Tag: inserción laboral
O servizo de emprego de COGAMI facilita 1.705 insercións en Galicia durante o ano 2020
O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) acadou durante o ano 2020 a inserción laboral de 1.705 persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral para a ocupación habitual.
Os cursos formativos impartidos por COGAMI logran a inserción laboral de máis de cen persoas
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) desenvolve un plan de formación que ten por obxectivo capacitar ao alumnado para que acade canto antes o seu desenvolvemento profesional.
Nigrán, a través do Centro de Información á Muller, pon en marcha un programa de teleformación destinado a mulleres co obxectivo da incorporación laboral
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, organiza un programa de teleformación destinado a mulleres empadroadas en Nigrán, darase preferencia ás mulleres en situación de desemprego.
No caso de que non se cubran a totalidade das prazas poderan participar mulleres empadroadas noutros concellos.
Oito persoas con discapacidade de Redondela e Vigo inician un curso de Loxística con Cogami
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou nas instalacións de Vigo (rúa Teixugueiras, nº15 baixo) un curso de Apoio loxístico no almacenamento industrial con movemento de cargas, dirixido a persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral para profesión habitual e no que participan oito persoas de Redondela e Vigo.