nadal 2018 nigran

Nigrán

Nigrán mellora as rúas de acceso a Porto do Molle e IES Val Miñor

O Concello de Nigrán concluíu esta semana as obras de mellora das rúas Gándara e Ponte Muíña que dan acceso ao parque empresarial Porto do Molle e ao IES Val Miñor e que supuxeron un investimento total de 220.000 €. Os traballos, que correron a cargo da empresa adxudicataria Fechi, supuxeron unha renovación radical de dúas estradas moi transitadas e en pésimas condicións, o que ocasionaba as lóxicas queixas dos usuarios.

Nigrán habilita os catro primeiros puntos da súa wifi publica e gratuíta

O Concello de Nigrán ven de investir 14.582,34 € na instalación da primeira rede inalámbrica wifi gratuíta en catro espazos públicos do municipio xa operativos e convintemente sinalizados. Os lugares seleccionados neste proxecto piloto do Goberno nigranés son a Praza do Concello, o parque de A Ramallosa —na contorna do centro da terceira idade—, o Pavillón Municipal de Deportes en Panxón e as súas inmediacións e a propia Biblioteca Municipal, neste caso o servizo trasladarase á nova cando esta entre en funcionamento.

Cidade Ciencia organiza unha cata de chocolates en Nigrán

investigadoras do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Nutrición ( ICTAN) do CSIC desenvolverán dúas actividades que terán ao chocolate como protagonista e que se desenvolverán baixo nome de «O chocolate, un pracer saudable con condicións». As investigadoras explicarán todo o relacionado co cocholate e as falsas crenzas ao redor deste alimento. 

Nigrán reactiva o Servizo de Normalización Lingüística

O Concello de Nigrán, a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a dinamización lingüística, ven de reactivar o Servizo de Normalización Lingüística creado por vez primeira na súa historia no 2016 para facer do galego un vehículo de comunicación común no consistorio. A incorporación durante un ano dunha nova técnica superior, permitirá asesorar á administración en todo o relativo á política lingüística, fixar criterios, resolver dúbidas, propoñer programas dinamizadores, difundir materiais...

Nigrán inaugura o acendido de Nadal e unha fin de semana chea de actividades

O Concello de Nigrán inaugura este sábado 1 de decembro a programación de Nadal coa festa de acendido do alumeado que correrá a cargo do pallaso Peter Punk ás 18:00 horas na Praza do Concello, trasladándose a actividade ao Auditorio Municipal en caso de choiva. A programación continuará o domingo, a mesma hora, con contacontos teatralizados a cargo de Voltereta e Volvoreta.

Nigrán inviste 6.000 euros en renovar o falso teito da AVV de Panxón

O Concello de Nigrán investiu 6.500 € en sustituír de urxencia todo o falso teito da Asociación de Veciños de Monteferro, local municipal situado na Porqueira (Panxón). A obra foi contratada de urxencia ante o desprendimento repentino de varias pezas e o perigo real de máis desplomes, polo que o Concello sustituíu os 109 metros cadrados. A maiores, renovou a instalación lumínica, que resultaba moi deficiente, e pintou a totalidade do local. Trátase da primeira obra que se leva adiante dende a súa cesión á asociación de veciños hai máis de vinte anos.

Suscribirse a este canal RSS