de servizos múltiples e 1 de equipamento social.

Finalmente, no ámbito da Plisan continúase coa comercialización das, aproximadamente, 19 hectáreas que están libres na denominada área LLE -Loxística Empresarial- para o que se procederá á convocatoria da terceira oferta pública de venda e dereito de superficie das parcelas dispoñibles.

Planta de hidróxeno e planta fotónica
O delegado do Estado tamén se referiu aos grandes proxectos que Zona Franca ten en marcha, como é a planta de hidróxeno en Bouzas. David Regades explicou que se adxudicou o expediente para a redacción do proxecto e posterior execución das obras, cunha instalación que pretende abrir unha porta a un futuro descarbonizado, favorecendo ao desenvolvemento de novas tecnoloxías, mellorando a seguridade e resiliencia dos sistemas enerxéticos e actuando como un exemplo para a sociedade.

O delegado sinalou que “o Consorcio Zona Franca Vigo actúa, unha vez máis, como un axente facilitador e impulsor dunha economía máis xusta, accesible e libre de emisións”. A instalación solar fotovoltaica instalarase Bouzas, nas cubertas das tres naves industriais (Naves 1, 2 e 3) cunha extensión de 15.127 m2, mentres que a instalación de produción de hidróxeno situarase entre as naves 0 e 1, ocupando unha área aproximada de 330 m2.

O outro gran proxecto é o centro de produción de semiconductores fotónicos SPARC, no que Zona Franca participa como socio fundador, a través de VigoActivo. Prevese iniciar as obras no segundo semestre de 2023.

Lucenza organiza en Nigrán a mostra “Prestige, marea negra. 20 anos”

0

O 13 de novembro de 2002 o petroleiro Prestige sufría un accidente e afundía días despois, botando ao mar, e contra as nosas costas, unha parte moi importante das 70.000 toneladas de fuel que levaba nos seus depósitos.

Con tal motivo, Lucenza – Ateneo de Nigrán remata o ano organizando os días 27, 28 e 29 de decembro a mostra-xornadas “Prestige, marea negra. 20 anos”, no que colaboran o Concello de Nigrán e a Plataforma Nunca Máis do Val Miñor. Estas actividades terán lugar nas instalacións do Colexio Humberto Juanes de Nigrán, en horario de 18:00 a 22:00 horas. A entrada e participación é aberta e de balde, ata completar aforos.

Integran o programa charlas e mesas redondas, o visionado de documentais, visitas guiadas orientadas aos rapaces e rapazas e, sobre todo, unha ampla mostra, con fotografías, materias diversos e documentos referidos a dito momento, no que abondan as referencias ao Val Miñor.

Con estas actividades, Lucenza quere lembrar aos que o viviron, e dar a coñecer aos máis novos, o que sucedeu naquel tempo en Galicia e na nosa ría. Abórdanse nesta exposición aquela crise ecolóxica, a reacción social provocada pola catástrofe e a súa mala xestión, así como o xurdimento do movemento Nunca Máis.

O programa de actividades a desenvolver durante estas tres xornadas é o seguinte:

Martes 27

  • 19:30 h  Presentación da mostra e das xornadas. Xabier méndez.
  • 20:00 h  “consecuencias ecolóxicas da marea negra e situación 20 anos despois”. Alfredo lópez (cemma).
  • 20:30 h  “marea negra e nunca máis”. Uxía senlle.
  • 20:45 h  Proxección do documental “20 anos de dignidade”. Producido pola plataforma nunca máis.
  • 21:30 h  Coloquio.

Mércores 28

  • 18:00 h  “a salvar o mar”.  Visita guiada á mostra, para nenas e nenos. Delfina meire e jorge vilas.
  • 18:45 h  “co sorriso como arma. Humor gráfico en tempos de chapapote”.Documento audiovisual.
  • 19:15 h  Presentación da asociación e do proxecto “unha gran burla negra”.
  • 20:00 h  “reacción no ámbito cultural e literatura da marea”. Marta dacosta e camiño noia.
  • 21:30 h  Coloquio.

Xoves 29

  • 18:15 h  Proxección do documental “alegría”. Producido por ecoloxistas en acción e presentado por ana díaz freiría.
  • 20:00 h  “ver e actuar. A reacción da sociedade ante os acontecementos”. Mesa redonda, coa participación de intervenientes da comarca. Modera maría xosé andrade.
  • 21:00 h  Coloquio.
  • 21:30 h  Sorteo do “gran capacho de nadal” e acto de clausura da mostra e das xornadas.

A Xunta conxela as peaxes mentres o Goberno de España sube un 4% a AP-9 e a AP-53

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salienta que mentres a Xunta conxela as peaxes, o Goberno de España imporá aos galegos unha nova suba do 4% nas autoestradas estatais AP-9 e AP-53.

A conselleira lamentou que o Executivo central decidise non atender a demanda social de Galicia, da Xunta e dos parlamentos autonómico e nacional, de evitar un novo incremento das peaxes estatais. Segundo dixo, as medidas coñecidas a día de hoxe quedan nun “remendo de última hora insuficiente”.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, Ethel Vázquez remarcou que os Orzamentos da Xunta de 2023 recollen unha partida de 4,8M€ para conxelar e bonificar as peaxes das autoestradas autonómicas, a que conecta A Coruña e Carballo (AG-55) e a do Val Miñor (AG-57).

Destacou que en 2023, coa conxelación das peaxes e o mantemento das bonificacións, as autoestradas de competencia da Xunta seguirán a ter as tarifas máis baixas de España. Precisou que de non ter adoptado medidas a tempo o 1 de xaneiro, estas peaxes teríanse incrementado un 7%.

Fronte a esta planificación da Xunta, lamentou que nun momento económico complicado, o Goberno de España renuncie a facer un esforzo e evitar calquera suba de tarifas nunhas autoestradas estatais que continuarán en 2023 entre as máis caras do país.

Vázquez Mourelle incidiu en que a Xunta leva varios meses requirindo ao Goberno central que colla o exemplo do Goberno galego e adopte medidas para conter unha suba histórica das peaxes das autoestradas de competencia estatal en Galicia.

A conselleira destacou a improvisación do Executivo estatal, que continúa sen aclarar, por outra banda, que vai pasar coas bonificacións dos carburantes e cos descontos dos autobuses urbanos e interurbanos.

Ethel Vázquez contrapuxo isto coa planificación da Xunta, que xa incluíu nos seus  Orzamentos unha dotación de 3,5 M€ para garantir a viabilidade do servizo público de transporte de viaxeiros ante o incremento de gasto derivado do custo dos combustibles.

Estrada en San Vicente de Leira

Por outra parte, a conselleira tamén respondeu hoxe no Parlamento a unha pregunta sobre a estrada OU-0807 en San Vicente de Leira, no concello de Vilamartín de Valdeorras, unha vía de titularidade provincial ao formar parte da rede de estradas da Deputación de Ourense.

Sinalou que a Xunta está a seguir con atención as solucións nas que está a traballar a Deputación de Ourense, financiando un servizo de autotaxi que garante unha mellor mobilidade dos veciños.

Apuntou que a administración provincial tamén ten previsto actuar na vía de acceso a este núcleo, como se ten comprometido co Concello de Vilamartín de Valdeorras. 

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o xoves 5 e sábado 7 de xaneiro

0

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o xoves 5 en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 7 de 10:15 h ás 14:30 h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no teléfono gratuíto 900 100 828.

O Revitaliza chega con éxito á reserva da biosfera de Illa do Príncipe

O Revitaliza, o modelo de xestión de residuos da Deputación de Pontevedra baseado no tratamento en kilómetro cero dos biorresiduos, está a despregarse con éxito na Illa do Príncipe, un territorio de 142 quilómetros cadrados e preto de 10.000 habitantes declarado Reserva da Biosfera pola Unesco. O persoal técnico da illa africana vén de recoller nun vídeo como, despois da súa formación en Pontevedra xunto aos mestres composteiros provinciais, teñen xa despregados e en funcionamento cinco composteiros comunitarios e 150 composteiros individuais.

Dende Príncipe explican que están satisfeitos por dar unha segunda vida ao lixo orgánico a través da compostaxe, un sistema que coñeceron na provincia pontevedresa grazas á intermediación do SMILO (Small Islands Organization da Unesco) e do CEIDA ante o Revitaliza. De feito, durante máis de dous meses a finais de 2020 catro persoas designadas polo goberno de Príncipe estiveran adquirindo coñecemento e técnicas da man das e dos mestres composteiros do Revitaliza nos diferentes concellos da provincia.

