Tag: vioxen
O Concello do Porriño renovou a súa adhesión ao protocolo “VIOXÉN”, en presenza da subdelegada do Goberno
Pedro Pereira, como alcalde accidental, asinou co coronel Simón Venzal, xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, e en presenza de Maica Larriba, subdelegada do Goberno na provincia, a renovación da adhesión do Concello do Porriño a o protocolo "Vioxén".
Salceda de Caselas, primeiro concello da provincia en renovar o protocolo entre Garda Civil e Policía Local para protección de vítimas de violencia de Xénero
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, presidiu esta mañá o acto de subscrición do novo protocolo de colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local de Salceda no marco do programa de seguimento integral das vítimas de violencia de xénero VioXén. O documento foi asinado pola alcaldesa da localidade, Loli Castiñeira, e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal.