9.6 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Concello do Porriño renovou a súa adhesión ao protocolo "VIOXÉN", en...

    O Concello do Porriño renovou a súa adhesión ao protocolo “VIOXÉN”, en presenza da subdelegada do Goberno

    Pedro Pereira, como alcalde accidental, asinou co coronel Simón Venzal,  xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, e en presenza de Maica Larriba, subdelegada do Goberno na provincia, a renovación da adhesión do Concello do Porriño a o protocolo “Vioxén”.  Trátase do programa de vixilancia e protección integral para as mulleres vítimas de violencia de xénero. O protocolo establece a colaboración entre a Policía Local do Porriño e as outras forzas e corpos de seguridade do Estado.

    Antes da sinatura da renovación do protocolo, a subdelegada do Goberno informou de que os casos activos de vítimas de violencia de xénero baixo este sistema de vixilancia son 69 no partido xudicial do Porriño: 34 correspondentes a Mos, 24 a Porriño e 11 a Salceda.

    Maica Larriba definiu que este modelo de colaboración entre administracións para protexer ás vítimas de violencia de xénero “é un bó exemplo de cogobernanza”.  “Para o Goberno que represento, a loita contra a violencia de xénero é unha prioridade e quero transmitir a mensaxe a todas as mulleres de que non están soas”, dixo a subdelegada.

    Pola súa banda, o alcalde accidental agradeceu “este eficaz modelo de cooperación no que debemos empregar todos os recursos necesarios e que nunca será suficiente mentres haxa unha muller vítima de violencia de xénero”, engadiu Pedro Pereira.

    No acto, celebrado este mediodía no salón de plenos do concello porriñés, tamén participaron as concelleiras de Seguridade, Lourdes Moure e Igualdade, Cami Moreira;  a xefa da unidade “Viogén” na provincia Manuela Vilaboy; mandos do cuartel da Garda Civil do Porriño e o xefe accidental da Policía Local.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.