No vídeo participan o presidente do goberno rexional de Príncipe Filipe Nasa, a responsable de Smilo Damitille Le Huede, e a directora rexional de Ambiente e Conservación da Natureza de Illa do Príncipe, María Xosé Praceres, quen estivera en Pontevedra coa delegación africana. Destacan que querían replicar o modelo de xestión de residuos da provincia de Pontevedra adaptándoo ás características do territorio cunha dupla función: evitar que o lixo contamine unha contorna natural de grande valor e, ao mesmo tempo, dar unha solución para evitar os fertilizantes químicos e achegar nutrintes á terra de modo natural co compost. Este fertilizante biolóxico será repartido entre as cooperativas agrícolas da illa.

[su_image_carousel source=”media: 65491,65490,65489″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A nivel práctico, o técnico Alberto Leal -tamén integrante da comitiva de Príncipe-, explica que a experiencia en Pontevedra foi boa. Iso, xunto a que tamén houbo persoal provincial que se trasladou á illa para supervisar os primeiros pasos, permitiu aplicar técnicas para implementar cinco composteiros comunitarios e repartir 150 composteiros individuais dando nocións á poboación de como aproveitar os residuos orgánicos. No territorio africano, xunto aos residuos verdes os orgánicos supoñen o 70% do lixo.

Segundo explicou Leal, nestes momentos o proxecto Revitaliza xa aplicado a Príncipe pretende crear comités locais nas diferentes comunidades do Estado onde están os centros de compostaxe comunitarios para así responsanbilizar á cidadanía e manter a consciencia de que o orgánico debe ir para os composteiros. Desta maneira o traballo dos catro mestres composteiros locais será espallado e poderá callar máis na poboación.

A expansión do Revitaliza non só queda en Príncipe. Tamén se está a expandir en Guinea Biseau, cuxos responsables políticos visitaron Pontevedra para coñecer de primeira man o modelo. Neste caso, ao ser unha illa veciña a Príncipe, serán os propios técnicos deste país quen visitarán e formarán ao persoal guineano.

Ante todo este despregue, o vicepresidente Mosquera amosou a súa satisfacción polo interese amosado no modelo pontevedrés e que este estea a dar resultados produtivos.  “Nós ofrecémoslles coñecemento, información recollida de moitos lugares e organizada, funcionando na práctica, con todos os detalles que hai que ter en conta. Eles agora están a adaptala e axustala ás súas características e intereses e vese que é un modelo exportable e con resultados”, subliñou.

O vídeo de Illa de Príncipe e como está a desenvolver a compostaxe pódese consultar aquí:

A Xunta comeza as obras de acondicionamento da antiga PO-400 de Arbo

0

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de comezar as obras de acondicionamento e mellora da seguridade viaria do antigo trazado da estrada PO-400, no concello de Arbo, que contan cun investimento de 1,3 millóns de euros, no que se inclúen as expropiacións dos predios necesarios para a execución do proxecto.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado do alcalde de Arbo, Horacio Gil, e de técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas e da empresa adxudicataria, supervisaron o inicio dos traballos, que cumpriron co cronograma previsto para iniciarse neste mes de decembro e que contan cun prazo de execución de seis meses.

A actuación recén comezada dividirase en dúas fases: unha primeira de acondicionamento do treito antigo da PO-400 e unha segunda de mellora da intersección co actual trazado da estrada, onde se procederá á construción dunha glorieta para favorecer a regulación do tráfico e os accesos á vía.

Mediante este proxecto, a Xunta levará a cabo a rehabilitación do firme e a execución de beirarrúas e sendas nos treitos urbanos, así como o acondicionamento das interseccións inicial e final da estrada e a creación dunha rotonda na contorna do punto quilométrico 24 da estrada actual.

A intervención inclúe a execución dun novo tramo de conexión desde a antiga estrada ata a citada glorieta do quilómetro 24, así como o acondicionamento do acceso á rotondaa prevista desde a estrada que discorre en dirección ao núcleo do Picoto.

Executarase, ademais, un carril de parada de autobús e colocarase un refuxio no punto quilométrico 24+240 da PO‐400, xunto coa construción dunha zona de aparcadoiro entre os puntos quilométricos 1+250 e 1+300 da estrada PO‐400A.

Tamén se mellorará a seguridade peonil no antigo trazado da PO‐400 cun itinerario de 1,80 metros de ancho, incluído o bordo, e unha rígola de 0,30 metros entre a estrada e o dito bordo, na maioría do seu trazado.

As actuacións financiaranse con fondos europeos REACT-EU, de resposta fronte á pandemia da covid-19.

“O Goberno galego continúa traballando no mantemento e mellora da rede viaria autonómica co fin de reforzar a seguridade e a comodidade nos desprazamentos tanto para os vehículos como para os peóns e, neste caso de Arbo, tratábase dunha actuación moi necesaria, solicitada polo Concello e polos veciños e á que facemos fronte cun investimento moi importante”, concluíu Luis López.

Entrega de premios do sorteo ‘D-Gusta Porriño’

O salón de plenos do Concello do Porriño acolleu esta semana o acto de entrega dos premios aos gañadores do sorteo realizado aos participantes na primeira edición da ruta de pinchos e tapas ‘D-Gusta Porriño’, organizada por AHOSPOR en colaboración co Concello do Porriño.

As dez tarxetas por valor de 50 euros, para gastar no comercio e hostalería local, corresponderon a Noelia García, Elena Gonzales, Cristina Blanco, Nuria Acuña, Ángeles Domínguez, Carlos Gómez, Melody Márquez, Ana Lucía Fernández,  Mari Luz Rodríguez e Sheila Rodríguez.

O premio de maior valor, a tarxeta por valor de 500 euros,  tocoulle a Andrés Bargiela, veciño da parroquia de Torneiros.

Eles foron os agraciados entre os máis de 5.000 trípticos sellados que se entregaron durante o evento gastronómico e onte recibiron as súas tarxetas de mans do alcalde, Alejandro Lorenzo, o presidente de AHOSPOR, José Manuel Fernández, e o director de Abanca no Porriño, Jorge García, que colabora co evento coas tarxetas de compra.

O rexedor felicitou aos gañadores e tamén aos organizadores polo éxito do evento gastronómico “que cumpriu sobradamente co seu obxectivo de dinamizar a economía local e tamén deu boa mostra da calidade e nivel da nosa hostalería”.

Un ano máis Mos Axuda no Nadal para que ninguén perda a ilusión do Nadal

0

Onte tivo lugar no salón de sesións do Concello de Mos ás 10.30 horas o acto de agradecemento ao empresariado mosense e demais entidades colaboradoras pola súa colaboración na campaña solidaria municipal Mos Axuda no Nadal.

No acto estiveron presentes Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, representantes da directiva de AEMOS, representantes das empresas colaboradoras coa campaña, Sara Cebreiro, concelleira de Política Social e Igualdade, e voluntarios/as de Mos Axuda e Protección Civil de Mos.

Arévalo, rexedora local mosense, aproveitou o encontro para agradecer encarecidamente o enorme apoio nesta campaña das EMPRESAS COLABORADORAS: Tesis Galicia, AFAMSA, Reciclajes AVI, Mecoxi, Industrias Afines, NORIBERICA, Hierros Caldas, Grupo Couceiro, Autos Rivada, SERBAFER BATERÍAS SL e por suposto da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS.

Os produtos comestibles comezarán a repartirse esta mesma tarde grazas ao traballo dos voluntarios. Os xoguetes entregaranse aos cativos beneficiarios o 5 de xaneiro nun acto cos Reis Magos.

‘Ningún neno sen agasallo’

A campaña Mos Axuda de Nadal 2022 inclúe desde fai anos o proxecto ‘Ningún neno sen agasallo’. Esta iniciativa solidaria está promovida polo Concello de Mos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos, para que ningún desexo dun neno este Nadal quede sen facerse realidade.

O listado de nenos é facilitado polo departamento dos servizos sociais de Mos e por suposto, os datos son totalmente confidenciais, polo que para mercar o regalo os colaboradores participantes reciben unha carta escrita polo neno/a beneficiario pero sen asinar, só identificada cun número de referencia. E o agasallo que pide na devandita carta debe ser depositado indicando no paquete o número da carta asignada.

