Excepcional acollida de 'Contos contados' o sábado na Biblioteca Pública Municipal da Guarda

O pasado sábado día 26 de xaneiro de 2019 a Biblioteca Pública Municipal da Guarda organizou unha nova sesión de 'Contos contados' coa que se quería conmemorar o Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao (que se celebra o 30 de xaneiro). Neste caso a actividade comezou ás 11:30 horas contando cunha gran afluencia de persoas, na súa meirande parte nenos e nenas de curta idade acompañados polos seus pais e familiares.

  • Publicado en A Guarda

Gala Infantil das Bibliotecas de Redondela con 'Uxia Lambona e a Banda Molona'

As Bibliotecas Municipais de Redondela cumpriron, o pasado setembro, 50 anos de existencia, desde que a Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela abriu as súas portas ao público no ano 1968. Ademais das diversas actividades que se realizaron ata o momento, este venres, 25 de xaneiro, ás 18:00 h, no Multiúsos da Xunqueira de Redondela, vaise celebrar esta efeméride cunha Gala Infantil “50 Aniversario”.

Máis de 1.500 nenos e nenas participaron na programación de Nadal de Tomiño

As actividades de Nadal e Reis organizadas polo Concello de Tomiño gozaron de total aceptación por parte da cidadanía. Especialmente dirixidas a público infantil e familiar, as diferentes propostas realizadas dende a Concellería de Cultura, contaron co apoio de máis de 1.500 nenos e nenas, un total que, sen contar o número de adultos e acompañantes, é considerado un moi bo resultado polos organizadores. “Estamos moi contentos polos niveis de participación acadados, que superan cada ano o anterior”, recoñece a concelleira Cristina Martínez, responsable da área de Cultura.

  • Publicado en Tomiño

Baiona acolle, este domingo, o XX Cros Escolar do Val Miñor

O vindeiro domingo día 13 de Xaneiro, a partir das 10:45 h, o antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabaris, no concello de Baiona, acollerá a vixésima edición do Cros Escolar do Val Miñor, sendo este ano unha proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. 

  • Publicado en Baiona

Os Reis Magos chegan á Guarda

A programación de Nadal remata esta fin de semana na Guarda coa visita dos Reis Magos á Residencia de Maiores e a súa participación na Cabalgata Cabalgata de Reis. As súas Maxestades de Oriente visitan este venres día 4 de decembro pola tarde aos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, onde estarán acompañados pola Charanga Vaia Panda e o grupo Do Lusco ó Fusco, para animar e bailar cos nosos maiores nun día moi especial. Contarase tamén coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Servizos Sociais.

Todo preparado para a Cabalgata de Mos

O Colexio Mestre Martínez Alonso, en Castro-Mos, é estes días a fábrica de ilusión para os máis pequenos. No recinto do centro educativo estanse a dar os últimos retoques para que Mos volva ter a súa mellor Cabalgata de Reis. As carrozas están listas para recibir o vindeiro sábado a Melchor, Gaspar e Baltasar. A temática deste ano será a fantasía, polo que o universo, a música e os contos serán os grandes protagonistas da comitiva real.

  • Publicado en Mos

O concurso de debuxo infantil 'Os Reis Magos chegan a Oia' xa ten gañador

O xurado do concurso de debuxo infantil 'Os Reis Magos chegan a Oia', elixiu o traballo presentado por Mateo Gómez Giráldez, alumno de 6º curso de Educación Primaria do CEIP de Refoxos, como gañador do certame e, polo tanto e segundo establecen as bases, ilustrará o cartel anunciador da Cabalgata de Reis do 2019.

  • Publicado en Oia
Suscribirse a este canal RSS