10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: atinando recordos

    Infancia e maiores do proxecto ‘Atinando Recordos’ de Mos, coñécense en persoa logo dun ano carteándose

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, as concelleiras mosenses de Educación e Política Social, Julia Loureiro e Sara Cebreiro, respectivamente, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, xunto coa coordinadora do Centro de Día de Mos e deste proxecto, Diana Rodríguez, en representación da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, asistiron esta onte ao acto celebrado no Centro Dotacional de Torroso de encontro entre os participantes do proxecto 'Atinando Recordos'.

    O proxecto “Atinando Recordos” emociona a cativos e maiores

    Un total de 41 alumnos contactan de forma mensual cos maiores de Afaga, a través das cartas vanse coñecendo e construíndo lazos de unión. Esta é una actividade entrañable que permite traballar aspectos tan importantes como a empatía, o cariño, o respecto o que se convirte nunha experiencia inesquecible para ambas partes.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.