Árbol de Navidad relleno de chocolate

Aunque estas fechas tienen sus dulces típicos, no a todo el mundo le gustan los turrones, polvorones y demás. Lo que casi con seguridad gusta a todo el mundo (y sobre todo a los peques) es el chocolate y este postre une la Navidad y el chocolate de una forma muy muy sencilla.

Solo necesitamos: (como siempre, si tenemos alguna persona celíaca, compraremos ingredientes que sean aptos para celíacos)

  • Dos planchas de hojaldre
  • Crema de cacao (o una tableta de chocolate de postres)
  • Huevo para pintar el hojaldre
  • Bolitas de chocolate, purpurina comestible, azúcar glas… Lo que se te ocurra para decorar el árbol.

Elaboración

Precalentamos el horno a 180º

Sobre papel de horno, estiramos una de las hojas de hojaldre, y extendemos sobre ella la crema de cacao (o el chocolate previamente fundido y templado).

Tapamos con otra plancha de hojaldre y recortamos sobre ella el árbol, con su tronco.

Cortamos tiras a los lados, como si fuesen las ramas, sin llegar al centro (nos imaginamos que el tronco llega hasta arriba).

Retorcemos cada tira.

Pintamos el árbol con huevo y horneamos siguiendo las instrucciones del fabricante (más o menos 20 minutos a 180º), hasta que veamos que está dorado.

Sacamos del horno y dejamos enfriar para después decorarlo a nuestro gusto.

¡Veréis qué rico!

Os deseo que disfrutéis de estas fiestas con mucha salud, mucho amor, amistad y todo lo bueno. ¡Hasta siempre!

O Concello da Guarda informa da ampliación dos horarios de peche dos establecementos

0

O Concello da Guarda informa a través dun decreto de alcaldía das ampliacións dos horarios de peche dos establecementos abertos ao público nestas datas de Nadal ata o vindeiro 6 de xaneiro.

Deste xeito os establecementos de restauración, ocio e esparcemento poden ampliar o horario de peche en hora e media os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro. E nunha hora o resto de días comprendidos entre o 22 de decembro e o 6 de xaneiro.

Esta ampliación é acumulable á que, con carácter xeral, contempla o artigo 7 da Orde de 23 de outubro de 2.020, de media hora para as noites que van do venres ao sábado, do sábado ao domingo e do domingo ao luns, así como as noites das vésperas dos días festivos e as propias noites dos días festivos;

Lémbrase a todos os responsables das diferentes actividades que nestas datas, o igual que no resto do ano, teñen a obriga de cinguirse á licencia de actividade ou declaración responsable formulada ante o Concello. Absténdose de dispor de música, ou espectáculos con ou sin «DJ» aquelas actividades que non conten con licencia específica para elo. Asi mesmo, quen non estea autorizado, non poderá permitir o baile nos establecementos, ou improvisar pistas de baile mediante a retirada do mobiliario, nin cobrar entrada. Recórdase a obriga de respectar os aforos por seguridade.

Ver decreto: https://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2022/12/20221221_Resolucion_Decreto_DECRETO-2022-1985-DECRETO-ALCALDIA-HORARIOS-PECHE-HOSTALARIA-NADAL-2022.pdf

Nigrán reparte os xoguetes recadados entre 65 familias vunerables do municipio

0

O Concello de Nigrán rematou esta semana o reparto de brinquedos recadados durante todo o ano a través do Banco Municipal de Xoguetes co fin de que, precisamente, ningunha crianza quede sen agasallos de Nadal. Os miles de brinquedos doados  pola veciñanza directamente ao Concello servirán para agasallar os Reis e Papá Noel de preto de 100 menores do municipio de 0 a 12 anos de 65 familias en situación de vulnerabilidade. A  maiores, quedou unha remesa suficiente para que as familias poidan recorrer a el durante o resto do ano.

“O Nadal é a época na que máis se reparten, pero realmente o Banco Municipal está aberto durante todo o ano para recibir doazóns e tamén para repartir entre as familias vulnerables que o precisen”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña a implicación dos seu equipo de goberno, voluntariado e persoal do pavillón de deportes de Panxón que, durante meses, estivo seleccionando só os que estivesen en perfecto estado, hixienizándoos e empaquetándoos.

As Neves e Oia, primeiros beneficiarios da Liña 3 do Plan Concellos 2023

0

O goberno da Deputación arranca o Plan Concellos 2023 coa aprobación das primeiras achegas da Liña 3 para a activación do emprego.  A Xunta de Goberno dará luz verde este venres a un total de 422.300 euros para que os concellos das Neves, Oia, Catoira e Pazos de Borbén poidan contratar a 40 persoas para servizos municipais. Estes primeiros recursos forman parte dos 9,5 millóns de euros que a Deputación vai distribuír  no 2023 entre os concellos de menos de 50.000 habitantes ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos, que foi reformulada para adaptala á Reforma Laboral poñendo en marcha un Programa propio de Políticas Activas de Emprego. “Non se pode ser máis áxiles –destacou a presidenta Carmela Silva-. Antes de que comece o ano 2023 estamos xa a poñer recursos a disposición dos concellos”.

As Neves recibirá preto de 125.400 € para a contratación de 10 persoas que desenvolverán tarefas de recollida do lixo, traballos forestais, obras públicas, fontanería e operar maquinaria. No caso de Oia, apróbanse 107.070 € para a contratación de 8 persoas para desenvolver tarefas de albanelería, traballos forestais e operar maquinaria. Pola súa banda, a Deputación achegará 97.198 € ao concello de Catoira para a contratación de 10 persoas para museos e obras públicas. E ata Pazos de Borbén  92.601 € para a contratación de 12 persoas para servizos múltiples e obras públicas.

Desde 2016, ano no que a Deputación puxo en marcha o Plan Concellos, distribuíronse máis de 340,7 millóns de euros entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. No caso concreto do emprego, achegáronse aos concellos preto  de 70 millóns de euros a través da liña 3 que permitiron crear 7.007 postos de traballo nos servizos municipais.

Tui instala observatorios de aves e sinalización informativa ao abeiro do proxecto «Río Miño, Destino Navegable»

0

Cinco puntos á beira do río Miño e Louro ao seu paso polo termo municipal de Tui contan dende hai uns días con observatorios de aves e sinalización informativa colocada ao abeiro do proxecto Río Miño, Destino Navegable. En concreto os observatorios foron instalados na praia do Penedo en Caldelas, na praia de Areeiros en Guillarei, e na Veiga do Louro, mentres os puntos informativos sitúanse no Paseo Fluvial a carón do porto deportivo e xunto ao embarcadoiro en Paramos.

O investimento realizado ascende a case 7 mil euros financiados a través do proxecto Río Miño, Destino Navegable.

Esta actuación forma parte do roteiro transfronteirizo de interpretación da avifauna realizado ao abeiro deste proxecto desenvolvido xunto ao Concello de Salvaterra e as cámaras municipais de Valença e Monçao.

No deseño dos novos observatorios e sinalización deuse continuidade ao realizado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, na guía elaborada sobre as aves do Miño.

[su_image_carousel source=”media: 65433,65432,65431,65430″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Así os paneis informativos recollen unha descrición do itinerario e un cartel interpretativo das distintas aves que se poden observar. A mesma interpretación recóllese tamén nos paneis situados nos observatorios.

Cómpre lembrar que unha das accións executadas dentro do proxecto Río Miño, Destino Navegable, para a posta en valor do corredor medio ambiental do río Miño, foi precisamente a Ruta Transfronteiriza de Observación da Avifauna, da que forman parte a sinalización de dirección e interpretación e a instalación destes observatorios de Avifauna. Unha actuación que se completa coa posta a dispor do kit do observador nas oficinas de turismo das dúas eurocidades participantes no proxecto.

Mentres na guía editada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia recóllense en imaxes os distintos tipos de aves observables na zona dende o merlo rieiro, lavanceira cinsenta, garzas, paporrubios, gaios, petos, azores, curuxas, papuxas, carrizas, picapeixes, curuxas…entre moitas outras cos seus nomes científicos, en galego, castelán e portugués. Esta publicación tamén recolle unha serie de recomendacións para realizar a observación, así coma varios mapas da ruta.

