Mércores, 11 Decembro de 2024

A Guarda reafirma o compromiso na protección a mulleres vítimas de violencia de xénero a través so Sistema VioXen

VioXén ten coma obxectivo dar competencias á Policía Local en materia de protección ás vítimas de violencia machista

A Guarda vén de dar un paso máis na protección ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Con ese fin, a Casa do Concello guardesa acolleu onte xoves a reunión do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, coa xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, Manuela Villaboy, co fin de tratar diversos temas relativos ao “Sistema VioXén”, unha iniciativa que permite á Policía Local asumir competencias na protección das vítimas de violencia de xénero.

Na reunión estiveron tamén presentes a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez; o xefe accidental da Policía Local e a directora do CIM da Guarda, Yolanda Villaverde.

O Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioXén), da Secretaría de Estado de Seguridad del Ministerio del Interior, realiza o seguimento e a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero e das súas fillas e fillos.