Baiona pon en marcha o plan formativo municipal co curso de Competencias Clave Nivel 2

0

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e o Concelleiro de Emprego, Óscar Carreño Miniño, achegáronse ata o multiusos Ángel Bedriñana para dar a benvida as persoas participantes no Curso de Competencias Clave Nivel 2 que comezou onte.

Un total de 15 persoas desempregadas do concello participan nesta formación. O curso ten unha duración ata o 24 de marzo de 2023 e se impartirá nas aulas formativas que ten o concello de Baiona no centro multiusos Angel Bedriñana. Ao finalizar as sesións aquel alumnado que teña completado os diferetes módulos formativos recibirá a titulación acreditativa de las competencias clave nivel 2, mellorando deste xeito a súa cualificación profesional.

A Concellería de Emprego do Concello de Baiona, consciente da necesidade de formar a un porcentaxe importante da poboación do municipio ( que pola súa edade ou situación sociolaboral) non tiveron acceso ou abandoaron a formación conducente a titulación de graduado na ESO, polo que se ven limitadas as súas ferramentas personais para acceder os certificados de profesionalidade de nivel 2 vendo asi mermadas as súas expectativas de mellora da empregabilidade e de inserción laboral pon en marcha este CURSO DE COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 ( competencia en lingua castelá, matemáticas e lingua galega) cunha carga lectiva de 265 horas.

A aposta do Concello de Baiona por este plan formativo municipal ten como obxectivo facilitar a inserción laboral e incrementar as oportunidades para acceder ao mercado laboral dos veciños e veciñas do municipio.

O Apalpador conta a súa historia cun divertido espectáculo no Rosal

0

O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega nacido no Courel, un pastor mangallón e de bo carácter, con ollada doce e longas barbas coradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira. E este venres 23 de decembro chega ao Rosal para divertir a pequenas e maiores contando a súa historia.

Será ás 18.00 horas no auditorio municipal e da man da compañía Títeres Cachirulo, que representará ante o público Rosaleiro ‘A historia do Apalpador’, un divertido espectáculo de monicreques que nos permitirá debullar o día a día desta peculiar figura que visita a nenos cada Nadal. E é que, durante o ano o Apalpador fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, recolecta mel e fai aparecer coas ramas dos bosques os xoguetes que as madeiras esconden. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos e nenas casa por casa e lles deixa como agasallo castañas quentes e divertidos regalos de madeira.

Creada en 1985, a compañía Títeres Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica. Coas súas obras levan percorrido os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais tanto en Europa como en América, colleitando importantes premios.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida a todos os rosaleiros e rosaleiras a desfrutar deste espectáculo familiar que sen dúbida fará as delicias dos máis cativos e cativas da casa. A entrada será de balde ata completar aforo.

O Calendario Galego de Ponteareas descobre algúns do penedos máis coñecidos e descoñecidos do municipio

O Concello xa ten listo o Calendario Galego de Ponteareas 2023, unha nova edición na que se recollerá unha escolma das propostas que participaron no concurso de fotografía ‘Pontepenedo’, o que permitirá achegar ao público non só algúns dos penedos máis coñecidos da vila, como o penedo do Equilibro ou a Pena dos Namorados, senón tamén a outras formas caprichosas que se agochan en cada recuncho do municipio, como unha imaxe que semella unha bolboreta ou un cogomelo. 

Este venres 23 de decembro ás 19.00 horas presentarase no salón de plenos do Concello un novo calendario que, como sinala a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, “busca poñer en valor as grandes singularidades patrimoniais, culturais e naturais que converten a Ponteareas nun lugar único e do que poder presumir e co que podemos descubrir tamén novos recunchos que moitas veces pasan desapercibidos”.

O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, destaca a gran calidade fotográfica recollida nesta nova edición do calendario, que abre as portas dun percorrido pola vila rocha a rocha coa imaxe ‘Harmonía da paisaxe galega’ que retrata o Penedo do Equilibrio de Sandra Viviana Romeroe o penedo solitario que vixia o Val dende San Cibrán fotografado por Pablo Costa.

Todos os veciños e veciñas poderán recoller os vindeiros días de forma gratuíta na Casa do Concello e na Biblioteca Municipal este calendario, “un pequeno detalle co que agasallar a ponteareás e ponteareáns nestas datas tan sinaladas”.

Roteiro polos beléns familiares de Baiona o vindeiro xoves 29 de decembro

0

Chega o Nadal e con ela veñen todas as decoracións típicas destas festas familiares e un dos plans que máis gusta nesta época é visitar os diferentes beléns que están repartidos ao longo e ancho da localidade. Para o máis pequenos da casa visitar os nacementos é unha actividade que poden realizar acompañado dos seus pais e tamén de amigos.

Todas aquelas persoas que queiran vivir esta bonita experiencia poderano facer o vindeiro xoves, 29 de decembro, da man de COEMSA en colaboración co Concello de Baiona.  O punto de saída da caravana de visita aos distintos puntos da localidade para coñecer de primeira man os beléns visitables familiares será o Multiusos Mercado de Sabarís e a hora de partida as 17:30h. Uns percorridos para o que será necesario dispoñer de toda a tarde xa que cada belén é único e iso faios especiais, xa que se viven novas experiencias que atrapan aos visitantes noutra época e envólvenos nun ambiente que non deixa indiferente a ninguén. Cos anos volvéronse máis sofisticados e queren que tanto grandes como maiores vivan a experiencia como algo único.

Exemplo dun destes bonitos beléns visitables familiares é o de Manuel Carou, quen realiza un belén visitable na súa casa de San Cibrán, xa recoñecido dentro do roteiro de belenistas. Todas as figuras en movemento cun audio que narra o nacemento de Xesús.

Cabe lembrar que o multiusos Mercado de Sabarís expón ata o próximo día 8 de xaneiro os vinte traballos que participan no Certame de Microbelenes que organiza a asociación de comerciantes Coemsa en colaboración co Concello de Baiona. Poderán visitarse ata o día 8 de xaneiro de luns a venres de 18.00 a 21.00 e as fins de semana de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30.

Un xurado outorgará o premio ao máis orixinal e ao máis traballado. O voto dos visitantes decidirá cal é o nacemento máis popular dos que se mostran na sala.

Entrégaa premios Concurso Micro-Beléns, será o luns 26 de decembro ás 20 h no multiusos mercado de Sabarís.

O xa tradicional concurso inclúe unha categoría para os beléns familiares en domicilios particulares con tamaño libre e presentáronse un total de oito.

Neste mesmo espazo, o multiusos de sabarís, durante estas datas do Nadal púxose en marcha a campaña “Troco xoguete” na que os máis pequenos e pequenas da casa poden intercambiar os seus xoguetes con outros que hai depositado alí e mesmo deixar xoguetes para a ONG local “Ayuda al Mundo Necesitado”. Tamén se está levando acabo unha recollida de alimentos para a ONG local polo que todo aquel que queira colobarar coa súa achega poderá levar alimentos ata este espazo de Sabarís.

A Cañiza mellora os camiños de Xunqueiras, Coto do Muíño e Santa Baia na parroquia do Couto

0

O alcalde da Cañíza, Luis Piña, deu conta dos traballos de mellora que se están a desenvolver en tres viais municipais da parroquia do Couto, un deles xa iniciado como é o do camiño de Santa Baia e outros dous –Coto do Muíño e Xunqueiras– que se acometerán pasadas a festividade de Reis con previsión de que estean rematadas a finais de xaneiro. Os traballos supoñen un investimento total de 106.483,27 euros e contan cunha subvención de 87.899,00 euros do AGADER.

As obras que se están a realizar están están incluídas no plan de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta de Galicia e ten por obxectivo mellorar a capa de rodaxe e o drenaxe dos viais nunha lonxitude de preto de 1.7 km de pista.

De feito traballarase sobre 1.695 metros de vial, con anchos variables que van dende os 3,50 ata os 4 metros, nuns camiños que presentaban –segundo se recolle na memoria do proxecto–, unha rega asfáltica na capa de rodaxe moi deteriorada ademáis de necesitar con urxencia a limpeza e ensanche das cunetas para garantir a seguridade viaria.

A empresa adxudicataria comezou, a finais de novembro, os traballos previos consistentes na limpeza e ampliación de cunetas para mellorar a seguranza viaria e garantir o cruzamento de vehículos así como reducir sobrelargos en zonas de curvas con baixa visibilidade ou entroncamentos. Tamén mellorouse o firme existente  coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico, eliminación de raíces e  mellora da drenaxe do camiño e da sinalización entre os lugares de Xunqueiras, Coto do Muiño e Santa Baia, na parroquia do Couto e que dan acceso, todas elas, a parcelas agrícolas.

As obras contan con todas as autorizacións sectoriais favorables da Confederación Hidrográfica Miño Sil e da Deputación de Pontevedra.

Máis de 750 persoas de 45 concellos beneficiáronse do servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación

O Servizo de Teleasistencia Domiciliaria, que a Deputación de Pontevedra presta na actualidade en 45 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cos que existe convenio, atendeu este 2022 a un total de 766 persoas usuarias, que cualificaron a atención recibida cunha nota de sobresaínte. Este programa, que ofrece resposta inmediata ás situacións de emerxencia no fogar para persoas que viven soas, son de idade avanzada, teñen algún tipo de diversidade funcional ou precisan atención continuada, funciona as 24 horas do día os 365 días do ano e está a ser mellorado con novos dispositivos de tecnoloxía avanzada, como destacou a presidenta provincial, Carmela Silva, que puxo en valor que “a teleasistencia salva vidas e seguiremos mellorándoa, porque é un servizo imprescindible”.

Neste senso, a presidenta explicou que está a implantarse a Teleasistencia Avanzada, “que a través de novos dispositivos vainos permitir detectar de maneira inmediata situacións de risco, ofrecendo polo tanto maior seguridade á xente maior, con diversidade funcional ou enfermidades crónicas”. Entre eles, citou os detectores de fume, de gas, os detectores de caída mediante sensores, detectores de pasividade/mobilidade ou os dispositivos para o baño con tirador provisto de alarmas sonoras. Carmela Silva citou amais o recente caso dun veciño de Meis que a pesar de quedar inconsciente puido ser rescatado dun incendio no seu domicilio a través da alerta automática dun destes detectores á central de seguimento, que deu aviso ao 112.

“Coa teleasistencia avanzada imos poder prestar un mellor servizo, porque hai situacións nas que non é posible pulsar a alarma e poderemos detectalas, cando antes só se podían realizar desta maneira ou cunha chamada”, afirmou Carmela Silva, que incidiu tamén en que a Administración provincial presta este servizo a pesar de que “non é unha competencia do mundo local”. “Son competencias compartidas do Goberno do Estado coas Comunidades Autónomas, pero co Goberno de Mariano Rajoy deixaron de financiar este tipo de actuacións –sinalou– e a Xunta non o cubre ao 100 %, polo tanto facémolo desde a administración local, neste caso a Deputación con concellos de menos de 20.000 habitantes”.

O balance de 2022

Das 766 persoas usuarias do servizo no 2022, a maioría son mulleres (84,5 % fronte ao 15,4 % de homes) e a media de idade é de 84 anos. O balance reflicte tamén que o 95,9% das persoas son maiores de 65 anos, mentres que hai un 2,1 % persoas enfermas crónicas e o 2% restante ten algún tipo de diversidade funcional.

Neste ano recibíronse 7.528 alarmas e emitíronse 45.226 chamadas, e o persoal do servizo realizou 49 visitas domiciliarias. No caso das alarmas recibidas, case un 75 % corresponderon a pulsacións das persoas usuarias, fronte a un 25 % de alarmas técnicas e, dentro das primeiras, a principal causa é a de petición de información e conversa, seguidas das de comprobación do funcionamento do sistema.

A valoración do servizo que realizaron estas persoas usuarias foi, como subliñou Carmela Silva, “de sobresaínte, chegando case á matrícula de honra” e plasmouse a través de enquisas, nas que a nota global foi de 9,76. As cuestións que se valoraron foron a instalación do servizo (que recibiu unha nota de 9,6); a atención de alarmas (9,8); as chamadas de seguimento (9,7); a terminal (9,7); e as recomendacións recibidas (9,76).

Gondomar estrea unha nova praza adicada a Rosalía de Castro

0

Gondomar conta desde este sábado cun novo espazo de encontro para a cidadanía, adicado a poeta e novelista galega máis universal.

O acto de inauguración foi presid¡do polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira acompañado de Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e numerosas autoridades es representantes sociais do Val Miñor, e no que interviron tamén Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e Beatriz Nuñez, presidenta de Espazo Lectura, e estivo amenizado pola música da gaita e o acordeón de  Xurxo “Terrible”, polo Ensamble de Ventos e o coro infantil do Conservatorio Municipal de Música de Gondomar,  e foi conducido pola periodista Paula Montes.

O turno de intervencións iniciouno Anxo Angueira que trasladou ao Concello  “a noraboa en nome da Fundación Rosalía por unha praza que será a partir de agora unha referencia en todo o país para aqueles que amamos a Rosalía”

Beatriz Nuñez, presidenta da Asociación Espazo Lectura, unha organización non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega, situada en Gondomar, quixo agradecer no seu discurso que o goberno local de Gondomar contase coa súa asociación, non so para o acto de inauguración, senón o que é máis importante, durante a construcción da praza e a incorporación dos elementos referenciais sobre a vida e obra da poeta galega.

Durante o proceso de construcción da praza, constituiuse un grupo asesor no que ademáis do alcalde e o arquitecto responsable do proxecto, estiveron tamén representados o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), a Fundación Rosalía de Castro, a asociación Espazo Lectura e o Coro Cantares de Brión, este último moi vinculado ás obras musicadas de Rosalía.

Durante ás reunións mantidas por este grupo, entre outras cuestións, decidiuse cales serian os fragmentos dos poemas e obras de Rosalía que estarían presentes en diferentes elementos e lugares da praza.

Un percorrido sensorial pola obra de Rosalía

A praza concebiuse dende o principio como un espazo aberto e participativo, no que as persoas que a visiten poderán desfrutar non só visualmente dun espazo amable, senón que tamen poderán interactuar con el, tocalo e incluso cheiralo.

A praza estrutúrase en tres zonas diferenciadas. Na primeira  o protagonismo o adquiren os versos de Rosalía na sua vertente de poeta, a segunda na sua faceta de pensadora feminista e muller reinvidicativa dos dereitos das mulleres, e a terceira adicada a gastronomía e o recetario de cociña tradicional galega presente en moitas das suas obras.

A experiencia sensorial que supon un paseo por esta nova praza completase co  “Herbario de Rosalía”, un espazo no que as prantas, as árbores e as herbas, levanos por un percorrido pola obra da poeta galega máis importante da historia.

Así, todas as especies de árbores, prantas e flores que poderemos atopar en calquera rincón da praza aparecen citadas dunha ou doutra forma en moitas das obras da escritora de Compostela.

Toda esta información estará accesible a través dun código QR que os visitantes poderán atopar nos paneis informativos instalados e que os conducirán á páxina web do Concello onde disporán de toda a información precisa.

Deste xeito este novo espazo de convivencia en Gondomar, será tamén un aula aberta para o coñecemento.

Esta intervención enmarcase dentro do programa REAPCON da Deputación de Pontevedra cunha inversión de máis de 850.000 euros. Durante a súa intervención no acto de inauguración a presidenta do entre provincial Carmela Silva confesouse “profundamente emocionada de que Gondomar lle adicase este gran espazo á poeta máis importante da historia de Galicia e un referente para todas ás mulleres. A presidenta destacou “a transformación positiva de Gondomar nos últimos anos, recuperando espazos para a cidadanía en lugares nos que antes somente había coches”.

Esta inauguración foi pechada pola intervención do alcalde Paco Ferreira que quixo “agradecer a cantos contribuiron a que esta nova praza sexa unha realidade, a Deputación de Pontevedra e sua presidenta sen as que tivera sido imposible acometer un proxecto desta envergadura, aos integrantes do grupo de traballo por aportar os seus coñecementos para mellorar o resultado final deste gran proxecto”.

Por último o alcalde convidou “a toda a cidadanía a desfrutar dunha praza viva, pensada para a convivencia e cun compeñente educativo que fan dela una lugar diferencial e que dende hoxe xa e unha referencia no noso país”.

O alumnado de “Porremprego Cualifica” leva o Nadal aos fogares que máis o necesitan

Nestas datas tan familiares e emotivas un simple xesto pode cambialo todo. Conscientes disto, o alumnado traballador do Obradoiro Dual de Emprego “Porremprego Cualifica” do Concello do Porriño decidiu comezar coa obra prevista na especialidade de Cociña elaborando e distribuíndo máis de 60 menús de Nadal destinados a persoas que están a atravesar unha situación de vulnerabilidade.

O luns comezaron a traballar para que hoxe estivera todo preparado para facer chegar a estes fogares porriñeses un prato quente co que celebrar estas datas. Os destinatarios son derivados dos Servizos Sociais do Concello que realizaron unha selección previa entre os seus usuarios. Todos eles son persoas en risco de exclusión social e especialmente vulnerables, en definitiva, persoas que precisan máis ca nunca que a sociedade estea aos seu carón.

Os menús constan de primeiro e segundo prato e postre e entréganse en tuppers para que poidan disfrutalos en casa. De primeiro pastel de pescado con arroz e ovo cocido, de segundo xamón asado con pataca ao forno e menestra e de postre leite frita, rosquilla e rocas de chocolate.

“O Nadal é unha data especial e ten que selo para todos”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo que hoxe se achegou ás aulas de cociña do Multiusos a agradecer o labor destes cociñeiros e cociñeiras, “O voso agarimo e solidaridade estades a levar ilusión a estes veciños e veciñas que están a vivir situacións acuciantes. Levades un anaquiño de Nadal a estes fogares e iso é algo que vos queremos agradecer enormemente”.

O rexedor estivo acompañado pola Xefa Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Mariño, e pola concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas.

O Concello das Neves cede temporalmente unha casa a unha familia en situación extrema

0

O Goberno local das Neves vén de aprobar a cesión, por razóns excepcionais de carácter humanitario, e co informe favorable dos Servizos Sociais do concello, dunha vivenda de titularidade municipal, situada na parroquia de Vide a unha familia sen recursos económicos e que non ten posibilidade algunha de acceder a un alugueiro.

Esta familia está composta por seis membros, dous adultos e catro fillos que vivían, ata hoxe, nunha situación extrema, nunha vivenda sen unhas condicións mínimas de salubridade.  Así, aínda que sempre tentaron acceder a unha “vivenda normalizada”, non tiveron posibilidade de formalizar un aluguer, posto que o mesmo esixe a presentación de contrato laboral, fianza, seguro ou aval bancario, dos cales esta familia non dispón.

Á vista da gravidade destas circunstancias, o Concello estimou a incorporación desta familia ao ‘Programa de Vivenda Baleira’ de xeito que poidan dispoñer desta casa por un período máximo de 2 anos, facéndose cargo dos gastos de auga, luz, alcantarillado, lixo e o mantemento da mesma; conservándoa en bo estado, ocupándose da súa limpeza e destinala, unicamente, a residencia, onde os Servizos Sociais do concello farán un seguimento.

Non é a primeira vez que o Goberno local atende a necesidade urxente: hai xusto un ano cedeu, de xeito inmediato, outra casa para unha familia que perdera a súa nun incendio no que, traxicamente, falecera o pai.

Agora aténdese esta necesidade imperiosa para evitar que estes veciños sigan vivindo en “condicións infrahumanas”.

Este mesmo mércores, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas, supervisaron o estado da casa antes de entregarlle as chaves á familia. A vivenda está completamente amoblada e que dispón de electrodomésticos, calefacción e auga quente.

Redondela presenta por primeira vez un programa de formación de persoas adultas

0

O Concello de Redondela presenta o Programa de formación-educación de persoas adultas, como recurso socio comunitario de integración, e que permiten cubrir as necesidades detectadas das persoas usuarias do Departamento dos Sevizos Sociais deste concello ao considerarse unha ferramenta de instrución básica para as persoas beneficiarias. Dadas as particularidades do municipio, onde existen dous núcleos urbanos (Redondela e Chapela) con poboación diana deste programa, cómpre que o programa se execute de xeito paralelo en ambas contornas.

Os obxectivo principal é facilitara inserción social e laboral das persoas do Concello de Redondela a través da mellora do seu nivel de alfabetización e o dominio das linguas oficiais de Galicia.

A repercusión, demanda e necesidade deste recurso, permitiría a adquisición polas persoas adultas das competencias curriculares básicas, mellorar o perfil de empregabilidade e facilitar a inserción sociolaboral, supoñendo entre outros obxectivos, a mellora das competencias técnicas e profesionais da sociedade do noso concello.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que “é unha necesidade e compromiso deste concello ofrecer a todas as persoas adultas a posibilidade de adquirir, actualizar, completar ou ampliar os coñecementos ou aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional”.

Ademais, aquelas persoas que o precisen poderán acceder a convocatorias de probas libres para a obtención do título da Educación Secundaria de Adultos (ESA), xa que este módulo educativo prepara o nivel necesario para a superación deste tipo de exames.

O Programa de formación-educación de adultos e de competencias socio-laborais curso 2022- 2023 comezou o 2 de novembro de 2022 e remata o 31 de maio de 2023, impartindo un total de 127 días lectivos, segundo o calendario escolar.

A poboación destinataria son os usuarios e usuarias de Servizos Sociais de Redondela, pero tamén está aberta a persoas interesadas empadroadas no municipio de Redondela, que abandonaran en idade temperá o sistema educativo, que nunca estiveran escolarizadas ou que desexan adquirir novas ferramentas e competencias para mellorar o seu perfil de empregabilidade.

Ainda que as clases xa comezaran aínda quedan prazas abertas e pódese obter máis información no Departamento de Servizos Sociais de Redondela co teléfono 986 40 26 08 e no Departamento de Servizos Sociais de Chapela, 986 45 89 93.

A alcaldesa de Ponteareas logra o compromiso do delegado do Goberno para incorporar dúas novas rotondas ao proxecto da N-120

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mantiveron este mércores un produtivo encontro no que participaron tamén membros do Goberno municipal do BNG-PSOE. Na xuntanza, a rexedora deu traslado das problemáticas existentes nas infraestruturas de competencia estatal como a N-120 e conseguiu a confirmación do representante do Goberno de España de incorporar ao proxecto de reforma desta estrada as dúas glorietas solicitadas polo Concello e a veciñanza na parroquia de Areas e na saída de Ribadetea.

“Queremos seguir avanzando do xeito máis rápido posible na mellora da seguridade viaria da N-120 ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas, porque xa son moitas as persoas que deixaron a súa vida nesta estrada e iso ten que rematar. Por iso lograr este compromiso para nós é moi importante, e pedimos que se traballe coa maior celeridade”, salientou Fernández Davila.

A alcaldesa tamén trasladou ao delegado do Goberno a necesidade de mellorar todo o treito da N-120 ao seu paso por Ponteareas, “especialmente na contorna do IES do Barral, que conta con case 400 escolares que teñen que camiñar a diario por unha estrada nacional sen beirarrúas nin medidas de seguridade máis que as adoptadas polo Concello diante do centro”. Ademais, Cristina Fernández amosou a súa preocupación polos continuos desprendementos de terra, pedras e árbores que se producen á altura das parroquias de Arcos, San Lourenzo e Santiago de Oliveira.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia asegurou que se sigue avanzando no proxecto de mellora da N-120, cuxo seguinte paso é a aprobación definitiva para a contratación, e amosou tamén o seu compromiso por realizar reunións técnicas, manter un contacto permanente e informar de cada paso ao Concello.

Ademais, Miñones gabou o gran labor e o esforzo feito polo Goberno municipal de Ponteareas para a captación de fondos de distintas administracións para continuar co seu proxecto de futuro na vila e “xerando, sen dúbida, novas oportunidades”. Así, destacou as axudas para a transición enerxética de preto de 5 millóns de euros do Ministerio para a Transición Enerxética a través de nove proxectos para facer de Ponteareas unha vila máis sostíbel, os 13 millóns de euros captados para a modernización integral do sistema de depuración e tratamento de augas residuais do municipio, as axudas para a dixitalización ou os 1,5 millóns acadados recentemente a través para o Plan de Sostibilidade Turística Condado-Paradanta Destino Gastronómico, do que forma parte o Concello de Ponteareas.

A Guarda amplía en decembro o horario da Aula de Estudo

0

O Concello da Guarda informa de que a Aula de Estudo, emprazada no Centro Cultural, amplía o seu horario ata o 13 de xaneiro, pasando a súa apertura ao horario de mañá de 9:00 h a 14:00 h e de tarde de 17:00 h a 20:00 h.

Deste xeito todo o alumnado que desexe empregar este espazo de estudo ao longo das vacacións de nadal, época na que existe unha gran demanda, pode aproveitalo para estudar ou realizar aqueles traballos e tarefas que desexe.

O Nadal conquista ao público infantil no Mercado de Tomiño

0

O Concello xa ten todo listo para acoller a vindeira semana ‘O Nadal no mercado’, unha programación totalmente de balde pensada para conquistar aos máis pequenos da casa e que terá como escenario central o Mercado de Tomiño.

A primeira cita será con Migallas Teatro e o seu obradoiro ‘Arte e contos no Nadal’, unha sesión de contos onde o público escoitará relatos relacionados con estas datas tan sinaladas. Ao rematar a sesión de narración oral, os rapaces participantes realizarán actividades artísticas utilizando diversas técnicas. Esta actividade, dirixida a público infantil a partir de 4 anos, desenvolverase o vindeiro luns 26 de decembro ás 11.30 horas.

O xoves 29 de decembro será a quenda de Cía Eléctrica, que se subirá ao escenario do Mercado municipal de Tomiño para representar ‘Carabranca’, un espectáculo de narración oral pola igualdade baseado nun conto de Iván Sende e interpretado por Iria Pinheiro, licenciada en psicopedagoxía e actriz gañadora do Premio Maríaa Casares á mellor actriz e ao mellor texto orixinal en 2019 e do Premio Maruxa Villanueva á interpretación ese mesmo ano.

A través desta historia, cativos poderán divertirse con Carabranca, unha nena pirata que logra todo o que se propón, desafiando calquera perigo marítimo e terrestre que se lle presente. A partir do teatro de obxectos, a actriz conta unha historia na que se entrelazan as aventuras co ánimo de superación e valores que fomentan a igualdade. Será ás 11.30 horas.

A alcaldesa, Sandra González, convida a todos os tomiñeses a participar nestas actividades pensadas especialmente para público infantil e para desfrutar en familia das vacacións de Nadal dos máis pequenos.

O tren turístico de Nadal xa percorre as rúas de Redondela

0

Durante a oferta de Nadal do Concello de Redondela, o Tren Turístico aumentará o seu roteiro de forma especial durante as festas. O 22, 23, 24, 26 ao 27 de decembro e do 2, 3, ao 4 de xaneiro o horario do tren turístico será de 17:00 a 20:00 horas e o 24 de decembro de 11:00 a 13:00 con saída da praza de Santiago apóstolo. En Chapela o 28, 29, 30 e 31 de decembro o horario será de 17:00 a 20:00 h e o 31 de decembro de 11:00 a 13:00 h con saída da alameda Rosalía de Castro.

A partir do día 24 o tren turístico, decorado para a ocasión, percorrerá a vila para que a xente poida gozar das vistas iluminadas coa ornamentación de Nadal. Todo un viaxe cheo de cor que acentúa a beleza do patrimonio de Redondela. “A aposta polo tren turístico resultou ser un éxito, por ese motivo é de especial importancia aumentar o seu percorrido e horarios durante as festas. A iniciativa forma parte das extensa programación deste Nadal, capaz de agradar a público de tódalas idades”, explicaba a alcaldesa de Redondela.

Nigrán ofrece obradoiros de manualidades para crianzas de 7 a 14 anos

0

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece o 26 e 27 de decembro no Auditorio Municipal sendos obradoiros de manualidades para crianzas de 7 a 14 anos empadroadas no municipio, sendo preciso inscribirse previamente a través do formulario web en www.nigran.es ao estar as prazas limitadas a unha ducia.

A actividade destes dous días, dirixida por Nanda Misa, estenderase de 17:00 a 19:00 horas e consistirá na elaboración e pintado dun pequeno cachalote réplica de ‘Balmi’ (a particularidade da escultura é que está realizada ao 100 % con lixo aparecido nas nosas costas, por iso pretende ser un símbolo do compromiso de Nigrán coa sostibilidade e o respecto medioambiental).

O obxectivo do Concello é ofrecer ocio de calidade ás crianzas ao tempo que se favorece a conciliación laboral e familiar durante as vacacións do Nadal.

Tarde de circo o venres en Covelo

0

Dentro da programación de Nadal o Concello de Covelo acollerá na tarde do venres día 23 un espectáculo circense de Asacocirco.

Será na praza Mestre Cerviño ás 16:30 horas e no caso de choiva trasládase ao auditorio municipal, en ambos casos totalmente de balde.

O Concello de Covelo convida a toda a veciñanza a participar neste espectáculo para todos os públicos.

Éxito do Club de Natación de Mos no Campionato Galego Absoluto

0

Onte pola tarde celebrouse no Pavillón Óscar Pereiro a recepción ás nadadoras infantís do Club Natación Mos e ao seu adestrador, Alberto Pereira “Xouba”, polos resultados obtidos a fin de semana do 25, 26 e 27 de novembro no campionato galego.

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal felicitáronas polo gran papel no Campionato Galego Absoluto celebrado en Lugo. Onde a pesares de ser nadadoras de categoría infantil, as representantes do Club Natación Mos estiveron entre as mellores.

Desde a directiva do clube destacan “o gran papel de Carolina Pereiro coa medalla de prata nos 200 Braza e o 5° posto nos 100 Braza e a Eva Martínez 5ª nos 50 Espalda. Sendo nadadoras que pese á súa curta idade están a despuntar entre as mellores especialistas de Galicia”. Ademais quixeron salientar “o incrible labor do adestrador, Alberto ‘Xouba’, sen o cal estes resultados non terían sido posibles”.

Antía, Noa, Carolina e Eva son as 4 nadadoras integrantes do equipo Infantil do Club Natación Mos. As 4 fixeron un incrible esforzo e foron unhas grandísimas representantes mosenses no Campionato Galego. “Estas rapazas chegarán moi lonxe”, auguraron Arévalo e Areal, rexedora local e edil de Deportes.

Chegan á Guarda os trasnos de Nadal

0

Continúa a programación do Nadal na Guarda con tónica musical da man, nesta ocasión de dous concertos do Conservatorio Elemental de Música, onde os alumnos de dito centro interpretarán para as súas familias o habitual repertorio de Nadal. O mércores 21 de decembro ás 19:30h será o Concerto de Vento e Coro, mentres que o 22 de decembro ás 20:00h. será o Concerto dos alumnos de Corda.

Pero mais aló da música, se por algo se caracteriza o Nadal é por ser o momento mais especial do ano para os nenos, que esperan ansiosos a chegada de Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos cos seus regalos. Por iso os días 22 e 24 de decembro os trasnos de Papá Noel percorrerán as rúas da vila para recibir as cartas das pequenas e pequenos guardeses.

A programación para as crianzas continuará a partir do martes 27 de decembro coa actuación do Mago Rey Midas no Centro Cultural, ás 18:00h; un espectáculo itinerante de malabares e zancudo o mércores 28 pola tarde e sesión de cinema infantil o venres 30 de decembro, novamente no Centro Cultural.

E como prato forte o 3 de xaneiro terá lugar o espectáculo Circo de Lume, da compañía AsacoCirco na Praza de Avelino Vicente ás 18:00h.

O mesmo día 3 e ata o día 5 de xaneiro os carteiros reais, en nome dos Reis Magos de Oriente, estarán percorrendo as nosas rúas para recoller as cartas das crianzas aos Reis Magos.

Tamén dentro de toda esta programación haberá un espazo para as actividades deportivas como son a carreira por San Silvestre o 31 de decembro con saída  ás 17:00h. da Praza de Avelino Vicente e a proba de obstáculos en familia A GUARDA FAMILIY KIDS, na Alameda ás 16:30h. que pechará a programación o día 7 de xaneiro.

Por último a Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde do día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.

Programación

DECEMBRO

Mércores 21 de decembro ás 19:30h no Centro Cultural

Concerto de Nadal de Vento e Coro dos Alumnos do Conservatorio

Do 22 ao 24 de decembro polas rúas da Guarda

Trasnos e paxes do Nadal

Días 22 e 23 de 17:00h a 20:00h. Día 24 de 11:30h a 14:30h

Xoves 22 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural

Concerto de Nadal de Corda dos alumnos do Conservatorio

Martes 27 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural

Mago Rei Midas

Mércores 28 de decembro ás 17:00h no Centro da Vila

Animación Itinerante

Xoves 29 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural

Concerto Ventos de Nadal da Agrupación Musical da Guarda

Venres 30 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural

Cinema Infantil

Sábado 31 de decembro ás 17:00h na Praza de Avelino Vicente

San Silvestre

XANEIRO

Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas da Guarda

Carteiros do Nadal

Días 3 e 4  de 17:00h a 20:00h. Día 5 de 11:30h a 14:30h.

Martes 3 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda

Circo de lume

Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda

Cabalgata e visita dos Reis Magos

Sábado 7 de xaneiro ás 17:00h na Alameda

A Guarda Family Kids

O BNG apremia ao goberno redondelán a rematar as obras da ponte de Casal do Monte en Saxamonde

0

As obras da ponte sobre a vía férrea en Saxamonde iniciáronse hai cinco anos, e ante o que o BNG cualifica de “desinterese do Goberno” o portavoz nacionalista Xoan Carlos González, urxe ao Goberno a que afronte o remate das obras de inmediato tendo en conta “as evidencias do deterioro da ponte ubicada sobre a vía férrea perto do túnel dos Valos”.

A renovación, apunta González, afecta á seguridade viaria dos veciños e veciñas que viven no barrio de Casal do Monte.

Salienta o edil nacionalista que “ apoiamos o remantente municipal do ano 2020, porque se incluía unha partida económica para esta obra. De momento non se iniciou ningún tipo de actuación ante a indignación da veciñanza”, denuncia Xoán Carlos González.

Entende igualmente que debe dárselle solución á problemática xerada na parcela cedida por un veciño para acumular temporalmente os escombros da obra. “Este veciño, leva varios aos demandando que lle devolvan os seus terreos á situación orixinal, sen que ninguén lle dea solución”, insistíu

Recorda Xoán Carlos González, que en plena pandemia a alcaldesa Digna Rivas levou a cabo unha asemblea na parroquia comprometéndose entre outras cuestións, a rematar estas obras, cousa que ata agora non sucedeu. 

“Dá a impresión que o goberno municipal, está máis interesado noutras intervencións de maior impacto mediático, que en resolver problemas de seguridade viaria como o de Casal do Monte. Exiximos dende o BNG, a que se tomen en serio esta obra e se remate de inmediato”, insiste Xoán Carlos González

Covelo facilita a conciliación familiar e laboral este Nadal a través do “Plan de Corresponsables”

0

Co obxectivo de ofrecer ferramentas que contribúan a unha mellor conciliación familiar e laboral, o Concello de Covelo participa no Plan Corresponsables da Secretaría Xeral deIgualdade da Xunta de Galicia.

A Concellería de Igualdade, que dirixe María Valiñas, informa que se organizarán actividades para nenos e nenas nacidos entre o 2006 e 2019 que realizarán en horario non lectivo e así poder favorecer un tempo libre saudable a través de propostas lúdicas e socioeducativas cando as súas familiasnon poidan atendelos.

O prazo de solicitude e reserva de praza está aberto ata o 27 de decembro de 2022. Este servizo de conciliación é gratuíto e estará dispoñible os días laborais ata o 30 de decembro de 2022 dende as 15:00 horas as 21:00 h de luns a venres e os días non lectivos de Nadal dende as 8:00 h ata as 21:00 h.

Todas as persoas que precisen máis información poden chamar ás oficinas de Servizos Sociais do Concello de Covelo ao telf. 986650027 ext. 3 ou enviar un correo electrónico a [email protected].

O Concello de Baiona coordinará a través de «Baiona Senior» todas as políticas municipais dirixidas ás persoas maiores

0

O Concello de Baiona ten censados máis de 2.700 veciños e veciñas de máis de 65 anos, o 22 % da súa poboación. Co obxectivo de coordinar e mellorar todas as políticas municipais dirixidas a este colectivo, pon en marcha o programa ‘Baiona Senior’. “Desde o comezo do mandato, as actividades e iniciativas para as persoas maiores son unha prioridade do noso goberno, promovendo o envellecemento activo e saudable, convertindo Baiona nunha vila para as persoas maiores”, afirma o alcalde, Carlos Gómez Prado.

“Hai ferramentas estratéxicas que impulsamos como o Plan de Mobilidade que conteñen medidas pensadas para os maiores e, durante a pandemia, detectamos novas necesidades, moitas delas en persoas maiores que viven soas, por iso consideramos necesario ter un programa que coordine todas as iniciativas que temos e queremos promover para as persoas maiores”, explica o alcalde.

Precisamente, unha das primeiras medidas nas que traballa o Concello de Baiona a través de ‘Baiona Senior’ é a realización dun censo das persoas maiores que viven soas no municipio, co obxectivo de facerlles un seguimento individualizado e axudalas en todo o que necesiten.

Á marxe desta medida, o concello impulsará e coordinará con ‘Baiona Senior’ actividades dirixidas á mobilidade e a accesibilidade; o envellecemento activo; os programas de detección do deterioro cognitivo en todas as parroquias, e os acordos de colaboración que mantén con entidades como Afaga (está en marcha unha experiencia piloto cunha aplicación que funciona como un asistente de conversación para persoas que viven soas).

Tamén supervisará o funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e doutros programas asistenciais e de atención domiciliaria que dependen do concello; temas de transporte; vivenda, e participación, ademais de actividades deportivas, culturais, de ocio e lecer.

Das 2.715 persoas maiores que viven en Baiona (datos de finais do 2021), 792 teñen entre 65 e 69 anos; 720 entre 70 e 74 anos; 511 entre 75 e 79; 329 entre 80 e 84, e 363 de 85 anos e máis.

“Queremos englobalo todo baixo o paraugas de ‘Baiona Senior’; nas políticas municipais para as persoas maiores están involucradas diferentes concellerías, falamos dun tema moi transversal, e queremos ter unha radiografia conxunta desde a que articular todas as políticas municipais”, engade Gómez Prado.

Un novo Consello das Persoas Maiores de Baiona, que se reunirá nas próximas semanas, axudará ao concello e participará na organización das diferentes áreas temáticas e iniciativas de ‘Baiona Senior’.

Julio Eiroa e Estanislao Fernández de la Cigoña, galardonados na séptima edición de “Síntete Covelo”

0

O Concello de Covelo entregou os galardóns “Síntete Covelo” ao biólogo Julio Eiroa Mera e ao investigador Estanislao Fernández de la Cigoña destacandoa súa contribución ao coñecemento e posta en valor do patrimonio natural e cultural. O Concello de Covelo, a proposta da cidadanía, fixo entrega destes premios que salientan o traballo das persoas que pola súa implicación contribúen a difundir o nome de Covelo e as súas riquezas medioambientais, etnográficas e culturais.

O acto foi conducido pola concelleira do goberno, Lourdes Enes e os galardóns foron entregados pola concelleira do BNG, Laura Santiso Castillo e polo concelleiro do PSOE, José Fernández Muradas. Na entrega, o alcalde Pablo Castillo lembrou os primeiros contactos que o intrépido divulgador e investigador, Fernández de la Cigoña, facía no concello de Covelo, percorrendo cada corredoira na procura da singularidade e de pistas do rico pasado que agocha esta terra. Tamén augurou un futuro cheo de premios para o guía de montaña e fotógrafo Julio Eiroa e salientou dos dous a súa paixón pola investigación, pola natureza e polo patrimonio cultural.

Os artistas Ialma e Antonio Barros pecharon esta gala cunha entrañable actuación musical para dar paso a un brindis e compartir un tempo de conversa distendida cos galardoados.

Obradoiros de Nadal para os nenos e nenas do Porriño

Os pequenos e pequenas da casa son os verdadeiros protagonistas do Nadal no Porriño e por iso a programación proposta polo Concello para estas datas inclúe múltiples actividades para eles/as. Entre elas os “Obradoiros Infantís de Nadal”, momentos de lecer compartidos nos que poderán amosar as súas habilidades nos diferentes talleres de manualidades e xogos de Nadal.

Desenvolverase os días 26, 27, 28 e 29 de decembro en horario de tarde, dende as 16 ás 20 h, no Centro Cultural Municipal. A actividade está dirixida a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os doce anos e forma parte do programa cofinanciado pola Secretaría Xeral da Xunta de Galicia do Plan Corresponsables.

As prazas son limitadas a 30 participantes e non se require inscrición previa.